13.7 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorBaionaO Monte Real Club de Iates de Baiona recibe a bandeira de...

    O Monte Real Club de Iates de Baiona recibe a bandeira de Galicia Calidade

    O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia,ea xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, asistiron en Baiona ao izado da bandeira de Galicia Calidade no Monte Real Club de Iates de Baiona, situado neste municipio do sur de Pontevedra e enclave fundamental do turismo náutico galego. Unha acreditación da que xa dispoñen 14 portos deportivos galegos dos cales once —entre os que se atopa Baiona— contan, ademais, coa bandeira azul. Segundo apuntou Heredia, “Galicia é líder, tamén, en número de náuticos recoñecidos co Q de Calidade Turística de España, con seis de cada dez instalacións con este distintivo”.

    O Monte Real é un dos clubs náuticos máis importantes de ámbito nacional que ao longo dos case 60 anos de historia desenvolveu a súa actividade coas premisas de fomentar o turismo náutico internacional e a organización de regatas de alta competición, como son campionatos do Mundo e de Europa, ademais do Trofeo Príncipe de Asturias.

    Ademais do de Baiona, contan co distintivo de calidade o Nauta Sanxenxo, Club Náutico de Sada, Club Náutico Ría de Ares, Club Náutico de Portonovo, Real Club Náutico de Ribadeo, Real Club Náutico de Vigo, Real Club Náutico de Portosín, Real Club Náutico de Sanxenxo, Real Club Náutico da Coruña, Club Náutico Deportivo de Ribeira, Club Náutico San Vicente do Mar, Real Club Náutico de Rodeira (Cangas) e o Club Náutico de Boiro.

    A bandeira de Galicia Calidade recoñece a súa localización, o equipamento do que dispoñen e os servizos que ofrecen.

    Heredia destacou que este tipo de instalacións son un referente para o turismo lúdico e deportivo e que fan de Galicia un importante destino náutico. Neste sentido, tamén cómpre destacar que, se aos clubs náuticos galegos se suman hoteis, restaurantes e casas rurais, suman 52 establecementos turísticos amparados baixo o selo Galicia Calidade.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.