As obras, xa rematadas, traballaron tres eixos: acondicionamento o acceso á zona dos Muiños de Paradela dende a pista do Gurgullón, unha drenaxe na pista do camiño entre a Ascensión e a Miranda, e a pavimentación dun camiño en Mourelos.
UN PROXECTO INICIAL IMPOSIBLE
As obras, despois de solucionados os problemas técnicos e de viabilidade, remataron a primeiros de agosto. O proxecto inicial do ano 2019 incluía o asfaltado do camiño de acceso á Paradela e o asfaltado dende a Capela do Cristo da Miranda á Capela da Ascensión. Todo por un importe de 34.985,65 €.
Sen embarg,o e segundo manifesta o alcalde Luis Piña, cando chega á Alcaldía en xuño de 2019 e nunha primeira visita ata estas localizacións, acompañado polos técnicos e a empresa Taboada e Ramos, púdose comprobar que as actuacións recollidas no proxecto non eran posibles, xa que na actuación de asfaltado do vial entre as dúas capelas pretendíase asfaltar con dúas capas en vez de tres de rego e este asfaltado sobre terra, sin rechear previamente con pedra. Esto mesmo sucedeu coas obras de mellora dos camiños de Parada, Franqueira e Luneda.
A imposibilidade das actuacións era tal que foi necesario modificar o proxecto que finalmente se redacta en novembro de 2020 e se adxudica a empresa Construcciones Rafer S.L. o 03 de marzo de 2021.
AS OBRAS REMATARON A PRIMEIROS DE AGOSTO
O Alcalde, Luis Piña, xunto con veciños e veciñas da zona inspeccionaron as obras. Os traballos consistiron na reparación do acceso á zona dos muiños, coñecida como “Camiño dos Muiños” e a pavimentación de varias zonas dun ramal que parte deste camiño nun tramo de 450m.l.. Para executar esta parte do proxecto o Concello agardou a que un particular construira un muro de contención privado que ademáis permitiu o ensanche do vial. A maiores nun tramo da pista o Concello construiu un muro de contención para o vial.
Tamén se mellorou a pista entre as capelas da Ascención e a Miranda, executando unha drenaxe nun punto no que existe auga por baixo do firme. Construiuse unha drenaxe en forma de espiña de peixe, con grava e geotextil, de forma que elimine a auga existente mediante tubos ranurados de PVC. A auga captada pola drenaxe condúcese ata o cruzamento da contorna da Ascensión, mediante unha tubaxe de polietileno de alta densidade nun tramo de 280,00 metros.
Por último, executouse o formigonado dun tramo dun camiño en Mourelos de 236 m2, que conduce ao lavadoiro e á poza de rega. Nesta actuación instaláronse canalizacións de drenaxe e tubaxe e se construiron arquetas e guillotinas para alternar o paso da auga.