O Concello da Cañiza entregou este ano cerca de 17.000 quilos de alimentos ás familias incluídas nos programas de acción social municipal. Nestes días previos á Noiteboa, o Concello fixo entrega de 2.500 quilos de alimentos e produtos de hixiene e, nesta ocasión especial, doces de Nadal, ás 35 familias do programa.
Según informou o alcalde, Luis Piña, o Concello adquiriu con fondos propios 8000 quilos de alimentos, aos que hai que sumar outros 8000 quilos procedentes do Convenio de Adhesión ao Programa Operativo FEAD 2021.
A Adhesión a este convenio converte ao Concello en participante como organización asociada de reparto no programa de axuda alimentaria do fondo de axuda europea para as persoas máis desfavorecidas. Está promovido polo Ministerio de Interior, Consellería de Política Social e Cruz Roja.
A estes 16.000 quilos hai que engadir as doazóns anónimas de veciños e asociacións, que aportaron durante este ano 400 quilos de produtos de alimentación e hixiene e neste mes de decembro 80 quilos de produtos navideños.
Un total de 16.480 quilos para as 35 familias que actualmente están incluidas nos programas de acción social e que reciben unha media de 470 quilos de comida anual por familia.
O alcalde desexa agradecer a vontade de toda a xente que colabora nestes programas coas súas achegas solidarias.
Tamén destacar a aportación da Deputación de Pontevedra que este ano aportou 6.302,40 € para adquisición de produtos de primeira necesidade.