15.1 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasO CN Ponteareas acada numerosos podios no peche da tempada de augas...

    O CN Ponteareas acada numerosos podios no peche da tempada de augas abertas

    O encoiro de Castrelo de Miño, en Ourense, acollía o sábado 18 de setembro a quinta edición do campionato galego de augas abertas, que ademáis constituía a derradeira proba do circuito galego express. 

    Dende as 10 horas da mañá, as diferentes categorías, de xeito escalonado, foron tomando as saídas.

    Entre os resultados máis salientables para o club do condado hai que destacar a 
    Iria Lemos, campioa galega infantil; Pablo Cabana, campión galego Júnior-1; Andrea Domínguez, campioa galega Júnior-2, todos eles completando un circuito de 5000 metros, e Naroa Estévez, bronce alevín, tras cubrir o seu percorrido de 1250 metros.

    Na categoría Máster os nadadores e nadadoras do CNPonteareas acadaron tamén numerosos podios nas diferentes franxas de idade, logo de nadar 2500 metros.

    Por último, nas clasificacións por equipos, a nivel absoluto acadaron o 1er posto feminino e conxunto mentres que na categoría Máster acadaron a primeira posición masculina, feminina e conxunta.

    Con estes magníficos resultados para o club do condado, péchase a tempada de augas abertas. Os equipos continúan cos adestramentos de pretempada coa mirada posta no comezo da competición 2021-2022 en piscina, esperando que non se produzan sobresaltos por mor da Covid-19. 

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.