O vindeiro mércores, 22 de setembro, celebrarase o “Día da Cidade sen Coches”, orixe da iniciativa europea a Semana Europea da Movilidad, que pretende atopar novas solucións aos problemas asociados ao aumento do tráfico nas cidades. O Concello de Baiona, a través da Concellería de Mobilidade, levará a cabo unha marcha con bicicletas utilizando o carril bici con saída ás 17:00 h desde o Parador ata a rontonda “A Foz do Miñor” en Sabarís, co fin de dar valor e concienciar tanto das medidas provocadas polas emisións CO2, que se poden minimizar como o activar a saúde e contribuír a un ambiente sostible.
Os requisitos para participar na marcha son ter bicicleta e casco propios e ser maior de sete anos (os menores desta idade poderán participar se van na bicicleta dun adulto). As persoas interesadas en participar poderán facer a inscrición previa o propio mércores desde a 16:00 h no punto de saída.
Con iniciativas como esta contribúese a sensibilizar á poboación e fomentar hábitos saudables, avanzando cara a unha situación de mobilidade sostible, abordando un conxunto de propostas de actuación encamiñadas a promover a intermodalidad ao redor de formas de transporte con menor consumo de enerxía e unha diminución do uso do vehículo privado.
A Concelleira de Mobilidad, Conchy Vara, e o Alcalde, Carlos Gómez convidan á cidadanía “para participar en todas as actividades e a deixar por un día o coche e sumarse a este proxecto que ten como fin a concienciación.
Gómez, destacou que “nesta nova edición da Semana Europea da Movilidad volve cobrar moita importancia, organizar eventos e iniciativas encamiñadas a fomentar unha vida máis saudable, en consonancia con todos os proxectos e iniciativas do Concellos. Continua expoñendo que “o obxectivo con estas iniciativas é cambiar hábitos de mobilidade para conseguir que Baiona sexa unha cidade máis sostible, máis accesible e con menos emisións”.
A vila adheriuse a esta iniciativa no ano 2019 tras presentar a súa candidatura e xa foi incluída nos Premios EMW Awards na categoría de Concellos de menos de 50.000 habitantes.