O Concello de Nigrán proporá no vindeiro pleno destinar 185.000 € do Remanente de Tesourería á dotación da nova Biblioteca Municipal unha vez que as obras están a piques de rematar. Así, os traballos avanzan a gran ritmo con todos os oficios traballando simultáneamente para estar concluídas a inicios de maio, mentras que o goberno local ultima xa os pregos para licitar o equipamento. “O obxectivo é ter o edificio rematado antes do verán para poder estrealo en canto sexa posible, pero sempre estando convintemente dotado e con todo o traslado feito, non inauguraremos nunca a medias porque non hai esa necesidade imperiosa”, sinala o rexedor, Juan González.
Actualmente a fachada de pedra está rematada xunto coa carpintería metálica e xa se está a traballar no acondicionamento das diferentes salas, na carpintería de madeira interior e nas instalacións eléctricas e de climatización. Paralelamente, o Concello dispón xa dun borrador detallado coa dotación necesaria deste edificio, que pasa de contar con 120 metros cadrados no Ceán a 1.260 m², xerando espazos novos como a sala infantil independente, zona de estudo ou outra de usos múltiples.
“Evidentemente as necesidades de mobiliario, equipamento informático etc se multiplican porque contaremos con novos servizos e máis capacidade, con esa premisa se construíu este edificio”, sinala o rexedor, quen detalle que se contemplan unha ducia de ordenadores de mesa para usuarios fronte aos 3 dos que dispón actualmente ou novos equipamentos como un proxector, equipo de son ou televisores. O mobiliario será de deseño minimalista e de estilo contemporáneo, acorde co propio edificio e cómodo para o seu uso concreto (desde carros para os libros, cadeiras, expositores, mesas e auxiliares etc) e se inclúen plantas naturais para outorgar calidez ao espazo.
Edificio bioclimático
O novo edificio ocupa unha parcela municipal de 443 metros cadrados e de forma trapezoidal no centro do municipio (a beira da Estrada pola Vía, á altura do número 118, frente a rúa do Panasco) nun lugar fácilmente accesible para a veciñanza tanto en transporte público como privado. O feito de que se trate dunha parcela con forte desnivel permite que se poidan crear duplicidade de entradas, con accesos tanto dende a planta baixa como dende a primeira, o que favorece unha utilización polivalente das instalacións. Dende o punto de vista urbanístico, a construcción xenera unha praza cuberta que se abre á praza existente e que supón unha zona previa a entrada por planta baixa.
O proxecto contempla un edificio de catro alturas de planta irregular e cunha superficie total construída de 1.260 m2 (a actual biblioteca do Cean ten 120 m2) e clasificado coa letra A no seu Certificado de Eficiencia Enerxética (máxima categoría). Trátase, por tanto, dun edificio bioclimático que dispón das últimas tecnoloxías en instalacións para acadar esta sostibilidade ambiental.
Cun deseño minimalista na que a fachada se plantexa de granito silvestre e cunha planta que se adapta á forma trapezoidal da parcela, consta de catro andares sen sótano. Na planta baixa (191 m2) disponse dunha sala de usos múltiples vinculada á praza cuberta adxacente, almacén e aseos; na pranta primeira (269 m2) hemeroteca, sala de ordenadores, recepción e zona de préstamo infantil e xuvenil; na segunda (272 m2) zona de préstamo para adultos e na terceira (235m2), zona de estudio que se comunica a dobre altura coa zona de préstamos do nivel inferior.