Luns, 2 Xuño de 2025

Ponteareas homenaxea ao pintor Rogelio Lorenzo

Ponteareas leva poñendo en valor o traballo creativo de moitos e moitas artistas da vila dende 2018 a través da súa colección “Creadores Ponteareáns”. O pintor Rogelio Lorenzo será o seguinte homenaxeado cun acto este mércores ás 19.00 na sala multiúsos do Auditorio Municipal no que se presentará o libro “Rogelio Lorenzo. Paleta de nove cores”, do escritor Manrique Fernández.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, destaca que “coa publicación deste libro queremos render homenaxe a un extraordinario pintor que, aínda non sendo de Ponteareas, levou sempre a vila no seu corazón, xa que unha das súas primeiras exposicións foi no Centro Artístico Sportivo da vila do Tea con só 11 anos”.

Este ano fixéronse 100 anos do nacemento de Rogelio Lorenzo, un pintor que destacou durante a segunda metade do século. XX e que expuxo, con gran éxito de público e crítica, na Sala  Toisón de Madrid, e na I Bienal de Arte Contemporánea Español, celebrada no Museo  Galliera de París. Tamén traballou como profesor Debuxo Artístico na  Escola de  Canteiros de Poio durante 20 anos, deixando unha fonda pegada en varios dos seus alumnos e alumnas.

A Xunta reducirá en 2022 a suba das peaxes das autoestradas autonómicas para limitar as consecuencias do incremento do IPC

O Goberno galego reducirá en 2022 a suba das peaxes das autoestradas autonómicas A Coruña-Carballo (AG-55) e do Val Miñor (AG-57) para limitar as consecuencias do incremento do IPC nas tarifas aos usuarios.

O Consello da Xunta deulle luz verde á modificación do convenio coa concesionaria Autoestradas de Galicia co obxectivo de limitar a suba das tarifas das autoestradas autonómicas a menos da metade do que lle correspondería polo incremento do IPC, segundo o estipulado no contrato.

Deste xeito, o Goberno galego achegará 550.000 euros para mitigarlles aos cidadáns o impacto da suba do IPC nas peaxes das autoestradas autonómicas, reducindo do 5,09 % previsto ao 2,5 % o aumento das tarifas.

O Executivo autonómico, a través desta medida, continúa a traballar para minimizar o impacto económico que están experimentando as familias ou os profesionais do transporte por mor da crise enerxética, de abastecemento e de prezos de materiais, que se reflicten no prezo das materias primas e no custo dos servizos.

O incremento derivado do IPC suporía que as tarifas das autoestradas autonómicas sufrirían un aumento dun 5,09 %, despois de anos conxeladas ou mesmo con descensos nas súas tarifas.

Neste sentido, a Xunta promove unha modificación do convenio coa concesionaria para que o aumento das tarifas se reduza a menos da metade do previsto sen esta intervención, limitándoo ao 2,5 %.

De modo máis concreto, dado que as peaxes na AG-55 e na AG-57 se redondean a 5 céntimos para os distintos itinerarios, o efecto desta medida é diferente segundo o treito. Para vehículos lixeiros, a suba máis elevada será a mínima, de 5 céntimos.

Na AG-55 e para vehículos lixeiros, co incremento de tarifas de acordo co IPC, de 11 itinerarios subirían 6. Porén, coa limitación establecida pola Xunta ao 2,5 %, só subirán 2 treitos e en todos estes auméntase un importe mínimo, de 5 céntimos.

Na AG-57 e para vehículos lixeiros, coa suba de acordo co IPC, de 12 itinerarios subirían 10. Non obstante, limitando a suba ao 2,5 %, só aumentan o prezo 6 itinerarios, e todos eles na contía mínima, de 5 céntimos.

Bonificacións

Cómpre lembrar que as autoestradas autonómicas, aínda que son das máis baratas de España, contan con distintas liñas de bonificacións impulsadas pola Xunta.

En día de hoxe as autoestradas autonómicas teñen o custo medio máis baixo de Galicia, máis baixo que o da AP-9 incluso tras a aplicación das novas bonificacións: sen IVE, 5,6 céntimos/km nas autoestradas autonómicas, por 6,1 céntimos/km de tarifa media da AP9; ou os 7,7 céntimos/km (sen IVE) da AP-53.

Con esta medida impulsada pola Xunta, as autoestradas autonómicas seguirán sendo das máis baratas de España, cun custo medio por quilómetro inferior ao das autoestradas estatais AP-9 e AP-53.

Cómpre lembrar que o Goberno galego ampliou este ano o desconto do 25 % da volta, e do 50 % na segunda volta, aos usuarios recorrentes ata as 24 horas posteriores á realización da viaxe de ida.

Con esa modificación, estendeuse ás 24 horas despois do traxecto de ida o desconto do 25 % da viaxe de volta, e do 50 % na segunda viaxe de volta. Refórzase así o anterior período de bonificación que establecía que a volta debía realizarse no mesmo día natural que a ida, favorecéndolles ás persoas que se desprazan por estas vías acceder aos servizos públicos ou ao seu lugar de traballo.

Tamén está en vigor a bonificación ás familias numerosas nas estradas autonómicas, descontándolle o 100 % da viaxe de volta a este colectivo.

Estes descontos son compatibles con outras bonificacións en funcionamento como a rebaixa do 50 % en horario nocturno.

A Guarda remata o ano con contacontos, títeres e a visita do Apalpador

0

A programación do Nadal 2021 continúa nesta derradeira semana de 2021 na Guarda con diferentes propostas para todos os públicos que conta con contacontos, títeres e a visita do Apalpador.

Mañá martes día 28 de decembro ás 18:00h o Centro Cultural acolle “Little neno descobre a… Os Beatles. O Concello da Guarda acollerá a primeira actuación da xira Galega do espectáculo familiar de Little neno un contacontos recomendado para tódalas idades e no que o público descubrirá o mundo dos Beatles dunha forma amena e divertida.

Ademais é un espectáculo inclusivo xa que é signado tanto no conto coma nas cancións.

Little Neno é un cativo que cada vez que durme aparece no universo dalgunha banda de música lendaria. Trátase dun contacontos teatralizado e musicalizado dirixido para desfrutar con tódala familia ,cun pequeno concerto o final. Reserva de entradas en www.evenbrite.es.

Para a xornada do mércores día 29 de decembro estaba prevista a realización do Concerto Ventos do Nadal a cargo da Agrupación Musical da Guarda, pero por protocolo COVID-19 foi anulado.

Continúa a programación o xoves día 30 de decembro ás 18:00h no Centro Cultural con Titiricircus. Titiricircus é o “todoterreo” da nosa carteleira, con máis de 1200 representacións. Trátase dunha lembranza fantástica e festiva do grande circo de carpa alta e bicolor: a historia de dous vellos traballadores daquel circo que lembran agora con marionetas de fíos as glorias do seu pasado na pista.

Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido: o home máis forte da Península Ibérica, o malabarista máis divertido e bailadeiro do mundo…. Reserva de entradas en www.evenbrite.es.

Xa para rematar a semana o venres 31 de decembro chega á Guarda o Apalpador, que realizará un pasarrúas polo centro da vila a partires das 13:00h do mediodía. Unha actividade enmarcada no programa “Nadal en Galego” do Departamento de Lingua da Deputación de Pontevedra.

AXENDA DE NADAL

Martes 28 de decembro

  • 18:00h Centro Cultural: “Little neno descobre a… Os Beatles”, de A Reixa Produccións
  • Reserva de entradas en eventbrite.es

Mércores 29 de decembro

  • 20:30h Centro Cultural: “Ventos de Nadal”, grupos seccionais da Agrupación Musical da Guarda

Xoves 30 de decembro

  • 18:00h Centro Cultural: TITIRICIRCUS, con Tanxarina Títeres
  • Reserva de entradas en eventbrite.es

Do 3 ao 5 de xaneiro

  • CARTEIROS DO NADAL polas rúas da Guarda
  • Horario: 3 e 4 de 17:00 h a 20:00 h e o 5, de 11:30 h a 14:30 h

Martes 4 de xaneiro

  • 17:30h Alameda: CIRCO RASNOVARAK, con Troula Animación
  • Espectáculo de rúa con animais xigantes

Mércores 5 de xaneiro

Teatro para bebés mañá ás 11:30 horas no Mercado de Tomiño

0

O Concello de Tomiño, dentro da súa programación de Nadal, ofrece mañá ás 11:30 horas unha obra de teatro para bebés no 1º andar do Mercado Municipal. “Zapatos” é o nome da espectáculo co que Caramuxo Teatro reflexiona sobre que pasa con todos eses zapatos que xa ninguén usa. A alcaldesa, Sandra González, anima ás familias a asistir cos seus pequenos e pequenas e lembra que a actividade é de balde, pero é preciso inscribirse previamente a través da web do Concello.

A protagonista da obra de teatro é unha rapaza que é a encargada de coidalos, de darlles a benvida ao lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde compartir emocións coas bailarinas, con Pequecho e os seus irmáns, cós namorados, có Sol e a Nube e con centos e centos de compañeiros que teñen moito que contar .”Zapatos” narra tódalas historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono como ben se pode ver no seguinte vídeo promocional.

Caramuxo Teatro é unha recoñecida compañía de teatro infantil e familiar formada por Juan Rodríguez e Laura Sarasola. A compañía naceu na Coruña no ano 2003 cunha obra especialmente deseñada para bebés, Glub Glub. Dende entón a súa produción non deixou de aumentar, con obras como Zapatos, mención especial na XXVI Muestra Internacional de Vall d’Albaida; Ñam, unha mestura de teatro e cociña; Na casa, recoñecida coa R de espectáculo Recomendado pola Rede Nacional de Teatros…

Dende os seus inicios mesturan diferentes técnicas: teatro de actores e actrices, monicreques, danza… Actualmente, ademais de continuar traballando nunha liña específica para bebés, teñen en carteleira espectáculos para público infantil e familiar, con obras destacadas como Redondo, Pavillón Lino, As fabas máxicas ou Feo! (Premio María Casares ao Mellor espectáculo infantil en 2016).

Lucia Piñeira e Ismael Romero campións da Copa de Galicia de Descenso

A corredora da categoria Cadete Feminino, Lucia Piñeira, proclamouse Campioa das modalidades de ciclismo de Enduro e de Descenso.

Así mesmo o outro corredor do Club, Ismael Romero, proclamouse Campión da Copa de Galicia de Descenso.

Despois dunha tempada 2021 marcada pola suspensión de varias probas de ámbito autonómico e nacional, estando varios corredores do Club presentes en varias probas da Copa de Galicia e de España, tanto de  Enduro como de Descenso, xa se atopan preparando a Tempada 2022.

Ismael Romero e  Lucia Piñeira recibirán un galardón como Campións de Galicia de Enduro e DH, na Gala do Ciclismo Gallego, que se celebrará proximamente.

Desde o Club Ponte Bike, animan a que se és amante do Enduro, DH ou XCO, se contacte con eles para poder estar federados na videira tempada 2022, a través do seu enderezo de contacto [email protected] ou do teléfono 653461257.

Nigrán acada que o ‘programa único-banda ancha’ chegue a 822 novas vivendas

0

O Concello de Nigrán vén de acadar que o programa ‘UNICO-Banda Ancha’ do goberno central para subvencionar ás teleoperadoras instaladoras de fibra óptica comprenda 822 vivendas do municipio non contempladas inicialmente. Isto foi posible grazas á proposta presentada desde o Concello de chegar a 60 núcleos considerados en ‘zona gris’ (aquelas que non teñen cobertura de redes de banda ancha, nin tampouco teñen previsión para recibila por parte dun operador nun prazo de tres anos con base a plans de investimento cribles). Esta resolución beneficiará, concretamente, a núcleos urbanos de A Ramallosa, Nigrán e Praia América que paradóxicamente quedaran sen cobertura pese a ter fibra en toda a súa contorna.

Así, segundo esta resolución da primeira convocatoria (2021) do Programa de Universalización de Infraestruturas Dixitais para a Cohesión ÚNICO-Banda Ancha,  Nigrán será un dos municipios máis beneficiados da provincia, moi por diante de Baiona ou Gondomar, con dez respectivamente. Así o confirmou o propio delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones, na súa visita ao consistorio a semana pasada.

“Seguimos pelexando por cada barrio, cada rúa e incluso nalgúns casos por vivendas ailladas inxustamente para que a cobertura acade o 100% canto antes”,  sinala o alcalde, Juan González. “Sabemos que van máis lento do previsto pero pedimos paciencia e saber interpretar as cousas con perspectiva: no ano 2019 apenas había fibra no centro de Nigrán e zonas máis ailladas e actualmente todas as parroquias teñen barrios con fibra, independientemente de se son do interior ou da costa, e neste 2022 quedará cuberto case o 100% do municipio”, indica o edil Diego García, encargado da negociación coas operadoras e quen incide xunto ao alcalde en que “o Concello asumirá o desplegue alí donde non cheguen as operadoras”. “Conseguimos grandes avances nos últimos meses e seguimos traballando para que as operadoras aceleren o seu traballo, e actualmente R está realizando traballos de instalación de fibra nas parroquias de Priegue, Panxón, Nigrán, Camos e Parada”, finaliza o alcalde.

Dende o Concello seguimos solicitando a Telefónica o desbloqueo da instalación de fibra en 11 núcleos de Parada e San Pedro por causa dunha arqueta afectando 200 vivendas que podería ter fibra de xeito inmediato.

Último pleno do ano en Mos con aprobación das bases para a letra do himno e entrega de calcetíns solidarios a toda a Corporación

0

Esta mañá celebrouse o último Pleno do ano 2021 no que se aprobaron por maioría as bases para a presentación de propostas para a letra do himno oficial do Concello de Mos. A aprobación das mesmas produciuse cos votos a favor de todos os membros da Corporación Municipal agás a abstención do BNG.

Mos conta cun himno municipal propio, a Alborada CAMIÑO DA ROSA, do gaiteiro e compositor Xulio Lorenzo (aprobado en pleno con data 18 de decembro de 2017), e agora, co obxectivo de que este himno conte ademais cunha letra que o diferencie do resto dos municipios, iníciase este procedemento.

Deste xeito redactáronse estas bases que rexerán a presentación de propostas para a posterior elección da letra para o himno de Mos.

A letra do himno deberá ser aprobada en Pleno. Os participantes deberán ser os lexítimos titulares dos dereitos da letra e estar dispostos a ceder os seus dereitos ao Concello de Mos.

Sobre as características da letra, esta poderá presentar unha proposta calquera veciño, veciña ou colectivo (Asociación veciñal, social, cultural, Escola, Grupo, Centro Educativo… ) de Mos ou doutro lugar. A letra terá que ser en galego. A letra deberá ser acorde á historia, ás tradicións e costumes do lugar e á paisaxe do municipio de Mos. Deberá ser unha letra inédita do/a propio/a escritor/a ou compositor/a.

Serán valoradas todas as propostas presentadas no Rexistro Xeral municipal dende o día seguinte á publicación no BOP e por un prazo de 60 días naturais. Horario de rexistro: de luns a venres: de 9.00 h a 14.00 h

A valoración das propostas realizarase entre un xurado profesional (50 % da puntuación) que constituirá unha mesa de traballo, a Corporación Municipal (25% da puntuación) que tamén constituirá unha mesa de traballo formada por cada un dos voceiros de cada partido político e un xurado popular (25% da puntuación).

Como membros do xurado popular poderán votar todas aquelas persoas que o desexen. Só será contabilizado un voto por persoa e unicamente poderase votar a través da aplicación específica “A letra do noso himno” creada para tal fin, e que estará vencellada única e exclusivamente á web municipal.

Unha vez sexa elixido o himno, será levado a pleno para a súa aprobación e será o Secretario municipal o encargado de iniciar os trámites necesarios sobre este asunto indicando a Lexislación aplicable e o procedemento posterior a seguir. O himno será presentado oficialmente o 13 de xuño de 2022, DÍA DA ROSA.

Calcetíns solidarios e inclusivos

Por outra banda a sesión plenaria desta mañá rematou co agasallo municipal para a todos os membros da Corporación dun par de calcetíns do proxecto “O Deporte Inclue- T na Escola”.

A alcaldesa, Nidia Arévalo, entregoullos un por un a cada un dos concelleiros dos diferentes grupos, xunto cunha sudadeira co emblemático eslogan municipal SOMOSMOS.

O programa “O Deporte Inclue- T na Escola” permite aos 108 alumnos de 3º da ESO do IES de Mos experimentar os valores do deporte inclusivo da man de grandes referentes como os paralímpicos galegos Susana Rodríguez Gacio ou Chano Rodríguez. Este proxecto pioneiro inclúe deporte, integración, valores e emprendemento xuvenil. Grandes deportistas de elite, destacados adestradores e profesores de educación física de toda Galicia, foron os relatores de luxo cos que contaron os Talleres en Valores que se viñeron impartindo a alumnos e profesores do IES de Mos durante as últimas semanas. Entre eles, destacan o bicampión do mundo de fisioculturismo Arturo Castañeda Cid, Luís Piña (adestrador de Susana Rodríguez Gacio, ouro en tríatlon adaptado en Tokio 2020) e Chano Rodríguez (o nadador paralímpico español con máis medallas de ouro). Eles transmitiron de primeira man valores imprescindibles na práctica dos deportes de elite, e tamén desexables para todos os ámbitos da vida: compromiso, ilusión, esforzo, resiliencia, constancia, autoestima, perseveranza, inclusión, diversidade… Eses valores do deporte, as experiencias e evolución dos deportistas, as actitudes imprescindibles para alcanzar os obxectivos propostos, así como a necesidade de atención á diversidade no deporte, foron algunhas das temáticas tratadas nas charlas e coloquios altamente inspiracionais.

O programa culmina coa posta en práctica destes valores a través dun proxecto de emprendemento cuxo obxectivo é recadar fondos para financiar a súa excursión de fin de curso e destinar a metade do recadado ás Exclavas da Virxe Dolorosa (centro residencial e educacional para mulleres con discapacidade intelectual de Mos). Os alumnos participan activamente no proxecto de xestión semiempresarial, onde se implicaron no deseño, promoción e venda un produto personalizado por eles mesmos. Para iso impartíronse uns Talleres de Creatividade onde deseñadores profesionais ensinaron aos estudantes técnicas de ilustración e exemplos gráficos de modelos practicando deportes paralímpicos. Cada alumno fixo un debuxo propio que, combinado co dos seus compañeiros, serviu para personalizar uns calcetíns de deporte que puxeron á venda.

O Concello de Mos sumouse a esta incitativa para implicar tamén aos comerciantes do municipio.

Do mesmo xeito que en calquera aventura empresarial, os estudantes teñen que utilizar habilidades relacionadas co márketing, a comunicación, relacións públicas ou a comercialización para conseguir o seu obxectivo. O proxecto implica a colaboración de profesores e alumnos, permitindo poñer en práctica os ensinos teóricos das aulas, e facéndolles ver aos mozos a súa aplicación e valor na vida real. Ademais tocaron de forma transversal moitas das disciplinas educativas como plástica, educación física, lingua castelá, galega e inglés, matemáticas, historia, orientación, etc. O programa “O Deporte Inclue- T na Escola”, liderado polo IES de Mos e que se divulgará entre outros institutos de España, conta cunha subvención da Xunta de Galicia, o apoio do Concello de Mos a través dos comerciantes locais e a colaboración de MrBroc Business, unha empresa galega de servizos de márketing experiencial dixital a empresas cunha tecnoloxía propia de personalización de produtos con ilustracións do usuario. Os calcetíns solidarios personalizados polos alumnos do IES de Mos xa se poden encargar en mrbroc.com/fundraising.

Mondariz tramita axudas para os sectores económicos e comerciais afectados pola crise da Covid-19

0

O Concello de Mondariz está a tramitar as solicitudes de axudas para os sectores económicos e comerciais máis afectados pola crise da Covid-19 nos anos 2020 e 2021 convocadas a mediados de decembro. Recibíronse unha vintena de solicitudes que agora están a ser estudadas polo persoal técnico da Administración local para posibles requerimentos de documentación, seguindo o procedemento.

Este programa de axudas está financiado con 12.943,52 euros procedentes dunha ampliación da Liña 2 do Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra e se dirixe principalmente a pequenas e mediadas empresas (pemes) de até 10 empregados e profesionais autónomas con actividades radicadas no Concello de Mondariz e que se visen afectadas polas medidas do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, e as sucesivas prórrogas e medidas autonómicas adicionais.

“Antes de publicar as bases desta convocatoria de axudas nos reunimos coa oposición para consensuar aspectos importantes como os sectores beneficiarios”, indica Xosé Emilio Barros, alcalde de Mondariz. 

Seguindo o criterio de caída da facturación polo peche perimetral e as restricións no horario de apertura dos establecementos, puideron beneficiarse deste programa de axudas negocios de hostalaría, autoescolas, talleres, perruquerías, florerías, taxis e similares radicadas no Concello de Mondariz e con autorización municipal para o exercicio da actividade correspondente. Os establecementos de alimentación, como supermercados, foron excluídos deste programa de axudas porque realmente non sufriron unha caída de facturación por mor da crise derivada da Covid-19.

Segundo se indica nas bases, o procedemento de concesión desta subvención consistirá en dividir o importe do crédito global entre as solicitudes que cumpran os requerimentos establecidos na convocatoria. Con todo, tamén se fixan uns máximos correspondentes ao tipo de negocio que van desde os 200 euros para os taxis até os 500 euros para a restauración.

“O Goberno municipal tamén se comprometeu a desenvolver unha campaña de promoción do comercio local, como axuda complementaria. Estamos traballando neste proxecto e trataremos de desenvolver unha campaña de promoción do comercio local nos primeiros meses do ano”, comenta Barros.

A Guarda presenta un plan de crecemento dun 10 % anual no sector da flor cortada

0

O Consorcio da Zona Franca analiza as posibilidades de apoio ao sector da flor cortada e planta ornamental, que conta cunha produción relevante na área de Vigo. Con este obxectivo realizará un estudo específico deste sector na zona do Baixo Miño, dentro do plan estratéxico que ten en marcha para a provincia. Ademais, o delegado do Estado, David Regades, acompañado polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba, recibiu aos directivos da primeira empresa galega do sector, Flores Toxal, que lle presentaron o seu plan de investimento para crecer un 10% anual ata 2030.

O delegado do Estado, David Regades, explicou que “o sector da flor cortada e a planta ornamental ten un potencial de crecemento importante polas condicións climatolóxicas idóneas do sur de Galicia, por iso desde a empresa de capital risco Vigo Activo estamos a estudar as posibilidades de acompañar o proceso de crecemento”.

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, entende que “é moi importante para A Guarda a implicación de Zona Franca apoiando ao sector empresarial, temos moito potencial para levar adiante proxectos que reactiven a comarca e actúen como dinamizadores da economía e o emprego”, por iso agradece a recepción por parte do delegado do Estado.

A empresa Flores Toxal, con sede na Guarda, ten máis de trinta anos de actividade e, ademais da produción propia, comercializa flores cortadas de agricultores da zona e do resto de España e importa flores. A compañía prevé un crecemento este ano que rolda o 38%, a pesar de que as vendas se han visto afectadas polas restricións da pandemia, xa que o mercado da flor cortada está ligado co lecer e as celebracións. Só a produción de Lilium creceu un 90%.

Os empresarios Serafín Domínguez Santomé e Alfonso Álvarez Cobián fixéronse coa dirección tras a xubilación dos anteriores socios e puxeron en marcha un plan de investimento que prevé alcanzar un crecemento medio anual en vendas do 10% ata 2030.

Entre as súas fortalezas, está unha carteira de máis 400 clientes en toda España e que en 2021 empezaron as exportacións a Holanda, como socios de Royal Flora Holland.

O Concello de Arbo mellora o acceso ao Lugar de O Couto

0

O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, comprobaba nestes días o remate das obras de mellora de acceso ao lugar de O Couto, en Arbo.

O goberno arbense investía nesta actuación 49.995,78 €, co financiamento do 70 % do investimento da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, de acordo coa Orde de 30 de decembro de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras e convócanse subvencións para a creación e/ou  mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados a prestación de servizos municipais, destinadas a Concellos de Galicia para o ano 2021, sendo o 30 % restante asumido polo Concello con cargo a fondos propios.

O obxecto do contrato é a mellora do acceso dun camiño municipal  no Lugar de O Couto, na parroquia de Arbo, coa mellora do seu trazado e seguridade viaria, ampliando a plataforma pavimentada.

O rexedor, Horacio Gil, insistiu en que “esta acción responde a unha demanda histórica dos veciños do barrio de O Couto, que recolleu o equipo de goberno do Concello de Arbo”.  Coas obras realizadas deuse na estrada de acceso ao Couto resposta a cidadanía  “o noso compromiso de rematar a remodelación completa en canto posible porque un dos nosos obxectivos é devolver aos lugares do noso municipio a importancia que nunca tiveron que perder”, remata o alcalde da vila.

As obras realizadas describense no proxecto redactado. Este proxecto serviu de base para a solicitude da subvención ante a Xunta entre as que están a execución dunha limpeza de marxes con apertura de cunetas, eliminación de raíces existentes das árbores próximas en varios puntos do trazado, demolición do firme existente, a colocación de salvacunetas con tubaxe e posterior pavimentación, así como nova iluminación.

“Son obras que están dentro do plan que puxemos en marcha para a mellora de viais públicos do municipio- sinalou o edil, Horacio Gil -a estes sumaranse outros aprobados e incluídos dentro  do plan de  melloras de  viais  municipais,  espazos  publicos e  melloras en  abastecemento e  saneamentos para o ano  2021”. No ano 2020 o Concello de Arbo acometeu melloras no viais de Laxas, Esmoriz, Urzal, mellora do entorno de San Xoan, Area Recreativa Bouza de Miguel, melloras en lavadoiros… entre outras.

A Deputación aproba o programa “Depotermal” para o vindeiro ano

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de dar o primeiro paso para a volta despois de dous anos de “Depotermal” coa aprobación do expediente para contratar á empresa que xestionará este programa de termalismo social, que ofrecerá no 2022 un total de 4.434 prazas, sempre que a situación sanitaria o permita. A institución provincial destinará preto de 112.000 euros a esta iniciativa, unha das de maior participación da súa programación e que busca fomentar o avellentamento activo e mellorar a calidade de vida das persoas beneficiarias. Así, desde 2015 un total de  12.121 persoas de toda a provincia participaron no programa.

Poderán beneficiarse as persoas empadroadas na provincia e nacidas antes do 1 de xaneiro de 1972, as que teñan a condición de pensionistas, persoas cun recoñecemento do grao de diversidade igual ou superior ao 65%, que poidan valerse de maneira autónoma para as actividades da vida diaria. Tamén as que non cumprindo estes requisitos precisen dun respiro familiar. “Depotermal” busca deste xeito mellorar a calidade de vida das persoas beneficiarias establecendo novas relacións sociais e favorecendo a súa participación en actividades que melloren o seu estado anímico, promovendo espazos de encontro e o intercambio de experiencias co fin de evitar o illamento e as situacións de soidade que poidan levar á vulnerabilidade. Amais de facilitar o acceso ao turismo de saúde, esta iniciativa da Deputación serve tamén como plan dinamizador da economía da provincia, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade, ao desestacionalizar a demanda.

Das citadas 4.434 prazas ofertadas para o vindeiro ano, un total de 1.248 serán para a opción de asistencia diúrna a balnearios, talasos ou spas durante cinco mañás ou tardes consecutivas. Neste caso, 186 das prazas serán reservadas para persoas en situación ou risco de exclusión social que a Deputación subvencionará con 107,10 euros por praza, mentres que no caso das 1.062 restantes subvencionará un máximo de ata 53,5 euros en función da renda. E, por outra banda, o programa termal con pernoita e réxime de pensión completa de domingo a venres, contará con 3.186 prazas, das que 124 serán reservadas para persoas en situación ou risco de exclusión social. Nese caso a institución provincial subvencionará 280,73 euros por praza.

Trala adxudicación da contratación á empresa xestora, publicarase a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e as persoas interesadas terán un prazo de 15 días para presentar a súa solicitude. Terán a súa disposición un formulario na web da Deputación que terán que cubrir e que poden presentalo electrónica ou presencialmente.

A Deputación ten tamén un rexistro de concellos adheridos ao plan, que como entidades colaboradoras facilitarán as persoas a realización dos trámites e axudas caso de poder optar a elas. Forman parte dese rexistro 53 concellos: Agolada, Arbo, Barro, Caldas, Cambados, Campo Lameiro. Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, A Estrada, Forcarei, Fornelos, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Lalín, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz Balneario, Moraña, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, Pontevedra, O Porriño,  Portas, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vilaboa, Vila de Cruces, Vilagarcía e Vilanova.

Falece Manuel Garcés, mestre que da nome ao Centro Rural Agrupado de Tomiño e veciño que gozaba de gran respeto e cariño no concello

0

Este 26 de decembro faleceu na parroquia de Estás (Tomiño) aos 88 anos o mestre Manuel Garcés Estévez, que da nome a Centro Rural Agrupado deste concello. Manuel Garcés foi o nome escollido hai preto de vinte anos polos profesores do Centro Rural Agrupado para homenaxear a este profesor que se xubilou despois de adicar a súa vida ao ensino rural.

Manuel Garcés foi mestre en Mougás (Oia), en Pías (O Rosal), Amorín (Tomiño) e xubilouse na parroquia de Estás despois de ensinar durante 27 anos na pequena escola da Fundación Peirópois, construída grazas ao benfeitor Abdón Alonso. A escola de Estás na que tamén deu escola o seu pai é un dos exemplos de “escolas indianas” ou da emigración construída grazas á filantropía dos que marchaban alén mar. 

No total da súa vida foron 59 anos adicados ao ensino, nun momento no que as escolas rurais acollían entre sesenta e setenta rapaces de todas as idades. Aqueles escasos anos de escolarización rural eran a única oportunidade para moitos nenos e nenas de ter algo de formación. A figura do mestre era un referente, unha persoa a respectar e así foi a figura de Manuel Garcés, que gardaba escrupulosamente os cadernos coas cualificacións de xeracións de alumnos de Tomiño e Oia aos que recoñecía por nome e apelidos.

Casado coa veciña de Estás, Argentina Martínez Gómez, a vocación do ensino viulle a Manuel Garcés do seu pai Domingo Garcés, figura clave na súa vida e tamén mestre na escola de Estás. Domingo Garcés foi o encargado de que o seu fillo Manuel preparara por libre primeiro o Bacharelato e logo o Maxisterio, indo a examinarse a Vigo e Pontevedra, como moitos dos mestres daquela.

Persoa de profundas conviccións morais, foi un mestre querido e admirado polos seus veciños. Formou a varias xeracións de tomiñeses e grazas ao coidado e mimo co que tratou todo o que tiña que ver coa escola, consérvase na parroquia de Estás unha pequena Aula Museo que garda material didáctico, bibliográfico e documental dos anos 30, dende expedientes académicos de varias xeracións até libros das Misións Pedagóxicas ou mapas da época.

A parroquia de Estás e moitos veciños e veciñas Tomiño de quen foi profesor, así como o Concello, lamentan a súa perda e recoñecen en Don Manolo, como se lle coñecía popularmente, un home apaixonado polo ensino e unha boa persoa que deixou fonda pegada na vida de centos de nenos e nenas que pasaron polas súas aulas.

Rematados os traballos da Senda Verde que transforman a antiga vía de ferrocarril nun novo espazo de lecer

0

A Senda Verde de Chapela xa é unha realidade. O antigo trazado ferroviario vén de converterse nun espazo de lecer e esparexemento para a cidadanía, ofrecendo un marco idóneo para o paseo, a práctica do deporte e a vida saudable. A senda, ademais de rematar coa división histórica de Chapela pola liña férrea, dota de contido ao antigo apeadeiro que transfórmase nunha praza que conecta as dúas zonas.

Os traballos, que contaron cun investimento de 778.000 euros iniciáronse no límite co Concello de Vigo, permitindo a creación dun sendeiro de 1,6 quilómetros que remata na zona da estación de Chapela onde, un espazo ata agora infrautilizado, convértese nunha gran praza pública, centro neurálxico da Senda.

“A Senda Verde é un paso máis no camiño da recuperación ambiental do municipio e supón un exemplo de recuperación de espazos para a cidadanía”, asegurou a alcaldesa Digna Rivas que percorreu parte do trazado acompañada pola concelleira de Urbanismo, María Castro, e responsables da empresa que realizou o proxecto.

O trazado, que en gran parte do seu percorrido é un auténtico “balcón sobre a ría”, conta cunha ampla vía de uso compartido para peóns e bicis, zonas de descanso e vexetación. Para a alcaldesa de Redondela, o novo espazo “non só ten importancia como elemento redutor da contaminación e dinamizador dunha vida saudable, senón como xeito de poñer en valor, a través dun espectacular paseo peonil, o noso patrimonio medioambiental, cultural, arquitectónico e histórico”.

Digna Rivas amosou a súa satisfacción polo remate dun trabajo “que pon fin a unha división física, tan ilóxica como inxusta, da parroquia de Chapela” e capaz de converter un espazo urbanísticamente empobrecido, “nun lugar de reunión e desfrute para as veciñas e veciños”.

A Senda Verde contou cun orzamento de 778.000 euros, cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) cunha taxa de cofinanciamento do 80 % dentro do Programa Operativo FEDER Plurirrexinal (POPE) 2014/2020, enmarcado dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible.

Unidade Móbil de inspección técnica de ciclomotores na Guarda en febreiro

0

A Unidade Móbil 9 de inspección técnica de ciclomotores desplazarase ata ao Concello de A Guarda nas seguintes datas e ubicacións:

  • do 17/02/2022 ao 18/02/2022 Estación de Servicio San Roque (A Guarda)

O horario de atención será de 9:00 a 13:30 pola mañá, e de 15:15 a 18:00 pola tarde. O servizo prestarase en horario de mañán e tarde todos os días, agás:

  • 18/02/2022 que será horario só de mañá

Para solicitar cita previa:

  • Por teléfono: 902 30 90 00
  • A través da nosa páxina web: www.sycitv.com – Cita previa

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á
posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

Mini-cañas de hojaldre

Hoy vamos a hacer una receta con hojaldre muy sencilla, rica y vistosa: mini-cañas saladas

Para las cañas

  • Para las cañas empleamos una lámina de hojaldre (en este caso era sin gluten).
  • Cortamos tiras de unos 3 o 4 cm y las envolvemos en moldes de cañas que habremos untado previamente con aceite suave.
  • Horneamos el tiempo que nos indique el fabricante. Sacamos del horno, dejamos enfriar y retiramos con cuidado.

Para el relleno

Admite muchas opciones, desde una ensaladilla, hasta una mousse de salmón, o un paté de anchoas… En este caso están rellenos con:

  • gambas cocidas
  • palitos de cangrejo
  • huevo cocido
  • cebolleta
  • un poco de mayonesa

Picamos y mezclamos todos los ingredientes. Rellenamos las cañitas, las decoramos con huevo y cebollino, y listo.

Salvemos (todos) al deporte

El último campeonato de natación de ámbito nacional, el absoluto de invierno (celebrado en Palma de Mallorca el pasado mes de Noviembre), podía seguirse en el streaming que ofrecía la RFEN. A diferencia de ocasiones anteriores, la conexión para presenciar esta competición no era gratuita, tenía un importe de 2 euros por jornada.

Las federaciones deportivas nacionales son instituciones sin ánimo de lucro que, entre otras actividades, organizan, defienden y promueven un deporte o disciplina deportiva. En nuestro país, sus integrantes son las federaciones regionales. Trabajan en coordinación con órganos autonómicos –la secretaría xeral para o deporte, dependiente de la Xunta de Galicia– y estatales –Consejo Superior de Deportes, dependiente del Ministerio de Cultura y Deporte en la actualidad– y colaboran con los clubes y deportistas en múltiples actividades.

Todos conocemos las dificultades que han atravesado sectores como la hostelería, la cultura, el ocio y el deporte desde la entrada en vigor del estado de alarma, allá por marzo de 2020, hasta la actualidad.

En el deporte la situación ha ido evolucionando desde la paralización completa de su actividad –cierre de instalaciones y aplazamiento de los juegos olímpicos incluido– hasta la recuperación paulatina de los entrenamientos y la tímida organización de algunas competiciones, sin público y con estrictos protocolos frente al covid-19.

Las dificultades, como es obvio, no se han repartido de manera equitativa. Las disciplinas menos visibles y los clubes con menos recursos y medios económicos han visto peligrar, en mayor o menor medida, su existencia y ni siquiera los ERTEs han podido salvar a algunos de ellos. Los que han aguantado, gracias a la colaboración de organismos públicos y/o a la ayuda de valientes patrocinadores privados, lo han hecho con la incertidumbre de lo que pasaría en el futuro.

Los denominados deportes minoritarios, acostumbradas a tirar de inventiva, se han enfrentado al hándicap de las competiciones sin público aplicando soluciones de I+D domésticas. Al principio una GoPro enfocando la pista era suficiente para retransmitir un partido y llegar al público, pero de forma progresiva, han ido implementando mejoras (varias cámaras, comentaristas, sonido ambiente…) con el objetivo de promover y defender su deporte y acercarlo al público general (que con buena acogida, reportaba no pocas visualizaciones por evento).

Así las cosas, en puertas de la primera jornada del campeonato, con los nadadores y nadadoras entrenando en las piscinas “Son Hugo” en Palma, recibo una llamada:

—¿Va a ser un práctica habitual para los eventos nacionales? —me preguntaba la madre de una nadadora inscrita en varias pruebas, que quería verla en acción.

—Pues la verdad, es que no lo sé —le respondí, mientras reflexionaba internamente.

Click para ampliar

Comparto mis reflexiones aquí, a ver qué opináis…

  1. los eventos más importantes, los campeonatos de España, son los que acaparan un mayor nivel de audiencia potencial. Por tanto, que las federaciones cobren por su visionado en directo puede ser una forma inteligente de recaudar fondos. Además, hay que recordar que la retransmisión supone una inversión en medios técnicos y humanos.
  2. Por otro lado, tener que pagar –aunque sea una cantidad casi simbólica– puede suponer que la audiencia real disminuya (sólo estarán dispuestos a pagar los verdaderamente interesados, fundamentalmente profesionales, deportistas y familiares) y por tanto el público real del evento será menor.
  3. Teniendo en cuenta los objetivos de fomentar, promover y dar a conocer su deporte –en este caso la natación- de cada federación, convendría estudiar, y aquí me estoy metiendo en terreno pantanoso, el impacto de visitas/visionados de los eventos retransmitidos con streaming de pago frente al streaming gratuito así como el rendimiento económico de este streaming de pago.
  4. Por último, habría que hacer un balance entre ambas cosas, la repercusión económica y la repercusión en la difusión al público de estos eventos (que no olvidemos son también un espejo que atrae nuevos deportistas, por tanto nuevas licencias federativas…) y tomar la decisión de continuar con la línea de pagar por ver o volver al visionado gratuito.

En fin, cada uno tendrá su punto de vista y seguro que el debate al respecto es constructivo. Puede que no haya una respuesta clara.

Desde luego, lo que me queda claro es que los clubes que han hecho sus pequeñas o grandes inversiones para incorporar el streaming no han buscado un beneficio económico ni van a cobrar por ello, pero sí han contribuido a “salvar su deporte”, a llegar al público y a mantener su actividad. Esto es algo que las federaciones deben valorar. No olvidemos que sin los clubes, sus deportistas y el público ni el deporte de competición ni sus federaciones existirían.

Ledicia Costas, «Golpes de luz»

Ledicia Costas volve a adentrarse na literatura para adultos con esta sorprendente novela relatada a tres voces polos seus principais protagonistas: Xulia, unha xornalista que acaba de separarse e que, dende Madrid, decide regresar a Galicia, á casa da súa nai; Luz, esa nai de carácter forte e personalidade arrasadora que, a piques de cumprir os 80 anos, aínda agocha unha morea de segredos e un espírito rebelde; e Sebas, o fillo de Xulia, que está convencidísimo que a súa avoa, Luz, que sempre leva un martelo consigo, é a reencarnación de Thor, o deus da mitoloxía escandinava.

Este tríptico de personaxes serán os relatores dunha narración na que irán aflorando as relacións familiares, a saúde mental na vellez e a necesidade de coidados, as dificultades para conciliar a crianza dun fillo, a procura da verdade agochada, o acoso escolar ou a fantasía infantil, tendo como pano de fondo o narcotráfico nos anos 90, época na que o pai de Xulia desparece sen deixar rastro e que ten á xornalista obsesionada por mor do mutismo da súa nai respecto deste asunto. Con tales premisas, Ledicia Costas desenvolve unha novela brillante na que é quen de entretecer escenas cargadas de dramatismo con outras hilarantes e ata tenras, sen que o resultado final incomode ao lector.

O recurso dos tres narradores, pertencentes a outras tantas xeracións, paréceme un dos grandes acertos deste traballo. Cada un vai dando a súa propia visión dos acontecementos que conforman a trama dende o seu particular punto de vista, o que require por parte do lector un exercicio extra de empatía para comprender as razóns que empurran a cada un deles a actúar como actúan, algo que non sempre resulta doado. Cada un deles emprega, ademais, a súa propia linguaxe perfectamente diferenciada: a narración abrupta e arroutada de Luz, preñada de sabedoría e retranca; a máis harmónica e tradicional de Xulia, testemuña un tanto pasiva dos acontecementos; ou a tenra e dulcificadora de Sebas, cargada de inocencia e de imaxinación.

Destaca con forza a personaxe da avoa Luz, contraditoria e irreverente, que se alza como eixo central da narración sen apenas esforzo. As súas saídas fóra de ton, as súas accións arroutadas e impulsivas, mesmo as difíciles conversas que mantén coa pantasma da súa propia nai, debuxan unha muller que está de volta de todo e que domina o seu espazo ou, cando menos, aparenta dominalo. Mais o retorno á súa vida da filla e do neto van rachar a súa zona de confort reventándoa en anacos. As relacións con Xulia son difíciles, pois a moza está empeñada en controlar os detalles do seu día a día porque considera que Luz xa non se pode valer por si, pero a conexión co neto é practicamente instantánea, converténdoo no eixo sobre o que facer pivotar a súa propia existencia.

A ausencia dese pai fuxidío que obsesiona a Xulia é quen de cohesionar a trama ao seu arredor, o que nos leva a un desenlace sorprendente sobre o que non darei máis pistas para que o lector as descubra por si mesmo.

Ledicia Costas

Golpes de luz

Xerais

Redondela acolle este domingo a ‘I Carreira 5K Concello de Redondela’

0

O domingo 26 de decembro, as rúas do casco urbano de Redondela acollerán a disputa da que será a ‘I Carreira 5K Concello de Redondela’, proba organizada pola Concellería de Deportes, que xestiona Nacho González e que conta co patrocinio de Rodavigo e a colaboración da Asociación Deportiva CAR.

A proba disputarase sobre un percorrido urbano de 5 quilómetros e contará con categorías (tanto masculina como feminina) de Cadete, Xuvenil, Junior, Senior e Máster (A, B e C).

A proba dará comezo ás 11:30 horas e, para cumprir a distancia programada, haberá que dar dúas voltas ao circuíto deseñado, unha pequena de 1.600 metros e unha grande de 3.400 metros pasando por liña de meta entre unha e outra.

Da boa acollida desta proba fala o feito que, a día de hoxe, todas as prazas están esgotadas. Dado que as e os participantes achegaron un quilo de alimentos non perecedoiros (que serán entregados a Cáritas Vigo para a súa distribución entre as familias máis necesitadas de Redondela), ao éxito deportivo da proba engádese o éxito solidario da mesma.

A alcaldesa Digna Rivas, subliñaba que “unha vez máis, o mundo do deporte amosaba a súa cara máis solidaria” e, ao mesmo tempo, quería agradecer o patrocinio de Rodavigo, “que non o dubida nin un só instante á hora de colaborar nas iniciativas deste Concello” e a colaboración da Asociación Deportiva CAR “que pon toda a súa experiencia na organización deste tipo de probas de atletismo o que supón unha garantía de éxito”.

O Club Baloncesto Nigrán “encesta” máis de 300 quilos de alimentos e produtos de hixiene persoal

0

O Club Baloncesto Nigrán tivo que modificar o seu tradiconal Torneo Do Nadal “Encesta un alimento” para adaptalo ás novas circunstancias debidas ao gran incremento de casos nos últimos días pola Covid-19 suspendendo as competicioces, pero non a recollida de alimentos, obxectivo principal do mesmo.

Durante dous dias, en horario de mañá e de tarde, recolleron no pavillón municipal, coa axuda dos seus xogadores, máis de 300 quilos de alimentos non peredederos e produtos de hixiene persoal.

Todas as persoas que acudiron ao pavillón a entregar alimentos foron obsequidas cunha medalla e unha rifa para entrar no sorteo de diferentes premios que se sortearon durante o acto de clausura. Todos os asistentes tiveron, ademais, a oportunidade de conseguir unha rifa extra se encestaban un tiro libre ou dous máis no caso de que fose un triple.

Entre os aistentes durante a xornada de onte para achegar os seus alimentos estiveron o alcalde do Concello de Nigrán, Juan González, acompañado de diferentes edís.

Ao acto de clausura asistiron as concelleiras de igualdade e Asuntos Sociais, Patricia Diego e Bibiana Fernández, ás que se lles fixo entrega de todo o recadado para que sexa achegado ás familias de Nigrán con menos recursos.

Desde o Club queren expresar o seu agradecemento a todas as persoas que asistiron ao pavillón e axudaron nesta iniciativa dando unha vez máis unha marabillosa lección de solidariedade.

A campaña solidaria do Comercio de Chapela recada máis de 4.200 euros para axudar ás familias máis necesitadas da parroquia

0

A campaña solidaria do Comercio de Chapela que buscaba recadar fondos para axudar ás familias máis necesitadas da parroquia, cumpriu o seu obxectivo ao ter conseguido vender 8.240 rifas das 10.000 que se puxeron a venda e recadando 4.210 euros que se destinarán á Cruz Vermella que o transformará en vales compra de alimentos para que, as familias destinatarias, os poidan utilizar en Froiz.

Dado que a papeleta 06148, cuxos números correspondían coas catro últimas cifras do primeiro premio do Gordo de Nadal (86148), non foi vendida, prégase ás persoas que mercaron papeletas que non as tiren, xa que poderán volver a probar sorte nun novo sorteo que se celebrará o 28 de decembro ás 21 horas no Pavillón de Chapela.

Para poder participar neste sorteo, as persoas interesadas deberán poñer, na parte posterior das das papeletas que posúan, o seu nome, apelidos e un teléfono de contacto. Esas papeletas introduciranse na urna que está colocada na farmacia Loli Pereiro situada preto do pavillón de Chapela. As persoas interesadas poderán depositar as súas papeletas ata unha hora antes do comezo do sorteo.

O martes, abrirase a urna en presenza da concelleira Olga García Ballesteros e dela sacarase unha papeleta que será a gañadora da extraordinaria Cesta de Nadal. As e os comerciantes de Chapela, lembran que só serán válidas as papeletas que teñan todos os datos correctamente escritos na parte posterior da rifa (nome, apelidos e teléfono de contacto).

Yoli, Andrea, Isa, Yolanda e Esther, promotoras da iniciativa, destacaron “o esforzo e empeño que puxeron os comercios en vender o maior número posible de rifas or esta boa causa”. Os resultado deste empeño foi que tan só quedaron sen vender 1.580 papeletas. Foron moitas horas dedicadas a ofrecer a amigos e clientes rifas a 50 céntimos que van permitir que moitas familias pasen unhas festas máis felices.

Digna Rivas animou aos veciños e veciñas a volver a tentar a sorte neste novo sorteo e destacou, unha vez máis, o que cualificou de “iniciativa exemplar que parte dun dos sectores, xunto coa hostalaría, máis duramente golpeados pola crise derivada da pandemia da COVID-19, que tiveron que pechar as portas dos seus establecementos, que precisaron de reinventarse para sobrevivir e agora, lembrándose deses momentos, tenden a man ás familias que máis o necesitan”. “Chapela ten un comercio para estar orgullosos e orgullosas”, concluíu Digna Rivas.

Os nomes da solidariedade

Diamond Lavado, Bar Los Amigos, Floristería Vidal, Talleres Redovigo, Restaurante Pinales, Bar Varayar, Agro Chapela, La Torta Chapela, Peluquería Disoleil, Construcciones Castro, Ana Escudero, Viguesa de Alfombras, Olímpio, Autoestuela Roda, Librería Acuario, Meraki, As Túas Causas, 24 Horas Chapela, Froiz Chapela, Pastelería Pili, Cafetería Enigma, Agencia de Seguros Ases, Peluquería Andrea Alonso, Eiki Cafetería, Chola y Manu, Fisioterapia Natura, Loli Pereiro, Café Bar Perry’s, Zuo Yuang, Centro Estética MJ, Secreto Digital, Sofás Mar Confort, Faro de Vigo, Hostal Bahía de Chapela, Neumáticos Roni, Compra venta de coches Chapela, Reparto Pan Isa, Las Cositas de Rouss, Piscinas de Atlántico, Bar Cruceiro, Bar Lúa, La Pelu de Lara, Bacalaos Iglesias, Ortopedia del Automóvil, Talleres Neda Motor, Rectificados Chapela, Peluquería Alejandra Durán, Bar Piñeiro, Centro Veterinario Rías Baixas, Modas Marisa, Bar Nando, Ferretería Norio, Cafetería Baiuca, Terra Nai, Peluquería Marcos Atrio, Kiosko Chapela, Casa Cándido, Bazar Chapela, D’María, Kima Bay, Fians, Marina Huarte, Asesoría Vigo, Floristería Arealonga, Escarnabois Artesanía, La Nube, Frutería Gómez, Rochas Pan, Bar D’Otero, Cafetería Don Carlos, Eco Numar, Cantina CCR Chapela, Lamparilla de Oro, Mapfre, Viaxes 500 Millas, Frutería Manzano, RTV Álvarez, Droguería Chévere, Panadería Mazaroca, Felipe Alonso, Depesca, La Valeria, Peluquería Nuevas Ondas, Lis, Peluquería Leti’style, Ferretería Chapela, Peluquería Loli Barbará, Repainox, Casa Rei, Restaurante A Chavola, Pescanova.

Mondariz asina un convenio coa CHMS para a ampliación e mellora dunha senda fluvial

0

O alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros, e o concelleiro de Facenda desta mesma localidade, José Luis Fernández, foron recibidos este xoves polo presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, na sede desta institución para asinar un convenio de colaboración que permitirá ampliar e mellorar considerablemente a senda fluvial que transcorre polo río Xabriña entre os barrios da Pedreira e do Escobeiro.

Esta actuación está valorada en 530.000 €, dos cales a CHMS asume o 80 % e o Concello de Mondariz o 20%. A redacción do proxecto, que xa está en marcha, corre a cargo do organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Está previsto que a senda fluvial conecte o centro urbano de Mondariz, desde o barrio da Pedreira, coa área do Escobeiro a través dunta ruta que implica a construción dun treito novo e dunha pasarela para cruzar o río. O resultado será unha senda peonil circular de 3.225 metros.

“Nestes dous anos e medio de goberno temos buscado activamente a colaboración institucional para emprender proxectos que puxeran en valor os atractivos naturais que ten o Concello de Mondariz, como o río Tea e os seus afluentes, e así promover tanto a calidade de vida da poboación como o desenvolvemento dun turismo de natureza”, comenta Xosé Emilio Barros, alcalde de Mondariz. “Este convenio é o resultado dese esforzo constante por transformar ideas en proxectos factibles para o desenvolvemento integral da localidade”.

Tomiño leva a pleno antes que remate o ano unhas contas de 8.130.000 euros

0

Tomiño leva a pleno este luns os Orzamentos do ano 2022 por valor de 8.130.000 euros, un 5 % con respecto aos do ano anterior.

Os Orzamentos 2022 contemplan un crédito dun millón de euros, a través do que o Concello poderá facer fronte á construción do Espazo Isaura Gómez, que albergará a futura biblioteca municipal e outras dependencias.

A alcaldesa Sandra González explica que no pleno do vindeiro luns darase conta tamén da aprobación do convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra no marco do programa REACPON (Reacciona Pontevedra Provincia), cunha achega de 1.108.423 euros de parte da entidade provincial. Informa, así mesmo, que a Xunta de Galicia non chegou a dar ningunha axuda económica para este importante e necesario proxecto, a pesar das numerosas entrevistas mantidas con este obxecto, e lembra que a Administración Autonómica aínda está a tempo de colaborar, xa que a achega provincial é compatible con outras que puidera haber para a mesma finalidade.

Por outra banda, o departamento de Benestar Social contará o ano que vén cun orzamento de 1,2 millóns de euros, o que representa o 15 % das Contas Xerais, incrementándose a partida do SAF (Servizo de Axuda no Fogar) nun 7 % e chegando a 800.000 euros Nos momentos de crise que se están a vivir, o equipo de goberno optou pola conxelación de impostos e taxas durante todo o exercicio. Na plusvalía introduce ademais unha bonificación do máximo porcentaxe (15 %) permitido polo Real Decreto-ley 26/2021 de 8 de novembro, nos casos das herdanzas como vivenda habitual (95 %) ou da transmisión hereditaria do resto de propietarios (50 %).

No capítulo de Persoal contémplase a suba dun 2 % aos funcionarios, ademais da contratación  de dúas novas prazas de técnicos (de Xestión e de Medio Ambiente), pendentes de incluír na OPE e que veñen de convocarse.

Mos Acende o Xacobeo no Pazo para dar a benvida ao novo ano

0

Onte pola tarde tivo lugar o acto do programa Acende o Xacobeo en Mos consistente no acendido da proxección na fachada do Pazo de Mos.

O comezo do acto estivo amenizado polo Grupo de Gaitas Xógara e contou coa asistencia de Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro e Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos; a Delegada Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, concelleiros/as do equipo de Goberno local, voceiros/as dos grupos municipais e membros da Fundación Pazo de Mos.

O acendido estivo precedido dunha conta atrás, tras a que se iluminou a proxección sobre a fachada do Pazo consistente nunha luz de cor azul co logotipo do Xacobeo 21.22 e a característica frecha amarela. Rematando o encontro coa interpretación de dúas panxoliñas a cargo da Coral Polifónica O Son do Cantares.

O programa Acende o Xacobeo ilumina máis de 90 monumentos en toda España e máis de 40 en Galicia, entre os que se atopa o Pazo dos Marqueses de Mos. O Pazo, en pleno Camiño Portugués a Compostela, estará iluminado desde hoxe ata o vindeiro 7 de xaneiro de 2022.

Unha iniciativa de grande éxito que inclúe a iluminación de edificios en diferentes Comunidades Autónomas e cidades europeas como Londres, Dublín ou Torun en Polonia.

Co acendido en Mos, este singular programa dá a benvida ao novo ano 2022, xa que durante os días previos ao vindeiro 31 de decembro estanse a iluminar diferentes monumentos das distintas rutas dos Camiños de Santiago en Galicia.

A Deputación rende homenaxe aos traballadores da institución que se xubilaron este ano

O Salón de Plenos da Deputación de Pontevedra viviu unha xornada de afectos e emocións na tradicional homenaxe ás persoas traballadoras que cada ano acadan a xubilación así como na entrega de premios do II Concurso de Decoración e Mensaxes “Espírito de Nadal” no que participaron máis dunha vintena de servizos da institución e que gañou o Centro Agarimo de Príncipe Felipe. O acto, que estivo amenizado por panxoliñas cantadas en directo e a capella por Cherry Sweet, tivo como un dos grandes protagonistas ao “gran” Brais, un dos rapaces de Agarimo que encandeou ao Salón e foi o encargado de pechar o evento: “facíame moita ilusión estar aquí”.

O acto comezou coa homenaxe ás 21 persoas que se xubilaban este ano ás que a institución  agradeceu a dedicación, o traballo e o esforzo que todas elas e eles entregaron durante tantos anos á veciñanza da provincia. Durante a cerimonia, na que se puido ver máis dunha lágrima saltando dos ollos das e dos asistentes, a presidenta provincial, Carmela Silva, amosouse moi emocionada e asegurou que “nunca é unha despedida, senón un recoñecemento e un agradecemento”.

Foi a presidenta quen se encargou de entregar a cada unha das persoas xubiladas unha insignia de ouro que simboliza o recoñecemento que a institución provincial lle rende a todas elas e eles. Para recollelas achegáronse ao escenario situado no Salón de Plenos mentres se proxectaba un vídeo con fotografías delas e deles. Carmela Silva deixou claro que “todas e todos van a estar con nós, porque co seu traballo escribiron unha parte da historia da Deputación de Pontevedra e agora só nos queda desexarlles que desfruten moito da vida”. A presidenta provincial quixo lembrarlles que “esta sempre será a vosa casa, porque vos fostes poñendo pedras para construíla e- pediulles- non deixedes de vir a visitarnos para que poidamos seguir desfrutando da vosa presenza”. Tamén tivo palabras para o conxunto do persoal, ao que está “inmensamente agradecida porque traballamos ben e facemos as cousas ben”. Un traballo do que Carmela Silva presumiu “xa que teño o privilexio de presidir a deputación co mellor funcionariado de todo o planeta”.

Este ano xubiláronse Amanda Saburido, Fernando Luis Lubiáns, María del Carme Abelleira, María Luisa Miguez, Carmen Iglesias, Hortensia Barreiro, Pilar García García e María Beatriz Aresti, do Centro Príncipe Felipe, Manuel Fernández, Francisco Mouco e Jose Vilariño, de Mobilidade, Jose Ignacio Rivas e Francisco Montes, do ORAL, Ramón Villanueva, da Finca Mouriscade, María del Carmen Núñez, de Intervención, Francisco Antonio Lago, do servizo de Comunicación Institucional, Jaime Rodríguez, de Infraestruturas e vías provinciais, Jose Luis Lago, de Medio Ambiente,  Celia Soto, de Servizos Lingüísticos, e Antonio de la Peña Santos, do Museo Provincial. A presidenta provincial trasladoulles os seus “mellores desexos para o 2022” e pediulle ao público que aplaudira “a rabiar, coma se non houbera un mañá, porque merecen ese aplauso”.

Carmela Silva tamén se lembrou de xeito especial de Eduardo Calles, traballador do servizo de secretaria xeral e falecido este ano. Foron a súa irmá e o seu irmán quen recolleron a insignia que recoñece o traballo de Eduardo. A presidenta dirixiuse á súa familia para asegurarlles que o seu paso pola Deputación deixou “ledicia e calor coas cousas que fixo, tanto a nivel profesional como persoal. Sabede que todas e todos nós sentímonos moi orgullosos do seu traballo”.

II Premios Espírito do Nadal

O acto estivo marcado polo espírito de Nadal xa que nel tamén se deron a coñecer os servizos da Deputación que gañaron os premios que convoca a institución provincial para animar aos seus traballadores e traballadoras a mergullarse de cheo nestas festas. Nos premios galardoouse a imaxinación, a orixinalidade e o talento tanto na creación de frases motivadoras como na decoración. As e os seus gañadores desfrutarán dunha ruta guiada polos castelos e pazos da provincia que incluirá unha cata de produtos locais.

O gañador dos “II premios de Decoración de Nadal”, no que participaron traballadoras e traballadores de 22 servizos amosando o seu compromiso coa sostibilidade con ideas do máis orixinais, foi o Centro Agarimo de Príncipe Felipe, unha instalación que foi decorada inspirándose en “Charlie e la Fábrica de Chocolate” con motivos como unha aldeiña de nadal ou unha cheminea de para os agasallos. O servizo de Coordinación do ORAL alzouse co segundo premio cunha decoración moi completa na que non faltaron os bonecos de neve, os renos ou os calendarios de advento. Ademais, este servizo recadou doazóns para unha ONG. O terceiro premio recaeu no servizo de Medio Ambiente, onde unha zorra feita con materiais reciclados fixo voar a imaxinación das e dos traballadores provinciais.

En canto ao “I concurso Os Mellores Desexos” o servizo de Intervención alzouse co primeiro premio cun texto cargado de optimismo e co que animan a celebrar o Nadal e a vida. O segundo premio foi para a Finca Mouriscade por “Bo Nadal, pensamos como protóns”. Pola súa banda, o Parque de Maquinaria fíxose co terceiro desexando “meter o espírito de Nadal en botes e abrir un cada mes do ano”.

Carmela Silva despediu o acto xunto ao “gran Brais”, o rapaz do Centro Agarimo que onte amosoulle o seu desexo á presidenta de estar nesta gala. A presidenta provincial resaltou a “decoración extraordinaria e espectacular” do Príncipe Felipe e púxose moi contenta ao amosar unha postal que lle fixeron chegar dende o centro e que recibiu “como o mellor regalo de Nadal. Nada me fai máis ilusión que esta postal”. Carmela Silva aproveitou a ocasión para lembrar que as nenas e os nenos teñen que ser “o noso primeiro compromiso” e tamén recordou que elas e eles foron protagonistas no acendido “o que vai significar que para o ano que vén nos vai a ir moi ben”.

Brais, que durante a visita que a presidenta fixo onte ao centro do Príncipe Felipe xa amosou o seu presentimento de que Agarimo ía gañar o concurso de decoración, agradeceu o poder estar neste acto, “facíame moita ilusión”, e desexou un feliz Nadal e aninovo a todas as persoas presentes.

A campaña de vacinación da gripe continuará ata mediados de xaneiro

A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, informou en rolda prensa da decisión prorrogar en dúas semanas a campaña de vacinación contra a gripe,  que se estenderá até mediados do mes de xaneiro de 2022, ou até esgotar as doses dispoñibles.

O obxectivo desta medida é posibilitar que se poidan vacinar todas aquelas persoas que aínda non o fixeron ate o de agora, pertenzan ou non, aos grupos de poboación cuxa vacinación contra a gripe está indicada. Neste senso, e co ánimo de acadar o maior número de poboación vacinada posible, Sanidade activou tamén a posibilidade de vacinarse contra a gripe nos grandes recintos habilitados para vacinarse da covid-19.

Acompañada polo secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes Losada; e a subdirectora xeral de información sobre Saúde e Epidemioloxía, Marta Piñeiro, Carmen Durán trasladou os datos do balance parcial da campaña de vacinación contra gripe 2021.

Neste senso, sinalou que no que vai de campaña, o 72,3% da poboación galega con 65 ou máis anos xa se vacinou. Así, nestes momentos a porcentaxe de cobertura marca uns díxitos que incrementarían en case un punto os resultados finais da campaña do ano pasado. A porcentaxe de cobertura actual neste tramo de idade sitúase preto do 75% marcado como obxectivo polo departamento sanitario da Xunta. Ademais, con estas cifras provisionais de cobertura, Galicia superaría en máis de 12 puntos a media española, fixada en 59,8%.

Máis polo miúdo, no grupo de poboación con idades comprendidas entre os 65-69 anos xa se vacinou o 57,6% da poboación, no grupo 70-74 anos vacinouse o 66,2% e, no grupo de poboación con 75 ou máis anos o 79,7% de poboación xa está vacinada.

No que atinxe á vacinación dos profesionais sanitarios, este balance anticipado ao peche da campaña deixa unha cifras moi semellantes aos do ano pasado. Así, ao final de campaña do 2020 vacinaranse un total de  31.053 profesionais, polos 29.148 da actual campaña.

Con todo, onde se detectou un descenso de persoas vacinadas foi no caso das embarazadas, onde polo de agora se vacinaron 5.038 persoas, polas 7.792 da pasada campaña.

A directora xeral de Saúde Pública convidou a toda a poboación que aínda non se vacinou da gripe a facelo nas vindeiras datas, poñendo o foco naqueles persoas que integran os grupos de poboación diana. Ademais, lanzou unha mensaxe de agradecemento a todos os profesionais sanitarios, en especial ao persoal de enfermería, cuxo labor e esforzo está a protexer a saúde dos galegos e galegas.

Nesta mesma liña, Alberto Fuentes, subliñou que “a vacina é a mellor ferramenta  de prevención” para evitar as complicacións que pode ocasionar esta enfermidade de carácter infeccioso-respiratorio.

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 7 e sábado 8 de xaneiro

0

Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (ao Carón do Centro Cultural) o venres 7 en horario de 10:15 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas e o sábado 8 de 10:15h ás 15:00h.

O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.

Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar espere 2 horas. Non esqueza traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Informe ao médico se está a tomar algún medicamento. É desexable solicitar cita para doar no telefono gratuíto 900 100 828.

O Concello do Rosal adórnase polo Nadal

0

Ao Concello do Rosal gústalle o Nadal e quere que todos os veciños e veciñas desfruten destas festas nas rúas do municipio. Por iso, este ano, quere poñer en valor a fermosa decoración dos espazos públicos.

Destaca, sobre todo, a do Mercado Municipal coa que o Concello trata de incentivar as compras no comercio de proximidade, xa que, en palabras da alcaldesa, Ánxela Fernández, “mercar no Rosal vale dobre”, así como, a do Concello para facer os trámites dos cidadáns máis agradables.

A rexedora tamén quere agradecer ao CRA María Zambrano a súa colaboración coa creación de árbores de Nadal, así como a toda a veciñanza que está a traballar para decorar distintos espazos do municipio polo Nadal, dende as súas casas ata lavadoiros públicos, como fixeron os veciños de Caselas coa instalación dun nacemento. “Non podemos perder a ilusión e as ganas de alegrar aos nosos veciños e veciñas en tempos tan difíciles”, conclúe.

A veciñanza de Ponteareas xa pode recoller o calendario 2022 que homenaxea a obra do caricaturista Vidales Tomé

O Concello de Ponteareas quere agasallar a toda a veciñanza co seu Calendario Galego 2022 no que homenaxea ao gran caricaturista ponteareán Vidales Tomé. Todas as persoas que o desexen poderán adquirilo no Concello ou na Biblioteca Municipal de maneira totalmente gratuíta.

A alcaldesa, Cristina Fernández Davila, explica que con este calendario “queremos reflectir o traballo deste gran artista, persoa nada en Ponteareas a finais do século XIX., e que cos seus debuxos foi quen de reflectir unha época”. O deseño destaca viñetas críticas, sarcásticas moitas veces, cun gran sentido do humor e que, en palabras da rexedora, “seguen sentíndose actuais”. Vidales Tomé puxo de relevo cos seus debuxos e cun gran sentido do humor os aspectos máis negativos do momento que lle tocou vivir nunha Galicia caracterizada pola fame, a pobreza, a emigración e a falla de igualdade social.

Cristina Fernández Davila tamén quere facer unha mención especial ao veciño Miguel Novoa, xa que foi el o que aportou todo o material usado para a elaboración desta edición do Calendario “coa que imos dar a coñecer o carisma e creación deste ponteareán que viviu unha época convulsa na primeira metade do século pasado e que este Goberno, como quería Xosé Represas en concreto, recoñece”.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, tamén destaca que o legado de Vidales Tomé está ben continuado pola boa factura de debuxantes que hai en Ponteareas, como Pablo Prado e Anémona de Río, que publicaron recentemente dous álbums con Galaxia e Xerais: “O derradeiro libro de Emma Olsen”, adaptación da novela de Berta Dávila, e a “A proba da auga”, e tamén Sergio de Arcos. Os tres foron gañadores do premio de banda deseñada de O Garaxe Hermético.

O Concello de Salceda entrega os premios do seu 1º Concurso #ConSalceda de Pinchos e Tapas

O Concello de Salceda de Caselas entregou os premios do 1º Concurso “Consalceda Pinchos e Tapas”, tralo éxito obtido nesta primeira edición celebrada entre o 19 e o 28 de novembro. Os establecementos gañadores recibiron os galardóns de mans da alcaldesa Verónica Tourón, e da presidenta de ACISA, Elisa Rodríguez Vaqueiro, nun acto celebrado na Casa da Cultura de Salceda.

Os establecementos premiados tras a votación popular realizada ao longo do concurso foron:  na categoría de tapa, o 1º premio para La Marujita, coa tapa Arepa Galega, e o 2º premio para O Recuncho, coa tapa Recuntaquiños. E na categoría de pincho, 1º premio Cafetería Altamira, co pincho Terra e Mar, e o 2º A Tabertenda, co pincho Ecomexillón.

No mesmo acto realizouse o sorteo de tres vales entre as persoas que degustaron as tapas e os pinchos: un vale de 100 euros aportado polos locais participantes para consumo nos seus establecementos, un vale de 300 euros aportado polo Concello de Salceda para o consumo en todo o comercio local, e un vale de 500 euros aportado por ACISA (Asociación de Comerciantes e Industriais de Salceda) para consumir nos establecementos asociados.

Verónica Tourón, alcaldesa de Salceda, indicou que “continuaremos a por en marcha iniciativas que activen e dinamicen a economía de Salceda. Investir no noso comercio e hostalería é investir en toda a veciñanza”.

Tamén se fixo entrega dos agasallos directos ás persoas que completaron a ruta selando en todos os establecementos participantes.

Con esta iniciativa a alcaldesa e concelleira de comercio quixo poñer de relevo a marca #ConSalceda, coa finalidade  de convertela nunha referencia e seguir dinamizando e dando visibilidade ó comercio e a hostalería local, axudando así a un dos sectores máis afectados pola pandemia, e que sufriu restricións que non lles permitiron desenvolver a súa actividade de xeito normal, con limitacións en horarios e aforos, ademais de peches. Así como acentuou “a colaboración e aportación da asociación de comerciantes e dos establecementos que participaron”.

O Goberno redondelán mellora a accesibilidade da Praza de Abastos coa instalación dun ascensor

0

O Concello de Redondela vén de dar por rematadas as obras de accesibilidade da Praza de Abastos coa instalación dun ascensor que permitirá que, por unha banda, este edificio municipal cumpra coa normativa de accesibilidade en edificios públicos e por outra permita a dinamización e aproveitamento da primeira planta do inmoble, accesible ata o de agora só a través das escaleiras.

As obras, realizadas pola empresa Ocisat, S.L. supuxeron un investimento de 44.048,46 euros –IVE incluído– e contaban cunha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural –no programa de subvencións para proxectos de rehabilitación e reforma de mercados municipais– e cofinanciadas polos fondos europeos FEDER.

A mellora a accesibilidade era un paso imprescindible para o obxectivo que para esta instalación teñen marcadas as concellerías de Feiras e Mercados e Comercio, que xestionan Vicente Lamas e María Castro, respectivamente, que non é outro que converter a praza de abastos de Redondela nun mercado moderno e competitivo e que poña en valor o comercio de proximidade e sexa referencia de produtos de calidade.

Tanto a alcaldesa como a concelleira de Comercio lembraron que as obras de accesibilidade agora realizadas, “non son máis que o punto de partida dun programa de modernización que contempla a rehabilitación total do edificio” e para o que “xa existe un proxecto de reforma con máis de 1,5 millóns de euros de investimento”.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas insistiu na importancia de que o Mercado de Abastos de Redondela, modernizado e accesible, convértase “no centro dinamizador da economía da contorna” . A Praza de Abastos, afirmou a rexedora redondelá, “é xa un lugar de venda de produtos de proximidade de calidade contrastada e, ten que dar agora un paso adiante, para ser tamén un espazo vivo e centro de dinamización social da zona”.

A Cañiza entregou este ano cerca de 10.000 quilos de alimentos

0

O Concello da Cañiza entregou este ano cerca de 17.000 quilos de alimentos ás familias incluídas nos programas de acción social municipal. Nestes días previos á Noiteboa, o Concello fixo entrega de 2.500 quilos de alimentos e produtos de hixiene e, nesta ocasión especial, doces de Nadal, ás 35 familias do programa.

Según informou o alcalde, Luis Piña, o Concello adquiriu con fondos propios 8000 quilos de alimentos, aos que  hai que sumar outros 8000 quilos procedentes do Convenio de Adhesión ao Programa Operativo FEAD 2021. 

A Adhesión a este convenio converte ao Concello en participante como organización asociada de reparto no programa de axuda alimentaria do fondo de axuda europea para as persoas máis desfavorecidas. Está promovido polo Ministerio de Interior,  Consellería de Política Social e Cruz Roja.

A estes 16.000 quilos hai que engadir as doazóns  anónimas de veciños e asociacións, que aportaron durante este ano 400 quilos de produtos de alimentación e hixiene e neste mes de decembro 80 quilos de produtos navideños.

Un total de 16.480 quilos para as 35 familias que actualmente están incluidas nos programas de acción social e que reciben unha media  de 470 quilos de comida anual por familia.

O alcalde desexa agradecer a vontade de toda a xente que colabora nestes programas coas súas achegas solidarias.

Tamén destacar a aportación da Deputación de Pontevedra que este ano aportou  6.302,40 € para adquisición de produtos de primeira necesidade.

O Concello do Rosal alegará contra o parque eólico do Merendón

0

O Concello do Rosal anuncia que alegará contra o parque eólico do Merendón. A Xunta publicou hoxe no DOG que este proxecto, que inclúe cinco aeroxeradores, cinco centros de transformación e dúas subestacións entre Oia e O Rosal, será tramitado por urxencia e que está en fase de estudo ambiental.

A alcaldesa, Ánxela Fernández, anuncia que “no Rosal non vamos apoiar nunca unha forma de proceder e de actuar que favorece aos oligopolios enerxéticos fronte aos dereitos das comunidades locais e o interese colectivo”.

A rexedora tamén se mostra contrariada con que a publicación no DOG desta resolución sexa en plenas festas, con moito persoal municipal de vacacións, e que o prazo de presentación de alegacións sexa soamente de 15 días a contar dende mañá. “A pesares das grandes dificultades que supón para nós esta forma de actuar da Xunta, imos a presentar todas as alegacións que consideremos pertinentes”, incide.

Ánxela Fernández engade tamén que no Rosal non estamos en contra de impulsar as enerxías renovábeis, entre elas a eólica, xa que “precisamos un modelo alternativo ao consumo do petróleo que poña en valor a potencialidade do noso territorio de xeito sustentábel e beneficie o desenvolvemento económico a nivel galego, e non un que é depredador e responde exclusivamente aos intereses externos”.

“Estamos en contra deste proxecto eólico da Xunta e da forma de proceder das empresas promotoras que, amparadas no plan do Goberno galego, non deixan de presentar proxectos para ponderar a aceptación das administracións e da xente do territorio. Enerxías renovables si, pero non así”, conclúe.

A Deputación comeza o luns coa distribución de máscaras nos concellos da provincia

Os 52 concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia recibirán desde este luns un total de 120.100 novas máscaras nun operativo coordinado pola Deputación de Pontevedra no marco do acordo de colaboración institucional coa Subdelegación do Goberno e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), para facer chegar o material de protección aos colectivos máis vulnerables. As máscaras repartiranse con criterios obxectivos en función da poboación e do factor de envellecemento dos concellos como se vén facendo dende o comezo da pandemia.

Con esta son xa cinco as reparticións de máscaras efectuadas pola Deputación, sumando un total de 386.600 unidades. En concreto, a institución provincial achegou unha primeira remesa de  57.000 máscaras en maio de 2020, unha segunda de 97.500 en setembro, unha terceira de 58.000 en novembro e outra de 54.000 en decembro, gracias a este plan de cooperación institucional.

A Deputación enviou unha carta aos alcaldes e alcaldesas da provincia para informarlles da chegada deste novo envío destacando que o material está destinado “aos colectivos máis vulnerables do voso territorio”, xunto a operarios de limpeza e residuos sólidos, traballadores/as sociais e policías locais. Ademais explica os criterios de reparto, que asignan 1.250 unidades aos concellos de menos de 3.000 habitantes, 1.900 aos que teñen de 3.000 a 5.000, 2.500 aos que contan de 5.000 a 10.000 habitantes, 3.050 unidades aos de entre 10.000 e 15.000 habitantes e, finalmente, 3.500 aos concellos de 15.000 a 20.000 habitantes. As caixas, co material correspondente a cada concello, xa están preparadas e listas para o transporte que se fará, directamente, ata as casas do concello ou lugares que indique a persoa responsable de recibilas.

COMARCA DE VIGO24.250 máscaras
O Porriño3.550
Nigrán3.550
Gondomar3.050
Mos3.550
Baiona3.050
Salceda de Caselas2.500
Soutomaior2.500
Pazos de Borbén1.250
Fornelos de Montes1.250
COMARCA BAIXO MIÑO13.500 máscaras
Tomiño3.050
Tui3.550
A Guarda2.500
O Rosal2.500
Oia1.900
COMARCA CONDADO PARADANTA24.250 máscaras
Salvaterra de Miño2.500
A Cañiza2.500
As Neves1.900
Mondariz1.900
Covelo1.250
Arbo1.250
Crecente1.250
Mondariz-Balneario1.250

O Monte Veciñal de Covelo rexeita a construción do parque eólico da Telleira

0

A asemblea xeral do Monte Veciñal de Santiago de Covelo (concello de Covelo) acordou por
unanimidade rexeitar a instalación na súa propiedade do parque eólico da Telleira, promovido polo grupo empresarial Adelanta.

Así denuncian o intento de espolio ambiental, paisaxístico, económico e cultural, non só deste monte, senón en toda Galicia.

O monte veciñal de Covelo non se opón ao desenvolvemento da enerxía eólica no país,
necesario para a descarbonización e a electrificación da enerxía consumida, mais entende que a actual planificación dual da Xunta e do Estado posúe 3 trazos que a fan indesexable:

É socialmente inxusta

Porque os prexuízos e os impactos son para a xente do rural, por mor da construción de novas vías de acceso aos montes, de multitude de liñas de alta tensión, do ruído, a reclasificación e cambios dos usos do solo, a perda de valor das propiedades, o impacto paisaxístico… mentres que os beneficios son para uns poucos debido á centralización e ao oligopolio eléctrico.

Economicamente é un roubo

Porque apenas o 1% da facturación anual dos PPEE recae nos propietarios dos montes onde están situados segundo datos do OEG (Observatorio Eólico de Galicia) e as empresas poden expropiar os terreos.

É ambientalmente insustentable

Porque o actual Plan Sectorial Eólico carece de avaliación ambiental estratéxica e os espazos
protexidos en Galicia son moi reducidos pois a ampliación da rede Natura 2000 foi paralizada.

O Monte Veciñal de Santiago de Covelo forma parte dende 2018 do rexistro ICCA, elaborado polo Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente. É a primeira área da península Ibérica (xunto á CMVMC de Froxán) e a terceira de Europa en acadar este recoñecemento.

Esta listaxe recoñece os mellores exemplos da xestión comunal do territorio por parte dos seus habitantes.

As liñas mestras de ICCA, nome baixo o que se recoñecen todos aqueles territorios xestionados polas comunidades locais, xiran en torno a tres puntos principais: unha comunidade ben definida e vencellada ao territorio (a veciñanza); un sistema propio de gobernanza e toma de decisións que teña en conta a participación da mencionada comunidade (a asemblea); e un compromiso de conservación e uso sustentábel do hábitat para evitar danos ou deterioro medioambiental (o monte).

O Concello de Ponteareas informa que a Policía Local dispón de imaxes do vertido de aceite na praza de Bugallal

O Concello de Ponteares informa de que a Policía Local dispón de imaxes do momento no que se producíu o vertido deliberado de aceite sobre o pavimento da Praza de Bugallal o pasado mes de setembro. Nas imaxes obtidas obsérvase a un individuo, varón, camiñando polo espazo e portando un recipiente cuxo contido líquido vai vertendo ao longo do seu percorrido dende a rúa Morales Hidalgo ata a rúa Senén Canido.

Segundo informan no Concello as imaxes tamén permiten observar o rostro do autor dos danos así como outras características físicas. As imaxes foron facilitadas pola Policía Local á Garda Civil para que os seus servizos científicos poidan mellorar a súa calidade e definición permitindo así a correcta identificación do autor do vertido.

O Concello agradece a colaboración cidadá e da Garda Civil imprescindíbel para identificar ao autor do vertido e para poder esixir as correspondentes responsabilidades.

Danos causados na praza do Bugallal

Ecovidrio e Redondela impulsan a reciclaxe de vidro durante o Nadal cunha árbore formada por ‘miniglús’

0

Ecovidrio, entidade sen ánimo de lucro encargada da xestión da reciclaxe dos residuos de envases de vidro en España, en colaboración co Concello de Redondela, instalou na mañá de onte na Praza da Constitución, unha orixinal Árbore de Nadal de catro metros de altura formada por un total de 75 miniglús.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada polo concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Álvarez e o xerente de zona de Ecovidrio, Germán Fernández, asistiu á colocación deste peculiar adorno de Nadal que forma parte dunha campaña de sensibilización para concienciar aos e ás redondelás sobre a importancia da reciclaxe de envases de vidro durante as celebracións de Nadal, nas que se xera ata o 20 % de todos os residuos de envases de vidro do ano.

Na contorna da árbore de miniglús quedou instalada unha caseta informativa –aberta de 11:00 h a 18:30 horas– na que educadores ambientais informan á cidadanía sobre a forma de separar correctamente os seus envases de vidro e os beneficios ambientais da súa reciclaxe. Durante toda a xornada de hoxe repartiranse 75 miniglús do Nadal e plantas de acivro entre os visitantes da caseta que respondan a unhas sinxelas preguntas sobre a reciclaxe de vidro.

A alcaldesa de Redondela, que agradeceu a iniciativa de Ecovidro, subliñou a importancia da reciclaxe “como medida fundamental para a conservación do medio ambiente” e lembrou a forte aposta “que pola reciclaxe, en todos os seus aspectos, está a realizar o Goberno local a través da Concellería de Medio Ambiente”. Animou Digna Rivas á veciñanza “a poñer o seu gran de area para, entre todos e todas, deixar aos nosos fillas e fillas un entorno natural sostible”.

A reciclaxe de vidro en Redondela

Segundo os últimos datos oficiais de 2020, a cidadanía de Redondela reciclou un total de 401 toneladas de envases de vidro, o que supón que cada persoa reciclou unha media de 13,7 quilogramos deste material.

Respecto á taxa de contedores/habitante, Redondela sitúase cunha media de 228 persoas por contedor, contando na actualidade cun total de 128 iglús para os residuos de envases de vidro instalados na provincia.

Máis sobre a reciclaxe de vidro

O vidro que se deposita nos contedores recíclase ao 100 % e utilízase para a fabricación de novos envases, de forma indefinida e sen perder as propiedades orixinais.

Reciclar vidro é un elemento crave na loita contra o cambio climático. Ao usar calcín –vidro reciclado– na fabricación de novos envases evítase a extracción de materias primas da natureza, evitando a erosión dos chans e a deforestación da nosa contorna. Ademais, minimízase a emisión de CO2 no proceso de fabricación, afórrase enerxía e evitamos o crecemento das entulleiras.

Sobre Ecovidrio

Ecovidrio é a entidade sen ánimo de lucro encargada da xestión da reciclaxe de residuos de envases de vidro en España. Tras a aprobación da Lei de Envases e Residuos de Envases en 1997 e o arranque das súas operacións en 1998, converteuse na entidade xestora dun modelo de reciclaxe que garante un servizo completo e ao que teñen acceso todos os cidadáns. En termos de financiamento, 8.000 compañías envasadoras fan posible, coa súa achega a través do punto verde, o sistema de reciclaxe.

O labor de Ecovidrio destaca por garantir a reciclaxe de alta calidade a través do contedor, potenciar as infraestruturas de contenerización e recollida, investir en plans e recursos destinados a incrementar a reciclaxe de envases de vidro na hostalería, mobilizar aos cidadáns a través de campañas de sensibilización e promover a prevención e o ecodiseño dos envases.

Nas últimas dúas décadas o sistema de Ecovidrio permitiu o crecemento exponencial da taxa de reciclaxe pasando dun 31,3% no ano 2000 ao 79,8% en 2019, segundo os últimos datos oficiais do Ministerio para a Transición Ecolóxico e Reto Demográfico ( MITERD).

A reciclaxe de envases de vidro é un elemento fundamental para contribuír ao desenvolvemento sostible, fomentar a transición cara á economía circular e loitar contra o cambio climático. Ademais, a reciclaxe de envases de vidro é unha actividade apoia o cumprimento da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, concretamente, redunda sobre os obxectivos (11) Cidades e comunidades sostibles, (12) Produción e consumo responsables e (13) Acción polo clima.

O Concello de Arbo manterá conxeladas as taxas e os impostos municipais

0

O Concello de Arbo manterá a conxelación de todos os impostos e taxas municipais para o próximo ano 2022, unha medida que busca reducir a presión económica sobre a veciñanza e sobre todos os sectores produtivos da vila, continuando na senda da mellora dos servizos sin subir impostos marcada por este grupo de goberno.

A contención da presión fiscal, máis se cabe, durante esta época de pandemia, supón un obxectivo fundamental para este grupo de goberno, que pretende non agravar as dificultades nos fogares dos nosos veciños que se están a producir a consecuencia da subida do prezo de servizos básicos como luz, gas, combustible… xunto con todos os produtos de primeira necesidade, sumada á crise que está afectando gravemente á economía local

Consideramos, polo tanto, necesario continuar coas políticas de mellora na atención ás necesidades da veciñanza sen prexudicar o seu poder adquisitivo nin lastrar os nosos sectores produtivos, bases fundamentais para unha reactivación que esperamos e desexamos sexa firme durante o vindeiro ano.

O Concello de Arbo non reparará nin en esforzos nin en recursos para retomar a actividade e restablecer a calidade de vida que desfrutábamos hai uns meses, cun programa de goberno no que non se recolle ningún tipo de aumento na carga impositiva para os veciños de Arbo, optimizando a aplicación dos ingresos ás necesidades da cidadanía.

Carmela Silva coñeceu as propostas do II Concurso de Decoración de Nadal

Traballadores dos servizos da Deputación de Pontevedra participan por segundo ano, e tralo parón do 2020 debido á pandemia, no concurso de decoración de Nadal organizado pola institución baixo o lema “Espírito do Nadal”, e cuxas propostas coñeceu Carmela Silva, que visitou os departamentos. En todas as candidaturas aos premios, as e os traballadores teñen empregado materiais reciclados, dentro da aposta da institución pola sostibilidade e o medio ambiente. Tras ver as iniciativas desenvolvidas polo persoal nos distintos centros de Príncipe Felipe, o Pazo Provincial e o Edificio Administrativo, a presidenta provincial amouse “moi orgullosa” da gran acollida e participación agradeceu a “inmensa” implicación no concurso, cuxos premios daranse a coñecer mañá xoves 23 no transcurso do tradicional acto previo á Noiteboa no que todos os anos se homenaxea ao persoal que se xubila.

A visita comezou en Príncipe Felipe, onde Carmela Silva puido coñecer xunto ao persoal e nenos e nenas residentes a decoración no Centro Infantil, a Escola Fogar, o Centro Agarimo e a cafetería, con propostas orixinais nas que participaron as crianzas destes centros, entre as que hai que citar unha aldeíña de Nadal, unha árbore elaborada a base de xornais ou a espectacular cheminea na que nestas datas aparecerán de seguro moitos agasallos. A película “Charlie e a fábrica de chocolate” serviu de inspiración para varias destas propostas.

No Edificio Administrativo, a presidenta detívose especialmente nos servizos de Igualdade e Cooperación, así como os de Novas Tecnoloxías, Gabinete Lingüístico e Telefonía. Neste inmoble puido ver desde o ambiente discotequero co emprego de numerosos elementos tecnolóxicos, ata unha árbore creada cos escudos dos 61 concellos da provincia, outra a base de libros, e unha terceira cos abanos vermellos deseñados para o certame Mulleres no Foco, co lema #Haimulleres. Xa no Pazo Provincial, Carmela Silva visitou ás áreas de Intervención, Protocolo, Medio Ambiente, Deportes, Cultura e Comunicación Institucional. Nesta sede destacan entre outras propostas un trono de desexos, unha zorra elaborada a base de cartón, un plató de cinema e, sobre todo, a animación amosada polos e polas traballadoras, que incluso se atreveron con coreografías de Nadal. No certame tamén participou de xeito activo o persoal da Finca Mouriscade, a Estación Fitopatolóixica Areeiro, das oficinas do ORAL, do Parque de Maquinaria e da sede de Turismo Rias Baixas , ata onde se achegaron tamén hoxe deputadas e deputados provinciais que subliñaron as súas orixinais iniciativas. 

Gran éxito da Ruleta da Sorte de Redondela

0

A Ruleta da Sorte da Praza de Abastos de Redondela tivo unha gran acollida por parte da clientela, na que na mañá de onte repartironse centos de premios.

Ademais de artigos promocionais como paraugas, botellas ou mandís, a ruleta contou cos agasallos máis frescos do Nadal como: bacallau, pescada, rape, zamburiñas e moitos outros produtos frescos que pódense atopar no mercado, ademais de 20 vales de compra para seguir mercando durante estas datas na praza de abastos.

Ante o éxito da iniciativa, espérase poder repetir esta actividade e que ninguén se quede sen premio. Nos vindeiros días anunciarase a nova data na que se repetirá esta iniciativa promovida pola Asociación de Empresarios de Redondela en colaboración co Concello de Redondela.

Os establecementos da praza seguen da repartir boletos nos que se poden gañar tiradas na ruleta da sorte e entrar no sorteo de vales de compra.

As primeiras valoracións dos praceiros foron moi positivas e expresaron o seu desexo de repetir esta iniciativa en máis ocasións.

O Baixo Miño alza a súa voz por unha sanidade de calidade

Antonte, na Guarda, O Baixo Miño alzou a súa voz por unha sanidade de calidade, xa fartos da precariedade da atención primaria na comarca. Centos de persoas reclamaron á Xunta nunha marcha protesta máis recursos, máis profesionais e mellores condicións laborais.

O Concello do Rosal, encabezado pola alcaldesa, Ánxela Fernández, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Rosal e moitos veciños e veciñas estiveron presentes para mostrar o seu gran rexeitamento a situación actual que se vive no municipio.

Antonte o centro de saúde rosaleiro quedou sen ningún médico para consulta nin para urxencias deixando aos máis de 6.000 habitantes do Rosal sen o servizo mínimo recollido por lei, un episodio máis de precariedade que se suma a eliminación do servizo de pediatría, ao peche da consulta de San Miguel, xunto a unha atención baseada, ata hai pouco, en primar consultas telefónicas sobre as presenciais e con restricións de acceso ao Centro de Saúde.