Domingo, 1 Xuño de 2025

A UVigo e o sector da hortofloricultura do Baixo Miño inician unha senda de colaboración

0

Tender pontes entre a academia e a sociedade e achegar o coñecemento científico que se xera nos laboratorios universitarios ao tecido empresarial, tratando de dar respostas ás necesidades e demandas das empresas. Ese é o obxectivo do encontro de transferencia que este venres tivo lugar no Concello de Tomiño entre a Universidade de Vigo e a Asociación de Cultivos do Baixo Miño, acuBam.

A iniciativa congregou a 14 grupos de investigación xunto cos representantes das empresas do sector da hortofloricultura. A xornada arrancou cunha visita a Flores Toxal, na Guarda, e a  Viveiros Río Tollo, en Goián para, posteriormente, trasladarse ao salón de plenos do Concello, onde se desenvolveu unha sesión de traballo na que as empresas do agro do Baixo Miño explicaron a situación actual do sector e os principais retos que teñen por diante, mentres que o persoal científico da Universidade lles presentou as liñas de investigación que se están desenvolvendo en eidos que poden de ser de interese para estas compañías. Por exemplo, abordáronse temas como a reutilización das augas sobrantes da rega, a xestión dos residuos orgánicos, a viabilidade de diferentes alternativas enerxéticas, as técnicas de loita BIO contra as pragas, o uso de drones para facer inventarios de campo, a mellora da conectividade das explotacións, a mecanización e robotización ou a optimización da cadea de loxística. Tamén se presentaron liñas de investigación relacionadas coa metodoloxía LEAN, a situación laboral do sector a e posibilidade de elaborar un convenio colectivo sectorial ou unha campaña de promoción do sector.

Como explica a vicerreitora de Investigación, Belén Rubio, este encontro naceu do propio interese das empresas que conforman acuBam que, nunha xuntanza co reitor, solicitaron a posibilidade de abrir unha liña de cooperación que permitise exportar á contorna o coñecemento que se xera na UVigo, achegando así solucións a problemas reais das empresas, como os relacionados coa conectividade, precaria nesta zona da provincia, ou os relacionados coa automatización de procesos, entre outros.

Achegar riqueza ao territorio

Na inauguración do evento, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destacou que para o Concello é unha honra acoller estas xornadas de transferencia e agradeceu que “a Universidade saia da Universidade, que pise territorio e traslade o seu coñecemento ao sector empresarial de todo o Baixo Miño”. González lembrou que Tomiño é “un concello verde, que aposta pola industria de futuro, por unha agricultura moderna e sostible, para o que é imprescindible a innovación, a tecnoloxía e o coñecemento que tedes na Universidade e que é tan valioso, por iso nos encanta que hoxe esteades aquí”.

Pola súa banda, o reitor da Universidade, Manuel Reigosa, agradeceu a acuBam a súa iniciativa poñéndose en contacto coa Universidade e, ao Concello de Tomiño, a súa disposición. “Estamos hoxe plantando unha semente que esperemos que agrome no futuro”, destacaba Reigosa, ato tempo que recalcaba que “como Universidade pública e galega apostamos porque o noso territorio sexa máis rico e, para iso, temos que formar os mellores egresados e egresadas, facer investigación de primeiro nivel e apostar polo traballo público-privado en todos os sectores”.

Finalmente, no acto de apertura interveu a presidenta de acuBam, Mariví Álvarez, que puxo en valor o sector de cultivos de planta ornamental, flor cortada e horta, un sector que “representa o esforzo de persoas comprometidas co desenvolvemento sostible do Baixo Miño, persoas para as que esta xornada é unha recompensa e unha porta para reforzar o noso crecemento”. Neste sentido, subliñou que “a innovación é unha da claves para o cambio cara a sostibilidade, solo se apostamos por ela nos produtos, nos procesos e nas accións seremos capaces de crecer e ser unha referencia a nivel nacional e internacional”. Respecto ao sector da hortofloricultura na comarca, Álvarez destacou que contan “cun clima inmellorable, unha experiencia e un coñecemento indiscutible, pero son moitos retos os que afrontamos e algúns deles, como o cambio climático, a dixitalización, a captación de talento ou a profesionalización, sabemos que só podemos afrontalos reforzando os nosos lazos con outros actores do coñecemento, como é a Universidade de Vigo”. O acto deste venres, ao que tamén asistiu a alcaldesa do Rosal, será o primeiro dunha liña de colaboración que se prevé máis ampla e que permitirá que os representantes das empresas poidan coñecer os laboratorios e liñas de investigación dos grupos que consideren que poden achegarlles respostas ás súas demandas. A medio prazo isto permitirá establecer proxectos conxuntos que se traduzan na transferencia do coñecemento universitario cara o tecido empresarial.

O Concello de Nigrán recuperou a ‘Gala do Deporte’ con 40 premiados

0

O Concello de Nigrán recuperou este  domingo 3 de abril a súa ‘Gala do Deporte’ despois de que a pandemia a deixase sen celebrar desde 2019. O obxectivo deste evento foi recoñecer públicamente o bo traballo de 40 deportistas e clubes de todo o municipio que son referente en diferentes disciplinas. Un evento aberto ao público e incluirá unha exhibición do Acro Clube Nigrán, unha especialidade deportiva moi espectacular.

Mellores deportistas masculinos

JONATAN GIRÁLDEZ (1º adestrador do FC Barcelona Feminino 2021-2022 e campión de  liga 2020 e 21, copa 2020 e 21, supercopa 2020, liga de Campiona 2021)

GONY ZUBIZARRETA, deu o salto ao circuíto mundial de surf con 18 anos e acadou os títulos mundiais: ISA Grommets y Aloha Cup, WQS de Zarautz, Caparica e Algarve e Campión en dúas ocasións da Liga MEO Surf en Portugal

Mellor deportista feminina

EQUIPO FEMENINO DE PETANCA DE BOLOS DA CARRASCA. Campioas Liga Xunta De Galicia, Campioas  Fase Previa Campionato De España e   Tripletas e Campioas  Fase Previa al Campionato De España, Modalidade Dupletas e Individual

Mellor deportista revelación feminina

AINHOA REPARAZ, Campioa de ESPAÑA de 200 sub 18 pista cuberta en Barcelona; segunda no Campionato de ESPAÑA por autonomías en 100 en Granollers, Terceira no Campionato de ESP sub 18 ao aire libre en Huelva e batiu os récords galegos de 60 e 200 en pista cuberta sub 18 e 100 e 200 ao aire libre.

Mellor deportista revelación masculino

ANXO CARRIL, no ano 2020 Campión Galego Junior Ciclocross, en 2021, Subcampión Galego Sub23 Ciclocross, gañador do Ciclocross Borja Gómez Méndez en Ponteareas.

Mellor deportista deporte inclusivo masculino

AGUSTÍN ALEJOS, xogador do Ibercomsa Amfiv, internacional absoluto: medalla prata en Río 2016 e máximo anotador na Copa do Rei 2020

Mellor deportista deporte inclusivo feminina

UXÍA CHAMORRO, debut co primeiro equipo do Ibercomsa Amfiv na presente temporada e convocada a concentracións da selección absoluta en 2021

Mellores eventos do 2021

Campoionatpo de España de Surf Adaptado (Patos)

Campionato de España de Petanca (A Carrasca e Lourido)

Mellor club ou entidade deportiva

Federación Galega de Bolos Celta

Patrocinio e colaboración co deporte

NASAS  pola súa colaboración e patrocinio do Campionato de España de Petanca e o patrocinio do Asociación Deportiva Priegue Veteranos

Traxectoria deportiva

Eduardo Simoes, Utillero e mantenedor do Campo de Fútbol do Vilariño nos últimos 30 anos.

Suso Rodríguez Pérez, toda unhavida adicada á promoción e posta en valor dos Bolos Celta.

MENCIÓNS POR DEPORTES

Atletismo feminino: NAYR CORTEGOSO. Dobre medallista de bronce no Campionato de ESP por Autonomías sub 16 (bronce en lonxitude e bronce coa selección galega no 4×100) en Cuenca. Campioa galega en lonxitude sub 16. Mellor marca galega sub 16 en lonxitude no 2021 (5.35) e Subcampioa galega sub 16 en lonxitude en pista cuberta.

Atletismo masculino: RICARDO CORTIZO. Vencedor da V Xornada das Series Municipais de Vigo en 60 e 400, 2º na serie 2 do Meeting de Braga en 400, 3º no Meeting Ourense Termal Athletics, 5º no Campionato de Galicia de inverno en 400 sub 23 e 6 no Campionato de Galicia sub 23 en 400.

Baloncesto feminino: TANIA GALLEGO GARCÍA

Baloncesto masculino: EQUIPO JUNIOR MASCULINO CB NIGRÁN

Bolos Celtas: SERGIO FERNÁNDEZ DA ROCHA

Columbofilia: JOSE MANUEL MACIEL COMESAÑA

Fútbol feminino: SANDRA SEIJO HERMIDA

Fútbol masculino: MIKI VILLAR. En xuño de 2021 asinou un contrato de dous anos coa UD Ibiza, que viña de ascender por primeira vez na súa historia á Segunda División. Debutou na categoría de prata na primeira xornada da tempada 2021/22, contra o Zaragoza na Romareda e marcou o seu primeiro gol na xornada 15, contra a Real Sociedad B en Anoeta, dándolle a vitoria ao seu equipo por 0-1

Loita: DONÍS FERNÁNDEZ CHAMORRO, Subcamión de España en 2021 loita libre olímpica categoría 41kg e Medalla de bronce no recente Campionato de España

Natación: ZAIRA VILA CONDE, no campionato galego alevín de inverno, quedou ouro en 400 estilos e 200 braza, e bronce en 200 estilos.

Pádel: EQUIPO FEMENINO URECA. Único equipo femenino de Nigrán en primeira división galega de pádel e leva desde 2016 en primeira.

Patinaxe feminino: SARA MARTÍNEZ

Patinaxe masculino: ARTURO MANZANARES

Petanca feminino: AMELIA VALVERDE, Campioa Galega en tripletas, dupletas, Campioa liga, 5 en un campionato de España. Coa selección: Subcampioa de España primeira categoría,  conseguindo ascenso a división de honra en la liga de comunidades e como técnica: campioa de España en 1 categorías.

Petanca masculino: ELADIO ARAUJO. Campión Galego Segunda Categoría, 3 na Liga Xunta de Galicia primeira Categoría e participación  Campionato de España 2022

Surf: ESPERANZA BARRERAS. Campeona del Mundo de Stand Up Paddle (SUP) e Paddleboard en El Salvador

Tenis feminno: CLEMEN ABALDE COMESAÑA

Tenis masculino: GONZALO MEIJIDE FRAGA

Tiro: Saturnino Pereira Vidal, Tuno.

Tiro con Arco: MIGUEL ÁNGEL RODRÍGUEZ ÁLVAREZ, 2019- Subcampión Campionato Galego Aire Libre. Lalín. 2020- Campión II Torneo Eliminatorias Torre de Hércules “Fernando Bardanca”. 2021- Campión Liga Ibérica de Tiro con Arco e 2022- Bronce Campionato Galego por equipos

Xadrez: Mauro Sanromán Misa, 3º clasificado no campeonato galego sub 18 de xadrez.

LAROCA A. Breixo Alvarez Dominguez, Artai Bringas Gómez, Constantino González Levices, Francisco Rego Lorenzo e Ricardo Fernández López. Copa Galicia 2020: Cuarta posición de 37 equipos de toda Galicia e na tempada 2020 conseguiu o ascenso a máxima categoría do xadrez galego, a División de Honra.

Ximnasia Acrobática: TRÍO INFANTIL FEMININO (Marta, Blanca, Tania). Primeira posición no Campionato Galego Élite 2021 e décimo segunda posición no Campionato de España Élite 2021.

As cinco mencións especiais foron á Asociación Arxentina de Bolos Celta, disciplina que foi levada alí polos emigrantes miñoranos e que mantén un contacto estreito cos clubes da comarca; a Patos Surf Club, entidade veterana na práctica deste deporte en Nigrán e que cumpre 30 anos; aos afeccionados de fútbol praia en Praia América que desde hai máis de 30 anos se reúnen neste areal os domingos para xogar; ao atleta lucense Adrián Ben que veranea desde neno no Camping Praia América e que se clasificou como finalista mundial e olímpico en 800 metros, e a Joaquín Chamorro de Kin Car, escudería de autocross que o galardonado creou despois de ser nos anos anteriores un dos pilotos máis laureados do panorama nacional nesta disciplina.

SmartPeme imparte tres novos obradoiros online esta semana

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana tres novas accións formativas impartidas online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versarán sobre Woocommerce, márketing dixital e Intelixencia Artificial e serán impartidas de 12.00 a 13.00 horas.

As actividades comezarán o martes 5 cun obradoiro sobre “Woocomerce: a solución que buscabas para vender por Internet II” no que María Aller, máster en marketing dixital, continuará na liña do taller impartido a semana anterior falando desta ferramenta tan sinxela e intuitiva que permite montar unha tenda online cun catálogo.

O mércores 6 Adrián Fernández, con ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas no ámbito da comunicación e márketing dixital, falará sobre “Márketing social: estratexias dixitais para entidades do terceiro sector”. Farao nun obradoiro no que se revisarán as principais estratexias en liña, as ferramentas e as canles dispoñibles máis axeitadas para as entidades do terceiro sector.

A derradeira das formacións desta semana terá lugar o xoves 7 e será o inicio dun itinerario formativo no que Manuel Freire, experto universitario en robótica, impartirá contidos sobre “Intelixencia Artificial, iniciación con robots”. Estes obradoiros versarán sobre Intelixencia Artificial aplicada ao recoñecemento de imaxes.

Abril, tiempo de confiar

Parece increíble que ya hayan pasado dos años desde que comenzó la pandemia, ¡qué rápido se acostumbra el ser humano a los cambios! ¡Increíble! Ojalá volver a esos tiempos en los que, cuando hablaba de ponerme una mascarilla, me imaginaba en casa haciendo el típico ritual nocturno antes de acostarme. Tiempos en los que tener tos y dolor de garganta no implicaban más que un catarro; o esos en los que podías dar abrazos y besos libremente (algunos sé que agradecéis que estos se hayan limitado; yo los echo de menos) sin pensar en un posible contagio.

Aunque parece que dos años después la situación está controlada hemos cambiado tanto… Para mí el mayor logro, sin duda alguna, es la importancia que se le ha dado a la salud mental (no por parte de los políticos, eso sí), si no que, entre nosotros, especialmente los jóvenes, nos hemos dado cuenta de que es básico para vivir (sobrevivir en algunos casos). Si nuestros pensamientos y nuestra cabeza no están bien ¿Cómo vamos a hacer frente a nuestro día a día? Quizás previamente al COVID no estábamos en nuestro mejor momento; puede que viviésemos a tal velocidad que no nos parásemos a pensar y analizar lo importante que es sentirse bien, saber estar a solas con uno mismo y el autocuidado (no solo a nivel físico).

No soy psicóloga ni experta en el tema, pero me encanta leer, informarme y aprender y, cuanto más lo hago, más consciente soy de que trabajar en uno mismo es fundamental y que, aunque suene egoísta, es importantísimo hacerlo ya que hará que nos sintamos mejor y, en consecuencia, favorecerá a todo nuestro entorno. Eso lleva a que existan personas que, cuando nos juntamos con ellas, nos dan un chute de energía; otras, por el contrario, nos la quitan. Se agradecen las personas vitamina.

Si estás leyendo esto posiblemente pienses “menudo mix de ideas tiene esta chica en la cabeza”, pero al principio de cada mes me fascina hacer borrón y cuenta nueva y dejar cosas atrás; pensar que el cambiar de mes son nuevas oportunidades y que todo lo que llegue será para mejor.

Os deseo a todos un feliz abril y os recomiendo juntaros con personas vitamina. Creedme, os harán bien.

No os olvidéis de seguirme a través de Instagram en @beasanfa.

Redondela substituirá o actual alumeado público das parroquias por luminarias de tecnoloxía LED

0

A Concellería de Servizos Públicos Básicos, que xestiona Vicente Lamas e na que se inclúen os Servizos Eléctricos, desenvolverá un ambicioso plan de renovación e modernización do alumeado público das parroquias para substituír as actuais luminarias por outra dotadas de tecnoloxía LED.

Os traballos que supoñen un investimento de preto dos 70 000 euros, serán financiados por fondos propios do Concello e realizados con persoal municipal. Evitar a externalización do servizo é, ao entender da alcaldesa Digna Rivas “un xeito de diminuír custes e ter control directo sobre os traballos que se realicen. No Concello contamos con persoal máis que cualificado no servizo eléctrico para a realización destas tarefas e que, ademais, contará co reforzamento de tres persoas contratadas a través do Plan Concellos.

O prazo de presentación de ofertas para este contrato, atópase xa exposto na Plataforma de Contratación do Sector pública (https://contrataciondelestado.es) e na páxina web do Concello de Redondela (https://redondela.gal).

“O alumeado público é un servizo básico para a cidadanía ao mellorar non só a comodidade á hora de realizar desprazamentos nas horas nocturnas, senón tamén as súas condicións de seguridade”, afirmou a alcaldesa Digna Rivas que puxo en valor o feito de que “por primeira vez, un Goberno local decide reforzar o persoal destinado a este departamento, con tres operarios, para mellorar o servizo que se presta á cidadanía”.

Os traballos a realizar permitirán a substitución, nunha primeira fase, de preto de 1000 luminarias que serán cambiadas por outras de tecnoloxía LED de maior duración e menor consumo o que permitirá un substancial aforro ás arcas municipais e, a maiores, reduce a denominada ‘pegada de carbono’, diminuíndo as emisións de CO2.

A estas labores sumarase o cambio do cableado do tendido eléctrico “naqueles lugares que as circunstancias e os informes técnicos o fagan preciso para, desa forma, optimizar o servizo que prestan”, explicou a alcaldesa.

A mellora dos servizos básicos á cidadanía, e de maneira especial o alumeado público das parroquias, é unha das prioridades do Goberno socialista dende a súa chegada ao Concello consciente de que “non pode haber veciñanza de primeira e de segunda dependendo do seu lugar de residencia”, afirma rotunda a alcaldesa de Redondela, “a veciñanza paga os seus impostos e, polo tanto, todos e todas teñen dereito a uns servizos públicos de calidade”, conclúe a rexedora local.

“Elas Emprenden”, un escaparate feiral para actividades de empresa lideradas por mulleres para visitar durante a fin de semana en Baiona

0

O Multiusos de Sabarís acolleu este mediodía a presentación do programa “Elas Emprenden”. Durante o acto interviron a concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira, a artista local coordinadora do proxecto, Irene Silva e o alcalde de Baiona, Carlos Gómez.

O broche final ao acto de presentación púxoo Mónica Sueiro, directora da  aula d teatro de Baiona,  coa súa actuación “Subterránea”. Unha acción escénica que reivindicou y visibilizou a figura de moitas artistas da pintura que foron silenciadas ao longo da historia.

Tras a representación teatral o alcalde e a concelleira visitaron cada un dos stands donde se expoñen os diferentes traballos e as  experiencias diversas ofrecidas polas profesionais participantes desta novedosa proposta. Así coñeceron de primeira man o traballo de: Noa Rodríguez, artífice de La Piña Colada; Fe González de Areladefe ofrece unha fermosa proposta de xoiería ; a proposta de Noelia Muíños e Ramón Quintas que conforman PAPELIER; Cris Grande, Silvia Álvarez e Olalla Fernándede Espazo Creativo ÑO!; Eva Vázquez de Modular Arquitectura; Ana Iglesias, a soñadora detrás de Peitana Moda; a actriz e directora de escena Mónica Sueiro; Cristal Méndez de “Maga de Voz” e Patricia Cela, unha importante luthier á cabeza de Cella Luteria Artesanal que acompañará virtualmente o proxecto “Elas emprenden”.

ELAS EMPRENDEN é un escaparate feiral para actividades de empresa lideradas por mulleres que desenvolven o seu traballo no Concello de Baiona principalmente. Os obxectivos entre outros son promover a igualdade de oportunidades,  darlle visibilidade ao talento do liderado feminino, xerar oportunidades de promoción e recoñecemento ás protagonistas.

O programa de actividades está aberto ao público en xeral e conta con encontros coas protagonistas, música en directo, talleres, teatro e unha pasarela de moda.

O programa está organizado pola Concellería de Igualdade co centro de información á muller no marco da Primavera Lila, é subvencionado pola Deputación de Pontevedra.

O programa continúa o longo de día de mañá e o proxecto contempla dous talleres o domingo. Ás 11:00 realizarase un taller “Estampado:Taller de estampación para tódalas idades, as persoas asistentes poderán elaborar unha peza utilizando técnicas básicas de estampación e decoración sobre tela que despois levarán como recordo do proxecto “Elas emprenden”.Pola tarde ás 18:00 terá lugar o taller de “Lettering”:Noelia Muíños e Ramón Quintas, a fronte de PAPELIER, ofreceráneste taller.

Para participar en ambas actividades non é necesaria a inscrición previa basta con presentarse no lugar a hora sinalada.

Covelo urxe ao Ministerio de Transporte a conexión coa A-52 dirección Madrid

0

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, a través do seu grupo parlamentario no Congreso, traslada ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a inmediata redacción do proxecto que posibilite a conexión coa A-52 en Lentille na saída 282.

Logo da reunión mantida entre o alcalde, a vicepresidenta segunda do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, o senador Javier Guerra e os deputados Juan Constenla e Javier Bas, o grupo parlamentario do PP levará ao Congreso unha proposta non de lei que dea resposta a esta histórica demanda dos concellos de A Cañiza, As Neves, Covelo, Mondariz e Mondariz Balneario.

Os parlamentarios populares trasladarán a necesidade da incorporación de vehículos en sentido Vigo-Ourense e a saída de vehículos en sentido Ourense-Vigo e instan ao Ministerio a redactar nun prazo non superior a seis meses o proxecto e consignar a correspondente dotación económica para iniciar o proceso de adxudicación e execución das obras na maior brevedade posible.

No ano 2019, os alcaldes destas localidades enviaron unha carta conxunta ao Ministerio de Fomento onde pedían unha solución inmediata a este problema xa que, ao carecer desa entrada e desa saída, a veciñanza vivía continuas perdas de tempo e un elevado risco de accidentes por ter que percorrer, como alternativa, ao redor de 20 Km pola  N120 na que con moita frecuencia hai néboas animais soltos e neve e xeada no inverno.

A contestación recibida polos alcaldes foi que, no ano 2016, Fomento aprobara unha Orde de Estudo para a realización dun anteproxecto de construción dunha ligazón completa na  Autovia A-52. E que, en xaneiro do 2019, ese anteproxecto aínda tiña pendente a licitación do correspondente contrato de servizos para a súa redacción.

Os alcaldes dos cinco concellos explican que a conexión coa autovía A-52 é imprescindible para o desenvolvemento económico da zona e acurtarían o tempo de conexión coa capital do Estado e co AVE, circunstancias relevantes para o fomento do sector comercial, empresarial e turismo.

“A construción dun enlace en Lentille non só facilitaría as relacións económicas e sociais con cidades de Castela, de Ourense ou con Madrid, fortalecería tamén a relación co concello veciño de A Cañiza co que a veciñanza tradicionalmente xa mantiña relación comerciais e de servizos”, explica o alcalde Pablo Castillo.

O enlace coa A-52 sentido Madrid permitiría un mellor posicionamento da comarca a nivel empresarial e optimizaría o uso dos distintos servizos que ofrecen os concellos.

A Guarda da a benvida a abril cunha ampla programación polo mes do libro

0

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, ven de presentar as actividades e a programación para o mes do libro 2022 que arrancou xa na xornada deste venres día 1 de abril coa inauguración da Exposición de libros “O Principiño”.

A Casa dos Alonso foi o escenario elixido para presentar toda a programación a cargo do Alcalde da vila, Antonio Lomba e da Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes. A este acto acudiron tamén representantes das librarías da vila e demais convidados, que puideron participar tamén na inauguración da Exposición de libros “O Principiño”, unha exposición que recolle máis de 250 exemplares de diversas edicións sobre unha das novelas curtas mais importante e a obra mais famosa do escritor e aviador francés Antoine de Saint-Exupéry.

Os exemplares expostos do Principiño son propiedade de Chelo Vicente Rodríguez, unha veciña da Guarda que comezou fai xa uns dez anos a coleccionar libros desta obra, a máis traducida do mundo, contando na actualidade con tradución a máis de cincocentos idiomas e 12 dialectos da xeografía española. Chelo comezou esta interesante colección a raíz das viaxes que foi realizando polo mundo, mercando exemplares en diferentes idiomas grazas tamén a formar parte dun grupo de coleccionistas, mercando libros tamén ilustrativos, que poderán contemplar os visitantes que se acheguen á Casa dos Alonso, na primeira exposición pública na que se vai poder ver esta interesante e asombrosa colección de libros do Principiño.

Sobre o autor falou Paco Vidal, un gran apaixonado da literatura e gran coleccionista tamén de libros, que non desaproveitou esta oportunidade para falar da historia de Antoine de Saint-Exupéry e o que significou e significa para moitas xeracións a obra do Principiño.

Montserrat Magallanes, Concelleira de Cultura, quixo agradecer no acto de inauguración a Chelo Vicente, que dende o primeiro momento  se amosou moi receptiva a realizar esta exposición de libros do Principiño e colaborou de xeito moi activo para que a mesma fose unha realidade en moi pouco tempo. Engadiu a Concelleira de Cultura que “é todo un luxo para a cidadanía guardesa, para tod@s, pequenos e maiores poder desfrutar desta exposición na Casa dos Alonso e poder coñecer un pouco máis dun dos libros máis traducidos  en todo o mundo. O Principiño  sitúase nun lugar destacado nesta programación do Mes do Libro, onde queremos que tod@s se aproximen á lectura coma un elemento  de busca da liberdade, do coñecemento, do  espírito crítico e tamén “deses breves e incandescentes  momentos de felicidade”  como soñaba Jorge Luis Borges.

Para Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, “O pobo da Guarda, dende sempre, deu moita importancia aos libros, isto explica a gran produción e colaboración editorial que se fai dende o concello. Este ano, poder comezar o mes do libro coa exposición sobre O Principiño, é un luxo. Espero que desfrutemos dela grandes e pequenos. E que para elo, nós, os grandes, aceptemos a suxerencia do Principiño e nos acordemos de cando eramos cativos.”

PROGRAMACIÓN MES DO LIBRO

O Mes do Libro 2022 na Guarda comeza coa Exposición de libros “O Principiño”, que estará na Casa dos Alonso do 1 ao 10 de abril en horario de 9:00h a 14:00h e de 17:00h a 20:00h de luns a venres e en horario de 10:00h a 13:00h os sábados.

A programación continúa este sábado día 2 de abril co Contacontos polo día do libro infantil con “DEDAS” ás 12:00h na Biblioteca Municipal da Guarda(Centro Cultural). DEDAS é un conto ilustrado de 64 páxinas onde agroma a poesía en cada liña. Un libro evolutivo  para nenos e nenas de 1 a 6 anos.

O Contacontos do día 2 estará impartido polas autoras do libro : Soledad García nos textos, Laine Villero a cargo das ilustracións e Natalia Guisande como deseñadora. As tres artistas conforman o proxecto Solaina, unha fusión de arte: palabras, pintura e deseño.

Para acudir á esta actividade é preciso anotarse previamente no Centro Cultural ou no teléfono 986 61 1850, en horario de 16:00h a 21:00h.

Este ano decidiuse realizar a II Ruta do Libro, unha actividade na que participan as 4 librarías da vila e na que entregarase un agasallo na Biblioteca Municipal da Guarda a todas as persoas que consuman 30€ nestes establecementos.

O 9 de abril ás 12:00h a Biblioteca Municipal da Guarda acolle o contacontos “O Principiño en figuras de Luz”, é preciso anotarse previamente no Centro Cultural ou no teléfono 986 61 1850, en horario de 16:00h a 21:00h.

Xa para rematar a programación do mes do libro 2022, o 23 de abril celebraremos o Día do Libro con descontos especiais nas librarías da Guarda e obsequiarase cunha flor(ata fin de existencias) ás persoas que realicen compras neste día. Ademais contarase de 10:30h a 13:00h cun emblema clásico dos cómics de España, “Mortadelo e Filemón”, que visitarán A Guarda para conmemorar este día facendo un percorrido pola Biblioteca Municipal, as Librarías e as principais rúas da vila.

Recorda que na Biblioteca Municipal da Guarda habilitarase un mural no que poder deixar a túa pegada con mensaxes ao longo de todo o mes de abril.

Así serán as actividades da Feira do Requeixo e Mel das Neves

0

Este 2022, logo de dous anos sen celebrarse, As Neves recupera o ‘formato habitual’ da feira e organiza diferentes actos ao longo dos días previos.

A programación comezará o 6 de abril co ‘Requeixo Miúdo’, actividade educativa con requeixo e mel, no CEIP Marquesa do Pazo da Mercé; o día 9, no Pavillón Municipal disputarase o Campionato de Bádminton, ‘IV TTR As Neves’; o domingo, 10, será a ‘Andaina do Requeixo e do Mel’, con saída en San Xosé de Ribarteme e remate en Cerdeira, e o día 13, chegará o momento do ‘Showcooking’, tamén nas instalacións de EFA A Cancela.

O ‘día forte’ será o ‘venres santo’, día 15, que comezará coa apertura da feira ás 11:00h; Animación musical, con ‘O cego na feira’; seguirá a recepción na Casa do Concello, ás 11:30h.; ás 12:00h. Iñaki Bretal, integrante do Grupo Nove, chef do Restaurante O Eirado da Leña, galardoado cunha Estrela Michelín, será o encargado do ‘Pregón Gastronómico’e da entrega dos premios do Concurso de Receitas con Requeixo.

Pola tarde, dende as 16:30h. ábrese o momento dos máis pequenos, con ‘A máquina do tempo’, actuación a cargo de Teatro Ghazafelhos; de 17 a 20:00h.seguirán distintas actividades na Casa da Xuventude, ademáis, ese venres e o sábado, día 16, estará aberto un espazo infantil permanente.

Xa a última hora, concerto na Praza Maior, a cargo da Guadi Galego, dentro do Programa Musigal da Deputación de Pontevedra.

Ás 11:00h. apertura da feira; ás 13:00h. a tradicional ‘Vermú musical’ na Praza Maior, coa Coral Santa Mariña, das Neves; ás 18:00h,concerto no mesmo lugar, a cargo de Paraíso Canto e ás 20:00h. Clausura da Feira.

Ponteareas, sede do Campionato Galego Xuvenil de Hóckey sobre patíns

Ponteareas convértese esta fin de semana en sede do Campionato Galego Xuvenil de Hóckey sobre patíns, unha final a catro que permitirá ás e aos ponteareáns gozar de catro interesantísimos encontros este 2 e 3 de abril no pavillón municipal do complexo deportivo Álvaro Pino.

Organizado polo Hoquei Club Ponteareas en colaboración co Concello, o sábado 2 disputarase a semifinal ás 10.00 horas entre o HC Dominicos e o Compañía de María, mentres que ás 12.00 horas será a quenda do encontro entre o Deportivo Liceo e o AC Órdenes.

Xa o domingo 3, a tarde arrancará cunha exhibición a partir das 15.00 horas entre categorías inferiores do HC Ponteareas e o Vigo Cíes. Ás 17.00 horas os dous equipos que perderon os encontros a xornada anterior loitarán polo terceiro e cuarto posto, mentres que ás 19.00 horas será a gran final.

O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, convida “a todas e todos os afeccionados a gozar con estes dous días nos que o hóckey será o gran protagonista en Ponteareas e que nos permitirá unha vez máis reunir na nosa vila a deportistas doutros puntos de Galicia”.

A Guarda aposta polo emprego coa contratación de 14 desempregados ao abeiro do Plan Concellos

0

Na mañá do venres día 1 de abril de 2022 o alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Persoal, Montserrat Magallanes e o concelleiro de Vías e Obras, Miguel Español; deron a benvida aos 14 novos traballadores que se veñen de incorporar recentemente grazas á Liña 3 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.

Nesta benvida, o alcalde da Guarda, recordoulles que están ao servizo da cidadanía da Guarda, polo que deben de esmerarse nas súas tarefas e realizalas dun xeito correcto para que o conxunto da cidadanía da vila aprecie e poña en valor os seus respectivos traballos.

O Concelleiro de Vías e Obras fixo especial fincapé naquelas habilidades especiais que teñen algún deles, como son os coñecementos en soldadura, pintura, carpintería, albañilería… para tentar optimizar ao máximo e organizar axeitadamente os seus traballos.

Pola súa banda, a concelleira de Persoal, puxo en valor esta aposta polo emprego de persoas desempregadas que se fai dende o Concello, dando unha oportunidade a moitas persoas para mellorar a súa situación laboral e persoal, agradecendo tamén a achega da Deputación de Pontevedra para este fin.

En total A Guarda conta con 14 novos traballadores que prestarán servizos na recollida de residuos urbanos, limpeza, conserxería e animador sociocultural, con contratos de 6 meses de duración a xornada completa.

O Rosal súmase á declaración institucional da FEMP condenando a agresión a Ucraína

0

O Concello do Rosal aprobou por unanimidade este xoves en pleno sumarse á declaración institucional da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) coa que se condena de forma enérxica e rotunda os ataques perpetrados en diversas cidades ucraínas, así como o despregamento militar desencadeado polo goberno ruso e as súas consecuencias.

Deste xeito, O Rosal transmite así o seu apoio á poboación de Ucraína e súmase “a todas as iniciativas encamiñadas á restitución do dereito internacional vulnerado unilateralmente, así como a súa defensa e fortalecemento como elemento central da orde mundial acordada polos principais organismo europeos e internacionais”.

A moción recolle tamén o “apoio a calquera actuación encamiñada ao restablecemento da paz e da convivencia democrática e ao respecto á legalidade e aos dereitos humanos”. O Rosal, a través da FEMP, ponse a disposición do Goberno de España con todos os medios dos que dispón para colaborar con calquera tipo de actuación humanitaria e coa acollida da cidadanía de Ucraína que está a abandonar o país.

Por outra banda, o goberno municipal tamén deu luz verde en pleno á ordenanza que regulará as axudas de emerxencia social, coa que se “busca establecer unha serie de criterios obxectivos para a concesión de prestacións municipais para persoas ou unidades familiares en risco de exclusión no noso concello”, como salientou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Nesta sesión plenaria tamén se aprobou a modificación da Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana (IIVTNU) para adaptala aos novos requirimentos establecidos recentemente pola lei reguladora a nivel estatal. O goberno municipal recolle nesta nova ordenanza bonificacións do 95% das taxas en caso da transmisión de vivenda habitual e terreos urbanos.

Ponteareas e FEGADACE colaboran na prevención do dano cerebral adquirido

O Concello de Ponteareas e a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) colaboran para sensibilizar á veciñanza sobre o dano cerebral adquirido, unha discapacidade resultante dunha lesión no cerebro causada, na maioría dos casos, por un ictus ou un traumatismo cranioencefálico e que só en Galicia afecta a unhas 35.000 persoas.

Dentro desta campaña de sensibilización, o vindeiro martes 5 de abril a sala multiúsos do auditorio municipal acollerá a charla informativa ‘O dano cerebral adquirido’, un encontro no que as e os participantes poderán coñecer de primeira man as causas principais desta doenza e outras menos comúns, como poden ser os accidentes de tráfico, os tumores cerebrais ou a anoxia. Pero tamén recibirán consellos de prevención e achegaranse ao modelo de atención e rehabilitación da enfermidade. Ademais, a traballadora social de FEGACE presentará o recurso asociativo máis próximo a todas e todos os ponteareáns, Alento, a Asociación de Dano Cerebral de Vigo, de ámbito provincial.

A concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera, anima “a toda a veciñanza a participar nesta actividade que é fundamental para poder atender e controlar os factores de risco que poden provocar o dano cerebral adquirido e as súas secuelas”.

A charla será ás 17.30 horas con entrada de balde e acceso libre, aínda que se recomenda facer inscrición previa a través do teléfono 652 770 653.

Redondela inicia neste mes de abril os traballos de roza e limpeza dos camiños e estradas de titularidade municipal

0

O Concello de Redondela iniciou xa, neste mes, os traballos de roza e limpeza das estradas e camiños de titularidade municipal. Por primeira vez as labores de rozado inícianse en abril –máis de dous meses antes que o que era habitual nos anteriores gobernos conservadores– o que permitirá que, na primavera e verán, o viario municipal estea en perfectas condicións para o seu uso por parte da veciñanza.

Ao igual que aconteceu o pasado ano e en contraposición do sistema utilizado por anteriores gobernos que optaban pola contratación de empresas, o Concello que preside a socialista Digna Rivas opta, un ano máis, pola contratación de persoas en situación desemprego a través da liña 3 do Plan Concellos o que, segundo a rexedora redondelá “permite adiantar o calendario de limpeza e rozado e, ao mesmo tempo, contribúe a aliviar a situación económica das persoas desempregadas contratadas”.

Os traballos comezarán na parroquia de Chapela, última na que o pasado ano desenvolvéronse as labores de roza e limpeza e seguindo, polo tanto, o sentido inverso ao percorrido do 2021. “A contratación de 11 traballadoras/es forestais, permite optimizar a limpeza viaria seguindo un sistema que, ao mesmo tempo, propicia a recollida dos restos e evitando a súa acumulación”, explica Digna Rivas. De feito, engade a alcaldesa, “a veciñanza amosounos o pasado ano a súa satisfacción polo traballo realizado tanto no que fai referencia á limpeza en si como á posterior recollida dos restos da roza”.

A roza e limpeza viaria será realizada por tres brigadas compostas, cada unha, por dúas persoas con máquina de rozado a pe e dous traballadores/as de limpeza de cunetas e recollida de maleza. Amais, os equipos contarán co reforzo de tractores de rozado en altura. Doutra banda e como se sinalaba con anterioridade, contarase con medios mecanizados para transportar diariamente os restos da roza ao lugar de xestión dos mesmos.

A alcaldesa quixo destacar a importancia que o Concello lle da á seguridade laboral á hora de realizar os traballos e, nese sentido e como paso previo ao inicio da roza “as traballadoras e traballadores recibiron un curso sobre prevención de riscos laborais”, aclara Digna Rivas.

Finalmente, Rivas amosou a súa satisfacción “ao poder cumprir, por fin, estes traballos nos tempos e datas que tíñamos planificados á nosa chegada ao Concello” un cronograma, explica a alcaldesa, “que houbo que cambiar totalmente coa chegada da pandemia e que agora recuperamos coa volta a unha certa normalidade”.

O Castelo de Sobroso, listo para estrea da musealización

O Castelo de Sobroso estreará este vindeiro luns, día 4, a súa innovadora musealización cunha coidada posta en escena para recrear a historia desta fortaleza e da súa contorna. Cun discurso museístico apoiado na dixitalización e que busca non só ofrecer unha experiencia singular ás persoas visitantes, senón poñer en valor os recursos da comarca na que se asenta, Sobroso únese ao Castelo de Soutomaior como aposta da Deputación por potenciar os espazos fortificados musealizados da provincia como polo de atracción turística. Un compromiso que está a verse referendado coas espectaculares cifras de persoas visitantes deste último monumento.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto á alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández e rexedores e rexedoras dos concellos de toda a comarca do Condado-Paradanta, participarán a partir das 11 horas no acto de estrea da musealización, na que tamén participarán, amais dos medios de comunicación, blogueiros/as e instagramers de turismo que coñecerán a intervención na que a Deputación investiu un orzamento de 261.224€. O acto contará coa actuación das artistas de Sarao Animación, que porán en escena a produción “Bosque viviente”, coa que se dará a benvida ás persoas asistentes.

A musealización do Castelo de Sobroso está baseada nunha intervención vivencial, onde en cada espazo as persoas visitantes serán sorprendidas por un espectáculo audiovisual diferente, no que as personaxes e sensacións tomarán o protagonismo para revivir diferentes historias ao longo de toda a visita e mantendo dous fitos no relato como é a recuperación da tradición oral entorno ao Castelo e á contorna. Deste xeito, no transcurso da visita á fortaleza, as persoas visitantes poderán descubrir a relación da raíña Urraca ou a raíña Isabel de Portugal co Castelo de Sobroso, ou o papel do xornalista Alejo Carrera na súa rehabilitación como espazo residencial na primeira metade do século XX.

As propias estancias do recinto histórico foron adecuadas para recibir ás persoas visitantes nun espazo no que se referencia a paisaxe e os recursos da comarca como o Balneario de Mondariz, A Franqueira ou o Castro de Troña, e a partir de aí percorrer as salas coas seguintes temáticas: Sobroso na paisaxe; a historia do Castelo e das súas persoas habitantes; o Castelo protagonista da historia; o Castelo, da destrución á recuperación; os seres máxicos e a auga no Castelo; a construción do Castelo e o Castelo, escenario de cantigas e trobadores. A visita finaliza nas terrazas da fortaleza situando as persoas visitantes na comarca e nos seus recursos a través dunha panorámica única.

O exemplo de Soutomaior

Coa posta en marcha da musealización de Sobroso, a provincia convértese no único destino galego con espazos fortificados musealizados. O mellor exemplo da aposta da Deputación pola musealización e a dixitalización, amais dunha programación cultural específica, é o Castelo de Soutomaior que está a demostrar como este tipo de intervencións redunda na posta en valor da comarca con espectaculares cifras de persoas visitantes. No caso desta fortaleza, no primeiro trimestre deste 2022 practicamente dobráronse os rexistros prepandemia do 2019, ao pasar de 3.982 a 6.772 persoas. Neste balance hai que destacar o incremento das reservas en liña para visitar o Castelo, que pasaron de 287 no primeiro trimestre de 2019 a un total de 2.847 nestes tres meses do 2022, e que mesmo no pasado mes de marzo deste ano incluso superaron ás vendas en taquilla.

Volve Arbomostra como referente na Festa da Lamprea

0

A última fin de semana de abril (22, 23 e 24 de abril), os hostaleiros, adegueiros e habitantes do concello de Arbo celebran un evento de gran calado que atrae a visitantes de todas partes e que ostenta o titulo de Festa de Interese Turístico Nacional. Trátase da ‘Festa dá Lamprea’, que en este ano 2022 cumpre 62 anos. Nela e  despois de dous anos de  parón pola crise sanitaria, os restaurantes da zona fan gala da súa boa man cociñándoa por exemplo ‘á  arbense’, no seu propio sangue, que é unha das receitas máis soadas e consumidas.

Arbomostra

O alcalde do  Concello de Arbo, Horacio Gil, lembra que este ano, volve  ARBOMOSTRA “ Feira Agroindustrial e Artesanal  do Condado Paradanta”, que este ano cumpre 36 edicións.

Arbomostra, escenario central da Festa da Lamprea, que este ano  esta situada na Praza do Mercado, contará coa presenza de stand de artesanía, produtos  da comarca,  degustación de lamprea e dos viños das adegas con D.O Rias Baixas e ao mesmo tempo que maiores e pequenos gozan dunha ampla e variada programación cultural.

En  Arbomostra, durante os días 22, 23 e 24  Abril, os visitantes na carpa de ‘ Arbomostra’,  feira agroindustrial, poderán degustar durante estes tres días, a  lamprea ao estilo ‘ arbense’ e a  lamprea seca nas súas distintas formas de preparación acompañada polos viños das adegas de Arbo, que teñen a súa representación na Carpa. Quizá sexan as  viñas, ou os  arbenses, ou os recunchos do Miño ao seu paso por esta localidade o que fai que a  lamprea volva unha e outra vez ás súas augas… pero está claro que quen practicamente duplicarán a poboación de Arbo (www.concellodearbo.es) nunhas semanas, farano pola  lamprea.  Para máis información sobre a festa e o  Concello a seguinte ligazón:

Fatma Galia Ali elixida nas Neves a primeira muller presidenta da Liga de Xornalistas Saharauís

0

A activista polos dereitos humanos e comunicadora Fatma Galia Ali é a nova presidenta da Liga de Xornalistas e Escritores Saharauís para Europa. Fatma, escritora, conferenciante e unha das figuras máis activas da cultura e a sociedade saharahuí, foi elixida polos participantes na 5ª asamblea desta organización, reunida durante a pasada fin de semana nas Neves.

Nesta xuntanza, os xornalistas e escritores avaliaron as iniciativas e accións que emprenderán para trasladar á opinión pública europea a realidade das circunstancias nas que sobrevive a poboación saharahuí, o xeito de sensibilizar a millóns de cidadáns  a resistencia da derradeira colonia en África.

A convocatoria dos profesionais da información do continente europeo nas Neves, terá continuidade os vindeiros meses en América Latina e tamén en Asia, segundo comentou o presidente da Unión de Xornalistas saharahuis, Nafii Ahmed Mohamed, presente hoxe nas Neves.

Inaugurada polo alcalde

Xosé Manuel Rodríguez Méndez, alcalde das Neves, inaugurou o pasado venres esta Asamblea, animando aos asistentes a “romper o cerco mediático” imposto en moitos casos á realidade que viven os saharauís, e animounos  a lograr que se abra paso “una comunicación sen límites que vos permita contar a vosa realidade e a vosa verdade”. 

“Momento determinante”

Este foro cobrou especial importancia logo da última postura manifestada polo Goberno españolsobre a resolución da situación do Sáhara, e a resposta de Nacións Unidas pedindo apoio para os esforzos do Enviado para o Sáhara, Staffan de Mistura, “destinados a reanudar o proceso político” de negociación entre as partes en conflito.

Neste sentido, Fatma Galia Ali recoñeceu que “é un momento dificil para nós, sempre vimos a neutralidade do Estado e do Goberno español, que defendía a postura da ONU e a legalidade internacional, cambiou para defender a ‘vía marroquí’ da autonomía, á normal que o noso pobo estea enfadado e decepcionado e que queramos que se restablezca esa legalidade e que, logo de 46 anos podamos decidir o noso futuro”.

A nova presidenta lamentou que “as informacións que saen sobre o problema do Sáhara e a situación dos dereitos humanos nos campamentos, cheguen con ‘contagotas” e a opinión pública permaneza “desinformada” polo feito de que hai “moita máis información manipulada que real”. É por isto, engadiu Galia Ali, que “os xornalistas saharuís temos que atopar o xeito de transmitir a verdade sobre o noso pobo, acabar con este ‘ostracismo informativo’ e denunciar as “violacións dos dereitos humanos que se produce nos territorios ocupados”.

Estes dous días, entre outros persoeiros, participaron nesta asamblea o delegado do Sáhara en Galicia, Mohamed Mehdi Zerga, Maite Isla, presidenta de Solidariedade Galega co Pobo Saharahui, Sidi Brahum, presidente da diáspora saharauí en España,  e interviron por videoconferencia o representante do Frente Polisario para Europa, Ubbi Ubi Buchraya e o ministro do Sáhara para España, Abdulah Arabi. 

Clausura

O domingo, día 27, tivo lugar a clausura do encontro coa presenza de alcaldesas e alcaldes da zona do Miño,  responsábeis do  Fondo Galego de Cooperación e Solidaridedade, e do GDR Condado Paradanta, os membros do Intergrupo Paz e Liberdade para o pobo saharaui do Parlamento de Galicia, os deputados Alberto Pazos, Montse Prado e Martín Seco, que estiveron recentemente nos campamentos, e un representante da Xunta de Galicia.

Novas achegas do Plan Concellos para Redondela, O Porriño e Salceda de Caselas

A Deputación revalida o seu compromiso cos municipios da provincia coa aprobación, na Xunta de Goberno, de 2.851.477 euros da liña 1 de Investimentos do Plan Concellos que chegarán a Silleda, Cambados, Pontecesures, Caldas de Reis, Portas, Barro, Moraña, Bueu, Redondela, O Porriño e Salceda de Caselas. Estes fondos provinciais permitirán a realización actuacións tan variadas como melloras nos camiños rurais ou parques infantís, saneamentos, unha humanización ou a adquisición de maquinaria.

Para O Salnés foron aprobadas achegas para Cambados, 371.448 euros para a mellora de camiños rurais, e Pontecesures, 72.027 euros que servirán para mellorar o parque infantil de Carreiras. Tamén se lle deu luz verde a recursos para a comarca de Pontevedra con 81.298 € para que Portas realice o saneamento de augas residuais en Piñeiro e Currás, 77.309 euros para que Barro mellore o viario no lugar de Mane de Arriba e 107.894 euros para que Moraña pavimente camiños municipais. Do mesmo xeito, tamén se aprobaron dúas achegas para Caldas que suman 295.922€, unha partida de 95.025 para a subministración dun vehículo 4×4 con cesta elevadora para o alumeado público e 200.897 euros cos que se ampliará a rede de saneamento no tramo O Pazo – Santa María. Á comarca do Deza chegarán 1.248.132€ cos que Silleda asfaltará 14 camiños municipais

A Xunta de Goberno tamén aprobou recursos para O Morrazo cunha achega de 159.342 euros para que Bueu adquira unha parcela para uso como estacionamento e servizo de caravanas e autocaravanas. Ademais, á comarca de Vigo chegarán 212.313 euros para que Redondela financie a achega municipal ao ReacPon do proxecto de humanización da rúa Picota, Praza da Fonte do Mouro e contorna da Capela de Santa Mariña. Deste xeito a Deputación financia o total da actuación que ten un orzamento de 849.254 euros. Tamén foron aprobados 165.292 euros destinados á mellora do asfaltado e do saneamento en catro viarios municipais do Porriño e 60.500 euros para elaborar a cartografía SIG, ortofoto dixital e rede topográfica de Salceda de Caselas.

A Xunta licita a eliminación da ‘Fallopia japonica’ nas Gándaras de Budiño, no Porriño

A Xunta licitou por 73.724 euros o contrato de servizo para a eliminación da Fallopia japonica, unha especie exótica invasora, nas Gándaras de Budiño, no concello do Porriño.

Esta especie vexetal, que ten a súa orixe no Xapón e na China, introduciuse en Galicia como una planta de uso ornamental. Na actualidade está a afectar á conservación dos hábitats que se localizan nesta zona de especial conservación (ZEC) do concello pontevedrés e a súa área de influencia; principalmente aos bosques aluviais de ameneiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus excelsor: Alno-Padion, Alnion incanea e Salicion albae).

O obxecto deste servizo, licitado hoxe a través da Plataforma de contratos públicos da Xunta, é eliminar os focos e puntos desta especie de flora exótica invasora que son a orixe da propagación cara ao espazo protexido, que será repoboado con vexetación autóctona.

Os traballos, que teñen un prazo máximo de execución de 19 meses, consistirán na roza manual e tratamento fitosanitario para eliminar os pés da especie invasora. As empresas interesadas en presentar as súas ofertas dispoñen ata o 13 de abril.

Cómpre lembrar que estas actuacións enmárcanse nos obxectivos que se establecen na proposta técnica do plan estratéxico para a xestión de especies exóticas invasoras en Galicia, que fixa como prioritaria a súa erradicación con dous eixos de actuación: a erradicación temperá de focos de invasión de especies de alto risco de recente naturalización, como é o caso da Fallopia japonica; e a protección local dos sitios prioritarios para a conservación de especies autóctonas —principalmente a Rede Natura 2000— fronte as exóticas con alto risco de impacto, neste caso a ZEC das Gándaras de Budiño.

A Xunta leva a Ponteareas os contacontos ilustrados sobre galegas referentes

A Consellería de Emprego e Igualdade leva hoxe ao CEIP escultor Acuña de Vigo e ao CEIP Plurilingüe Mestre Ramiro Sabell Mosquera, de Ponteareas, dúas novas sesións de contacontos ilustrados que, baseadas no programa Donas de si, no que toman parte estes centros, revisarán as traxectorias da mestra e inventora Ángela Ruiz Robles e da escritora Rosalía de Castro.

A actividade diríxese a alumnos de educación infantil e primaria, co obxectivo de que coñezan e recoñezan figuras de mulleres que tiveron un papel relevante no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea para achegarse a súa contribución aos eidos da cultural, social, científico, artístico e político.

A iniciativa, promovida pola Secretaría Xeral da Igualdade, insírese no programa Donas de si co que o Goberno galego traballa con 65 centros escolares no eido da igualdade. Ao se dirixir ao alumnado de menor idade, seleccionáronse 35 escolas que imparten estes ciclos para participar nesta primeira edición de contacontos ilustrados.

O programa Donas de si trata de favorecer a visibilización e potenciar o liderado das mulleres como pezas fundamentais do desenvolvemento da sociedade galega. Utilizase a estas figuras como punto de partida para traballar na aula o concepto da igualdade e para eliminar estereotipos de xénero.

Ademais se contribúe a realizar unha aproximación a mulleres relevantes, con especial atención ás máis esquecidas, para divulgar a memoria histórica feminina de Galicia. Parte da escolma de mulleres protagonistas dos contacontos sae da publicación da colección Mulleres Galegas promovida pola Xunta e integrada por cinco biografías: a da mestra e pedagoga Ernestina Otero; a da oceanógrafa, Ángeles Alvariño; a da artista Maruja Mallo; a da editora María Victoria Moreno; e a da mestra e inventora, Ángeles Ruiz Robles. Trátase de libros de pequeno formato nos que xa traballan os centros e que ademais da traxectoria vital das protagonistas inclúen actividades para traballar na aula.

“Elas Emprenden” chega esta finde semana cheo de actividades o Multiusos Mercado de Sabarís

0

A piques estamos de chegar á fin de semana e con ela o comezo de “Elas emprenden: Galería de propostas”. Terá lugar no multiúsos de Sabarís o sábado 2 e domingo 3 de abril e poderase disfrutar de experiencias diversas ofrecidas polas profesionais participantes desta novedosa proposta.

A presentación terá lugar o sábado ás 12:30 h. O proxecto contempla dous talleres o domingo. Ás 11:00 realizarase un taller “Estampado: Taller de estampación para tódalas idades, as persoas asistentes poderán elaborar unha peza utilizando técnicas básicas de estampación e decoración sobre tela que despois levarán como recordo do proxecto “Elas emprenden”. Pola tarde ás 18:00 terá lugar o taller de “Lettering”:Noelia Muíños e Ramón Quintas, a fronte de PAPELIER, ofrecerán este taller.

 Para participar en ambas actividades non é necesaria a inscrición previa basta con presentarse no lugar a hora sinalada.

O programa “ELAS EMPRENDEN” está organizado pola Concellería de Igualdade co centro de información á muller no marco da Primavera Lila, é subvencionado pola Deputación de Pontevedra.

ELAS EMPRENDEN é un escaparate feiral para actividades de empresa lideradas por mulleres que desenvolven o seu traballo no Concello de Baiona principalmente. Os obxectivos entre outros son promover a igualdade de oportunidades,  darlle visibilidade ao talento do liderado feminino, xerar oportunidades de promoción e recoñecemento ás protagonistas.

O programa de actividades está aberto ao público en xeral e conta con encontros coas protagonistas, música en directo, talleres, teatro e unha pasarela de moda.

A Festa do Requeixo e do Mel volta ás Neves

0

As Termas de Melgaço foron o lugar elixido para presentar o pasado venres a XXIX edición da Feira do Requeixo e do Mel, que terá lugar nas Neves os días 15 e 16 de abril. O acto coincidiu coa presentación da ‘Festa do Alvarinho e do Fumeiro 2022’, que acollerá a localidade portuguesa unha semana máis tarde: do 22 ao 24 de abril.

“A coorperación é esencial”

No acto, ao que acudion os alcaldes de Arbo, Horacio Gil, e A Cañiza, Luis Piña, o anfitrión, o presidente da Cámara Municipal, salientou a estreita amizade entre os concellos do Condado Paradanta e Melgaço e amosouse agradecido de que o alcalde das Neves elixise a súa vila para esta presentación.

Manoel Batista Calçada apostou por potenciar o intercambio entre as dúas beiras da fronteira, entre Galicia e Portugal, “no eido cultural, social e económico”, asegurando que esa proximidade e esa cooperación “non son so potencian as nosas relacións senón que son fundamentais para os nosos territorios”.

“O mellor requeixo do mundo”

Xosé Manuel Rodrígue Méndez, alcalde das Neves, agradeceu “moi de corazón”, o acollemento de Melgaço e do presidente da Cámara Municipal, e subliñou a “gran trascendencia e importancia” da integración dos concellos de A Cañiza, Arbo e As Neves con Melgaço.

O rexedor gabou a calidade dos produtos locais e asegurou que o seu coidado, a súa elaboración e o traballo para melloralo, realizado ao longo de deécadas e especialmente “nos 31 apasados dende que iniciamos a Feira do Requeixo e do Mel”, fixeron posible que As Neves poida asegurar que conta co “mellor requeixo do mundo”.

“Quero e agardo que veñades ás Neves”, rematou o alcalde das Neves, quen dixo estar encantado de consolidar o segundo día da festa, o sábado, que xa é parte da mesma, e invitou a participar e gozar dos eventos programados que, dixo, abranguen dende actividades deportivas, pasando por ‘showcooking’, unha andaina pola ‘ruta’ do requeixo e do mel, ou a posibilidade de coñocer a historia da súa elaboración.

A Feira retoma o seu ‘formato habitual’

Este 2022, logo de dous anos sen celebrarse, As Neves recupera o ‘formato habitual’ da feira e organiza diferentes actos ao longo dos días previos, comezando o vindeiro martes, día 29, co ‘Concurso de Receitas con Requeixo’, no obradoiro do centro EFA A Cancela.

A programación continuará o 6 de abril co ‘Requeixo Miúdo’, actividade educativa con requeixo e mel, no CEIP Marquesa do Pazo da Mercé; o día 9, no Pavillón Municipal disputarase o Campionato de Bádminton, ‘IV TTR As Neves’; o domingo, 10, será a ‘Andaina do Requeixo e do Mel’, con saída en San Xosé de Ribarteme e remate en Cerdeira, e o día 13, chegará o momento do ‘Showcooking’, tamén nas instalacións de EFA A Cancela.

Comezo da Feira

O ‘día forte’ será o ‘venres santo’, día 15, que comezará coa apertura da feira ás 11:00h; Animación musical, con ‘O cego na feira’; seguirá a recepción na Casa do Concello, ás 11:30h.; ás 12:00h. Iñaki Bretal, integrante do Grupo Nove, chef do Restaurante O Eirado da Leña, galardoado cunha Estrela Michelín, será o encargado do ‘Pregón Gastronómico’e da entrega dos premios do Concurso de Receitas con Requeixo.

Pola tarde, dende as 16:30h. ábrese o momento dos máis pequenos, con ‘A máquina do tempo’, actuación a cargo de Teatro Ghazafelhos; de 17 a 20:00h.seguirán distintas actividades na Casa da Xuventude, ademáis, ese venres e o sábado, día 16, estará aberto un espazo infantil permanente.

Xa a última hora, concerto na Praza Maior, a cargo da Guadi Galego, dentro do Programa Musigal da Deputación de Pontevedra.

Sábado 16

Ás 11:00h. apertura da feira; ás 13:00h. a tradicional ‘Vermú musical’ na Praza Maior, coa Coral Santa Mariña, das Neves; ás 18:00h,concerto no mesmo lugar, a cargo de Paraíso Canto e ás 20:00h. Clausura da Feira.

Nigrán recupera a ‘Gala do Deporte’ con 40 premiados de múltiples disciplinas

0

O Concello de Nigrán recupera o domingo 3 de abril a partir das 19:00 horas no Auditorio Municipal a súa ‘Gala do Deporte’ despois de que a pandemia a deixase sen celebrar desde 2019. O obxectivo deste evento é recoñecer públicamente o bo traballo de 40 deportistas e clubes de todo o municipio que son referente en diferentes disciplinas. Trátase dun evento aberto ao público e incluirá unha exhibición sorpresa dunha especialidade deportiva moi espectacular.

Como na pasada edición, o nome dos premiados non se desvelará ata o propio momento da Gala, pero o Concello sí desexa dar a coñecer xa as cinco mencións especiais. Así, renderase tributo á Asociación Arxentina de Bolos Celta, disciplina que foi levada alí polos emigrantes miñoranos e que mantén un contacto estreito cos clubes da comarca; a Patos Surf Club, entidade veterana na práctica deste deporte en Nigrán e que cumpre 30 anos; aos afeccionados de fútbol praia en Praia América que desde hai máis de 30 anos se reúnen neste areal os domingos para xogar; ao atleta lucense Adrián Ben que veranea desde neno no Camping Praia América e que se clasificou como finalista mundial e olímpico en 800 metros, e a Joaquín Chamorro de Kin Car, escudería de autocross que o galardonado creou despois de ser nos anos anteriores un dos pilotos máis laureados do panorama nacional nesta disciplina.

“Será unha Gala na que homenaxear aos nosos deportistas e clubes darlles a visibilidade que merecen, xa que moitos deles practican disciplinas moi pouco recoñecidas, ademais de existir unha fenda de xénero cando se trata de mulleres deportistas”, resume o alcalde, Juan González.

Aitor Francesena, Gallo, e Nigrán

O pasado setembro, co gallo do Campionato de España de Surf Adaptado que se celebrou na praia de Patos os días 10 e 11, Aitor Francesena visitou a localidade. A parte de participar no campionato deu unha charla no IES Val Miñor e falou cos seus alumnos.

Tamén deu unha charla no auditorio municipal aberta a todo o público. Nestes dous actos falou de surf, de deporte e sobre todo da súa inspiradora historia de superación persoal.

Gallo esta fin de semana

Venres 1: Mañá: charla e coloquio cos alumnos dos centros educativos CEIP Humberto Juanes e IES Escolas Proval. (nos centros)

Tarde: charla e coloquio cos alumnos das escolas de surf da Praia de Patos. (na praia de Patos) Sábado 2: Curso de formación para surfistas no auditorio municipal. 4 horas de mañá e outras 4 de tarde.

Aitor Francesena – Gallo

Diagnosticáronlle glaucoma aos 14 anos e perdeu o ollo dereito, tras numerosas operacións. Con todo, non deixou de practicar surf, ata convertelo no seu modo de vida.

Sempre foi un pioneiro. Abriu a primeira escola deste deporte a nivel estatal en 1988, en Zarautz. Foi o primeiro adestrador de surf do estado e o seu método de ensino úsase aínda hoxe en case todas as escolas. Adestrou, entre outros, a Aritz Aranburu,

Mario Azurza e Axier Muniain e foi seleccionador estatal.

En 2012 impactoulle unha gran onda e esnaquizoulle o ollo esquerdo, quedando totalmente cego. Con todo, tres meses despois de saír do hospital volveu a surfear.

Empezou con táboas anchas e ondas pequenas para pasar despois a táboas estreitas e ondas máis grandes.

O seu amigo Ibon Illarramendi explícalle as condicións que hai antes de entrar á auga, guíalle, e unha vez que se pon de pé, manobra el só. Ibon acompañoulle cando en decembro de 2016 proclamouse campión do Mundo na Jolla (San Diego, California) e tamén en 2017, cando obtivo a medalla de bronce na devandita competición. En 2018 foi cuarto e na última edición, disputada en 2020 volveu a levar o título de campión.

O Club Bádminton Tui volve á competición

0

O Club Bádminton Tui volve esta fin de semana á competición, logo de estar o mes de marzo con escasos compromisos oficiais.

O encontro producirase este sábado no Galicia Top TTE N7 – Sub13 e Sub17, que terá lugar en Ourense. O Club Bádminton Tui desplazarase ata a cidade con sete dos seus deportistas:

Na categoría Sub 13 participarán Alexia Pérez, Mariña García e Martón Gándara.

Na categoría Sub 17 participarán Telmo Portela, Sonia Navas, Anxo Fernández e Andrea Pérez.

Os deportistas do clube desplazaranse a Ourense acompañados de dous técnicos que forman parte do clube. Será nunha xornada que comezará ás 09:00 da mañá e que rematará aproximadamente ás 21:00 horas.

AporM denuncia que o Concello de Mondariz perde unha subvención para financiar o servizo de orientadora laboral

0

Alternativa por Mondariz vén de denunciar, a través dun comunicado de prensa, “a próxima perda do servizo de orientación laboral que actualmente se presta no Concello”. Segundo o portavoz de AporM, Xoán Carlos Montes Bugarín, o contrato da técnica que está á fronte do servizo rematará o vindeiro mes de outubro, xa que o goberno municipal de Mondariz, o pasado mes de febreiro, “renunciou a solicitar a renovación do servizo ante a Xunta de Galicia”.

O goberno galego financiaba os gastos do salario e a seguridade social na súa totalidade. Pola súa parte o Concello unicamente debía facilitarlle ao técnico/a os medios materiais necesarios para o seu traballo: oficina, medios ofimáticos, teléfono, etc. O servizo empezou a prestarse en Mondariz no ano 2017, sendo alcalde Xoan Carlos Montes Bugarín e prestábase por igual aos solicitantes de Mondariz e Mondariz Balneario.

Os servizos que vai deixar de prestar a orientadora laboral en ambos municipios son:

  • Asesoramento nos programas de formación do concello coordinados cos servizos sociais, educadora familiar e a Omix.
  • Orientación laboral en xeral: formación académica, busca de emprego e mellora ocupacional.
  • Colaboración cos programas de formación da Deputación de Pontevedra e inserción laboral. 4.- Promoción do concello para facer charlas e cursos formativos.
  • Asesoramento para a pequena e mediana empresa (SmartPeme).
  • Contacto permanente cos institutos de ensino secundario, Granxa-escola de Ponteareas, EFA A Cancela das Neves, etc.
  • Intermediación entre demandantes de emprego e empresas (bolsa de emprego).
  • Xestións para as persoas demandantes de emprego: actualizacións de currículos e xestións relativas ao emprego.

O portavoz de AporM lamenta “a perda deste servizo clave para Mondariz, que en febreiro deste ano 2022 ten 363 persoas desempregadas dun total de 4.394 habitantes, o que supón unha taxa do 20,12 % das persoas en idade de traballar”.

“Sen emprego non hai futuro”, afirma Calis e, nese contexto o portavoz independente considera que “a orientación laboral é un servizo fundamental que a administración municipal debe prestar para mellorar a formación e a empregabilidade da veciñanza que non atopa un posto de traballo”. O edil animou ao grupo de Goberno a que “mellore, perfeccione e amplíe os servizos que o Concello presta, pero que non recorte nin suprima os que son útiles para a veciñanza, en particular para os que están a buscar unha oportunidade laboral”.

Salceda incorpora 15 persoas desempregadas ao seu cadro de persoal ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

O equipo de goberno local deu a benvida ás novas incorporacións de persoal contratadas ao abeiro da Liña 3 do Plan Concellos 2022-2023 da Deputación de Pontevedra. O persoal contratado ocupará postos de traballo para facer fronte a diferentes tarefas en diferentes servizos que presta o concello como os de Medio Ambiente, Recadación, Orientación Laboral, Conserxería, Biblioteca e Mantemento de dependencias municipais.

A tipoloxía de postos de traballo que se ocuparán grazas a estas contratacións serán 6 persoas para os postos de peón de xestión de residuos, 2 persoas para os postos de peón forestal, 2 persoas para os postos de conserxe/bedel, 2 persoas para os postos de auxiliar administrativo, 1 persoa para o posto de condutor/a de camión, 1 persoas para o posto de bibliotecario/a e 1 persoa para o posto de Técnico/a de Orientación Laboral.

As novas incorporacións terán un contrato de seis meses de duración a xornada completa.

Loli Castiñeira, Concelleira de persoal felicita as 15 persoas que terán a oportunidade de ocupar un posto de traballo durante 6 meses. Estas contratacións servirán para mellorar a calidade dos servizos do noso Concello, e reforzar a plantilla de persoal en moitas áreas.

Verónica Tourón Alcaldesa e Responsable da Concellería de Emprego subliña a importancia de que dende as administración locais se desenvolvan estratexias centradas nun dos desafíos máis importantes que teñen as políticas de fomento do emprego, acadar resultados efectivos na inserción laboral das persoas que participan nas accións deseñadas. Dende o concello de Salceda ademáis desta liña de contratación solicitada ao abeiro do Plan Concellos 2022-2023 se teñen igualmente posto en marcha outras estratexias importantes de fomento do emprego como son o obradoiro de emprego ou o programa integrado de emprego.

A Deputación lanza «Conectadas» con máis de 30 accións formativas gratuítas para entidades que promoven a igualdade

A Deputación de Pontevedra arranca unha nova edición do programa ‘Conectadas’ despois de dous anos de parón pola pandemia. Deste xeito, a Xunta de Goberno aprobará este venres o expediente para contratar a xestión desta iniciativa, que ofrece ás asociacións, federacións e fundacións que teñen por obxectivo a igualdade un total de 30 accións formativas gratuítas, cun orzamento de preto de 324 000 euros. Este programa provincial, no que desde o ano 2016 teñen participado preto de 20 000 mulleres, ten como obxectivo a promoción das mulleres e o apoio ao seu desenvolvemento e empoderamento.

205 colectivos da provincia xa solicitaron algunha das 30 accións formativas que ofrece esta nova edición de ‘Conectadas’, que terán unha duración de 35 horas e incluirán un módulo obrigatorio de sensibilización na Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Todas elas están dirixidas a mellorar a formación básica das mulleres, favorecer o intercambio de experiencias e contribuír a mellorar a súa empregabilidade e están integradas en cinco bloques temáticos: Emprende: iniciativas sostibles para o emprego, ExpresARTE, Conéctate, Sementa sostibilidade e O teu momento. Coidado e benestar. Deste xeito, no marco de Emprende: iniciativas sostibles para o emprego inclúense iniciativas de formación como Crear a túa empresa. Deseño dun plan de negocio, Administradoras de redes sociais, Comercio electrónico, Asesoría laboral e fiscal, Marcando o teu rumbo. Empoderamento e liderado e Actívate na busca de emprego.

Por outra banda, ‘ExpresARTE’ oferta cursos de Pintura, Teatro, Animación á lectura, narración e poesía, Iniciación ao patchwork, Iniciación ao scrapbooking e Artesanía en Coiro. No que respecta a ‘Conéctate’ preséntanse acción formativas que van dende Alfabetización Dixital I e II ata Socializándose coas Redes e Administración Electrónica. En canto a ‘Sementa Sostibildiade’ inclúense iniciativas como Poda e tarefas de campo desde a sostibilidade, Xardinería e Horta Ecolóxica. E no marco de ‘O teu momento. Coidado e benstar’ as participantes poden escoller entre Ioga, Pilates, Taichí, Ximnasia hipopresiva, Sendeirismo, Menopausa de forma saudable, Coidar coidándonos, Relaxación e manexo do estrés: momentos en calma, Musicoterapia, Risoterapia e Obradoiro de mindfulness.

Ponteareas retoma as súas saídas de voluntariado ambiental xuvenil

O Concello de Ponteareas retoma as saídas de voluntariado ambiental xuvenil, unha serie de actividades de limpeza de residuos no medio natural que comezarán este mesmo domingo 3 de abril.

“Queremos concienciar á mocidade da importancia de conservar a nosa contorna natural, ao tempo que poñemos en valor o patrimonio medioambiental e fomentamos o traballo en equipo para conseguir facer de Ponteareas unha vila máis sostíbel”, sinala o concelleiro de Mocidade e Voluntariado, Miguel Bouzó.

Nesta ocasión os voluntarios e voluntarias participantes realizarán unha limpeza da contorna do río Uma de das sendas de Fontenla. A actividade comezará ás 11.00 horas e recoméndase a todas e todos acudir con auga, máscara, guantes, roupa cómoda e zapatos con sola axeitada por seguridade.

Todas as persoas interesadas poden solicitar información ou inscribirse chamando ou enviando unha mensaxe de Whatsapp ao teléfono 687 764 516 ou a través correo electrónico [email protected].

Redondela contrata a 19 persoas en situación de desemprego ao abeiro do Plan Concellos da Deputación

0

O Concello de Redondela vén de contratar a un total de 19 persoas en situación de desemprego para reforzar a prestación de servizos á cidadanía. Máis polo miúdo trátase de tres técnicas de Turismo, unha traballadora social, tres persoas para reforzamento do servizo eléctrico e 11 traballadores e traballadoras forestais.

Tal e como explica a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, as contratacións realizadas a través do Plan Concellos “contribúen a paliar a situación económica na que se atopan as persoas desempregadas e, ao mesmo tempo, proporciónanlle experiencia de cara a mellorar a súa inserción nun mercado laboral cada día máis competitivo e especializado”.

A rexedora local sinalou que as tres técnicas de Turismo permitirán desenvolver proxectos que a Concellería ten en marcha “de cara a poñer en valor os amplos recursos que, nesta materia, ten o municipio”. Rivas destacou o feito que Redondela debe aproveitar “a súa situación estratéxica no Camiño de Santiago” ao confluír no municipio o Camiño Portugués e o Camiño Portugués pola Costa e, a contratación de tres persoas, permitirá desenvolver estratexias de cara a dar a coñecer a potencialidade que ten o municipio.

Doutra banda, a contratación dunha traballadora social permite reforzar o departamento de Servizos Sociais que, debido á crise xerada pola pandemia da Covid, conta cada día con maior número de usuarios e usuarias “con demandas e problemas aos que hai que dar solución coa maior rapidez posible”, afirma a alcaldesa redondelá.

Finalmente, a contratación de tres persoas para o servizo eléctrico e once traballadoras e traballadores forestais permitirá desenvolver, por unha banda, o proxecto de modernización do alumeado público nas parroquias e por outra, iniciar de inmediato as labores de rozado e limpeza do viario municipal.

A alcaldesa quixo tamén destacar a importancia do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra no que á dinamización do mercado laboral atinxe “ao permitir paliar a situación pola que pasan as persoas desempregadas e, ao mesmo tempo, reforzar os servizos que os concellos prestan á cidadanía”

Presentación Trail Orixes de Mondariz

0

O Pazo Provincial da Deputación acolleu a presentación do IV Trail Orixes de Mondariz, unha proba deportiva que o 21 de maio trasladará ás e aos participantes aos “orixes da vida” ao transcorrer por paraxes únicas nas que poderán desfrutar dun percorrido que pasará por muíños, mámoas ou petróglifos.

O deputado de deportes, Gorka Gómez, non quixo deixar pasar a ocasión para falar dunha proba que fomenta o turismo deportivo que na Deputación “queremos que sexa un fío fundamental para o futuro, xa que establece unhas sinerxías co territorio e a economía”. Nesta liña, Gorka Gómez subliñou que “apostar por empregar os recursos públicos en deporte e atracción turística e fomentar o territorio a través da práctica deportiva é a nosa obriga”.

Tamén falou da importancia que teñen os clubs, patrocinadores privados e voluntariado “que son realmente quen merecen os agradecementos” así como do feito de que a proba se desenvolva en catro distancias diferentes sendo así accesible para un maior número de persoas. Ao acto tamén acudiu o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros, para quen o Trail Orixes é “un escaparate moi importante que dá a coñecer o territorio de Mondariz, que ten uns recursos naturais e paisaxísticos que queremos que nos convertan na referencia do turismo do interior nas Rías Baixas”.

Loli Castiñeira, “xa lle gustaría ao PP de Salceda que neste Goberno cada quen fora por seu lado”

A portavoz de Movemento Salceda, Loli Castiñeira lembroulle aos populares de Salceda que no Goberno local “non están solo Tourón e Castiñeira”, senón un grupo de sete persoas “que desenvolven as súas áreas de forma coordinada” “Xa lle gustaría ao PP de Salceda que cada quen tora polo seu lado”, afirmou Castiñeira.

Responde así a voceira de Movemento Salceda a unha nota de prensa do Partido Popular de Salceda na que a menciona directamente: “efectivamente a compañeira Verónica ten o seu estilo e eu tiña o meu, pero o noso Goberno no seu conxunto traballa en continuar co proxecto de facer unha Salceda mellor para todas e todos, e necesariamente teñen que gastarse cartos, cada compañeira e compañeiro na súa área, pero co fin común e exclusi­vo de mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza”.

Castiñeira engadiu que “asemella que o PP de Salceda desvaría porque por un lado critica que se paguen agora traballos feitos en 2021, algo lícito e legal, e por outro pide un maior gasto en determinadas materias para as que non sempre existe partida orzamentaria”.

Movemento Salceda coincide co conxunto do Goberno municipal en que lles gustaría un presuposto máis ambicioso, “pero neste momento non foi posible”. Gustaríanos, engade a voceira de Movemento Salceda “que hoube­se un maior compromiso da Xunta de Galicia do PP co noso Concello, como si o ten a Depu­tación de Pontevedra, gobernada polo PSOE e BNG”.

A voceira de MS quixo tamén recoñecer, unha vez máis o” magnífico tra­ballo realizado pola compañeira Lucía Pereira ao fronte da área de Facenda, unha área complexa e nada agradecida que Lucía xestiona con rigorosidade e dun xeito impecable”.

Rematou Loli Castiñeira pedíndolle a Santiago Rodríguez Davila “que se tranquilice, que aínda falta máis de un ano para as eleccións e temos moito que traballar para atender as demandas da veciñanza desta localidade seguindo cos nosos proxectos, con seriedade e por suposto pagando todo o que se debe, aínda que o PP se empeñe en votar en contra de pagar os traballos e servizos realizados”

O Concello da Guarda organiza o Obradoiro de Canto “Con Voz Propia”

0

O Concello da Guarda, organiza no mes de abril o Obradoiro de Canto “con Voz Propia”.

Esta actividade, que será impartida por Cristal Méndez de Maga de Voz, realizarase todos os xoves en horario de 10:00h a 12:30h dende o 21 de abril ata o 23 de xuño, cun total de 25h.

Trátase dun Obradoiro de canto para mulleres no que se busca o empoderamento das participantes a través da voz e do canto.

As inscricións están xa abertas no Centro de Información á Muller (CIM) da Guarda, na Praza de San Marcos(ao lado do Xulgado de Paz), no teléfono 986 61 4648 e no enderezo electrónico [email protected].

Esta actividade conta co financiamento e apoio do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero.

Casa do Concello e Escola Unitaria de Pancenteo súmanse ás enerxías renovables

0

O Rosal continúa dando pasos en firme para converterse nun municipio cada día máis sostible. O Concello sacará a licitación en breve a subministración e instalación de dúas caldeiras de biomasa para a produción de calefacción mediante combustible de pellet de madeira na Casa do Concello e na Escola Unitaria de Pancenteo. “No noso compromiso pola sostibilidade buscamos as alternativas máis viables para facer destes dous edificios catalogados por Patrimonio instalacións máis respectuosas co medio ambiente”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, que destacou a importancia de ir transformando o sistema de calefacción dos edificios públicos dende o emprego de combustibles fósiles cara a outras fontes de enerxía renovables.

O uso desta fonte de enerxía na Casa do Concello e na Escola Unitaria de Pancenteo permitirá reducir as emisións de CO2 a atmosfera, ademais de favorecer a eliminación de materiais residuais debido ao tipo de biomasa empregada. O Concello decidiu cambiar estas dúas caldeiras despois de que un estudo de todas as instalacións de edificios públicos constatara que se trataba das caldeiras máis obsoletas e que se atopaban ao final da súa vida útil.

As obras de instalación, que contan coa autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, saen a licitación por un orzamento total de máis de 140.000 euros. Este investimento estará cofinanciado con fondos propios do Concello e polo Instituto Enerxético de Galicia dependente da Xunta de Galicia, ao abeiro do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.

“Con estas novas instalacións en edificios públicos melloramos a eficiencia enerxética, diminuímos o consumo e apostamos por unha enerxía limpa, convertendo pouco a pouco ao Rosal nun referente no emprego de enerxías renovables”, explica a alcaldesa.

Ponteareas conmemora a figura de Fermín Bouza Brey cunha exposición na biblioteca municipal

Ponteareas conmemora este 31 de marzo a figura do ilustre polígrafo Fermín Bouza Brey cunha exposición dos seus libros máis significativos na biblioteca municipal. “Queremos que a veciñanza lembre un dos persoeiros máis importantes da nosa literatura coincidindo coa data do seu nacemento en 1901 na Praza Maior da nosa vila”, destaca o concelleiro de Cultura, Fernando Groba.

Para rememorar a súa figura, a biblioteca municipal terá á disposición do público unha vitrina de exposicións na que usuarios e usuarias poderán ver algún dos libros máis representativos de Bouza Brey, ao tempo que tamén poderán levar prestadas calquera das numerosas obras do autor coas que conta o catálogo da biblioteca.

Iniciador da corrente vangardista do neotrobadorismo, tendencia que despois cultivarían Álvaro Cunqueiro ou Xosé María Álvarez Blázquez, Bouza Brey foi un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos en 1923. Chegou a ser membro da Real Academia Galega en 1941 e, en 1992, dedicóuselle o Día das Letras Galegas. Ademais da súa faceta literaria, o autor ponteareán foi investigador en campos tan variados como folclore e etnografía, arqueoloxía, heráldica, arte, epigrafía, historia, crítica literaria ou historia da literatura, entre outros.

120 deportistas disputan no Porriño a XXVI Liga Galega de Baloncesto Adaptado

O Porriño converteuse unha vez máis na capital do baloncesto adaptado. Once equipos que reuniron a 120 deportistas participaron onte na primeira xornada da XXVI Liga Galega de Baloncesto Adaptado que disputou no Polideportivo Municipal.

Nesta primeira xornada da competición, organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado, disputáronse un total de 11 partidos nos tres campos habilitados.  Xogadores e xogadoras do Asdan, San Rafael, Celta Integra, Aspavi, Aspanaex, Saiar, Salacino C “A”, Saladino C “B”, Méndez Núñez e Saladino B disputaron os encontros ao longo de toda a mañá, nunha xornada na que se impuxeron o Asdan na categoría Competición e o Saiar na Adaptada.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, achegouse ao municipal a animar aos deportistas e animalos a “seguir esforzándose e, sobre todo, a seguir disfrutando do que resta de competición, polo menos tanto como disfrutamos nós do espectáculo deportivo que ofrecen”.

As próximas quendas serán o 4 de maio e o 2 de novembro, cando se pechará definitivamente a clasificación.

A Festa da Lamprea de Arbo conta, un ano máis, co apoio da Deputación

0

A Festa da Lamprea, que entre os días 22 e 24 de abril encherá Arbo de miles de comensais para exaltar esta exquisita especie primitiva de millóns de anos, volverá contar un ano máis co apoio da Deputación de Pontevedra. A institución provincial destinará 6.000 euros para promocionar o evento, declarado de interese turístico nacional en 2016 e consolidado como un dos grandes reclamos festivos do calendario gastronómico de Galicia.

A Deputación salienta que se trata dunha das festas gastronómicas máis antigas da comunidade, que arrancou no ano 1961 e que, dende aquela, tense convertido nun foco de atracción de milleiros de persoas que se dan cita en Arbo para desfrutar das múltiples preparacións da lamprea. O obxectivo da institución provincial con esta axuda é xuntar esforzos e impulsar accións conxuntas para promover o turismo na provincia, acadar unha maior difusión da Festa da Lamprea e dar a coñecer este manxar, que ten como base unha especie capturada de xeito tradicional e da que xa desfrutaban os emperadores romanos.

A Festa da Lamprea naceu da man da veciñanza, funcionariado e empresas de restauración do concello de Arbo para dar a coñecer tanto os viños da zona como o seu produto estrela. Dende aquela, cada última fin de semana de abril enxálzase esta delicia culinaria que pode degustarse en múltiples preparacións: dende á arbense (en cazola de barro guisada coa súa propia sangue, con arroz branco e pan tostado) ata seca, rechea, á brasa, con tirabeques ou en empanada.

 A Festa da Lamprea é unha das catro citas declaradas de interese turístico nacional da provincia. Comparten esta distinción a Festa da Reconquista de Vigo, a Festa do Marisco do Grove e a Festa da Auga de Vilagarcía de Arousa. A Deputación apoia ano tras ano estes eventos, ao igual que as festas de interese turístico internacional e todos aqueles acontecementos festivos que contribúen á promoción do territorio.

A aula CeMIT de Ponteareas prepara un mes de abril cheo de cursos e xornadas para todos os públicos

O mes de abril chega á aula CeMIT de Ponteareas cunha ampla programación de actividades para todos os públicos, con novas edicións dos cursos habituais pola alta demanda e innovadoras xornadas para que a mocidade goce durante a Semana Santa. “Este mes gozaremos dun calendario de actividades moi completo co que achegar a tecnoloxía á mocidade dun xeito consciente, responsable e divertido ao tempo que promovemos a inclusión no seu uso e proporcionamos ferramentas para facilitar a vida cotiá a persoas de todas as idades, acabando coa fenda tecnolóxica”, explica o concelleiro de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Benito Márquez.

Unha das propostas para este mes de febreiro será un curso de manexo de teléfonos móbiles, que terá lugar os venres de 16.00 a 18.30 horas, xunto cun de elaboración de currículim vitae os luns 4 e 25 de abril de 11.30 a 14.00 horas. Ademais, organizarase un novo curso de informática básica para atender a alta demanda dos usuarios e usuarias os martes e xoves de 16.00 a 18.30 horas.

Como novidade, este mes a aula CeMIT ofertará un curso para aprender a manexar Google Maps (mércores de 16.00 a 18.30 horas); outro de compras por internet os días 5, 6 e 7 de abril de 18.30 a 21.00 horas e un centrado nas aplicacións de mensaxería instantánea como Whatsapp, Telegram ou Signal os días 19, 20, 21, 26, 27 e 28 de abril de 18.30 a 21.00 horas.

Por outra banda, durante as vacacións de Semana Santa a aula CeMIT desenvolverá os días 11, 12, 13 e 18 de abril dous cursos dirixidos á mocidade ponteareá de 6 a 13 anos, ambos inclusive. Serán unhas xornadas de STEAM de Robótica Lego, que se celebrará de 16.00 a 18.30 horas, e outras de programación con Scratch, que será de 18.30 a 21.00 horas.

As persoas interesadas en realizar calquera destes cursos deben facer a súa preinscrición a través do espazo da aula CeMIT habilitado na web da Xunta. Para máis información poderá contactarse coa aula CeMIT no correo electrónico [email protected] ou chamando ou enviando unha mensaxe de whatsapp ao número 634 238 962 dentro do horario da aula, que estará aberta ao público os luns de 09.00 a 11.30 h e os venres de 18.30 a 21.00 h.

O Rosal revive o universo de Vicente Risco con ‘O porco de pé’

0

O triunfo dos cartos, o ascenso do autoritarismo e a perda de valores na sociedade podería ser o resumo de ‘O porco de pé’, a novela de Vicente Risco que a compañía Producións Teatrais Excéntricas estrea esta mesma semana e que chegará ao Rosal o vindeiro domingo 3 de abril.

Baixo a dirección de Quico Cadaval e con Patricia Vázquez, Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo no elenco, a obra está dirixida a público adulto e traerá ao escenario do auditorio municipal un teatro de fenómenos cheo de monstros de barracón. A representación será ás 19.30 horas con entrada de balde e libre ata completar aforo. 

Hai cen anos que Vicente Risco detectou unha nutrida presenza porcina vestida con elegantes abrigos e chapeus a confundirse cos propios burgueses. A divertidísima sátira do escritor ourensán, a medio camiño entre o circo, o barracón, os fantoches e o cabaré, cobra agora máis vixencia que nunca. Unha viaxe fascinante á década dos anos 20 do século XX pola que pasarán como nunha lanterna máxica anarquistas, esportistas, agraristas, golpistas, vangardistas, caciquistas, futuristas, pasadistas e presentistas.

A Deputación celebrará este venres o Día das Artes Galegas

A Deputación de Pontevedra vai celebrar por todo o alto este venres, 1 de abril, o Día das Artes Galegas cun encontro pictórico no que escolares de Lalín, Vigo e Pontevedra realizarán no Pazo Provincial a súa propia homenaxe ao artista José Otero Abeledo, Laxeiro (1908-1996), a quen a Real Academia Galega de Belas Artes recoñece neste 2022. Amais, a institución provincial desenvolverá en maio, en colaboración coa RAGBA, tres rutas guiadas tamén nas comarcas de Deza, Vigo e Pontevedra que percorrerán os espazos de inspiración do pintor.

O alumnado que participa nesta iniciativa da Deputación é o de 3º de Primaria do CEIP Xesús Golmar de Lalín, o CEIP Pintor Laxeiro de Vigo e o CEP Campolongo de Pontevedra, tres lugares vinculados á vida do artista. Partindo do trazo característico co que o autor pintaba ás nenas e nenos, a actividade busca inverter o papel e que sexan as crianzas as que interpreten a Laxeiro. Así, ao longo desta semana, os e as escolares están a participar nun obradoiro pictórico dirixido por Taller Abierto no que se converten en artistas por un día, inspirándose e homenaxeando a Laxeiro e á súa obra. Xa o venres 1, ás 12 horas, farán a posta en común dos seus traballos creativos no Pazo Provincial nun encontro no que o alumnado de Campolongo acudirá de xeito presencial e o dos outros dous centros de forma telemática. Despois desta actividade central, a Deputación tamén porá en marcha en maio en colaboración coa Real Academia Galega de Belas Artes tres rutas guiadas por espazos de inspiración de Laxeiro en Lalín, Vigo e Pontevedra. Deste xeito, “Os camiños de Laxeiro” pretenden contextualizar ao pintor nos lugares de ida e volta para o artista: O Marquesado da Romea, como chamaba ás terras de Deza, o Vigo tan propenso ás vangardas, ou a Pontevedra que supón o norte en canto significa Galicia. Espazos reinterpretados por Laxeiro cunha mitoloxía, xeito propio e certo misterio inconfundible. Nas vindeiras semanas concretaranse as datas e a forma de realizar as inscricións.

Esta fin de semana música, boa gastronomía e o mellor xénero na Mostra de Produtos de Covelo

0

O sábado 2 de abril o concello de Covelo celebra unha nova xornada da súa Mostra de Produtos de Covelo. De 10 a 14 horas poderanse mercar produtos téxtiles, macramé, artesanía, decoración, cestería, cosmética natural, xoiería, horta ecolóxica, pan artesán, maquetería, libros, prantas, xoguetes, cerámica e un longo etc de produtos de proximidade.

A Mostra ofrece un plan completo e engade música na sesión vermú a partir das doce do mediodía co conxunto Ronco&Fol. Tamén poderemos gozar da boa gastronomía da zona e do posto de polbo.

Cada primeiro sábado de mes e co apoio da Deputación de Pontevedra, Covelo celebra a súa Mostra na que conectar aos productores locais coa veciñanza da área metropolitana que ademais de gozar deste encontro aproveita para facer sendeirismo, coñecer o patrimonio histórico local e descobrir  novas paraxes naturais.

A concelleira de Turismo, Lourdes Enes, explica a importancia desta actividade porque ofrece un espazo para que os productores locais amosen o que comercializan e atrae tamén a persoas de fóra do concello, estando xa consolidada na axenda da veciñanza e dos e das visitantes cada primeiro sábado de mes.