20.5 C
Pontevedra
Mércores, 9 de Outubro de 2024
Máis
    HomeO CondadoMondarizAporM apoia a concentración de Mondariz en defensa da sanidade pública de...

    AporM apoia a concentración de Mondariz en defensa da sanidade pública de mañá

    O portavoz de AporM, Xoán C. Montes Bugarín, anunciou que acudirá á concentración que prepara a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública en Mondariz, que celebrarase mañá mércores, día 22 ás 20:30 h diante do Centro de Saúde.

    A maiores, o partido municipalista, que encabezou a lista máis votada nas últimas eleccións municipais, fixo público que, o próximo venres, día 24, o seu grupo levará ao pleno ordinario de Mondariz unha batería de medidas que pretenden mellorar o centro de saúde da localidade. Estas propostas, que son demandas do persoal sanitario local, son:

    1. O espazo dedicado a reanimación é compartido co de extraccións, cando os profesionais opinan que o desexable sería que fosen espazos separados, diferenciados, para optimizar a atención sanitaria.
    2. É necesario dotar a todos os baños públicos do Centro de Saúde de aireación natural, para mellorar a súa salubridade e hixiene.
    3. Mellorar o acceso ao ambulatorio, de forma que a entrada teña lugar por unha porta diferente á da saída, para evitar a proximidade física entre as persoas usuarias.
    4. Dotar ao exterior do edificio dunha viseira protectora que evite que as persoas usuarias sufran as inclemencias meteorolóxicas –nomeadamente a chuvia– mentres esperan a ser atendidas.
    5. O Pleno da Corporación debe esixir que o SERGAS cubra as baixas dos pediatras e dos médicos, evitando así a saturación das axendas dos profesionais que traballan no centro.

    AporM quere dar o seu apoio publicamente á Plataforma en defensa da Sanidade Pública do Condado. “A sanidade pública é un dereito universal que sostemos cos nosos impostos, polo que ten que mellorar día a día. Non podemos consentir que a atención sanitaria en Mondariz e no Condado se deteriore e, na vez de mellorar, se deteriore pouco a pouco”, concluíu.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.