Sábado, 24 Maio de 2025

Músicas no Minho

0

O MUMi é o primeiro mercado profesional de música e cultura organizado polos dous territorios ibéricos e promovido por unha asociación que integra empresas, profesionais e colectivos do sector musical galego e portugués, co obxectivo de crear unha ponte de ida e volta real e estable para as músicas de ambos países.

O MUMi – Músicas no Minho acontecerá nos días 9, 10 e 11 de Setembro de 2021 na Eurocidade Tui – Valença, mantendo as condicións para que as oportunidades e boas prácticas entre o sector da música en Portugal e Galicia se concreticen.

O encontro reunirá artistas e bandas, promotoras, empresas de management, festivais, editoras, empresas de servizos e produción, entre outros, para compartir ideas, crear sinérxias sólidas, establecer novas redes de contacto e coñecer novas propostas en primeira persoa.

A feira contará cunha programación profesional que incluirá actividades de formación (técnica, xurídica, marketing), speedmeetings (encontros rápidos) entre profesionais do sector, showcases cunha selección de artistas e bandas da Galicia e Portugal, e unha feira sectorial coa presenza das empresas das diferentes áreas do sector.

Tamén haberá concertos abertos ao público en xeral coa selección de propostas musicais de diversos estilos e formatos, nunha programación que demostrará os novos valores e as figuras xa consagradas en espectáculos multidisciplinares para o público familiar e adulto.

Rematadas as obras de mellora na estrada ao barrio de Esmoriz

0

Este  novo investimento na mellora de camiños rurais responde as peticións  de agricultores e veciños e veciñas  da zona , e as obras acométeronse  por mor do mal estado do camiño de Esmoriz.

Estas obras que tiveron un custe total de 123.544,75 €.-, incluíron a ampliación, pavimentación, dotación de servizos e mellora do camiño existente ao barrio de Esmoriz.

O Concello de Arbo, tamén pretende, con este tipo de melloras das infraestruturas vinculadas ao servizo de abastecemento e saneamento municipal e dar un mellor servizo aos seus habitantes, polo que coa as obras rezlizadas, se implantou a rede de saneamento que non existía  en dito camiño.

O Concello de Arbo pretende mellorar a súa rede municipal de estradas, reparando as estradas e pistas asfaltadas, e pavimentando completamente as pistas que se atopan en terra. Una das súas prioridades e mellorar a seguridade viaria en todas as súas estradas, executando ensanches e mellorando o trazado nos tramos mais perigosos – informa o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil. Dende a chegada ao goberno municipal, atender as demandas  dos veciños e veciñas de Arbo, é o noso obxetivo principal e ás maís de 350 obras executadas avalan o noso compromiso cos arbenses – remata o rexedor.

Concello de Nigrán e CEE Juan María retoman o uso dos seus cinco vehículos deportivos adaptados tras meses de restricións

0

Os cinco vehículos deportivos adaptados do Concello de Nigrán volveron a rodar polas rúas do municipio tras meses de restricións debido á pandemia. Como era habitual antes da crise da Covid-19, familiares e voluntarios de Discamino (entre os que se atopan axentes da Policía Local de Nigrán) con outros catro ciclos desta entidade ofreceron un paseo pola costa a usuarios do CEE Juan María de Parada (Nigrán).

Durante este tempo os roteiros quedaran reducidos  ás posibilidades que outorgaban as normas sanitarias en cada momento, así que onte pola tarde, aproveitando o bo día, puideron saír ao fin á rúa cos vehículos de Discamino e os cinco municipais: unha bicicleta adaptada con cadeira de rodas, outra igual pero con motor eléctrico, unha cadeira todoterreo mono-roda tipo  Joëlette, dous triciclos tándem tipo co- pilot e unha bicicleta adaptada. Todos estes, con base no Pavillón Municipal, forman parte da iniciativa do goberno local ‘Un Nigrán para todos’ e son empregados cada semana por usuarios do CEE Juan María, estando igualmente dispoñibles para toda aquela persoa que o desexe.

Princesa de Asturias

O Concello de Nigrán enviou a semana pasada unha carta oficial á Vicepresencia da Xunta co obxectivo de sumarse á campaña da Xunta para impulsar a candidatura de Francisco Javier Pitillas Torra, responsable da iniciativa Discamino, ao Premio Princesa de Asturias da Concordia 2021 pola súa labor solidaria que posibilita que persoas con diferentes tipos de discapacidade poidan realizar o Camiño de Santiago. O propio alcalde de Nigrán, Juan González, comunicou persoalmente a Pitillas esta iniciativa do Concello.

O Concello de Nigrán ten a honra de contar desde hai anos coa colaboración de voluntarios de Discamino, e do propio Javier Pitillas, para que persoas con discapacidade poidan gozar de paseos ou roteiros nos vehículos deportivos adaptados adquiridos polo consistorio no 2017. Por esta razón, o goberno de Nigrán dá testemuña do beneficio desta iniciativa para os usuarios e tamén para a propia sociedade: a través do deporte adaptado aporta calidade de vida e retos ilusionantes ás persoas con diversidade, beneficia incriblemente a súa saúde física e mental e subliña a necesidade dunha accesibilidade universal.

A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo do novo ramal de saneamento en Santo Estevo de Budiño, no concello de Salceda de Caselas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar a redacción do proxecto construtivo do novo ramal de saneamento en Santo Estevo de Budiño, no concello de Salceda de Caselas.

Este contrato, cun investimento autonómico de máis de 18.000 euros, foi adxudicado á empresa Urbing, Proyectos de Urbanismo e Ingeniería Civil S.L. O prazo de execución é de 6 meses.

O obxectivo deste traballo é analizar as alternativas para completar o saneamento de Santo Estevo de Budiño e definir as actuacións necesarias para recoller as augas residuais da parte do Cerquido e en parte do polígono industrial de Salceda, que non puideron ser conectadas durante a execución das obras realizadas por Augas de Galicia no ano 2015 por problemas de cota.

A este respecto, cómpre lembrar que a Xunta executou a mellora do saneamento en Santo Estevo de Budiño, cun investimento de máis de 1,6 millóns de euros. A intervención permitiu conectar as vivendas e naves industriais situadas na parroquia de Santo Estevo de Budiño, e tamén  unha pequena parte delas situadas no concello do Porriño, ao colector interceptor xeral do río Louro, que á súa vez transporta as augas residuais cara á depuradora de Guillarei para o seu tratamento.

Con este novo contrato, a Xunta impulsa o deseño da nova rede de saneamento para as vivendas e industrias das citadas zonas que non puideron ser conectadas, xa que se atopaban nunha cota inferior á do colector principal. Isto é posible, unha vez constatada a posta a disposición dos terreos necesarios para levar a cabo os traballos por parte dos veciños.

Descrición dos traballos a desenvolver

Os traballos deste contrato consisten en desenvolver ata un nivel de proxecto construtivo o novo ramal de saneamento en Santo Estevo de Budiño.

Para isto acometerase unha análise primeira da problemática e traballarase na obtención dos datos previos de cara á elaboración da proposta da mellor solución. Para levar a cabo estas tarefas debe analizarse a posibilidade de substituír o bombeo e a impulsión por un colector por gravidade e a mellor solución para recoller as augas residuais das zonas sen saneamento.

O seguinte paso, centrarase no estudo de alternativas valorando desde un punto de vista técnico, económico, ambiental e social as distintas opcións, para o posterior desenvolvemento da solución proposta.

O adxudicatario do presente contrato procederá ao desenvolvemento do anteproxecto da solución seleccionada que, unha vez aprobado tecnicamente, concluirá co traballo de redacción do proxecto construtivo do novo ramal en Santo Estevo de Budiño para a conexión das vivendas e industrias pendentes de incorporar á rede de saneamento.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén a súa vontade de cooperar cos concellos para a mellor prestación dos servizos municipais de abastecemento e de saneamento de auga á poboación.

O Concello felicita ao Acanor Novás Valinox pola súa clasificación para xogar a fase de ascenso a primeira división

0

O Concello e todo o Rosal está co Acanor Novás Valinox.  O goberno municipal quere trasladar os seus parabéns ao equipo de balonmán tras a súa clasificación para xogar a fase de ascenso a primeira división.

Un feito histórico que é “consecuencia do gran traballo e da implicación tanto por parte da directiva como de todo o equipo para loitar polos seus soños incluso nun ano tan complicado a nivel social como o que estamos a vivir”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

A rexedora e o concelleiro de Deportes, Germán Fernández, recibiron este venres a unha representación do equipo para demostrarlles todo o seu apoio nesta etapa que arranca na casa hoxe mesmo sábado 20 contra o Cajasur Córdoba (18.00 h). “Para un concello pequeno como o Rosal todo o conseguido polo Acanor Novás Valinox é un grande éxito. Por iso queremos felicitalos e desexarlles de antemán a mellor das sortes”, subliña.

O Concello súmase ademais á marea vermella e iluminará deste cor o edificio en sinal de apoio ao equipo rosaleiro.

Arroz de coliflor con verduritas

No, la coliflor no es aburrida. ¿Recordáis que hace un tiempo hicimos una pizza con la base hecha con coliflor? Pues hoy vamos a hacer unas verduritas con un “arroz de coliflor”.

Porque la coliflor es muy versátil, y tanto podemos comerla cocida como gratinada al horno, en crema, en buñuelos, hamburguesas… En fin, que da mucho juego. Y esta vez la vamos a convertir en arroz.

¡Vamos allá!

Click para ampliar

Ingredientes:

  • ½ coliflor
  • 1 cebolla
  • 1 pimiento rojo
  • 1 pimiento verde, amarillo
  • 1 calabacín
  • 3 tomates maduros
  • 2 dientes de ajo
  • Aceite de oliva
  • Una cucharadita de pimentón dulce

Elaboración

Empezamos triturando la coliflor con un robot de cocina o una picadora, hasta dejarla como arroz. Si no tenemos picadora o robot, podemos utilizar un rallador.

  • Picamos y sofreímos un diente de ajo. Añadimos el “arroz de coliflor” y lo cocinamos unos 10 minutos.

Aparte:

  • Troceamos el resto de las verduras en cuadraditos.
  • Pochamos otro diente de ajo picado con la cebolla.
  • Dejamos unos 5 minutos y añadimos los pimientos.
  • Pochamos otros 8-10 minutos y añadimos los taquitos de calabacín, y a continuación los tomates rallados (y el pimentón, si queremos).
  • Salpimentamos y dejamos cocer unos 15 minutos, hasta que todas las verduras estén en su punto.

Montamos el plato poniendo en el fondo el arroz de coliflor y en el centro unas cucharadas de las verduras.

Podemos acompañar con un huevo escalfado, cocido o frito. También podemos añadirle unos garbanzos cocidos y hervidos un rato con las verduras o, si preferimos pescado, unas migas de atún o incluso unas láminas de salmón ahumado.

¿Veis como la coliflor no es aburrida?

Espero que os guste. ¡Cuidaos mucho!

Lete Lasa presenta a Regata da Muller como unha “aposta decidida polo deporte feminino”

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou na sede da Real Federación Galega de Vela a ‘Regata da Muller Liga de Vela Feminina’ que comezou onte venres 19 no Centro Galego de Vela. O mandatario galego destacou que esta Regata da Muller supón unha nova “aposta decicida polo deporte feminino que tanto éxito lle ten dado a Galicia” e que ten a súa orixe, curiosamente, noutra aposta polo deporte feminino realizada en 2009.

Lete Lasa lembrou como naquela ano, a Xunta de Galicia da man da Federación Galega de Vela adquiriu dous barcos Elliot de 6 metros tras a decisión da Federación Internacional de Vela de que estes barcos entraran no programa olímpico de Londres 2012 na calse Match Race Feminina. Galicia foi a única comunidade de toda España que adquiriu en propiedade este tipo de barcos e os resultados non tardaron en chegar. Támara  Echegoyen e Sofía Toro, xunto á xixonesa Ángela  Pumariega conseguiron a praza para os Xogos de Londres e unha vez alí fixéronse coa medalla de ouro.

Agora e tras o grande éxito do Europeo Júnior de 2019 de 420 e 470 celebrado en Vilagarcía e apoiado pola Xunta de Galicia, a Real Federación Galega de Vela decide utilizar estes barcos -máis outros catro pertencentes á Real Federación Española de Vela- para crear unha liga autonómica da muller que se desenvolverá en catro fases diferentes (19 de marzo, 24 de abril, 8 de maio e 22 de maio) e que terá como colofón unha final con outras cinco tripulacións femininas doutras comunidades os días 4, 5 e 6 de xuño.

A élite do piragüismo de Dinamarca adestrará nas próximas semanas en Tui

0

Tui volverá a ser sede dunha concentración de deportistas de alto nivel, esta vez de piragüismo. Dende hoxe sábado, 20 de marzo, e até o 5 de abril, o equipo Dansprint, da cidade de Hvidovre de Dinamarca, xunto a dous integrantes da propia selección nacional danesa, entre eles o actual Campión do Mundo de Maratón sub23 e do Descenso Internacional do Sella, Mads Brandt Petersen, adestrarán en Tui.

O equipo utilizará as instalacións do CETD, Centro Especializado de Tecnificación Deportiva, de Remo e Piragüismo de Tui e o río Miño. Compartirá adestramentos e experiencias cos deportistas do Club Kaiak Tudense e con padeeiros tudenses como Iván Alonso e o seu compañeiro Jaime Sobrado, rivais directos dos daneses a nivel mundial na modalidade de maratón.

Esta nova concentración, que se suma á realizada recentemente pola Selección Nacional Uruguaia de Remo, constata as excelentes condicións que Tui presentan para adestrar, pola  lámina de auga do río Miño, as instalacións deportivas, os clubs deportivos e deportistas de alto nivel, tanto de remo, como de piragüismo. Ao que se suman as posibilidades de aloxamento na cidade. O que fan que a cidade sexa sede anual de concentracións deportivas de seleccións nacionais.

ASEM Galicia reclama que a prestación por coidado non se extinga ao cumprir a maioría de idade

A Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares reivindica o dereito que teñen as familias con fillos con enfermidades graves a continuar os coidados máis aló da maioría de idade. Unha proposta que se presentou no Parlamento de Galicia e recentemente trasladouse á Comisión de Sanidade e Consumo do Congreso dos Deputados.

É o caso de Lucas, un adolescente con Miopatía, que acaba de cumprir a maioría de idade e necesita atención e coidados constantes, xa que está en hospitalización domiciliaria. Ata o de agora, a súa familia acolleuse ao CUME para ofrecerlle a atención que necesita.

O CUME é unha prestación económica destinada a que os proxenitores, adoptantes ou acolledores cun menor ao seu cargo afectado por cancro ou outra enfermidade grave, poidan reducir a súa xornada de traballo, entre un 50% e un 99,9% para ofrecer os coidados adecuados sen perder ingresos, posto que as mutuas encárganse de compensar ese salario que se deixaría de percibir ao acurtar a xornada laboral. Poden acollerse a esta prestación uno dos dous proxenitores, sempre que estean os dous en activo.

Con todo, cando se cumpre a maioría de idade esa prestación extínguese e os pais deben volver á súa xornada normal de traballo; polo que, ou ben as persoas afectadas por unha enfermidade grave deixan de recibir os coidados necesarios, ou a familia deixa de percibir un salario, con todo o que iso conleva.

Debido a que, neste tipo de enfermidades, cumprir 18 anos non significa en absoluto levar unha vida autónoma, ASEM reclama a urxente necesidade de que se modifique o Real Decreto 1148/2011 polo que se regula o CUME, para que a axuda non desapareza sen máis, se non que sexa un Comité Médico o que ditamine se a persoa afectada segue necesitando atención constante.

Grazas a esta axuda, centos de familias galegas poden encargarse dos seus fillos e fillas e ofrecerlles a atención necesaria durante unha enfermidade complicada e, nalgunhas ocasións, dexenerativa.

A ‘Facultade Ágora’ fai medrar o seu plantel de figuras internacionais co urbanista Jan Gehl

O plantel do profesorado da Facultade Ágora da Deputación de Pontevedra segue a medrar con figuras de renome internacional e vén de incorporar ao urbanista danés Jan Gehl, impulsor do modelo de cidade “a escala humana” e de aplicar as persoas como “unidade de medida” no deseño urbano.

O anuncio de que Jan Gehl será profesor na Facultade Ágora foi confirmado onte polo vicepresidente César Mosquera, quen sinalou que aquí pode ser pouco coñecido, pero nestes momentos é das persoas vivas de máis renome sobre os  traballos relacionados coa vida urbana e o espazo público. “É o grande referente mundial, sobre todo no mundo nórdico e anglosaxón. Sen discusión é a grande figura neste ámbito”, subliñou o nacionalista.

César Mosquera

Mosquera explicou ademáis que o modelo Pontevedra está baseado nalgunhas das ideas de Gehl:  “Integrámolas e tivémolas en conta para facer o de Pontevedra” logo de que os seus libros foran traducidos do danés ao inglés nos anos 90. Subliñou que “hai moito aproveitable do que fixo, aínda que poida haber diferencias na maneira de levar as cousas adiante, quizais con moita calma. É outra sociedade, outra cultura, outras maneiras”, dixo o vicepresidente en relación aos países nórdicos nos que traballou dende os anos 60.

Jan Gehl formouse en arquitectura na Real Academia de Belas Artes de Dinamarca e nestes momentos é profesor de planificación urbana na mesma institución.  É socio fundador de  Gehl  Architects  e impulsou unha terminoloxía propia entre a que destaca o modelo de cidade “a escala humana”, centrándose na persoa como «unidade de medida» no deseño urbano. De feito, defende a mellora de calidade da vida urbana baseada na recuperación da peonalización e o uso da bicicleta, outorgando especial importancia ao espazo público.

Como actuacións máis destacadas, traballou en proxectos para Copenhague, Londres,  Melbourne,  Sídney, ou Nova York, entre outras moitas a menor escala. “Cando viaxamos a Suecia para explicar o modelo Pontevedra –lembrou Mosquera- estivemos nunha vila preto de Estocolmo, Eskilstuna, na que tamén estaba traballando Gehl”, subliñou Mosuqera a modo de exemplo.  Entre as súas obras máis coñecidas están ‘Novos espazos urbanos’, ‘A humanización do espazo urbano: a vida social entre os edificios’,  ‘Cities  for  People’ ou  ‘How  to  Study  Public  Life’.

Gehl participará como docente da ‘Facultade Ágora’ no mes de setembro, logo do parón estival do curso. Impartirá a súa conferencia dentro do módulo 3 ‘O medio habitable’ no seminario ‘Hábital sociable’, no que falará dos principios de as persoas primeiro, o hábitat saudable, espazos amables e de calidade e de mobilidade inclusiva.

O urbanista danés únese ao profesorado xa anunciado, no que se inclúen tamén o catedrático Carlos Moreno e a Zaida Muxi, coñecida pola súa experiencia en cuestións de espazo e xénero; Francesco Tonucci, pedagogo fundador da Cidade dos Nenos’;  María Ángeles Durán, Catredrática e investigadora do CSIC; o arquitecto José Fariña autor dun blog sobre pedagoxía, urbanismo e territorio; Rubén Lois, doutor en Xeografía da USC; Izaskun Chinchilla, autora de ‘La ciudad de los cuidados’; José María Ezquiaga, Premio Nacional de Arquitectura; Marta Román, experta en proxectos de mobilidade infantil e consultora en Gea21; Salvador Rueda, Director da Axencia de Eoloxía Urbana de Barcelona; e Alfonso Sanz, autor de ‘Calmar el tráfico’, entre outros. Nestes momentos a Facultade Ágora conta xa con 130 persoas preinscritas. Hai que lembrar que foi concibida como unha ferramenta de formación sobre o espazo público dirixida a representantes políticos e técnicos da provincia para tratar con calidade o espazo público recuperándoo para as persoas.

A concelleira de Seguridade entrega as tarxetas acreditativas das voluntarias da campaña de control de poboación felina

Lourdes Moure, concelleira de Seguridade, asistida por Daniel Rodríguez, inspector xefe da Policía Local, entregou onte as tarxetas acreditativas ás voluntarias e voluntarios que participan na campaña de control da poboación felina que promove o Concello do Porriño.  Deste xeito, existe un rexistro de control para o coñecemento da Policía Local e para cumprir o que esixe a normativa vixente da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por outra banda, a concelleira informou de que o acordo para a esterilización da poboación felina xa se renovou por segundo ano.  Contratouse cunha clínica veterinaria local que nesta ocasión será “Lupus”, á que se adxudican 3.000 euros por estes traballos.

A anterior campaña de esterilización felina estivo promovida por ‘Lena Protectora de Animais’, en colaboración con una clínica veterinaria local. Deste xeito, inténtase que o número de colonias existentes no municipio non continúe aumentando.

O Parque Forestal de Camposancos permitiu por en valor o monte Santa Trega e a eliminación de especies invasoras

0

Na mañá do martes día 16 de marzo de 2021, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Medio Ambiente, Montserrat Magallanes; técnicos de Medio Ambiente municipais e representantes da Comunidade de Montes de Camposancos, visitaron o espazo recentemente habilitado coma Parque Forestal en terreos da citada comunidade no Monte de Santa Trega.

Este proxecto ten coma obxectivos principais a eliminación e control do incremento de acacias no monte, favorecer o espallamento de especies forestais frondosas autóctonas, de alto valor ecolóxico e a realización de traballos de prevención de incendios forestais.

As actuacións realizadas no monte estiveron encamiñadas a conquerir uhna maior biodiversidade, maior valor paisaxístico intrínseco axeitado ca sua gran importancia patrimonial, eliminar os efectos perniciosos dende o punto de vista ecolóxico das especies invasoras e reducir o risco de incendios forestais, actuando sobre unha superficie total de 77,67 hectáreas. A súa vez traballouse na rehabilitación de sendeiros que se atopaban impracticables por causa da vexetación.

Todalas actuacións realizáronse de xeito manual, excepto a retirada de parte da madeira que se fixo de modo mecanizado desde o borde de pista ao punto de trituración.

Esta actuación realizouse grazas a una subvención para a creación de Parques Forestais por parte da Deputación de Pontevedra, cun importe superior aos 30.000 €

O Concello expón o proxecto da futura Praza do Calvario á veciñanza

0

O Concello do Rosal realizou esta semana o proceso participativo de exposición do proxecto de recuperación integral da Praza do Calvario e a súa contorna. Un proceso co que se trata de dar voz á veciñanza que arrancou con sete reunións co tecido celebradas no salón de exposicións do Concello con todas as medidas de seguridade e na que participaron representantes do tecido económico e social. “Queremos unha recuperación integral do espazo tendo sempre en conta as particularidades do propia Praza do Calvario, cun valor patrimonial singular”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís. Trátase dun primeiro paso, xa que “continuaremos estudando a fondo a realidade da contorna e as necesidades da veciñanza, coa que seguiremos  en contacto para recoller cuestións máis particulares”.

Dende o Concello quere agradecerse a participación de todas as persoas que acudiron aos encontros celebrados esta semana. “É un proxecto que abordamos con moitas ganas e ilusión, porque vai supoñer unha mellora importante para o municipio. Queremos facer unha transformación completa dunha praza que agora se está a empregar como aparcamento e glorieta, recuperándoa para as persoas sempre dun xeito ordenado e contemplando todas as variables precisas, como a reordenación do aparcamento, con alternativas para os e as usuarias”, destaca a rexedora.

A recuperación, encaixada na estratexia de desenvolvemento integral do núcleo urbano do Rosal, manterá o uso polivalente da praza e da súa contorna, pero cun marcado carácter peonil e accesible, servindo de espazo de convivencia e lecer da veciñanza, incrementando o dinamismo comercial da zona e garantido o acceso a residentes e carga e descarga dos establecementos comerciais. Buscará dotar de identidade e representatividade á contorna, reurbanizándoa con materiais que preserven e potencien o carácter patrimonial e arquitectónico existente, dignificando a beleza das edificacións.

O proxecto buscará dar continuidade á Praza coa súa contorna, favorecendo a conexión dos espazos próximos para poñelos en valor, mellorando as condicións ambientais e paisaxísticas, con solucións que melloren o confort acústico e térmico cun mobiliario urbano que dignifique a zona e solvente as necesidades da veciñanza. Ademais, a obra incluirá a renovación das redes soterradas de instalacións e servizos, cunha nova rede de alumeado público eficiente.

O Concello de Mos contratará ao longo dos próximos meses a preto de 50 novos traballadores

0

O Concello de Mos está a apostar forte este ano polo fomento do emprego dada a dura crise derivada da pandemia da Covid-19, como xa o fixera o pasado ano 2020; pero nesta ocasión intensificando aínda máis, se cabe, a aposta decidida pola promoción do emprego no municipio. E para elo destínanse varias subvencións de administracións supramunicipais (e solicítanse outras específicas), así como partidas de fondos propios á contratación de persoal para diferentes departamentos municipais.

En total contrátanse a 47 novos traballadores durante os vindeiros meses. Así o informaron hoxe a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Persoal Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro.

Con cargo á liña 3 do Plan Concellos contrátanse a 16 traballadores que desenvolven tarefas de operario de limpeza viaria (2 traballadores), recolledor de residuos (4 traballadores), operario de mantemento de parques e xardíns (4 traballadores), peón de obras públicas (3 traballadores) e operario de mantemento de edificios deportivos (3 traballadores). A duración do contrato é de 6 meses a xornada completa e o proceso de selección atópase xa en marcha.

Tamén se atopan en proceso de selección as dúas mulleres vítimas de violencia de xénero que serán contratadas polo Concello de Mos ao abeiro da subvención autonómica da Secretaría Xeral da Igualdade, destinada ao fomento do emprego neste colectivo, que é un dos que máis está a sufrir esta pandemia e que, sobre todo, se viu afectado durante o perído do confinamento, por verse encerradas nos domicilios cos seus maltratadores.

Outro prodecemento de selección de persoal que se atopa desenvolvéndose nestes momentos é o de Auxiliares de Policía Local. En total contrataranse con fodos propios do Concello de Mos a 4 axuliares durante 6 meses. 2 dos Auxiliares de Policía comezarán a traballar o vindeiro mes de abril e os outros 2 empezarán en xullo.

Pola súa banda a semana que ven aprobarase en Xunta de Goberno Local o convenio coa Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo para a contratación de 6 operarios para Mos do novo GES Mos-Redondela.

Outras contratacións que se farán a través de subvencións da Xunta de Galicia son as do Aprol Rural, as de persoas preceptoras de RISGA e das brigadas contra incendios. A través do Fomento do emprego no medio rural (Aprol Rural) da Consellería de Economía, Emprego e Industria, contrataranse a 2 traballadores en postos de peón forestal durante 9 meses a xornada completa.

A contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da RISGA é subvencionada tamén pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e o número de traballadores a contratar será de 5 para os postos de Auxiliar Administrativo (1), Peóns de obras públicas (2), e Operarios de limpeza (2) que traballarán durante 9 meses cunha xornada de traballo do 75 %.

Por último, con cargo ao Convenio interadministrativo subscrito entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Mos para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais, contrataranse a 12 traballadores nos postos de Oficial 1ª conductor motobomba (7), Xefe de brigada (1) e Peóns (4). A duración do contrato é de 3 meses.

Neste senso a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Persoal e Emprego declararon que “debido á situación de crise derivada da COVID-19 que nestes intres estamos vivindo, desde o Concello dámoslle prioridade ao emprego. Consideramos que o pensar e o sentir dos mosenses coincide con este razoamento, e ademáis co incremento de persoal continuamos a mellorar os servizos municipais para a ciudadanía, o que revirte nunha mellora da calidade de vida e do entorno da veciñanza mosense”.

As visitas guiadas ao xardín da Excelencia no Castelo de Soutomaior, unha atractiva opción turística para esta ponte de San Xosé

As visitas guiadas ao xardín de Excelencia Internacional no Castelo de Soutomaior confórmanse como unha atractiva opción turística e de ocio para esta vindeira ponte de San Xosé. A Deputación de Pontevedra, coincidindo coa etapa de floración da camelia, ten en marcha por terceiro ano consecutivo estes percorridos botánicos -sempre cun aforo reducido e adaptándose ás circunstancias e evolución da crise sanitaria- e aínda que as prazas para o sábado 20 están xa esgotadas,  quedan  vacantes para a xornada do domingo. Tamén quedan algunhas prazas libres para as visitas previstas na última fin de semana deste mes, os días 27 e 28.

Estas visitas ofrecen a posibilidade de coñecer todas as variedades de camelias do Xardín de Excelencia Internacional do Castelo de Soutomaior, distinguido co selo Observer de turismo científico, así como a súa orixe, coidados e curiosidades. Así mesmo, este ano o percorrido inclúe como novidade, ao abeiro da programación do 8M da Deputación, a visita ao “Xardín de Camelia con nome de muller”, o espazo creado no pasado ano 2020 coa plantación da primeira camelia María Vinyals, ecompletado logo coas variedades Rosalía de Castro, Bella Otero e Jane Andersen. Os percorridos tamén teñen unha parada na plantación de té de camelia existente nos Xardíns, coa explicación das diferentes variedades de té, a súa historia e os seus principais beneficios.

As persoas interesadas poden adquirir as entradas a través da web do Castelo,  https://castelodesoutomaior.com. As visitas están guiadas por persoal especializado e celébranse sábado e domingo a partir das 12 horas, cunha hora e media de duración. O custe é de 1,5 € no caso da tarifa reducida e de 3 € a tarifa normal.

A Guarda realiza melloras no parque infantil do Porto

0

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba e o concelleiro de Vías e Obras, Miguel Español, visitaron a zona portuaria para revisar o estado das tarefas de adecentamento e mellora do Parque Infantil.

No parque infantil do Porto da Guarda se están levando a cabo diversas tarefas coma a reposición e pintado da pérgola de madeira, reposición de area na zona de elementos de xogo, así coma o pintado e revisión destes elementos.

Estas tarefas, que aínda están sen concluír, inclúen tamén a posta en funcionamento da fonte de auga sita neste espazo de lecer e ocio infantil.

O Concello da Guarda continúa a embelecer e mellorar diferentes espazos públicos do municipio.

Actuación de eliminación de especies invasoras na beiras do río Tripes

0

O Concello de Tui vai dirixirse aos sesenta propietarios e propietarias de terreos lindeiros coa zona Dominio Público Hidráulico nas beiras do río Tripes ou Cotarel para solicitar a súa autorización para estender ás súas parcelas a actuación de loita contra especies exóticas invasoras que vai realizar a Confederación Hidrográfica do Miño Sil.

En concreto a Confederación Hidrográfica do Miño Sil, tras as solicitudes realizadas tanto dende o propio concello de Tui coma dende a Asociación de Muiñeiros do río Tripes, vai levar a cabo un programa de conservación e mellora do estado ecolóxico do río Tripes. A actuación contempla por unha parte a mellora do estado ecolóxico nas masas de auga. Por outra recolle a mellora da composición e estrutura da vexetación de ribeira. Ao programa foi incorporada amais a retirada de especies exóticas invasoras no Domino Público Hidráulico e da súa zona de servidume.

Deste xeito a Confederación vai proceder á eliminación da cana común, do bambú e da acacia negra na zona de Dominio Público Hidráulico cunha roza con medios naturais e cubrindo a zona cunha manta de polietileno que impida o rebrote. De contar coa autorización das persoas propietarias das parcelas estenderá a actuación tamén ás mesmas.

Un contedor amarelo xigante fronte á Casa Consistorial do Porriño explica cómo superar o reto solidario “Recicla e Supérate”

Un contedor amarelo xigante estará exposto en O Porriño, actuando de expositor efémero para aprenderlle á cidadanía como reciclar adecuadamente no colector amarelo e así superar o reto “Recicla e Supérate”, promovido dende Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en colaboración coa entidade sen ánimo de lucro, dedicada á reciclaxe e á economía circular, Ecoembes.

Esta acción de impacto na rúa desenvólvese de simultaneamente nos 15 concellos galegos convocados nesta segunda edición do reto que ten como obxectivo último incrementar a conciencia de reciclaxe e seguir afianzando o hábito continuado entre a poboación.

O Reto: Recicla, respira e supérate

Este reto ten unha premisa sinxela: os concellos participantes que melloren, cando menos un 10% a súa achega ao contedor amarelo (envases de plástico, latas e briks) entre o 1 de febreiro e o 30 de abril, comparado co mesmo período do ano anterior, conseguirán un premio de 2.000 euros para dedicar a unha causa social local da súa elección.

O reto está convocado entre febreiro e abril nos 15 concellos que participan nesta segunda edición e que terán que superarse a si mesmos. Concretamente, <<Recicla e supérate. Únete ao reto!>> desenvólvese en Ourense, Ferrol, Arteixo, Carballo, Ribeira, Ponteareas, Lalín, O Porriño, Boiro, Teo, A Estrada, Sanxenxo, Tui, Viveiro e Cambados.

A primeira edición, en 2018, foi convocada igualmente entre 15 concellos e 10 de estes superaron amplamente os obxectivos establecidos.

Coa colaboración dos concellos para implicar á cidadanía

Para conseguir que os concellos superen o Reto, están programadas unha serie de accións de comunicación coas que preténdese comprometer aos concellos e á cidadanía na mellora das cifras de reciclado de envases de plástico, latas e briks, nos seus respectivos municipios.

É por isto que durante os 3 meses de duración do reto, desenvolveranse diferentes actividades de grande impacto e poder de comunicación como son a instalación de contedores amarelos xigantes e stands/colectores, a planificación de intensas campañas en medios de comunicación e redes sociais etc. que teñen como finalidade animar á cidadanía a participar á vez que se lles aprende como reciclar mellor.

En www.uneteaoreto.com atópase toda a información sobre como separar correctamente os residuos e onde se actualizan os quilos recollidos en cada concello durante os tres meses de campaña.

Sobre Ecoembes

Ecoembes (www.ecoembes.com) é a entidade sen ánimo de lucro que xestiona a recuperación e a reciclaxe dos envases de plástico, as latas e os briks (contedor amarelo) e os envases de cartón e papel (contedor azul) en toda España.

En 2019, recicláronse máis de 1,5 millóns de toneladas de envases de plástico, latas e briks e envases de cartón en todo o territorio nacional. Grazas a esta porcentaxe, obtivéronse numerosos beneficios ambientais, como evitar a emisión de 1,67 millóns de toneladas de CO2 á atmosfera ou aforrar 6,36 millóns de MWh. Asemade, aforráronse 20,74 millóns de metros cúbicos de auga.

A Deputación aproba novos investimentos para Baiona, Covelo e Salceda de Caselas

O Plan Concellos, co que a Deputación de Pontevedra fomenta a cooperación, o equilibrio territorial e o respecto á autonomía local, achegará recursos a outros 13 concellos da provincia cos novos investimentos aprobados hoxe en Xunta de Goberno por importe de máis de 580.000 euros. En concreto beneficiarase destas achegas o concello de Cambados, para ao que o órgano provincial aprobou a liña 3 de emprego, e os de Baiona, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Dozón, A Estrada, Fornelos de Montes, A Illa de Arousa, Lalín, Moaña, Poio, Salceda de Caselas e Soutomaior, que contarán con investimentos no marco da liña 2, destinada a amortizacións, gasto corrente e actividades.

Máis polo miúdo, Cambados contará cunha subvención que supera os 200.000 euros a través da cal levará a cabo a contratación de 21 persoas traballadoras. Con esta achega, a Deputación de Pontevedra suma máis de 8,2 millóns de euros invertidos xa este ano na contratación de 778 persoas en 50 concellos da provincia.

Ademais, a Xunta de Goberno aprobou a cuarta relación da liña 2, o que supón unha inversión de case 370.000 euros por parte do ente provincial. Con estas axudas Baiona financiará un programa de sensibilización en igualdade de oportunidades e  prevención da violencia machista e Cerdedo-Cotobade sufragará a ornamentación do Nadal. Pola súa parte, Covelo empregará estes recursos para dinamizar, amosar e impulsar as iniciativas do concello, realizar calendarios, actividades deportivas e rutas guiadas así como para a conservación e mantemento da rede municipal de roteiros.

A Estrada levará a cabo a súa programación cultural “Estrada Escena”, Fornelos pagará gastos de facturación por tratamento de residuos e a Illa de Arousa fará o propio coa amortización de endebedamento con entidades financeiras. O concello de Lalín financiará programas culturais, a celebración do Día Internacional do Orgullo así como a promoción turística. Pola súa banda, Moaña levará a cabo o servizo de limpeza viaria, Poio fará o propio coa XXXIII Festa da Ameixa e a XX Festa do Mar, Salceda presentará servizo de atención e asesoramento psicolóxico e Soutomaior pagará facturas de recollida de lixo.

Novos convenios para o Servizo de Administración Electrónica

Doutra banda, o Goberno provincial tamén aprobou os convenios con outros doce concellos dentro do novo contrato para que poidan seguir prestando servizo de atención electrónica. Son os municipios de Soutomaior, Silleda, Mos, Gondomar, Tui, A Cañiza, Barro, Portas, Vilaboa, O Rosal, Rodeiro e Mondariz.

Coa aprobación destes novos convenios, a Deputación leva xa aprobados no que vai de ano 42 acordos con entidades locais para a prestación deste servizo. Hai que lembrar que desde que no 2016 a institución provincial puxo en marcha este servizo, son 54 concellos, 6 entidades locais menores e 4 mancomunidades os que se teñen adherido.

Tomiño acollerá este domingo a primeira proba BTT “Terras de Tomiño e Florentiña”

0

Tomiño acollerá a proba de ciclismo de montaña I BTT Terras de Tomiño e Florentiña, de nova creación, que percorrerá boa parte do territorio municipal o vindeiro domingo 21 de marzo. O evento foi presentado onte no Concello de Tomiño por varios membros da organización, acompañados pola alcaldesa Sandra González e o concelleiro de Deportes, Francisco Campo.

O traxecto das probas discorrerá integramente por territorio tomiñés, percorrendo algúns dos lugares máis emblemáticos do municipio con gran riqueza paisaxística e natural como o río da Pedra, o Monte Tetón, os viñedos do Alto do Torona ou as subidas á Pedrada e ao Niño do Corvo. O evento contará con tres zonas de avituallamento ao longo do percorrido e cun servizo de lavado de bicicletas ao final da proba.

En consonancia co xa acontecido na proba realizada a semana pasada no municipio veciño, a IX BTT Chourizada de Oia, a ruta ciclista levarase a cabo baixo un estrito protocolo de seguridade fronte á Covid-19. O evento contará coa presenza dunha ambulancia, un médico e dous sanitarios, que se encargarán de facer controis de temperatura aos participantes. Escasos segundos antes do inicio da proba poderán quitar as máscaras e irán iniciando a marcha cada dous minutos en grupos de dez, divididos en dúas filas de cinco persoas para facilitar a debida separación e evitar as aglomeracións.

“A semana pasada as normas cumpríronse con éxito e para nós e moi importante para reivindicar que practicar deporte ao aire libre é seguro e é importante que se continúe facendo. Tomiño merecía unha proba BTT coma esta, xa que hai moitísima xente que practica este deporte no municipio e cada vez somos máis”, comentan desde a organización.

En canto á dificultade, desde a organización explican que a proba conta con dous percorridos de dificultade media-alta, un de 40km e outro de aproximadamente 48, cun desnivel acumulado de 837 e 997 metros respectivamente. Aínda así, recalcan que practicamente calquera pode participar sen problemas ao haber catro horas de marxe para completalas, tanto na proba longa como a curta.

O inicio da marcha está previsto para as 9:30. O prezo de inscrición é de 12 euros para persoas federadas, que terán de prazo para facelo ata o próximo sábado, e de 20 euros para as non federadas, cuxo prazo de inscrición remata hoxe.

O PP de Nigrán insta ao Concello a crear unha oficina de impulso definitivo ao despregamento da fibra óptica

0

O PP de Nigrán vén de presentar unha moción para o seu debate no vindeiro pleno do 5 de Abril, de cara que o Concello cre unha oficina de impulso ao despregamento de fibra no municipio durante os próximos 2 anos e conseguir, dese xeito, que o acceso a internet de banda ancha chegue ao 100 % dos fogares e empresas do municipio.

O despregamento da fibra óptica en Nigrán, “aínda que creceu considerablemente nos últimos anos”, aseguran os populares, “ten unha distribución é claramente irregular, dándose paradoxos como que algúns núcleos rurais teñen máis cobertura que nas zonas urbanas, onde a priori sería máis fácil o seu despregamento”, sinala o portavoz popular, Carlos Abal.

A explicación a esta distribución irregular atopase no feito, di o PP de Nigrán, “de que en zonas rurais están subvencionados pola administración, co que as operadoras prefiren despregar nesas zonas que teñen un custo menor de investimento”. Aínda así, engaden, “hai numerosas peticións de fogares e empresas que non son atendidas, cando realmente están moi próximas ás zonas despregadas, tanto nas zonas urbanas como nas rurais”.

“Agora mesmo, o ter ou non ter fibra está a converterse nun requisito imprescindible para a venda ou o alugueiro de vivendas. Doutra banda, a hostalería e calquera tipo de empresa necesita ter unha conexión a internet de calidade, ademais xorde a oportunidade de fixar residentes aquelas persoas que poden teletrabajar pero que igualmente necesitan unha conexión de calidade”, apunta o PP na súa moción.

A proposta popular consiste na creación, por parte do Concello, dunha Oficina de Impulso da Banda Ancha en Nigrán, que recolla as demandas dos fogares e empresas e busque, xunto coas pperadoras, solucións a curto prazo para que a banda ancha chegue a todos”.

Para conseguir este obxectivo, explica o PP, “sería conveniente mobilizar recursos público-privados realizando convenios coas operadoras, para que co apoio municipal, se poida dar o servizo solicitado mediante accións como compartir os postes de iluminación ou canalizacións, ou mesmo subvencionar en parte algún despregamento”.

A Comunidade de Montes de Tameiga inicia unha estratexia sobre Monte Faquiña creando un comité sen funcións executivas nin de xestión

0

O Concello de Mos tivo coñecemento o martes 16 de marzo, a través da Asociación de Empresarios de Mos, da intención da Comunidade de Montes de Tameiga de convocar á constitución dun Comité Consultivo para o Polígono de Monte Faquiña que se celebrou o xoves 18 de marzo no local social de As Pedriñas.

Desde o Concello de Mos, a alcaldesa, Nidia Arévalo, quixo deixar claros varios puntos respecto a esta iniciativa que “evidencia unha manobra de intencionalidade dubidosa e, cando menos, de pretensión dun lavado de cara ante a intención de suba desproporcionada do canon en máis dun 1000% ás empresas do polígono por parte da Comunidade, causando un efecto de fuga a novos emprazamentos e destrucción de máis de 700 postos de traballo”:

  1. A Comunidade de Montes de Tameiga invéntase un novo organismo ao seu antollo e ao seu gusto no que pretende introducir a administracións públicas como Concello e Deputación cando, sendo a Comunidade e os empresarios afectados ambos entes privados, o único que procedería sería unha mesa de negociación entre ambos para solventar a problemática. O papel das administracións sería únicamente mediador.
  2. Os integrantes deste novo organismo son designados unilateralmente e a dedo pola Comunidade de Montes de Tameiga.
  3. Este Comité Consultivo é un mero paripé, pois no seu regulamento (que inclúe composición e estatutos), que xa teñen aprobado antes da sesión constitutiva do organismo, establécese que:
  4. Non ten capacidade xurídica.
  5. Non ten facultade de xestión, administración nin funcións executivas de ningún tipo.
  6. “As súas propostas e recomendacións carecerán de carácter vinculante”.

Pero iso sí, este regulamento establece tamén que “a Comunidade de Montes de Tameiga poderá modificar o presente regulamento en calquera momento, do que se informará puntualmente ao Consello Consultivo”, cláusula que demostra novamente cal é o modus operandi desta Comunidade.

É por elo que desde o Concello de Mos, tras recibir a convocatoria para esta asamblea que, unha vez máis, apunta a unha clara estratexia política, notificouse a non asistencia á mesma por parte da administración local mosense tendo en conta a regulación da Lei do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e de Réxime Xurídico do Sector Público, así como o réxime competencial, reguladores das bases de réxime local, que establecen que o Concello non ostenta potestades para ter representación en dito órgano.

A rexedora local fai tamén fincapé na composición deste novo órgano cuxo presidente será o mesmo que o da Comunidade de Montes, Antonio Cajide. E contará coa figura de secretario, designado tamén pola Comunidade de Montes de Tameiga. Ademais haberá dous comuneiros elixidos pola Xunta Reitora da Comunidade, dous veciños da parroquia, dous representantes de empresas do polígono de Monte Faquiña (en clara minoría representativa), un representante da Deputación de Pontevedra (algo incomprensible xa que se non procede a presenza do Concello moito menos a da Deputación), e os restantes integrantes serán os que libremente designen os distintos colectivos a quen representan. O que quere dicir que a composición deste Comité faise a conveniencia e a dedo pola Comunidade de Montes de Tameiga.

“En definitiva”, argumenta Arévalo, “o que deberían facer os señores da Comunidade de Montes de Tameiga é deixarse de paripés e sentarse a falar coas empresas para lograr que permanezcan en Mos e conservar os 700 postos de traballo que están en xogo”. E insiste en que “a Comunidade de Montes de Tameiga debe lembrar que as comunidades de montes deberían protexer e traballar polos intereses da veciñanza, algo que non demostran pretendendo un incremento de máis do 1000% do canon ás empresas o que produciría a marcha da maioría delas”. Neste sentido a alcaldesa puxo o exemplo doutras Comunidades de Montes, como Torroso e Dornelas, que lles manteñen o canon ás empresas asentadas nos seus terreos en aras de manter o tecido económico e industrial municipal, así como preservar os postos de traballo. En definitiva, velar polo ben común de Mos.

Ponteareas entrega este sábado os premios do concurso #TikTokTea

O Concello de Ponteareas celebra este sábado, 20 de marzo, o acto de entrega de premios ás persoas gañadoras do concurso #TikTokTea, unha iniciativa coa que as concellerías de Lingua e Mocidade pretendían estimular a creatividade entre a mocidade, animar a creación de vídeos en galego con novos formatos e temáticas e darlles visibilidade ás e aos ‘tiktokeiros’ ponteareáns.

O acto, que se celebra coincidindo co Día Internacional da Narración Oral, terá lugar ás 20 horas na sala multiúsos do Auditorio Municipal, e contará coa presentación e condución por parte do youtubeiro @olaxonmario, que representará o monólogo “Foto Tuenti”. O aforo é limitado, para garantir as medidas sanitarias, e pódese reservar entrada en [email protected].

Para a elección do mellor vídeo en cada categoría, reuniuse un xurado especializado formado por Mario Brión Toucedo (@olaxonsonmario, gañador do premio a o mellor youtubeiro do concurso Youtubeir@s 2020), Carlos García Vieito (membro da Mesa pola Normalización Lingüística e especialista en Comunicación) e Adrián González Fernández (produtor audiovisual en Diaño Films, gañadora do premio do público ao mellor vídeo musical no Festival de Cans 2020).

“Gustaríanos destacar a participación e a variedade de propostas que se presentaron a esta iniciativa innovadora coa que pretendiamos ofrecer unha actividade para a mocidade, animala a usar a lingua de noso para alén de pór en valor aspectos sociais, económicos ou ambientais do noso Concello”, sinalaron os concelleiros de Lingua, Fernando Groba, e de Mocidade, Miguel Bouzó, en referencia ás 19 propostas presentadas ao concurso.

A Xunta reforza os servizos no Parque Natural do Monte Aloia cunha zona de lecer e biosaudable e a posta en valor da súa senda botánica

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado polo xefe territorial de Medio Ambiente, José Manuel González, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, achegáronse ata o Centro de Interpretación Casa Forestal Ingeniero Areses para supervisar unha dobre actuación na que se investiron 33.000 euros e que contempla a creación dunha zona de lecer con xogos infantís e elementos biosaudables e a posta en valor e mellora da súa senda botánica.

“É fundamental manter en perfectas condicións os nosos fitos naturais, como este Parque Natural do Monte Aloia, o primeiro que tivo Galicia coa súa declaración en 1979, tanto polo seu gran valor ambiental, natural e paisaxístico como polo enorme potencial turístico que ten, polo que paralelamente tamén temos que ofrecer servizos e comodidades, respectuosas coa contorna, para os seus visitantes”, explicou o representante autonómico.

[su_image_carousel source=”media: 32639,32638,32637″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

A primeira actuación consistiu na posta en valor da senda botánica que parte ao carón do centro de interpretación e na que se procedeu ao reforzo do percorrido con nova pavimentación a base de zahorra e a súa posterior compactación.

Así mesmo, neste paseo mudáronse unha trintena de carteis e paneis informativos, xa que os anteriores estaban obsoletos e quedaron reemprazados por uns novos de alta calidade en vinilo polimérico e materiais antiferruxe. Ademais, tamén se completou o arboretum coa plantación de oito novas especies, orientadas a incrementar os valores naturais e educativos, e se efectuaron outras tarefas de coidados ambientais en todo este espazo.

Por outra banda, a Consellería de Medio Ambiente tamén dotou a esta contorna do lugar de Circos, na entidade local menor de Pazos de Reis pertencente ao municipio tudense, dun parque infantil con xogos para a cativada e outros elementos biosaudables para a realización de exercicios físicos. En concreto, colocáronse un bambán dobre, un xogo educativo de panel e dous balancíns de silueta cun valado perimetral de madeira de 50 metros de lonxitude, mentres que os demais aparellos instalados na contorna permiten as prácticas de volante, cabalo e esquí de fondo.

Obras de saneamento en Grixó e Pombal, na parroquia de Alxén, e no Casco, en Fornelos

Nestes días iniciaronse as obras de saneamento nos Barrios de Grixó e Pombal na Parroquia de Alxén, así coma no Barrio de Casco, na Parroquia de Fornelos, obras que están incluídas dentro do Plan Concellos 2020.

As obras a realizar consisten na limpeza, corte e demolición do firme, complementar a rede de servizos existentes mediante a execución da rede de saneamento na zona e a reposición das gabias e a reposición das zanjas, deixando a zona no mesmo estado no que se encontra actualmente.

As tres actuacións que se están a executar nas Parroquias de Alxén e Fornelos teñen como fin último dotar de saneamento ás vivendas que non posúen dito servizo, para que se poidan conducir as augas residuais ao colector xeral para o seu posterior tratamento.

En total está previsto executar 211 metros de tubería de PVC de 250 mm de diámetro nominal. Os tramos a executar fluirán en colectores existentes, polo que as vivendas poderán conectarse á rede de saneamento actual unha vez rematada a obra.

O presuposto desta obra ascende á cantidade de 21.145,39€, que levará a cabo O Concello de Salvaterra de Miño a través do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra , e que ten un prazo de execución de 1 mes. Unha inversión que se enmarca dentro do programa de mellora e ampliación da rede de saneamento que está a executar o gobernó local.

O mércores 24 de marzo rerunirase de novo a comisión especial do lindano

A alcaldesa Eva Garcia asinou hoxe a convocatoria da Comisión Especial para a Descontaminación de Lindano, que se reunirá de novo o mércores 24, ás 19:00 horas, no salón de plenos do Concello.

Nesta reunión, o goberno local informará sobre as calicatas que están a desenvolver no municipio as empresas “Geocysa” e “Edafotec”.

Esta Comisión constituíuse o 19 de febreiro de 2020, para cumprir un mandato da corporación que aprobou unha moción formulada polo grupo municipal de EU SON, que propiciou o acordo plenario unánime para a creación desta Comisión Especial. Forman parte da mesma todos os grupos políticos da corporación (PP, PSOE, EU SON, BNG e UDDL).

Tamén están representadas as Consellerías de Medio Ambiente e de Sanidade da Xunta de Galicia; os tres principais sindicatos (CCOO, UXT e CIG); representantes veciñais de Relva, Alba e San Salvador; a Plataforma de Afectados polo Líndano e, a partir deste vindeiro mércores, incorporase a asociación “Ecoloxistas en Acción”.

A Deputación abre o prazo para presentar proxectos aos V Premios da Xuventude que repartirán 32.000 euros entre as mellores iniciativas

O goberno da Deputación de Pontevedra vén de lanzar os V Premios da Xuventude que este ano repartirán un total de 32.000 € entre as mellores iniciativas impulsadas pola mocidade, co obxectivo de promover todo o talento, creatividade e potencial da xente nova, estimular e recoñecer a súa traxectoria, esforzo e compromiso para acadar unha sociedade máis igualitaria, sostible e xusta. Coa publicación das bases hoxe no BOPPO, o prazo de presentación dos proxectos abrirase o próximo luns 22 de marzo e estenderase ata mediados de xuño.

Nesta edición haberá 9 categorías (iniciativa social, empresarial, educación en valores, contido dixital, música, literatura, banda deseñada, fotografía e deseño e moda), ás que se poderán presentar mozas e mozos de entre 16 e 35 anos. En iniciativa social premiaranse aos tres mellores proxectos (2.000 €, 1.250 € e 750 €) xestionados de maneira autónoma por persoas que sexan integrantes dunha entidade do ámbito social e que leven, ao menos, un mes en funcionamento. En canto á categoría de iniciativa empresarial valoraranse as iniciativas (2.000 €, 1.250 € e 750 €) que teñan un maior impacto e proxección. A mesma contía e número de premios terá educación en valores, á que se poderán presentar proxectos executados nos cursos 19/20 ou 20/21, nos que participou alumnado de entre 12 e 18 anos para promover a igualdade, rachar cos estereotipos sexistas e a desigualdade de xénero, previr a violencia machista, impulsar o compromiso social da mocidade, loitar contra o cambio climático e fomentar valores como a tolerancia, o respecto e a non violencia.

A categoría de banda deseñada contará con tres premios (1.000 €, 600 € e 400 €) para as mellores e máis orixinais obras de temática e estilo libre, en cor ou en branco e negro, con ou sen textos en galego ou castelán, cunha extensión de entre 2 e 5 páxinas. Os mesmos premios (1.000, 600 e 400 €) distribuiranse na categoría de deseño e moda á que se poderán presentar proxectos orixinais e inéditos de deseño de artesanía, xoiería, téxtil e complementos de moda.

As categorías de contido dixital, traballo musical, traballo literario breve e fotografía orixinal contarán con dúas modalidades que repartirán, á súa vez, tres premios de 1.000, 600 e 400 € para os mellores traballos. Na categoría de contido dixital as modalidades serán contido audiovisual (proxectos audiovisuais de actualización frecuente, participativos e con dez entradas editadas como mínimo) e weblog (proxectos web con tamén dez entradas editadas). Premiaranse os tres mellores de cada modalidade que promovan a educación en valores, a transmisión de coñecemento ou difusión de iniciativas sociais, culturais, deportivas, medioambientais ou a prol da igualdade.

Pola súa banda as modalidades de traballo musical serán música clásica e outros xéneros, cada unha delas con tres premios de 1.000 €, 600 € e 400 €. Neste caso valoraranse os mellores temas orixinais, instrumentais ou con letra, con entre 1 e 5 minutos de duración. No caso de traballo literario breve as modalidades serán narrativa e poesía e premiaranse relatos de temática de estilo libre, en galego ou castelán, orixinais, con ata 5 páxinas, que empreguen correctamente a gramática e o uso de figuras retóricas e literarias. Finalmente, a categoría de fotografía orixinal contará coas modalidades de serie fotográfica (conxuntos de entre 3 e 10 fotos orixinais relacionadas entre si) e fotografía e valorará ás mellores imaxes de temática libre, inéditas, orixinais e en branco ou negro ou en cor.

As iniciativas que se presenten serán valoradas de xeito totalmente anónimo, para garantir a obxectividade no proceso. En todas as modalidades premiarase a orixinalidade, creatividade, claridade, concreción e innovación da iniciativa, ademais da súa proxección e impacto. Tamén se terán en conta que aposten por promover a igualdade, a inclusión social, a economía circular e a eliminación de residuos.

O ano pasado un total de 34 mozas e mozos de Vigo, Pontevedra, Mos, Cambados, Ribadumia, Gondomar, Ponte Caldelas, Bueu, Tomiño, O Porriño, Nigrán, Moaña, Redondela, Moraña, Marín, Silleda, Sanxenxo e Poio recibiron os Premios á Xuventude nunha gala chea creatividade, presentada pola artista Cora Velasco e coa música ao vivo de Jairo Daponte.

Gondomar cede tres vehículos á caravana da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharahui que partirán este domingo cara a Alacante

0

A caravana solidaria ponse en marcha ante a suspensión do programa “Vacacións en Paz” como consecuencia da pandemia e o peche de fronteiras que xerou a aparición da Covid-19 algo que “non nos pode deixar de brazos cruzados nin a voluntarios nin á sociedade”, manifestou a presidenta da Asociación Mayte Isla Avión, quen agradeceu “a constante resposta positiva e implicación que recibimos por parte do goberno de Gondomar, e o seu alcalde Paco Ferreira, cando pedimos a súa colaboración”.

A representante da delegación en Galicia da Asociación estivo acompañada no acto polo rexedor de Gondomar, Paco Ferreira, o delegado saharauí en Galicia, Mohamed Zerga, a concelleira de Benestar Social, Nuria Lameiro e o concelleiro de Medioambiente e Voluntariado, Brais Misa, así como outros representantes de SOGAPS.

O alcalde Paco Ferreira explicou que “desde un principio tivemos clara nosa participación na caravana solidaria que estaban a preparar e a nosa contribución nela.” Así, Gondomar cede tres vehículos: un camión recolector vertedoiro cunha capacidade de 22 metros cúbicos; un camión recolector de caixa aberta con guindastre; e, unha furgoneta Citroën 15.

Todos eles partirán na caravana que o domingo se pon en marcha cara a Alacante desde cuxo porto serán trasladados ata os campos de refuxiados de Tinduf.

Gondomar suma aos vehículos catro palés con roupa, calzado, mantas, material informático e escolar, así como unha dotación de máscaras cirúrxicas, concretamente un total de 32.000 unidades. Entre as pezas que se farán chegar ao Sahara roupa deportiva como suadoiros, camisetas, polos ou pantalóns de chándal, aos que se suman chaquetas, panos, gorras e calzado.

“O noso compromiso con esta asociación é unha realidade desde hai anos, a través dos convenios subscritos con dotacións de ata 4.000 euros para facilitar o traslado dos pequenos e pequenas no verán ao noso municipio, unha axuda que mantivemos o 2020 -en menor proporción- a pesar de que non puido celebrarse facilitando así adquisición de alimentos para trasladar aos campamentos nos que vense obrigados a vivir desde hai décadas estas persoas” sinalou o rexedor Paco Ferreira.

Lembrou que “Gondomar e a súa veciñanza somos un pobo solidario e sempre buscaremos a forma axudar aos máis necesitados, tanto os que están preto de nós, como os que viven noutros lugares do mundo e que requiren da nosa axuda” e animou ao resto das administración a apostar por este tipo de iniciativas.

Por último, encomiou o gran labor que se está desenvolvendo a SOGAPS, especialmente a delegación de Galicia, destacando “a implicación e o traballo sen descanso da súa presidenta Mayte Isla Avión e o delegado do pobo saharauí en Galicia, Mohamed Zerga, así como o de todo o voluntariado que posibilita mellores condición de vida para os miles de refuxiados do Sahara”.

O deputado de Deportes, Gorka Gómez, recibe na Deputación ao regatista Nicolás Rodríguez García-Paz

O deputado de Deportes, Gorka Gómez, recibiu hoxe na Deputación ao regatista vigués Nicolás Rodríguez García-Paz, triple medallista mundial e dobre europeo, na modalidade de 470, e que está a preparar a súa participación nos Xogos Olímpicos de Tokio.

Gorka Gómez, que destacou as grandes posibilidades de Nicolás na próxima pelexa polas medallas olímpicas, destacou o “impresionante palmarés e a traxectoria deportiva” de Nicolás, que compite xunto ao barcelonés Jordi Xammar Hernández. Despois de coñecer tódolos detalles sobre o adestramento que está a realizar de cara a cita olímpica desexoulle moita sorte.

O regatista agradeceu o apoio institucional e a información continua sobre as axudas e iniciativas da Deputación. “Sempre estou encantado de vir aquí, porque síntome moi respaldado”, afirmou. Gorka Gómez amosouse encantado pola visita e recalcou a vontade da Deputación por simplificar, eliminando burocracia, as axudas aos deportistas individuais, dado que carecen da “infraestrutura administrativa” da que pode dispoñer un equipo. Nicolás Rodríguez conta con beca Depo-DAN da Deputación, ou sexa, a axuda provincial para os deportistas de elite.

O deputado obsequiou ao regatista co libro sobre as Illas Atlánticas do fotógrafo Ricardo Groba e unha caixa de sementes da campaña turística “Segue o teu instinto”.

A Guarda convida a visitar o MASAT e Museo do Mar

0

Museo Arqueolóxico Santa Trega (MASAT)

O Museo Arqueolóxico de Sta. Trega (MASAT) ocupa o edificio deseñado como restaurante polo arquitecto porriñés Antonio Palacios. Por subscrición popular a Sociedade pro Monte compra e adapta o inmoble inaugurado como Museo en 1953 e no que se depositaron os materiais almacenados ata ese momento nun céntrico local da Guarda. Ofrece o MASAT unha completa colección de labras e esvásticas, de moedas romanas, de obxectos cerámicos, vidro… e como pezas singulares destacan un espléndido remate de torques decorado con finas filigranas e o cabezón do Trega, o achado máis emblemático das escavacións realizadas recentemente.

Horario:

  • De martes a domingo.
  • Do 15/03 ao 31/03: de 10:00h a 19:00h.
  • Do 1/04 ao 30/06: 10:00h a 20:00h.
  • Tarifa actual de acceso ao Monte Santa Trega (inclúe o acceso ao MASAT): 1 € adultos
  • 0,50 € menores de 14 anos

Museo do Mar

O Museo do Mar atópase no Porto da Guarda, nunha atalaia ao final do paseo marítimo e conta con dúas coleccións: unha etnográfica cunha mostra das antigas artes de pesca e os seus aparellos e outra malacológica, cunha selección de cunchas de mar procedentes de todo o mundo.

Unha parte do patrimonio inmaterial está recollido en vídeos editados polo Concello: “Xentes do mar”, “Lendas de mar”, “Mulleres do mar” e “Tesouros vivos”.

Horario:

  • Sábados, domingos e festivos.
  • De 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h.
  • Tarifa para adultos 1€.
  • 0,50€ menores de 14 anos.

Mos rende homenaxe as súas “60 heroínas” do Servizo de Axuda ao Fogar

0

Os exteriores do Pazo de Mos acolleron na tarde de onte a homenaxe ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) organizada polo Concello con motivo do 8M, no que se contou coa asistencia da conselleira de Política Social, Fabiola García.

Amais das 60 traballadoras do SAF de Mos, no acto estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o tenente de alcalde, Camilo Augusto; a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro; membros do Goberno local e da Corporación Municipal; a deputada mosense no Parlamento de Galicia, Feli Rodríguez Carrera, e traballadoras municipais da concellería de Política Social e Igualdade e do Centro de Información á Muller.

O acto, presentado pola actriz e presentadora, Cristina Maró, comezou cunha poesía a cargo da actriz, Paula Pier, veciña de Mos e mestra de teatro do Grupo de Teatro Mulleres en Igualdade do Concello de Mos. Seguida da intervención da representante do SAF, Chus Fernández Silva, e da intervención da representante do SAF, Natalia Fernández Fernández.

A continuación chegou a entrega de detalles ás 60 mulleres traballadoras do SAF de Mos homenaxeadas. Tras a que interviu a alcaldesa, Nidia Arévalo e pechou o acto a conselleira de Política Social, Fabiola García. A homenaxe rematou cunha actuación musical da mosense da parroquia de Pereiras, Antía Caride.

[su_image_carousel source=”media: 32653,32652,32651,32650,32649,32648″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

As representantes das homenaxeadas, Chus e Natalia, expresaron a ilusión tanto delas como do resto das súas compañeiras por este recoñecemento, que as representantes municipais, Arévalo e Cebreiro, calificaron como “un recoñecemento sobradamente merecido pola enorme valía, profesionalidade, sensibilidade, entrega e implicación destas mulleres que son un orgullo para o noso Concello”.

Este acto homenaxe ás traballadoras do SAF (Servizo de Axuda no Fogar) de Mos ten como obxectivo o agradecemento institucional polo seu gran labor durante esta crise sanitaria.

O persoal do SAF é un dos colectivos mosenses máis imprescindibles durante esta crise sanitaria. Ademais de non ter interrompido a súa actividade laboral en ningún momento da pandemia, cubriron tamén desde abril de 2020 o SAF Temporal Extraordinario activado pola Xunta de Galicia e nunca deixaron de prestar servizo nos domicilios das 114 familias ás que atenden, aínda que neles existise algún positivo por COVID-19. Para elo estas heroínas contan coa axuda e colaboración do Servizo Municipal de Emerxencias do Concello de Mos e coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos, que as acompañan aos domicilios para facilitarlles a colocación de todos os EPIs dos que teñen que ir provistas e á saída para a pertinente desinfección e retirada dos mesmos.

A rexedora local mosense detacou así mesmo “a importancia fundamental deste colectivo de traballadoras que se volven imprescindibles en tempos como os actuáis, xa que moitos dos usuarios do servizo son maiores enfermos que viven sós, e sen elas quedarían desatendidos. Ademais ao ser Mos un Concello eminentemente rural, moitas familias elixen este servizo para garantir a atención aos seus maiores antes que un centro, por exemplo”. Por último a alcaldesa insistiu no “importante papel que xogan as traballadoras do SAF nos Servizos Sociais Municipais e no gran vínculo e coordinación que manteñen coas Traballadoras Sociais deste departamento, para garantir que maiores e familias usuarios estean perfectamente atendidos cada día; de ahí que sexan sobradamente merecedoras desta homenaxe e de que lles dedicaramos o Día da Muller”. E tivo unhas palabras especiais para a Traballadora Social xefa do departamento municipal de Servizos Sociais, Loli Lago, encargada de coordinar o SAF e funcionaria veterana do Concello de Mos, no que leva traballando en maio fará 31 anos, á que Arévalo agradeceulle “a súa entrega total, o traballo sen descanso durante esta pandemia, sempre ao carón dos colectivos máis vulnerables da nosa veciñanza”.

Galicia rexistra un total de 2.586 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.586, deles 1.028 son da área da Coruña, 205 da de Lugo, 155 da de Ourense, 212 da de Pontevedra, 484 da área de Vigo, 279 da de Santiago e 223 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 57 están en UCI, 214 en unidades de hospitalización e 2.315 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 110.407 persoas curadas, rexistrándose 2.310 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.781.976 e o número de doses de vacina contra a Covid-19 administradas é de 370.203.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través dos propios centros e as xefaturas territoriais. A listaxe completa de colexios de Galicia pode consultarse nesta ligazón.

A Guarda remata as obras de mellora da accesibilidade na baixada á praia de Fedorento e na contorna do Estadio Municipal

0

Esta semana remataron os traballos de mellora da accesibilidade na contorna do Estadio Municipal da Sangriña da Guarda e na baixada á Praia de Fedorento. As obras incluídas no compromiso do Concello da Guarda coa mellora da accesibilidade en diferentes puntos do municipio, contou cun investimento de 48.361,55 € con cargo á Liña 1 do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.

No frontal do Estadio Municipal da Sangriña procedeuse á retirada da beirarrúa existente que se atopaba xa moi deteriorada e executouse unha nova de formigón en color ocre.

Na baixada á praia de Fedorento, ademais da mellora da beirarrúa existente, que se atopaba xa moi deteriorada, realizouse tamén unha preinstalación para telecomunicacións e subministración eléctrica, así coma a mellora da recollida de augas pluviais.

Ata a zona das obras desprazáronse o alcalde da Guarda, Antonio Lomba e o concelleiro de Vías e Obras, Miguel Español para supervisar o remate das mesmas.

O Concello de Nigrán acada o consenso unánime para adaptar o edificio da comunidade de Montes de Monteferro á súa contorna

0

O Concello de Nigrán aprobará nos vindeiros días a través dun decreto de Alcaldía o ‘Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións de Portocelo’ que permitirá adaptar urbanísticamente á legalidade o edificio da comunidade de Montes de Monteferro. O consenso ao respecto é unánime. Así, este trámite (pendente únicamente do informe xurídico municipal) é posible despois de que non obtivera ningunha alegación durante os pasados dous meses de exposición pública e que todas as administracións implicadas emitisen informes favorables. O proxecto elaborado pola Comunidade de Montes de Monteferro co beneplácito do goberno local permitirá ao fin a intervención no inacabado edificio desta entidade para integralo na paisaxe e adaptado á legalidade, dando marcha atrás a un dos maiores expoñentes do ‘feísmo’ no municipio. Esta aprobación provisional será enviada á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para posteriormente presentar a súa aprobación definitiva a Pleno.

“Estamos moi satisfeito porque é un plan que gusta a todos os actores implicados, a proba é que non houbo alegacións e todos os informes sectoriais son favorables, polo que agardamos ter a súa aprobación definitiva antes do verán”, explica o alcalde, Juan González, quen destaca “a boa vontade e o traballo rigoroso da actual Comunidade de Montes para dar con unha solución que cumpre integra todos os requirimentos urbanísticos coas necesidades socio-recreativas da parroquia”. Así, suporá, entre outras cousas, rebaixar a súa altura á metade para deixalo nunha soa pranta ou recuperar a rasante orixinal da parcela, integrando toda a propiedade na paisaxe (suma 5.761 metros cadrados).

“A recuperación e posta en valor medioambiental e urbanística de Monteferro pasaba inevitablemente por convertir o histórico edificio da comunidad de Montes nun lugar acorde coa súa contorna, mantendo ao mesmo tempo o seu necesario uso de centro centro social e medioambiental ao servicio da veciñanza. Este Plan permitirá corrixir un dos maiores expoñentes do feísmo en Nigrán para por de verdade en valor Monteferro; polo que celebramos que deran este paso.”, sinala González.

O edificio obtivo licencia de construción en 1988 con arranxo ás normas subsidiarias vixentes naquel momento, sen embargo, o proxecto orixinal desviouse substancialmente entrando en conflicto coa legalidade e quedando finalmente inconcluso. O plan actual, elaborado polo arquitecto Federico Suárez, integra o edificio na paisaxe rebaixando a súa altura a 5 metros e unha soa planta ou devolvendo a rasante da parcela ao seu estado orixinal. No terreo crearanse zonas axardinadas na parte central e matogueiras na frontal (sempre empregando especies autóctonas) e haberá espazo de acceso rodado e aparcamento (16 prazas máis 2 adaptadas). As características tipolóxicas e construtivas, cores e acabados será acordes coa paisaxe rural e as construcións da contorna para garantir o mínimo impacto visual e a mínima alternación do relevo natural do terreo.

Finalmente, o novo edificio terá un uso socio-recreativo ao servizo da veciñanza, tendo como obxectivo primordial fomentar o asociacionismo forestal, creando ademais un punto de información e difusión sobre a península de Monteferro (interese arqueolóxico, etnográfico, paisaxístico, medioambiental, etc.).

“É unha oportunidade non só para corrixir despropósitos urbanísticos propios doutras épocas, se non para dotar a Monteferro dun espazo público-comunitario onde por en valor un dos lugares con maiores atractivos do municipio pola súa riqueza natural, paisaxística e etnográfica”, destaca o rexedor.

Redondela limita a 30 Km/h a velocidade en todo o casco urbano

0

O Concello de Redondela vén de anunciar a rebaixa da velocidade de circulación, en todo o casco urbano aos 30 Km/h para reducir a siniestralidade e os posible medida adoptada pola concellería que xestiona Marta Alonso Domínguez, busca reducir a siniestralidade e os posibles atropelos e, ao mesmo tempo, adaptarse ás novas medidas de tráfico establecidas pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT) que entrarán en vigor no vindeiro mes de maio.

A aplicación desta medida, “adoptada unha vez valorada a súa necesidade e co correspondente informe policial”, limitará a 30 Km/h a velocidade de circulación nas rúas Ernestina Otero, Paseo Xunqueira, Pai Crespo, José Regojo, II República, Alfonso XII, Ribeira e Xeneral Rubín.

Outra das modificacións que entrarán en vigor, seguindo tamén as directrices emanadas da DXT, é a de reducir a velocidade a 20 Km/h nas rúas interiores do casco urbano de plataforma única, lugares que rexistran un elevado tránsito de de peóns e peregrinos

A alcaldesa Digna Rivas sinalou que a medida adoptada “resolverá tamén os problemas da elevada velocidade de circulación na rúa Eidos e ocasionaba frecuentes queixas por parte da veciñanza” e lembrou que dita rúa “encádrase tamén nas que verán rebaixada a velocidade dos 50 Km/h aos 30 Km/h”.

O BNG denuncia as descualificacións e insultos do alcalde de Mondariz Balneario ao seu voceiro

O BNG vén de denunciar publicamente os ataques con insultos, descualificacións e ameazas do alcalde de Mondariz Balneario ao voceiro nacionalista, César Gil, no pleno extraordinario realizado nos pasados días para debater a modificación do orzamento. O Bloque lamenta que “o rexedor da vila, José Antonio Lorenzo, elude o debate das propostas do BNG en defensa da veciñanza e, co aval dos demais concelleiros do PP, ataca ao noso portavoz proferindo descualificacións. “Usted no sirve para nada, es una vergüenza que esté aquí sentado“, “molesta“, “aburre a las piedras” ou afirmacións como “donde pongo el ojo, pongo la bala”, son algunhas das expresións que denuncian os nacionalistas e que recollen con probas audiovisuais nas súas redes sociais.

“Esta actitude na sesión plenaria contrasta co ton propositivo do portavoz do BNG, César Gil, que con educación e respecto trasladou propostas como o deseño dun obradoiro de emprego dirixido a conservación dos Xardíns Históricos da vila, como alternativa á externalización do servizo que pretende o goberno local”, indica a formación nacionalista.

O grupo municipal do BNG en Mondariz Balneario cualifica estes feitos como “intolerables en calquera estado democrático”, e esixe ao PP “un cambio urxente de actitude e unha desculpa pública ante o que supón unha gran falta de respecto á veciñanza”.

A alcaldesa de Redondela entrega os premios do Concurso de Escaparates e Concurso de Disfraces

0

“Nin unha pandemia como a da Covid-19 foi quen de facer perder a ilusión da veciñanza e do comercio local polo Entroido, unha das nosas sinais de identidade”, asegurou a alcaldesa Digna Rivas que no día de onte fixo entrega dos premios aos gañadores e gañadoras tanto do concurso de escaparates coma do concurso de disfraces.

Mandamama, Premio á Orixinalidade e Innovación; Terranai, Premio á Composición e Deseño Tradicional e Dulces PK2, Premio Especial do Público, foron os tres establecementos galardoados no concurso de escaparates que, organizado pola Concellería de Comercio, buscaba un dobre obxectivo: manter o espírito do Entroido entre o comercio local na difícil situación que marca a pandemia e, ao mesmo tempo, contribuír á reactivación do comercio de proximidade “como elemento fundamental para a dinamización económica do municipio”, aseguro a alcaldesa Digna Rivas.

Os gañadores do concurso de disfraces, reciben o seu premio de mans da alcaldesa de Redondela

Doutra banda, a alcaldesa redondelá tamén facía entrega dos premios aos gañadores e gañadoras do concurso de disfraces que, por primeira vez, adoptaba o formato telemático e realizábase a través das redes sociais. O formato do concurso era sinxelo e esa propia sinxeleza permitiu a participación de numerosos veciños e veciñas, de todas as idades, que non tiñan máis que subir as fotos dos seus disfraces ao Facebook do Concello de Redondela. Finalmente, as fotos con máis “Me Gusta”, foron as gañadoras do certame. Segundo esta votación popular, o primeiro premio foi para A Wasa de Andaina; Unha familia de Pallasos quedaba en segundo lugar e, finalmente, o terceiro premio era para Entroido 2021 Ventosela.

Finalmente, as persoas que fixeron as súas compras no comercio local redondelán, participaban nun sorteo de agasallos que tamén foron entregados pola rexedora local a Omar Regueira, Alejandro Teijeira e Irene Caeira.

[su_image_carousel source=”media: 32657,32658″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

A alcaldesa Digna Rivas quixo salientar que, en ámbolos dous concursos, “as ganas e a ilusión impuxéronse á complexidade destes tempos marcados pola Covid” e non dubidou en afirmar que “serán precisamente esas ganas e ilusión, sumadas á responsabilidade que sempre amosaron todas e todos os redondeláns, os que nos permitirán saír desta crise”.

Tui presenta novo material turístico guiado por Francisco Sánchez e Dona Urraca

0

O Concello de Tui presentou onte o novo material turístico conformado por un mapa xeral da cidade e dúas rutas ‘O tesouro de Salomón’ e ‘O túnel de dona Urraca’. O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso; a historiadora Sara Quintana, e o ilustrador, Xosé Tomás, foron os responsables desta presentación, á que asistiron tamén representantes dos grupos presentes na corporación municipal.

O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, explicou que Tui aposta por un turismo activo e ao aire libre en tempos de pandemia, precisou que as novas guías “están para pensadas para ser autoguiadas descubrindo os recunchos do conxunto histórico”. Detallou as tres novas rutas propostas: un mapa xeral, “O tesouro de Salomón” e “O túnel de dona Urraca”. Destacou que “O tesouro de Salomón”, vinculado á ruta xudía, está guiado por Francisco Sánchez, “quizais o persoeiro máis importante da historia de Tui”. E coma novidade apuntou que “na guía vanse facendo preguntas que o visitante ten que ir descubrindo”. Agradeceu o traballo realizado por Sara Quintana e Xosé Tomás, e destacou que estas novas guías “permitirán descubrir un Tui distinto”

A historiadora Sara Quintana explicou que a idea coa que se desenvolveu este proxecto foi “crear un produto turístico, educativo e cultural que plasmase de xeito xeral e con certa profundidade a historia de Tui”. Indicou a ruta de “O túnel de dona Urraca”, cunha duración de 75 minutos “está plantexada cun percorrido polo conxunto histórico entorno á Catedral, e a outra “O tesouro de Salomón”, cunha duración de 120 minutos, abranguería unha zona máis ampla. A elección dos dous personaxes que guían as rutas, Francisco Sánchez e Dona Urraca, segundo explicou obedece a que “Francisco Sánchez é un personaxe moi destacado da historia de Tui e da historia mundial, e Dona Urraca tamén, e válennos para falar doutras partes da historia máis transversal coma a independencia de Portugal e o papel que tivo Tui”.

O ilustrador Xosé Tomás, destacou a sintonía que se realizou esta traballo que persegue pór a historia de Tui á dispor dos nenos e do público en xeral. Indicaba que “Foi un traballo moi agradecido pola enorme sintonía que tivemos á hora de plasmalo” que contou “cun diálogo moi bonito a nivel creativo”. Explicaba que presentan “un plano base e logo a adaptación do plano ás distintas rutas”. Engadía que lles parecía importantísimo que “houbera dúas lecturas”, unha primeira da lectura da visita, e unha segunda máis a fondo co material xa na casa. Nese senso explicaba que ao realizar o traballo cambiaron o guión establecido inicialmente para incorporar nunha das caras do plano o detalle dos distintos edificios.

Os novos folletos están publicados en galego e castelán o guión foi realizado pola historiadora Sara Quintana e o deseño corresponde ao ilustrador Xosé Tomás. Edítanse 5 mil exemplares de cada unha destas propostas. Están xa dispoñibles na Oficina Municipal de Turismo e tamén se poden descargar na web municipal.

O ‘Comité de Sabias’ da Cátedra de Feminismos Depo-UVigo chama a transformar a contorna dixital para un acceso igualitario das mulleres

Coa participación da presidenta da Deputación, Carmela Silva e do Reitor da UVigo, Manuel Reigosa, o Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVIGO celebrou hoxe a súa primeira reunión, en formato virtual, da que saíu a súa declaración fundacional, un documento no que se plasman os seus obxectivos e eixes de actuación. Entre eles destaca a concreción de accións que transformen os espazos dixitais para que favorezan o acceso das mulleres. Desta forma, o Comité desenvolverá o seu traballo inspirándose na formulación da profesora Judy Wacjman, experta en xénero e tecnoloxía, que afirma que “se as mulleres non queren acceder a certos espazos ou ámbitos, hai que cambialos para que queiran ir a eles”. En base a esa proposta transgresora e revolucionaria, que opta por deixar de responsabilizar ás mulleres, as expertas trazarán accións encamiñadas a lograr un futuro dixital en igualdade.

O Comité de Sabias está formado por 14 mulleres que son referentes nos seus respectivos ámbitos profesionais. Desde enxeñeiras de telecomunicacións, mecánica ou informática ata expertas en física e intelixencia artificial, os campos de actuación das integrantes do comité son moi diversos, incluíndo tamén a filósofas, matemáticas ou filólogas. Así, son Soledad Torres; Marí Lires; Coral del Río; Amparo Alonso; Encina Calvo; Ana Jesús López; Marta Macho; Dhaunae de Vir; Susana Martínez-Conde; Luz Castro Pena; Edita de Lorenzo; Mª José Malmierca; Ana Vila e Purificación Mayobre. Todas xuntas son unha mostra da presenza feminina nas carreiras STEM, e suman experiencia e coñecemento para orientar a posta en marcha de accións que impulsen unha maior visibilidade e participación das mulleres na ciencia e na tecnoloxía. Na web da Cátedra de Feminismos pódense coñecer máis en detalle os obxectivos e a composición do Comité de Sabias.

Carmela Silva: “Estamos ante unha rede de mulleres que integra voces incribles, que son unha grande referencia, que teñen unha mirada feminista e son imprescindibles”.

A presidenta da Deputación Carmela Silva, que apelou a loitar contra “o sesgo do sistema patriarcal nas TIC e na dixitalización”, definiu ao Comité de Sabias como unha “rede de mulleres” que integra “voces incribles, que son unha grande referencia, que teñen unha mirada feminista e son imprescindibles”. A presidenta destacou que “a intelixencia está en vós e, dende as administracións, temos que escoitar á sociedade do coñecemento con nome de muller para tomar decisións tamén intelixentes, transformar e cambiar”. Ao respecto, fixo fincapé na necesidade de “chegar a outras administracións para que todo o que vaiamos poñendo enriba da mesa a través do Comité de Sabias se converta en accións e iniciativas reais, porque a política é o instrumento que temos para cambiar o mundo”. Para a presidenta “temos que ser ambiciosas, ocupar o espazo con orgullo, forza, de pe e no centro, liderando o debate, porque estamos xa fartas de ir creando, de aportar, de ser a metade do mundo e a parte do mundo que máis ten transformado”. Deste xeito, a través do comité, “imos colaborar, crear e poñer en común moitas ideas que se teñen que converter en propostas moi potentes para cambiar a contorna socioeconómica na que vivimos”. Así, amais de visibilizar e referenciar ás mulleres que “tanto aportan ao conxunto da sociedade” e de “recuperar a rica xenealoxía feminista galega repleta de mulleres das que somos herdeiras”, o Comité de Sabias tamén ten por obxectivo incrementar a participación activa das mulleres na sociedade dixital para que “teña unha mirada diferente e non volva caer nos mesmos erros que caeu a analóxica. Queremos que esta nova era dixital sexa unha era mellor, onde as mulleres ocupemos a metade de todo”, rematou. 

Pola súa banda, o reitor Manuel Reigosa agradeceu a contribución e guía da Deputación na posta en marcha da Cátedra de Feminismos 4.0, e sinalou que o traballo “desta Cátedra vai marcar un antes e un despois na loita dentro da universidade para o avance na igualdade, un dos temas prioritarios marcados polo noso Plan Estratéxico”. Sobre o Comité de Sabias o reitor destacou que “sairán cousas moi boas que van clarexar o camiño que temos que seguir cara a igualdade. Aínda queda moito por facer xa que, no mundo, a igualdade real non existe”.

Águeda Gómez, directora da Cátedra, foi a encargada de ler a declaración fundacional. “As mulleres non podemos quedar atrás no futuro que se está construíndo. Temos que incorporarnos como creadoras de contidos dixitais e desenvolvedoras de tecnoloxía; e reverter deste xeito os nesgos de xénero na intelixencia artificial, na robótica, no big data, así como nas empresas emerxentes do eido tecnolóxico e científico”, sinalou.

Propostas en múltiples áreas

Durante o encontro, as sabias achegaronpropostas para definir as liñas estratéxicas deste grupo de traballo, coas que se procura unha representatividade equilibrada en todos os niveis da dirección, creación, e desenvolvemento das tecnoloxías. As expertas coincidiron en que cómpre acadar “un liderado colaborativo” e unha participación real na toma de decisións estratéxicas para a configuración da sociedade, na que a tecnoloxía desenvolve un papel fundamental.

Son diversas as áreas nas que consideran que se deben concentrar importantes esforzos, que van desde o eido da formación e a investigación ata os sectores da intelixencia artificial, os videoxogos e as redes sociais. Precisamente nesta última contorna denunciaron que as mulleres aínda non poden interactuar dunha forma libre e segura, debido á cantidade de insultos e discriminacións que sofren, comoxa puxo de manifesto un estudo publicado recentemente pola Cátedra de Feminismos 4.0, que tivo ampla repercusión mediática.

Inspección Técnica de vehículos agrícolas en Salvaterra de Miño do 14 ao 16 de abril

O Concello de Salvaterra de Miño vén de poñer en coñecemento de todos os interesados e interesadas que a unidade móvil  de inspección técnica de vehículos agrícolas desplazarase ao ao municipio paraq quedar instalado nas intalacións do campo de fútbol de Dextros entre o 14 e 16 de abril.

O horario será o mércores 14 e xoves 15 de abril de 09 h a 13:30 h e de 15:15 h a 18:00 horas, mentres que o venres 16 de abril pasarase a inspección só en horario de mañá, de 09 h a 13:30 horas.

Para solicitar a cita previa, as persoas interesadas poden facelo a través do 902 30 90 00 ou a través da páxina www.sycitv.com