12.4 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoClasificadas as dúas primeiras parellas para a final do "Trivium Porriño"

    Clasificadas as dúas primeiras parellas para a final do “Trivium Porriño”

    Esta fin de semana clasificáronse as dúas primeiras parellas nas probas de eliminación para acceder á final do concurso TRIVIUM PORRIÑO que terá lugar o vindeiro sábado 2 de outubro.

    Nas dúas eliminatorias celebradas sábado e domingo participaron oito parellas que xogaron no escenario habilitado no parque do Cristo. Na quenda matinal, as gañadoras foron Paula e María. Na quenda de tarde, os gañadores foron Alejandro e David.

    Os vindeiros días 24 e 25 celebraranse as dúas seguintes quendas coa participación doutras oito parellas inscritas neste certame que outorgará premios para consumir no comercio e na hostalería locais. 300 € para a parella gañadora; 200 € para segunda e 100 € para a terceira.

    “Trivium Porriño” é  un xogo similar ao famoso “Trivial” pero personalizado na vila do Porriño para por a proba o grao de coñecemento que os participantes teñen sobre o municipio. Preparáronse 1.500 preguntas sobre O Porriño relativas á historia, xeografía, ciencia e natureza, arte e literatura, deportes e entretemento.

    “A infografía do xogo vai centrada no Pan do Porriño e na súa receita como referencia á nova meta acadada coa concesión da Marca Protexida  Pan do Porriño”, segundo sinalou Cami Moreira, concelleira responsable.

    Organizan a Concellería de Festexos e a OMIX do Concello de Porriño, coa produción de “Especialistas Hípica Celta”. Trátase dunha nova proposta de lecer que se desenvolve na programación das Festas do Cristo.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.