15.1 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoA Eurocidade Cerveira-Tomiño continúa con éxito de participación os Roteiros do Miño

    A Eurocidade Cerveira-Tomiño continúa con éxito de participación os Roteiros do Miño

    Logo da Ruta dos Fortes celebrada onte, realizarase o sábado 4 de setembro unha nocturna: Do Cervo ao Niño do Corvo; seguida doutros catro percorridos por territorios transfronteirizos de valor patrimonial

    A Eurocidade Cerveira-Tomiño continúa desenvolvendo con éxito de participación os Roteiros do Miño 2021, un dos proxectos gañadores do último Orzamento Participativo Transfronteirizo. O xoves 29 de agosto ás 9.30 horas, arrancaba cunhas 30 persoas, a 3ª saída programada:  a Andaina dos Fortes da Guerra da Restauração.

    Visitáronse varias construcións fortificadas e outras xa desaparecidas acompañados por expertos que lles axudaron a “revivir” unha parte moi importante da historia da raia do Baixo Miño; percorridos que teñen como obxectivo dar a coñecer territorios transfronteirizos valiosos a nivel paisaxístico, cultural, patrimonial, ambiental e natural.

    Quedan pendentes aínda cinco rutas de grande interese: Ruta nocturna do Cervo ao Niño do Corvo (4 de setembro. 23.30h. PT); Ruta do Vale das Donas (12 de setembro. 9h. PT); Ruta da Pedra Furada (26 de setembro. 9.30h GAL); Ruta do Alto da Pena (10 de outubro. 9h. PT) e Ruta das Fontes (23 de outubro. 9.30h. GAL). Para poder participar en calquera destas rutas, é preciso reservar praza enviando un correo electrónico a: roteirosminho@gmail.com con estes datos: nome, data de nacemento, teléfono de contacto e correo electrónico.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.