O Concello de Nigrán volve a ofrecer este verán ao mellor gaiteiro do mundo no mellor escenario do mundo: Carlos Núñez no miradoiro de Monteferro coincidindo co xa famoso solpor cara o Oceáno Atlántico e as Illas Cíes e Estelas. O espectáculo, que forma parte da programación estival do Concello de Nigrán e que conta co apoio da Deputación de Pontevedra a través da liña 2 do Plan Concellos, será o 5 de agosto ás 20:00 horas e se encadra na xira ‘Lugares Máxicos’. As entradas xa están á venda a través de Ataquilla cun prezo de 22 €.
Tal e como arrancaron no 2020 os concertos de Carlos Nuéz neste enclave único, o obxectivo é enfeitizar aos asistentes grazas a especial sinerxia coa natureza e o momento do solpor.
“Desde o ano 2020 en agosto xuntamos ao mellor gaiteiro do mundo no que nos consideramos o mellor escenario do mundo, unha unión que resulta máis que fascinante”, incide o alcalde, Juan González
“Monteferro é un deses paraísos onde as veces veño a tocar, pero na intimidade, só para min e para a natureza. Porque ten un dos solpores mais impresionantes do mundo. A diferencia cos de lugares como Bahía, Rio de Janeiro, ou California é que, mentres que alí a xente aplaude como se o sol e a terra ofrecesen un show, nós cecais sentímos ese intre como unha cerimonia. Según os nosos arqueólogos, os antigos habitantes de Monteferro e dos castros da costa de Galicia xa sabían moito de todas estas cousas…. Por iso, neste concerto repetirei o soño de compartir esas experiencias cos meus amigos músicos e co noso querido público. Seremos unha gran familia!”, sinala o propio Carlos Núñez, quen ten tocado dentro desta xira ‘Lugares Máxicos’ en espazos tan singulares de Galicia como o Mosteiro de Oseira, o Dolmen de Dombate ou a Catedral de Mondoñedo.
Co obxectivo de respectar ao máximo á singularidade deste espazo natural e de facelo coa mínima intervención, só se reservarán cadeiras para persoas con problemas xustificados de mobilidade, xa que o obxectivo é gozar da música sentados no propio chan, nun ambiente íntimo e en comunión coa contorna.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e membros da directiva da Fundación Pazo de Mos e da Comunidade de Montes de Mos, reuníronse esta mañá na entrada ao Pazo para analizar xunto co arquitecto municipal e redactor do proxecto, Manuel Toucedo, a mellora do acceso ao edificio.
O procedemento de contratación da obra iniciarase en breve e, unha vez contratada, terá un prazo de execución de dous meses. O propio técnico municipal, Manuel Toucedo, será o director de obra.
O Concello de Mos inviste 75.000 euros de fondos propios nesta mellora do acceso ao Pazo de Mos, en pleno Camiño Portugués a Santiago de Compostela.
Os traballos que se acometerán serán de acondicionamento dunha porción da parcela da Comunidade de Montes en Man Común Monte Salgueirón de Mos en formación dun novo acceso ao parque de estacionamento de vehículos do Pazo de Mos.
“Preténdese con este proxecto afastar o tráfico rodado dos espazos de lecer que se sitúan á volta do propio Pazo e ao mesmo tempo, resolver o conflito xerado pola situación dos colectores de lixo e reciclaxe na estrada provincial EP-2601, que comprometen a seguridade dos itinerarios peonís así como a imposibilidade de completar e reforzar o servizo de recollida selectiva de residuos urbanos. Así mesmo, trátase tamén de resolver a recollida de augas pluviais mediante canalizacións que permitan a súa compatibilidade con os itinerarios peonís e de vehículos”, explicaron os representantes municipais, Arévalo e Augusto.
A parcela ámbito de actuación, propiedade da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Monte Salgueirón de Mos, sitúase no barrio de Rúa, na parroquia de Mos e comprende, unha superficie total de actuación de aproximadamente 625,00 m².
As obras que se pretenden acometer serán as previas de desbroce e limpeza do área de actuación, así como talado e destoconado de árbores. Traslado de instalacións aéreas existentes. Desmontaxe de parte do muro de cachotería granítica conforme os detalles en planos. E acopio dos materiais pétreos reutilizables a pe de obra. Para a continuación proceder á construción de novos muros de contención de cachotería de granito. Escavación de terreos, a cota da estrada provincial, para formación de plataforma horizontal. Estendido e compactado de material granular en formación de bases e sub-bases de pavimentos conforme as cotas previstas para o pavimento. Pavimentación asfáltica. Execución en formigón lixeiramente armado, de lousa maciza no Punto Limpo. E para finalizar, a construción de canles de recollida de augas pluviais.
O verán chega ao Rosal cunha morea de actividades de alta calidade e moi diversas para achegar a cultura, a música e o lecer a todos os públicos e todo o municipio. O Concello conta para os meses de xullo e agosto cunha intensa programación cultural na que haberá cabida para concertos, festivais, cine, monicreques, deporte e moito máis. “Continuamos apostando por encher de lecer o noso municipio, por iso preparamos un programa moi completo co que revitalizar os nosos barrios e poñer en valor os espazos de lecer cos que contamos”, destaca a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
A axenda cultural arrancará o vindeiro 19 de xullo co concerto de Roberto Caco na Praza de Fornelos ás 21.00 h e o xoves 21 coa actuación de Na Revolta no Torreiro de Marzán (21.00 h). O venres 22 chega unha das actividades estrela, a presentación dunha nova edición do proxecto Memoria Viva, que recolle o inestimable testemuño de dous novos maiores que atesouran grandes coñecementos da historia e devir do Rosal. Será ás 20.30 h no auditorio municipal.
Os días 23 e 24 de xullo a UD Ribera organiza en colaboración co Concello o V Torneo de Fútbol 7 O Rosal, que se disputará no campo de fútbol da Mata, con premios e trofeos para os equipos gañadores e tamén para o mellor porteiro e xogador. O 24 e 25 de xullo chega a Festa do verán do Pilar con dous días cheos de actividades no colexio da Mata co concerto estrela de Treixadura ou o Festival Xente Xida. Haberá tamén xogos populares, torneo de xadrez e monicreques, entre outras actividades.
O mes rematará coas Xornadas de Cine nas Eiras organizadas pola Asociación Ghorghalado en colaboración co Concello do Rosal, que durante os días 28, 29 e 30 de xullo achegará ao público a unha oferta cinematográfica difícil de atopar nos circuítos habituais.
Agosto estrearase con música: concerto de Man de Santo e Ska Soul o xoves 4 de agosto (21 h no Torreiro de Sandián), concerto de Simant Dúo o venres 5 (21 h na Abadía das Eiras), Klason ao abeiro do Amdor Cámara Fest o luns 8 (21 h en Lagar de Cervera) ou Brais das Hortas, Zona en Obras e a banda da Escola da Agrupación Musical do Rosal o día 10 (20 h no Torreiro de Novás). O martes 16 será a quenda dos monicreques da man de Tarabelos Teatro (20 h, Parque de Pías) e o mércores 17 será a primeira presentación dun dos protagonistas de Memoria Viva no seu propio barrio, en Tabagón, con actuación previa de Big Band de Amador Cámara Fest.
Os concertos continuarán o 20 de agosto co Festival de Músicos Xoves Amdor Cámara Fest (20h Colexio da Mata), o día 21 co Festival de Corais (20 h na igrexa de Santa Mariña), o domingo 22 co Quinteto Suso González (21 h na igrexa de San Miguel) e o día 23 cos solistas do Amdor Cámara Fest como teloneiros da segunda presentación nos barrios do proxecto Memoria Viva (20 h na igrexa de Santa Mariña). O mércores 24 será a quenda de Caamaño Ameixeiras ás 21 h no Ecoparque de Martín.
A oferta de lecer completarase ademais coas visitas guiadas aos muíños do Folón e do Picón que organizará o Concello totalmente de balde. As saídas serán os venres 15 e 29 de xullo e 12 e 26 de agosto ás 19.00 horas. As persoas interesadas poden inscribirse xa a través da web municipal.
A alcaldesa quere agradecer especialmente “a gran colaboración que existe entre Concello e todas as asociacións e entidades, que nos permite traballar man a man para poder ofrecer un verán máis unha programación con actividades diversas e de calidade”.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, animou hoxe á veciñanza a participar nos cursos gratuítos de tai chi que, durante os meses de xullo e agosto, se desenvolverán na Alameda Castelao de Redondela e no Multiúsos do Piñeiral do Crego.
As actividades, que xa comezaron, contan cun gran número de participantes que, como explica a rexedora local “ben coñeceron de anos anteriores os enormes beneficios da práctica do tai chi ou ben animáronse logo de falar cos seus veciños e veciñas”.
Digna Rivas lembrou que, como actividade gratuíta “calquera persoa pode participar en calquera momento, tan só é preciso presentarse no lugar das clases con roupa e calzado cómodo e comezar a gozar dos múltiples beneficios destes exercicios de orixe chinés”.
Esta práctica milenaria ofrece relaxación, reduce o estres e a ansiedade á vez que mellora a flexibilidade do corpo e o equilibrio da mente. Tal e como está demostrado, a práctica do tai chi, a pesar de ser de movementos lentos e pausados, axudan a mellorar a forza muscular ademais de mellorar o andar e aliviar as dores de persoas que padezan doenzas crónicas como a artrite.
A práctica do Taichi realizase de pe. Os brazos úsanse para realizar movementos que van dende simples a complexos e nos que se traballan as articulacións, o que as fortalece, osixena e tonifica. Amais os seus movementos melloran e fortalecen os sistemas cardiovascular e respiratorio. Axudan a diminuír a frecuencia cardíaca pero, ao mesmo tempo, melloran a circulación.
A praza de San Fernando e o Paseo da Corredoira serán os escenarios do II Festival da Cultural Tradicional e Folk que se celebra este venres, sábado, e domingo en Tui organizado pola Asociación Cultural San Telmo. Este evento abre a programación cultural do verán en Tui.
Na presentación do festival participaron Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, de Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, Ismael Diz, concelleiro de Medio Ambiente, Conchi Sales e a Ana Mª Pereira Sousa da Asociación Cultural San Telmo, Marcos Campos e Alba Faro do grupo Arxe e Xabier Díaz.
O alcalde, Enrique Cabaleiro, reiteraba na presentación “as sinerxías que se teñen que producir para ter unha axenda cultural tan intensa coma ten o concello de Tui”. Para iso dicía que por unha parte está o interese da administración e por outra parte “as persoas que dedican parte da súa vida a promover as distintas manifestacións artísticas que hai no país”.
Dicía Enrique Cabaleiro que “a programación cultural deste concello forma parte do noso ADN é un legado que recibimos e todos temos a obriga de manter, seguir defendendo e apostando por ela, en máis un concello que ten un marcado carácter transfronteirizo”. Engadía que estes eventos contribúen tamén á dar a coñecer o patrimonio tudense polo “entorno único” no que se celebran.
A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, indicaba na presentación “esta é unha asociación do centro urbano de Tui “darlle os parabéns porque están levando a nosa cultura e a nosa tradición á cidade e a toda contorno” desexando que o público disfrute non só dos concertos senón tamén das nosas raíces que temos que ensinar e seguir fomentando”
O festival comeza este venres ás 22 h na praza de San Fernando coa actuación do grupo Arxe, un grupo que se creou en 2018 mesturando a música de raíz coa música de autor facendo pezas que aglutinan a sabedoría popular, segundo hoxe explicaba Alba Faro. Este venres coma sinalou Marcos Campos presentarán os temas do seu primeiro disco “Arxe”, palabra que significa madeira e que é a materia prima de moitos dos instrumentos que empregan nas súas actuacións. No concerto poderemos escoitar composicións realizadas por membros do propio grupo xunto a outras da autoría de Ernesto Campos ou Pedro Lamas, e as recollidas da sabedoría popular.
O sábado ás 19.30 h na praza de San Fernando celebrarase o VII Certame de Gaita e Tamboril. Un evento que explicaba Conchi Sales está consolidado e que contará este ano con participantes da Guarda, Tomiño, Vigo, Ferrol, A Coruña, Ourense e Madrid.
Ás 22.30 h será a quenda de Xabier Díaz e Adufeiras presentando o seu traballo “As catedrais silenciadas”. Xabier Díaz afirmaba que “tocar no pórtico da Catedral é una regalo para calquera músico”, e lembraba coma para el “Tui é un lugar especial” porque de aquí era Álvarez Blázquez, un dos seus poetas de cabeceira, aquí en Paramos ofreceu un dos últimos concertos en xira con Berrogüeto, actuou dúas veces en Música no Claustro e unha no Teatro Municipal.
Xa o domingo, ao longo da xornada, na Corredoira haberá unha demostración de liño a cargo das integrantes da asociación “A Insua” de Vilalba, e a partir das 19 h celebrarase o VII Día da Muiñeira coa participación do doce agrupacións. Serán as tudenses Alfándega da Asociación Cultural San Telmo, O Mosteiro de Pexegueiro, Santa Columba de Ribadelouro, e Saragana da Asociación do Traxe Tradicional, xunto a As Flores do Galiñeiro de Vincios-Gondomar; o Helios de Bembrive, Vigo; A Solaina de Moaña; Pais de San Roque de Cangas; Anaquiños de Chapela; Trompos ós Pés de Marín; Nosa Terra de Pereiras; Arroases de Vigo. Desfilarán dende o edificio Francisco Sánchez até a Corredoira onde interpretarán muiñeiras e xotas enchendo de corido este céntrico paseo.
A Concellería de Turismo do Concello de Covelo informa da apertura do prazo de inscrición para o roteiro do río Xabriña PRG-119 que terá lugar este domingo día 10.
De trazado circular, as e os participantes percorrerán 10 quilómetros para descubrir a riqueza natural das ribeiras do río Xabriña. O punto de encontro será o parque infantil de Paraños e o número de teléfono para realizar a inscrición o 654 500 652.
Vinte participantes coñecerán os afluentes do Xabriña e pasarán polas parroquias de Paraños, Prado de Canda e A Lamosa, situadas no alto val que forma este río afluente do Tea. A ruta combina a perfección os valores naturais co rico patrimonio etnográfico das tres parroquias: as fermosas ribeiras do río a súa vexetación, fragas, prados, cruces e cruceiros, muiños.
Existe a posibilidade de facer o retorno ao inicio da ruta dende varios puntos, facendo mais levadeira a xornada para os que prefiran menos percorrido. Estos lugares son, de menor a maior percorrido: a área de lecer do Roupeiro, a ponte de Ponteseixas, na confluencia do río Azal e no lugar de Ponte Folón.
O concello de Covelo oferta esta actividade guiada totalmente de balde dentro da programación anual que permite á cidadanía gozar dunha oferta de lecer estable e organizada, “as visitas guiadas son todo un éxito e sempre quedan persoas en listaxe de espera ás que lle damos a oportunidade de participar noutra data porque ofertamos a actividade varias veces ao longo do ano. Apostamos por propostas que conten con guías e persoal especializado para que as e os participantes lle saquen maior partido e ademais de pasar o tempo aprendan e poñan en valor”, explica Lourdes Enes, concelleira de Turismo.
O concello de Covelo oferta rutas guiadas cada primeiro fin de semana de mes ao serradoiro dos Carranos, cada segundo fin de semana de mes cos roteiros e completa a súa oferta coas excursións, tamén guiadas, áo Museo Pazo da Cruz e as experiencias de observación de estrelas.
As rutas do Museo Pazo da Cruz
As excursións e visitas do Museo Pazo da Cruz son guiadas polo propietario e director do Museo Etnográfico Pazo da Cruz, Maximino Fernández Sendín. Con saída dende a praza Mestre Cerviño na que se explicará a historia e principais características do Cruceiro dos Aflixidos de Cerviño, a continuación visita ó Museo Etnográfico Pazo da Cruz en A Hermida, á Casa Leónides en A Graña, ós Chozos da Serra do Suído e á Capela da Xestosa. O desprazamento realizarase en autobús.
O serradoiro dos Carranos
O Serradoiro dos Carranos utiliza a forza motriz da auga para move-la serra e foi construído aproximadamente no 1922, coincidindo curiosamente coa construción da central hidráulica de Chicoreiras, que producía a luz para o entorno. A súa construción fíxose en pedra e escavando a rocha do lugar aínda que despois foi reconstruido en ladrillo. O conxunto do serradoiro consta de catro edificacións: o serradeiro propiamente dito, un sequeiro e almacén de madeira, unha pequena forxa e un pequeno almacén. Tamén podemos apreciar un pequeno forno para a queima de residuos e os raís para o transporte de madeira ata o interior do serradoiro. A dedicación principal deste conxunto era a fabricación de carros, dedicación á que debe o nome o serradoiro e razón pola cal podemos atopar unha forxa, xa que as ferraxes para estes carros tamén se forxaban aquí. A localización do serradoiro tamén ten que ver con esta dedicación xa que se sitúa á beira do camiño empedrado que levaba a Ourense, polo que pasa hoxe en día o sendeiro.
Para os interesados nas experiencias de observación das estrelas en plena natureza, ofrécense saídas dende a Igrexa de San Salvador de Prado para facer parte da Ruta de As Estrelas ata a Serra do Faro na parroquia de San Salvador de Prado, onde se atopa o miradoiro e observatorio astronómico Alto do Castelo, recentemente declarado paraxe Starlight. As e os participantes poderán contar con telescopios adecuados e coas explicacións de técnicos da Asociación Galega de Astronomía.
A aula CeMIT de Ponteareas prepara un mes de xullo centrado no lecer e na aprendizaxe a través de internet con seis novos cursos de balde para todos os públicos e centrados en temas actuais coas que achegar as novas tecnoloxías a persoas de todas as idades. “Queremos ofrecer á mocidade actividades que sexan do seu interese, afondando en novas tecnoloxías como a robótica Lego ou a impresión 3D, ao tempo que traballamos para reducir a fenda dixital achegando ás persoas maiores ferramentas que poden empregar na súa vida cotiá”, explica Benito Márquez, concelleiro de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico.
A programación mensual da aula arrancou cun curso sobre lecer en internet que se impartiu do 1 e 4 de xullo e que continuará este venres 8. Esta semana a formación complétase cun interesantísimo curso sobre impresión 3D e robótica Lego, coa que aprender dun xeito educativo e sinxelo os segredos da programación.
Por outra banda, do 11 ao 14 de xullo as protagonistas serán as vendas por internet cun curso no que se achegará a todas e todos os participantes aos marketplaces. Xa o 18 e 21 de xullo, as persoas interesadas en aprender novas linguas coñecerán e aprenderán a manexar diferentes apps de idiomas e os días 19 e 20 o curso será sobre o funcionamento das videochamadas. O mes pecharase os días 26, 27 e 28 de xullo cunha formación sobre a creación e edición de PDF.
As persoas interesadas en realizar calquera destes cursos deben facer a súa preinscrición a través do espazo da aula CeMIT habilitado na web da Xunta. Para máis información poderá contactarse coa aula CeMIT no correo electrónico [email protected] ou chamando ou enviando unha mensaxe de whatsapp ao número 634 238 962 dentro do horario da aula, que estará aberta ao público os venres.
O Concello da Guarda vén de presentar a Axenda de Verán 2022, unha programación de actividades extensa, para todos os gustos e para todas as idades, que estenden ata o mes de setembro con concertos, exposicións, actividades de rúa, eventos deportivos, festas gastronómicas, populares e relixiosas, entre outros.
A concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, destaca a gran aposta feita dende o consistorio municipal para realizar unha programación variada e atractiva, tanto para guardeses coma visitantes, e que sen dúbida non deixará a ninguén indiferente.
Montserrat Magallanes indicou na presentación que A Guarda presenta deste xeito un verán no que se retoma a actividade cultural, de ocio e deportiva trala pandemia, froito dun amplo traballo de programación e organización que se pode ver xa reflexado na gran cantidade de eventos recollidos nesta Axenda de Verán 2022.
O Alcalde da Guarda convida a visitantes e guardeses a participar nesta programación da Axenda de Verán 2022, cunha variedade e calidade de eventos que fará de impulso para todo o tecido empresarial da vila, atraendo a moitas persoas e incentivando tamén a actividade comercial da vila da Guarda.
Dende o Concello da Guarda se fai un agradecemento público a todas as asociacións culturais e deportivas da vila, que co seu traballo enriquecen ao noso pobo e conseguen facer sorrir, desfrutar e pasar un rato agradable a todas as persoas que se achegan a participar con elas da cultura e do deporte na nosa vila. Despois da pandemia precisamos recuperar o tempo perdido e voltar a desfrutar dos bos momentos, encher as nosas rúas de música, baile, cine e doutras expresións artísticas.
A programación de actividades arrancou na pasada fin de semana con A Guarda Diversa, A Guarda Mar de Blues e a XXX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, unha fin de semana intensa e chea de propostas na que non faltou a música, o ocio e a boa gastronomía.
Seguindo coa programación da Axenda de Verán este xoves día 7 de xullo ás 22:30h a Praza do Reló acolle a proxección de cinema “El Principito”
Unha das citas musicais máis importantes do verán terá lugar o vindeiro sábado día 9 de xullo ás 22:30h na explanada do Porto da Guarda, co concerto de Heredeiros da Crus celebrando o seu 30 aniversario. Apertura de portas ás 21:30h, inicio dos concertos ás 22:30h, entrada de balde ata completar o aforo. Nesta xira do 30 aniversario de Heredeiros da Crus teremos a oportunidade de “josar” dos seus auténticos sons na Guarda en estado puro, nunha noite que, de seguro, quedará para o recordo.
A Axenda de Verán continúa nos meses de xullo, agosto e setembro con actividades coma os festivais de Baile Moderno de Xamaraina, a programación de actividades infantís de “Miúdo Verán”(todos os xoves), as Festas do Carme, Feira de Outlet do comercio local, o Encontro dos Pobos, eventos deportivos, a Festa do Peixe Espada, a Mostra Creativa, presentación de libros e exposicións, as Festas de San Cayetano, o Encontro do libro Luso-Galaico, a Festa do Percebe, concerto da Agrupación Musical da Guarda, as Festas da Virxe da Guía, as Festas das Mercedes ou a Mostra Asociativa
Especial mención nesta programación para as Festas do Monte, que terán lugar do 8 ao 15 de agosto, a semana grande de festas na Guarda, unha semana na que as noites de verbenas se compaxinan con diferentes actividades deportivas e culturais. Na xornada do sábado día 13 de agosto ás 11:30h ten lugar o Desfile Folclórico e De Bandas Mariñeiras, un desfile multitudinario previo ao día grande o Domingo do Monte, no que dende a mañá as Bandas Mariñeiras soben ata o cumio do Monte Santa Trega para realizar os seus xuramentos ao son dos bombos, tambores e gaitas. As festas rematarán na noite do Luns día 15 de agosto coa Gran tirada de fogos de artificio no Porto da Guarda.
EXPOSICIÓNS
A Guarda terá tamén unha importante exposición pictórica este verán que estará na Casa dos Alonso entre o 26 de xullo e o 13 de agosto, e na que se poderán observar e apreciar os traballos e pinturas da artista guardesa Chuny Alonso.
VISITAS GUIADAS AO CASTRO DE SANTA TREGA
Ao longo do verán e de martes a domingo ofértanse visitas guiadas ao Castro de Santa Trega, unha oportunidade para coñecer o noso patrimonio con visitas que terán lugar ás 12:00h, 13:00h, 18:00h e 19:00h horas.
Inscrición e información no enderezo electrónico [email protected] ou no teléfono 690 017 038.
PROGRAMA COMPLETO
30 DE XUÑO – 1 DE XULLO
A GUARDA DIVERSA, na Praza do Reló
1, 2 DE XULLO
FESTIVAL MAR DE BLUES, na Praza do Reló
1, 2, 3 DE XULLO
FESTA DA LANGOSTA, no porto da Guarda
7 DE XULLO
CINE NA RÚA “EL PRINCIPITO”, na Praza do Reló ás 22:30 horas.
9 DE XULLO
CONCERTO HEREDEIROS DA CRUS (Musigal 2022), no Porto da Guarda ás 22:30 horas.
10 DE XULLO
FESTIVAL DE BAILE MODERNO “O GRAN SHOW”, no Auditorio de San Benito ás 20:30 horas. Organiza: A.C. Xamaraina
14 DE XULLO
ESPECTÁCULO DE DANZA E HUMOR “SOFÁ”, no Auditorio de San Benito ás 20:30 horas.
15, 16 DE XULLO
FESTAS DO CARME, no porto da Guarda. Organiza: Comisión de Festas do Carme
21 DE XULLO
CINE NA RÚA “BELLA Y EL CIRCO MÁGICO”, na Praza do Reló ás 22:30 horas
23 DE XULLO
FERIA OUTLET, na praza de Avelino Vicente. Organiza: ACIGU
ENCONTRO DOS POBOS, no Auditorio de San Benito ás 20:30 horas. Organiza: A C. Do Lusco ó Fusco
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade aprobou o proxecto de construción para a mellora da mobilidade peonil e da seguridade viaria na estrada autonómica PO-402, entre os núcleos de Oleiros e Leirado, no concello de Salvaterra de Miño.
A actuación nesta estrada suporá un investimento autonómico de 1.525.383 euros. O obxectivo da Xunta é licitar as obras a finais deste mes para poder adxudicalas en outubro e iniciar os traballos antes de que finalice o ano. A intervención conta cun prazo de execución de 12 meses, aínda que o obxectivo é poder tela rematada para o verán de 2023.
As obras consistirán na construción dunha senda peonil e ciclista de case 4,6 km de lonxitude, que unira os núcleos de Oleiros e Leirado, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 0+640 e 5+230 da estrada PO-402.
Este novo itinerario executarase en formigón coloreado reforzado con mallazo e disporá dun ancho variable dun mínimo de 1,80 metros. A elevación da senda con respecto á rasante da estrada será de 10 centímetros.
Para a ampliación da plataforma e dispoñer de espazo para a senda executaranse muros de perpiaño en varios tramos da estrada, e adecuarase a rede de drenaxe lonxitudinal e transversal á nova configuración da vía tras a execución da senda. Tamén se adaptarán as instalacións de sinalización e servizos que se poidan ver afectados pola obra.
Na actuación destaca a intervención un treito de senda que debe ser executado en estrutura, no punto 2+350 da PO-402, no que existe unha canle que é necesario salvar. Deste xeito, proxéctase a instalación dunha ponte de 23 metros de lonxitude e ancho útil de 1,8 metros, realizada en madeira de piñeiro silvestre tratada en autoclave para maior durabilidade.
O proxecto deseñado polo departamento de Infraestruturas da Xunta inclúe, ademais, a adecuación de catro marquesiñas nas paradas de autobús.
Tamén se prevé a execución de varios pasos de peóns con iluminación específica, para mellora da mobilidade transversal e unha mellor accesibilidade á nova senda.
Esta actuación conta con financiación dos fondos europeos Feder React-UE como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19 dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
Mediante esta nova intervención, a Xunta habilita ao longo de practicamente toda a lonxitude da PO-402 un novo espazo para o tránsito peonil seguro nesta zona con vivendas a ambas as marxes da estrada, coa senda que xa chega ao cemiterio de Oleiros e as beirarrúas existentes en Leirado.
Con esta actuación o departamento que dirixe Ethel Vázquez dá resposta á solicitude do Concello, completando así outras importantes actuacións de mellora da mobilidade peonil executadas nos últimos anos que permitiron unir Oleiros con Salvaterra a través da PO-400 e da PO-402.
A fin de semana do 1 ao 3 de xullo disputouse na piscina Rosario Dueñas de Ourense o Campionato Galego Júnior-Absoluto de natación.
Dende a primeira sesión os nadadores e nadadoras do club ponteareán puxeron un ritmo intenso nas súas probas, acadando varias mellores marcas persoais e liderando as clasificacións dende os primeiros compases da competición.
O equipo do condado amosou un gran nivel, obtendo un total de 44 metais: 18 medallas de ouro, 14 de prata e 12 de bronce.
Tanto no Campionato júnior coma no absoluto, o CN Ponteareas fíxose cos títulos por equipos nas categorías feminina e conxunta.
Un novo éxito nesta tempada de piscina, que está xa rematando para dar paso ás probas en augas abertas. O equipo da vila do Tea pon agora rumbo a Maia (Portugal) onde participará representando a Ponteareas nos xogos do Eixo Atlántico.
Ponteareas contará con representación na nos XIV Xogos do Eixo Atlántico, que se celebrará durante toda esta semana na cidade portuguesa de Maia. Dende este mesmo luns ata o vindeiro 8 de xullo, máis de 2400 participantes reuniranse para disputar este evento deportivo transfronteirizo que retoma a normalidade tras a pandemia.
A delegación ponteareá, composta por dez nadadores e nadadoras do CN Ponteareas acompañados de técnicos, participarán este luns na xornada inaugural desta edición e competirán este martes 5 nas categorías de natación e natación adaptada. Como é habitual nesta cita, esta edición integra modalidades de deporte adaptado que contarán coa participación de 200 persoas e coas que se busca eliminar barreiras e fomentar a participación deportiva de toda a mocidade.
O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, despediu onte ao grupo de participantes ponteareáns, aos que lles desexou “moita sorte durante a competición”, pero tamén que “gozaran dos bos momentos deportivos que van experimentar e da convivencia con outras e outros deportistas dos municipios galegos e lusos que integran o Eixo Atlántico”.
Con récord de participación, nesta nova edición estarán representadas 28 cidades do Eixo Atlántico: ademais de Ponteareas, competirán deportistas de Lugo, Ourense, Carballo, O Barco de Valdeorras, Pontevedra, Monforte de Lemos, Vilagarcía de Arousa, A Coruña, Sarria, Santiago de Compostela, Vigo, Maia, Matosinhos, Gondomar, Bragança, Famalicão, Vila Nova de Gaia, Vila Real, Peso da Régua, Valongo, Braga, Barcelos, Viana do Castelo, Santa María da Feira, Amarante, Guimarães e Póvoa do Varzim.
Dende a súa orixe en 1995, con esta competición o Eixo Atlántico procura promocionar o deporte, a convivencia entre a mocidade e, tamén, un mellor coñecemento entre a cidadanía das dúas rexións. Os Xogos organízanse cada dous anos e constitúen un evento deportivo transfronteirizo único en Europa.
O vindeiro 9 de xullo, dende as 16 horas, Redondela converterase no punto de atención do ciclismo nacional nas categorías Élite e sub23, coa celebración do I Trofeo Concello de Redondela organizado pola Concellería de Deportes que dirixe Nacho González e polo Retelec Team Cycling Galicia. Neste trofeo daranse cita máis de 100 deportistas pertencentes aos 10 equipos galegos de ciclismo aos que se engaden os xa confirmados Bicicletas Carlos de León e Ciudad de Oviedo e dous equipos máis, de León e Portugal, pendentes de inscrición.
A alcaldesa de Redondela que agradeceu á Concellería de Deportes e ao Retelec Team Cycling Galicia o “enorme esforzo que supón a organización dun evento deportivo destas características”, puxo de relevo a importancia que ten este trofeo “que, unha vez máis, pon a Redondela no mapa dos grandes eventos deportivos”.
A proba disputarase sobre un circuíto urbano de 2.5 quilómetros na que, primeiramente, disputaranse dúas mangas de fondo que terán que dar 25 voltas ao circuíto e na que nunha que participarán os corredores con dorsal par e noutra os de dorsal impar.
Os quince primeiros de cada unha das mangas, pasarán á unha carreira de eliminación de aproximadamente 30 voltas, unha modalidade sempre espectacular na que va quedando eliminado o corredor que, en cada volta, pase último pola línea de meta que estará situada na Avenida de Alfonso XII.
“É, sen lugar a dúbida, un espectáculo deportivo que fará desfrutar as persoas afeccionadas ao ciclismo que se darán cita en Redondela”, afirma a alcaldesa Digna Rivas quen lembra que o Concello, dentro das súas posibilidades, “apoia aos clubs e deportistas das distintas disciplinas deportivas dende o convencemento que as administracións deben fomentar e axudar o desenvolvemento de estilos de vida saudables e, nada mellor para iso, que a práctica do deporte”.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, recibiu na Casa Consistorial ao ciclista porriñés Santos Lemos, que se proclamou recentemente campión da Copa de España de Enduro na súa categoría.
Santos, veciño da parroquia de Budiño, suma así un novo podio á súa curta pero exitosa carreira deportiva. En tan só catro anos o porriñés ten no seu haber dous ouros e un bronce no Campionato de Galicia, dous Open de Galicia, dous ouros na Copa de España e dúas pratas e un bronce no Campionato de España.
Un palmarés que de seguro se engrosará este ano xa que lidera a clasificación do Open de Galicia e está enfocado no seu gran reto para o 2022: o Campionato de España.
O rexedor felicitouno en nome de todo o pobo do Porriño “por levar o noso nome ao máis alto”. “Os teus éxitos sentímolos como nosos”, trasladoulle Lorenzo, “Cando alguén disfruta e sinte o que fai non hai límites, e ti eres un claro exemplo Santos”.
Axentes da Policía Local de Redondela procederon, na mañá de onte, á detención dun varón con domicilio no Porriño o cal, logo de varias intervencións durante a mañá con esa persoa, nun dos rexistros corporais realizados, localizaronselle 3.000 euros, dos cales non manifestaba a súa procedencia.
Dito diñeiro foille intervido no mesmo momento e, feitas as xestións para ver a súa procedencia, detectouse que existía unha denuncia pola subtracción de 4.000 euros dun vehículo e pertenencias no día de onte.
Nas proximidades, tamén se localizaron unhas bolsas de dito varón que conterían diversa documentación, posiblemente tamén sustraída doutros vehículos.
Por todo, o individuo foi detido pola Policía Local de Redondela, sendo trasladado posteriormente á comisaría de Vigo pola Policía Nacional.
Dende este venres, 8 de xullo, e até o luns 29 de agosto, vaise celebrar en Tui a programación cultural do verán cunha ampla oferta na que terán lugar catro festivais, – Festival da Cultural Tradicional e Folk, FIAR, Música no Claustro e IKFEM-concertos de Xoel López, a Banda de Gaitas de Paramos, Raquel Areal, Sara Areal e Karla Martínez, cinema ao aire libre e a Festa do Miño.
A programación foi presentada esta mañá na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, a presidenta da Asociación Cultural San Telmo, Conchi Sales, e o director de Música no Claustro, Samuel Diz.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, expuxo na súa intervención o destacado da oferta cultural tudense indicando que “moi poucos concellos neste país teñen unha oferta e unha axenda cultural coma a que ten o concello de Tui. E non podemos esquecer a feliz casuística de que unha gran parte desta oferta cultural é de carácter transfronteirizo, e dende ese punto de vista xa non é que sexamos un caso case único no ámbito do país senón un caso case único no ámbito da Europa Occidental”. Engadiu Enrique Cabaleiro que isto é así grazas a dous piares fundamentais, un “a propia administración local que sempre fixo un esforzo importante pola cultura, por financiar todas as mostras de difusión cultural do noso país”, salientando o compromiso da administración local tanto a nivel financeiro coma técnico. O outro piar dicía son “os produtores dos distintos evento” e nese senso apuntaba que “este concello se debe considerar un privilexiado de contar con capital humano quen de xerar recursos para pór en valor diversas mostras de manifestacións culturais”.
A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, foi a responsable de repasar a programación que comeza esta mesma fin de semana “cun festival no que a cultura e a tradición son protagonistas”. Será o primeiro dos catro festivais previstos, xunto ao FIAR, Música no Claustro e IKFEM, e ao que se sumará en setembro o MUMI.
O II Festival da Cultural Tradicional e Folk organizado pola Asociación Cultural San Telmo abrirá esta oferta cultura este venres 8 de xullo. No marco do mesmo a praza de San Fernando acolle este venres ás 22 h a actuación do grupo Arxe e o sábado, ás 19.30 h o VII Certame de Gaita e Tamboril, e ás 22.30 o concerto de Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre. Xa o domingo a partir das 19 h celebrarse no Paseo da Corredoira o VII Día da Muiñeira xunto a unha demostración do liño a cargo da Asociación Cultural “A Insua” de Vilalba coma explicaba Conchi Sales, presidenta da Asociación Cultural San Telmo. Este festival será presentado mañá en rolda de prensa.
O Paseo Fluvial volverá converterse nunha gran sala de cine ao aire libre con capacidade para 400 persoas. Será os venres 15 de xullo ás 22h con “Valentina”, o 12 de agosto ás 22 h “Arrietty, e o 26 de agosto ás 22 h “Voando xuntos”.
Na fin de semana do 22 ao 24 de xullo a Eurocidade Tui-Valença acollerá a segunda edición do FIAR, o Festival Internacional de Artes de Rúa con 18 funcións, 12 espectáculos, 6 pasarrúas e 6 espazos.
A Banda de Gaitas San Xoán de Paramos ofrecerá o concerto Día de Galicia, o domingo, 24 de xullo, ás 22.15 h no Paseo Fluvial. No mesmo contarán coma artista convidada con Laura Villaverde. Interpretarán repertorio tradicional galego, portugués e arranxos de temas pop e rock.
“Volta ás Orixes” é o título do concerto que ofrecerán as irmás violinistas tudenses Sara e Raquel Areal Martínez xunto á pianista Karla Martínez o venres, 29 de xullo, ás 22. 15h na praza de San Fernando. Ao longo dunha hora interpretarán as obras que as teñen acompañado ao longo da súa carreira musical. Así poderemos escoitar composición de Vivaldi, Falla ou Sarasate.
Do 1 ao 7 de agosto terá lugar a XVI edición do Festival de Música, Patrimonio e Creación Música no Claustro. Un festival que segundo o seu director Samuel Diz, “dialogará coas obras” que se están a executar na Catedral. Os concertos serán o prato principal desta proposta pero tamén haberá outras propostas coma a segunda edición de Resonancias, o Foro Profesional de Instrumentos Musicais. Lembraba amais coma o festival comezou xa na festas de San Telmo coa recuperación da Misa Medieval de San Telmo, un concerto ao que acudiron 300 persoas. Tamén aludía Samuel Diz ao oitavo centenario da Catedral que se celebrará en 2025 indicando que É “unha das principais institucións culturais non so da provincia senón tamén da comunidade” e temos que reflexionar sobre como nos imaxinamos unha catedral do século XXI “que usos, que usos, que finalidades e sobre todo que identidade”.
Xoel López estará en concerto o luns 8 de agosto ás 22 h no Espazo Feiral dentro da programación dos concertos do Xacobeo. A entrada será libre.
Volve tamén este verán a Festa do Miño que celebrará o sábado 13 de agosto a súa décima edición. A programación comezará ao mediodía coa Romaría Popular na ribeira de Caldelas, de onde sairá o Descenso Popular do Miño que organiza o Club Kaiak Tudense. Recupérase nesta edición a Festa Gastronómica na rúa Compostela a partir das 20 h coa participación de 13 asociacións culturais tudenses, a animación de Troula Animación e o concerto da Banda Xangai.
Pecha a programación do verán o IKFEM, o Festival Internacional de Teclado da Eurocidade que cumpre a súa décima edición. Será do 19 ao 26 de agosto.
Toda esta programación, xunto a un avance do outono, vén recollida nun novo número da Axenda Cultural Corredoira da que se editan 14 mil que serán distribuídos en Tui e Valença.
O Concello continúa construíndo O Rosal do futuro coa colaboración do tecido asociativo do municipio. Ao abeiro do programa ‘A veciñanza conta’, alcaldesa e directiva da UD Ribera mantiveron estes días un encontro no que abordaron proxectos de presente e de futuro do club, como a reforma do campo de fútbol da Mata “para convertelo nunhas instalacións plenamente inclusivas a medio prazo. Somos un concello comprometido que busca facer do municipio un lugar accesible para todos e todas, tamén no eido deportivo”, salienta a rexedora, Ánxela Fernández Callís.
Durante a reunión alcaldesa e UD Ribera trataron principalmente a primeira fase do proxecto para crear un campo de fútbol accesible, que comezará nos vindeiros días coa licitación das obras de reforma integral dos vestiarios. Concello e club tamén comezarán a traballar no proxecto de cambio do céspede do campo, unha necesidade detectada pola entidade deportiva e para a que “buscaremos non soamente financiamento, senón tamén levalo adiante de xeito planificado para minimizar o efecto na actividade deportiva que se leva a cabo nel”.
A reforma dos vestiario incluirá a mellora da accesibilidade aos sete vestiarios independentes cunha nova distribución e xerando novos espazos accesibles tanto para o persoal técnico como para as e os xogadores. Así, aumentarase o número de duchas dispoñibles con cabinas accesibles, ampliarase a porta de acceso a estas instalacións ou instalaranse portas corredoiras para comunicar os vestiarios 1 e 2 e 3 e 4 e poder dispoñer así dun espazo único con dobre capacidade.
Durante o encontro a alcaldesa quixo poñer en valor o gran traballo que está a desenvolver a UD Ribera, “cunha clara aposta pola canteira e cunha reactivación exemplar tras a crise sanitaria. É un orgullo contar con entidades como este club, un dos poucos que durante a pandemia soubo adaptarse para manter a actividade deportiva entre nenos e nenas, algo tan importante para a saúde xeral, especialmente nun momento tan delicado”.
Por outra banda, en setembro a UD Ribera tamén colaborará no proceso participativo que porá en marcha o Concello ao abeiro da Axenda 2030, coa que abordar os retos sociais, ambientais, económicos, culturais ou educativos para un desenvolvemento urbano sostible.
O Concello de Nigrán celebra o 29 e 30 de Xullo o XVI Nigranjazz no espectacular escenario ao aire libre do esteiro de A Foz coa presencia dos músicos con maior proxección internacional e na que será, ata a data, a súa edición máis feminina. Así, tres das catro formacións invitadas están lideradas por mulleres: a pianista catalá Lucía Fumero, a guitarrista e compositora letona Ella Zirina e a cantante Eve Cornelius, bandas ás que se suma o guitarrista franco-galego Wilfried Wilde (que tamén conta con mulleres no seu quintento).
O cartel foi presentado esta mañá nas instalacións da cervexeira local Banda/Triskale (novo patrocinador do festival) na súa fábrica e punto de venda de Porto do Molle (Rúa do Labrego, 22, Nave 5E) instalacións que acollerán desde o luns 11 de Xullo ao 29 de Xullo a exposición de carteis das 16 edicións (de luns a xoves de 11:30 h a 19:00 h e os venres ata as 21:30 h). As tradicionais jam-sessions volverán a celebrarse no propio esteiro de A Foz tras os concertos e a master-class, da que se informará convintemente sobre a inscrición, será a cargo da cantante americana Eve Cornelius o sábado 30 ás 12:30 horas no Auditorio do Concello. O Nigranjazz conta co apoio da Deputación de Pontevedra a través da Liña 2 do Plan Concellos.
“Aínda sufrimos os efectos da pandemia á hora de organizar o festival pero, a pesar diso e con moito esforzo, traemos a algúns dos mellores músicos internacionais, sendo a maioría delas mulleres, sinala Felipe Villar, director do festival e quen lamenta que “elas seguen sendo minoritarias na esfera do jazz”, unha circunstancia que, confía, vai cambiar nun futuro moi inmediato. Ademais, destaca que, coma sempre desde a súa orixe, se intercalan en todas as formacións os mellores músicos galegos. Pola súa pate, o alcalde de Nigrán, destacou a importancia de que o municipio figure no circuito do jazz español contando co festival máis antigo de Galicia (arrancou sendo precisamente él concelleiro de Cultura) e sendo todo un referente no noroeste peninsular.
O guitarrista franco-galego Wilfried Wilde está graduado no Conservatorio Superior do País Vasco, MUSIKENE, e será o encargado de abrir o festival o venres 29 ás 21:00 horas co seu quinteto. Esta será unha despedida de Wilfried de Galicia, xa que se mudará a Suiza tras ser seleccionado para o programa educativo Focusyear, proxecto anual adicado a acadar a excelencia musical mediante a tutorización dos mellores maestros internacionais. A continuación será o turno ás 22:30 da pianista catalá Lucía Fumero co seu trío, Fumero foi galardoada co 1er Premio de Juventudes Musicales de España en Jazz 2020 e é a flamante gañadora do Premio Artista emergente 2021 pola Plataforma Jazz España.
A segunda xornada, sábado 30, abrirá ás 21:00 horas coa guitarrista e compositora letona Ella Zirinae, graduada recentemente en Amsterdam cos máis altos honores e actualmente traballando con BIMHUIS en Amsterdam para o proxecto “Young Starters”, así como co JazzFest Amsterdam para o proxecto “Young Makers” . Pola súa banda, a cantante americana Eve Cornelius porá o broche de ouro ás 22:30 horas cunha voz que recorda totalmente ás grandes divas do jazz, soul e el r’n’b. Cornelius gañou o premio BET Jazz Discovery e desde entón traballou con figuras da talla de Ramsey Lewis, Chucho Valdés, Mulgrew Miller, Norman Connors, Roy Hargrove…
Wilfried Wilde Quintet
Wilfried Wilde: Guitarra e Composición | Charley Rose: Saxo | Xan Campos: Piano | Yudit Almeida: Contrabaixo | Iago Fernández: Batería
O guitarrista francés Wilfried Wilde, que resideactualmente en Galicia, é graduado no conservatorio superior do País Vasco, MUSIKENE. A súa estancia en España permitiulle colaborar con numerosos músicos talentosos (Perico Sambeat, Javier Vercher, Chris Kase, ReinierElizarde, Paco Charlín, Xan Campos, Demian Cabaud, Iago Fernández, Enrique Oliver, Jozef Dumoulin, Zé Pedro Coelho ou João Mortágua) tanto en estudo como nos escenarios dos máis recoñecidos festivais e clubs de Jazz internacionais (España, Francia, Dinamarca, Holanda, Alemaña, Italia, Suíza, Alxeria). Participou en numerosas competicións e no 2011 foi gañador do KEEP AN EYE JAZZAWARD como “Mellor Solista Europeo” no BImhuis de Amsterdam.
Lucía Fumero Trío
Lucía Fumero: Piano e Voz | Martin Leiton: Contrabaixo | Juan Rodriguez Berbín: Batería
Lucia Fumero é unha pianista e cantante nada en Barcelona, de raíces arxentinas e suízas. Empezou a estudar música clásica no Conservatorio Municipal de Barcelona, onde se titulou co Grao Profesional de Música en 2010. Despois viaxou a Holanda para seguir estudando e traballando. Alí, na Universidade de Música de Róterdan, cursou un grao superior de música moderna especializada en músicas latinas. De volta en Barcelona se graduó na Escola Superior de Música de Catalunya (ESMuC) dentro da especialidade de piano jazz. Recentemente foi galardoada co 1er Premio de Mocidades Musicais de España en Jazz 2020 e é a flamante gañadora do Premio Artista emerxente 2021 pola Plataforma Jazz España, premio que a levará a tocar polos destacados festivais de jazz da península.
Ella Zitina Trío
Ella Zirina: Guitarra | David Macchione: Contrabaixo | Eloi Pascual: Batería
O trío dela Zirina entreteje os sons e as texturas da guitarra, o baixo e a batería nunha colorida obra de arte onde o resultado melódico e harmónico inspírase na tradición do jazz e céntrase en explorar as composicións orixinais. Comezando a súa traxectoria como banda mentres eran estudantes no Conservatorio de Ámsterdam, é un trío internacional formado polo batería galego Eloi Pascual Nogué, o contrabajista italiano David Macchione e a guitarrista/compositora letona Ela Zirina. Cada membro achega as súas influencias e características da súa personalidade, creando así unha música na que é importante manterse fiel a un mesmo.
A líder da banda e guitarrista, Ela, comezou a súa viaxe no jazz escoitando a Jim Hall, Bill Evans, Wes Montgomery e Miles Davis. Inspirada polas voces musicais únicas destes músicos, comezou a interesarse na composición. Ela compón transmitindo as súas emocións e experiencias da súa vida á música e compartíndoa cos oíntes. Por tanto, a música descríbese mellor como sincera, sensible e melódica, aínda que hai moitos elementos rítmicos derivados de guitarristas como Baden Powell, Jesse van Ruller e Reinier Baas.
Eve Cornelius Quartet
Eve Cornelius: Voz | Telmo Fernández: Guitarra | Pat Bianchi: Órgano Hammond | Jason Brown: Batería
Cunha voz que lembra á das grandes divas do jazz, o soul e o r’n’b, Eve Corneliuos, nacida en Newark (Nova Jersey, EEUU), empezou a cantar de pequena. Con todo, non subiu aos grandes escenarios ata que gañou o premio BET Jazz Discovery. Desde entón ata o de agora, traballou con figuras da talla de Ramsey Lewis, Chucho Valdés, Mulgrew Miller, Norman Connors, Roy Hargrove e un longo etcétera, viaxou por medio mundo e tocou con regularidade en clubs como o neoiorquino Smoke —xunto a Jeremy Pelt, entre outros. Tamén asinou unha brillante carreira en solitario e liderou varios proxectos de jazz, soul, funk, etc. No Jamboree actuará cun supergrupo completado polo organista Pat Bianchi, o guitarrista Telmo Fernández e o baterista Jason Brown. O concerto forma parte dunha xira de presentación do próximo disco de Telmo Fernández e inclúe composicións propias de jazz, blues e soul.
O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, describiu ao renovado Museo Flotante da Carabela Pinta como “unha visita obrigada” para todos aqueles “que queiran gozar e pasar un bo intre” á vez que coñecen a historia “ Universal”. O alcalde, acompañado pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, foi o anfitrión a bordo do acto de inauguración que sexa celebrou na tarde de onte.
Na súa visita pola renovada nave, alcalde, presidenta e delegada estiveron acompañados pola concelleira de Cultura, Miriam Costas Irirarte, a directora da Casa da Navegación e encargada tamén do Museo Flotante, Rosa Villar Quintero, e o coordinador da Empresa Eurored encargado do proxecto de renovación, Raúl Costas.
O museo, da réplica da Carabela Pinta, ao que lla engadiu o epígrafe: 1493. Noticia do Descubrimento do Novo Mundo. Chegada da Carabela Pinta, reabre as súas portas ao público mañá tras catro semanas de peche para levar a cabo unhas obras de mellorar das súas instalacións e unha renovación integral da súa museoloxía.
Ademais dos traballos habituais de decapado, repintado e selaxe do casco, o seu interior, habilitado como zona museística, foi sometida a unha actualización en diferentes elementos que ilustran o periplo intercontinental, por exemplo os paneis informativos e as súas figuras no marco do convenio “Exploraterra”, ao que o Concello adheriuse.
Por unha banda temos ao barco como peza histórica, que se rehabilitou practicamente por completo e enriquecido e despois están novos elementos museográficos. Tamén o apartado tecnolóxico como do apartado da viaxe en se, da vida a bordo. Coa renovación de todos estes elementos, pretendeuse non só recuperar o discurso senón nutrilo de novo contido, ofrecendo novos elementos que ata o de agora non se mostraron como o tema da batica, o tema técnico do temón de pa( un elemento de valor importante que ata esta renovación permaneceu oculto), ou mesmo, o tema do fanal de popa( única luz nocturna para a navegación), un elemento fundamental para a comprensión do público visitante do funcionamento do barco.
En canto á museoloxía, propiamente dita, cos novos traballos fixouse o foco en centrar os elementos expostos a bordo en ser o máis fieis posible aos que chegaron no tornaviaje do Novo Mundo. Especificouse moi rigorosamente, en canto aos produtos que se mostran corresponden ao territorio onde estiveron na primeira viaxe, estiveron concretamente nas Illas do Caribe ,e especialmente, o que hoxe é Haití e Porto Rico, o que se chamou “A Española”, matizou Rosa Vilar Quintero. Tamén se mellorou o apartado técnico para axudar á compresión da vida a bordo así como a tribulación e as persoas nativas ou as propias aves traídas do novo mundo. Ademais, hase cambio a instalación eléctrica por luz LED e tamén se renovaron todas as bandeiras e banderíns.
A modo de conclusión, Villar Quintero expuxo: “Emendar un baleirou fundamental existente ata esta última renovación. O que significa equiparar a xestión do Museo Flotante da Carabela Pinta co relacionado con calquera outro cetro de interpretación ou museo”.
“Trátase dunha aposta clara pola cultura, o turismo e a conservación do noso patrimonio. A estes traballos súmanse unha profunda actualización da museografía da Replica da Carabela Pinta. Quen matizou que “estes últimos traballos leváronse a cabo con cargo ao proxecto “Exploraterra”, unha iniciativa á que o municipio baionés adheriuse o pasado mes de febreiro e que nace co obxectivo de promover e preservar o patrimonio cultural das grandes expedicións marítimas xeográficas españolas e portuguesas da historia”. O rexedor tamén fixo referencia ao “Compromiso de converter os pobos colombinos en Patrimonio Histórico e fixo referencia á firma do “Manifesto de Baiona”, rubricado o pasado mes de abril por Baiona, Santa Fe de la Vega de Granada , Palos de la Frontera e A Gomera. Trátase dunha aposta pola creación do proxecto do Roteiro Colombina do Encontro entre Tres Mundos”. “Isto supón a creación dun Proxecto Turístico Internacional que conecte os Pobos Colombinos de España, Sudamérica e África. Con este proxecto ambicioso dotaremos de contido real o irmandamento”, matizou o rexedor. Con esta renovación da Carabela Pinta deuse un paso máis aló e á varada de mantemento rutineira, programada #de acordo con o protocolo do departamento de Cultura ( un protocolo que contempla unha varada de mantemento en dique seco cada cinco anos, a última fíxose en 2017) sumáronselle outros arranxos máis en profundidade. Deuse un gran paso cualitativo na experiencia a bordo do público visitante. Á que hai que engadir cambio de practicamente toda a cabuyería, algo que a última vez que se realizou foi en 1999, aos seis anos de chegar a réplica, que foi construída hai 29 anos, no quinto centenario da chegada a porto da embarcación. Co paso dos anos a copia do navío, onde Martín Alonso Pinzón trasladou a noticia do coñecemento da Indias, converteuse en símbolo de identidade da vila. A visita á réplica da Carabela Pinta é un dos grandes atractivos que ofrece a Real Villa, pola cuberta da embarcación pasa un gran número de persoas a visitar as instalacións e coñecer o seu interior que alberga un museo colombino que recrea aos membros da tripulación, os indíxenas americanos e os obxectos traídos do novo mundo. Entre as persoas asistentes ao acto de inauguración había tamén membros da Corporación do Concello de Baiona así como representantes de distintas asociacións baionesas.
A trixésima “Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira” congregou na Guarda do 1 ao 3 de xullo a centenares de veciños e visitantes que non quixeron perderse o regreso tras a pandemia dunha das festas gastronómicas máis populares de Galicia. Reivindicar os produtos e elaboracións propias dunha vila mariñeira e unir esa reivindicación a un potente programa cultural, con actividades para todas as idades, foi o gran acerto do Concello da Guarda nesta edición postpandémica da celebración.
Non é estraño, entón, que o evento repetise resultados de 2019, unha das edicións máis exitosas de toda a súa historia, con preto de 350 quilos de lagosta vendida só na carpa, polo que se prevé un número notablemente maior cos pedidos realizados ao longo destes tres días polos restaurantes locais. Como anécdota, sinalar que este ano aumentou de forma considerable o consumo de nécoras, que competiron en sabor coa raíña da festa.
‘A Boalleira’ camiño da carpa
A XXX “Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira” arrincou o pasado venres na Praza de San Benito coa entrega das súas renovadas Lagostas de Ouro a tres organizacións locais: a Confraría de Pescadores Santa Tecla, polo seu traballo a favor da pesca artesanal e o marisqueo; a Asociación de Redeiras Atalaia, polo seu esforzo á hora de dar visibilidade e dignificar o traballo das mulleres do mar; e a Organización de Palangreiros Guardeses, pola súa achega á dinamización da economía guardesa. Por iso, a exitosa edición de 2022 clausurouse no mesmo escenario.
A protagonista da noite de onte foi a cantante Erea Castro, que deleitou aos numerosos asistentes cunha voz marabillosa e un estilo persoal no que teñen cabida diferentes estilos musicais. Entre eles, o fado, do que é unha das súas máximas expoñentes. Tras ela, o grupo de gaitas A Boalleira foi o encargado de amenizar a última noite da festa. E se falamos de música, imposible non facer referencia ao Festival Mar de Blues que, segundo anunciou o propio alcalde, Antonio Lomba, terá unha terceira edición. As noites musicais na Praza do Reló foron, sen dúbida, un dos pratos fortes do evento gastronómico, xa que atraeron a amantes deste xénero musical de toda España debido ao prestixio dos músicos que participaban.
Os outros protagonistas da celebración
A festa guardesa contou con outros importantes atractivos, máis aló da gastronomía e da música en directo. O “Piueiro”, o volanteiro tradicional cunha tripulación formada por mariñeiros xubilados da Guarda, non parou de realizar travesías ao longo de toda a fin de semana; mentres que a mascota “Lagosta Castrexa”, deseñada con motivo do trinta aniversario da festa e que ocupou boa parte das actividades destinadas aos máis pequenos, triunfou e converteuse na compañeira ideal dos selfies de nenos e maiores.
A suma de todos estes factores provocou o éxito desta cita organizada polo Concello da Guarda, que se envorcou nesta “celebración da vida”, como dixo o alcalde Antonio Lomba na súa inauguración. A paréntese da pandemia xa quedou atrás e a “Festa dá Lagosta e dá Cociña Mariñeira” renace con todas as virtudes previas e engadindo unha riqueza cultural que augura un crecemento exponencial en futuras edicións. Sempre coa idea de que cada guardés senta orgulloso da súa vila e de que cada visitante queira regresar.
No marco das obras iniciadas o pasado mes para a humanización da rúa Trobador Xoán García de Guillade e a creación do camiño escolar seguro ao CEIP Ramiro Sabell, este martes 5 de xullo iniciaranse os traballos sobre o tramo da rúa Trobador Xoán García comprendido entre a Avenida de Galicia e a rúa Camelias, que implicará a reordenación definitiva dos accesos e sentidos de circulación nas rúas Trobador, Salgueiros, Camelias, Forno Telleiro, Pedra de Auga e Nardos.
O Concello explica que o tramo de Trobador Xoán García dende a Avenida de Galicia até o parque Ferro Ucha estará libre de tráfico ao converterse nun espazo peonil e por el só poderán circular os vehículos usuarios de garaxes, así como casos excepcionais autorizados, que son recollida de persoas con mobilidade reducida, carga e descarga e emerxencias.
A rúa Salgueiros que desemboca nesa futura zona peonil tamén estará libre de tráfico e, a través dela, accederán e sairán só os vehículos autorizados desa mesma rúa e Trobador, así como garaxes de Camelias e Forno Telleiro.
A rúa Camelias inverte o seu sentido de circulación que pasa agora a ser ascendente en dirección a Guillade. Esa rúa será, ademais, a de acceso ás rúas Pedra de Auga e Nardos, que sairán cara ao Paseo Matutino por Nardos, no tramo situado detrás do parque Ferro Ucha, que será acondicionado no marco destas obras.
Con esta reordenación gáñanse amplos espazos para o uso e goce das persoas, conéctanse de forma peonil os Xardíns da Xiralda na Casa do Concello co parque Ferro Ucha e redúcese o tráfico e contaminación atmosférica e acústica nesta zona residencial ao crearse un único sentido de circulación de saída cara Guillade, rematando co tráfico circular ao redor do Cuartel da Garda Civil. Ao mesmo tempo garántese a circulación e acceso de vehículos que o precisan por razóns xustificadas.
A transformación da rúa Trobador Xoán García de Guillade permitirá crear o primeiro camiño escolar seguro de Ponteareas e triplicar o espazo para a veciñanza, apostando por unha mobilidade segura e sostíbel e “transformando de xeito extraordinario unha rúa e unha estrada degradadas, con beirarrúas estreitas, sen arborado e inhóspita, nun espazo público de calidade para o paseo, o desprazamento a pé e a relación social”. As obras contarán cun investimento de case 731.000 euros financiados nun 75% a través do plan ReacPon da Deputación de Pontevedra e nun 25% con fondos propios do Concello.
Para aclarar dúbidas a veciñanza pode enviar un correo electrónico a [email protected] ou chamar ao teléfono 986 64 00 00.
O Concello do Porriño contará durante un ano con catro traballadores máis no seu cadro de persoal que reforzarán as áreas de emprego e formación, urbanismo e administración xeral. Todos/as eles/as son mozos/as que terminaron os seus estudos hai menos de tres anos e que se atopaban en situación de desemprego.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañado pola concelleira de Emprego e Formación, Rosario Costas, recibiunos no seu primeiro día de traballo para darlles a benvida e poñerse á súa disposición. “Esta é unha oportunidade para vós, xa que ides adquirir experiencia e coñecementos que de seguro vos servirán na vosa carreira profesional, pero tamén o é o Concello e para o Porriño”, afirmou o rexedor, “Sodes moi necesarios, así que benvidos e imos traballar en equipo”.
Trátase de dous graduados/as en Dereito, unha graduada en Educación Social e unha graduada en Psicoloxía contratados ao abeiro do programa Primeira Experiencia Profesional da Deputación de Pontevedraq ue ten por obxecto dotar ás persoas mozas desempregadas, mediante un contrato de traballo, dunha primeira experiencia para a adquisición de competencias e habilidades sociais e profesionais.
O AECT Rio Minho vai estrear este mércores 6 de xullo ás 12 horas o servizo de préstamo de bicicletas eléctricas transfronteirizas ‘E-bike Rio Minho’ que funcionará nas eurocidades de Salvaterra-Monçao, Tomiño-Cerveira e Tui-Valença para fomentar a mobilidade suave e o turismo na ‘raia’.
O ‘bike-sharing’ é unha iniciativa do Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial miñoto en beneficio das eurocidades que pretende ser un servizo conxunto transfronteirizo. Trátase dun proxecto icónico e tamén simbólico, xa que supón o primeiro fito de actuación compartida real logo da problemática vivida durante o peche de fronteiras motivado pola pandemia: as bicicletas poderán circular libremente entre un e outro lado da fronteira potenciando tanto a relación entre a veciñanza dunha e outra beira como o turismo activo.
O acto de estrea comezará coa chegada de algunhas bicicletas do servizo das eurocidades de Salvaterra-Monçao e Tomiño Cerveira, que se xuntarán coas existentes en Tui-Valença na estación de comboios de Valença. Dende alí partirá unha comitiva conxunta de bicicletas eléctricas que contará coa participación da presidenta da Deputación Carmela Silva, o deputado de Cooperación Transfronteiriza e vicedirector do AECT Uxío Benítez, o presidente da CIM Alto Minho, un representante da CCDRN, o director do AECT Rui Teixeira e as demais alcaldesas e alcaldes das eurocidades.
Todas e todos eles percorrerán nos ciclos eléctricos un pequeno traxecto que cruzará a ponte vella de ferro ata Tui ata chegar ao espazo anexo ao edificio da Aduana, onde se realizará o acto oficial coas intervencións públicas. As persoas que queiran facer o traxecto de acompañamento poderán facelo nas bicis eléctricas dispoñibles ou nas súas propias, sempre levando o casco propio correspondente.
O proxecto ‘E-bike Rio Minho’ é unha iniciativa piloto pioneira na fronteira ibérica para potenciar a mobilidade suave, é dicir, o uso alternativo aos vehículos a motor, e enmárcase dentro do Plan de Mobilidade Sustentable Transfronteiriza (PMST) promovido pola Deputación de Pontevedra no ámbito do proxecto ‘Estratexia de cooperación intelixente do río transfronteirizo do Miño’ Smart_Miño_ cofinanciado polo Programa Interreg VA.
O prestixio da Estación Fitopatolóxica Areeiro, referencia para a sanidade vexetal en Galicia, rachou fronteiras chegando ata Portugal. A partir de agora o centro científico dependente da Deputación de Pontevedra convértese en laboratorio oficial de detección de pragas corentenais, é dicir, reguladas pola Unión Europea, en todo o territorio luso. Así queda establecido no convenio que a entidade provincial vén de asinar coa Direcão Geral de Alimentação e Veterinária do Goberno de Portugal.
O convenio entre a Deputación e o Goberno portugués terá vixencia ata finais deste ano, con posibilidade de sucesivas prórrogas. Deste xeito Areeiro asume a responsabilidade de detectar e certificar a entrada das pragas non presentes na Unión Europea e que obrigan a medidas específicas para a súa erradicación. Este acordo internacional é posible porque o artigo 37 do Regulamento 2017/625 do Parlamento e do Consello “relativo a controis para garantir a aplicación da lexislación sobre alimentos e pensos, de normas de saúde e benestar dos animais, de sanidade vexetal e de produtos fitosanitarios”, autoriza aos estados membros da Unión a designar como laboratorio oficial aos que estean situados fóra do seu territorio e noutro estado membro.
O acordo xurdiu a raíz do interese da Direção Geral De Alimentação e Veterinária para que o centro de investigación en materia de sanidade vexetal da Deputación lle prestase os servizos fitopatolóxicos para as análises especializadas necesarias para o desenvolvemento do seu programa nacional de Prospección Fitosanitaria. A raíz disto estableceuse un protocolo para a recollida das mostras en orixe, manipulación, envío, recepción e tratamento para a detección e identificación de organismos nocivos de corentena de material vexetal.
Está previsto que de aquí ao remate do ano se realicen un total de 653 análises para a detección de diferentes organismos causantes das pragas corentenais. O procesamento das mostras por parte da Estación Fitopatolóxica realizarase no marco dos métodos analíticos recollidos na lexislación específica da Unión Europea, os procedementos específicos da Organización Europea e Mediterránea de Protección das Plantas (OEPP) ou, para o caso da súa falta, por procedementos internos da finca Areeiro, sempre que así se acorde previamente coas autoridades portuguesas.
Analíticas para os axentes causantes de 19 pragas
As primeiras mostras chegaron esta semana e proceden das cinco direccións rexionais de Agricultura e Pesca de Portugal. De acordo co convenio, a finca Areeiro será a encargada de detectar as pragas reguladas e de obrigada declaración pola normativa comunitaria. A este respecto, a Comisión Europea ten publicada unha listaxe das pragas que obrigan ao establecemento de medidas corentenais a partir da avaliación do Centro Común de Investigación da Comisión e da Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria, tendo en conta as probabilidades de propagación e as súas posibles consecuencias. A listaxe recolle tamén as observacións de expertos/as e as suxestións cidadás realizadas a través do portal web “Lexislar mellor”. A Estación Fitopatolóxica Areeiro ocuparase das analíticas das 19 pragas que preocupan ás autoridades portuguesas e que están causadas por artrópodos, principalmente insectos, pero tamén por fungos, fitoplasmas, virus e bacterias. Estes patóxenos afectan á saúde de nogueiras, vide, tomate, cerdeiras, coníferas, cítricos, pataca, gramíneas, moreiras, maceiras, rosáceas, plantas ornamentais e froiteiras en xeral.
A Estación Fitopatolóxica Areeiro é un centro de referencia dedicado á investigación e ao diagnóstico en materia fitosanitaria forestal e agraria. Ao tempo traballa na introdución e conservación de especies froiteiras e ornamentais, así como na área de análise edafolóxica (do solo) de cara á mellora da fertilización. Nos seus laboratorios hai especialistas en entomoloxía, acaroloxía, nematoloxía, bacterioloxía, viroloxía e patoloxía.
O Concello de Nigrán inicia este mércores 6 de xullo as súas andainas da programación de verán cun roteiro por Monteferro que partirá ás 20:00 horas desde a Praia da Madorra e terá unha duración de 2 horas aproximadamente, sendo a dificultade media-baixa. Este mesmo repetirase o 3 de agosto e, coma os demais que se desenvolvan, comezarán ás 20:00 horas non sendo preciso preciso inscrición previa e sendo de balde. Os participantes deberán levar roupa e calzado axeitados, así coma unha botella de auga.
Os seguinte roteiro será o do Camiño Portugués na súa variante polo litoral (13 de Xullo e 1 de Agosto, saída da Ponte da Ramallosa), Camiño Portugués Oficial (20 de Xullo e 24 de Agosto, saída da Ponte da Ramallosa) e ‘A praia dos Afogados’ baseada no libro de Domingo Villar (27 de Xullo e 31 de Agosto, saída da Praia da Madorra).
A Deputación de Pontevedra anunciou a obrigatoriedade de tratar o lixo orgánico a partir do 30 de xuño de 2022, que esixe a separación dos restos de alimentos e vexetais do papel, metal, plástico e vidro. Dende o Plan Revitaliza, a Deputación suxire tres opcións para tratar os biorresiduos: compostar de maneira doméstica cun composteiro individual, compostar en centros de compostaxe comunitaria ou depositar os biorresiduos en colector marrón. Todo isto de cara a converter os restos orgánicos en fertilizantes, así como a contribuír á economía circular da propia natureza.
Co obxectivo de garantir o cumprimento da normativa, o Concello de Tomiño dispón de composteiros individuais para as casas con finca ou xardín, que poden ser solicitados en caso de requirilo. Ademais, o Concello está repartindo un segundo composteiro aos veciños e veciñas que o precisen e compostan moi ben, que tamén pode ser solicitado aos técnicos que están a facer o seguimento polas vivendas. No que respecta aos núcleos urbanos de Seixo e Goián, existen centros de compostaxe comunitarios. Estas vindeiras semanas visitaranse de novo os pisos porta a porta para informar á veciñanza e entregar un caldeiro para a axuda na separación do biorresiduo na vivenda.
Por outra banda, para impulsar á cidadanía a unirse á compostaxe, o Concello compartiu a experiencia de Chema, usuario do composteiro no rural, e de Natalia, usuaria do Centro de Compostaxe Comunitario. Entre os principais beneficios da compostaxe atópanse a obtención dun fertilizante natural, a redución dos custos de transporte e tratamento dos residuos, así como do seu impacto ambiental. En definitiva, mellórase o comportamento ambiental ao participar en sistemas que promoven hábitos de vida sostibles.
Para obter máis información sobre a compostaxe e sobre o Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, ao que o Concello de Tomiño se adheriu en 2016, consúltese a web. Tamén para dúbidas e consultas está dispoñible o contacto mestra e mestre composteiro: 604 07 51 08 // 698 19 39 23.
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana catro novas formacións impartidas de xeito online, enmarcadas na súa carteira de obradoiros. Os talleres tratarán temas como o posicionamento en motores de procura con SEO e SEM, fabricación dixital con Onshape, deseño de imaxes para preimpresión e medios dixitais ou estratexias de email marketing con Benchmark Email.
Este luns 4 de xullo, a Graduada en Publicidade e Relacións Públicas, Laura Carrera, impartirá unha formación na que ensinará a buscar as palabras clave adecuadas para un correcto posicionamento nos motores de procura que garanticen un oco no mercado online no taller Aprende a elixir as palabras clave para a túaestratexia SEO e SEM.
O martes 5 de xullo, Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D, impartirá unha das últimas clases do obradoiro sobre fabricación dixital co programa Onshape. Neste curso en formato mixto, véñense combinando clases en liña e prácticas presenciais no Fab Lab do Centro Provincial de Economía Dixital no Viveiro de Empresas de Barro. O curso Fabricación dixital. Debuxo con Onshape VII – Proxecto Final I, ten como obxectivo coñecer e familiarizarse coas ferramentas implicadas nun proceso de produción dixital.
O mércores 6 de xullo, Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, amosará os distintos aspectos sobre composición e deseño, ademais de diferenzas entre as imaxes que se subirán a contornas dixitais ou as imaxes que se usan para un acabado de impresión, no obradoiro Deseña e crea as túas imaxes para preimpresión e medios dixitais.
Finalmente, o xoves de 7 de xullo, terá lugar unha acción formativa impartida polo Enxeñeiro Informático José Luis Taboada na que se amosará o uso adecuado do email marketing á hora de promocionar os nosos produtos ou servizos, ademais das funcionalidades do email marketing a e utilización da ferramenta Benchmark Email, no curso Optimiza a túa estratexia de email marketing con Benchmark Email.
Máis de 100 asociacións participaron no primeiro ciclo de reunións convocadas polo GDR Condado Paradanta en sete dos 10 concellos que integran o territorio da entidade. O obxectivo dos encontros é convidar aos actores locais máis representativos a participar de maneira conxunta no desenvolvemento local. Así mesmo, ditas reunións supoñen o inicio do proceso participativo para a elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa de cara á xestión do Programa LEADER 23-27, que se fará a través dun convenio de colaboración coa AGADER da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.
Reunión do GDR coas asociacións da Paradanta no Concello da Cañiza
As Neves, Salvaterra de Miño, A Cañiza, Covelo, Mondariz, Mondariz Balneario e Arbo acolleron as primeiras xornadas nas que as persoas asistentes amosaron gran interese en establecer canles de colaboración para impulsar diversas iniciativas de crecemento. O presidente do GDR Juan Pablo Castillo, destaca a implicación dos Concellos e agradece o “apoio e o compromiso amosado co progreso da zona Condado Paradanta”.
Castillo asegura que na actualidade “existe unha maior consciencia de identidade territorial, polo que os proxectos e iniciativas supramunicipais son acollidos con optimismo e perspectiva global.” Para o presidente do GDR á hora de traballar a favor do territorio, as entidades locais sempre suman “son actores sociais conscientes das necesidades reais e proactivos á hora de buscar solucións integradoras”.
Este sábado disputábase nas Neves o GALICIA TOP TTR N7 SUB13 SUB17, competición ata que o Club Badminton Tui desprazaba a seis deportistas: Elena Fontenla, Xiana Fernández, Aldara Vila, Andrea Pérez, Alexia Pérez e Martín Gándara, que lograron uns extraordinarios resultados con dous ouros, dúas pratas e tres bronces.
Así, Andrea Pérez, voltaba de terras nevenses con dúas medallas, un Ouro en dobles Sub 17 formando parella con Laura Seijo do Club Bádminton Athlos Ourense, e unha Prata na categoría individual Sub17.
Alexia Pérez, pola súa banda, acadaba o Bronce en Dobre Mixto Sub13, xunto a Iago Álvarez do Bádminton Suflernosa As Neves é tamén gañaba outro bronce na categoría Individual Feminina Sub13.
Elena Fontenla subía ao máis alto do caixón logo de gañar a medalla de Ouro en Dobre Feminino Sub13 xunto a Carlota Balboa de Bádminton Suflenorsa As Neves
Tamén eran medalla de Bronce, en Dobre Feminino Sub13, Xiana Fernández e Aldara Vila.
Agora, sinala o Club Badminton Tui, chega “un mes de descanso forzado por non ter instalacións onde poder adestrar” e en agosto retomaranse os adestramentos para comezar novamente a competición a principios de setembro aínda que, a estas alturas, non se coñece cales serán os horarios a partir de esa data.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, valorou o acordo acadado polo Goberno socialista que preside con AER e BNG que permitiu a aprobación dos Orzamentos 2022 “nun contexto no que o benestar da veciñanza e o desenvolvemento do municipio antepuxéronse a criterios partidistas”. Rivas non dubidou en cualificar de “históricos” os Orzamentos aprobados no Pleno, “tanto polo seu importe, superior aos 20,1 millóns de euros, coma polo feito de que permiten reforzar todas as áreas de protección social cun notable incremento en todas as súas partidas”.
“A miña liña de traballo foi sempre, e seguirá sendo, tender a man aos partidos da oposición chegar a acordos e acadar consensos co único fin de beneficiar ao conxunto da cidadanía, sen ningún tipo de distinción”, afirmou a rexedora socialista que reiterou o agradecemento a AER e BNG “polo traballo realizado e as continuas reunións que antepuxeron o ben común ante calquera outra consideración”.
Digna Rivas reafirmouse nun xeito de gobernar centrado, única e exclusivamente, “en chegar a acordos que contribúan a mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños” porque, engadiu, “iso é o que ten que facer un alcalde o alcaldesa, gobernar de xeito ecuánime para o conxunto da cidadanía porque todos e todas formamos parte de Redondela, sen distinción de cores e credos”.
Doutra banda, a alcaldesa redondelá lamentou a política “obstrucionista” do PP redondelán que coa súa oposición aos orzamentos “non vota en contra desta alcaldesa nin desta Alcaldía, vota en contra de toda a cidadanía, incluídos os seus votantes, a quen non lle importa prexudicar con tal de desgastar ao Goberno local”
“O ante todo Redondela dos populares e do excalde Javier Bas, queda retratado coa súa postura e convertido nun ante todo Redondela… se gobernamos”. Para a alcaldesa non estaría de máis que explicasen o seu lema á cidadanía “cando levan todo o mandato, dende que as urnas lles quitaron a responsabilidade de Goberno, votando sistemáticamente en contra de toda canta iniciativa presenta o Goberno socialista independentemente do tema que se trate”. Non estaría de máis, engade Digna Rivas, “que tomaran exemplo dos seus compañeiros de oposición, capaces de deixar a un lado partidismos e mirando tan so o benestar das e dos redondeláns”.
As contas municipais aprobadas, cun importe de 20 173 441,06 euros –case que 1 millón máis que no último orzamento aprobado do 2018– “deixan ben as claras o esforzo que este Goberno, a través da Concellería de Facenda que dirixe María Castro, levou a cabo para sanear as contas municipais”, apunta a alcaldesa de Redondela o que, subliña, “permite que neste orzamento non se contemplen nin gastos financeiros, nin cotas de amortización por préstamos e non recollen subidas de impostos”.
O Orzamento 2022, como sinala Digna Rivas, “ten un fondo contido social” e nesa liña contempla un aumento na area de gasto de actuacións e protección social de case 700 000 euros “para dar resposta a unha crise que imos deixando atrás e coa intención de prestar especial atención ás persoas que precisan da axuda pública para poder seguir desenvolvendo a súa vida de xeito digno”.
Así, os fondos destinados para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) “pasan dos 550.000 euros do orzamento do PP no 2018 aos máis de 1 300 000 euros que destinamos neste 2022e do mesmo xeito incrementamos os fondos destinados ás persoas maiores coa creación dunha nova partida dirixida a adquisición de axudas técnicas.
Na mesma liña, o Orzamento 2022 recolle un importante incremento nas axudas para comedores escolares que pasan dos 30 000 euros aos 40 000 euros e crea unha partida para axuda á natalidade, e destínanse 93 000 euros a teleasistencia e programas e actividades dirixidas ás persoas maiores. Do mesmo xeito, increméntase en 86 000 euros o apartado dedicado a Igualdade no que se inclúen iniciativas como a redacción dos Plans de Igualdade ou a creación dos Premios Sesé Mateo.
Doutra banda, a alcaldesa cualifica de “moi importantes” os gastos de inversión que supera os 2 millóns de euros e que incorporan as achegas necesarias para as obras do programa Redondela 2020, con obras como a da Praza de Ponteareas –xa en execución–, a rehabilitación do antigo conservatorio, de inicio inminente, e outras pendentes de comezar como o skatepark en Chapela ou a rehabilitación do edificio das antigas vivendas dos mestres para a creación dun museo.
As contas destinan unha importante partida para continuar desenvolvendo o plan de mellora de camiños municipais, “partida inexistente nos anteriores orzamentos do PP para quen as parroquias, polo que parece, eran invisibles”, engade Digna Rivas.
No capítulo de subvención municipais, créanse novas liñas de axuda para as Comunidades de Augas, adquisición de material informático para o alumnado, así como medidas enfocadas para impulsar e mellorar a competitividade do comercio local.
Ha pasado la noche de San Juan y parece que todo vuelve a la normalidad. Si, porque se han vuelto a ver grupos de gente en las playas como si el virus no hubiera existido nunca. Me pregunto, si también será culpa de Rusia que el virus hubiera desparecido, porque ya todo el mundo está actuando como si nada. ¡Ah! espera, en los hospitales sigue habiendo gente ingresada con el covid y que todos los días sigue falleciendo enfermos a causa de esta enfermedad… pero ya no es noticia porque en la prensa apenas aparece en letra pequeña.
Bueno, el tema es que han vuelto las tradicionales hogueras. Que no se pierdan las tradiciones es siempre de agradecer y como manda la misma, deseo de todo corazón que se hayan quemado todos los males que nos afectan, pero me da, que pese a los cientos de hogueras que se hicieron, no va a ser así.
Si ya eran pocos los problemas que nos estaban achacando, desde hace unos meses nos está acechando uno, que a medio y largo plazo, puede ser de consecuencias terribles y no es otro que la inflación. Es algo que estamos palpando cada vez que compramos algo, da igual lo que sea, el precio de todos los productos se están desbocando. Y si, era algo predecible y no es por la guerra de Ucrania, pese a lo que nos quieran vender nuestros queridos políticos. Los precios del transporte marítimo, se habían multiplicado por 100 o 200 y hay que recordar, que como somos así de chulos, la mayor parte de las manufacturas vienen de China y que casualidad, que la mayor parte, por no decir todo, venga por mar y si el precio del transportes sube… ¿qué iba a ocurrir antes o después?
Ahora se ha sumado el precio de los carburantes, casi se ha duplicado el precio en el último año, ¿pero el precio del barril de petróleo? Pues este apenas se ha modificado, ¿entonces que está ocurriendo? Pues que unos cuantos (grandes petroleras, intermediarios de compras de materias primas, …) están ganando más que nunca. Pero además, nuestros queridos gobiernos, no van a hacer nada al respecto, porque la mayor parte del precio de los carburantes, se va en impuestos que llegan a las arcas del estado, que están vacías y necesitan recaudar fondos para pagar todas esas supuestas ayudas que nos dieron, que nos están dando y que nos van a dar, así que nos podemos ir preparando para ver los combustibles por encima de los 2.50 € el litro.
Aquí viene otro problema, en este país, la mayor parte de la mercancía, se reparte por carretera, ¿y con qué se mueven la mayoría de los camiones? Bueno, si, algunos con gas, que viene de Rusia, del cual no podemos traer gas de forma directa. Ah, cierto, en España viene de Argelia, con los cuales nos hemos enemistado, así que tampoco podemos traer de forma directa. Se me olvidaba, en España tenemos reservas de gas para varias décadas, pero no lo podemos extraer porque dañamos el medio ambiente, porque claro, que se dañe en otros países, que ahi no pasa nada, porque el clima no es global y no nos afecta, ¿o si nos afecta?
Bueno, la conclusión más acuciante de todo esto, es cómo decía, que los precios se han disparado, pero los salarios siguen a la baja, ¿así que que es lo que va a ocurrir dentro de unos meses? Pues sencillo, hagan sus apuestas, pero esto huele a crisis muy gorda, así que mejor que nos vayamos apretando el cinturón.
Bueno, cómo no quiero deprimir más a nuestros lectores, vamos a dejar un par de buenas recomendaciones musicales. Por un lado, Byron Metcalf y Mark Seelig, dos maestros de la música ambient que se juntan para dar lugar a obras como este “Persistant Visions”. Por otro lado, preciosa música llegada desde China de la mano de Wu Mengmeng. Espero que los disfrutéis.
¿Qué decir de este trabajo? Si dos maestros de la música ambient con reminiscencias a la música tribal se juntan pues solo pueden dar lugar a un maravilloso disco como este Persistent Visions
Dividido en seis cortes o visiones, los compositores nos van mostrando su mundo musical con fondos electrónicos y sonidos tribales de esos que te sumergen y te transporten a los más profundo de nuestro mundo, que nos recuerdan a esos rituales que debieron de practicar nuestros ancestros y que nos relacionan con el planeta que nos rodea.
Un verdadero placer musical para disfrute de nuestra mente.
Sin lugar a dudas, la música China es una gran desconocida en nuestro país y a nosotros, como nos gustan las músicas del mundo, en nuestros viajes musicales, en ocasiones nos encontramos con trabajos como este.
Wu Mengmeng es una maestra del guzheng, que es una arpa China, su sonido es delicado y melodioso, un instrumento que algunos seguidores del cine chino le podrá resultar conocido.
The Art Of the Chinese Guzheng es un repaso a través de temas tradicionales interpretados por dichos instrumentos que nos sirven a la perfección para adentrarnos en una pequeña parte de la música clásica del país asiático y de las manos de una artista que está intentando enseñar la cultura de su país a los occidentales.
Estamos ante un magnífico trabajo para ir aprendiendo un poquito más de la música China, de su música tradicional y merece la pena.
Os amantes do canto coral teñen unha cita este domingo no Porriño. A Avenida de Galicia acollerá, a partir das 20 horas, o concerto no que participarán tres agrupacións porriñesas:
Coral da Asociación Veciñal Agarimo de Torneiros
Coral Os Penediños de Atios
Coral Polifónica San Blas de Budiño
Esta última estará acompañada pola reputada Banda de Música de Alcalá de Guadaíra, de Sevilla con cuxo director, Ángel Lasheras, a coral de Budiño garda unha estreita relación.
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), realiza un chamamento xeneralizado á participación da poboación galega na doazón de sangue e, de maneira especial, aos doantes A Positivo, A negativo e 0 Positivo. As reservas destes tres grupos sanguíneos presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS. Polo que cómpre lembrar que os centros sanitarios de Galicia necesitan entre 400 e 500 diarias para desenvolver de maneira eficaz as súas tarefas sanitarias.
En moitos dos labores asistenciais que se realizan a diario nos hospitais de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. En determinadas épocas do ano pode baixar o número de doazóns, como sucede durante a época estival, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os centros sanitarios. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de todos os cidadáns, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue durante os meses de verán.
As distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.
ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes puntos fixos:
CENTRO
HORARIO
HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábado das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábado das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL
Luns das 15.00 ás 22.00 horas Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas Venres das 8.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO
Luns e venres das 15.00 ás 22.00 horas Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSE
Luns e venres de 8:00 ás 15:00 horas
HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Luns e venres de 08.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás15.00 horas
Doar é moi sinxelo e seguro
Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.
Pódese atopar máis información no seguinte código QR:
A Concellería de Turismo do Concello de Covelo convida a participar na sétima xornada de portas abertas do serradoiro dos Carranos. Será este domingo día 3 de xullo e as persoas interesadas poderán inscribirse nun dos catro pases que se realizarán. As xornadas de portas abertas no Serradoiro dos Carranos están organizadas polo Concello de Covelo e financiadas pola Deputación de Pontevedra (liña de subvención Plan Concellos) para o ano 2022. Ás visitas guiadas ao serradoiro enmárcanse na programación conxunta de promoción turística e do patrimonio cultural e natural que tamén ofrece as rutas do Museo Pazo da Cruz e as de observación das estrelas da man da Asociación Galega de Astronomía.
A organización ofrece a oportunidade de visitar este espectacular serradoiro nos seguintes tramos horarios: de 10 a 11:30 horas, de 12 a 13:30 horas, de 14 a 15:30 e de 16 a 17:30 horas. As inscricións poderán realizarse a través do número de teléfono 654 500 652. C
O concello de Covelo oferta esta actividade guiada totalmente de balde dentro da programación anual que permite á cidadanía gozar dunha oferta de lecer estable e organizada, “as visitas guiadas son todo un éxito e sempre quedan persoas en listaxe de espera ás que lle damos a oportunidade de participar noutra data porque ofertamos a actividade varias veces ao longo do ano. Apostamos por propostas que conten con guías e persoal especializado para que as e os participantes lle saquen maior partido e ademais de pasar o tempo aprendan e poñan en valor”, explica Lourdes Enes, concelleira de Turismo.
Lourdes Enes engade que “neste ano 2022 as xornadas de portas abertas do serradoiro dos Carranos terán lugar cada primeiro domingo de mes. As inscricións abren o luns desa semana ata esgotar as prazas. Do mesmo xeito, os roteiros guiados e interpretados terán lugar o segundo domingo do mes e as inscricións abren o luns da mesma semana ata esgotar prazas”.
As rutas do Museo Pazo da Cruz
As rutas do Museo Pazo da Cruz son guiadas polo propietario e director do Museo Etnográfico Pazo da Cruz, Maximino Fernández Sendín. Con saída dende a praza Mestre Cerviño na que se explicará a historia e principais características do Cruceiro dos Aflixidos de Cerviño, a continuación visita ó Museo Etnográfico Pazo da Cruz en A Hermida, á Casa Leónides en A Graña, ós Chozos da Serra do Suído e á Capela da Xestosa. O desprazamento realizarase en autobús.
O serradoiro dos Carranos
O Serradoiro dos Carranos utiliza a forza motriz da auga para move-la serra e foi construído aproximadamente no 1922, coincidindo curiosamente coa construción da central hidráulica de Chicoreiras, que producía a luz para o entorno. A súa construción fíxose en pedra e escavando a rocha do lugar aínda que despois foi reconstruido en ladrillo. O conxunto do serradoiro consta de catro edificacións: o serradeiro propiamente dito, un sequeiro e almacén de madeira, unha pequena forxa e un pequeno almacén. Tamén podemos apreciar un pequeno forno para a queima de residuos e os raís para o transporte de madeira ata o interior do serradoiro. A dedicación principal deste conxunto era a fabricación de carros, dedicación á que debe o nome o serradoiro e razón pola cal podemos atopar unha forxa, xa que as ferraxes para estes carros tamén se forxaban aquí. A localización do serradoiro tamén ten que ver con esta dedicación xa que se sitúa á beira do camiño empedrado que levaba a Ourense, polo que pasa hoxe en día o sendeiro.
A Escola Municipal de Música do Porriño abre o prazo de inscrición previa para o curso 2022/2023. Poderase solicitar praza entre o 1 de xullo e o 19 de xullo.
A folla de solicitude de inscrición pódese descargar da páxina web do Concello ou recoller no Centro Cultural Municipal de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas. Unha vez cuberta, poderase de modo presencial, no Rexistro Xeral do Concello do Porriño, de luns a venres (de 9 h a 14 h), ou de modo telemático a través da Sede Electrónica do Concello do Porriño.
Cabe destacar que a orde de entrega da inscrición será determinante na orde de matrícula.
A oferta da Escola Municipal do Porriño é a que se indica:
Música e movemento, para nenos e nenas dende os 4 anos.
Linguaxe musical para nenas/os, mozas/os e persoas adultas.
Tamén conta con agrupacións como a banda de música, a orquestra de corda, o grupo de música tradicional, a coral infantil e a coral polifónica de persoas adultas.
A matrícula realizarase no mes de setembro, despois da publicación das listas das persoas admitidas.
O Concello da Guarda iniciou en xuño os trámites para formalizar o Irmanamento entre as vilas mariñeiras da Guarda e de Póvoa de Varzim(Portugal), coa creación dunha Comisión integrada polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba, un representante de cada un dos grupos municipais e o representante da asociación O Piueiro, Tomás Núñez González.
O Irmanamento fíxose efectivo no día de onte, 29 de xuño de 2022, cando unha comitiva municipal, encabezada polo Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, se desprazou ata a cidade portuguesa, convidados polo Presidente da Camara Municipal de Póvoa de Varzim, Aires Henrique do Couto Pereira, participando en diferentes actos das Festas de S. Pedro e procedendo tamén á sinatura da “Minuta de Acordo de Germinaçao”, o documento polo que as súas vilas quedan deste xeito irmandadas.
Este Irmanamento comezou a súa andadura no 2020, cunha proposta da asociación O Piueiro de creación dunha comisión organizadora, posteriormente so equipo de goberno da Guarda se puxo en contacto con representantes da Cámara de Póvoa de Varzim para manifestar de maneira explícita a vontade de Irmanamento pero debido á pandemia do Covid houbo que retrasar a súa celebración ata o 2022.
O Alcalde da Guarda manifestou ante os presentes neste acto de sinatura a súa ledicia e satisfacción por un Irmanamento entre dúas vilas que dende xa hai moitos anos manteñen moitos nexos de unión, sempre vencellados á vida mariñeira, como son as marcas dos pescadores e mariñeiros da Guarda ou as marcas povoeiras. Convidou Antonio Lomba a todos os presentes neste acto a participar os días 23 e 24 de setembro na Guarda nas celebracións das Festas de Santa Trega e no Pleno Extraordinario que terá lugar para ratificar en sesión plenaria este Irmanamento.
A relevancia deste Irmanamento, entre dous pobos cunha intensa relación ao longo dos tempos, permitirá estreitar estes lazos, incrementar as relacións culturais, fomentar un turismo mutuo entre os cidadáns de ambas entidades e posibilitará un intercambio de experiencias e de coñecementos entre os responsables da xestión municipal coa finalidade de propiciar o intercambio de iniciativas e de mellora en materia dos servizos á cidadanía.
O Concello de Baiona informa de que a rúa Cuba situada e a zona dos Tendales converterase en dirección única e que os aparcamentos en liña pasarán a ser en diagonal, polo que con estes cambios gañaranse prazas de aparcamento nesta zona.
Nesta zona do centro da localidade coñecida como “Os Tendais” están a levarse desde hai varias semanas obras de asfaltado e de pintado en distintas rúas neste punto do municipio.
Estes traballos teñen como obxecto mellorar a calidade do estado do pavimento nun dos puntos de maior confluencia de vehículos da localidade.
“A actuación consistiron no fresado e asfaltado dos tramos sinalados, a sección completa, deixando totalmente reformado o pavimento da calzada nos mesmos. Tamén se pintou todos os viais”, sinala o concelleiro de Vías e Obras, Óscar Martínez.
As obras de mellora leváronse a cabo en Rúa Dores Agrelo ata a rotonda coa rúa Venezuela e na zona de aparcamento do Pavillón Municipal de Deportes. Tamén na rúa Palos de la Frontera e a rúa Cuba.
“Esta actuación conleva a reorganización do tráfico nun dos puntos de maior confluencia de vehículos da localidade. A rúa Cuba pasará a ser de sentido único e a zona de aparcamento pasará de ser líneal a diagnal polo que con estes cambios gañaranse prazas de aparcamento para dar servizo á veciñanza”, destaca o alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado.
Novos pasos para a ampliación e reforma da nova depuradora de Ponteareas. O consello de administración de Aguas de las Cuencas del Estado, ACUAES, dependente do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, vén de sacar de novo a concurso o contrato para a redacción do proxecto, execución e posta en marcha das obras de mellora da estación depuradora da Moscadeira.
A importante subida experimentada durante o último ano nos prezos dos principais materiais que conforman a infraestrutura, especialmente o aceiro, provocou que a primeira licitación realizada en marzo resultase deserta. Para evitar a demora das obras, ACUAES axustou os prazos de licitación e contemplou un incremento no orzamento base ata os 8,3 millóns de euros, o que supón unha suba do 18% con respecto ao presuposto anterior.
O Concello de Ponteareas amosa a súa satisfacción por este novo avance nunhas obras que, como sinalou a alcaldesa, Cristina Fernández Davila, son “imprescindíbeis para solucionar dous grandes problemas históricos de Ponteareas: a contaminación do Tea e a falta de saneamento no rural”. Cun orzamento total de 14,1 millóns de euros este proxecto suporá “o maior investimento da historia da nosa vila nun equipamento municipal tras varios anos de conversas e innumerábeis xestións que remataron nun exemplo de colaboración e entendemento entre institucións polo ben de Ponteareas e da súa veciñanza”.
O prazo previsto é de 30 meses, que inclúe 5 meses para a redacción do proxecto construtivo, 19 meses de execución da obra e 6 meses de posta en marcha. As obras, que inclúen depuradora e colectores, están cofinanciadas ao 50% polo Estado a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER 2014-2020, dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE); ao 30% polo Concello de Ponteareas e ao 20% pola Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.
O Goberno municipal do BNG-PSOE destaca que este proxecto suporá “un antes e un despois para o sistema de saneamento ponteareán, deseñado para pouco máis de 10.000 habitantes e que na actualidade recibe o equivalente a 16.000 persoas, traballando por riba da súa capacidade”. Finalizadas as obras, a instalación prestará servizo a 20.000 habitantes, “un fito que permitirá rematar coas verteduras e sancións e ampliar a rede de saneamento a máis parroquias”.
Persoal técnico e político de diferentes concellos da provincia participaron hoxe no Concello de Tomiño na segunda sesión do ‘Obradoiro Ágora’ da Facultade Ágora da Deputación de Pontevedra, un espazo de formación práctica sobre a recuperación do espazo público. Durante a sesión o deputado de Mobilidade e Espazo Público e concelleiro Uxío Benítez puxo de manifesto os paralelismos entre o ‘modelo Ágora’ que pon ás persoas no centro das actuacións e a Planificación urbana e a Estratexia do Concello de Tomiño para recuperar a vila. Entre os datos máis salientables subliñou que o goberno tomiñés recuperou máis de 20.000 metros cadrados de espazo público para as persoas dende 2007 e reformou máis de 40.000.
Durante a xornada púxose como exemplo o cambio urbano xeral e entre outras zonas debateuse sobre o núcleo do Seixo, a parroquia de Figueiró –onde se creou un núcleo de centralidade- e a zona de Goián. De maneira práctica fóronse analizando elementos concretos utilizados en todas estas actuacións coas achegas externas do arquitecto Mateus Porto, quen xa participara como relator na anterior edición da Facultade Ágora falando de como facer “funcionar” vilas e cidades.
O deputado Uxío Benítez salientou de inicio tres mensaxes que, segundo asegurou, permiten facer transformacións do espazo público: ter unha planificación e unha estratexia para que non exista improvisación; determinación e valentía co pulo político que permite levar adiante as propostas ante as posibles críticas; e tamén boa execución de obras, apostando pola calidade urbana e o “cariño”.
Facendo un percorrido pola evolución de Tomiño lembrou o cruzamento de camiños no Seixo nunha vila que era fundamentalmente dispersa ata que o crecemento de Vigo aumentou a súa poboación. “A día de hoxe temos 14.000 habitantes e 13.000 vehículos, segundo os datos do IGE”, salientou, para asegurar que é preciso organizar continuamente esa situación.
Pola súa banda, a alcaldesa Sandra González subliñou que o ‘leit motiv’ do goberno local dende 2007 foi recuperar espazo público para as persoas, tendo como resultado unha “transformación positiva e evidente que a cidadanía agradece”. “A xente atopa no espazo público un lugar de reunión igualitario, transformador, positivo, para ser máis felices. Seguiremos a facer lugares onde a xente sexa feliz”, destacou.
En xeral, tanto os profesores Mateus Porto como Fernando Nebot, así como o alumnado participante, considerou “sobresaínte” todas as reformas realizadas na vila, aplaudindo as decisións prácticas utilizadas nos diferentes casos.
Insubmisión e transgresión da norma
Unha das cuestións máis salientables do debate en sala entre todo o persoal técnico e político de toda a provincia que participou no ‘Obradoiro Ágora’ foi a crítica xeral á normativa vixente que regula as obras de recuperación de espazo público por ser moi restritiva á hora de facer melloras. Neste sentido fíxose un alegato en defensa da insubmisión ante a lexislación sempre e cando se faga para mellorar o espazo público dos colectivos máis vulnerables: persoas maiores, crianzas ou veciñanza con problemas de mobilidade.
O propio deputado Uxío Benítez fixo, neste sentido, unha invitación ao persoal técnico que participa nos deseños de proxectos a ser “transgresor e atrevido” porque as decisións que toma cando se fan obras “transforman e melloran a vida da xente”. “As leis teñen obxectivos, hai que aplicalas e interpretalas con sentido común, porque ademais son textos que cambian, melloran evolucionan ao longo do tempo incorporando as novidades”, subliñou. Engadiu, como exemplo, que non ten sentido que un paso de peóns teña un largo de 4 metros pero “sexa ilegal se ten seis metros” se facilita o cruzamento de persoas nun espazo.
Entre outros aspectos do debate tamén se puxo o foco no deseño das glorietas e a necesidade de dificultar o acceso dos vehículos facendo ramplas fortes para obrigar a minorar a velocidade co fin de incrementar a seguranza viaria. Como exemplo púxose a glorieta da nova variante de Tomiño, vía pola que circulan uns 2.500 vehículos día e na que se utilizaron pavimentos que priorizan o cruce das persoas en lugar dos coches, na que se incorporou unha parada de autobús que ocupa un carril de tránsito, e na que hai un xardín central que dificulta a visión ás persoas condutoras.
As pendentes dos lombos, plataformas e pasos de peóns sobreelevados tamén foron obxecto de discusión. Neste sentido, representantes de Policía Local subliñaron tamén a necesidade de que haxa dureza nas ramplas para baixar velocidades, cumprindo así o seu obxectivo final. Sobre a mesa tamén se puxeron temas como o uso de bolardos, tipos de pavimentos ou outras cuestións técnicas.
Recoñecemento e titulación por participar nos Obradoiros
Unha das novidades que anunciou o deputado Uxío Benítez na xornada de hoxe é que a participación nos ‘Obradoiros Ágora’ da Deputación terá recoñecemento por parte da Deputación. Expedirase un certificado a todas as persoas asistentes que, ademais, terá valoración positiva no caso de presentarse a concurso para realizar unha actuación provincial.
O vindeiro Obradoiro Ágora será xa despois do verán, e nesa ocasión recalará en Vilagarcía de Arousa, onde tamén se porá sobre a mesa a planificación estratéxica que o goberno local levou adiante nos últimos anos.
Onte tivo lugar na ribeira de Caldelas a clausura do programa Cultiva A Mente que se desenvolveu dende o pasado outono en sete parroquias tudenses: Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis, Randufe, Rebordáns e Ribadelouro. No acto estiveron presentes o alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, e o presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez.
Un acto no que o alcalde, Enrique Cabaleiro, salientaba que unha das cuestións máis importantes que podemos facer é “investir nas persoas, investir no coidado das persoas”. Engadía que “estamos felices de que este ano se incorporara unha parroquia máis, que sexades máis persoas as e os usuarios deste servizo “nos comprimetemos a seguir incrementando o servizo, para incorpora o vindeiro ano a dúas parroquias máis”.
Tamén avanzou o obxectivo de na próxima temporada por en marcha novos programas coma “Cultiva o corpo”, e incorporando actividades de lecer
Lembramos que “Cultiva a Mente” ten por obxectivo promover un envellecemento activo e saudable das persoas maiores de 55 anos a través de diversas actividades en centros culturais de 6 parroquias tudenses.
Tamén en colaboración con AFAGA desenvolveuse o curso “Coidando-me” dirixido a persoas coidadores de familiares dependentes.
A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, participou en Bruxelas como conferenciante nun foro de política urbana no que explicou ante participantes de nove países da Unión Europea o modelo de desenvolvemento urbano da vila, centrado especialmente na recuperación de espazos públicos para as persoas, así como o modelo de rede de calor municipal. “Dende a nosa chegada ao Goberno municipal comezamos a traballar na planificación dun novo modelo de desenvolvemento urbanístico para o núcleo principal. A nosa visión era clara: unha cidade que puxera ás persoas no centro do deseño dos espazos públicos, que fomentara a actividade física e a saúde e que fora desprazando o tráfico de vehículos fóra do centro urbano”, explicou a rexedora durante o encontro.
No foro os e as asistentes debateron modelos de éxito en cuxas experiencias se basean as futuras políticas urbanas, tanto no ámbito dos contidos como no dos fondos europeos cos que se viabilicen. Así, Fernández Davila, resaltou a consecución da EDUSI ‘Ponteareas, Hábitat Saudábel’, que permitiu á vila contar con 5 millóns de euros de fondos europeos FEDER para desenvolver o novo modelo e poñer en marcha estratexias “para ofrecer á veciñanza espazos amábeis nos que poida combinar lecer e descanso”. “Ponteareas é cada vez máis un lugar no que as persoas poden gozar dos espazos públicos como puntos de encontro e convivencia. E seguimos traballando para consolidar ese modelo na nosa vila”, recalcou a alcaldesa.
O Camiño Escolar Seguro, o cambio das luminarias públicas a tecnoloxía LED ou as obras de eficiencia enerxética e a posta en marcha da rede de calor municipal foi algún dos puntos nos que afondou Fernández Davila. A participación de Ponteareas foi apoiada polo Eixo Atlántico, que segue con especial interese a experiencia da rede de calor con biomasa como fonte de enerxía renovábel, que considera moi innovadora. Unha rede que dará servizo a diferentes edificios públicos de Ponteareas, como a residencia Santa Ana, o Centro de Día, o Centro Social ou a Escola Infantil, substituíndo os actuais combustíbeis, gasóleo e electricidade, por estela para a calefacción e auga quente das instalacións municipais.
A alcaldesa compartiu conferencia coa vicepresidenta da Cámara de Guimaraes, Adelina Pinto; a rexedora da localidade italiana de Empoli, Brenda Barnini; e co eurodiputado Marcos Ros. Debido a pandemia, os programas europeos 2021-2027 sufriron unha parálise e grande atraso, polo que neste momento as cidades están presentando en Bruxelas proxectos e experiencias innovadoras relacionadas co desenvolvemento de política urbana que poden ser obxecto de financiamento.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.