A Xunta de Galicia iniciou esta onte, na residencia Porta do Camiño de Santiago, a administración das terceiras doses da vacina da Covid, nas persoas usuarias dos centros sociosanitarios galegos, para continuar, hoxe, no resto de Galicia.
No acto estivo presente a directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Carmen Durán; o xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores, o director xeral de Atención Integral Sociosanitaria da Consellería de Política Social, Antón Acevedo; e a xerente da área sanitaria de Santiago, Eloína Núñez Masid.
No acto, a directora xeral de Saúde Pública remarcou que Galicia está dentro das comunidades autónomas con maior porcentaxe de vacinación grazas á responsabilidade da cidadanía.
Carmen Durán pediu un paso máis de responsabilidade, “xa que é necesario que todos nos vacinemos, por responsabilidade individual e colectiva, e imos a ofertar todas as facilidades do mundo para chegar á máxima porcentaxe de vacinación posible”.
Ao abeiro da Semana Europea da Mobilidade, o Concello de Ponteareas deu un paso máis na recuperación do espazo público para as persoas convertendo a Praza Maior nun lugar sen vehículos a motor.
Ata o de agora os coches podían acceder libremente á Praza Maior os días laborables entre as 06.00 e as 16.00 horas e incluso estacionar na zona situada perante a Seguridade Social. Deste xeito, durante boa parte do día numerosos vehículos utilizaban a Praza Maior como itinerario de paso dende a rúa Santa Ana cara a rúa dos Ferreiros pola Calexa. A pesares de dispoñer do aparcadoiro público e gratuíto de Santa Ana con 100 prazas dispoñíbeis a menos dun minuto, eran moitos os vehículos que estacionaban ocupando unha ampla zona da praza.
Coa nova regulación que entra en vigor hoxe mércores 22 de setembro, Día Europeo sen Coches, a Praza Maior converterase “nun lugar seguro e tranquilo para o desfrute das persoas, especialmente dos nenos e nenas, pais e nais e persoas maiores que enchen este espazo público a diario e que viñan demandando rematar coa circulación innecesaria, na maior parte dos casos, de vehículos pola praza”, segundo explicou o concelleiro de Mobilidade, Roberto Mera.
Segundo os datos rexistrados pola Policía Local, en días laborábeis unha media de 150 vehículos acceden á praza entre as 08.30 e as 13.30 horas, é dicir, un coche cada 2 minutos de media, dos que a metade o fan unicamente para atravesala cara a rúa dos Ferreiros.
A regulación que se aplicará é a mesma que regula o acceso a outras zonas peonís da vila como a rúa da Esperanza ou República Arxentina. Poderase entrar na praza con vehículo a motor para acceder a garaxes. Ademais, os residentes sen garaxe e os comerciantes e a clientela poderán facelo para descargar ou recoller obxectos voluminosos cando non sexan transportábeis a pé. Tamén se poderá acceder para deixar ou recoller a persoas con mobilidade reducida. Por último, estará permitida a carga e descarga de mercadorías e repartos en horario de 08.00 a 15.00 horas. A parada para todas esas necesidades farase polo tempo imprescindíbel, non superior a 15 minutos, ampliábel en casos xustificados previo aviso á Policía Local. A parada poderá realizarse o máis preto do destino e o acceso á Praza farase polo itinerario máis curto, dende Esperanza, Santa Ana ou San Xoaquín, segundo cada caso. Os vehículos autorizados deberán circular a 10 km/h como máximo, dando sempre prioridade aos peóns e garantindo unha separación mínima coas persoas de 1,5 metros. A Policía Local comprobará se a presenza de vehículos na praza se corresponde cos supostos autorizados e polo tempo permitido, polo que non será necesario expedir tarxetas de autorizados.
Mera sinalou que “con esta medida avanzamos no novo modelo de mobilidade sustentábel e saudábel, nunha vila onte todo está a menos de 10 minutos camiñando e onde se ofrecen case 1.000 prazas de aparcamento ademais das existentes en rúas e avenidas para as persoas que precisan o vehículo para desprazarse ata o centro urbano”.
O deputado Carlos Font e a deputada Ana Laura Iglesias, veñen de visitar as instalacións de AFAGA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia), coa que a institución colabora cunha achega de 20.000 € para a posta en marcha do seu proxecto “Alzhéimer 360º”. A través desta iniciativa subvencionada pola Deputación estanse a beneficiar de xeito directo e indirecto máis de 3.000 persoas de 24 concellos do sur da provincia. As súas actividades presenciais desenvólvense nas instalacións de Afaga Alzhéimer de Ponteareas, Salceda de Caselas, Tui, Nigrán, O Porriño, Mos, Baiona e Vigo.
O proxecto “Alzhéimer 360º” está pensado para dar soporte profesional e especializado aos coidadores/as principais e familiares das persoas afectadas por algún tipo de demencia neurodexenerativa, dotándoos de ferramentas coas que afrontar o proceso evolutivo da enfermidade. Así, entre os seus obxectivos salientan o asesoramento e soporte emocional; a resposta a demandas de información e produtos que alivien, eviten ou retrasen situacións de total dependencia; o fomento da corresponsabilidade de xénero; apoio psicolóxico e actividades formativas. “Alzhéimer 360º” acompaña á contorna familiar e de convivencia ao longo de todas as fases da enfermidade, incluso no proceso de do tralo falecemento, polo que a atención pode prolongarse ata os 10 0u 12 anos. Amais, o proxecto terá un efecto especialmente positivo ao diminuír os niveis de sobrecarga acadados nos últimos meses coa actual crise sanitaria.
A súa metodoloxía partiu dunha fase inicial de detección por parte do servizo de acollida e atención social das necesidades que adoecían os e as coidadoras e familiares co gallo de redirixilos aos servizos e programas máis axeitados: acollida e atención social, atención psicolóxica, asesoramento técnico e produtos de apoio, asesoramento legal especializado e formación. “Alzhéimer 360º” destaca pola monitoraxe en tempo real da interacción entre profesionais e usuarios e polo emprego das redes sociais para a súa comunicación; e todas as súas actuacións serán cuantificadas e avaliadas seguindo o plan de calidade e auditoría interna e externa establecido pola entidade.
AFAGA, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia, constituíuse en 1994 trala mobilización espontánea de familiares de doentes de alzhéimer á raíz da desorientación e falta de información que naquel momento existía respecto desta enfermidade. Na actualidade, esta asociación sen ánimo de lucro integra a máis de 770 socias e socios e 55 profesionais, situándose como o principal expoñente na defensa e atención social das persoas que padecen alzhéimer e da súa contorna familiar; e constituíndo a primeira asociación de familiares doentes de alzhéimer (AFA).
O taller “Cultiva a mente” reanúdase tras a pandemia e contou coa presenza do presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez, xunto á concelleira de Benestar Social de Gondomar, Nuria Lameiro. O responsable da asociación agradeceu ao Concello de Gondomar a súa aposta por unha visión transversal das persoas maiores e por visibilizar como éxito das nosas sociedades a súa lonxevidade e todo ou que poden achegar aínda”.
De feito, subliñou, que esta é unha das demandas que teñen sobre a mesa sumadas a outras tan importantes como a atención aos familiares coidadores ou a execución dun estudo real da enfermidade na comunidade.
Nese sentido desde o goberno local lembrou a súa implicación coas necesidades e a atención “dos nosos maiores para garantir a mellor calidade de vida”. Así ademais destes talleres, ao longo do ano compleméntanse con outras moitas actividades como a ximnasia de mantemento, aula de teatro ou as nosas instalacións como o recente inaugurado parque biosaudable, ou o proxecto do futuro paseo fluvial.
Os talleres de “Cultiva a mente” son impartidos por unha psicóloga e neles participan 30 veciños e veciñas de máis de 55 anos. Martes e xoves, durante dúas horas abordan diferentes cuestións prestando especial atención ao envellecemento activo, a promoción das relacións sociais e prevención da soidade, así como a aposta pola independencia e autonomía.
Dentro do ámbito das capacidades cognitivas traballarase facendo fincapé en aspectos como as funcións executivas, a memoria, a atención, a orientación, a linguaxe e ou cálculo, entre outros.
María Rosalía Rita, ou Rosalía de Castro, tamén foi nena. As biografías non o contan, pero a poeta galega tamén foi unha cativa que cantaba, que lía, que comía chocolate, e que tamén xogaba. Esta é a premisa da obra “Rosalía”, que Culturactiva presentará o vindeiro venres ás 18.30 na sala multiusos do Auditorio Municipal de Ponteareas.
“Temos no noso concello unha grande oportunidade de coñecer a infancia da voz máis emblemática da nosa historia”, afirma o concelleiro de Lingua, Fernando Groba, á vez que convida a veciñanza a asistir a un espectáculo de balde. As entradas poden reservarse en [email protected].
Esta Rosalía que aínda non precisaba apelidarse de Castro é a protagonista desta obra de teatro, e será ela mesma a que lle conte aos nenos e nenas que a infancia é o lugar onde medran as poetas: entre a rebeldía, as lecturas, a curiosidade, o xogo e as cancións con rimas e sen autor.
“Rosalía” é unha obra pensada para nenos e nenas de idade primaria, pero tamén para as súas familias. É froito do traballo dunha equipa de mulleres cunha grande experiencia no teatro de palabras para espectadoras e espectadores que viven no país da infancia. Dirixe a peza actriz e directora Fina Calleja, ligada á premiada compañía Sarabela e responsábel de moitas das súas montaxes infantís e xuvenís. Dúas actrices forman o reparto, Rocío González e Cristina Collazo, as dúas imprescindíbeis nos últimos anos nos escenarios máis variados e nas pantallas da televisión e do cine de Galicia.
O sector ferroviario de CCOO mantivo unha reunión co alcalde de Arbo, Horacio Gil, co obxectivo de conformar un plan de necesidades de mobilidade adaptado aos concellos da marxe da liña ferroviaria do Miño.
Esta iniciativa propon contar co consenso das administracións locais para favorecer a mobilidade das poboacións próximas, a través da converxencia de distintos medios de transporte, para conectar ao ámbito municipal de influencia con Galicia e resto do Estado, así como o veciño Portugal.
Antón Conde, coordinador provincial do sector ferroviario de CCOO insistiu na necesidade dun deseño de transporte ferroviario que baseándose nunha rede de proximidade favoreza a mobilidade facía Ourense, para enlazar coa liña de Alta Velocidade, e cara a Vigo para enlazar co corredor Atlántico (en ambas as direccións, Norte e Sur).
O alcalde arbense informa que “o paso do tren por Arbo, e a situación estratéxica na que estaba situada a estación, permitiu durante moitos anos un desenvolvemento económico para a nosa vila, polo que temos que considerar o ferrocarril como sistema estratéxico para o desenvolvemento económico e social, que require dunha readaptación de algúns dos seus servizos para que sea unha palanca máis o alcance e crecemento de Arbo, polo que é necesario unha estratexia e propoñer realización necesarias para a mellora do ferrocarril convencional, ampliar as paradas das liñas existentes no Concello de Arbo, co fin de mellorar o servizo ofertado e creación dun servizo de trens de cércania comarcal para vertebrar o territorio de Vigo – Ourense, moción que presentara o grupo politico de goberno para o vindeiro pleno”.
Requírense trens de calidade a prezos accesibles e con frecuencias que contemplen a interopetarividade e o transporte intermodal. CCOO solicitou ao alcalde de Arbo que se sume a esta iniciativa que apunta á calidade do servizo ferroviario e á súa conexión con Europa. “Non podemos perder esta ocasión histórica ao contar cos recursos e medios do Plan Director e outros proxectos que transformarán as infraestruturas ferroviarias na liña do Miño.”
O Concello de Nigrán e a ponte romana de A Ramallosa iluminaranse novamente esta noite de verde para conmemorar o Día Mundial do Alzhéimer, cor que representa a doenza neste día 21 de setembro establecido pola Organización Mundial da Saúde. O Concello quere expresar así o seu apoio a familares e doentes e, de feito, declarouse no 2015 “Localidade Solidaria co Alzhéimer” e conta dende 2016 cun centro municipal en Panxón xestionado por Afaga que desenvolve obradoiros de estimulación cognitiva e funcional para persoas con enfermidades neurodexenerativas tipo Alzhéimer.
A pesar de que en Galiza existe unha prevalencia estimada de 104.000 casos e que co aumento da esperanza de vida a cifra se duplicará nos próximos vinte anos, na comunidade non existe unha estratexia integral de abordaxe das demencias como esta. Así, o custo que supón, de máis de 30.000 euros, recae principalmente nas familias pese a que os seus recursos socio-sanitarios sexan escasos. Por todo elo, o Concello de Nigrán considera que é un problema de primeira magnitude do que se debe concienciar, contribuindo a súa normalización e explicando a toda a poboación a súa realidade e alcance.
A Biblioteca Pública Municipal de Tui promove un mes de actividade de animación á lectura para todas a idades entre o mércores 22 de setembro e o 25 de outubro. O obxectivo é realizar unha oferta de actividades que contribúan á difusión do libro e a lectura como una ferramenta de coñecemento e de entretemento entre os diversos segmentos sociais.
A primeira cita será este mércores, 22 de setembro, ás 18 h coa presenza na Biblioteca Municipal tudense da escritora e contacontos Paula Carballeira que manterá un encontro coa rapazada tudense.
Paula Carballeira (Fene, 1972) é licenciada en Filoloxía Hispánica; dedícase profesionalmente ao teatro e á narración oral así como á literatura. Integrante da compañía Berrobambán desde 1996, tamén desenvolve a súa traxectoria como directora e actriz noutras compañías, como Centro Dramático Galego (para o que en 2006 dirixiu e interpretou A cabana de Babaiagá), Talía Teatro ou Magrinyana. Paula Carballeira participou en destacados festivais de narración oral, tanto nacionais como internacionais, ademais de traballar como actriz e contadora de contos en diferentes series e espazos da TVG (Apaga a luz, A noite en branco, Pequeno Hotel, Ou rei da comedia, Rías Baixas, Máxima audiencia, Contando estrelas, Pepe Ou Inglés e, na actualidade, Libro de familia) e como colaboradora nos programas da Radio Galega Xamón, xamón e A taberna da Galega. Ten recibido, entre outros, o Premio Manuel María de Literatura Dramática (2006, 2011 e 2018) e o Frei Martín Sarmiento (2016).
Como autora de literatura infantil publicou as seguintes obras: A percura (1990); Robín e a boa xente (1995); Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima (1996); Olo-iepu-iepu (1999); Mateo (1999); Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico (Xerais 1999); Paco (2001); Correo urxente (2001); O ganso pardo (2002); A era de Lázaro (2004); Smara (2006); Boas noites (Xerais 2007), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2007 e O refugallo (Xerais 2013), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2011. Ten publicado, ademais, o poemario Contatrás (2006).
O programa completo deste “Mes da Biblioteca” comprende as seguintes actividades:
Mércores 22/09 ás 18.00 h Encontro con Paula Carballeira
Xoves 30/09 ás 18.00 h “Levántate Xan, contos para bebés” con Caxoto
Xoves 30/09. ás 20.30 h presentación do libro “1598: la peste en Vigo” de Antonio Giráldez
Mércores 06/10 ás 18.00 h “Pes de Lobo” con Anxo Moure
Mércores 13/10 ás 18.00 h “Contacontos de libros contentos” con Carmen Domech
Luns 18/10 ás 20.00 h. Día das escritoras: Encontro escritoras da Eurocidade con Conchi Regueiro e María José Areal
Luns 25/10: Día da biblioteca, coa presentación do Club de Lectura da Biblioteca Municipal
Para a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, esta programación expresa o compromiso do Concello de Tui pola difusión cultural e por favorecer o acceso de todos os cidadáns e todas as cidadás, tamén os rapaces e rapazas, á información e á cultura a través da Biblioteca Municipal e a súa oferta de actividades. Esta programación é posible grazas á colaboración do Programa Ler Conta Moito da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia.
O Concello de Tomiño quixo sumarse á iniciativa de AFAGA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia) para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer este 21 de setembro, iluminando a fachada do consistorio municipal de verde para contribuír a visibilizar esta doenza.
Arredor de 70.000 galegos e galegas padecen de Alzhéimer, a doenza mental máis estendida entre as persoas maiores, con previsións de que esta cifra continúe aumentando nos vindeiros anos. En paralelo a esta realidade, a pandemia da Covid-19 supuxo un agravamento nas condicións de vida de moitas das persoas que a padecen e nas súas familias, minguando tanto a súa calidade de vida como a da atención e os coidados recibidos.
Desde o Concello de Tomiño queren mostrar todo o seu apoio ás persoas que padecen Alzheimer e outro tipo de doenzas dexenerativas e ás súas familias. Do mesmo xeito, desde a institución queren agradecer o labor de asociacións como AFAGA e de todos os coidadores e coidadoras que día a día traballan tanto no coidado e a atención destas doenzas como na súa visibilización.
A deputada Ana Laura Iglesias e o deputado Santos Héctor Rodríguez veñen de visitar as instalacións da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidades Mentais (FEAFES), coa que a institución colabora cunha achega de 20.000 euros para a posta en marcha do seu proxecto “Practicum”. A través desta iniciativa subvencionada pola Deputación estanse a beneficiar 15 persoas de toda a provincia, aínda que os principais municipios de actuación son Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Redondela, Vigo, Cangas, A Guarda, Baiona e Ponteareas. As súas actividades teñen lugar na delegación de FEAFES Vigo e nas empresas onde se realizan as prácticas.
Iniciado en 2011 froito da colaboración da Deputación e FEAFES, “Practicum” continúa a ser o único proxecto específico de práctica laboral para persoas que padecen enfermidades mentais da provincia. Está pensado para identificar e crear novas posibilidades de ocupación que faciliten a inserción laboral do colectivo, así como para eliminar o descoñecemento e prexuízos existentes na sociedade sobre as capacidades laborais e produtivas das persoas con enfermidades mentais. Así, entre as súas actividades principais destacan a selección, estudo e valoración dos candidatos; a orientación e asesoramento individualizado no proceso de inserción laboral; a formación dos/as demandantes en novas tecnoloxías; o emprego de técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación; a práctica de hábitos que facilitan o acceso e mantemento do emprego e a formación no posto de traballo. Amais, este ano destaca pola creación do Club de Emprego, en cuxas reunións os participantes intercambian información, experiencias, impresións e ofertas.
A súa metodoloxía partiu dunha fase inicial de identificación e selección dos sectores de actividade e postos de traballo para a posterior creación dunha base de datos das empresas. A partir de aí estableceuse o contacto con elas e procedeuse ás entrevistas de información primeiro e de mantemento ou negociación despois. Finalmente, os participantes do programa están a levar a cabo os seus respectivos empregos con apoio, contando tamén con titorías e técnicas de traballo en grupo. “Practicum”, que conta cun período de actuación dun ano, avaliarase medindo a cantidade de acordos e convenios asinados con empresas, usuarios que accederon á realización das prácticas non laborais, insercións acadadas, empresas visitadas e grao de satisfacción dos usuarios e empresas.
FEAFES, Federación de Asociacións de Familiares con Enfermidades Mentais, constituíuse en 1995 co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental, familias e achegados/as e defender os dereitos do colectivo. Na actualidade, esta asociación sen ánimo de lucro agrupa a 12 asociacións repartidas pola xeografía galega, está presente activamente en preto de 30 localidades e representa ás máis de 80.000 persoas doentes. Entre as actividades que desenvolve, destacan as que traballan pola inserción laboral do colectivo, atención personalizada e asesoramento legal e labores de sensibilización e promoción da saúde mental.
Esta noite, a fachada do Concello de Baiona iluminarase de cor verde con motivo da conmemoración do Día Mundial do Alzhéimer, efeméride instituida pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e auspiciada por Alzheimer Disease Internacional (ADI) en 1994. As luces verdes xa luciron na fachada a pasada noite.
Con este xesto o Concello de Baiona busca dar visibilidade e apoio sobre a situación de ao redor de 3,5 millóns de enfermos e familiares que conviven con esta enfermidade en España.
O pasado luns, 6 de setembro, comezou en Baiona o taller “Cultiva a Mente” , que se desenvolverá ata finais de xuño do próximo ano. Este taller naceu da Concellería de Servizos Sociais a través de diversas reunións entre o Alcalde, Carlos Gómez, e a concelleira de Servizos Sociais, Conchy Vara, coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias dexenerativas “ AFAGA”, en busca de dar prevención e asesoramento aos veciños e veciñas, maiores de 55 anos.
Esta segunda edición, iniciada o luns no Multiusos Anxo Bedriñana dividirase en dous grupos os luns en horario de 16:00 h a 18:00 h e de 18:00 h a 20:00 h. O taller está dirixido a maiores de 55 anos interesados no desenvolvemento activo e participativo, promovendo hábitos de vida saudables, mantendo un rol que facilita unhas mellores relacións sociais, a prevención da soidade, así como a independencia e a autonomía persoal. Desde a concellería apostouse por dar este programa iniciado no ano 2019, cunha acollida elevada, consolidándose no 2020.
A Concellería de Servizos Sociais informa de que prazo de inscrición dos programas que o Concello de Baiona en colaboración con AFAGA está a impartir no municipio permanece aberto ata o 30 de setembro.
Desde o departamento infórmase de que se poderá participar nos talleres ata límite de aforo. As persoas interesadas deberán chamar ao teléfono 986 22 97 97 ou ao 986385926 en horario de 9 h a 14 h.
O pasado día 6 tamén se iniciou un novo curso do Programa de Estimulación Terapéutica para persoas con necesidades específicas do que se están beneficiando veciños e veciñas do municipio.
Os talleres do Programa de Estimulación Terapéutica para persoas con necesidades específicas diríxense a persoas co obxectivo de desenvolver a estimulación cognitiva e funcional, ao mesmo tempo que se proporciona apoio aos familiares coidadores.
Xa son moitos os veciños e veciñas do municipio que se beneficiaron o curso pasado e que este ano continúan coa experiencia, considerando que foi moi enriquecedora para eles.
Máis de corenta veciños e veciñas do municipio están a beneficiarse de ambos os programas.
O alcalde do Baiona, Carlos Gómez Prado, destaca “o compromiso do Concello en proporcionar recursos á nosa poboación e dar continuidade aos programas, sendo unha resposta dos dereitos que a cidadanía demandaba. Desde que este goberno entrou no ano 2019, incorporou tanto programas de prevención como de estimulación para todas as persoas que quixesen obter uns dereitos e beneficios que lle corresponden. Os mesmos son desenvolvidos pola asocicaición AFAGA, asociación á que estamos enormemente agradecidos polo seu labor e implicación. Desde o concello proporcionámoslles as instalacións e os medios necesario para desenvolver as actividades, conseguindo un alto indice de participación e resultados beneficiosos para toda a cidadanía, familiares e veciños e veciñas da vila”.
O grupo Bordón Grellado alzouse co primeiro premio no LIV Concurso de Gaitas do País de Ponteareas, celebrado a pasada fin de semana no Auditorio Municipal Reveriano Soutullo, e que contou coa participación de sete agrupacións de música tradicional “de gran calidade e alto nivel”, como salientou o concelleiro de Cultura, Fernando Groba, e os propios membros do xurado que estiveron na edición anterior. O grupo gañador estaba composto polos gaiteiros Miguel González Diz e Isidro Vidal Gallardo, o tamborileiro Iván Blanco Vázquez e o bombeiro Miguel Rivas Rodríguez. A agrupación foi premiada con 1.800 euros ademais de cunha gaita e cun tamboril doados por Artesanía de Galicia.
Tras as dúas actuacións de cada un dos grupos, o xurado outorgou o segundo premio do certame, dotado con 1.200 euros, ao grupo Arghaço, mentres que Avelaíña fíxose cos 900 euros do terceiro premio e Bran Cuartet cos 600 do cuarto. O xurado estivo composto ademais de polo propio edil de Cultura, por Xosé Ferreiros, integrante do histórico grupo galego Milladoiro, e por María Belén Giráldez, José Manuel Gil, Xulia Feixoo, Antonio Gutiérrez e Sabela Olivares.
O concurso arrancaba quentando motores cun pasarrúas dende a Casa do Concello ata o auditorio municipal, onde ademais dos grupos gañadores tamén se subiron ao escenario os grupos As Bágoas do Toxo, Rodamuíños e Os Paporrubios. “Queremos agradecerlles a todos eles a súa participación neste certame co que seguimos apostando pola música que se fai no país, que reforza e difunde a nosa cultura. E moitísimas grazas tamén aos membros do xurado pola súa colaboración na difícil tarefa que lles tocou”, destacou Groba.
No próximo sábado, 25 de setembro, às 16h00, o Museu Bienal de Cerveira acolhe a exposição individual “Impávida Essência” de Zélia Mendonça. A artista brasileira apresenta, ainda, o livro “Zélia Mendonça_senhora das mudanças” que dá a conhecer ao público o seu percurso artístico e pessoal.
Foi aos 58 anos de idade, mais precisamente em 2015, que Zélia Mendonça, natural do estado de Minas Gerais, decidiu mudar de vida. De empresária de sucesso, dedicou-se, em exclusivo, à prática artística que vinha pautando os seus tempos livres. O Museu Bienal de Cerveira volta a ser testemunho do seu talento e acolhe, de 25 de setembro a 6 de novembro, a exposição a individual “Impávida Essência”.
Com a curadoria do diretor artístico da FBAC, Cabral Pinto, a mostra é composta por 19 pinturas que abordam temáticas como o colonialismo e os indígenas, com enfoque nos ciclos económicos do Brasil Império e os seus desdobramentos na República Brasileira e contemporaneidade. “As minhas pinturas são a reflexão do que imagino ser os indígenas. Antes de mais nada, uma linguagem que pode parecer estereotipada, mas é, na verdade, a representação de uma artista que está em processo de descoberta e pede por justiça pela sobrevivência deles e a nossa também”, explica Zélia Mendonça.
Pelas 17h00, será lançado o livro “Zélia Mendonça_senhora das mudanças”, que reúne textos de curadores e críticos de arte, bem como imagens representativas das obras que a autora criou ao longo da sua carreia artística. Segundo a coordenadora da publicação, Helena Mendes Pereira, “a busca incessante da mudança é, de resto, uma característica basilar desta mulher cuja história se faz na procura de novos espaços para morar, novas formas de se reinventar, tendo da mudança um processo de arrumação das ideias e da vida”.
De referir que a publicação foi lançada na zet gallery a 18 de setembro e que no próximo sábado, às 21h00, será ainda apresentada no Espaço “Quadras Soltas”, na Rua Miguel Bombarda, no Porto.
A iniciativa conta com o apoio da Fundação Bienal de Arte de Cerveira e da zet gallery e tem como mecenas a empresa brasileira MENFE.
Nota biográfica de Zélia Mendonça
Zélia Mendonça (1957) é uma artista visual autodidata e doutora honoris causa em Arte e Cultura pela Faculdade de Ciências e Artes Lauro de Freitas, Universidade Unip Pólo Lauro de Freitas, Faculdade de Ciências e Artes de Paris, Conselho de Defesa dos Direitos Humanos, Comissão de Educação/Lauro de Freitas, Bahia. Em 2008, recebe o Prémio Vitória Alada, Ordem dos Parlamentares do Brasil, São Paulo, Brasil; e, em 2014, recebe a Comenda da Liberdade e da Cidadania, Fazenda do Pombal, D.F., Brasil. As distinções vêm reconhecer a dimensão cívica e interventiva da sua personalidade que a levam a encontrar na Arte, mais do que um meio de expressão, uma forma de afirmação de ideias e valores vinculados, sempre, à observação atenta e preocupada que faz do seu Brasil.
Salvaterra xa ten adxudicada a mellora da mobilidade peonil na EP-4006 no treito antigo do Colexio de Leirado, unha obra que ascende a 186.000 euros e que está financiada nun 80% pola Deputación de Pontevedra (148.800 €) e nun 20% polo Concello de Salvaterra. Así o anunciou a presidenta provincial, Carmela Silva, tras aprobación desta adxudicación na última sesión da Xunta de Goberno
As actuacións, enmarcadas no modelo de mobilidade sostible, segura e amable da Deputación de Pontevedra, servirán para mellorar a seguridade e mobilidade das persoas ao realizar un camiño escolar seguro cara o colexio de Leirado. Ademais, executarase unha senda peonil de 2,5 m de ancho dende o CEIP ata o cruce coa PO-402, reducirase a velocidade a 30 km/h diante do centro escolar e executarase un paso sobreelevado para dar acceso ao alumnado do colexio de forma segura.
Tamén se creará unha beirarrúa de formigón coloreado que dea continuidade ao itinerario peonil e unha zona de estacionamento de autobuses segura e ben delimitada á beira do colexio. Finalmente, as obras contemplan a execución dunha nova rede de pluviais, amais dunha nova capa de rodadura e novo pavimento, pintado e sinalización horizontal e vertical.
O BNG organiza este sábado 25 de setembro unha homenaxe en Ponteareas ao ex alcalde da localidade, Xosé Represas, como mostra “do cariño e afecto que sempre lle gardaremos, así como da admiración da veciñanza pola súa traxectoria e entrega a Ponteareas e a Galicia”, sinalan dende o Bloque.
O acto, que terá lugar ás 21 horas no Parque da Feira Vella, contará con intervencións poéticas, políticas e musicais, que serán realizadas por artistas locais. Así mesmo, estrearase o documental “Xosé Represas, soñar o imposible”, unha peza audiovisual coa que o BNG lembra a traxectoria vital e política do que foi líder do nacionalismo en Ponteareas durante a última década.
A capacidade será limitada para o cumprimento das medidas sanitarias en vigor. As persoas interesadas en asistir, deberán realizar a súa reserva no enlace www.i.gal/homenaxerepresas.
O Concello de Ponteareas súmase, por segundo ano consecutivo, á Semana Europea de Mobilidade cun programa de actividades coas que sensibilizar á veciñanza sobre os beneficios de uso de modos de transporte máis sostibles como a bicicleta, os desprazamentos a pé ou o transporte público. Este ano, ao abeiro da temática ‘Mobilidade sostible, saudable e segura’ e do lema ‘Pola túa saúde, móvete de forma sostible’ que rexe a campaña europea, a Concellería de Mobilidade, dirixida por Roberto Mera, tamén presenta novas medidas e iniciativas dirixidas a diminuír o uso innecesario dos automóbiles na vila.
A primeira das actividades será este mércores 22 de setembro, Día Europeo sen Coches, e irá dirixida a público infantil, “un dos principais destinatarios do novo modelo de mobilidade máis sostíbel polo que aposta este goberno”, como sinalou o edil. Ás 17.30 horas, nenos e nenas a partir de 7 anos poderán participar na actividade ‘Recuperando o espazo público para a infancia: do vello ao novo modelo de mobilidade en Ponteareas’, unha actividade lúdico-educativa na que as e os participantes percorrerán as rúas da vila. A saída será dende a Casa do Concello e, dende aí, os rapaces e rapazas circularán por diferentes rúas realizando actividades para comprender os efectos do anterior modelo de vila pensando no coche e coñecer as razóns polas que agora se aposta por recuperar o espazo público para as persoas.
Ademais, durante todo o día as persoas interesadas poderán facer unha revisión de balde da súa bicicleta na rúa Esperanza, en Bicimecánica Toñi Porto, a quen o Concello agradece a súa colaboración nesta xornada da Semana Europea de Mobilidade.
A esta programación de actividades sumaranse a presentación e implementación de varias medidas e iniciativas para o fomento da mobilidade sostíbel: a nova regulación da mobilidade na Praza Maior, a primeira liña de transporte público ao Centro de Saúde e a futura ordenanza de mobilidade amábel e utilización dos espazos públicos.
A Xunta de Galicia lembra que o BNG goberna nalgúns dos municipios galegos máis beneficiados polo apoio que presta Augas de Galicia aos concellos no exercicio das súas competencias de saneamento, abastecemento e depuración.
A Xunta lamenta as mentiras do partido nacionalista sobre a Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga.
O obxectivo do anteproxecto de Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga, actualmente en tramitación, é ordenar, reforzar e estender esa axuda a todos os concellos que o soliciten, sen crear novos impostos.
Un dos concellos máis beneficiados por ese apoio da Xunta en materia de servizos da auga é Tomiño, cuxa alcaldesa se manifestou en contra do modelo de axuda impulsado pola Administración autonómica, que lamenta a súa incoherencia.
A pesar de que as competencias en saneamento e depuración de auga residuais son municipais, o Concello de Tomiño rexeita asumir a xestión da depuradora municipal e acepta que sexa Augas de Galicia quen se encargue do seu funcionamento desde hai anos, proporcionándolle un inxente apoio económico e técnico a ese municipio.
O Goberno galego lémbralle á alcaldesa de Tomiño que, se non está de acordo co modelo de apoio que lle proporciona a Xunta ao seu municipio, pode asumir de forma inmediata a xestión da depuradora municipal, facéndose cargo dos custos e da responsabilidade da súa explotación e o seu mantemento.
O anteproxecto de Lei de mellora de xestión do ciclo integral da auga pretende ordenar e reforzar o apoio que a Xunta presta aos concellos nas súas competencias de xestión dos servizos do ciclo da auga. Dunha banda, establécese un modelo viable para que se poida estender a colaboración a todos os concellos que voluntariamente o soliciten e, doutra banda, habilítase a canle para que ese apoio se poida ampliar á xestión de novas instalacións, como os sistemas de colectores, para aumentar a eficacia.
O fin último da norma que está a impulsar a Xunta é mellorar os servizos que se prestan aos cidadáns e a calidade das augas de Galicia, sen subir taxas nin crear outras novas, limitándose a reordenar as que xa existen.
Actualmente, nos concellos nos que xestiona a depuradora, a Xunta recada o chamado ‘coeficiente de vertido’ que, coa nova lei pasará a denominarse ‘canon de xestión de depuradoras’, para adecuarse máis á súa funcionalidade. Nos concellos nos que a Xunta non xestiona a depuradora os custos son recadados polo concello correspondente e así continuará a ser coa nova Lei.
Do mesmo xeito, será a Xunta quen pase a cobrar polos servizos de saneamento naqueles concellos nos que empece a xestionar os colectores, substituíndo a taxa que antes recadaba o municipio.
Polo tanto, o anteproxecto de Lei non leva aparellada a creación de novas taxas. A ordenación dos sistemas xestionados por Augas de Galicia permitirá aplicar economías de escala e a implementación de medidas de eficiencia fará posible aforrar custos, o que redundará nunha diminución dos gastos asociados á prestación dos servizos.
O Goberno galego empraza ao BNG a abandonar as falsidades e as declaracións irresponsables sobre a xestión da auga, así como a asumir de forma efectiva un compromiso real cos obxectivos sociais e ambientais de mellora da calidade das augas.
O anteproxecto de Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga está a ser tramitado con total transparencia e participación por parte da Xunta, que recentemente celebrou un webinario para explicarlles a todos os concellos e entidades interesadas o contido da normal. O período de consultas públicas foi aumentado en 15 días en virtude do acordo acadado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). O vindeiro venres terá lugar un novo encontro ao que están convocadas a FEGAMP es Deputacións provinciais para informar sobre os detalles do proxecto.
O portavoz de AporM, Xoán C. Montes Bugarín, anunciou que acudirá á concentración que prepara a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública en Mondariz, que celebrarase mañá mércores, día 22 ás 20:30 h diante do Centro de Saúde.
A maiores, o partido municipalista, que encabezou a lista máis votada nas últimas eleccións municipais, fixo público que, o próximo venres, día 24, o seu grupo levará ao pleno ordinario de Mondariz unha batería de medidas que pretenden mellorar o centro de saúde da localidade. Estas propostas, que son demandas do persoal sanitario local, son:
O espazo dedicado a reanimación é compartido co de extraccións, cando os profesionais opinan que o desexable sería que fosen espazos separados, diferenciados, para optimizar a atención sanitaria.
É necesario dotar a todos os baños públicos do Centro de Saúde de aireación natural, para mellorar a súa salubridade e hixiene.
Mellorar o acceso ao ambulatorio, de forma que a entrada teña lugar por unha porta diferente á da saída, para evitar a proximidade física entre as persoas usuarias.
Dotar ao exterior do edificio dunha viseira protectora que evite que as persoas usuarias sufran as inclemencias meteorolóxicas –nomeadamente a chuvia– mentres esperan a ser atendidas.
O Pleno da Corporación debe esixir que o SERGAS cubra as baixas dos pediatras e dos médicos, evitando así a saturación das axendas dos profesionais que traballan no centro.
AporM quere dar o seu apoio publicamente á Plataforma en defensa da Sanidade Pública do Condado. “A sanidade pública é un dereito universal que sostemos cos nosos impostos, polo que ten que mellorar día a día. Non podemos consentir que a atención sanitaria en Mondariz e no Condado se deteriore e, na vez de mellorar, se deteriore pouco a pouco”, concluíu.
Aos poucos logrouse e de novo recuperan a cita que semanalmente teñen os maiores da comarca de Gondomar no Pavillón Municipal de Deportes cos hábitos saudables. Un total de 80 participantes, que se exercitan en dúas quendas durante unha hora e realizan diversos exercicios, guiados por unha monitora, que lles permiten manterse en forma.
A concelleira de Deportes, Nuria Lameiro, achegouse ata o pavillón para darlles a benvida e felicitarlles por apostar polo deporte como unha forma de seguir activos e demostrar que os maiores teñen moito que facer e ensinar aínda.
A actividade de ximnasia de mantemento desenvolvese os luns e mércores de 10.30 a 11.30 horas e de 11.30 a 12.30 horas, mantendo as medidas de seguridade sanitaria vixentes na actualidade. Desde a concellería lémbrase que o próximo mes de xaneiro abrirase prazo para novas inscricións.
A Guarda acolle este xoves as celebracións do Día de Santa Trega (festividade local do día 23 de setembro), que neste ano tan atípico, e ao igual que sucedeu o ano pasado debido ás medidas de prevención motivadas pola pandemia da Covid-19, terán que realizarse dun xeito distinto.
Segundo informou o párroco ao alcalde da Guarda, as misas, que tradicionalmente se celebran na ermida no Monte de Santa Trega, celebraranse na Igrexa Parroquial ás 10:00h e ás 11:00h e con limitacións de aforo tal e como ditan as normas sanitarias vixentes, non se realizarán as Poxas de produtos típicos nin a procesión.
A Ermida de Santa Trega estará aberta ao público de 8:30h a 19:00h nesta xornada para todos os fieis e devotos que desexen facer as súas ofrendas, sempre respectando as distancias de seguridade, o uso obrigatorio de máscaras de protección e hidroxel.
Como en anteriores ocasións, o Concello insta a cumprir as medidas de prevención a toda a poboación: uso da mascarilla, hixiene de mans e o mantemento da distancia social.
O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o expediente para contratar o servizo de implantación e desenvolvemento do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED) na provincia. A Deputación destinará máis de 314.000 € para revalidar o seu compromiso coa calidade turística no 2022 e 2023 porque, como asegurou a presidenta Carmela Silva, “apostar pola calidade é o instrumento fundamental para seguir crecendo como destino turístico sostible”.
“Podemos presumir –indicou – de ser a provincia de todo o Estado con maior número de empresas co selo de compromiso de calidade turística do SICTED. A xente precisa de boas noticias e de sentir o orgullo de vivir na provincia máis avanzada de Galicia”. Nestes momentos son 349 as empresas de todos os sectores do turismo que están a traballar no modelo SICTED na provincia de Pontevedra. Neste eido a presidenta aproveitou a ocasión para felicitar ás empresas polo enorme esforzo que fan para poder acadar este distintivo e amosou o seu desexo de “sumar máis entidades co selo de calidade, porque contar co compromiso de calidade ten grandes beneficios para as empresas e a provincia”.
O novo contrato para seguir implantando, consolidando e desenvolvendo o SICTED na provincia vai aliñado co Plan Estratéxico de Turismo Rías Baixas 2021-2023, que marca entre os seus obxectivos a mellora da competitividade do destino e contempla accións encamiñadas a espallar o compromiso coa calidade. Deste xeito está previsto que se desenvolvan actividades para a consolidación, xestión, formación e continuidade do SICTED e crear e manter, así, unha estrutura permanente de xestión da calidade na provincia.
Dende a Concellería de Promoción económica, Emprego e Novas tecnoloxías de Mos desenvólvense, a través da Axencia de Colocación, diversas acción formativas en colaboración coa Fundación Cibvervoluntarios.
Dúas delas, de nivel intermedio e avanzado, a través do programa Extraordinarias, programa dirixido exclusivamente a mullerese outra, Big Data, a través do programa IniciatiC 2021, dirixida a calquera persoa interesada.
PROGRAMA EXTRAORDINARIAS
Programa adxudicado á Axencia de Colocación de Mos, e coordinado pola Fundación Cibervoluntarios xunto con Zona from Facebook.
Este programa ten como obxectivo principal formar na transformación dixital a 1.500 mulleres emprendedoras de zonas rurais en toda España, co fin de potenciar ideas e negocios activos que están a xerar valor e economía local para impulsalo a nivel global.
Pode inscribirse calquera muller interesada en formarse en Marketing Dixital (nivel intermedio e avanzado).
A formación é online, e ten unha duración de 1 horas e media repartidas en dúas sesións.
Taller: Extraordinarias nivel intermedio. Mulleres de Mos.
Data: 28 de septiembre
Hora: 18:30-20:00
A formación realizase a través de Zoom.
O contido dos talleres será competencias de márketing dixital, design thinking, branding dixital e ferramentas tecnolóxicas de xestión e innovación.
PROGRAMA INICIATIC 2021
IniciaTIC é un programa de apoio e impulso á dixitalización para mellorar a competitividade de persoas autónomas, emprendedoras, pemes e axentes promotores da economía social.
Ten como obxectivos:
1.Paliar a situación de vulnerabilidade dixital que viven moitas persoas emprendedoras, autónomas, pemes e axentes da economía social que se puxo en especial evidencia a raíz do COVID19
2. Apoiar e impulsar a dixitalización de devanditos axentes para mellorar a súa competitividade
3. Facilitar a adaptación da actividade económica a través de procesos de dixitalización básica a escenarios cambiantes provocados polo COVID19
Taller: IniciaTIC Big Data
Data: 30 de septiembre
Hora: 19:00-20:30
Os interesados nalgún dos cursos, deberanse inscribir no curso a través do Portal de Emprego en https://mos.portalemp.com.
Se eres unha persoa demandante de Emprego inscrita xa no Portal podes inscribirte directamente no curso.
Se non estás dada de alta debes inscribirte como Demandante de Emprego ou alumno e posteriormente inscribirte no curso.
A presidenta da Deputación de Pontevedra anunciou onte que, antes de que remate este ano, a institución aprobará o II Plan de Igualdade e que “moi pronto” dará a coñecer os resultados da avaliación de todos os obxectivos conseguidos dende que se puxo en marcha o primeiro. Deste xeito a Xunta de Goberno vén xa de aprobar a adxudicación do servizo de asistencia técnica que se encargará da negociación, redacción, deseño, aprobación, análise cuantitativo e cualitativo anual e avaliación final do II Plan de Igualdade da Deputación de Pontevedra, que terá unha vixencia de catro anos.
Carmela Silva recordou que o I Plan de Igualdade da Deputación foi aprobado por unanimidade no ano 2017 e que, nestes momentos, está a piques de rematar o proceso de avaliación dos “moitos aspectos conseguidos” ao longo destes anos. Ao respecto, a presidenta destacou que “fomos a primeira administración pública en elaborar un Plan de Igualdade en base a unha auditoría laboral de xénero e cunha análise exhaustiva da área salarial do persoal baixo a perspectiva de xénero”.
O I Plan de Igualdade da Deputación recollía os termos establecidos en todas as recomendacións internacionais, a lexislación estatal e galega, e mesmo ampliaba o concepto de discriminación en liña cos obxectivos do Convenio de Istambul. Tamén foi integrado na cultura da organización, coa finalidade de acadar a igualdade real entre mulleres e homes no traballo. A partir de agora, coa posta en marcha do contrato do II Plan de Igualdade, ábrese un proceso que inclúe dende a negociación, redacción e aprobación do plan ata proceso de execución, formación e avaliación anual e final.
Un ano máis o Concello de Tomiño súmase á participación na limpeza simultánea de ríos ao abeiro do Proxecto Ríos, unha xornada na que as persoas voluntarias se achegan ás beiras dos seus ríos próximos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos nosos ecosistemas fluviais.
A actividade, que terá lugar o vindeiro domingo 26 de setembro, iniciou a súa andaina no ano 2008 para chegar este ano á súa décimo cuarta edición, na que participan máis de 65 entidades entre concellos, asociacións, colectivos ecoloxistas e centros de ensino. En Tomiño a actividade está coordinada desde a Concellería de Medio Ambiente e a Oficina Municipal de Información Xuvenil. A hora de encontro será as 10:00 horas da mañá e o río e os tramos que se limparán serán acordados coas persoas voluntarias en función da súa parroquia de procedencia. As persoas voluntarias serán agasalladas cunhas camisolas do proxecto. Para participar como voluntario/a na xornada, que se desenvolverá o vindeiro domingo 26 de setembro, é preciso inscribirse chamando ao teléfono 986 622 001 ou enviando un correo a [email protected].
Respectaranse tamén as indicacións pertinentes en relación á situación de pandemia provocada pola COVID-19 dependendo da situación sanitaria de cada zona. Dende o Proxecto Ríos recoméndase que os grupos sexan de 10 persoas como máximo e se respecte sempre que sexa posible unha distancia de 1,5 m. O uso de máscara será de obrigatorio para todas as persoas participantes. Co fin de evitar unha maior xeración de lixo, desde a organización solicitan que cada persoa voluntaria traia as súas propias luvas.
Proxecto Ríos
O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.
Este luns día 20 de setembro abriu o prazo de inscrición nas “DEPOrte Escolas”, un programa deportivo gratuíto da Deputación de Pontevedra en colaboración e coordinación coas federacións deportivas para contribuír ao desenvolvemento e fomento da actividade deportiva en idade escolar.
Modalidades de “DEPOrte Escolas”
No caso da Guarda ofértanse as modalidades de Atletismo, baloncesto, balonmán e patinaxe.
Nenas e nenos destinatarios
A única condición que tes que cumprir é ter moitas ganas de pasalo ben practicando a túa modalidade deportiva preferida.
As escolas estarán destinadas a nenas e nenos en idade escolar de toda a provincia de Pontevedra.
Busca a modalidade deportiva e as súas características técnicas e apúntate.
Formalización da inscrición
A solicitude de inscrición deberá realizarse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).
Para a presentación da inscrición, a Sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).
Opcionalmente, poderá presentarse a inscrición de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de presentación de solicitudes
Abriranse dous prazos para a presentación de solicitudes:
1.º prazo de presentación das solicitudes será de 10 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO 20/09/2021).
Unha vez finalizado o prazo de inscrición poderanse consultar as listas na páxina web; a selección das prazas levarase a cabo por orde de rexistro de entrada.
2.º prazo de presentación de solicitudes será desde 01 de novembro ata o 30 de novembro.
Unha vez finalizado o prazo de inscrición poderanse consultar as listas na páxina web.
Comezo das “DEPOrte Escolas”
As “DEPOrte Escolas” comezarán a partir do mércores 13 de outubro no día e no horario correspondente a cada escola, agás a escola de piragüismo.
O Goberno local de Redondela lamentou hoxe que AER teña que recorrer á “utilización tendenciosa e terxiversada” dun requirimento da Xunta sobre a recollida de algas no municipio no que, segundo a Agrupación de Electores, a administración autonómica, “ordena a paralización da recollida de algas por medios mecánicos” nos areais de Redondela.
Non deixa de ser curioso que no seu escrito, afirma o Goberno local redondelán, “a Agrupación de Electores non faga mención que o que pide a administración autonómica é que o Concello obteña a correspondente autorización para esa labor “autorización que non foi solicitada polo anterior concelleiro de AER, Roberto Villar cando iniciou as labores de retirada de algas” e tenten desviar a atención sobre outros aspectos dun requirimento “froito dunha denuncia realizada polo propio Roberto Villa cando aínda era concelleiro de Medio Ambiente” nunha actuación que é cualificada polo Goberno local socialista como “un tanto estrambótica, denunciando ao Goberno do que formaba parte como concelleiro e tentando tapar a súa irresponsabilidade ao non ter solicitado o correspondente permiso”, asegura o Goberno.
No que ao sistema de recollida, fai referencia, o requirimento da Xunta conmina ao Concello “para que, a maior brevidade, proceda a adoptar as medidas necesarias para paralizar os labores de limpeza mecánica e extracción de algas das praias de Cesantes e A Punta”.
En todo caso, o propio sistema de traballo que desenvolve o Concello deixa sen efecto dito requirimento xa que,, segundo consta nos informes a empresa encargada das labores de retirada de algas –contratada por AER cando tiña a competencia de limpeza de praias– e do xefe do equipo e coordinador do persoal que realiza dito traballo, “utilízanse os mesmos medios de recollida empregados pola anterior concellería (AER) con medios manuais como angazos e forcas e recorrendo aos medios mecánicos –remolque– só para o transporte”.
Para o Grupo de Goberno, non deixa de ser curioso que AER, cando fala destes temas nas súas redes sociais e no comunicado remitido á prensa, obvie dicir que a Xunta autoriza a retirada de algas e argazos das praias “no período estival, previa autorización expresa do organismo autónomo competente en materia de Conservación da Natureza, cando poda xerar graves problemas co seu uso público”.
Nese sentido, o Concello de Redondela, consciente da importancia de preservar a biodiversidade da especial protección que precisa unha zona incluída na Rede Natura 2000, nin tan sequera optou pola utilización de medios mecánicos permitidos pola propia administración autonómica “A limpeza mecánica realizarase única e exclusivamente mediante emprego de maquinaria de cribado nunca se empregará para tal fin maquinaria tal como tractores ou palas cargadoras”.
É dicir, o Concello optou por seguir coa limpeza manual con angazos e forcas exactamente igual que como a realizaba á anterior Concellería de Medio Ambiente en lugar de recorrer a medios mecánicos aínda que estes foran autorizados.
Ante o requirimento da Xunta o Concello remitiu informes claros que demostran que, en ningún momento estase a utilizar maquinaria pesada tal e como afirma AER, senón que se utilizan exactamente o mesmo sistema de traballo que o utilizado polo anterior concelleiro de Medio Ambiente coa salvedade que se recolle a totalidade das algas “como se fai en todos os concellos costeiros durante a época estival para que a veciñanza poida aproveitar os poucos días de praia que temos durante o verán”.
Do mesmo xeito, o Concello subliña no escrito remitido á Xunta que “Se por esa Xefatura Territorial, á vista da documentación que remitimos, se considera que debe ser solicitada autorización expresa para as labores que se están a realizar procederemos á súa inmediata solicitude” autorización, insiste o Goberno local, que o anterior concelleiro de Medio Ambiente “tampouco solicitou e que AER ‘esquece’ sinalar no seu comunicado”.
Á vista dos feitos o Goberno local lamenta que AER opte por “unha fuxida cara adiante tentando confundir á veciñanza e ocultando a incompetencia do seu concelleiro, sobre unha única realidade: que os medios para a recollida e retirada de algas utilizados pola anterior Concellería de Medio Ambiente e a actual, so difiren na cantidade de algas que se retira e, en ningún caso, no sistema utilizado que é exactamente o mesmo, manual, con forcas e angazos e, evidentemente, sen ningún tipo de maquinaria pesada como quere facer crer AER tanto á Xunta como á veciñanza”.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, confirmou hoxe que a institución acaba de recibir unha nova achega do IDAE de 387.900 euros para que Portas, Vilaboa, Cangas, Redondela, Tomiño e A Cañiza poidan contar con novas instalacións para o uso térmico en infraestruturas municipais. Deste xeito, estes seis concellos poderán substituír o sistema que empregan na actualidade por caldeiras de biomasa Con esta subvención, “Europa volve a revalidar os proxectos da Deputación, que aposta pola sostibilidade dos edificios públicos no mundo local”.
Este tipo de caldeiras é un sistema de calefacción eficiente que ofrece múltiples beneficios ao ser unha fonte de enerxía inesgotable que produce niveis moi baixos de contaminación ambiental e axuda a diminuír a dependencia dos combustibles fósiles. O seu emprego tamén colabora na limpeza dos montes ao empregarse material orgánico para poder facer este tipo de calefacción, o que reduce o risco de incendios. Este sistema, apuntou a presidenta, tamén ten outros beneficios como reutilizar os residuos industriais e, ademais, emprega a alta tecnoloxía “polo que tamén é un referente en avances tecnolóxicos”.
En concreto Portas (preto de 95.000 €) realizará actuacións no albergue, no campo de fútbol e no pavillón municipal, Vilaboa (cerca 32.000 €) na casa do concello, e Cangas (case 90.000 €) na pista de atletismo e no pavillón municipal. Redondela (preto de 90.000 €) tamén actuará no pavillón municipal así como na casa da cultura e Tomiño (32.000 €) contará con caldeiras de biomasa nos edificios de benestar social e policía. Pola súa banda, A Cañiza (50.000 €) empregará esta subvención para substituír os radiadores eléctricos de 15 edificios municipais – como centros culturais, tanatorios ou unha biblioteca- por estufas de pellets.Ademais, todas as instalación disporán de sistema de telexestión e adaptaranse as salas de máquinas existentes.
No que vai de ano o IDAE leva xa concedidos á Deputación 6,2 millóns de euros destinados a proxectos en 29 concellos e a unha entidade local menor. Estes fondos están a servir para mellorar a iluminación exterior cara un modelo máis sostible de eficiencia enerxética e para mellorar as infraestruturas da provincia e reducir a pegada de carbono. A estes fondos súmaselle agora a nova concesións para as instalacións de uso térmico da biomasa en infraestruturas municipais.
O vindeiro mércores, 22 de setembro, celebrarase o “Día da Cidade sen Coches”, orixe da iniciativa europea a Semana Europea da Movilidad, que pretende atopar novas solucións aos problemas asociados ao aumento do tráfico nas cidades. O Concello de Baiona, a través da Concellería de Mobilidade, levará a cabo unha marcha con bicicletas utilizando o carril bici con saída ás 17:00 h desde o Parador ata a rontonda “A Foz do Miñor” en Sabarís, co fin de dar valor e concienciar tanto das medidas provocadas polas emisións CO2, que se poden minimizar como o activar a saúde e contribuír a un ambiente sostible.
Os requisitos para participar na marcha son ter bicicleta e casco propios e ser maior de sete anos (os menores desta idade poderán participar se van na bicicleta dun adulto). As persoas interesadas en participar poderán facer a inscrición previa o propio mércores desde a 16:00 h no punto de saída.
Con iniciativas como esta contribúese a sensibilizar á poboación e fomentar hábitos saudables, avanzando cara a unha situación de mobilidade sostible, abordando un conxunto de propostas de actuación encamiñadas a promover a intermodalidad ao redor de formas de transporte con menor consumo de enerxía e unha diminución do uso do vehículo privado. A Concelleira de Mobilidad, Conchy Vara, e o Alcalde, Carlos Gómez convidan á cidadanía “para participar en todas as actividades e a deixar por un día o coche e sumarse a este proxecto que ten como fin a concienciación.
Gómez, destacou que “nesta nova edición da Semana Europea da Movilidad volve cobrar moita importancia, organizar eventos e iniciativas encamiñadas a fomentar unha vida máis saudable, en consonancia con todos os proxectos e iniciativas do Concellos. Continua expoñendo que “o obxectivo con estas iniciativas é cambiar hábitos de mobilidade para conseguir que Baiona sexa unha cidade máis sostible, máis accesible e con menos emisións”.
A vila adheriuse a esta iniciativa no ano 2019 tras presentar a súa candidatura e xa foi incluída nos Premios EMW Awards na categoría de Concellos de menos de 50.000 habitantes.
Os veciños do Rosal xa poden presumir do Ecoparque O Campo Novo, en Viso dos Eidos. Cerca de 200 persoas asistiron á inauguración dun espazo cun gran valor patrimonial e etnográfico que integra, ademais de áreas para o lecer e a convivencia para todas as idades, unha antiga mina de auga restaurada e un lavadoiro. O Ecoparque érguese nunha contorna estratéxica á nivel paisaxística, xa que está ao lado do río Padín e próximo aos muíños do Folón e o Picón, polo que se converterá nunha parada obrigatoria nos paseos da veciñanza.
A inauguración do Ecoparque veu acompañada tamén do seu primeiro gran recoñecemento. O espazo recibiu a mención de honra nos prestixiosos premios de arquitectura Simonetta Bastelli. O xurado recoñeceu o gran labor da arquitecta e paisaxista María Fandiño para crear un espazo no que a arquitectura se mimetiza dunha maneira sostible e eficaz co patrimonio natural e etnográfico de Viso dos Eidos. A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, aproveitou o acto de inauguración para “dar os parabéns e as grazas a arquitecta polo seu gran traballo”.
A rexedora mostrouse “moi feliz” polo remate dun proxecto que se alongou dous anos e que comezou cun proceso participativo aberto a toda a veciñanza. “Coma sempre escoitamos as suxestións e peticións dos veciños e veciñas para crear un espazo ao gusto da veciñanza”, e que cristalizou “neste Ecoparque de uso polivalente para todas idades”, destacou a rexedora. Os nenos e nenas teñen diversos xogos de madeira, hai varias mesas para o desfrute das familias, diversos recunchos onde convivir, falar, ler, xogar… ademais de dous biosaudables a petición das veciñas da contorna. A entrada ao Ecoparque tamén conta cun espazo asfaltado que se pode adicar a varios usos, dende aparcamento ata escenario musical, como foi onte, co “fermoso concerto inaugural” que ofreceu a Banda da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal “á que lle estamos moi agradecidos e agradecidas por participar”, afirmou a alcaldesa.
O proxecto contou cun investimento de 93.000 euros cofinanciados con fondos propios municipais e con fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, e recibe o nome de Campo Novo, xa que se ergue nunha parcela que antigamente estaba adicada a uso agrario. “O espazo é agora un campo novo e moderno para o lecer e o desfrute da nosa natureza e patrimonio”, conclúe a alcaldesa.
Esta fin de semana clasificáronse as dúas primeiras parellas nas probas de eliminación para acceder á final do concurso TRIVIUM PORRIÑO que terá lugar o vindeiro sábado 2 de outubro.
Nas dúas eliminatorias celebradas sábado e domingo participaron oito parellas que xogaron no escenario habilitado no parque do Cristo. Na quenda matinal, as gañadoras foron Paula e María. Na quenda de tarde, os gañadores foron Alejandro e David.
Os vindeiros días 24 e 25 celebraranse as dúas seguintes quendas coa participación doutras oito parellas inscritas neste certame que outorgará premios para consumir no comercio e na hostalería locais. 300 € para a parella gañadora; 200 € para segunda e 100 € para a terceira.
“Trivium Porriño” é un xogo similar ao famoso “Trivial” pero personalizado na vila do Porriño para por a proba o grao de coñecemento que os participantes teñen sobre o municipio. Preparáronse 1.500 preguntas sobre O Porriño relativas á historia, xeografía, ciencia e natureza, arte e literatura, deportes e entretemento.
“A infografía do xogo vai centrada no Pan do Porriño e na súa receita como referencia á nova meta acadada coa concesión da Marca Protexida Pan do Porriño”, segundo sinalou Cami Moreira, concelleira responsable.
Organizan a Concellería de Festexos e a OMIX do Concello de Porriño, coa produción de “Especialistas Hípica Celta”. Trátase dunha nova proposta de lecer que se desenvolve na programación das Festas do Cristo.
Mañá martes, 21 de setembro, o Concello de Tui organiza unha nova conferencia do Foro do Camiño Portugués, creado o pasado mes de abril. Nesta ocasión contará coa intervención de Monseñor D. Luis Quinteiro Fiuza, bispo da diocese de Tui-Vigo.
A presenza de Monseñor Quinteiro resulta unha oportunidade excepcional para recoller a súa propia experiencia moi próxima á dinamización do fenómeno xacobeo nas últimas décadas pola súas responsabilidades na Igrexa de Santiago de Compostela, asi como para recoller unha visión do Camiño Portugués dende o ámbito relixioso, inherente á propia historia e valores da peregrinación a Santiago de Compostela ao longo do tempo e que hoxe segue ben presente nas motivación dun sector de peregrinos. Amais a Igrexa é un dos principais axentes implicados na xestión do Camiño de Santiago.
D. Luis Quinteiro (Sabrexo-Vila de Cruces, 1947) realiza os seus estudos teolóxicos na Universidade Pontificia de Comilllas que completa, tras a súa ordenación como presbítero en 1971, na Pontificia Universidade Gregoriano de Roma especializándose en filosofía contemporánea, onde acada o doutorado. Na diocese compostelá foi, entre outras tarefas, director do Instituto Teolóxico. Foi nomeado en 1999 bispo auxiliar de Santiago de Compostela, en 2002 bispo de Ourense e, dende o 28 de xaneiro de 2010, é bispo da diocese de Tui-Vigo.
Monseñor Quinteiro, pola súa traxectoria académica e pastoral, posúe un amplo coñecemento da realidade e vitalidade do Camiño de Santiago que enriquecerá as visións ofertadas ata este momento dende o Foro do Camiño, mostrando así as múltiples facetas do fenómeno da peregrinación xacobea con especial referencia ao Camiño Portugués. Esta conferencia terá lugar mañá martes, 21 de setembro, ás 19 h na Aula Cemit (Edificio “Francisco Sánchez” – antiga Área Panorámica, rúa Colón,2 primeiro andar, entrada por portas 4 e 12) e poderase seguir por streaming a través da páxina web do Concello de Tui: www.tui.gal. Un número limitado de persoas poderán asistir presencialmente ata completar o aforo do local, debendo realizar unha inscrición previa -por rigoroso orde de chegada- a través do correo electrónico: [email protected].
A Deputación de Pontevedra iluminará de violeta o seu Pazo Provincial desde as 20.30 deste luns 20 de setembro ata as 8.00 da mañá do martes 21 ao abeiro do Día Mundial do Alzhéimer. Deste xeito, a institución únese á campaña “Alzhéimer hoxe, mañá será tarde”, da Federación Alzhéimer Galicia (FAGAL) co fin de subliñar a importancia do diagnóstico e intervención precoz para intervir a tempo o alzhéimer e deter ou retardar o seu avance. Neste senso, a Deputación amosou o seu total compromiso para subliñar a importancia da investigación, a dotación de recursos públicos e a sensibilización sobre esta enfermidade neurodexenerativa.
O ente provincial mantén un total compromiso na loita contra as enfermidades neurodexenerativas en xeral e, co Alzhéimer en particular, uníndose ás campañas e proxectos que, como a desenvolvida este ano por FAGAL, sensibilizan e dan visibilidade á enfermidade. Así, a Deputación colabora con institucións como a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Galicia (AFAGA), co proxecto “Alzhéimer 360º”, ou coa Asociación de Familiares e Persoas con Alzhéimer do Morrazo (AFAMO), para levar a cabo un programa de atención integral a persoas con Alzhéimer e outras demencias mediante a fisioterapia e a terapia ocupacional.
Para a institución é fundamental sumarse a estas iniciativas que teñen por obxectivo concienciar á cidadanía, aumentar a información sobre doenzas coma o Alzhéimer e manifestar todo o seu apoio ás persoas que padecen a enfermidade e ás súas familias, posto que se trata dun mal que afecta de xeito significativo tamén ós achegados e achegadas do doente. Así o expresa Carmela Silva no audiovisual que se distribuirá mañá martes a través dos canais sociais da Deputación, no que insta á sociedade a reclamar “unha aposta decidida para ser capaces de atender ás persoas e tamén de ter os recursos necesarios para loitar contra unha enfermidade que afecta a tanta xente que está ao noso carón”.
O Alzhéimer é a primeira causa de demencia, considerado desde hai uns anos unha tema de primeira orde en canto á saúde se refire. En Galicia, segundo FAGAL, hai preto de 70.500 persoas con Alzhéimer ou outro tipo de demencia; que afectan ó 12,5% das persoas maiores de 65 anos e ó 31,25% das persoas que superan os 85 anos. A nivel mundial, a Organización Mundial da Saúde calcula que o número de persoas con enfermidades neurodexenerativas se triplicará e superará os 150 millóns en 2050; do cales se poderían previr uns 40 millóns sen necesidade de fármacos evitando os factores de risco.
O vindeiro sábado 25 de setembro hai unha nova cita na Casa da Cultura de Salvaterra de Miño. Esta vez vén da mán de TANXARINA TÍTERES que trae a súa actuación “Tiricircus”, ás 18:00 h da tarde.
Esta nova actividade ten lugar grazas ao programa da Deputación de Pontevedra “Aviventa Teatro” con “tornar ás táboas”, unha aposta polas artes escénicas e as compañías profesionais da provincia.
Unha programación específica de teatro para encamiñar unha volta aos espazos culturais dos 51 concellos, dos cales Salvaterra sumámonos a esta iniciativa, dentro do programa de “aviventa cultura” coa que a Deputación quere reanimar, fortalecer, e incentivar a cultura, con aviventa ou teatro.
Sinopse
Un recordo ensoñador e festivo do grande circo de carpa alta e bicolor: a historia de dous vellos traballadores daquel circo que lembran agora con marionetas de fíos as glorias do seu pasado na pista. Nun permanente xogo participativo que o público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido: o home máis forte da Península Ibérica; o malabarista máis divertido e bailadeiro do mundo….
Cun investimento total de 127.773,12€, a Deputación de Pontevedra, institución presidida por Carmela Silva, responde con esta actuación “ao compromiso adquirido coa mobilidade amable, segura e sostible que garante a accesibilidade e a seguridade viaria”.
Esta mellora enmárcase dentro do Plan de Conservación de Firmes no ano 2021 na Cañiza, A Deputación actuou na EP-5002 A Cañiza –Mourentán, na mellora do tramo dende a nova rotonda da Ponte de Achas en dirección Mourentán ata rebasar a ponte da Autovía nun tramo de 1,2 quilómetros.
A obra consistiu na eliminación de raíces, acometida de varios drenaxes na estrada para evacuar augas pluviais, o asfaltado completo do tramo cunha nova capa de rodaxe e pintado do vial.
O Concello, en coordinación co Servizo de Mobilidade da Deputación, aproveitou para executar traballos de adecuación dos accesos na zona dos Formigos, consistentes na colocación de tubería e formación de reixas de desagüe.
O encoiro de Castrelo de Miño, en Ourense, acollía o sábado 18 de setembro a quinta edición do campionato galego de augas abertas, que ademáis constituía a derradeira proba do circuito galego express.
Dende as 10 horas da mañá, as diferentes categorías, de xeito escalonado, foron tomando as saídas.
Entre os resultados máis salientables para o club do condado hai que destacar a Iria Lemos, campioa galega infantil; Pablo Cabana, campión galego Júnior-1; Andrea Domínguez, campioa galega Júnior-2, todos eles completando un circuito de 5000 metros, e Naroa Estévez, bronce alevín, tras cubrir o seu percorrido de 1250 metros.
Na categoría Máster os nadadores e nadadoras do CNPonteareas acadaron tamén numerosos podios nas diferentes franxas de idade, logo de nadar 2500 metros.
Por último, nas clasificacións por equipos, a nivel absoluto acadaron o 1er posto feminino e conxunto mentres que na categoría Máster acadaron a primeira posición masculina, feminina e conxunta.
Con estes magníficos resultados para o club do condado, péchase a tempada de augas abertas. Os equipos continúan cos adestramentos de pretempada coa mirada posta no comezo da competición 2021-2022 en piscina, esperando que non se produzan sobresaltos por mor da Covid-19.
Este domingo, día 19 de setembro, celebrouse o TTR Sub15 Sub19 TUI de bádminton. Esta trátase dunha competición puntuable de cara ao ranking nacional. O encontro tivo lugar no Pavillón do IES San Paio en Tui.
A cita reuniu a preto de 70 deportistas que acudiron desde partes de toda Galicia, polo que a convocatoria foi todo un éxito. Con todo, a competición comezou de xeito puntual ás 10:00 horas da mañá e, debido á alta participación, alongouse ata ás 20:00 horas da tarde.
Nesta ocasión, partitiparon un total de 10 deportistas do Club Bádminton Tui e que entre eles conseguiron un total de 8 medallas. Pese a que Lía Salvado, Anxo Fernández e Telmo Portela non obtiveron ninguna medalla, tamén realizaron un moi bo torneo.
O podium de medallas dos xogadores de Tui foi o seguinte:
Oro para Daniela Sanz e Bruno Fernández en DX19
Oro para Andrea Pérez e Laura Seijo (Athlos) en DF19
Bronce para Sonia Navas e Jessica Santos en DF19
Bronce para Xavier Areal e Hugo D. (A Estrada) en DM19
Bronce para Daniela Sanz en IF19
Bronce para Marta de Ocampo e Antón López (CER Vigo) en DX15
Cabe destacar que, coma sempre, o encontro contou con todas as medidas necesarias de seguridade sanitaria ante Covid-19.
O Concello de Nigrán abre desde este martes 21 de setembro e ata o venres 24 de setembro o prazo para que os empadroados do municipio se inscriban nas actividades socio-deportivas e culturais municipais, que arrincarán o 4 de outubro e rematarán o 31 de maio. Igualmente, o Concello abrirá novamente o prazo de inscrición do 28 ao 30 de setembro (aquí poden anotarse os non empadroados) para aquelas actividades nas que aínda quedase aforo. O lugar de inscripción é o Auditorio Municipal de 9:00 a 14:00 horas, cubrindose as prazas por rigurosa orde de matriculación. Toda a información cos seus horarios e grupos está pendurada na portada da web municipal www.nigran.es.
Neste novo curso 2021/2022 o Concello recupera a oferta anterior á pandemia, co mesmo aforo e mesmo custe pero tamén atendendo a calquera situación de emerxencia sanitaria. Igualmente, en outubro abrirá un novo prazo de inscrición para anotarse a clases de piano ou a surf dirixido á infancia, informando convintemente no seu momento.
As actividades a realizar son: taichí, ioga, taekwondo, aerobic-step, ximnasia da 3ª idade, ximnasia mantemento, pilates, zumba, tenis, cerámica, torno, música, pintura e gravado. Todos os inscritos en actividades deportivas poderán facer uso gratuito da sala de fitness.
O prezo das actividades é de 75 € para as persoas empadroadas en Nigrán e de 100 € para os non empadroados. (Nos importes inclúese o seguro obrigatorio de accidentes). A actividade de tenis de adultos dos sábados terá un prezo de 37,5 € para as persoas empadroadas en Nigrán e de 50 € para os non empadroados. Igualmente, terán dereito a unha bonificación do 50 % sobre o prezo público as persoas empadroadas en Nigrán que se atopen nunha situación de necesidade ou de dificultade económico-financieira,
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre as contramedidas básicas de 2021 en ciberseguridade, LinkedIn para empresas turísticas e a contratación e renovación de dominios web.
En concreto, este martes 21 impartirase o obradoiro “Ciberseguridade, contramedidas básicas 2021 I”. Estará a cargo de Manuel Freire, experto universitario en Robótica e impresión 3D, quen falará dos posibles riscos que supón o emprego de internet e dará a coñecer unha serie de contramedidas básicas que nos axudarán a estar máis protexidos cando naveguemos pola rede.
O mércores 22 será a quenda de “LinkedIn para empresas turísticas” a cargo de Sonia Torres, posgraduada en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas, quen se centrará nas súas páxinas de empresa, os LinkedIn stories e as boas prácticas para sacar partido desta rede, especialmente cando a clientela está formada por empresas ou por un determinado tipo de persoas profesionais.
Para finalizar, o xoves 23 pola mañá, Manuel Freire continuará a súa formación en “Ciberseguridade, contramedidas básicas II”, obradoiro que xirará arredor da actualización de software, as copias de seguridade e os antivirus. Xa pola tarde, Guillermo Nass, deseñador gráfico publicitario, impartirá “Aspectos chave para contratar e renovar o dominio da túa web II”, onde desvelará que é unha hospedaxe, a súa tipoloxía e como contratala.
As persoas interesadas poden inscribirse a través do sitio web de SmartPeme na url de cada evento. Tamén é posible facelo enviando un correo ao enderezo [email protected] ou no teléfono 886 202 020.
A segunda edición da ‘Batalla de Debuxantes Improvisdados’, celebrada no Parque do Cristo, concluíu coa vitoria de ‘Makinoteka’, artista madrileño, por decisión do xurado do certame. A segunda posición foi para ‘Sedo’, de Vigo e o terceiro posto para ‘Dusem’, de Ourense. Os tres finalistas restantes do concurso foron ‘Tremze’ (Francia); Tamara Baz (A Guarda) e ‘BTO’ (Madrid).
A Concellería de Festas e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX do Porriño), organizaron o segundo concurso Improvisdado, Batalla de Debuxantes, dentro da programación das Festas do Cristo. A final tivo lugar na tarde do sábado nun escenario preparado para tal efecto no Parque do Cristo pola produtora Vella Escola”, onde os seis finalistas tiveron que improvisar un deseño artístico cos utensilios proporcionados.
O xurado que valorou o seu traballo estivo formado por O Ras (gañador do concurso en 2020), así como os artistas Pow One e Sax.
A concelleira de Festexos, Cami Moreira realizou a entrega de agasallos e trofeos aos seis finalistas.
O Concello de Nigrán ofrecerá o vindeiro venres 24 de setembro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a charla do surfista Aitor ‘Gallo’ Francesena, actual campión nacional e internacional de Surf Adaptado na categoría para cegos e quen tratará de revalidar estes títulos en Patos, praia que coñece pero onde todavía non surfeou.
Así, o coloquio encádrase nos campionatos de surf adaptado (Galego, Nacional e Internacional) que de xeito pioneiro en España se levarán a cabo a vindeira fin de semana neste areal con 50 deportistas con diversidade (a maiores, haberá bautismos de surf desde o mércores 22 para usuarios deste tipo de entidades). Paralelamente, os adestradores de surf poderán asistir ás charlas específicas de ‘Gallo’ dirixidas a mellorar a súa atención a persoas con discapacidade.
O evento deportivo está promovido desde Quenlla Surf Clube, Federación Galega e Española de Surf, Xunta e Concello de Nigrán como parte do seu programa de accesibilidade universal ‘Un Nigrán para todos’.
“Estamos ante un espectacular exemplo de superación persoal, Aitor non só é un laureado surfista por acadar cousas que a priori parecen imposibles, se non que tamén destaca polo seu didactismo e pola súa capacidade para transmitir leccións de vida moi positivas e necesarias para todos”, destaca o alcalde, Juan González, quen subliña o orgullo que significa para o municipio acoller de xeito pioneiro en España este evento e que o trofeo internacional leve o nome ‘Concello de Nigrán’. “Somos un exemplo en políticas de accesibilidade universal e agora unha referencia internacional en surf adaptado grazas á sensibilidade das nosas escolas, este é o Nigrán para todos que estamos a construír e a mellor imaxe que podemos exportar do noso municipio”, destaca González.
Aitor ‘Gallo’ Francesena (Zarautz, 1970) é un pioneiro en moitos sentidos no mundo do surf: por ter aberto a primeira escola de surf do país en 1988 e ser o primeiro adestrador neste deporte tamén a nivel estatal (foi tamén seleccionador nacional) cando todavía conservaba a vista nun dos seus ollos, e depois, nunha segunda etapa da súa vida xa completamente cego, por acadar o campionato nacional, internacional e mundial de surf adaptado na categoría invidente.
“Tengo una buenísima relación con la comunidad surfera de Galicia, desde siempre hubo una vinculación muy grande con el País Vasco y me siento muy cómodo aquí, así que estoy deseando surfear en Patos, una playa que conozco pero donde nunca me llegué a meter”, explica ‘Gallo’, quen admite que ademáis de vir a competir para revalidar os seus títulos e a dar o mellor de si mesmo nas charlas, aproveitará para gozar “a tope” da gastronomía galega xunto a súa parella, orixinaria de Corrubedo.
“Mi objetivo de la charla del viernes es que el público entienda que en esta vida cualquier persona puede superar sus adversidades y conseguir hasta lo que parece más imposible, quiero que vean a su alrededor y que sean conscientes de la suerte que tienen, que valoren la vida y que dejen de ahogarse en un vaso de agua”, comenta Aitor siempre positivo. No seu caso sabe o que é loitar desde neno porque naceu cun glaucoma conxénito que lle privou da vista dun ollo con só 14 anos ata que un golpe surfeando hai 9 anos o privou do outro, chegando así ao momento que temeu durante toda a súa vida, a cegueira absoluta. Con todo, tres meses despois de saír do hospital volveu a surfear. Empezou con táboas anchas e ondas pequenas para pasar despois a táboas estreitas e ondas máis grandes ata competir en iguais condicións que antes do incidente. O seu amigo Ibon Illarramendi explícalle as condicións que hai antes de entrar á auga, guíalle, e unha vez que se pon de pé, manobra el só.
“Las sensaciones de surfear con vista y ciego son completamente diferentes, estando ciego es brutal, se multiplican y te llenan, son satisfacciones diferentes porque ahora tienes que estar totalmente atento al mar, a lo que te está diciendo cada ola, es casi tu única referencia”. E o primeiro que tivo que “re-aprender” Aitor é non sentir o mareo que podería producir estar inmerso na auga agua en plena oscuridade. “Me di cuenta de que no me mareaba, y a partir de ahí empecé a practicar con tablas más grandes y adaptadas a mi realidad, hoy surfeo como cualquier persona sin discapacidad”, explica.
Aínda que confesa que o feito de ter vivido o surf profesionalmente como adestrador e deportista ofrece moitas vantaxes para poder volver a subir a unha táboa xa con cegueira absoluta, Aitor incide en que tamén o pode lograr calquera persoa invidente (ou con outro tipo de discapacidade) sen experiencia previa. Precisamente, esta longa traxectoria de Aitor fai que tamén sexa a gran referencia na metodoloxía para adestrar a persoas con discapacidade.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.