3.5 C
Pontevedra
Mércores, 6 de Decembro de 2023
Máis
    HomeUltimas NoticiasTui oferta 'Expertclick' un programa de formación gratuíta online para maiores de...

    Tui oferta ‘Expertclick’ un programa de formación gratuíta online para maiores de 55 anos

    As prazas son limitadas e os interesados poden inscribirse no correo cfo@tui.gal

    O Concello de Tui e a Fundación Cibervoluntarios ofertan formación gratuíta online para persoas maiores de 55 anos. Fanno ao través do programa de formación no uso das novas tecnoloxías Expertclick. Busca ofrecer a este colectivo capacitación en habilidades dixitais para que navegue con seguridade e confianza en internet. Ao tempo esta formación permitirá realizar operacións cotiás, especialmente as relacionadas coa sanidade, a administración ou a banca online.

    Así en concreto abordará o uso de App para estar conectados a través de videochamadas e whatsapp, app de xestión de saúde e banca on line, e outras de entretemento e lecer coma redes sociais.

    A formación realizarase ao longo de tres días, o 2, 3 e 5 de novembro, ás 10 h durante hora e media cada xornada.

    Para participar é preciso ter ordenador e conexión a internet, pero para aquelas persoas que non conten este material o concello habilitará, no Centro Municipal de Formación en Guillarei, un aula con 7 ordenadores que se cubrirán por orde de solicitude.

    Para impartir o curso é preciso ter un grupo mínimo de 12 persoas e máximo de 15. No caso de non cubrir as prazas poderán ser modificadas as datas nas que se vai impartir.

    As persoas maiores de 55 anos interesas en participar nesta formación de Expertclick deben enviar un correo electrónico a cfo@tui.gal, indicando o seu nome e apelidos, teléfono de contacto na mensaxe ‘Inscrición curso expertclick’. Este enderezo de correo será empregado para as comunicacións relacionadas co curso.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.