16 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación aprobará o II Plan de Igualdade antes de que remate...

    A Deputación aprobará o II Plan de Igualdade antes de que remate o ano

    Nestes momentos está a piques de finalizar a avaliación dos “moitos aspectos conseguidos” dende que se puxo en marcha o I Plan de Igualdade

    A presidenta da Deputación de Pontevedra anunciou onte que, antes de que remate este ano, a institución aprobará o II Plan de Igualdade e que “moi pronto” dará a coñecer os resultados da avaliación de todos os obxectivos conseguidos dende que se puxo en marcha o primeiro. Deste xeito a Xunta de Goberno vén xa de aprobar a adxudicación do servizo de asistencia técnica que se encargará da negociación, redacción, deseño, aprobación, análise cuantitativo e cualitativo anual e avaliación final do II Plan de Igualdade da Deputación de Pontevedra,  que terá unha vixencia de catro anos.

    Carmela Silva recordou que o I Plan de Igualdade da Deputación foi aprobado por unanimidade no ano 2017 e que, nestes momentos, está a piques de rematar o proceso de avaliación dos “moitos aspectos conseguidos” ao longo destes anos. Ao respecto, a presidenta destacou que “fomos a primeira administración pública en elaborar un Plan de Igualdade en base a unha auditoría laboral de xénero e cunha análise exhaustiva da área salarial do persoal baixo a perspectiva de xénero”.

    O I Plan de Igualdade da Deputación recollía os termos establecidos en todas as recomendacións internacionais, a lexislación estatal e galega, e mesmo ampliaba o concepto de discriminación en liña cos obxectivos do Convenio de Istambul. Tamén foi integrado na cultura da organización, coa finalidade de acadar a igualdade real entre mulleres e homes no traballo. A partir de agora, coa posta en marcha do contrato do II Plan de Igualdade, ábrese un proceso que inclúe dende a negociación, redacción e aprobación do plan ata proceso de execución, formación e avaliación anual e final.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.