12 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación destina 200.000 euros a apoiar a celebración de campionatos e...

    A Deputación destina 200.000 euros a apoiar a celebración de campionatos e eventos deportivos na provincia

    Con estas achegas a Deputación segue a dinamizar a provincia á vez que promove os hábitos de vida saudable

    A provincia de Pontevedra é todo un referente na organización de campionatos, eventos e actividades deportivas que fan do noso territorio un lugar máis atractivo tanto para as persoas que habitan nel como para as que cada ano se achegan a coñecela. No marco da súa firme aposta pola promoción do deporte, a Deputación ven de aprobar na Xunta de Goberno as bases que regulan a concesión de axudas para entidades e federacións co obxecto de organizar deste tipo de actos, ás que este ano destinará 200.000 euros.

    Esgrima, windsurf, tenis, fútbol, marcha ou xadrez son algunhas das modalidades que viron como o ente provincial axudou á realización deste tipo de actividades nos últimos anos que amais de apoiar o deporte, dinamizan a provincia tanto no ámbito social, turístico e económico.  Grazas a elas, por exemplo en 2020, puidéronse organizar eventos da talla do Campionato de España de Ciclocross, a 49 edición do Descenso Internacional do Río Miño ou o II Trofeo Internacional Remo de Mar Illas Cíes, amais de moitos outros. Do mesmo xeito, leváronse a cabo concursos, memoriais ou xornadas deportivas.

    Estas axudas repártense en dúas liñas. A primeira está destinada á realización de competicións deportivas oficiais, de ámbito estatal ou internacional federadas, con denominación de campionato ou copa de España, de Europa ou do Mundo e conta cun importe de 80.000 euros. Os 120.000 euros restantes corresponden á segunda liña, dirixida á realización de competicións oficiais e non oficiais de todos os ámbitos territoriais, federadas ou non, que non sexan presentadas na liña 1.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.