18.6 C
Pontevedra
Martes, 8 de Outubro de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasCharlas orientadas ao emprego no IES Pedra da Auga

    Charlas orientadas ao emprego no IES Pedra da Auga

    A concelleira de Formación e Emprego agradece ao equipo docente e directivo do centro o interese destes obradoiros

    A Concellería de Formación e Emprego, dirixida pola socialista Vanesa Fernández Soage, informa que a Axente de Emprego e Desenvolvemento local impartiu o mércores un obradoiro  ao  alumnado do IES Pedra de Auga de Ponteareas, co fin de promover iniciativas empresariais no municipio e dirixidas  tanto  ás persoas emprendedoras como a aquelas que contemplen o autoemprego como unha opción de inserción laboral e xeral.

    Neste marco e co obxectivo de favorecer a creación de novos empregos estables, a inserción laboral de persoas en desemprego e contribuír ao desenvolvemento e crecemento das pequenas unidades produtivas deséñase esta xornada para apoiar e incidir naquelas persoas e profesionais que con potencialidade para crear emprego non adoptan tal decisión polo risco ou carga que pode supoñer  o inicio de actividade.

    Por outra banda, hai que ter en conta que o tecido empresarial de Ponteareas está composto, na súa maioría, por microempresas e, principalmente, por persoas traballadoras autónomas, que son as principais protagonistas na creación de emprego. Por este motivo, dende a Concellería de Emprego e Formación estanse impulsado medidas para fomentar o emprendemento e apoiar á persoa  emprendedora como axente dinamizadora da economía local.

    Pero non é suficiente con desenvolver políticas que favorezan o emprendemento, senón que tamén, tal e como sinala a concelleira de emprego e formación, Vanesa Fernández, “é necesario articular programas que axuden e consoliden as persoas autónomas xa establecidas. A realidade socioeconómica pon de relevo que non só é importante dinamizar e tratar de que se cree o maior número de empresas posible, senón tamén deseñar os mecanismos necesarios para que as empresas creadas poidan sobrevivir, crecer e ampliar os seus mercados. Estas empresas son vitais para unha recuperación do emprego e esta debe ser una prioridade fundamental.”

    Vanesa Fernández Soage agradece o interese do centro educativo e sinala a importancia de trasladar información sobre os servizos que se prestan e xestionan desde a concellería de Formación e Emprego, tan importante para a cidadanía, e neste caso concreto, aos mozos e mozas que cursan a materia de Formación e Orientación Laboral e de Empresa e Iniciativa Emprendedora.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.