11.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas súmase ao colector marrón

    Ponteareas súmase ao colector marrón

    O Concello de Ponteareas avanza na organización, xestión e tratamento dos residuos e dá un paso máis para adaptarse á nova lei que obriga a vivendas, negocios e produtores a separar os seus restos orgánicos. O Goberno municipal vén de conseguir fondos europeos para comezar o proceso de implementación do quinto colector para a recollida selectiva de biorresiduos, restos de alimentos e vexetais, un proxecto no que a Concellaría de Medio Ambiente leva traballando moitos meses.

    Neste sentido, o Concello comezará a dotar dun colector marrón zonas do centro urbano que atenderán a arredor de 1.400 vivendas, tanto de particulares como de grandes xeradores. A iniciativa incluirá ademais caldeiros domésticos para acumular os restos orgánicos de uso doméstico, caldeiros para grandes xeradores e bolsas compostábeis, así como unha campaña de información e sensibilización a toda a veciñanza.

    Como explica a concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, “Ponteareas continúa así apostando pola economía circular, eliminando do lixo unha importante cantidade de residuos que poderemos reutilizar elaborando compost de validade. É unha medida que suporá un importante beneficio medioambiental tanto pola eliminación da emisión de gases de efecto invernadoiro”.

    A primeira experiencia comezará ao longo deste ano 2022 cun proxecto será financiado con fondos propios do Concello e con case 52.000 euros dunha subvención para actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal cofinanciada polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, sufragado pola Unión Europea-Next Generation UE.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.