10.2 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasAlumnado do IES Val do Tea súbese ao escenario para a lectura...

    Alumnado do IES Val do Tea súbese ao escenario para a lectura dramatizada de ‘Invisibles’

    A actuación será o vindeiro mércores 6 de abril ás 19.00 h na sala multiúsos do auditorio municipal

    O alumnado do IES Val do Tea dá un paso máis no seu traballo a prol da igualdade subíndose a un escenario. Organizado pola Concellaría de Igualdade do Concello de Ponteareas e polo Equipo de Igualdade do centro educativo, os rapaces e rapazas protagonizarán este mércores 6 de abril a lectura dramatizada de relatos do libro ‘Invisibles’, de Montse Fajardo.

    Será ás 19.00 horas na sala multiúsos do auditorio municipal con entrada libre ata completar aforo. Unha valente representación na que as alumas e alumnos darán visibilidade ás historias das sete protagonistas do libro, sete casos reais de mulleres vítimas de malos tratos, poñendo ademais o foco na onda expansiva que provoca o maltrato e que afecta a todas as persoas que están arredor.

    O grupo de mozas e mozos que integran o Equipo de Igualdade do IES Val do Tea levan todo o ano traballando todo o curso sobre esta temática, ademais de sobre outras de vital importancia “para educar ás xeracións futuras en valores fundamentais como son a igualdade en todos os eidos das nosas vidas, a corresponsabilidade ou o respecto”, salienta a concelleira Verónica Carrera.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.