17.7 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación aproba novas bolsas "Depo_Dan" e "Depo_Promesa" para deportistas

    A Deputación aproba novas bolsas “Depo_Dan” e “Depo_Promesa” para deportistas

    As achegas servirán apoiar a atletas de renome internacional como Martín de la Puente, Támara Echegoyen ou Gustavo Rodríguez

    A Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión das bolsas da segunda convocatoria das marcas provinciais “Depo_Dan” e “Depo_Promesa”. Nesta ocasión a Xunta de Goberno deu luz verde a 23 subvencións por un total de 25.850 euros. Estes fondos, sumados aos 199.000 euros concedidos na primeira convocatoria, fan que as e os deportistas recoñecidos con estas marcas conten neste 2021 cun total de 224.850 euros da institución provincial.

    Este é o terceiro ano que a Deputación outorga as bolsas “Depo_Dan” e “Depo_Promesa”, para as que realizou unha segunda convocatoria posto que moitas e moitos deportistas da provincia non puideron facer as súas solicitudes na primeira quenda por atoparse en grupos burbulla antes das olimpíadas ou mesmo estar en Tokio. Con estas achegas súmanse á marca provincial deportistas de 11 concellos, algunhas e algúns de renome internacional como Martín de la Puente, Támara Echegoyen ou Gustavo Rodríguez.

    Con estas novas 23 incorporacións a Deputación suma un total de 204 deportistas becadas e becados (155 na categoría “Depo_Dan” e 49 en “Depo_Promesa”), das que 84 son mulleres. Co apoio provincial todas elas e eles poderán adestrar e preparar os seus obxectivos deportivos coa maior tranquilidade e coa maior dedicación posible. Ademais, as achegas servirán para apoiar e posibilitar a súa participación nas competicións internacionais e nacionais  e axudarlles a conseguir as súas metas deportivas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.