12.1 C
Pontevedra
Mércores, 22 de Marzo de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiContinúan as actividades programadas co gallo do 50 aniversario da Biblioteca Municipal

    Continúan as actividades programadas co gallo do 50 aniversario da Biblioteca Municipal

    O martes haberá contacontos para bebés e o xoves para rapaces e rapazadas de 6 a 12 anos

    A Biblioteca Pública Municipal de Tui continúa desenvolvendo as actividades conmemorativas do seu 50 aniversario cun amplo programa que na vindeira semana comprende senllas actividades de animación á lectura dirixidas a dous sectores de público infantil e familiar.

    O martes, 13 de outubro, ás 18 h terá lugar unha sesión de contacontos para bebés a cargo de “Pavís Pavós” que presentan o seu espectáculo “Contos para bebés”. Amais de tentar entreter aos máis pequenos esta sesión tamén ten como obxectivo ofrecer unha ferramenta para nais e pais arredor do fomento á lectura, así como aproveitar para recuperar e transmitir a nosa rica tradición oral.

    Mentres, o xoves 15, ás 18 h terá lugar o espectáculo de animación a cargo do grupo Eduvía que presenta “Dadá o duende” con tres contos, nos que se traballan valores como a convivencia, o respecto polo medio ambiente, o amor polos animais, etc. Nesta actividade, os nenos/as e adultos poderán interactuar, cantar, bailar e coñecer a historia dunha nena africana que quería saber como era o mar. Esta animación está dirixida especialmente aos rapaces e rapazas entre 6 e 12 anos de idade. Esta actividade fora programada para o pasado mes de setembro, e tivo de ser adiada por circunstancias alleas á Biblioteca Municipal.

    Por mor das actuais circunstancia derivadas da pandemia da Covid 19 é imprescindible realizar inscrición previa ben persoalmente na Biblioteca ou a través do correo electrónico: biblioteca@tui.gal. Con estas novas propostas continua avanzando o programa de actividades deste 50 aniversario que na seguinte semana, do 20 ao 24 de outubro culminará cun amplo abano de propostas para todos os sectores sociais e segmentos de idade.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS