21.2 C
Pontevedra
Xoves, 18 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiTui festexará a San Telmo cun amplo e innovador programa

    Tui festexará a San Telmo cun amplo e innovador programa

    Luíz Zahera será o pregoeiro dos festexos. Efecto Pasillo, grupos emerxentes e orquestras amenizarán as noites festivas.

    Tui vai celebrar as Festas de San Telmo 2022 do 16 ao 25 deste mes de abril cun programa “ambicioso, moi completo e innovador”. Así o explicaba esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, na presentación dos festexos patronais, na que participaron tamén a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, a concelleira de Comercio, Emprego, Formación e Igualdade, Ana Núñez, o concelleiro de Medio Rural e Deportes, Rafael Estévez, e o concelleiro de Seguridade e Persoal, José Ramón Magán.

    O inicio da festa terá lugar co pregón popular que lerá o actor Luís Zahera o sábado 16 ás 11.45 h na praza da Inmaculada. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicaba que “se cambiou a filosofía do pregón porque entendiamos que debía ter un carácter máis popular e festivo”. Engadía que o acto institucional pasa a ser a gala de entrega dos premios Cidade de Tui, que terá lugar o mesmo sábado ás 19.30 h no Teatro Municipal “nos que se recoñecerá a unha persoa e a un colectivo que dalgunha forma a súa traxectoria estea baseada na implicación na cidade dende moitos puntos de vista”.

    Explicaba tamén o rexedor tudense que outra das apostas deste ano é a deslocalización das actividades que se celebrarán en até seis puntos da cidade con eventos festivos. Será así o Paseo da Corredoira, a rúa Compostela, as prazas de San Fernando e San Telmo, o edificio Francisco Sánchez, e o espazo feira na prolongación da travesía da rúa Casal Aboy.

    A concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, indicou que logo de dous anos as festas celébranse este ano “cun programa ao uso”.  A música moi presentes nestes festexos segundo explicaba a concelleira con concertos de grupos coma Efecto Pasillo, xunto a outras agrupacións emerxentes e da zona coma Micalip’s, No All Kansas, Rockin’ Gina & The Sentinels, Laura LaMontagne & PicoAmperio + Dj Enter + G Face + Dj Adrian L, e Lucky Duckies. As charangas tudenses Cantos Somos e A Tu Ritmo actuarán polas rúas, ao igual que a Escola de Gaita e Percusión “A Insua” de Caldelas, a Banda de Gaitas “Arume” de Malvas, e a Banda de Gaitas “San Xoan” de Paramos que actuará na praza de San Fernando. Tamén protagonizarán pasarrúas Troula Animación e Hípica Celta.

    Non faltará o son das bandas de música coa Banda de Música Popular de Tui, xunto ás de Salvaterra, Monçao, Lanhelas, e a da Escola Naval Militar de Marín. O público familiar poderá gozar na carpa da Corredoira coa maxia de Samuel Moreno, o circo de Cia Assircopatas, a música de Pakolas e Odaiko, e o teatro con Culturactiva.

    Avanzou tamén Sonsoles Vicente que da man do festival Música no Claustro o domingo 24 na Catedral recuperarase a Misa medieval de San Telmo co concerto de Seconda Pratica de canto gregoriano.   

    O domingo 17 ás 17.30 h celebrarase no Teatro Municipal o Festival Folclórico coa participación dos grupos locais Traxe Tradicional, Seixos Albos de Areas, Lembranzas da Terra de Guillarei, Inquedanzas de Pazos de Reis, O Mosteiro de Pexegueiro, Xuntanza de Randufe, San Fins de Rebordáns, Santa Columba de Ribadelouro) e San Telmo. Do mesmo xeito regresa tamén a Semana do Teatro Amador cos grupos San Fins de Rebordáns, Aloia de Pazos de Reis, Atalaia do Centro Sociocomunitario Chirlomirlo de Xuntanza de Randufe, estreando todos eles novas montaxes.

    As corais tudenses do Centro Sociocomunitario, Ponte das Febres, e San Telmo actuará tamén estes festexos no centro de día Amoralia, e nas residencias Paz e Ben e San Telmo.

    Outra das novidades deste ano será o fin de festa, o luns 25, cunha tirada de Fogos Piromusicais.

    A gastronomía será outro dos pratos fortes destes festexos. Do 8 ao 25 deste mes celebrarase a Festa do Meixón que será presentada este xoves. E o sábado 16 e domingo 17 na praza da Inmaculada celebrarase o I Encontro de Viños da Raia. Con este evento, coma sinalou a concelleira Ana Núñez, ”búscase promocionar as adegas locais, da contorna e da outra beira do Miño”. Explicaba que participarán dez adegas de pequenos produtores que presentarán viños brancos, tintos e espumosos.

    O deporte está presente neste programa coa Carreira Popular de San Telmo que se celebrará o o sábado 23 organizada polo Club Atletismo Tui, coa Andaina Popular de San Telmo  organizada polo club Andatui o domingo 24, e coa Feira Cabalar en San Bartolomeu que terá lugar o luns 25, Día de San Telmo, coa implicación da Asociación de Veciños de San Roque e San Bartolomeu, o Club Equigalia, Hípica Marcos, e a Peña Cabalar Valle do Louro coma explicaba o concelleiro de Deporte, Rafael Estévez.

    O concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, avanzou que xa dende esta Semana Santa e logo na fin de semana de San Telmo darase protagonismo ás persoas coa peonalización dun tramo de Augusto Besada e da Corredoira, do mesmo xeito que indicaba que na travesía da rúa Casal Aboy, haberá restricións no tráfico cando se celebren concertos neste emprazamento.

    Festas de San Telmo 2022, do 16 ao 25 de abril

    Festa do Meixón

    Do 8 ao 25 de abril. Restaurantes participantes: Asador Paulo,  El Molino, La de Manu, O Novo Cabalo Furado, Parador de Tui. Ración, pan e copa de albariño 69€

    I Encontro de Viños da Raia

    Sábado 16 e domingo 17 de abril, de 12.00 ha 15.00 h e de 18.00 a 21.00h, na Praza da Inmaculada. Degustación de brancos, tintos e espumosos, música e maridaxes.

    XII SEMANA DE TEATRO AMADOR

    Do martes 19 ao venres 22  de abril. Venda de entradas numeradas a 2 €, dende o domingo 13 de abril en tui.gal,  e o día da función dende unha hora antes só 100 entradas no despacho de billetes do Teatro Municipal.

    HORARIOS DA EXPOSICIÓN DE ARTISTAS TUDENSES

    Do 16 ao 25 de abril na Sala de Exposición Municipal no edificio Francisco Sánchez

    Horario de luns a venres de 11.30 h a 13.30 h e de 17.30 a 19.30 e sábado, domingos e festivo de 12 a 14 h e de 17 a 20 h. Entrada de balde.

    Sábado 16

    • 12.00h – 14.00 h Na praza da Inmaculada, Xigantes e Cabezudos na compaña da Charanga Cantos Somos.
    • 12.45h – 13.15 h Na praza da Inmaculada, lectura do Pregón a cargo de Luis Zahera. En caso de choiva na carpa da Corredoira.
    • 19.30h – 20.30 h No Teatro Municipal, Gala “Premios Cidade de Tui”. Entrada libre até completar capacidade.
    • 20.30h – 21.30 h Na Sala de Exposicións, inauguración da exposición “Artistas Tudenses”.
    • 21.30h – 23.00h Na carpa da Corredoira, actuación do grupo Micalip’s.
    • 23.00h – 01.00h Na no espazo feiral (explanada do antigo Cam-Fran) actuación do grupo Efecto Pasillo.

    Domingo 17

    • 12.30h – 13.30 h Na carpa da Corredoira, actuación da Banda de Musica Popular de Tui
    • 17.30h – 20.30 h No Teatro Municipal, Festival Folclórico. *Entrada libre até completar capacidade. Traxe Tradicional (Tui), Seixos Albos (Areas), Lembranzas da Terra (Guillarei), Inquedanzas (Pazos de Reis), O Mosteiro (Pexegueiro), Xuntanza (Randufe), San Fins (Rebordáns), Santa Columba (Ribadelouro) e San Telmo(Tui),
    • 18.00h – 19.00 h Na carpa da Corredoira, actuación da Banda de Música de Salvaterra.
    • 18.30h – 21.30 h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Satélites.
    • 19.30h – 21.30 h Nas rúas de Tui, actuación da Charanga Cantos Somos.
    • 21.30h – 23.00 h Na carpa da Corredoira, actuación do grupo No All Kansas.

    Martes 19

    • 17.00h – 17.30 h No Centro de Día Amoralia, actuación da Coral Ponte das Febres.
    • 18.00h – 19.00 h Na carpa da Corredoira actuación de maxia “Why not 2.0” con Samuel Moreno .
    • 21.00h – 22:15 h No Teatro Municipal, XII Semana de Teatro Amadorco grupo de teatro San Fins de Rebordáns. Estrea de “Milagro no convento de Santa María Juana”.

    Mércores 20

    • 17.00 h – 17.30h Na Residencia Paz e Ben, actuación da Coral do Centro Sociocomunitario de Tui.
    • 18.00 h – 19.00h Na Carpa da Corredoira, actuación de circo “Abracadaver” coa Cia Assircopatas.
    • 21.00 h – 22:30h No Teatro Municipal, XII Semana de Teatro Amador co grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis. Estrea de “Spot”

    Xoves 21

    • 17.00h – 17.30 h Na Residencia San Telmo, actuación da Coral San Telmo.
    • 18.00h – 19.00 h Na carpa da Corredoira, actuación musical con “Cores, Contos e Rock´n´Roll con Ramona Órbita” de Pakolas.
    • 20.00h – 21.00 h Nas rúas de Tui, actuación da Escola de Gaita e Percusión “A Insua” de Caldelas.
    • 21.00h – 22:00 h No Teatro Municipal, XII Semana de Teatro Amador co grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui. Estrea de “As vacacións da Duquesa”.

    Venres 22

    • 17.00h – 17.30 h Na Corredoira, pasarrúas “Rufina & Benito” de Troula Animación.
    • 18.00h – 19.00 h Na carpa da Corredoira, actuación teatral de Culturactiva con “Saaabor!”.
    • 19.00h – 19.30 h Na Corredoira, pasarrúas “Rufina & Benito” de Troula Animación.
    • 21.00h – 22:30 h No Teatro Municipal, XII Semana de Teatro Amador co grupo de teatro Chirlomirlo de Xuntanza de Randufe. Estrea de “O enfermo imaxinario”
    • 20.30h – 22.30 h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Assia.
    • 22.30h – 00.00 h Na carpa da Corredoira, actuación de Rockin’ Gina & The Sentinels.
    • 00.00h – 01.0 0h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Assia.

    Sábado 23

    • 10.00h – 13.30 h Dende a Corredoira, saída e chegada da Carreira Popular.
    • 12.00h – 14.00 h Nas rúas de Tui, actuación da Charanga A Tu Ritmo.
    • 13.00h – 14.00h Nas rúas de Tui, actuación da Banda de Gaitas “Arume” de Malvas.
    • 17.00h – 17.30h Na Corredoira, pasarrúas con Súper Pandi de Hípica Celta.
    • 18.00h – 19.00h Na carpa da Corredoira, actuación musical con Vaia Ritmo de Odaiko.
    • 19.00h – 19.30h Na corredoira, pasarrúas Súper Pandi de Hípica Celta.
    • 20.00h – 22.00h Nas Rúas de Tui, actuación da Charanga A Tu Ritmo.
    • 21.30h – 01.30h Na carpa da Corredoira, actuacións de Laura LaMontagne & PicoAmperio + Dj Enter + G Face + Dj Adrian L.
    • 22.00h – 23.00h Na praza de San Fernando, concerto da Banda de Gaitas “San Xoan” de Paramos.
    • 22.00h – 01.00h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Capitol.

    Domingo 24

    • 10.00h – 13.30 h Dende a Corredoira, saída e chegada da Andaina Popular.
    • 12.15h – 12.45 h dende a Glorieta de Vigo ata a praza de San Fernando, desfile exaltación do traxe tradicional, a cargo da Asociación do Traxe Tradicional de Tui.
    • 12.30h – 13.30 h Na carpa da Corredoira, actuación da Banda Músical de Monção.
    • 17.00h – 17.30 h Na Corredoira, pasarrúas Circo Krasnovarak de Troula Animación.
    • 17.30h – 18.30 h Na S.I. Catedral de Tui, Música no Claustro recupera a Misa medieval de San Telmo. Concerto de Seconda Pratica (canto gregoriano ) Entrada libre até completar capacidade.
    • 18.00h – 19.00h Na carpa da Corredoira, actuación da Banda de Musica Popular de Tui.
    • 19.00h – 19.30h Na Corredoira, pasarrúas Circo Krasnovarak de Troula Animación.
    • 20.00h – 22.00h Nas rúas de Tui, actuación da Charanga Cantos Somos.
    • 20.30h – 22.30h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Los Players.
    • 22.30h – 00.30h Na carpa da Corredoira, actuación do grupo Lucky Duckies.
    • 00.30h – 01.30h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Los Players.

    Luns 25

    • 10.00h – 15.00 h En San Bartolomeu, tradicional Feira Cabalar de San Telmo.
    • 10.30h – 12:00 h Na S.I. Catedral Misa na honra a San Telmo e Procesión pola Coronilla.
    • 12.30h – 13.30 h Na carpa da Corredoira, concerto da Banda de Música de Lanhelas (Caminha).
    • 17.00h – 19.00 h Na Praza da Inmaculada, os tradicionais Xigantes e Cabezudos, acompañados da Charanga A Tu Ritmo.
    • 18.00h – 19.00 h Na carpa da Corredoira, concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín.
    • 19.00h – 20.00 h Dende a praza da Inmaculada ata a praza de San Telmo, entrada da Banda de Guerra e Guión da BRILAT e a continuación, homenaxe aos confrades de San Telmo falecidos.
    • 19.00h – 21.00h No recinto feiral, na explanada do antigo Cam-Fran, verbena coa Orquestra París de Noia.
    • 21.00h – 22.15h Dende a S.I. Catedral e polas rúas de Tui, solemne Procesión de San Telmo.
    • 22.15h – 22.45h Na praza de San Fernando a ofrenda a San Telmo.
    • 22:45h – 23.15h Dende a praza do Concello ata a praza da Inmaculada, desfile despedida das agrupación musicais participantes na solemne Procesión de San Telmo.
    • 23.30h – 00.00h dende a alameda de San Domingos tirada de Fogos Piromusicais.
    • 00.00h – 01.00h No recinto feiral, na explanada do antigo Cam-Fran, verbena coa Orquestra París de Noia.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.