13.2 C
Pontevedra
Venres, 22 de Outubro de 2021
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiMañá martes o bispo de Tui-Vigo, D. Luís Quinteiro, protagonista do Foro...

    Mañá martes o bispo de Tui-Vigo, D. Luís Quinteiro, protagonista do Foro do Camiño Portugués

    Poderá seguirse en directo a través da páxina web do concello www.tui.gal

    Mañá martes, 21 de setembro, o Concello de Tui organiza unha nova conferencia do Foro do Camiño Portugués, creado o pasado mes de abril. Nesta ocasión contará coa intervención de Monseñor D. Luis Quinteiro Fiuza, bispo da diocese de Tui-Vigo.

    A presenza de Monseñor Quinteiro resulta unha oportunidade excepcional para recoller a súa propia experiencia moi próxima á dinamización do fenómeno xacobeo nas últimas décadas pola súas responsabilidades na Igrexa de Santiago de Compostela, asi como para recoller unha visión do Camiño Portugués dende o ámbito relixioso, inherente á propia historia e valores da peregrinación a Santiago de Compostela ao longo do tempo e que hoxe segue ben presente nas motivación dun sector de peregrinos. Amais a Igrexa é un dos principais axentes implicados na xestión do Camiño de Santiago.

    D. Luis Quinteiro (Sabrexo-Vila de Cruces, 1947) realiza os seus estudos teolóxicos na Universidade Pontificia de Comilllas que completa, tras a súa ordenación como presbítero en 1971, na Pontificia Universidade Gregoriano de Roma especializándose en filosofía contemporánea, onde acada o doutorado. Na diocese compostelá foi, entre outras tarefas, director do Instituto Teolóxico. Foi nomeado en 1999 bispo auxiliar de Santiago de Compostela, en 2002 bispo de Ourense e, dende o 28 de xaneiro de 2010, é bispo da diocese de Tui-Vigo.

    Monseñor Quinteiro, pola súa traxectoria académica e pastoral, posúe un amplo coñecemento da realidade e vitalidade do Camiño de Santiago que enriquecerá as visións ofertadas ata este momento dende o Foro do Camiño, mostrando así as múltiples facetas do fenómeno da peregrinación xacobea con especial referencia ao Camiño Portugués. Esta conferencia terá lugar mañá martes, 21 de setembro, ás 19 h na Aula Cemit  (Edificio “Francisco Sánchez” – antiga Área Panorámica, rúa Colón,2 primeiro andar, entrada por portas 4 e 12) e poderase seguir por streaming a través da páxina web do Concello de Tui: www.tui.gal. Un número limitado de persoas poderán asistir presencialmente ata completar o aforo do local, debendo realizar unha inscrición previa -por rigoroso orde de chegada- a través do correo electrónico: biblioteca@tui.gal.

    COLABORACIÓNS

    Sentir común

    Allá por el año 2014, el lema de una gran compañía "gallega" se dejó sentir por nuestro pueblos y ciudades. Si os fijáis, lo he puesto entre comillas lo de gallega porque, de eso, lo único que tiene es el dinero de todos nosotros. Comencemos por el principio y no vamos a dar nombres porque la mayor parte de nuestros lectores ya saben o empiezan a intuir a lo que nos vamos a referir.

    Ácido y Caracola

    Todo comenzó hace muchos, muchos años, cuando Caracola aun vivía feliz, en el fondo del mar. De todas las princesas marinas que habitaban en las profundidades, ella era la más querida y la preferida de Océano, el Señor de todos los mares, y como tal, poseía todo aquello que pudiera desear

    Francisco Castro, «O cemiterio de barcos»

    Francisco Castro regresa de novo á novela xuvenil, un territorio no que xa ten demostrado que se desenvolve con soltura, para presentarnos unha narración que se move en dous planos diferentes.

    Bizcocho de plátano

    No sé si consumir plátano canario en este momento puede ser una pequeña ayuda a los palmeros que están pasando por esta situación tan dolorosa, que desde aquí cuesta imaginar; pero si con esto podemos aportar un granito de arena, lo haremos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    12 POSTS0 COMMENTS
    Ángel Covelo
    6 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    5 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    46 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    35 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    2 POSTS0 COMMENTS