10.4 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasLucia Piñeira e Ismael Romero campións da Copa de Galicia de Descenso

    Lucia Piñeira e Ismael Romero campións da Copa de Galicia de Descenso

    A corredora da categoria Cadete Feminino, Lucia Piñeira, proclamouse Campioa das modalidades de ciclismo de Enduro e de Descenso.

    Así mesmo o outro corredor do Club, Ismael Romero, proclamouse Campión da Copa de Galicia de Descenso.

    Despois dunha tempada 2021 marcada pola suspensión de varias probas de ámbito autonómico e nacional, estando varios corredores do Club presentes en varias probas da Copa de Galicia e de España, tanto de  Enduro como de Descenso, xa se atopan preparando a Tempada 2022.

    Ismael Romero e  Lucia Piñeira recibirán un galardón como Campións de Galicia de Enduro e DH, na Gala do Ciclismo Gallego, que se celebrará proximamente.

    Desde o Club Ponte Bike, animan a que se és amante do Enduro, DH ou XCO, se contacte con eles para poder estar federados na videira tempada 2022, a través do seu enderezo de contacto pontebiketeam@gmail.com ou do teléfono 653461257.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.