Mércores, 15 Xaneiro de 2025

Mos ofrece novos cursos da man da Fundación Cibervoluntarios

Dende a Concellería de Promoción económica, Emprego e Novas tecnoloxías de Mos desenvólvense, a través da  Axencia de Colocación, diversas acción formativas en colaboración coa Fundación Cibvervoluntarios.

Dúas delas, de nivel intermedio e avanzado, a través do programa Extraordinarias, programa dirixido exclusivamente a mullerese outra, Big Data, a través do programa IniciatiC 2021, dirixida a calquera persoa interesada.

PROGRAMA EXTRAORDINARIAS

Programa adxudicado á Axencia de Colocación de Mos, e coordinado pola Fundación Cibervoluntarios xunto con Zona from Facebook.

Este programa ten como obxectivo principal formar na transformación dixital a 1.500 mulleres emprendedoras de zonas rurais en toda España, co fin de potenciar ideas e negocios activos que están a xerar valor e economía local para impulsalo a nivel global.

Pode inscribirse calquera muller interesada en formarse en Marketing Dixital (nivel intermedio e avanzado).

A formación é online, e ten unha duración de 1 horas e media repartidas en dúas sesións.

  • Taller: Extraordinarias nivel intermedio. Mulleres de Mos.
  • Data: 28 de septiembre
  • Hora: 18:30-20:00
  • A formación realizase a través de Zoom.

O contido dos talleres será competencias de márketing dixital, design thinking, branding dixital e ferramentas tecnolóxicas de xestión e innovación.

PROGRAMA INICIATIC 2021

IniciaTIC é un programa de apoio e impulso á dixitalización para mellorar a competitividade de persoas autónomas, emprendedoras, pemes e axentes promotores da economía social.

Ten como obxectivos:

1.Paliar a situación de vulnerabilidade dixital que viven moitas persoas emprendedoras, autónomas, pemes e axentes da economía social que se puxo en especial evidencia a raíz do COVID19

2. Apoiar e impulsar a dixitalización de devanditos axentes para mellorar a súa competitividade

3. Facilitar a adaptación da actividade económica a través de procesos de dixitalización básica a escenarios cambiantes provocados polo COVID19

  • Taller: IniciaTIC Big Data
  • Data: 30 de septiembre
  • Hora: 19:00-20:30

Os interesados nalgún dos cursos, deberanse inscribir no curso a través do Portal de Emprego en https://mos.portalemp.com.

Se eres unha persoa demandante de Emprego inscrita xa no Portal podes inscribirte directamente no curso.

Se non estás dada de alta debes inscribirte como Demandante de Emprego ou alumno e posteriormente inscribirte no curso.