Venres, 19 Setembro de 2025

Ponteareas proxectará o vindeiro venres o documental ‘Xela Arias. Poeta nas marxes’

O Concello de Ponteareas proxectará o vindeiro venres ás 20:.30 horas o documental ‘Xela Arias. Poeta nas marxes’, dirixido por Beatriz Pereira. Unha peza audiovisual que reflexiona sobre a poeta homenaxeada no Día das Letras Galegas a través dos testemuños de Marga do Val, Xosé María Álvarez Cáccamo, María Xesús Nogueira, Manuel Bragado, Susana Trigo e Humberto Heredia.

A entrada é gratuíta e, para poder asistir á proxección, as persoas interesadas deben facer a reserva previa de entradas no correo electrónico: [email protected]. O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, anima a veciñanza “a coñecer neste documental a figura de Xela Arias, unha muller que rompeu a versos convencións sociais para construír a súa independencia”.

Esta proxección encádrase dentro do proxecto ‘Xela Arias. Poeta nas marxes’, que leva a Secretaría Xeral de Política Lingüística aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística, á que pertence o Concello de Ponteareas, no marco da programación institucional Letras Galegas 2021 para dar a coñecer a figura, a vida e a obra da autora homenaxeada.

Este proxecto xorde, no ano 2019, da constatación da ausencia de materiais fílmicos que reflictan unha visión total sobre Xela Arias, que se crea mediante a relación contrapuntística do academicismo e o humano e persoal. Xa que logo, esta obra deterase en todas as arestas que fixeron dela unha muller situada nas marxes da literatura, analizando o seu labor como poeta, tradutora e correctora, así como o seu impacto na vida cultural galega.

A Xunta inicia as obras de mellora do sistema de regulación do caudal ecolóxico da presa de Baiona

0

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, iniciou as obras de mantemento e mellora do sistema de regulación do caudal ecolóxico da presa de Baiona, que suporá un investimento autonómico de 270.000 euros.

Esta actuación, adxudicada á empresa Proyecon Galicia, S.A., conta cun prazo de execución estimado de 5 meses. Esta actuación cofinánciase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Feder Galicia 2014-2020.

Entre os labores para incrementar o control e mellorar as condicións de regulación desta presa destacan os traballos de posta en funcionamento dunha derivación sobre unha das dúas liñas de desaugue de fondo existentes, sobre a que dispor unha válvula de comporta e outra de regulación que permita a súa regulación nun rango entre 270 l/s e 10 l/s, de xeito máis preciso e eficiente.

As actuacións inclúen a instalación na cámara de válvulas dun sistema de calefacción, para evitar condensacións, a mellora do sistema de auscultación mediante a substitución da pantallas de display de diversos aforadores, así como a incorporación de novos manómetros e un elongámetro telescópico dixital. Tamén se renovará completamente o cadro e o sensor en dous aforadores.

Os traballos permitirán, ademais, a mellora da carpintería metálica, a limpeza do paramento do aliviadero da presa, retirando a vexetación do seu interior, e a rehabilitación do tramos do camiño de coroación que presentan armaduras sen recubrimento.

Finalmente, procederase á desmontaxe e retirada completa das plataformas metálicas existentes no paramento de augas abaixo do dique da presa.

A Eurocidade Cerveira-Tomiño continúa con éxito de participación os Roteiros do Miño

0

A Eurocidade Cerveira-Tomiño continúa desenvolvendo con éxito de participación os Roteiros do Miño 2021, un dos proxectos gañadores do último Orzamento Participativo Transfronteirizo. O xoves 29 de agosto ás 9.30 horas, arrancaba cunhas 30 persoas, a 3ª saída programada:  a Andaina dos Fortes da Guerra da Restauração.

Visitáronse varias construcións fortificadas e outras xa desaparecidas acompañados por expertos que lles axudaron a “revivir” unha parte moi importante da historia da raia do Baixo Miño; percorridos que teñen como obxectivo dar a coñecer territorios transfronteirizos valiosos a nivel paisaxístico, cultural, patrimonial, ambiental e natural.

Quedan pendentes aínda cinco rutas de grande interese: Ruta nocturna do Cervo ao Niño do Corvo (4 de setembro. 23.30h. PT); Ruta do Vale das Donas (12 de setembro. 9h. PT); Ruta da Pedra Furada (26 de setembro. 9.30h GAL); Ruta do Alto da Pena (10 de outubro. 9h. PT) e Ruta das Fontes (23 de outubro. 9.30h. GAL). Para poder participar en calquera destas rutas, é preciso reservar praza enviando un correo electrónico a: [email protected] con estes datos: nome, data de nacemento, teléfono de contacto e correo electrónico.

Nigrán organiza o Camiño de Santiago pola Costa para persoas xubiladas

0

O Concello de Nigrán ofrece aos seus maiores a posibilidade de realizar o Camiño de Santiago pola costa desde A Ramallosa adaptado a tres etapas de 20 km de andaina (complétanse con autobús) durante os sábados 11, 18 e 25 de setembro. O aforo está limitado a 50 persoas xubiladas empadroadas no municipio que se atopen en boas condicións físicas e estén acostumadas a longas camiñatas. O Concello sufraga todos os gastos de desprazamento en autobús e guías e os participantes deberán abonar 10 € por cada xantar no respectivo restaurante concertado (30 € en total). A inscrición realizarase presencialmente este xoves e venres 2 e 3 de setembro no Oficina de Información Cidadá do Concello de 10:00 a 12:00 horas.

A excursión partirá o 11 de setembro ás 9:00 horas camiñando desde A Ramallosa con parada para comer e autobús a continuación a Pontevedra para finalizar cunha ruta turística nesta cidade (sempre inclúe o regreso a Nigrán en autobús). A seguinte etapa será o 18 de setembro con saída en autobús desde o Concello de Nigrán cara Pontevedra para camiñar desde aí a A Cancela e, posteriormente e xa en autocar, realizar unha ruta turística en Caldas de Reis. Finalmente, o 25 de setembro os participantes irán desde Nigrán a Padrón en autobús para coñecer esta localidade e desprazarse despois ao Monte do Gozo co obxectivo de chegar a pé á Praza do Obradoiro.

As persoas inscritas serán citadas á unha presentación no Pazo de Pías o venres 10 de setembro ás 21:00 horas onde se lles achegará un ‘kit’ para facer o Camiño máis comodamente (camiseta, mochila, etc.) e alí abonarón o custe dos tres xantares.

“Este é Ano Santo e os nosos maiores despois dun confinamento tan duro precisan ter opcións de ocio que inclúan actividade física e socialización, polo que consideramos esta opción como a máis estimulante que ofrecer neste mes de setembro”, explica María Mayán, edil de Maiores.

Galandum Galundaina e Uxía, ao vivo na clausura do MUMI 2021

0

O MUMI 2021, que se desenvolverá do 9 ao 11 de setembro na Eurocidade Tui-Valença, contará para a súa clausura cun concerto dobre protagonizado por dúas das propostas musicais de maior renome a ambas beiras do Miño: a banda portuguesa Galandum Galundaina e a artista galega Uxía. O Encontro Profesional das Músicas no Minho, que tamén terá programación aberta á cidadanía, repartirá a súa actividade entre Valença e Tui durante os tres días de duración. Ademais dos dezaoito showcases xa anunciados de bandas galegas e portuguesas, o encontro acollerá un  programa de encontros para empresas e festivais, actividades formativas e obradoiros. Os concertos de apertura e clausura, asi como a maior parte dos showcases, estarán abertos ao público xeral. Patrocinado pola Eurocidade Tui-Valença, tamén apoian o MUMI 2021 a Direção Regional de Cultura do Norte e a Xunta de Galicia así como a Fundação GDA, Fundación SGAE, Bodegas Martín Códax, Gadis e Mel: Piquenique das artes!

O concerto de clausura terá lugar o 11 de setembro nas Cortinas de São Francisco (Valença) ás 21h portuguesas e 22h galegas. Considerado como un dos proxectos musicais máis relevantes no contexto folk de Portugal durante os últimos vinte e cinco anos,  Galandum Galundaina construíu un espazo no que o pasado e o futuro da música arraiana van da man. A formación, considerada a embaixadora da música das Terras de Miranda, desenvolve un traballo de investigación ao redor dos instrumentos tradicionais -extraordinario no caso da gaita de fol mirandesa pero tamén en aparellos sonoros de construción propia- así como de promoción cultural, coa organización de eventos como o Festival itinerante de cultura tradicional “L Burro i l Gueiteiro”. Paulo Preto, Paulo Meirinhos, Alexandre Meirinhos e João Pratas son Galandum Galundaina, con catro discos de estudio e un DVD ao vivo no seu haber; é sobre no escenario onde resplandece un repertorio vocal e instrumental na herdanza do cancioneiro tradicional das Terras de Miranda, no que as harmonias vocais e o ritmo das percusións transportan a un universo atemporal.

Imaxe da banda portuguesa Galandum Galundaina

Pola súa parte, Uxía é unha das maiores embaixadoras da música e a poesía galegas. Nos seus máis de 35 anos de carreira artística renovou a música tradicional galega conectándoa coas culturas atlánticas, combinando alalás con morna, fado ou ritmos brasileiros. Algúns dos temas máis recorrentes que explora nos seus traballos son a busca dun espazo para a voz da muller, o diálogo entre culturas, a poesía contemporánea galega e portuguesa e a defensa da identidade lingüística. Creou o seu repertorio a través das súas continuas viaxes e intercambios con músicos de Brasil, Portugal, Cabo Verde ou Guinea-Bisáu, como Dulce Pontes, António Zambujo, Sara Tavares ou Tito Paris, e en España con artistas como Santiago Auserón, Martirio, Carmen París ou Sílvia Pérez Cruz.

Máis directos: 18 showcases e concerto inaugural

Os showcases programados de bandas e artistas de Galicia e Portugal, a maior parte deles abertos ao público, serán a columna vertebral do MUMI 2021. Familia Caamagno, Magín Blanco e A banda das apertas, Oîma, Os d’Abaixo , O Sonoro Maxín, Pálida, Pulpiño Viascón, Silvia Penide e Xacobe Martínez Antelo Quinteto conforman a relación dos showcases galegos programados. No caso de Portugal, as bandas seleccionadas son tamén nove: Barry White Gone Wrong, Cassete Pirata, Conjunto!Evite, emmy Curl, Jorge da Rocha, José Valente, Káustika, TAKATUM apresenta Ah!Ah!Ah! e The Guit Kune Do. A Orquestra Galego Portuguesa de Liberación ofrecerá o concerto de apertura do MUMI 2021 o xoves 9 de setembro en Tui no Paseo da Corredoira ás 21:30h galegas e 20:30 portuguesas.

O Plan Revitaliza achegou a compostaxe a preto de 1.400 crianzas durante o verán

O Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra segue a sumar éxitos nas súas actividades de compostaxe para crianzas. No que vai de verán o plan provincial de residuos baseado na compostaxe chegou a preto de 1.400 nenos que participaron nas ludotecas, obradoiros e campamentos estivais dos concellos da provincia.

As cifras seguirán medrando durante este mes de setembro, xa que aínda se poden solicitar obradoiros e charlas, pero só nos meses de xullo e agosto as e os monitores do CEIDA estiveron en dezasete municipios adheridos ao plan provincial levando adiante 105 actividades dirixidas tanto a familias como a rapaces de 2 a 16 anos. Destacaron as charlas informativas ‘A voltas coa compostaxe’; as actividades de compostaxe infantil para pequenas e pequenos de Educación Infantil; o teatro e contos de ‘Ecocol’; o famoso Xogo da Miñoca, para rapazada de 6 a 8 anos; os obradoiros de ‘Quen vive aí?’ para coñecer todos os invertebrados que axudan a que a compostaxe saia adiante; e os experimentos de microcompostaxe, para xente moza de 9 a 16 anos, amosando como con pequenos recipientes tamén se pode chegar a facer compost de calidade cos biorresiduos.

Por territorios, a comarca do Morrazo foi a máis activa neste verán, con 384 participacións e co concello de Marín destacando sobre todos os demais xunto ao concello de Cangas. Na comarca do Salnés as actividades chegaron a 259 nenas e nenos dos municipios de Illa de Arousa, Cambados e O Grove; na comarca de Pontevedra, nos concellos de Poio, A Lama e Barro, participaron 245 nenas e nenos; na comarca do Condado houbo 229 rapazas e rapaces de A Cañiza, Arbo, Mondariz e Ponteareas; na comarca de Caldas 112 dos concellos de Cuntis, Portas e Valga; mentres que participaron tamén o Concello de Redondela con 105 crianzas e o de Vila de Cruces con 39.

As actividades educativas do Revitaliza, que se realizan principalmente durante o curso nos centros educativos de toda a provincia e de maneira máis recente durante o verán, están destinadas a nenas e nenos de Infantil, Primaria e Secundaria dentro da programación estival organizada dos municipios, xa ben campamentos urbanos, obradoiros, xornadas divulgativas ou ludotecas, mais tamén se inclúen actividades para grupos familiares.

O contido das propostas  é mixto, cunha pequena parte teórica e outra práctica, traballando nos distintos aspectos da compostaxe dunha maneira lúdica para facer máis asequibles os conceptos ás crianzas que están a gozar do seu período vacacional.  Neste ano, igual que en 2020 por motivo da COVID, traballouse en grupos reducidos para garantir a seguridade necesaria segundo o establecido polas autoridades sanitarias e escolares.

As actividades pódense adaptar ás diferentes necesidades de cada Concello, polo que os servizos municipais poden consultar as dúbidas ou aclaracións que se precisen coa equipa educativa. Aínda está aberta a posibilidade de solicitar actividades para o mes de setembro, mais o número máximo de actividades a realizar en cada Concello –totalmente de balde financiadas pola Deputación- estará suxeito á dispoñibilidade e en función da demanda do programa.

Guadi Galego sorprendeu ao público cun concerto no Porto da Guarda

0

O pasado sábado día 28 de agosto a cantante Guadi Galego trouxo a súa música ata o Porto da Guarda nun concerto enmarcado na xira de presentación do seu último disco, Costuras, na que a cantante atópase inmersa e que está xa a piques de rematar.

Esta idea xa ven de anos atrás, onde, despois de varias tentativas de traer á Guarda a esta gran artista, por fin se logra facer. O concerto abriuse coa participación do grupo de folk local “Na Revolta”, que tocou algunhas pezas musicais antes do concerto de Guadi Galego.

O grupo folk Na Revolta cumpriu así os seus 20 anos, tendo participado en numerosos concertos na comarca do Baixo Miño así coma no Festival Intercéltico de Lloriente no ano 2006 ou coma teloneros do grupo Berrogüeto. Na Revolta conta con 7 compoñentes, Diego Vicente na percusión, Elena Baz na percusión, Ana Pereira no baixo, Miguel Rodríguez con guitarra e voz, Iván Gómez con gaitas, Xurxo Ameal con gaitas e percusión e Silvia Castro coa frauta traveseira. Na Revolta ten editado os discos “Al Punto” no ano 2008 e “Dale al ON” no ano 2019.

Guadi Galego é unha das artistas máis relevantes da escena galega actual. Comezou a súa andaina con Berrogüetto como vocalista, pianista e gaiteira, e continuou posteriormente, con novas sonoridades e proxectos, con diferentes colaboradores e acadando sempre grandes éxitos de público, crítica e recoñecidos premios.  En 2005 lanza o seu disco “Espido”. Continúa no 2009 co disco en solitario Benzón e no 2012 con “Acadacanto” onde sigue colaborando con Xavier Díaz, Guillerme Fernández ou Xosé Lois Romero. No 2014 ve a luz o seu segundo traballo en solitario, Lúas de outubro e agosto, e no 2016, ano en que acada o Premio Martín Códax da Música á Mellor Artista na categoría de Canción de Autor, sae o terceiro, O mundo está parado. No 2019 estreou Immersion, unha relectura musical e lingüística das súas obras máis recentes da man de artistas como Iván Ferreiro, Clara Peya, Xabier Díaz ou Lisandro Aristimuño. Este álbum valeulle o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe no Estado español. Tras unha xira e un ano marcados pola pandemia, Guadi Galego lanza Costuras, 10 cancións que viaxan desde mundos asociados á súa infancia ata o presente máis duro e á vez esperanzador.

[su_image_carousel source=”media: 43885,43884″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

A realización deste concerto que se enmarcou dentro do programa Musigal da Deputación de Pontevedra, contou ademais coa colaboración da Comisión de Festas da Virxe do Carme e das Redeiras da Guarda.

Tal e como manifestou o Concelleiro de Festas e Festexos Populares, Rafa Álvarez, “o Porto da Guarda foi este pasado sábado un recinto perfecto para gozar da boa música feita en Galicia, cunha artista recoñecida que tanto visitantes como locais puideron coñecer e ser partícipes do seu bo facer e da súa xenerosidade, do seu respecto sobre temas en defensa da muller e nun concerto no que, a emotividade e complicidade entre a banda e o público, foi palpable en todo momento”, destacando ademais o rotundo éxito de participación, coas entradas esgotadas dende fai varios días previos ao concerto e o excelente ambiente na zona portuaria ao longo desta gran noite de verán. Rafa Álvarez quixo tamén agradecer a Guadi Galego o ter participado no pasado mes de xullo nun concerto no que colaborou co Coro do Conservatorio de Música Elemental da Guarda, así como permitir que o Grupo local de folk Na Revolta puidese festexar o seu 20 aniversario compartindo escenario con ela e coa súa banda.

Esta semana comezan as obras de alumeado exterior público en no rural de Salvaterra

O Concello de Salvaterra ven de adxudicar por un importe de 39.966,43€ obras de mellora e renovación do alumeado público exterior no rural, que comezan esta semana. Despois de realizar as obras de mellora e renovación do alumeado   no Centro Urbano e Recinto Amurallado o Concello segue traballando e investindo na mellora do seu alumeado público.

Con esta actuación, cofinanciada a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo a través da subvención para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais para o ano 2021, buscase mellorar a eficiencia enerxética das instalacións existentes,  co cambio de luminarias e fontes de luz por outras máis eficientes.  Para iso é necesario  adecuar  a infraestrutura eléctrica dos cuadros e facer  unha ordenación das infrestruturas.

Esta actuación realizarase en varios núcleos rurais, levando a cabo a renovación de dous cuadros e a sustitución de 104 brazos de aceiro galvanizado co suministro e instalación de luminarias de diseño TIPO 2 con 23,5W.

Este Grupo de Goberno leva traballando na mellora e na eficiencia do alumeado público e ten solicitado e pendente de resolver, a través do Convenio coa Deputación de Pontevedra as axudas IDAE para mellorar a eficiencia enerxética no abastecemento ETAP Casal e bombeo e a renovación das instalacións de alumeado  no Entorno do Polígono Industrial Chan da Ponte, no tramo entre a PO-400 e a PO-402 e na PO-403, plantexando unha substitución de máis de 370 puntos de luz.

A OMIX de Tomiño organiza un curso de lettering e caligrafía

0

O Concello de Tomiño, a través da Oficina municipal de información xuvenil (OMIX), organiza un Obradoiro de Lettering e Caligrafía.

O curso, de nivel iniciación, está dirixido preferentemente a persoas de entre 12 e 35 anos, e desenvolverase en cinco sesións de dos horas cada unha, a partir do día mércores 15 de setembro, no edificio da OMIX (Campo da Feira).

lettering é a arte de crear composicións con letras derivadas. As persoas que se apunte terán a oportunidade de iniciarse no mundo desta disciplina, conseguindo manexar as primeiras ferramentas para personalizar tarxetas de felicitación, portadas de traballos, letreiros, etc.

O obradoiro ten un custe de 15 euros co material incluído. As persoas interesadas poden atopar toda a información e inscribirse na páxina web do Concello (tomino.gal).

O programa ‘Propulsa Danza’ da Xunta despediuse onte en Ponteareas

O Castro de Troña, en Ponteareas, converteuse onte en escenario da última sesión do programa da Xunta Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio, que se despide tras chegar a máis de 2000 persoas. Así, desenvolvéronse cun cheo case total os 27 espectáculos previstos en espazos singulares de toda Galicia, nos que se incluíron catro estreas. A iniciativa, enmárcase na programación cultural da Xunta para este verán que suma máis de 3.000 actividades. Foi posta en marcha como novidade este ano e percorreu a xeografía galega desde o 2 de xullo coa participación de 30 compañías, 23 delas galegas e as restantes de diversos puntos de España, Portugal e Francia, para poñer en valor a riqueza patrimonial e paisaxística a partir das artes do movemento.

A función de peche comezou ás 19,30 horas e nela representaronse dúas pezas de compañías convidadas, con 8Km en mula, do estremeño Álvaro Murillo, e Emakumeak, da vasca NODE. Xunto a elas estiveron os espectáculos galegos de Fran Martínez, con A temperatura O temperamento, e Fran Sieira Compañía de Danza, con Coreografías dun DeMente.

8Km en mula inspírase na obra de Federico García Lorca Bodas de sangre, baseada á súa vez nun feito real acontecido en 1928. Unha noiva foxe o día da súa voda co seu amante. O noivo ségueos e ten lugar o desenlace. Oito quilómetros son os que percorreron Paco Montes e Paquita Cañada sen poderen chegar á alba. No espectáculo, o corpo emprega o movemento para contar unha historia de amor maldito. Álvaro Murillo dirixe e interpreta esta crónica danzada da obra, unha versión flamenca da historia con música de Camarón de la Isla, José Mercé e Pata Negra.

Pola súa banda, A temperatura O temperamento, creado e interpretado por Fran Martínez, preséntase como un acto de fe na materia da que se compón o corpo, da linguaxe que lle é propia. O espectáculo proporciónalle ao público un paseo por universos cargados de estados físicos, emotivos e enerxéticos.

Emakumeak é unha homenaxe a todas as mulleres resilientes, unha ofrenda. Myriam Pérez Cazabon e Jone Amezaga interpretan dúas mulleres decididas e valentes, que, obrigadas a percorrer unha viaxe imposta e violentada, unidas alcanzan un final en liberdade. A dirección é de Ion Estala, a coreografía de Myriam Pérez Cazabon, e o vestiario de Clara Virgili. Aránzazu Calleja é autora da música.

Por último, Coreografías dun DeMente é un formato reducido e de rúa do espectáculo DeMente, coas coreografías máis representativas. Nel plásmase a realidade das persoas que sofren un trastorno mental, a evolución dos tratamentos e a necesaria integración na sociedade. O autor e coreógrafo é Francisco Agustín Sieira González, coa dirección artística de Carla Diego Luque.

Na peza bailaron Francisco Agustín Sieira González, Aida Tarrío Torrado, Adela Otero Vázquez, Daniel Rodríguez Fernández, Artur Pastoriza Puga, Martín Mondragón Rivadulla, André Adrio Rodríguez e Patricia Sánchez Seoane. A composición musical é de Cristian Silva Bóveda, mentres que o espazo sonoro o asume Isaac Millán Ledo e o vestiario, Carlos Alonso Alonso.

Arte escénica en espazos singulares

O obxectivo é achegarlle ao público unha nova maneira de ver a danza, mediante a mestura desta arte escénica co patrimonio e a paisaxe de diferentes espazos singulares do territorio galego, como praias, cabos, fragas, fervenzas, miradoiros, catedrais, museos, hórreos ou castros.

Deste xeito, Propulsa Danza+Paisaxe+Patrimonio permite levar a danza a concellos onde esta disciplina artística non soe formar parte das súas programacións culturais, ao tempo que sirve de promoción turística de lugares singulares. Ademais, búscase fomentar a creación contemporánea de danza e atraer novos públicos, xunto coa creación de sinerxías coas administracións locais e os tecidos asociativos de cada zona.

A iniciativa insírese na colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e Turismo de Galicia para o desenvolvemento de diferentes propostas culturais no marco do Xacobeo 21-22.

Un accidente con dous coches implicados deixa catro feridos en Mos

0

Os catro feridos foron evacuados polos servizos sanitarios, dous ao Povisa de Vigo e os outros dous ao centro hospitalario Concheiro, tamén da cidade de Vigo.

O 112 Galicia tivo constancia do sinistro ao fío das once desta noite pasada. Foi a esa hora cando varios particulares alertaban dunha colisión entre tres vehículos na A-55, nas curvas de Tameiga, dirección Vigo, indicaban que un dos vehículos envorcara despois de chocar contra a mediana da Autovía e que os outros dous turismos chocaran contra el.

Así, e coa incerteza de que houbese persoas feridas e atrapadas, os Bombeiros do Porriño e os profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 acudiron de inmediato ao punto, nada mais ser avisados polo 112 Galicia. Tamén, os axentes de Tráfico e os efectivos do Servizo de Emerxencias de Mos.

Unha vez no lugar, os Bombeiros descartaron o uso do material de excarceración e os axentes de Tráfico confirmaron que unicamente foron dous coches os implicados, iso si, aínda que non parecían revestir gravidade, catro persoas precisaron ser trasladadas polos servizos sanitarios.

SmartPeme pon en marcha esta semana dous obradoiros online

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana dúas accións formativas impartidas de xeito online, da carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre o emprego do email márketing e a súa correspondente medición de impactos e sobre a elaboración dun plan de márketing dixital paso a paso.

Este mércores, día 1, impartirase o obradoiro “Desenvolve a túa propia estratexia de email márketing, no que a posgraduada en Comunicación e Industrias Creativas Fátima Faílde explicará como dar a coñecer mensaxes, produtos ou servizos con esta ferramenta. Falará tamén das súas vantaxes e ensinará a mellorar o seu deseño e medir os resultados e impacto das súas campañas.

Pola súa banda, o xoves, día 2, o licenciado en Comunicación Audiovisual Adrián Fernández impartirá “O teu plan de márketing dixital paso a paso”, obradoiro no que se centrará na necesidade de dispor dun plan de márketing dixital previo á execución de calquera acción de márketing para despois afondar na súa utilidade e na súa creación paso a paso cun exemplo real.

As persoas interesadas poden inscribirse a través do sitio web de SmartPeme na url de cada evento. Tamén é posible facelo enviando un correo ao enderezo [email protected] ou no teléfono 886 202020.

350 persoas participaron, a unha semana da etapa 20 de La Vuelta, no ‘Mos sobre rodas’

0

350 persoas participaron, a unha semana da etapa 20 de La Vuelta, no ‘Mos sobre rodas’. Entre elas a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde, Camilo Augusto, o concelleiro de Deportes, José Areal, o edil de Medio Ambiente Sostible e Mocidade, Leo Costas, o concelleiro da parroquia de Cela, Gonzalo Alonso, a deputada autonómica, Feli Rodríguez; e usuarios e monitores de DisCamino.

O Concello de Mos, en colaboración con La Vuelta 21, a Asociación Cultural e Social de Herville, e a Asociación Veciñal e Cultural Celado de Cela, organizou esta tarde unha nova iniciativa enmarcada dentro do programa municipal de actividades con motivo da etapa 20 Sanxenxo-Mos (Castro de Herville) que terá lugar o vindeiro 4 de setembro.

Nesta ocasión trátase dun evento dirixido a todos os amantes do deporte sobre rodas, que puideron participar, tanto individualmente como en familia, no encontro ‘Mos sobre rodas’ que se celebrou a partir das 17.30 horas da tarde no Castro de Herville. O evento estaba pensado para públicos de todas as idades, que participen cos seus vehículos sobre rodas sen motor, tales como monopatíns, patíns, patinetes, bicicletas, triciclos… todas as alternativas eran posibles para unha tarde de lecer, deporte, música e cultura ao aire libre.

A actividade consistiu nun circuito pechado para todo tipo de vehículos sen motor, marcha MBT para maiores de 12 anos, andaina, actuacións de Argonat Band, Grupo Infantil de Gaitas Nosa Terra de Pereiras, Banda de Gaitas de Herville, Grupo de Gaitas e Baile Celado; merenda popular a base de empanada, auga e refrescos; e un sorteo de agasallos de La Vuelta.

“O teu primeiro emprego” conta cunha demanda de preto dun centenar de mozos

Preto dun centenar de mozos da provincia veñen de demandar participar no programa da Deputación “O Teu primeiro emprego” en empresas e ONG. En total, a Deputación inviste 2,6 millóns de euros nesta iniciativa de contratos laborais en prácticas para a mocidade a través da cal xa están a traballar 29 persoas na Deputación, outras 98 nos concellos e comezarán, a partir de setembro en empresas e ONG. “Trátase dun programa –destacou a presidenta Carmela Silva- que permite á mocidade titulada universitaria ou con ciclos formativos de grao superior ter a súa primeira experiencia profesional. O pasado ano conseguimos que o 25% das mozas e mozos participantes se quedasen nas empresas e ONG cun contrato indefinido”.

“Estamos a traballar para que a nosa mocidade teña unha maior capacidade de empregabilidade” afirmou a presidenta da Deputación ao referirse ao programa que conta con catro liñas de actuación independentes:  “O teu primeiro emprego na Deputación”, “O teu primeiro emprego nos concellos”, “O teu primeiro emprego nas empresas e corporacións sectoriais” e “O teu primeiro emprego en Organizacións non Gobernamentais”.  As catro liñas ofertan contratos en prácticas, con todas as garantías e dereitos, de ata un ano de duración.

Ata o de agora  están xa 127 mozas e mozos a traballar na Deputación (29) e nos concellos da provincia (98) e, a partir de setembro, será a quenda das persoas que comecen nas empresas e nas ONG, para o que a institución provincial investirá 1,8 millóns de euros.  Neste caso, a Deputación ten xa elixidas as entidades participantes e en marcha o proceso de selección das mozas e mozos que se van beneficiar dos contratos en prácticas.

Os exteriores do Pazo de Mos acolleron o desfile e concurso de deseñadores noveis ‘DESFILAMOS’

0

Onte pola tarde ás 21:00 horas tivo lugar, no Pazo de Mos, o desfile ’DESFILAMOS’ que organiza a Asociación de Palilleiras de Mos. No acto, que contou con preto de 300 persoas entre o público, estiveron presentes Montserrat Pereira Troitiño, presidenta da Asociación de Palilleiras de Mos, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Sara Cebreiro, concelleira de Participación Cidadá e Cultura e Turismo mosense, e demais membros da Corporación Municipal do Concello de Mos.

Esta iniciativa enmárcase dentro dunha proposta da Asociación de Palilleiras de Mos para o programa “O Teu Xacobeo” da Xunta de Galicia.

Deste xeito a contorna do Pazo de Mos acolleu hoxe un desfile con prendas do Concurso de Noveis Deseñadores e coa presenza tamén de pezas de deseño de varias firmas galegas de moda, entre elas Mekkdes, de Patricia Ferreira.

O programa autonómico “O Teu Xacobeo” financia estas iniciativas das Palilleiras de Mos con motivo do Ano Santo, e co obxectivo de impulsar a vertente artística, tradicional e cultural do municipio, pero tamén para ser un revulsivo para a recuperación turística da zona tras as consecuencias da crise sanitaria da COVID-19.

[su_image_carousel source=”media: 43847,43846,43850,43849,43845,43844,43843,43840,43841,43842″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

A Xunta anuncia que duplicará as axudas ás ANPAs que xestionan comedores

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou o colexio CEIP de Seara (Moaña), onde anunciou que a Xunta vén de formalizar o seu compromiso de duplicar as axudas destinadas a asociacións de nais e pais (ANPAs) que xestionan comedores escolares, elevándoas ata os 1,2M€. A finalidade destas axudas é sufragar parte dos gastos nos que incorreron estas entidades na prestación do servizo durante o pasado curso.

Cómpre lembrar que o Goberno galego xa blindou o pasado ano as axudas ás ANPAs para este fin, concedendo o seu importe íntegro (553.000€), malia que en boa parte do curso 2019/20 non se prestou o servizo por mor da suspensión das clases presenciais. O incremento desta partida, cuxo prazo de solicitudes xa está aberto, foi un compromiso adquirido pola Consellería, Educación e Universidade.

Román Rodríguez avanzou, ademais, a reunión do Consello Escolar de Galicia o vindeiro luns para analizar o inicio do curso escolar. Neste sentido explicou que, tras a xuntanza do Comité Educativo o pasado venres, con esta nova convocatoria avánzase nos contactos con todos os membros da comunidade escolar para preparar a volta ás aulas.

Aberto o prazo ata o 27 de setembro

A convocatoria de axudas a ANPAs que xestionan comedores presta especial atención aos sobrecustos que supuxo a pandemia. Neste sentido, o orzamento total divídese en dous conceptos: un dirixido ao custo diario do menú, mantemento, persoal e limpeza e aos gastos ocasionados pola contratación de pólizas de seguro para a prestación do servizos; e outro destinado a sufragar gastos relacionados coa covid-19 (máscaras, material de desinfección e protección, etc).

Para o cálculo da axuda terase en conta, en ambos casos, a media de usuarios diarios do comedor escolar, e o seu importe poderá sufragar o 100% do gasto xustificado. Estas subvencións son compatibles con outras axudas para a mesma finalidade.

Poderán ser beneficiarias desta convocatorias as asociacións, federacións e confederacións de nais e pais de alumnado que xestionen, directa ou indirectamente, o servizo do comedor dos centros escolares públicos.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 27 de setembro e deberán presentarse por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Rehabilitación integral

Respecto da rehabilitación integral do CEIP de Seara, cun orzamento de preto de 1M€, o conselleiro explicou que o obxectivo principal é mellorar a eficiencia enerxética do colexio.

Esta obra enmárcase no paquete de 84 actuacións que o Goberno galego está a licitar antes de fin de ano, cun importe de case 40M€, e que se suman ás 557 obras que se están a realizar este verán, cun orzamento de case 30M€ e ás outras 41 (17,3M€) que se culminan estes meses.

As visitas caracterizadas e teatralizadas ao Castelo de Soutomaior suman xa preto de 3.400 asistentes

Os programas de visitas caracterizadas e teatralizadas ao Castelo de Soutomaior, que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha no 2016 para valorizar a emblemática fortificación e impulsar experiencias turísticas nesta excepcional contorna, acumulan nestes cinco anos un total de 3.400 persoas asistentes. Delas, preto de mil están a participar na actual edición destes programas, que arrancaron no mes de maio e rematarán o vindeiro 6 de setembro coa última das visitas teatralizadas, unha sesión para a que xa non quedan prazas.

Trátase de dúas das actividades de maior acollida de entre as desenvolvidas pola institución provincial no Castelo de Soutomaior. As primeiras visitas caracterizadas tiveron lugar en 2016. Aquel ano acudiron 500 persoas. A posta en valor do Castelo co seu proxecto de musealización un ano máis tarde foi un punto de inflexión para a afluencia de público ao castelo e viuse reforzada en 2017 co nacemento das visitas teatralizadas. Xa nesa primeira anualidade alcanzaron un milleiro de persoas.

Este ano, o programa de visitas teatralizadas adaptouse tamén á situación derivada da Covid e os datos demostran que tivo unha excepcional resposta, converténdose nunha das opcións turísticas do verán, tras esgotarse as preto de 700 prazas ofertadas. Só quedan dúas sesións por celebrar, a primeira este luns 30 de agosto, para a que quedaba unha soa praza, e a do 6 de setembro, xa co cartel de completo. Estas visitas, dirixidas ao público familiar, consisten nun percorrido dunha hora de duración no que as familias poden coñecer a historia do castelo a través da peza teatral “Irma e Diña” na que aparecen personaxes tan coñecidos como Pedro Madruga e Paio Gomes. A actividade teatral é participativa, educativa, dinámica e divertida, e o guión xira ao redor de Pedro Madruga. O seu leal acompañante, Paio Gomes, é o encargado de poñer música ás andainas e aventuras de Madruga, así como tamén ás historias doutras figuras fundamentais no Castelo como María Vinyals. Pero as protagonistas da peza son as labregas Irma e Diña, que contan a historia do pobo, os costumes e formas de vida na Galicia do século XV, poñendo o acento no importante papel desenvolvido polas mulleres labregas.

Imaxe dunha visita caracterizada en Soutomaior

En canto ás visitas caracterizadas, tralo paréntese do pasado ano por mor da pandemia, este 2021 teñen regresado con forza, con máis de 300 asistentes ata o pasado mércores 25, data na que finalizou a actual edición. Este programa está especificamente dirixido ao público adulto. No percorrido, de 60 minutos de duración, camíñase polo parque botánico e o xardín de excelencia internacional do castelo, coñécense as árbores senlleiras, o xardín francés, as sequoias ou os viñedos. Todo elo da man de tres guías que están caracterizadas como María Vinyals, Emilia Pardo Bazán e Emilia Lluria.

Amais destas visitas, o Castelo de Soutomaior segue a encherse este verán coas actividades culturais promovidas pola Deputación baixo a programación “Tras as Ameas”, que ao igual que “Re-acción nos Castelos” o pasado ano, ten colgado o cartel de completo na maioría dos espectáculos. É o caso da vindeira actuación teatral de Ghazafelhos o 1 de setembro, que representará “A illa do tesouro”. Si quedan localidades para a última actuación do ciclo, o día 29 de setembro, con Vero Rilo e Sonsoles Penadique. As persoas interesadas aínda poden reservar praza a través do formulario que atoparán na web da Deputación (www.depo.gal). Por outra banda, os xardíns do Castelo serán tamén escenario dunha das actuacións programadas no ciclo da Deputación “Música no Ar”, en concreto o 9 de setembro con Pulso Ensemble. Para asistir, hai que facer a reserva no correo [email protected].

Abel Diego Acevedo, o “avó de Oia”, cumpre 100 anos

0

O home de maior idade de Oia, Abel Diego Acevedo, cumpriu 100 anos. Nado en Acevedo (Loureza), este veciño de Burgueira chegou ao seu centenario con moita ilusión e ganas de celebralo xunto aos seus seres queridos.

A alcaldesa, Cristina Correa, e máis a tenente de alcalde, Carmen María Estévez, visitaron na tarde do venres ao “avó de Oia” para felicitalo polo seu aniversario e facerlle entrega dunha torta. Nese día tan especial, as representantes do Concello transmitíronlle o agarimo e bos desexos de toda a veciñanza.

Abel explicoulles ás representantes municipais que chega aos cen anos despois de toda unha vida de traballos. Labores en barcos na Pasaxe, na telleira, elaboración de palleiros e arado de fincas foron algunhas das súas moitas ocupacións. Como anécdota, lembra con nostalxia que foi o primeiro da zona en ter un tractor con arado, e que a novidade foi tal que a xente pronto deixou de empregar as vacas para arar porque preferían chamalo a el.

Ao longo dos 100 anos da vida de Abel moito teñen cambiado as cousas e sobre isto tamén falou coas representantes municipais. Concretamente, explicoulles que cando se puido permitir comprar unha bicicleta e por fin a mercou, como aínda non había estrada a Burgueira tivo que deixala “aparcada” na casa dun familiar en Loureza. “Tardaron 7 anos en facer a estrada, porque a fixeron a pico e pa. Non como agora q meten pas (mecánicas) e as fan moi rápido”, lembra.

Agora, despois dunha vida de traballo, esforzo e sacrificio (lembra que comezou a traballar moi novo porque na súa casa eran 11 irmáns), o que máis lle gusta é aproveitar os días de bo tempo, aínda que con moderación: “Gústame estar ao sol e, se me quenta moito, vou para a sombra”, afirma con humor.

En canto á súa vida persoal, leva 72 anos casado con Guadalupe Giráldez González, a quen coñeceu de mozos nunha festa. Agora, ambos forman o matrimonio de maior duración do municipio. Ademais de gozar da vida xunto coa súa muller, Abel conta co agarimo dos seus 2 fillos, 5 netos e 3 bisnetos.

Con tantas vivencias acumuladas neste século de vida, non é de estrañar que Abel diga que “o que o ten andado, non o ten que andar”. Cos 100 anos recén cumpridos, Abel desfrutará dunha celebración moi especial que lle ten preparada a súa familia.

Comezan as obras de remodelación da Praza de Ponteareas en Redondela

0

O Concello de Redondela iniciou esta semana as obras de remodelación da Praza de Ponteareas, uns traballos que segundo a alcaldesa Digna Rivas e a concelleira de Urbanismo, María Castro, permitirán “a total transformación dunha das principais vías de entrada ao casco urbano”. O asfalto, explica María Castro, “deixará paso a un espazo pensado, fundamentalmente, para o desfrute da veciñanza e no que as e os peóns teñan prioridade sobre os vehículos”.

O proxecto global de futuro supón a transformación das principais vías de Redondela, e o importe total das obras ascende a  máis de 2.5 millóns de euros, estas obras serán desenvolvidas en 8 fases. O proxecto foi redactado polo estudo Gándara y Pons quen, dende o principio foi quen de interpretar a idea do Goberno local “de converter o ámbito de actuación nun lugar, pensado para as persoas, e que integrase nel o conxunto o monumental Pazo de Vilavella nunha gran praza central”.

Cómpre salientar que é precisamente nese gran espazo de entrada no que únense as dúas Rutas Xacobeas que atravesan o municipio –o Camiño Portugués e o Camiño Portugués pola Costa– polo ese camiño e grazas á nova praza, “o propio Camiño quedará integrado como parte importante do patrimonio histórico e cultural de Redondela”.

A obra da primeira fase foi adxudicara á empresa Xestión Ambiental de Contratas, S. L. por importe de 736.182,65 euros, conta cun prazo de execución de 10 meses e está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirexional de España (POPE) 2010-2014 e Estratexia DUSI Redondela 2020.

Esta primeira fase implicará unha reforma integral que inclúe unha renovación dos servizos públicos de abastecemento, saneamento e recollida de pluviais e unha importante modificación da cota existente, amais da renovación da iluminación, novo mobiliario urbano e plantaranse un gran números de árbores.

A sinatura o pasado 24 de agosto de 2021 da ‘acta de replanteo’ marcou o inicio destas obras que son acollidas “con enorme ilusión” por parte do Goberno que preside Digna Rivas xa que, como subliña a alcaldesa “marcan o inicio da transformación de Redondela para converterse nun municipio de futuro e con futuro”.

A nova Praza de Ponteareas e o que significa para o desenvolvemento futuro de Redondela, será presentada á veciñanza nunha reunión informativa que terá lugar o vindeiro día 8 de setembro no Multiúsos da Xunqueira aínda que, lembra a concelleira de Urbanismo, María Castro, “xa foi presentado ás interesadas e interesados, hai máis dun ano, cando se presentou o proxecto no Concello.

Illote Areoso, paraíso natural

Último domingo del mes de agosto y aquí estoy de nuevo para compartir con vosotros un pedacito de mis aventuras.

Hoy os dejo un planazo sin salir de la provincia de Pontevedra: una visita al Illote Areoso. Y como una imagen vale más que mil palabras aquí tenéis diferentes imágenes de este fantástico día.

¿Datos interesantes sobre este islote?

– Es un espacio protegido, por lo que hay que tener mucho cuidado con respetar el entorno. Toda la basura que generéis hay que traerla de vuelta.

– El l islote alberga los restos de un dolmen megalítico.

¿Dónde se encuentra este paraíso cuyas aguas nos recuerdan a las del Caribe?

Esta pequeña isla está en la Illa de Arousa. Son nueve hectáreas que hacen de este paraje paradisíaco un lugar en donde disfrutar de una jornada diferente.

¿Cómo llegar?

Tenéis varias opciones: embarcación privada, taxi-yate, catamarán, etc. Nosotras nos animamos a ir en kayak alquilándolo a través de Areoso Beach Club y saliendo desde Punta Quilma. A buen ritmo y con el mar  en calma, nos llevó 20 minutos cada trayecto. 

El precio por alquilar los kayaks todo el día fue de 25€ cabeza (incluye bolsa estanca).

[su_image_carousel source=”media: 43816,43817,43819″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

¿Qué llevar?

Al tratarse de un islote protegido simplemente lo necesario para pasar un día: agua, comida, crema solar,… El hecho de que nos diesen ese tipo de  bolsa nos vino genial para transportar todo sin problema. 

Eso si, al  tratarse de una isla es muy importante tener en cuenta las mareas. Si la marea está alta no podremos disfrutarla igual y la superficie  arenosa será menor. Con buscar la predicción de las mareas en google, listo.

Espero que los que no hayáis ido os animéis a visitarlo. Reservad los kayaks con antelación por si acaso no hay disponibilidad cuando lleguéis.

¡Feliz domingo!

Peregrinos xacobeos na cidade de Tui (XIII). O nobre polaco, Xacobe Sobieski de Janina en 1611

Nos capítulos que vimos recollendo nesta sección sobre peregrinos xacobeos que deixan referencía á cidade de Tui nos seus relatos ou diarios nos que recollen a súa experiencia, abordamos hoxe a figura doutro peregrino chegado dende terras ben afastadas. Trátase dun nobre polaco, Xacobe (Jakub) Sobieski de Janina, foi diplomático e militar, era amais un notable escritor e intelectual que ocupou altas maxistraturas.

Este nobre polaco participou en numerosas expedicións militares en Rusia ou contra o imperio otomán, foi negociador con reinos veciños ou con Suecia, foi duque de Rutenia e castelán de Cracovia.

Un dos seus fillos será rei de Polonia, con nome de Xoan III. Sobieski en 1607 inicia unha longa viaxe por Francia, Inglaterra e Italia, retornando a Polonia en 1613.

Destas viaxes redactou un Diario, nas súas propias palabras: Esta peregrinacion, dice el mismo, anote rapidamente y en breves palabras, tanto en frances como en español, y luego en veinte y nueve años después de mi vuelta al pais, fije mi residencia en Zolkiew, en el año de 1642, donde, acordándome de los acontecimientos pasados, hice la descripcion, en lengua polaca, de mis viajes por varios paises cristianos, y con mas detalles y extension. Esta obra foi editada en Polonia no ano 1833 polo conde Eduardo Raczynski.

Movido, ao parecer, por devotionis causa realizou o Camiño de Santiago entre marzo e xullo de 1611, percorrendo o Camiño Francés ata León, onde tomou o Camiño do Salvador para visitar a Catedral de Oviedo, e o seu Lignum Crucis, dende alí foi pola costa ata Ribadeo, continando logo polo que hoxe chamamos Camiño Norte, ata Santiago de Compostela. Ao chegar a Santiago, seguindo unha antiga tradición dos peregrinos a cabalo, o nobre polaco realiza a última milla, en sinal de humildade e respecto, a pé. Escribe no seu diario que acuden muchos peregrinos de todas partes y de todas las naciones, tanto en verano como en invierno.

Sobre as etapas en Galicia é moi parco en noticias, centrándose exclusivamente na cidade do apóstolo, tras rematar a súa estadía diríxese a Lisboa. Non hai mención algunha as etapas galegas, pero si describe a entrada no reino de Portugal pola tradicional ruta Valença, Ponte de Lima, Porto…

Galicia es también un reino de España, pero pobre, desierto, montuoso y agreste (…) Este reino de Portugal varía de los que acabo de atravesar: es alegre, fértil y mejor poblado. La lengua portuguesa difiere algo en la pronunciación y ciertos vocablos de la española. Entre los portugueses y españoles rige una antipatía muy profunda; los primeros no pueden sufrir a los últimos. Las costumbres varían también: el portugués es chistoso, y el español grave. Hay en Portugal muchísimos judíos, y tan numerosos que varias casas tienen su origen de ellos. A pesar de haberlos quemado y expulsado, viven muchos ocultos entre los Portugueses. La gente de Portugal tiene muy buenas disposiciones para el comercio y la navegación. Valencia es la primera localidad en Portugal donde hay guardia. Ponte de Lima, a cinco millas de Valencia, tiene un puente de piedra, bastante largo y ancho, y de tan grande hermosura, que, según mi parecer, no se encontraria otro en la cristiandad de igual obra, beldad y magnificencia. Oporto, hermosa ciudad1


1 En Viajes de extranjeros por España y Portugal en los siglos XV, XVI y XVII: colección de Javier Liske: (año de 1878); traducidos del original por Félix Rozanski Madrid: Casa Editorial de Medina, 1880, pp. 233-267; http://bibliotecavirtualmadrid.org/bvmadrid_publicacion/es/catalogo_imagenes/imagen.do?path=1024312&posicion=12&registrardownload=1

O alcalde da Cañiza e o delegado do goberno visitan as obras de asfaltado da N-120

0

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, exemplificou coa renovación de preto de vinte quilómetros da N-120 na Cañiza a cooperación entre o Executivo e os concellos galegos. Expresouse así durante a supervisión dos traballos xa moi avanzados, acompañado polo alcalde, Luis Piña, e a subdelegada en Pontevedra, Maica Larriba.

José Miñones explicou que a renovación do firme estará rematada en setembro. O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana actuou no túnel da autovía A-52 tras o incendio, cun investimento de 2,4 millóns de euros, momento no que o tráfico na estrada nacional 120 viuse moi intensificado. Por iso agora renova dende principios de este mes preto de vinte quilómetros.

Houbo varias reunión co alcalde, tanto na Subdelegación do Goberno en Pontevedra como na sede do Ministerio en Madrid, para pechar esta actuación, cun orzamento de 890.000 euros. “O reasfaltado da travesía da Cañiza é froito desta cooperación, na que quero destacar o papel do alcalde que traballou arreo nestes meses para que hoxe poidamos ver esta actuación case concluída”, detallou o delegado.

Fotografía de Anxo Gutiérrez ©

Pola súa banda, Luis Piña manifestou que “é unha mostra do grao de coordinación entre as administracións, xa que unha vez aberto o túnel do Folgoso, desde o Concello empezamos a traballar para solicitar o arranxo do tramo urbano da   N-120 así como doutros tramos especialmente deteriorados fora de núcleo pero dentro dos límites do Concello”. “Inmediatamente tivemos resposta tanto da Subdelegación do Goberno  en Pontevedra como da Delegación do Goberno en Galicia con que mantiven varias reunións de traballo que  frutificaron na última reunión mantida en Madrid co Secretario  Xeral de Infraestruturas do Ministerio de Transportes, Sergio Vázquez”. “Este traballo en conxunto deu solución ao mantemento do vial para moitos anos, sendo una clara mostra de que o Goberno de España tamén traballa en beneficio das veciñas e veciños da Cañiza”.

O Goberno de España ten como obxectivo apoiar ao rural galego. Facelo máis sostible e máis conectado son algunas das metas. Por iso, o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico concedeu 2.014.580,15 euros para seis proxectos no Concello de aforro e eficiencia enerxética, a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE).

A Cañiza tamén conta co apoio do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital. Neste caso, a través do Plan de Extensión de Banda Ancha sete entidades de poboación do Concello se beneficiarán da instalación da banda ancha e mellorarán a súa conectividade a Internet.

José Miñones entende que a colaboración e cooperación entre o Goberno e os concellos debe ser a liña que marque o traballo en Galicia, coa dinamización do rural e o reto demográfico como algunhas das prioridades. Nese senso, outra vía aberta coa Cañiza é a potenciación do seu polígono industrial, que está en análise por Solo Empresarial do Atlántico (SEA), dependente do Ministerio de Transportes.

Mondariz redactará un proxecto de mobilidade urbana e recuperación de espazos públicos cunha subvención da Rede Ágora

0

Como concello da Rede Ágora, promovida e coordinada pola Deputación de Pontevedra a través da súa área de Mobilidade Alternativa e Espazos Públicos Urbanos, o Concello de Mondariz vén de recibir unha subvención de 50.000 € para a redacción dun proxecto de mobilidade amable e recuperación de espazos públicos no seu centro urbano.

Ágora é unha rede de acción institucional a prol de considerar e valorizar o espazo público como un dereito fundamental da cidadanía. No seu decálogo de principios considera que o espazo público é un dereito e que as persoas son a prioridade; ademais, apoia a mobilidade inclusiva, a autonomía infantil, as mobilidades alternativas, os espazos seguros, o hábitat saudable, os espazos amables e de calidade, a actividade económica de proximidade, e a mobilidade sustentable. O Concello de Mondariz foi un dos primeiros concellos da provincia que se adheriu a esta iniciativa da Deputación de Pontevedra a finais de 2020. Desde entón, os seus representantes públicos teñen participado asiduamente nos seminarios de formación da Faculdade Ágora.

“O proxecto de mobilidade urbana e recuperación do espazo público aínda está por definir, pero afectará ao núcleo urbano de Mondariz e seguramente previrá actuacións graduais. A fase de redacción do proxecto é a primeira e unha das máis importantes, polo seu carácter estratéxico”, indica o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros.

Un dos obxectivos manifestos da Rede Ágora é que, en xuño de 2023, os concellos participantes (actualmente 50 dos 62 concellos da provincia) incrementen de forma substancial o espazo reservado para as persoas, con itinerarios peonís e ciclables.

“Somos conscientes de que as actuacións sobre o espazo público requiren de máximo consenso. Desde o Goberno municipal fomentaremos a transparencia informativa e a participación veciñal, como se vén facendo con outros asuntos de interese público”, afirma Barros.

A nova oficina de turismo de Salvaterra de Miño rexistra máis de 600 visitantes no seu primeiro mes

Esta nova Oficina de Turismo xunto ao Parque Público A Canuda, situada nun lugar inmellorable de Salvaterra de Miño, facilita tamén o acceso a persoas con mobilidade reducida. Esta preparada para ofrecer un servizo de calidade no que se atende todo tipo de consultas turísticas sobre ó municipio ademais de encargarse do servizo gratuíto de bicicletas de paseo. Estes dous servizos fan que esta oficina sexa un punto de referencia no verán para visitantes nacionais, internacionais e veciñ@s de Salvaterra de Miño na cal xa foron atendidas mais de 600 persoas neste mes que leva aberta ao público.

Esta nova oficina de turismo está situada nun punto estratéxico da vila, xa que esta a beira da ponte internacional que une coa vila de Monção. Esta ponte forma parte da Eurocidade Salvaterra de Miño- Monção pola cal transitan aproximadamente mais de 9.000 coches diarios.

Polo tanto, resulta idóneo habilitar este tipo de servizos turísticos sobre todo en época estival debido ao aumento de turismo, xa que esta oficina é unha ferramenta mais para impulsar ó sector turístico, propiciando así que os visitantes teñan unha experiencia satisfactoria que os empurre a volver a visitarnos, a recomendarnos e a axudarnos a posicionarnos como destino turístico transfronteirizo.

Ademais de estar situada na entrada do Parque A Canuda, nunha clara aposta cara ó turismo familiar e que se complementa, como novidade, neste 2021, con catro novos porta bebés para as bicicletas de paseo.

O turismo vense traballando durante anos no Concello de Salvaterra de Miño, incluso antes de crear ó seu Museo da Ciencia e do Viño no que ademais de facer visitas guiadas tamén se ofrece información turística sobre ó municipio.

É que o Concello de Salvaterra mantén a súa aposta polo sector turístico como promotor económico e para o desenvolvemento de actividades complementarias para que os turistas ou futuros turistas fagan gasto turístico nos locais de hostalaría, aloxamentos da vila e o impacto que deixa tamén no comercio local.

O horario da oficina de turismo é de mércores a domingo de 10.00 a 14.00h e de 16.00 a 19.30h, de agosto a novembro.

O horario do servizo gratuíto de bicicletas é de mércores a domingo de 10 a 13:30h e de 16:00 a 19:00h, de agosto a novembro (tódolos menores de 16 anos deberán traer o seu propio casco de protección para poder empregala. Os menores de idade precisan consentimento dun titor legal).

Sanidade abre a autocita para todas as persoas sen vacinar da Covid

A Consellería de Sanidade vai abrir a autocita para todas as persoas que, por diferentes motivos, non foron vacinadas. Así o anunciou o conselleiro Julio García Comesaña, durante a visita que realizou ao punto de vacinación masiva de Vigo, que está localizado no IFEVI.

Dende onte venres, poderanse solicitar xa as citas para a semana vindeira, tanto a través da páxina web como da aplicación Sergas Móbil. Os primeiros ocos dispoñibles serán para a mocidade entre 12 e 19 anos, con 15.000 citas habilitadas para o luns día 30 e outras 10.000 para o martes 31. O venres, vacinarase a poboación de maiores de 20 anos, tantas persoas como sexa posible en función das doses que se reciban. A partires de aí, a autocita é aberta para toda a poboación.

Neste sentido, o conselleiro de Sanidade anuncio que agora mesmo estase a traballar na replanificación da programación de vacinación da vindeira semana, logo de que esta mesma mañá o Ministerio confirmara que Galicia vai recibir só o 30% das doses de Moderna comprometidas para recibir o luns. Concretamente esta semana chegarán tan só 22.000 doses, no lugar das 70.000 previstas.

Garçía Comesaña, que estivo acompañado na visita pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias Núñez; e o xerente da Área sanitaria de Vigo, Francisco Javier Puente Prieto; remarcou que o esforzo do seu departamento céntrase agora nas repescas e que continúan traballando arreo con todas as doses que chegan “planificando e replanificando”.

O éxito do Plan galego de vacinación

O conselleiro de Sanidade, referiuse tamén ao Plan galego de vacinación, ao que definiu como un éxito dos profesionais e da cidadanía. O xoves, superouse a barreira dos catro millóns de vacinas administradas, concretamente 4.011.281 doses. Para acadar estes valores, chegáronse a  administrar máis de 50.000 doses nun só día e 240.000 doses á semana, unhas cifras que poderían ter aumentado se houbese máis vacinas. O titular do departamento sanitario, quixo destacar a importancia dos 14 puntos de vacinación masiva no Plan, que permitiron administrar, rexistrar e aproveitar as doses ao máximo, aplicando unha loxística inversa que en calquera outro sitio non sería posible.

Proba deste bo facer é que Galicia é a segunda comunidade autónoma con maior porcentaxe de poboación diana vacinada, co 79,7% con dobre pauta, cun total de 1.968.274 persoas galegas doa pauta completa. Así mesmo, Galicia ten dos mellores datos de vacinación do país,  cunhas porcentaxes de vacinación do 100% no grupo de 80 anos e maiores, do 99,7%  no de 79-70 anos,  e do 97,6% no de  60-69 anos. Así mesmo as porcentaxes son do 94,2 % no grupo de 50-59 anos, 88,5% no de 40-49 anos e do 70,4 % do de 30 a 39 anos. Ademais, máis de 300.000 persoas menores de 20 anos teñen, alomenos, unha dose da vacina contra a covid.

García Comesaña quixo agradecer o traballo do que calificou como “magnifico” equipo de enfermería, informáticos, administrativos, persoal de loxística, transporte, Saúde Pública, … que veu recoñecido o seu labor coa Medalla de Ouro de Galicia. Ademais, lembrou que a Dirección Xeral de Saúde Pública ven de recibir unha felicitación por parte do Goberno central, “polo gran traballo realizado que está a permitir avanzar de forma excelente sobre a planificación táctica”.

Redondela gaña un novo espazo co acondicionamento da contorna do Multiúsos da Xunqueira, coa financiación da Deputación

0

Redondela vén de gañar un novo e céntrico espazo como lugar de encontro social, especialmente para a mocidade, co acondicionamento da contorna do edificio Multiúsos da Xunqueira. Na obra investíronse 48.337 euros a través dunha achega do Plan Concellos da Deputación. A recuperada zona quedará esta tarde aberta ao público cun acto ao que asistirán o deputado provincial de Cooperación, Santos Héctor, e a alcaldesa, Digna Rivas, acompañada por varios/as concelleiros/as.

As obras  desenvolvidas tiñan como obxectivo recuperar e poñer en valor esta contorna do Multiúsos, que ata agora non presentaba un estado de conservación adecuado, malia a que o edificio constitúe o punto neurálxico da vida sociocultural en Redondela. Por outra banda, a parte que linda co río Alvedosa é zona de reunión tradicional da mocidade do municipio, polo que o Concello buscaba ofrecerlles un espazo mellor acondicionado.

O elemento protagonista da obra son os bancos que salpican todo o ámbito, que están executados sobre unha base de bloques de formigón e taboleiro cerámico. Os bancos lograron un acabado estético singular ao estar revestidos completamente con lamas de madeira. Os bancos contan, ademais, con puntos de recarga para dispositivos móbiles e rede WiFi.

Deputado provincial e alcaldesa con usuarios do parque

O proxecto crea un espazo configurado como un “salón urbano”, un espazo público de estancia e lecer. A obra comezou pola substitución do anterior solo de xabre por outro piso de pavimento en formigón pulido, configurando así unha rede de camiños. O resto do espazo quedou tapizado con céspede. Todo elo cun deseño accesible, evitando barreiras arquitectónicas. Ademais, mellorouse a iluminación e a recollida de augas pluviais e reparáronse as escaleiras do Multiúsos.

Areeiro aconsella manter a vixiancia da brotite ata a vendima

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar o último aviso fitosanitario previo á vendima (cuxo inicio está previsto en principio na semana do 6 ao 13 de setembro) no que fai referencia á botrite, o mildio e o oídio das viñas. Neste senso, o aviso da EFA sinala que aínda que esta semana apenas se detectou a presenza de botrite, este fungo pode afectar aos acios ata o mesmo momento da colleita, polo que recomenda manter a vixilancia e asegurar unha boa ventilación das plantas se ata a recollida da uva hai precipitacións ou calquera outra circunstancia que poida beneficiar ao patóxeno.

Mildio

Respecto ao mildio, Areeiro destaca que esta semana detectáronse síntomas novos en plantas abandonadas e outras que levaban tempo sen tratar, e aínda que as previsións meteorolóxicas de choivas reducidas previstas para os vindeiros días non deberían ter consecuencias negativas para a vendima, recomenda aproveitar estas xornadas para limpar os acios máis danados co fin de gañar tempo para a colleita e evitar a posible instalación da botrite. En calquera caso, nos predios con elevada presenza de manchas, a EFA sinala que será conveniente aplicar un tratamento cúprico despois da vendima, en calquera momento antes da caída da folla, para reducir o inóculo para a próxima campaña.

Por outra banda, no que se refire ao oídio, a Estación sinala que non se detectaron esta semana variacións na sintomatoloxía respecto á anterior. Por iso, ao igual que co mildio, recomenda que naqueles predios que presenten máis síntomas será conveniente aplicar unha intervención trala recollida da uva, antes da caída de follas.

No caso da avelaíña do acio, descenderon as capturas de Lobesia botrana e as postas seguen a ser testimoniais, e no dos insectos cicadelidos houbo nalgún predio un incremento das capturas, aínda que sen maiores consecuencias. Areeiro indica a este respecto que moita da sintomatoloxía que se asocia aos cicadelidos non é específica do insecto, senón que pode deberse a causas abióticas, frecuentes nestas alturas de campaña. Tamén advirte a EFA de que amais da presenza de plantas con síntomas de estrés hídrico e de enfermidades da madeira, observouse unha planta cun forte ataque de trips nos gromos terminais.

Por último, o aviso de Areeiro refírese tamén a outros cultivos, como a maceira e o buxo. No primeiro caso, é o momento para instalar as bandas-trampa de cartón nas maceiras para capturar as eirugas da avelaíña da mazá cando vaian a invernar, e que deben ser eliminadas e destruídas xa en outono-inverno. Respecto á Cydalima perspectalis, a bolboreta do buxo, a EFA recomenda manter a vixilancia das plantas, xa que aínda que a situación máis común está a ser a brotación, pode haber diferentes situacións.

Nigrán e Acanor Novás Valinox promoven o balonmán na comarca organizando un torneo triangular

0

Concello de Nigrán e o aclamado Acanor Novás Valinox organizan o sábado 11 de setembro desde as 18:00 horas un torneo triangular no Pavillón Municipal de Panxón coa presenza tamén do Club Balonmano Zamora e Club Cisne Balonmán, todos equipos na División de Honra de Prata Masculino. O obxectivo deste evento presentado hoxe é promover este deporte nunha comarca onde actualmente non existe ningún clube de balonmán, polo que adicionalmente, desde as 15:30 horas, o paseo da praia de Panxón acollerá diferentes actividades dirixidas á infancia. A entrada aos partidos é de balde pero debe adquirirse a través da plataforma www.cluber.es, estando o aforo restrinxido ás limitacións sanitarias do momento. Trátase da primeira vez que o Acanor Novás traslada este tipo de actividade fora do seu municipio, O Rosal, tal e como subliñou o seu presidente, Andrés Senra.

Durante o torneo, no que os tres equipos se enfrontarán entre eles xogando dous partidos de dúas partes de 20 minutos, o Concello homenaxeará aos antigos xogadores do desaparecido Club Balonmano Dunas de Nigrán e a Cristina Fernández, veciña de Nigrán e primeira muller en arbitrar en Asobal e en partidos internacionais.

“O noso obxectivo é apoiar a creación dun clube de balonmano base en Nigrán para crear canteira e volver a asentar este deporte no municipio, polo que agradecemos especialmente esta proposta do Acanor”, incide o alcalde, Juan González, quen recalca a gran afección que chegou a haber entre a veciñanza. Así, na década dos 70-80 existían equipos nos tres concellos que conforman o Val Miñor, mentras que na actualidade non sobrevive ningún. “O Acanor Novás naceu no 1974, no mesmo ano que o noso clube e, de feito, competimos moito entre nos, pero a inicios dos 80 desapareceu sen relevo de xogadores porque naquel intre tiñamos que marchar a facer a mili”, recorda Cándido Costas, antigo xogador de Nigrán presente este mañá xunto con Cristina Fernández.

Sen embargo, mentras os clubes do Val Miñor, Oia e Tomiño foron desaparecendo por completo, o Acanor Novás Valiñox foi acadando éxitos e medrando no Rosal ata conquerir actualmente dez equipos en categorías de pre-benxamín a senior con máis de 100 licencias federativas. 

O Concello do Rosal contrata a dúas persoas en risco de exclusión social

0

O Concello do Rosal aposta pola inclusividade coa contratación de dúas persoas en risco de exclusión social para reforzar o servizo de limpeza viaria e a roza forestal.

A alcaldesa, Ánxela Fernández, afirma que “dar oportunidades ás persoas que precisan unha man é un deber das administración públicas que non se debe esquecer”, e espera que estes 9 meses nos que traballarán para o Concello “supoñan un pulo para mellorar a súa situación”.

Estas contratación son posibles grazas a subvención concedida pola Consellería de Emprego e Igualdade dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga).

Os informes sobre a recollida de algas en Redondela subliñan que “realízase de xeito totalmente manual”

0

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Medio Mariño que xestiona Nacho González, deu hoxe a coñecer dous informes sobre as labores de recollidas de algas nos areais do municipio –un da empresa encargada dos traballos e outra do xefe de equipo e coordinador do persoal de praias– que confirman que “a retirada de algas realízase de xeito totalmente manual con horquillas e rastrillos” utilizando só medios mecánicos para o transporte, desmentindo por tanto as afirmacións formuladas por AER nas que aseguraba que se estaban a utilizar métodos agresivos coa biodiversidade como “escavadoras para limpar o areal”.

De feito, sinala a alcaldesa Digna Rivas, o informe solicitado pola Concellería de Medio Mariño ao xefe de equipo e coordinador do persoal de praias, sinala textualmente que “dende o inicio do servizo de limpeza de praias, que comezou o pasado mes de xuño, a recollida de algas sempre se fixo da mesma maneira, de forma manual, e coa mesma maquinaria, un tractor propiedade do Concello e vehículos Corvis”.

Para deixar máis clara a situación actual, Digna Rivas chama a atención sobre o feito que, unha vez que a competencia nesta materia pasa da Concellería de Medio Ambiente á de Medio Mariño “os traballos seguen realizándose exactamente do mesmo xeito e, en ningún caso utilizando excavadoras, como afirma AER”.

Tanto é así que o informe explica, detalladamente, que logo do cambio de concellería “a recollida de algas faise de maneira manual con rastrillos e horquillas que se utilizan para facer montóns de algas. Estas, posteriormente, son cargadas no cazo do tractor propiedade do Concello e nos vehículos Corvis e transportadas aos contedores de Urbaser para, posteriormente ser levadas polos camións da empresa que xestiona os residuos do Concello”.

É dicir, insiste a alcaldesa, “estanse a utilizar exactamente os mesmos medios e o mesmo sistema que o utilizado no seu momento pola concellería de Medio Ambiente” polo que engade a rexedora “a afirmación de utilizar maquinaria agresiva é tan falsa como gratuíta e evidencia un descoñecemento absoluto sobre a realidade”.

O único en que se diferencia a recollida de algas de antes do 17 de xullo –data do cambio de competencias na materia de recollida de algas– e de despois desa data é que, tal e como apunta o informe, “agora se recollen todas as algas sen deixar ningunha no areal sempre que o permitan as mareas nas horas de traballo, xa que a recollida –explica o xefe de equipo– depende das mareas e as algas que non se poden recoller nese momento, recóllense ao día seguinte”.

Doutra banda, a empresa á que a Concellería de Medio Ambiente dirixida por Roberto Villar (AER) encargou no seu momento a retirada de algas logo das primeiras areas vivas, en maio de 2021, sinala que os traballos realizados nese momento na praia e peirao de Cesantes e na praia de Arealonga de Chapela realizáronse de xeito manual “horquillas e rastrillos” e que posteriormente o Concello “mediante medios mecanizados (tractor con pala) levaron os restos aos contedores proporcionados tamén polo Concello”.

De ámbolos dous informes dedúcese, afirma a alcaldesa Digna Rivas, “que os medios utilizados antes e despois do traspaso de competencias de Medio Ambiente a Medio Mariño, son exactamente os mesmos, co mesmo método de traballo e a mesma maquinaria que xa entón se utilizaba por parte da Concellería que dirixía Roberto Villar, para o traslado das algas recollidas aos colectores”.

A alcaldesa redondela “lamenta que por parte de AER pretenda confundirse á cidadanía recorrendo a informacións que, en absoluto, se axustan á realidade e que, queremos crer, débense a unha simple falta de información e non a un intento deliberado de terxiversar os feitos”.

“Somos plenamente conscientes da importancia do noso medio ambiente e da conservación do medio mariño –matiza Digna Rivas–, unha concienciación que ven dada non só polo feito de atoparnos nunha zona de extraordinaria importancia medioambiental incluída na Rede Natura 2000, senón tamén polo feito de que un medioambiente sustentable contribúe ao mantemento da forma de vida de moitas familias que teñen, no medio mariño, o seu sustento”.

José Miñones apoia a mellora da mobilidade transfronteiriza entre A Guarda e Caminha

0

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, apoiou a mellora da mobilidade transfronteiriza entre A Guarda e Caminha como conexión costeira entre España e Portugal. Expresouse así tras reunirse co alcalde, Antonio Lomba, acompañado pola subdelegada en Pontevedra, Maica Larriba, e antes de facer un percorrido polo concello.

José Miñones explicou que a Agrupación de Cooperación Transfronteiriza, dependente da Deputación de Pontevedra, realizará un estudo sobre as posibilidades de mellora da mobilidade entre as dúas beiras do Miño. “Consideramos que pode ser moi interesante para cohesionar as localidades de Caminha e da Guarda”, destacou.

Tanto o delegado do Goberno como o alcalde están pendentes da conclusión deste estudo porque consideran que a veciñanza de ambos lados do río ten dereito “a manter unha mobilidade sostible e que ademais favoreza o tránsito do Camiño Portugués pola costa”, abundou.

José Miñones detallou que o Ministerio para a Transición Ecolóxica está implicado na protección litoral da Guarda, afectado pola dinámica da desembocadura do Miño. De feito, entende que unha das principais problemáticas está vinculada co litoral, no que actúa o Goberno.

Un exemplo é a Praia da Lamiña, onde Costas creou un dique por 130.000 euros con 90 metros de lonxitude. O obxectivo é evitar riscos vencellados con indundacións ante a acción do mar. Ademais, A Guarda conta coa protección especial da figura Rede Natura 2000, que garante o coidado nas actuacións.

Finalizadas as obras de mellora dos camiños en Paradela e a Miranda, na Cañiza

0

As obras,  xa rematadas, traballaron tres eixos:  acondicionamento o acceso á zona dos Muiños de Paradela dende a pista do Gurgullón, unha drenaxe na pista do camiño entre a Ascensión e a Miranda, e a pavimentación dun camiño en Mourelos.

UN PROXECTO INICIAL IMPOSIBLE

As obras, despois de solucionados os problemas técnicos e de viabilidade, remataron a primeiros de agosto. O proxecto inicial do ano 2019  incluía o asfaltado do camiño de acceso á Paradela e o asfaltado dende a Capela do Cristo da Miranda á Capela da Ascensión. Todo por un importe de 34.985,65 €.

Sen embarg,o e segundo manifesta o alcalde Luis Piña, cando chega á Alcaldía en xuño de 2019 e nunha primeira visita ata estas localizacións, acompañado polos técnicos e a empresa Taboada e Ramos, púdose comprobar  que as actuacións recollidas no proxecto non eran posibles, xa que na actuación de asfaltado do vial entre as dúas capelas pretendíase asfaltar con dúas capas en vez de tres de rego e este asfaltado sobre terra, sin rechear previamente con pedra. Esto mesmo sucedeu coas obras de mellora dos camiños de Parada, Franqueira e Luneda.

A imposibilidade das actuacións era tal que foi necesario modificar o proxecto que finalmente se redacta en novembro de 2020 e se adxudica a empresa Construcciones Rafer S.L. o 03 de marzo de 2021.

AS OBRAS REMATARON A PRIMEIROS DE AGOSTO

O Alcalde, Luis Piña, xunto con veciños e veciñas da zona inspeccionaron as obras. Os traballos consistiron na reparación do acceso á zona dos muiños, coñecida como “Camiño dos Muiños” e a pavimentación de varias zonas dun ramal que parte deste camiño nun tramo de 450m.l..  Para executar esta parte do proxecto o Concello agardou a que un particular construira un muro de contención privado que ademáis permitiu o ensanche do vial. A maiores nun tramo da pista o Concello construiu un muro de contención para o vial.

Tamén se mellorou a pista entre as capelas da Ascención e a Miranda, executando unha drenaxe nun punto no que existe auga por baixo do firme. Construiuse unha drenaxe en forma de espiña de peixe, con grava e  geotextil, de forma que elimine a auga existente mediante tubos ranurados de PVC. A auga captada pola drenaxe condúcese ata o cruzamento da contorna da Ascensión, mediante unha tubaxe de  polietileno de alta densidade  nun tramo de 280,00 metros.

Por último, executouse o formigonado dun tramo dun camiño en Mourelos de 236 m2, que conduce ao lavadoiro e á poza de rega. Nesta actuación instaláronse canalizacións de drenaxe e tubaxe e se construiron arquetas e guillotinas para alternar o paso da auga.

Ponteareas será a protagonista da Volta Ciclista a Galicia 2021

Ponteareas será unha vez máis un dos espazos máis importantes para o ciclismo galego. Entre os días 16 e 19 de setembro a vila do Tea acollerá dúas etapas da 19 edición da Volta Ciclista a Galicia: a inaugural, unha contrareloxo individual de seis quilómetros con saída e chegada no centro do municipio, e a segunda, que partirá dende Ponteareas e regresará a ela tras un percorrido de máis de 140 quilómetros polo concello e a comarca.

O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, agradece á Federación Galega de Ciclismo que tivese en conta Ponteareas como punto de partida desta competición, que décadas atrás lideraron os ciclistas ponteareáns da familia Rodríguez Barros. Así mesmo, destaca a “gran tradición deste deporte na vila, que conta co récord de tres gañadores de La Vuelta a España: Álvaro Pino, e os irmáns Delio e Emilio Rodríguez Barros”. “A Volta a Galicia porá en valor a beleza e a natureza da nosa contorna, ademais de dar un pulo a economía local”, destaca.

Un dos aspectos que fan máis atractiva a Volta Ciclista a Galicia deste ano é que volve tras ser suspendida pola Covid-19 o ano pasado. Ponteareas estará marcada en todos os calendarios dos equipos de elite e sub 23 galegos, xa que é unha das probas máis importantes na que participan ao longo do ano.

Chega unha fin de semana chea de deporte a Redondela

0

Redondela prepárase a vivir unha fin de semana chea de deporte cos partidos dos abertos de tenis e pádel ‘Memorial Sesé López’, que se disputarán nas pistas municipais, e a Carreira Popular Infantil.

O aberto de tenis, que comezaba os seus encontros o pasado día 21, entra na súa recta final para todas a súas categorías (feminina absoluta e dobres e masculina +45, absoluta e dobres) para rematar coas finais o domingo 29.

No que ao aberto de pádel fai referencia, disputarase os días 27, 28 e 29 de agosto tanto nas categorías feminina (1ª e 2ª) como na masculina (1ª, 2ª e 3ª).

Doutra banda o sábado 28 de agosto, a partir das 19:30 horas, terá lugar a Carreira Popular Infantil con categorías que irán dende a Sub8 á Sub18. A proba, organizada pola Concellería de Deportes que xestiona Nacho González, conta coa colaboración da Asociación Deportiva CAR (Club Atletismo Redondela).

As teatralizacións no Trega amplían as súas datas nas primeiras semanas de setembro

0

Tralo éxito das representacións “A Viaxe de Exeria ao Castro” e tendo en conta que dúas datas deberon ser suspendidas no mes de xullo por mor dos protocolos Covid-19, as funcións teatrais que se repetiron cada mércores do verán prorrogarán a súa programación por dúas semanas máis, adaptando, iso si, os horarios ás xornadas mais curtas que estamos a ter xa no mes de setembro. Deste xeito as novas representacións quedan para o mércores 1 e 8 de setembro, en dous pases diferenciados, o primeiro ás 18:00h. e o segundo ás 19:30h. Ao igual que nas sesións de verán o aforo é limitado e con reserva previa no mail: [email protected] (indicando o nome e apelidos dos asistentes e un número de teléfono), o punto de encontro é a explanada da Casa Forestal do Monte Santa Trega.

A viaxe de Exeria ao Castro é unha actividade que traslada aos asistentes á época na cal o poboado castrexo de Santa Trega estaba habitado, cunha representación teatral na cal a nobre e valente Exeria, tras anos viaxando, volve á súa terra, Gallaecia, chea de proxectos, entre os que está a conversión do Castro, supostamente abandonado, nunha vila organizada de acordo aos novos tempos. Mais o Castro garda moitas sorpresas e tesouros que custodia Grovio, o seu último e inesperado habitante.

A presente representación está inspirada na personaxe histórica de Exeria, muller peregrina no S.IV. En torno ao ano 380 esta muller procedente dunha familia nobre do Noroeste peninsular -Gallaecia- emprendeu viaxe ata Xerusalén e a súa peregrinación quedou constatada nas cartas que enviaba a amigas e familiares. Na Idade Media estes escritos foron compilados por un monxe da Abadía de MonteCasino no Itinerarium de Egeria.

Este Itinerarium inclúe detalladas descricións da viaxe ata Oriente: Constantinopla, Siria, os lugares santos… Entre outros lugares Éxeria visitou o martyria a Santa Tecla en Seleúcida, sendo está unha das primeiras referencias que vincularían ó culto a Santa Tecla -moi arraigado en Asia Menor e na parte oriental do Imperio Romano- coa Península Ibérica.

Esta actividade conta coa subvención do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Concertos da Festa do Viño do Condado do Tea en Salvaterra

Un ano máis a Festa do Viño do Condado do Tea presenta os seus concertos, que por motivos das medidas COVID se desplazan á Praza do Concello.

Cine e música da man da Banda Crebinsky en Salvaterra

Dentro dos concertos da Festa do Viño, hoxe venres, chega a Salvaterra de Miño a Banda Crebinsky, unha pequena orquestra popular nacida do universo imaxinario da película do mesmo nome e que se atopan en plena celebración dos 10 anos da súa estrea. 

Por este motivo antes do concerto da banda, e fora do programa anunciado a película Crebinsky, dirixida por Enrique Otero e protagonizada polos actores Miguel de Lira e Sergio Zearreta, será proxectada na Praza do Concello ás 21:30 h. Ao remate da mesma comezará a actuación da banda que fará un repaso aos seus tres discos publicados.

A Banda Crebinsky, gañadores en tres ocasións do Premio Martín Codax da Música, está formada polo propio director da película Enrique Otero, o actor e cantante Sergio Zearreta, o compositor da banda sonora Pablo Pérez, Xacobo Lamas, Pablo Carrera, Vadim Yukhnevich, Miguel Queixas e Fernando Abreu., e que están en Salvaterra gracias ao programa Xacobeo da Xunta de Galicia

O sábado ás 22.30h  poderemos deleitarnos da música de SUSANA SEIVANE a través do programa musigal da Deputación de Pontevedra.

E o domingo pecharemos a programación da Festa do Viño co concerto de A RODA ás 22.00h, concerto financiado polo Xacobeo da Xunta de Galicia

Salceda solicita un novo un programa integrado de emprego

O Concello de Salceda de Caselas ven de solicitar unha subvención de 250.000 € á Xunta de Galicia para poñer en práctica un novo Programa Integrado de Emprego que beneficiaría a 100 persoas desempregadas do municipio. O plan acollería persoas desempregadas con perfís diversos: discapacidade, risco de exclusión social, menores de 30 anos con baixa cualificación, maiores de 45 anos, mulleres, etc., presentando un obxectivo de inserción laboral dun mínimo do 45% das persoas participantes.

As persoas beneficiarias participarían nun mínimo de cinco accións individuais e tres accións de distinta natureza de xeito activo durante os 12 meses de duración do programa. Ademais da formación que se agrupa en tres itinerarios formativos: un sociosanitario, no que se impartirá formación vinculada ao ámbito; un de almacén e transporte, no que se incluirá a obtención de dos permisos de conducir B e C; e un de industria, no que se incluirá formación relacionada coa automoción e procesos de fabricación en xeral. Ademais faranse prácticas formativas en empresas da zona coas que o Concello xa ten establecidos convenios de colaboración para cumprir co compromiso de inserción marcado: Aceesca, Febeco, Playdesa, Industrias Proa e Sociser Galicia. Tamén colaboran a través de convenios a Asociación de Comerciantes e Industrias de Salceda “ACISA” e a Entidade Urbanística do Polígono de A Granxa.

O Concello de Salceda conta co Centro de Desenvolvemento Local O Torrón para levar a cabo este tipo de programas, cunhas instalacións recentemente reformadas, as que se lle está cambiando o tellado, instalouse a climatización e se actualizou a parte informática coa instalación dun servidor e un SAI, entre outras pequenas melloras. Dende aquí se xestionaría o programa con persoal técnico especializado que atendería ás 100 persoas participantes.

No caso de ser concedida esta iniciativa sumarase ás iniciativas municipais que nos próximos meses porá en marcha a concellería de emprego e formación, xestionada pola propia alcaldesa e tamén concelleira de área.

Verónica Tourón, alcaldesa e responsable da área de emprego e formación: “esperamos que a Xunta atenda a nosa petición e poidamos poñer en marcha este programa necesario para as persoas demandantes de emprego do noso concello.  Un programa integrado, de formación, prácticas e inserción laboral, mellora a empregabilidade e garantiza unha inserción laboral alta, xa que no anterior alcanzouse unha inserción de case un 60%. Hai que establecer prioridades e sen dúbida a creación de emprego é unha delas”.

O Servizo de Normalización Lingüística de Redondela recibe unha achega da Deputación

0

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) publicou, o pasado 11 de agosto, a concesión dunha axuda ao Servizo de Normalización Lingüística de Redondela por importe de 20.000 euros –a máxima contía para este tipo de achegas– para o seu reforzo e mantemento.

Ademais de Redondela, tamén se beneficiaron outros seis concellos da provincia desta convocatoria que tamén contempla liñas de axuda para actividades de dinamización por parte dos concellos e de entidades culturais sen ánimo de lucro.

A alcaldesa de Redondela e concelleira de Normalización Lingüística, Digna Rivas, quixo agradecer a axuda da Deputación que pon en valor “o traballo do SLN de Redondela e do seu persoal a prol do espallamento e potenciación da nosa lingua e a nosa cultura”. Rivas lembrou que Redondela “foi sempre un referente a nivel Galicia no uso do galego e na defensa do noso idioma como elemento de reafirmación da nosa identidade como pobo”.

A Guarda pecha o mes de agosto cunha fin de semana cargada de música

0

Este venres día 27 de agosto dará comezo a edición 2021 Música nos Xardíns, a programación coa que o Concello da Guarda quere achegarse aos novos talentos musicais da nosa vila e contorna, que este ano incorpora unha ampla variedade de ritmos e estilos. En total serán tres os concertos que se desenvolverán entre agosto e setembro e polos que pasarán músicos e bandas xa coñecidas polo público guardés como Bruce Grinn ou The Charrans, acompañadas por bandas da contorna como The Mirror ou Zalomon Grass.

Esta programación parte dunha colaboración con aquelas asociacións e colectivos que ata o 2019 viñan organizando festivais de música na nosa vila, como o Rock Guardés ou o Galifornia Beat, que por mor da pandemia e as restricións e limitacións impostas para facer fronte ás actividades culturais non poden realizar os seus festivais este ano.

A primeira cita de Música nos Xardíns será este venres día 27 de agosto cun dobre concerto de Xisconnection & The Black Turf, ás 21:00h. nos Xardins do Centro Cultural.

Como ven sendo habitual o evento conta con protocolo COVID-19, sendo precisa a inscrición previa a través do enlace: https://www.woutick.es/evento/1594/entradas-axenda-cultural-a-guarda, e debendo seguir o concerto sentado, con mascarilla e coa distancia de seguridade preceptiva.

Xis Connection & The Black Turf

É un Proxecto miñoto de música reggae, que interpreta temas en galego-portugués cargados de compromiso social que nos farán viaxar de Brasil a Xamaica.

Influenciados polo seu traballo con artistas e bandas lusófonas, presentan un repertorio con composicións e colaboracións con artistas da escena reggae do Brasil.

Xis Conecction trae un directo cheo de forza e enerxía, con temática reivindicativa, que nos fala da corrupción, da pobreza, das inxustizas e dos problemas sociais. Música que fai bailar pero tamén reflexionar sobre o que está a acontecer no planeta.

Concerto de Na Revolta e Guadi Galego

Despois da primeira toma de contacto coa Guarda no pasado mes de xullo co concerto do Coro do Conservatorio Municipal e a colaboración especial de Guadi Galego, o vindeiro sábado día 28 de agosto a cantante traerá a súa música ata o Porto da Guarda nun concerto enmarcado na xira de presentación do seu último disco, Costuras, na que a cantante atópase inmersa. Esta idea xa ven de anos atrás, onde, despois de varias tentativas de traer á Guarda a esta gran artista, por fin se logra facer. O concerto abrirase cunha pequena intervención do grupo de folk local “Na Revolta”, que tocará algunhas pezas musicais antes do concerto de Guadi Galego.

O grupo folk Na Revolta cumpre 20 anos, tendo participado en numerosos concertos na comarca do Baixo Miño así coma no Festival Intercéltico de Lloriente no ano 2006 ou coma teloneros do grupo Berrogüeto. Na Revolta conta con 7 compoñentes, Diego Vicente na percusión, Elena Baz na percusión, Ana Pereira no baixo, Miguel Rodríguez con guitarra e voz, Iván Gómez con gaitas, Xurxo Ameal con gaitas e percusión e Silvia Castro coa frauta traveseira. Na Revolta ten editado os discos “Al Punto” no ano 2008 e “Dale al ON” no ano 2019.

Recordemos que Guadi Galego é unha das artistas máis relevantes da escena galega actual. Comezou a súa andaina con Berrogüetto como vocalista, pianista e gaiteira, e continuou posteriormente, con novas sonoridades e proxectos, con diferentes colaboradores e acadando sempre grandes éxitos de público, crítica e recoñecidos premios. En 2005 lanza o seu disco “Espido”. Continúa no 2009 co disco en solitario Benzón e no 2012 con “Acadacanto” onde sigue colaborando con Xavier Díaz, Guillerme Fernández ou Xosé Lois Romero. No 2014 ve a luz o seu segundo traballo en solitario, Lúas de outubro e agosto, e no 2016, ano en que acada o Premio Martín Códax da Música á Mellor Artista na categoría de Canción de Autor, sae o terceiro, O mundo está parado. No 2019 estreou Immersion, unha relectura musical e lingüística das súas obras máis recentes da man de artistas como Iván Ferreiro, Clara Peya, Xabier Díaz ou Lisandro Aristimuño. Este álbum valeulle o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe no Estado español. Tras unha xira e un ano marcados pola pandemia, Guadi Galego lanza Costuras, 10 cancións que viaxan desde mundos asociados á súa infancia ata o presente máis duro e á vez esperanzador.

A realización deste concerto que se enmarca dentro do programa Musigal da Deputación de Pontevedra, conta ademais coa colaboración da Comisión de Festas da Virxe do Carme e das Redeiras da Guarda.

As inscricións para este concerto están xa pechadas con aforo completo.

Máis de 250 entidades da provincia colaboran na campaña ‘No camina sola’

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presentou hoxe a campaña ‘No caminas sola: por un Camino de Santiago libre de Violencias Machistas‘ que conta coa colaboración de 276 organizacións da provincia. En total, 70 albergues, 166 farmacias e as Policías Locais dos 18 concellos de Pontevedra polos que discorre o Camiño de Santiago, así como as dependencias na provincia da Garda Civil e da Policía Nacional, dispoñen de diferentes recursos informativos para previr calquera tipo de violencia contra as peregrinas.

A iniciativa busca reforzar a seguridade das mulleres que emprenden esta ruta xacobea en solitario mediante a difusión en diferentes localizacións do Camiño de Santiago de tarxetas e carteis informativos que inclúen un código QR que enlaza aos teléfonos dos recursos especializados en atención ás mulleres. A campaña está promovida polas Delegacións do Goberno de Galicia, Navarra, Aragón, A Rioxa e Castela e León.

Tal e como explicou Maica Larriba “nos últimos anos vense observando un aumento significativo das mulleres no Camiño, que hoxe representan xa máis da metade das persoas que peregrinan. Por iso, e co obxectivo de reforzar o compromiso do Goberno de España ne loita contra a violencia de xénero e pola igualdade en todos os ámbitos, consideramos que era importante desenvolver unha campaña específica para dar a coñecer ás peregrinas todos os recursos e ferramentas que o Goberno pon á súa disposición para previr e denunciar calquera tipo de violencia”.

Un dos principais puntos informativos desta campaña son as farmacias situadas nas diferentes localidades do Camiño, grazas ao convenio de colaboración firmado o pasado mes de xullo pola Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero e o Consello Xeral de Colexios de Farmacéuticos de España. Neste sentido, a subdelegada quixo agradecer a colaboración do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra que repartiu 166 kits informativos entre as farmacias da provincia, así como a boa disposición das policías locais, dos responsables dos albergues e dos mandos da Garda Civil e Policía Nacional que participaron nesta campaña “contribuíndo a facer un Camiño máis seguro para todas”.

Acudiron á presentación da iniciativa, que tivo lugar no posto da Garda Civil de Arcade, o tenente coronel e xefe accidental da Comandancia de Pontevedra, Manuel Touceda; a vicepresidenta do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, Beatriz García Iglesias; o alcalde en funcións de Soutomaior, Ramón Fernández; a concelleira de Igualdade, Cristina González; e a xefa da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación, Manuela Vilaboy.

Esta campaña encádrase no marco do catálogo de medidas urxentes do Plan de Mellora e Modernización contra a Violencia de Xénero, aprobado en Consello de Ministros o 27 de xullo de 2021, que se compón de 15 medidas coas que se pretende mellorar a detección e acompañamento das mulleres vítimas de violencia de xénero, ademais de poñer o foco na implicación de toda a sociedade na erradicación da violencia machista e que xorde do traballo conxunto dos Ministerios de Igualdade, Interior, Xustiza, Sanidade e Dereitos Sociais e Axenda 2030.

Boa acollida da Oficina Móbil de Atención ao Peregrino

A subdelegada quixo tamén salientar, no ámbito da seguridade no Camiño, o papel desenvolvido pola Oficina Móbil de Atención ao Peregrino (OMAP) de Pontevedra durante os seus dous primeiros meses de vida. As OMAPs foron unha das principais novidades deste ano do Plan de Seguridade específico para o Camiño de Santiago da Garda Civil e teñen o obxectivo de garantir que aqueles peregrinos que decidan percorrer o Camiño fágano en condicións de seguridade.

Formadas por equipos itinerantes integrados por tres axentes, ideáronse para dar resposta de forma máis áxil e eficiente a calquera necesidade de seguridade ou información que poidan ter os camiñantes no seu roteiro.

Maica Larriba salientou que “a nosa provincia conta cunha das tres oficinas móbiles activadas en Galicia e desde o día da súa posta en marcha, o pasado 1 de xullo, ten efectuado centos de auxilios a peregrinos, colaborado con albergues e centros hostaleiros e atendido aos requirimentos informativos das autoridades municipais naquelas localidades de paso do camiño de Santiago; non obstante, tramitou moi poucas denuncias, o que evidencia a eficacia do dispositivo de seguridade do Camiño en Pontevedra”. A subdelegada destacou tamén as labores de localización e auxilio a peregrinos feridos realizadas por este equipo en colaboración cos servizos médicos e de emerxencias.

Por último, Larrriba quixo mencionar o labor desempeñado polo Escuadrón de Cabalería da Garda Civil, “que persegue unha dobre misión, xa que ademais de velar pola seguridade no Camiño de Santiago, leva a cabo unha función de control e vixilancia da contorna para previr incendios forestais”.

A versatilidade que lles proporciona o ir a cabalo, podendo penetrar en lugares de difícil acceso, permítelles realizar patrullas preventivas dos montes e velar pola seguridade dos peregrinos mesmo nos lugares máis recónditos. Na actualidade, este escuadrón está integrado na provincia por 9 axentes (8 xinetes e un condutor) que vixiarán ata o final do verán os nosos montes e rutas xacobeas.