22.2 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoOiaO Concello de Oia alerta dun posible fraude no seu nome

    O Concello de Oia alerta dun posible fraude no seu nome

    O Concello de Oia vén de ter coñecemento dunha posible fraude anunciando un posible abaratamento da factura eléctrica e para o cal se estaría actuar en nome do propio Concello.

    Nos últimos días tense detectado a unhas persoas  visitando casas na parroquia de Loureza, indicando que acudían en nome do Concello co obxectivo de modificar os contratos da luz para abaratar a factura. O Concello desminte que estea a facer este tipo de xestións, advertindo da posibilidade de que se trate dunha actuación fraudulenta.

    O Concello alerta de que estas persoas acoden aos domicilios con datos persoais da veciñanza e, tras insistir en que non se trata de persoal municipal, pide aos veciños e veciñas que teñan especial precaución e que desconfíen cando se vexan nunha situación como a descrita.

    Chamadas telefónicas fraudulentas

    Por outra banda, a Administración local tamén vén de ter coñecemento doutras actuacións posiblemente fraudulentas a través de chamadas telefónicas onde se solicitan datos persoais de distinto tipo.

    Nun dos casos, na chamada fanse pasar por persoal do centro de saúde, preguntando posibles patoloxías co obxectivo posterior de vender soletas (plantillas) para os pés. Noutros casos, as chamadas teñen que ver con asuntos bancarios.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.