12.1 C
Pontevedra
Mércores, 22 de Marzo de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas retoma as súas saídas de voluntariado ambiental xuvenil

    Ponteareas retoma as súas saídas de voluntariado ambiental xuvenil

    Será este domingo 3 de abril cunha limpeza de lixo na contorna do río Uma e nas sendas de Fontenla

    O Concello de Ponteareas retoma as saídas de voluntariado ambiental xuvenil, unha serie de actividades de limpeza de residuos no medio natural que comezarán este mesmo domingo 3 de abril.

    “Queremos concienciar á mocidade da importancia de conservar a nosa contorna natural, ao tempo que poñemos en valor o patrimonio medioambiental e fomentamos o traballo en equipo para conseguir facer de Ponteareas unha vila máis sostíbel”, sinala o concelleiro de Mocidade e Voluntariado, Miguel Bouzó.

    Nesta ocasión os voluntarios e voluntarias participantes realizarán unha limpeza da contorna do río Uma de das sendas de Fontenla. A actividade comezará ás 11.00 horas e recoméndase a todas e todos acudir con auga, máscara, guantes, roupa cómoda e zapatos con sola axeitada por seguridade.

    Todas as persoas interesadas poden solicitar información ou inscribirse chamando ou enviando unha mensaxe de Whatsapp ao teléfono 687 764 516 ou a través correo electrónico voluntariado@ponteareas.gal.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS