7.9 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiA Biblioteca Municipal de Tui promove un mes de actividades de animación...

    A Biblioteca Municipal de Tui promove un mes de actividades de animación á lectura

    O programa comeza este mércores coa presenza de Paula Carballeira

    A Biblioteca Pública Municipal de Tui promove un mes de actividade de animación á lectura para todas a idades entre o mércores 22 de setembro e o 25 de outubro. O obxectivo é realizar unha oferta de actividades que contribúan á difusión do libro e a lectura como una ferramenta de coñecemento e de entretemento entre os diversos segmentos sociais.

    A primeira cita será este mércores, 22 de setembro, ás 18 h coa presenza na Biblioteca Municipal tudense da escritora e contacontos Paula Carballeira que manterá un encontro coa rapazada tudense.

    Paula Carballeira (Fene, 1972) é licenciada en Filoloxía Hispánica; dedícase profesionalmente ao teatro e á narración oral así como á literatura. Integrante da compañía Berrobambán desde 1996, tamén desenvolve a súa traxectoria como directora e actriz noutras compañías, como Centro Dramático Galego (para o que en 2006 dirixiu e interpretou A cabana de Babaiagá), Talía Teatro ou Magrinyana. Paula Carballeira participou en destacados festivais de narración oral, tanto nacionais como internacionais, ademais de traballar como actriz e contadora de contos en diferentes series e espazos da TVG (Apaga a luz, A noite en branco, Pequeno Hotel, Ou rei da comedia, Rías Baixas, Máxima audiencia, Contando estrelas, Pepe Ou Inglés e, na actualidade, Libro de familia) e como colaboradora nos programas da Radio Galega Xamón, xamón e A taberna da Galega. Ten recibido, entre outros, o Premio Manuel María de Literatura Dramática (2006, 2011 e 2018) e o Frei Martín Sarmiento (2016).

    Como autora de literatura infantil publicou as seguintes obras: A percura (1990); Robín e a boa xente (1995); Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima (1996); Olo-iepu-iepu (1999); Mateo (1999); Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico (Xerais 1999); Paco (2001); Correo urxente (2001); O ganso pardo (2002); A era de Lázaro (2004); Smara (2006); Boas noites (Xerais 2007), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2007 e O refugallo (Xerais 2013), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2011. Ten publicado, ademais, o poemario Contatrás (2006).

    O programa completo deste “Mes da Biblioteca” comprende as seguintes actividades:

    • Mércores 22/09 ás 18.00 h Encontro con Paula Carballeira
    • Xoves 30/09  ás 18.00 h “Levántate Xan, contos para bebés” con Caxoto
    • Xoves 30/09. ás 20.30 h presentación do libro “1598: la peste en Vigo” de Antonio Giráldez
    • Mércores 06/10 ás 18.00 h “Pes de Lobo” con Anxo Moure
    • Mércores 13/10  ás 18.00 h “Contacontos de libros contentos” con Carmen Domech
    • Luns 18/10 ás 20.00 h. Día das escritoras: Encontro escritoras da Eurocidade con Conchi Regueiro e María José Areal
    • Luns 25/10: Día da biblioteca, coa presentación do Club de Lectura da Biblioteca Municipal

    Para a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, esta programación expresa o compromiso do Concello de Tui pola difusión cultural e por favorecer o acceso de todos os cidadáns e todas as cidadás, tamén os rapaces e rapazas, á información e á cultura a través da Biblioteca Municipal e a súa oferta de actividades. Esta programación é posible grazas á colaboración do Programa Ler Conta Moito da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.