12.4 C
Pontevedra
Martes, 28 de Marzo de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaO Pazo Provincial tinguirase de violeta con motivo do Día Mundial do...

    O Pazo Provincial tinguirase de violeta con motivo do Día Mundial do Alzhéimer

    A Deputación de Pontevedra iluminará de violeta o seu Pazo Provincial desde as 20.30 deste luns 20 de setembro ata as 8.00 da mañá do martes 21 ao abeiro do Día Mundial do Alzhéimer. Deste xeito, a institución únese á campaña “Alzhéimer hoxe, mañá será tarde”, da Federación Alzhéimer Galicia (FAGAL) co fin de subliñar a importancia do diagnóstico e intervención precoz para intervir a tempo o alzhéimer e deter ou retardar o seu avance. Neste senso, a Deputación amosou o seu total compromiso para subliñar a importancia da investigación, a dotación de recursos públicos e a sensibilización sobre esta enfermidade neurodexenerativa.

    O ente provincial mantén un total compromiso na loita contra as enfermidades neurodexenerativas en xeral e, co Alzhéimer en particular, uníndose ás campañas e proxectos que, como a desenvolvida este ano por FAGAL, sensibilizan e dan visibilidade á enfermidade. Así, a Deputación colabora con institucións como a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Galicia (AFAGA), co proxecto “Alzhéimer 360º”, ou coa Asociación de Familiares e Persoas con Alzhéimer do Morrazo (AFAMO), para levar a cabo un programa de atención integral a persoas con Alzhéimer e outras demencias mediante a fisioterapia e a terapia ocupacional.

    Para a institución é fundamental sumarse a estas iniciativas que teñen por obxectivo concienciar á cidadanía, aumentar a información sobre doenzas coma o Alzhéimer e manifestar todo o seu apoio ás persoas que padecen a enfermidade e ás súas familias, posto que se trata dun mal que afecta de xeito significativo tamén ós achegados e achegadas  do doente. Así o expresa Carmela Silva  no audiovisual que se distribuirá mañá martes a través dos canais sociais da Deputación, no que insta á sociedade a reclamar “unha aposta decidida para ser capaces de atender ás persoas e tamén de ter os recursos necesarios para loitar contra unha enfermidade que afecta a tanta xente que está ao noso carón”.

    O Alzhéimer é a primeira causa de demencia, considerado desde hai uns anos unha tema de primeira orde en canto á saúde se refire. En Galicia, segundo FAGAL, hai preto de 70.500 persoas con Alzhéimer ou outro tipo de demencia; que afectan ó 12,5% das persoas maiores de 65 anos e ó 31,25% das persoas que superan os 85 anos. A nivel mundial, a Organización Mundial da Saúde calcula que o número de persoas con enfermidades neurodexenerativas se triplicará e superará os 150 millóns en 2050; do cales se poderían previr uns 40 millóns sen necesidade de fármacos evitando os factores de risco.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS