Martes, 5 Novembro de 2024

O porriñés Santos Lemos segue sumando marcas ao seu palmarés

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, recibiu na Casa Consistorial ao ciclista porriñés Santos Lemos, que se proclamou recentemente campión da Copa de España de Enduro na súa categoría.

Santos, veciño da parroquia de Budiño, suma así un novo podio á súa curta pero exitosa carreira deportiva.  En tan só catro anos o porriñés ten no seu haber dous ouros e un bronce no Campionato de Galicia, dous Open de Galicia, dous ouros na Copa de España e dúas pratas e un bronce no Campionato de España.

Un palmarés que de seguro se engrosará este ano xa que lidera a clasificación do Open de Galicia e está enfocado no seu gran reto para o 2022: o Campionato de España.

O rexedor felicitouno en nome de todo o pobo do Porriño “por levar o noso nome ao máis alto”. “Os teus éxitos sentímolos como nosos”, trasladoulle Lorenzo, “Cando alguén disfruta e sinte o que fai non hai límites, e ti eres un claro exemplo Santos”.