Venres, 13 Decembro de 2024

Nigrán homenaxea o domingo a Carlos Casares cun concerto literario na Ramallosa

O Concello de Nigrán celebra este domingo 10 de xullo a partir das 20:30 horas no Parque da Alameda de A Ramallosa un doble evento cultural: o concerto-literario ‘Tocata e Fuga’ para Carlos Casares e a estrea do documental ‘Nigrán, proa ao futuro’ ás 21:30 horas, unha peza audiovisual que a través de diversos protagonistas da vila retrata a realidade do municipio.

“Quixemos xuntar ambos eventos porque, ao fin e ao cabo, ambos nos falan do pasado, presente e futuro de Nigrán, cremos que son unha mestura marabillosa para coñecer máis profundamente o noso municipio”, explica o alcalde, Juan González, quen invita á veciñanza a acudir.

O documental foi realizado pola produtora audiovisual Xurdir en colaboración co Concello, sendo un traballo similar ao desenvolvido noutras 27 localidades de Galicia nos últimos catro anos de percorrido continuo con esta novidosa idea audiovisual. O mesmo será presentado polo propio alcalde, Juan González, e o director, Ignacio Seijo.