7.8 C
Pontevedra
Domingo, 2 de Abril de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación reivindicará este domingo no Día Mudial da Poesía ás poetas...

    A Deputación reivindicará este domingo no Día Mudial da Poesía ás poetas feministas da historia

    As autoras Yolanda Castaño, María Xosé Queizán, Chus Pato e Dores Tembrás protagonizarán unha lectura virtual de textos da súa autoría e doutras escritoras que se difundirá a través das redes da institución

    Unha homenaxe ás poetas da historia a través da voz de mulleres poetas da provincia, feministas e activistas desde a palabra. Esta é a proposta coa que a Deputación celebrará de xeito virtual este domingo, 21 de marzo, o Día Mundial da Poesía que terá como lema “Nós tamén navegar!”, en referencia ao verso feminista por excelencia da autora Xohana Torres.

    A conmemoración terá como protagonistas ás escritoras Yolanda Castaño, Dores Tembrás, María Xosé Queizán e Chus Pato e cada unha delas fará un recitado poético en formato vídeo que ao longo da xornada serán difundidos, nunha acción colectiva, a través das redes sociais da Deputación. A acción chega enmarcada na programación deste mes de marzo, ao abeiro do 8M, baixo o título “Reivindicando na Escrita”, e nela participará tamén a presidenta provincial, Carmela Silva.

    Será unha reivindicación das mulleres poetas e da poesía feminista para visibilizar o seu papel na loita pola igualdade. Cada unha das autoras lerá no seu vídeo poemas da súa autoría e textos doutras autoras escollidas por elas mesmas de todos os tempos, tanto galegas como  internacionais. Deste xeito, Yolanda Castaño, amais do seu poema “Promesa”, lerá outros  textos de Akiko Yosano (Xapón) e Joumana Haddad (Líbano), mentres que Chus Pato recitará o seu poema “Meta”, da obra “Carne de Leviatán”, e tamén obras da autora homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas, Xela Arias. Doutra banda, María Xosé Queizán lerá textos seus, como o poema “As fillas eternais”, e outro pertencente ao libro “Despertar das amantes”, así como o poema da trovadora medieval Bieris de Romans que leva por título “Dona María de grande estima e valor”. Por último, Dores Tembrás recitará un fragmento do seu libro “O pouso do fume”, así como outros textos das obras “Os traballos e as noites”, de Alejandra Pizarnik (Arxentina) e “Retrovisor”, da autora galega Antía Otero.

    A institución provincial escolleu deste xeito celebrar as voces de aquelas creadoras que berraron os versos máis altos a favor das mulleres en momentos nos que non había papel e lapis para elas. Centos de anos despois, temos un gran número de poetas que forman parte da revolución cultural que a escrita está a protagonizar e que, sen medo, seguen a demandar os dereitos das mulleres, sabendo que a día de hoxe a igualdade non é real e efectiva.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS