21.2 C
Pontevedra
Mércores, 7 de Xuño de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránUnha veintena de persoas voluntarias traballaron na eliminación de especies invasoras nas...

    Unha veintena de persoas voluntarias traballaron na eliminación de especies invasoras nas dunas de Praia América, Nigrán

    O grupo de voluntarios, composto por unha vintena de persoas, traballou onte na eliminación de dúas especies de plantas invasoras nas dunas, a conyza canadienses e a margarita africana co obxectivo de erradicalas por completo das dunas de Praia América e Panxón ao longo das 3 xornadas de voluntariado que forman a iniciativa ‘Recuperando o litoral’.

    A iniciativa encádrase no proxecto subvencionado polo GALP de recuperación do litoral de Nigrán e inclúe 3 xornadas de eliminación de plantas invasoras e de recollida de lixo e posterior roteiro ambiental. Ademais do programa de voluntariado, a iniciativa recolle tamén a celebración andainas e roteiros temáticos ao longo de todo o mes. En todos os casos é preciso a inscrición previa por protocolo sanitario no mail turismo@nigran.org

    As xornadas de voluntariado ambiental, –que onte celebraban a súa primeira xornada e que terán continuidade os vindeiros 17 e 24 de outubro–, consisten na eliminación de plantas exóticas invasoras, mellora das condicións dunha planta ameazada, recollida de lixo e realización de actividades divulgativas e de sensibilización sobre o litoral.

    Estas actividades matinais de voluntariado (de 11 a 14:00 horas) están guiadas por un educador ambiental e a asociación ecoloxista Amigos da Terra e complementaranse con roteiros ambientais durante a tarde (16:00 horas) só para este voluntariado, coa finalidade de agradecer o seu traballo e aumentar a súa sensibilización na conservación do espazo.

    Os interesados deben ser maiores de idade e inscribirse a través do mail turismo@nigran.org aportando os seus datos e indicando no asunto ‘Voluntariado Ambiental’. A inscrición está aberta a un ou varios días, debendo indicalo o interesado. Toda a actividade cumprirá coa Ley de Voluntariado, polo que tamén incluirá o xantar.

    Igualmente, o Concello realizará tres roteiros ambientais ao marxe das xornadas de voluntairado. O primeira desenvolvíase hoxe, 11 de outubro por Monteferro, o segundo será o 25 de outubro polo esteiro de A Foz do Miñor e o último o 31 de outubro polo espazo dunar de Praia América.

    Finalmente, realizaranse sendos roteiros temáticos, un sobre a cultura mariñeira de Nigrán o 18 de outubro e outro sobre o patrimonio etnográfico do mar o 1 de novembro. Todos serán ás 11:30 horas e, por cuestións de protocolo sanitario e o consecuente límite de aforo, é preciso a inscrición previa no mail turismo@nigran.org indicando os datos de todos os participantes e o roteiro en concreto no que se desexa participar.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS