15.1 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoSalvaterra de MiñoComezan as obras de mellora no pavillón de Salvaterra

    Comezan as obras de mellora no pavillón de Salvaterra

    Aproveitando o parón do Nadal e a cancelación temporal das actividades por mor da Covid-19, o Concello de Salvaterra de Miño puxo en marcha as obras de mellora no Pavillón municipal Cándido Carrera.

    O obxectivo da obra consiste en facer o pulimento da pista, así como a substitución das tarimas estragadas polo uso constante e pintar novamente as liñas que marcan as superficies regulamentarias de cada disciplina deportiva que ofrece a instalación.

    É unha obra tan necesaria como urxente, xa que os deportistas da vila precisan dunha instalación adecuada para unha práctica segura e non se poden demorar para que non lles afecte nos seus adestramentos, tendo en conta tamén que á volta do Nadal os colexios e as ANPAS tamén retoman as súas actividades.

    Por todo isto, o parón será mínimo para que o día 10 de xaneiro cando comecen as clases, o pavillón presente un novo aspecto rexuvenecido e quede listo para cubrir as necesidades propias d@s deportistas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.