O Grupo Municipal do PP do Concello de Ponteareas solicitou por escrito a aplicación de melloras para a contención do virus Covid-19 no municipio. Entre as medidas presentadas ao Goberno polos populares están a adopción de medidas para a Residencia de Maiores ‘Santa Ana’ e que só traballen os servizos mínimos indispensables.
O PP ponteareán, no escrito presentado, solicita formar en prevención e dotar de equipos de protección individual ( EPis) “a aqueles traballadores municipais que non ten máis remedio que acudir aos seus postos de traballo: limpeza, emerxencias e seguridade, residencia ou axuda a domicilio”.
“Esiximos que todo o persoal que non sexa necesario, sexa enviado ás súas casas, para axudar á contención do virus” explican os populares.
Por outra banda, a formación que encabeza Belén Villar, solicita tamén “a urxente realización dun Plan de Actuación por se se dese a circunstancia de que o Covid-19 chegase a infectar a algún usuario da residencia de maiores”.
“Temos que estar preparados sempre para o peor dos escenarios. É responsabilidade de todos os gobernos estar dotados de medios e de plans que nos axuden a atallar esta emerxencia sanitaria”.
Para a semana o Grupo Popular, que xa iniciou unha rolda de chamadas telefónicas cos comerciantes e empresarios locais, esixirá ao Goberno local unha serie de bonificacións e exencións nos impostos locais.
“Imos acordar con eles estas medidas. Se non abren non teñen ingresos, non é xusto que non teñamos un Plan Económico Local tamén para eles. Todos temos que arrimar o ombreiro”, conclúe o PP.
A
presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, trasladou
esta mañá o seu agradecemento á dirección e ao persoal de
Príncipe Felipe “pola extraordinaria resposta de todos os servizos
do centro de menores e pola estrita aplicación dos protocolos, ante
o primeiro caso de sospeita dun contaxio dun neno que, finalmente,
deu negativo no test de coronavirus”.
Silva recoñeceu que
“estas últimas 24 horas foron complicadas ante a posibilidade de
que existira un contaxio, pero sabíamos que os protocolos que
aplicamos no centro desde o primeiro día da crise sanitaria
funcionarían correctamente como ten sido. Coñecemos esta mesma mañá
que o test que se lle practicou ao neno deu negativo e todas e todas
estamos moi contentos”. “O resto das nenas e nenos atópanse ben
e o persoal segue a traballar ao 100%, establecendo o seu traballo
por quendas, dixo a presidenta, que engadiu que “amais dos
protocolos propios, estanse a seguir todas os plans, actuacións e
pautas indicados por Política Social. Sabemos que nos existe o risco
cero, pero estamos en continua alerta aplicando todas as medidas
preventivas”
O
caso sospeitoso detectouse onte venres correspondente a un neno de 14
anos, do centro residencial Agarimo, que presentaba un cadro de
infección respiratoria. Tras a revisión e valoración do persoal
médico do centro, o neno foi trasladado á zona de illamento para
posibles casos, xa habilitada desde o comezo da crise, e contactouse
cos servizos de medicina preventiva que consideraron adecuado
facerlle a proba do COVID19. O caso foi comunicado ao persoal que
estaba en contacto diario co menor e trasladouse a súa familia que o
rapaz fora tido posto en illamento preventivo. A proba foi realizada
na tarde de onte e os resultados, que deron negativo en coronavirus,
se trasladaron esta mañá ao persoal médico de Príncipe Felipe.
Desde o momento de realización do test o rapaz foi supervisado por
persoal de enfermería e polos seus educadores de referencia.
Agora
mesmo o neno continúa con tratamento antibiótico para a infección
respiratoria e evoluciona favorablemente. O persoal médico e a
dirección de Príncipe Felipe uníronse esta mañá ao agradecemento
da presidenta da Deputación pola colaboración e o compromiso das
traballadoras e traballadores que estiveron en contacto co menor
desde que se coñeceu o caso.
Polo
demais, no centro séguese a aplicar o plan de acción e protección
definido no Comité de Seguimento específico de Príncipe Felipe, no
que están encadradas todas as medidas de hixiene e limpeza, que
extremáronse ao máximo desde o inicio da crise sanitaria. De feito,
tal e como estaba previsto, o próximo luns persoal da EFA Areeiro
procederá á aplicación do protocolo de desinfección no exterior
do centro, desde a entrada ata o vestíbulo, así como daqueles
outros espazos que se determinen para garantir a extrema limpeza do
recinto.
Carmela
Silva, que o vindeiro mércores volverá a presidir o Comité do
COVID19 de Príncipe Felipe, insistiu en que o centro “segue a ser
a nosa principal área prioritaria en canto a súa protección porque
estamos a falar do coidado e da seguridade de menores”.
O Concello de Nigrán, tendo en conta a inactividade educativa ante a crise sanitaria do Covid-19, emprendeu esta semana a instalación de parqué flotante en madeira de fresno natura no pavillón do CEIP Carlos Casares. O investimento municipal, de 6.000 €, permitirá cubrir a totalidade de superficie (146 metros cadrados de formigón pulido) sobre a que previamente se porá unha manta de polietileno.
O Concello de Nigrán cumpre así con unha demanda da comunidade educativa, uns traballos que xeralmente se pospoñen ao verán para non interferir coa actividade lectiva do alumnado. A obra a emprende o responsable dunha carpintería de Nigrán que traballa individualmente e sen interferencias con outras persoas e estará lista nesta mesma semana.
“Estas
dúas semanas sen actividade lectiva son o mellor momento para
emprender este tipo de accións que usualmente se limitan ao verán
ou Nadal aproveitando que están os centros baleiros, ademáis, son
traballos que realizan persoas individualmente e que, polo tanto, non
comprometen a súa saúde nin a dos demáis”, indica Juan González,
alcalde de Nigrán.
A empresa concesionaria de limpeza do Concello de Ponteareas desenvolve, nestes días, “actuacións de desinfección diaria ao longo de toda semana nas rúas e espazos públicos de Ponteareas, especialmente en zonas de supermercado, farmacias, panadarías e mercado municipal”, informou a concelleira de Medio Ambiente que dirixe Rosa Covelo. Amais, Covelo sinalou tamén que se procede “á desinfección e lavado dos colectores de lixo, tanto no que fai referencia ao casco urbano coma ás parroquias”.
Por outra banda, a Rosa Covelo lembrou á veciñanza que na web municipal, no apartado adicado á crise do coronavirus, “hai dispoñíbel información sobre o manexo domiciliario dos residuos en fogares”. A Concellaría sinala que “as luvas de latex ou nitrilo empregados para facer a compra ou outros usos non son envases e polo tanto non deben depositarse no colector de envases lixeiros (amarelo), despositaranse nos colectores de fracción resto (verdes)”.
En canto á recollida de enseres, Rosa Covelo apuntou que este servizo segue a manterse “realizándose os venres e debendo os interesados e interesadas comunicalo previamente, até o xoves, no teléfono 986 631 658”. Os enseres depositaranos no contenedor máis próximo á súa vivenda, a partir das 20:00 h ata as 6:00 da mañá.
O Concello de Mos acordou, por resolución de Alcaldía, o peche temporal de todos os cemiterios do municipio para visitas ao público, abríndose únicamente no caso de sepelios. A medida adoptada polo executivo que preside Nidia Arévalo, comezou a aplicarse xa hoxe venres, 20 de marzo en que todos os cemiterios mosenses, tanto os municipais como os parroquiais, atópanse xa clausurados e debidamente precintados pola Policía Local.
Tamén se elaborou un Bando para informar á veciñanza desta nova medida temporal “necesaria e de carácter extraordinario para previr e conter o virus e mitigar o seu impacto sanitario, social e económico”, sinala o Concello de Mos.
Todas as medidas municipais emprendidas nesta situación excepcional de crise sanitaria “son debidas ao avance dos contaxios polo COVID-19, para protexer a saúde e seguridade dos cidadáns, conter a progresión da enfermidade e reforzar o sistema de saúde pública”, explica o Goberno de Nidia Arévalo, e “respondendo á declaración do Estado de Alarma, previsto no artigo 116.2 da Constitución Española, mediante Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo de 2020”.
A Policía Local do Porriño deu conta que, ata o día de onte, procederon a denunciar a cinco veciños por infrinxir as normas que rexen no estado de alarma. Na meirande parte dos casos son persoas que sacan a pasear o can pero que “superan a marxe de 10 minutos que establecen as instruccións do estado de alarma”. Outro dos casos denunciados foi o dun motorista que estaba a dar unha volta e cando foi apercibido polos axentes da Policía Local, alegou que “estaba a buscar un taller para unha reparación”.
Por outra banda a Policía Local do Porriño lembra á veciñanza que as labores de vixiancia nas parroquias do concello “corresponden á Garda Civil” por decisión da Subdelegación do Goberno que reparte e distribue as tareas a realizar polos corpos e forzas de seguridade. A labor encomendada á Policía Local “é o control e vixiancia no centro da vila”.
O Concello da Guarda vén de publicar unha serie de folletos informativos con información de interese para a cidadanía, non só no que fai referencia a normas de prevención senón tamén no que atinxe á tramitación de documentos como poden ser o DNI ou a demanda de emprego.
No caso do Documento Nacional de Identidade, o Concello lembra que prorrógase automáticamente durante un ano a validez dos DNI que caduquen a partir da declaración de alarma (14/03/2020). Por este motivo no Concello non se dará vez para a renovación do DNI ata que remate esta crise sanitaria
Doutra banda, o Concello que preside Antonio Lomba, subliña que non será necesario renovar a damanda de emprego ata o 30 de abril e, por ese motivo, non haberá acceso ao punto de emprego do Concello da Guarda ata o remate da crise. Tamén lembra o Goberno local que o Consello de Ministros adoptou a decisión de “prorrogar as prestacións por desemprego de maneira automática mentras dure a crise do Covid-19”.
O Concello guardés insiste en que todas aquelas persoas que teñen que traballar durante o estado de alarma “deben levar no seu poder un certificado da empresa para facilitar o traballo á Garda Civil”.
Finalmente, cómpre salientar que o Concello da Guarda ofrece un servizo de ‘Auxilio aos grupos de risco’ a traves dos Servizos Sociais, Protección Civil e a Policía Local. Este servizo ofrécese en colaboración con Avelaíña, Conrazones, San Vicente de Paul, Cruz Vermella e San Xerome. O obxectivo e protexer aos grupos de risco de contaxios e atender as persoas desfavorecidas.
Toda información de interese sobre estes e outros temas, a poden atopar veciñas e veciños na páxina web do Concello: www.aguarda.es
As
xefaturas de tódolos servizos administrativos da Deputación de
Pontevedra recibiron esta mañá unha instrución, para apurar ao
máximo a tramitación do pago de tódalas obrigas con provedores e
empresas. A medida ten por obxecto colaborar ata o límite do que
permita a normativa económico-financeira na liquidez das empresas e
autónomos que realizan obras, subministracións ou prestan servizos
á Deputación, xa que a crise
sanitaria está a transmitirse á economía e á sociedade a unha
velocidade inusitada, afectando tanto á actividade produtiva como á
demanda e ao benestar dos cidadáns.
Ante
a situación de emerxencia de saúde pública e pandemia
internacional, o Goberno aprobou o Real Decreto 463/2020, de 14 de
marzo, polo que se declarou o estado de alarma para a xestión da
situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. A contención
da progresión da enfermidade supón limitacións temporais á libre
circulación xunto coa redución da oferta laboral debido ás medidas
de corentena e contención. Estas circunstancias tradúcense nunha
perturbación conxunta de demanda e oferta para a economía española,
que afectará as vendas das empresas, xerando tensións de liquidez
que poderían derivar en problemas de solvencia e perda de empregos
se non se adoptan medidas urxentes de estabilización.
Unha
das prioridades absolutas do equipo de goberno da Deputación de
Pontevedra radica en protexer e dar soporte ao tecido produtivo e
social para minimizar o impacto económico que esta crise sanitaria
está a producir en toda a provincia. Mostra do anterior foi a
Resolución Presidencial de medidas extraordinarias para a
determinación da actividade presencial na Deputación de Pontevedra,
na que o servizo de Intervención xa foi considerado como un dos
servizos esenciais de presenza obrigatoria,
co fin de que estes efectos negativos sexan transitorios e evitar, en
última instancia, que se produza un impacto máis permanente ou
estrutural en toda a economía.
A instrución supón
todo un reto, pois a Deputación de Pontevedra xa é unha das
Administracións públicas que máis rápido realiza os seus pagos en
toda España, segundo os indicadores do Ministerio de Hacienda. Os
últimos datos publicados, correspondentes ao trimestre final de
2019, indican que o período de pago medio oscilou entre os 11 días,
de outubro, os 7 días de novembro e os 9 días de decembro.
A presidenta
provincial, Carmela Silva, afirmou ser consciente do desafío que
supón reducir aínda máis estes prazos, pero sinalou que “a
Instrución era necesaria diante do escenario aberto tralo decreto de
alarma, que supón un cambio no modelo de traballo de tódalas
administracións”. A presidenta insistiu en que aínda que todo o
persoal da Deputación está a cumprir escrupulosamente coas súas
obrigas, era necesario unha instrución específica no relativo aos
períodos de pago, “porque estamos a falar dun asunto moi sensible
e que afecta directamente á supervivencia do tecido produtivo da
nosa provincia”. “Hai procedementos, dixo, que poden agardar
porque agora hai unhas prioridades moi concretas e entre elas, sen
dúbida algunha, está a máxima axilización dos períodos de pago”.
Finalmente, Silva
insistiu en que tódalas persoas físicas ou xurídicas deben tamén
esforzarse en presentar canto antes e correctamente as súas facturas
e certificacións polos traballos executados, ao obxecto de que non
sexa necesario reclamar documentación adicional e poder así apurar
os trámites para que os pagamentos sexan librados coa rapidez
desexable.
Residencia de Tempo Libre de Patos, vén de ser proposta polo Concello de Nigrán como un espazo potencial para a atención sanitaria ante a crise do Covid-19. Así, o Concello que preside Juan González da resposta a demanda do Ministerio de Sanidade na que solicita aos concellos lugares de posible uso no caso de que foran precisos. Cómpre lembrar que a residencia é un lugar xa dotado de medios, sen actividade ata xuño e que dispón de camas e habitacións inviduais, cociña industrial e comedor.
Na resposta dada ao Ministerio, Juan González subliña que, no caso de Nigrán, “hai esta instalación que cumpre con todas as indicacións que desde o Goberno de España están a requirir: centros sociais, de día ou residencias que foran desaloxadas e con potencial para ser habilitados”.
Lembra o rexedor local na resposta dada este mesmo luns ao Ministerio de Sanidad, que se trata “dunha residencia fronte ao mar, totalmente accesible, con 150 prazas, e habitacións individuais, de 2 e 3 camas…” e engade que “trátase dun lugar que precisamente está infrautilizado pola Xunta, quen o xestiona, está pechado de setembro a xuño, e tanto traballadores como Concello cremos que non ten sentido esa situación”.
“Ogallá que non sexa preciso empregala, pero desde Nigrán temos a sorte de poder colaborar nesta crise con este espazo que xa está dotado e que non ten actividade algunha”, finaliza o alcalde de Nigrán.
A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias, Afaga, alerta dos riscos cognitivos que pode carrexar o illamento na persoas que teñen unha enfermidade neurodexenerativa. As persoas con demencia, sobre todo as que se atopan en fase leve ou moderada, seguen unhas rutinas diarias que lles axuda a estar máis conectados coa realidade e a contorna.
O corte brusco desas actividades (saír á compra, asistir a clases de memoria, a talleres de estimulación, pasear cun familiar ou coidador, atopase cos veciños, xogar ás cartas,…) provoca un aumento da desorientación e mesmo alteracións conductuales. O que aumentaría o declive cognitivo e un empeoramento da súa enfermidade.
Doutra
banda, nas fases máis avanzadas, esa perda de contacto coa contorna,
causarán con bastante probabilidade alteracións conductuales, o cal
dificulta moito a tarefa dos coidados e empeora notablemente a
calidade de vida dos coidadores e coidadoras.
Por iso, desde Afaga Alzheimer, fan un chamamento para que “se flexibilice nestes casos a prohibición de saír a pasear”. Os familiares e coidadores de persoas con demencia necesitan poder pasear un pouco con eles para mantelos conectados á contorna e á realidade.
“Da mesma forma que se fan algunhas excepcións para determinados casos, –insiste Afaga– nas situacións de persoas que conviven cun familiar con demencia, é importante que poidan seguir unha rutina, dentro das limitacións que se estableceron”.
Doutra
banda, é importante que o resto dos cidadáns sexan comprensivos
nestas situacións e faciliten o difícil labor dos coidadores.
Servizo de Voluntariado para atender a persoas maiores
Co fin de prestar todo o apoio posible ás persoas maiores que viven soas, desde Afaga Alzheimer puxemos en marcha un servizo de atención ás persoas maiores da área de Vigo para axudalas en labores como compra de alimentos, medicamentos ou acompañamento a servizos sanitarios imprescindibles.
Este
servizo gratuíto será levado a cabo por profesionais da asociación,
así como voluntarios e voluntarias da nosa entidade.
As persoas maiores que vivan soas e necesiten facer uso deste servizo, deben poñerse en contacto connosco a través do teléfono 986 22 97 97 ou no correo [email protected]
O Concello de Ponteareas, a través da Concellería de Mocidade e Voluntariado que dirixe Miguel Bouzó, lembra que o Goberno local ten en funcionamento, dende o pasado día 17 de marzo, un servizo especial para axudar ás persoas máis vulnerables nesta crise do coronavirus que, durante o estado de alarma, non poidan saír do seu domicilio para cuestións de primeira necesidade.
Este servizo, que inclúe
accións como a adquisición de produtos de alimentación, medicinas
ou retirada de lixo das vivendas, está destinado a persoas de
avanzada idade, familias monoparentais con dependentes a cargo ou
persoas con mobilidade reducida ou patoloxías crónicas.
Todas as persoas que precisen axuda para satisfacer estas necesidades básicas poderán dispoñer deste servizo que xa entrou en funcionamento o pasado martes, 17 de marzo, podendo solicitalo no teléfono 687 764 516, de luns a venres, en horario de 10 h a 14 h e de 16 h a 19 h. As persoas voluntarias cumprirán todas as medidas preventivas para evitar o contaxio e ofrecer o servizo con seguridade.
Miguel Bouzó explica a posta en marcha do servizo
Miguel Bouzó agradece no nome do Goberno local “a colaboración de todas as voluntarias e voluntarios que se poñen á disposición da veciñanza para superar esta crise, así como da asociación Ponte Solidario, que participará na prestación deste servizo en coordinación co Concello”.
O concelleiro responsable da
Oficina Municipal de Voluntariado indicou tamén que aquelas persoas
que queiran unirse e formar parte do voluntariado para colaborar na
posta en marcha destas accións, poderán facelo enviando un correo
electrónico coa súa disposición ao enderezo
[email protected].
A
Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño ven de adoptar medidas de
funcionamento con motivo do decreto do Estado de Alarma trala crise
do COVID-19 mediante unha resolución da presidencia pola que se
acordou, entre outras medidas, priorizar a atención telefónica e
telemática nos Servizos de atención ao público e no caso de
atención presencial se establecerán as quendas imprescindibles
para garantir a prestación do servizo.
Estas
medidas de carácter temporal afectarán a todo o persoal en función
das necesidades de prestación dos servizos públicos, evitando, na
medida do posible, as reunión de traballo e os desprazamentos a
outras localidades, fomentando o uso da videoconferencia.
Doutra banda, as xuntas de goberno periódicas da MIBM quedan aprazadas, salvo aquelas que se convoquen debido á situación do estado de alarma. Todos os cursos e actividades formativas quedan aprazadas, valorándose a súa realización por medios telemáticos, cando así sexa posible.
Nesta
resolución da presidencia da MIBM tamén se acordou a suspensión da
convocatoria existente para a Selección dun Conductor, quedando en
vigor os trámites previos á mesma, dando por rematados os prazos de
presentación de instancias.
Por
último, acordouse permitir a modalidade de traballo non presencial,
previa autorización da presidencia da MIBM, sempre que sexa
debidamente xustificada.
A Policía Local de Mos conxuntamente coa Garda Civil veñen de realizar dúas actuacións en empresas que se adicaban ao almacenamento, venda e distribución de material sanitario relativo á presente crise do COVID-19 e non respectaban a orde do Ministerio de Sanidade de dar conta do material sanitario de que dispoñen.
En concreto, a orde SND/233/220 do Ministerio de Sanidade establece que “as persoas xurídicas, nacionais ou estranxeiras ubicadas no territorio nacional, que teñan como actividade a fabricación e/ou importación de determinados produtos sanitarios, así como capacidade de desenvolvemento dalgún deles: mascarillas, kits de diagnóstico, hisopos, gafas de protección, luvas, batas defeitables, solución hidroalcohólica, dispositivos de ventilación mecánica, funxibles ou consumibles de equipos de VMI, alcoholes sanitarios e clorhexidina, teñen obriga de dar cumprimento á remisión de información sobre os mesmos mediante a cumprimentación dun modelo facilitado na sede electrónica do Ministerio de Sanidade nun prazo de dous días naturais a contar desde o 15 de marzo”, que foi cando se publicou a orde no BOE.
A non presentación da información requerida ou a falsedade da mesma ten consideración de infracción administrativa en materia de saúde pública e pode ser sancionada dacordo co establecido no título VI da Lei 33/2011 de 4 de outubro Xeral de Saúde Pública.
A
primeira das accións neste sentido realizadas pola Policía Local de
Mos e a Garda Civil produciuse o martes 17 de marzo durante a quenda
de mañá, concretamente entre as 10.00 horas e as 11.00 horas.
Aconteceu nunha empresa do Polígono do Rebullón que contaba con
diverso material sanitario entre o que se atopaban mascarillas e
solución hidroalcohólica, dos cales debería de ter dado conta a
Sanidade e non o fixera. Os axentes da Policía Local procederon a
dar aviso á Garda Civil, e conxuntamente ámbolos dous corpos
acudiron ao lugar a levantar acta.
A segunda actuación produciuse onte mércores 18 de marzo ás 15.30 horas. Unha patrulla da Policía Local de Mos dirixiuse a un establecemento da zona de Puxeiros tras enterarse de que estaban a vender mascarillas. Ao chegar ao local atopáronse con que xa non quedaba material e retiráronse, pero pouco despois sorprenderon ao dono do establecemento descargando dun vehículo, no seu domicilio, o material para repoñer no seu negocio, incautándoselle gran cantidade de mascarillas, luvas e solución hidroalcohólica.
En total o suxeito transportaba no seu coche 11 caixas de 10 paquetes de 100 luvas, 8 caixas de 12 unidades de alcohol de 1 litro, 3 caixas de 15 unidades de alcohol de 0,5 litros, 1 caixa de 24 unidades de alcohol de 250 mililitros, 31 paquetes de 10 unidades de mascarillas brancas, 3 paquetes de 50 unidades de mascarillas brancas, e 1 paquete de 50 unidades de mascarillas azuis.
En
total intervíronselle 11.000 luvas, 124,5 litros de alcohol e 510
mascarillas. O material incautado foi trasladado pola Garda Civil ás
súas dependencias para posteriormente dar coñecemento ao Ministerio
de Sanidade.
Ademais
a Policía Local de Mos tivo que interpoñer xa 3 sancións por
infracción ou incumprimento do Real Decreto do Estado de Alarma en
todo o territorio nacional, que impide aos cidadáns saír do
domicilio e desprazarse a pé ou en vehículos agás por motivos
xustificados.
A concellería de Medio Ambiente do Concello de Ponteareas, que dirixe Rosa Covelo, informa que por mor do Estado de Alarma polo COVID-19 as instalacións do Punto Limpo de Ponteareas permanecerán pechadas cara ao público pero o servizo gratuíto de recollida de enseres mantén a súa rutina de recollida semanal con normalidade.
Rosa Covelo lembrou que “cada xoves dende ás 21 horas e ata o venres ás 06 horas poderán ser depositados os enseres xunto aos contedores máis próximos aos domicilios”.
A concelleira insiste en que “é necesario realizar unha chamada previa” ao número de teléfono 986 640 307 para que o servizo de recollida de enseres organice a súa ruta.
“Todos e todas xuntas podemos ter unha vila máis limpa, saudable e agradable por iso convida a toda a cidadanía a por en coñecemento das autoridades actitudes incívicas que dañan o medio ambiente e molestan ao resto da veciñanza”, engade a concelleira ponteareá.
Os alumnos e alumnas da especialidade de carpintería do obradoiro de emprego de garantía xuvenil ‘Redondela Sostible’, traballaron arreo e fixeron un último esforzo para, antes de que fora decretado o estado de alarma polo Goberno da nación, rematar a estrutura do tellado do lavadoiro situado na subida da Buraca, na parroquia de Chapela.
Durante estes meses os alumnos e alumnas dirixidos polo docente experto en carpintería, Roberto Rey, tiveron a oportunidade de formarse e aprender este oficio con clases teóricas combinadas con moita práctica formativa.
Entre os moitos traballos que realizaron durante estes meses, destaca a recuperación de este lavadoiro, o Concello agarda que estea “definitivamente rematado nas vindeiras semanas”.
A actividade do obradoiro de emprego viuse interrompida dende a pasada semana debido ao estado de alarma decretado polo Goberno da nación pola expansión do coronavirus.
Unha vez coñecida a solicitude feita hoxe polos sindicatos maioritarios, CC OO, UGT, CSIF e CIG, na que solicitan que no Concello de Ponteareas “tan só se manteñan os servizos esencias”, entendendo como tales os que serían calificados así nun periodo de folga xeral, o Partido Socialista entende que a solicitue feita polos axentes sociais “trátase dunha medida extraordinaria que busca cumprir coas indicacións das autoridades sanitarias”.
A tenenta de alcalde e concelleira de Vías e Obras, Chus Garrote, integrante do comité de seguimento do COVID-19, trasladará aos socios de Goberno a necesidade de atender a petición dos sindicatos xa que “a prioridade absoluta neste momento é que se frene a expansión do virus. Canto antes paremos isto, antes volveremos á normalidade”.
Chus Garrote considera que as políticas públicas que se adopten “deben estar orientadas a evitar acabar canto antes con esta situación, poñendo todo o que poidamos da nosa parte. O primeiro é a vida das persoas”.
Dende o Partido Socialista apóianse todas as medidas que sexan necesarias “para protexer ao persoal do Concello, sabendo que nestes intres en Ponteareas hai diversas obras nas que se está a traballar pero que as mesmas non dependen de ningunha área xestionada polo PSOE, e son ademáis empresas privadas”.
Ainda así a tenente de alcalde ten sinalado en máis dunha ocasión a necesidade de trasladar a todas aquelas empresas, adxudicatiras dun contrato municipal e que se atopen a realizar traballos na nosa vila, “a obrigatoriedade de cumprir escrupulosamente con todas as medidas de seguridade impostas polo Goberno da nación”.
A
Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro dependente da Deputación
de Pontevedra, acaba de emitir un novo aviso fitosanitario acerca da
bolboreta do buxo e do mildio nas viñas. Deste xeito, a responsable
dos avisos fitosanitarios, Rosa Pérez Otero, subliña que
as pragas e enfermidades das plantas continúan a súa evolución e
as condicións meteorolóxicas destes días, con altas temperaturas
na provincia, están a favorecer a actividade dos vexetais e o avance
das pragas.
No caso da bolboreta do buxo (Cydalima perspectalis), Pérez indica que nalgunha das sebes da finca de Areeiro observouse que as eirugas estaban saíndo da hibernación e xa empezan a aparecer síntomas evidentes da súa alimentación.
Aínda que non é unha situación xeral e de feito algunhas sebes están vigorosas e con gromos perfectamente verdes, é conveniente que as persoas que teñan estes arbustos no seu xardín revisen moi atentamente as súas plantas e, se a situación é coincidente, retiren os gromos afectados e/ou apliquenun tratamento. A revisión debe incluír tamén a zona inferior das plantas porque nalgúns casos as eirugas se centran nesa zona. E os posibles tratamentos deben facerse como é habitual, a elevada presión e con minuciosidade.
A
EFA tamén verificou a maduración das primeiras oósporas de mildio
en viñas da provincia, pero lembra que este fenómeno simplemente
indica que o fungo está a iniciar a súa actividade, e que de
momento non hai que realizar tratamentos.
O Concello de Tui, a Policía Nacional, e os Servizos de Emerxencias recibiron este mediodía unha doazón de 3.500 luvas de nitrilo realizada polo futbolista J. Peleteiro do Aston Villa e do seu colaborador, o tudense Miguel Hermida. Mercaron todo o stock de luvas tiña a empresa local Recambios Rager para doar este material aos forzos e corpos de seguridade do Estado presentes en Tui así coma ao Concello de Tui que os empregará tanto na Policía Local, Protección Civil, e outro persoal municipal.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro,e o concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, acudieron á entrega que tivo lugar na praza da Inmaculada, xunto a representantes da Policía Nacional, Policía Local, Protección Civil e Centro de Saúde.
Dende o Concello de Tui agradécese este “xesto solidario realizado polo xogador J. Peleteiro e o tudense Miguel Hermida, nas circunstancias que estamos a vivir”.
A presidenta da
Deputación, Carmela Silva, presidiu hoxe a quinta xuntanza do Comité
de Seguimento do COVID19 no Centro Príncipe Felipe. Despois dunha
sesión cunha duración superior ás dúas horas, expresou o seu
agradecemento ao “traballo excelente” que está a desempeñar
este equipo directivo e todo o persoal. Silva adiantou o seu total
apoio para tódalas decisións adoptadas, dende o primeiro momento, e
indo sempre un paso por diante de tódalas normativas aprobadas polas
Administracións competentes. A presidenta, que anunciou a súa
intención de volver incorporarse o próximo mércores ao Comité do
Príncipe Felipe, anticipou a súa vontade de participar “en
primeira persoa” en tódalas medidas que se sexa necesario acordar
nas vindeiras semanas.
O Comité de Seguimento
está formado polo director, Manuel Cendón; a xefa de Xestión, Ana
Soto; a médica do centro, Ana Canabal; o director do Centro de
Infantil, Emilio López; a directora da Escola Fogar, María Isabel
Casal; a directora do Centro Agarimo, Asunción Reboreda e a técnica
de Mantemento, Antía Parcero.
A presidenta da
Deputación aplaudiu a absoluta implicación dos responsables do
Centro Príncipe Felipe “que comezaron a tomar decisións antes de
que houbese ningunha norma reguladora” ata o punto de que xa o
pasado xoves, con motivo da orde de suspensión das clases en toda
Galicia, adoptaron medidas restritivas ás visitas e tamén acordaron
a supresión total antes de que así se incluíse no segundo
protocolo ca Consellería de Política Social. “O Príncipe Felipe
é para min unha absoluta prioridade, e se vin aquí tranquila,
porque teño plena confianza nos profesionais que dirixen este
Centro, hoxe marcho moito máis tranquila e coa plena certeza de que
ninguén vai relaxarse na nosa obriga, como servizo público, de
protección dos menores contra este inimigo invisible”.
Entre as medidas
temperás adoptadas no Príncipe Felipe, Carmela Silva destacou a
creación de dous “minihospitais de día” aproveitando o espazo
de dúas unidades que, por mor desta crise, están sen utilizar.
Estes espazos quedaron pechados, perfectamente desinfectados, e
dotados con sete camas cada un por se fosen necesarios para unha
primeira atención. Ao mesmo tempo, por iniciativa da responsable
médica do centro, creouse tamén unha zona de illamento para
realización de probas a posibles casos sospeitosos de COVID19.
Decisións que se suman á contratación temporal de dúas persoas
para reforzalo servizo de Enfermería e á adquisición precoz de
material de autoprotección (máscaras, batas, gafas e hidroxel).
Ao mesmo tempo,
destacouse que o Comité de Seguemento elaborou un protocolo interno
e detallado de prevención contra o coronavirus (xuntamos os 4
documentos elaborados) e mantivo xuntanzas en tódolos servizos para
dar instrucións persoais para extremalas precaucións.
Carmela Silva foi tamén
informada de que as nenas e nenos do Centro de Día, que xa non están
no Centro dende a suspensión efectiva das clases, están a recibir
unha monitorización individualizada nos seus domicilios por parte
das traballadoras sociais do Príncipe Felipe. Non só se revisa o
mantemento da actividade educativa, senón que tamén se está a
realizar un reparto de kits de alimentación, con menús elaborados
por un equipo de nutricionistas. Ademais, continúa a prescrición e
subministro de medicación nos casos necesarios e, finalmente, vaise
tamén proporcionar produtos de hixiene persoal. Todo elo tendo moi
en conta a vontade de servizo público e atención a estes menores,
pertencentes a familias con necesidades especiais. O traballo,
ademais, estase a realizar en coordinación cos Servizos Sociais
comunitarios dos seus respectivos concellos de orixe.
O reforzo no servizo de
Limpeza, concesionado coa empresa Eulen, mereceu un amplo apartado
durante a xuntanza, pois dende o comezo desta crise foi extremado ata
o punto de que se realiza unha desinfección diaria de tódolos
espazos do Centro, incluso festivos e domingos, e abranguendo tamén
os obxectos de uso habitual. O esforzo do persoal deste servizo foi
especialmente recoñecido. Outro dos puntos abordados foi o reforzo
na Seguridade e Vixilancia do Centro, que ten sido duplicada, tanto
para impedir o acceso de persoas non autorizadas, como para evitar o
risco de saídas incontroladas dos menores das instalacións.
O Comité de Seguimento
subliñou que, a pesar da extraordinaria situación que se está a
vivir, a actividade pedagóxica continúa desenvolvéndose no
Príncipe Felipe. As nenas e nenos continúan coa súa actividade
educativa, de lecer, de saúde e desenvolvemento persoal coas únicas
restricións derivadas da situación de illamento provocada pola
pandemia de coronavirus. En todo caso, recalcouse, isto non está a
afectar á súa atención educativa e psicosocial.
Outra cuestión
abordada ten que ver coa empresa que está a realizar as obras de
acondicionamento do Centro Agarimo (un dos dous centros de menores
existentes no recinto), á que se acordou trasladarlle a esixencia de
que presente un protocolo por escrito sobre as medidas de prevención
que vai adoptar durante a execución destes traballos.
Finalmente, a
presidenta da Deputación trasladou unha mensaxe ao Comité de
Seguimento do COVID19 do Príncipe Felipe para que continúe co seu
labor exemplar sen deixarse afectar “por algunhas situacións
difundidas por Redes Sociais que, como se comprobou inmediatamente,
eran “bulos” e exercicios tendenciosos de alarmismo que nada
teñen que ver coa realidade”. “Aquí estase a actuar con
profesionalidade e mesmo con medidas que non só van máis alá das
que nos esixen os protocolos da Xunta, senón que se adoptan con
anticipación”, recalcou.
O confinamento obrigado a causa da pandemia do Covid-19, non é doada de levar e precisamente por iso, para facer máis doada a situación, o Concello de Salvaterra de Miño vén de impulsar unha serie de actividades dinamizadoras que, sinala a alcaldesa Marta Valcárcel, ” poidan paliar os efectos da cuarentena como poden ser o aburrimento, o estrés, a ansiedade ou a ausencia de actividade física”.
Tratase dunha serie de iniciativas dinamizadoras, evidentemente online, para diminuir os efectos secundarios “bastante negativos para a saúde deste sedentarismo obrigado”, explica a alcaldesa.
Así que cada día, na páxina web do Concello de Salvaterra, haberá actividades variadas e para todas as idades, dende manualidades “para facer con nen@s e non tan nen@s” explica Marta Valcárcel, ata tutoriais de actividade física guiada, xogos deportivos para nenos e nenas e inclusive “todas as tardes ás 17:00 horas un conto online para os cativos e cativas”.
Marta Valcárcel é consciente da necesidade de cumprir as pautas que indican as Autoridades Sanitarias, polo que considera “de gran importancia axudar aos vecińos e vecińas facendo máis levadeira esta «loita silenciosa»”, apunta a rexedora local.
A concellería de Promoción Económica do Concello de Ponteareas, Eva Gil, fixo hoxe un chamamento á responsabilidade de cara a que a veciñanza siga as recomendacións de illamento e hixiene sanitaria ditadas polo Estado e, ao mesmo tempo, “de solidariedade co comercio local” deixando as compras que poidan agardar para facelas “unha vez os nosos comercios de toda a vida e de confianza volvan pode abrir as súas portas”.
Gil insistiu na necesidade da colaboración cidadá “para saír a rúa soamente para mercar produtos de primeira necesidade polos que non poidan agardar”.
A concelleira amosa a súa confianza que “entre todas e todos podemos frear a propagación deste virus se seguimos as medidas de illamento e hixiene sanitaria ditadas polo Estado”.
“O noso comercio pecha polo ben da veciñanza, motivo polo que todas as compras que non sexan imprescincibles poden agardar a que volvan abrir as súas portas axudándoos a recuperar a súa economía”, explica a concelleira de Promoción Económica.
Ademais, Eva Gil lémbralle á veciñanza que “para as compras urxentes de produtos de primeira necesidade as pequenas tendas e establecementos locais deste tipo de produtos teñen as súas portas abertas nun horario o suficientemente amplo sen necesidade de provocar aglomeracións nin ter que realizar compras por internet que provocan desprazamentos innecesarios de repartidores e transportistas”.
“Evitar todas as saídas á rúa, o contacto e a contaminación dos espazos públicos é fundamental para a pronta solución desta crise sanitaria”, recalca a concelleira de Promoción Económica que, en nome de todo o Goberno “agradece aos e ás comerciantes de Ponteareas o esforzo realizado ao pechar as súas portas e a súa inmensa colaboración contribuíndo a que non se espalle máis o coronavirus”.
Dotar
á Policía Local das maiores medidas de protección posibles é o
obxectivo dun protocolo de actuación posto en marcha polo Equipo de
Goberno do Concello de Redondela e que será de aplicación, tanto no
traballo que desenvolven os axentes na rúa, como no interior das
dependencias policiais. O mesmo protocolo será válido, agás as
normas específicas, para o SEIS (Servizo de Emerxencias e Incendios
en Redondela).
Todas
as medidas, sinala o Goberno Local, teñen por finalidade
“salvagardar a saúde daqueles que, polo seu cometido, teñen que
estar na rúa para velar tanto polo cumprimento das normas ditadas
polas autoridades competentes, coma pola seguridade das veciñas e
veciños”.
O
protocolo, presta unha especial atención ao estado de saúde dos
axentes que, tal e como se sinala “deberá tomarse a temperatura á
entrada e saída de cada quenda (cos coñecidos com “termómetros
de infrarrojos” que non precisan contacto directo coa persoa) e
anotar eses datos nunha folla de rexistro.
De
cara a evitar contaxios, as patrullas estarán formadas sempre polos
mesmos axentes, agás pola ausencia dalgún compoñente. Nesa mesma
liña vai a instrución expresa de “limpar debidamente os útiles
de traballo así como de partes do vehículo tales como volante, pomo
do cambio de marcha, manetas de apertura das portas, etc. , para o
que están dispostas botellas de alcol e panos de papel”.
Ante
circunstancias especiais com poden ser as que se cualifican como
“intervencións humanitarias” a persoas que poidan ser
sospeitosas de estar afectadas polo coronavirus “valorarase a
prestación do servizo pedindo que sexa realizado polo 061 e, en
último caso, realizarase utilizando luvas e máscaras”.
Nese
sentido, os axentes informarán aos mandos, diariamente, dos contacto
de risco que que teñan que realizar durante o desenvolvemento do seu
labor.
A
estas medidas, engádense outras de tipo xeral como a prohibición
que os axentes que estean fora de servizo permanezan nas dependencias
municipais; extremar o coidado no intercambio de todo tipo de
material entre compañeiros e evitándose o contacto directo na
recollida de documentación, obxectos, pezas, etc.
Todas
as medidas adoptadas polo Equipo de Goberno, explica a alcaldesa
Digna Rivas, buscan “protexer a ao máximo a un colectivo de
traballadores que, polas propias características do seu traballo,
están máis expostos e que, polo tanto, precisan de medidas
extraordinarias para garantir a súa saúde e seguridade”.
Digna
Rivas explicou que as mesmas medidas que se toman coa Policía Local,
estanse a adoptar con Protección Civil xa que serán precisamente
membros deste servizo, os que se encarguen do reparto dos alimentos
aos nenos e nenas incluídos no programa de comedor escolar.
Dada
a especial sensibilidade desta labor, explicou Rivas, “o reparto
será efectuado por persoas veteranas no servizo de Protección Civil
e con coñecementos sanitarios, de cara a que poida realizarse con
todas as garantías posibles e por parte de persoal especializado
nesas tarefas”.
Ante a situación de emerxencia xurdida a raíz da expansión do coronavirus e das medidas adoptadas polas autoridades para a súa contención, o Concello do Rosal pide a colaboración da veciñanza para axudar ás persoas que se atopan nunha situación máis vulnerable neste escenario de alerta sanitaria.
Por este motivo, dende o Concello que preside Ánxela Fernández Callís, pídese a todas as rosaleiras e rosaleiros “que se coñecen a veciños ou veciñas que poidan estar nunha situación ou de vulnerabilidade a raíz do Estado de alarma derivado do Covid-19 póñano en coñecemento do Concello”. Se saben dunha persoa maior que viva soa, alguén pertenza a un colectivo de risco, algunha persoa que precise axuda… “agradecemos que chamen ao Concello do Rosal para poder poñer en marcha as medidas de axuda que sexan necesarias. Pode chamarse ao 986 62 50 00 de luns a venres de 09.00 a 14.00 h”, sinala o Goberno local que agradece “toda a colaboración e solidariedade dos veciños e veciñas do Rosal, tan necesaria nesta situación de alerta sanitaria”.
“É
a hora de atender á xente, e sobre todo á xente máis vulnerable.
Todo o demais xa virá logo”. Deste xeito, a presidenta da
Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, dirixiuse esta mañá ao
Comité de Seguimento fronte ao Covid19, reunido no Pazo Provincial,
ao que deu conta das medidas extraordinarias que a institución está
a activar en materia de política social, para achegar recursos aos
concellos máis pequenos da provincia e ás familias en situación
máis vulnerable.
Silva fixo un “recoñecemento enorme e emotivo” ás administracións locais “que cos gobernos municipais e tamén coa oposición de cada concello, están a crear redes de proximidade para ocuparse da xente que máis o necesita. E desde a Deputación teñen que saber que no están sos”. Neste sentido, o goberno provincial vai activar de xeito inminente medidas extraordinarias por valor de máis de 4 millóns de euros en materia de política social, dirixidas directamente aos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes.
As primeiras medidas inclúen a aprobación inminente das novas bases do Servizo de Axuda no Fogar e dos Servizos sociais comunitarios, por valor de máis de dous millóns de euros, así como a modificación das bases de Axudas de Emerxencia para achegar o antes posible, eliminando toda a burocracia, o medio millón de euros que se contemplan para os municipios. Estas axudas estarán dirixidas de xeito prioritario a aliviar a situación das persoas maiores que viven soas, e ás máis vulnerables a fin de garantir a alimentación, a hixiene e a limpeza e a desinfección daquelas zonas específicas e asimiladas que non poden atender directamente os municipios. Ademais, o goberno provincial anunciou a activación do Fondo de Continxencia de Deputación para situacións de emerxencia, dotado cun millón de euros e, igualmente se estudan medidas para incrementar e reforzar a Teleasistencia Domiciliaria. Do mesmo xeito, esta mesma mañá remitiuse unha carta aos gobernos municipais para que coñezan a suspensión de todos os prazos dos plans provinciais de investimentos como o Plan Concellos, Reequilibrio e DepoRemse.
“Queremos
achegar os recursos en primeiro lugar, xa haberá tempo de
xustificar”, asegurou a presidenta que, sobre o servizo de
Teleasistencia Domiciliaria sinalou que “queremos prestarlle unha
especialísima atención xa que se benefician 652 persoas de 46
concellos. Pódolles dicir que estamos en contacto diario coa empresa
concesionaria e moi pendentes das 126 persoas que non contan con
apoio familiar ou social”. Ao respecto, Silva adiantou que se están
xa a estudar novas medidas dirixidas a esas persoas soas, como
intensificar os seguimentos telefónicos de tal xeito que sexan ata
diarios nalgúns casos. No caso do resto das persoas usuarias tamén
se vai intensificar o seguimento, reducindo os prazos de quince días
a unha semana.
Por
outra banda, xa está a disposición do Goberno de España o material
técnico, sanitario e de protección da Finca Mouriscade, da Estación
Fitopatolóxica de Areeiro e da Escola de Enfermería. Dende a EFA
Areeiro o goberno provincial pon a disposición material técnico e
de laboratorio, que utilízase para poder facer probas do
coronavirus, (centrífugas, microcentrífugas e minicentrífugas,
block heater, cubetas, Maxwell RSC Instrument, micropipetas
automáticas, pipetas automáticas, secuenciadores, termobloques,
termocicladores, transiluminadores e vórtex); así como material de
protección (guantes de vinilo e látex, alcohol, mascarillas e balas
de algodón), neste caso, tamén a disposición dende a Finca
Mouriscade. No caso da Escola de Enfermería, trátase de material de
protección (máscaras, batas e colectores de desinfectantes), pero
tamén do propio persoal (4 enfermeiras, un médico e unha
farmacéutica)
Respecto
á casuística especial de Príncipe Felipe, área prioritaria para o
goberno nesta crise sanitaria, a presidenta sinalou que entendo
tódalas inquedanzas pero pido comprensión”, ao tempo que anunciou
que mañá mércores visitará o centro para manter unha reunión co
seu director, e máximo responsable, e as distintas direccións de
centros, co obxectivo de supervisar as medidas e actuacións que se
están a dispor alí. “Estamos a reforzar os medios e o persoal na
atención sanitaria, e duplicando a vixilancia, para manter toda a
actividade e garantir a seguridade tanto das nenas e dos nenos coma
do persoal do centro”, informou Silva. Sobre a “plena
actividade” de Príncipe Felipe, “estamos a falar da infancia, de
nenas e nenos que están en especiais situacións”. Pero tamén
destacou que se extremaron todas as medidas de hixiene, se
habilitaron espazos de illamento e, dende a pasada semana que se ten
coñecemento do protocolo da Consellería, estanse a seguir todas os
plans e pautas indicados por Política Social. Ademais, o director
do centro ten a directriz de formular de xeito inmediato calquera
necesidade que teñan de material ou incluso contratacións.
Polo demais, a
presidenta explicou que se pediu a todas as empresas concesionarias e
as que fan obras ou prestan servizos á Deputación de Pontevedra, o
plan de acción e de protección de persoal. “Estamos a facer un
seguimento destas cuestións para ver que se cumpran e garantir así
a seguridade e saúde das persoas”, destacou Silva. A presidenta
provincial expresou a súa confianza na superación desta crise e
manifestou o seu orgullo polo “marabilloso comportamento da
cidadanía”. “Estou plenamente convencida que imos saír desta
situación como unha sociedade mellor porque, amais, tomamos conta
nesta crise do fundamental que é o servizo público e un estado de
benestar como o que temos”.
Silva
tamén aproveitou a reunión do Comité de Seguimento, a primeira na
que participa a oposición co seu portavoz Jorge Cubela, para
transmitir o seu agradecemento a todos os axentes implicados, “que
están tendo un comportamento de 10, síntome moi satisfeita”.
Silva quixo agradecer o traballo “dende o meu equipo, ata as
xefaturas de servizo, especialmente a Recursos Humanos, todo o
persoal traballador, e os sindicatos, pola colaboración e esforzo
para organizar todo en tan poucas horas. Quero tamén resaltar e
poñer en valor o comportamento exquisito das deputadas e deputados
do PP na Deputación de Pontevedra, que colaboraron e están a
colaborar en todo o momento de forma implícita”. Neste eido, no
que respecta ao funcionamento político da institución provincial, o
Comité acordou pospoñer tanto as comisións informativas como o
Pleno, e trasladar os acordos da Xunta de Goberno mediante
Resolucións Presidenciais.
O Concello de Nigrán iniciou esta mañá o servizo especial de asistencia a persoas en especial risco ante o Covid-19 atendendo ás 33 familias en situación de vulnerabilidade económica ou ailladas (acorde aos datos dos Servizos Sociais) despois de contactar telefónicamente con cada unha delas para atender as necesidades especiais destes intres. Durante a mañá, o equipo dirixido desde a Alcaldía realizou entregas a domicilios (seguindo todos os protocolos sanitarios) con caixas de alimentos con productos básicos.
Paralelamente, o Concello habilitou onte a liña telefónica oficial 986 383 930 (operativa de 9:00 h a 14:00 horas) co obxectivo de xestionar a compra e entrega a domicilio de menciñas e alimentos e incluso libros e publicacións da Biblioteca Municipal (986 383 979, de 10:00 a 12:00 horas) para persoas en especial situación de risco ante o Covid-19 ou en soidade ou sen medios.
“Durante esta primeira xornada non se recibiron peticións seguramente porque é algo que iniciamos onte e porque xa nos contactamos directamente con 33 familias a través dos Servizos Sociais. Esta liña seguirá operativa durante todo o tempo que sexa preciso e a estamos a divulgar entre a poboación para que ninguén se sinta abandonado”, explica o alcalde, Juan González.
Precisamente,
o Concello de Nigrán sumou a Protección Civil a este equipo ante o
ofrecemento deste servizo público para colaborar. “Son
profesionais que tamén dispoñen dos medios e coñecementos precisos
e aos que sen dúbida recurriremos no intre en que sexa preciso”.
Cartelería específica
O
Concello de Nigrán, ante a petición dos profesionais sanitarios do
Val Miñor, realizou unha cartelería específica informando do
protocolo sanitario que deben seguir os pacientes no municipio
(incluíndo todos os teléfonos e os casos en que deben empregarse)
e, ao mesmo tempo, elaborou outro cartel sobre o funcionamento
municipal e os servizos especiais que se prestan, todo baixo o slogan
‘Paciencia, Cariño e Calma’. Ambos foron pegados esta mañá polo
equipo de apoio nas tendas de alimentación, farmacias e centros de
saúde. “Non toda a poboación emprega redes sociais ou
internet, polo que consideramos convinte achegar esta información
oficial aos puntos neurálxicos que existen agora mesmo: tendas de
alimentación, supermercados, farmacios e centros médicos”.
“Paciencia, cariño e calma, é o que desexamos trasmitir á
poboación nestes intres. Todo vai a ir ben”, insiste. Nesta
liña de compromiso absoluto coa veciñanza, desde o goberno de
Nigrán habilitouse unha partida orzamentaria de 10.000 € destinada
a toda continxencia que poida xurdir relacionada coa pandemia.
O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e o concelleiro de Bo Goberno, Transparencia e Participación Cidadá, Roberto Mera, mantiveron esta mañá no salón de plenos, e dacordo coas medidas de seguridade e prevención establecidas, un encontro co tenente da Garda Civil de Ponteareas, o xefe da Policía Local da localidade, así como o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros e o axente de policía deste concello.
A reunión enmárcase dentro
do estado de alarma pola crise do covid19 a fin de establecer os
mecanismos de coordinación en materia de seguridade cidadán e para
asegurar o cumprimento por parte da poboación das obrigas recollidas
no decreto que declara o estado de alarma así como outras normas e
instrucións aprobadas polo Estado e a Xunta de Galicia.
Ambos corpos de seguridade,
Garda Civil e Policía Local, están actuando coordinadamente no
concello comprobando que se respectan as normas en vigor,
especialmente as relativas ás actividades non permitidas e a
circulación de persoas só nos casos permitidos.
Unha grúa de grandes dimensións caiu, na mañá de hoxe, sobre a capela do Cristo, en pleno centro do Porriño, ocasionando graves danos e alcanzando tamén na súa caída á cuberta do edificio de Telefónica situado nas inmediacións. O incidente aconteceu pasadas as 10:30 horas da mañá sen que se produciran danos persoais.
O guindastre, na súa caída, bateu contra o tellado da capela do Cristo ocasionando graves desperfectos na cuberta do templo non afectando a ningunha das imaxes do interior. Amais dos graves danos ocasionados á capela, a cuberta do edificio de Telefónica también sufriu desperfectos ao igual que o muro de peche do Hotel Parque, situado a carón do antedito edificio.
Eva García, alcaldesa do Porriño, xunto con outros membros do Goberno municipal e as forzas de seguridade (Guardia Civil e Polícia Local) bombeiros e Protección Civil acudiu ó lugar dos feitos para coñecer o alcance dos danos. A zona, nestes momentos, está acordoada e de inmediato iniciaranse os traballos para retirar o guindastre caído.
Segundo as primeiras pesquisas, a causa do accidente podería deberse a un fallo estrutural ocasionado nun bulón que soporta a base do guindastre. Cando aconteceu o accidente o guindastre non tiña carga.
A
alcaldesa do Porriño nunha primeira declaración sobre os feitos
sobre o accidente indicou que “dentro do estado de alarma no que
nos atopamos, ainda hai que agradecer que tanto o parque infantil
como a capela do Cristo estiveran pechados e baleiros, de xeito que
non temos que lamentar máis que danos materiais”.
O Concello das Neves vén de anunciar a posta en marcha dun servizo de entrega de bens de primeira necesidade destinado a aquelas persoas que non dispoñan de medios para adquirilos nestes momentos.
As persoas que padezan unha situación de necesidade transitoria (económica ou de mobilidade) ou teñan coñecemento de alguén que precise da colaboración dos servizos sociais do Concello, pode contactar co 986 667 134 de 9 h a 14 horas ou tamén pode facelo no correo electrónico [email protected]
O
Equipo de Goberno do Concello de Redondela segue adoptando medidas
non só para evitar a propagación do coronavirus, senón tamén para
axudar aos colectivos máis vulnerables como persoas maiores que
vivan soas ou aqueles de especial vulnerabilidade que miran agravada
a súa situación polo confinamento nas súas vivendas.
Así,
o Concello habilitará un sistema de reparto de alimentos co fin de
garantir a cobertura das necesidades básicas das familias con
menores beneficiarias das axudas de comedor escolar e que, con motivo
da suspensión da actividade lectiva, carecen dende o pasado venres
deste servizo.
Dende
o Departamento dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos
estableceranse as oportunas axudas en concepto de alimentación de
cara tanto a evitar posibles situacións de risco coma para garantir
a nutrición e dieta axeitadas dos e das menores.
Do
mesmo xeito, e para os casos nos que sexa necesaria algunha axuda ou
apoio, ben por ser unha persoa maior e atoparse só ou soa ou por
pertencer a un colectivo de risco, poden
contactar co Departamento dos Servizos Sociais,
no
986 402 608.
Mercados de abastos
O
Concello de Redondela tamén adiantou a adopción de medidas de
control sobre os mercados de abastos de Redondela e Chapela de cara a
permitir “unicamente o número de persoas que sea acorde coas
dimensións do establecemento e que permitan manter a distancia
mínima de seguridade” unha distancia que “nunca inferior a un
metro”. Na mesma liña de actuación, controlarase que consumidores
como traballadores e traballadoras manteñan a distancia de
seguridade. En todo caso, os e as axentes da autoridade poderán
realizar as comprobacións que consideren oportunas encamiñadas ao
cumprimento estrito das normas.
Servizo de taxi
Os
taxis tamén deberán velar polo cumprimento das normas preventivas
establecidas para o que “deberán levar carteis informativos no
interior dos vehículos coas recomendacións sanitarias de hixiene”
e do mesmo xeito, sinala o Goberno local “desaconsellando viaxar
agás por razóns inaprazables”.
Recomenda
o equipo de Goberno adoitar “medidas de hixiene extraordinarias”
para garantir tanto a saúde de taxistas coma de usuarios e usuarias.
Entre as medidas están a ventilación frecuente, desinfección das
zonas de uso intensivo e a limpeza frecuente de mans por parte dos e
das profesionais para evitar contaxios.
Vodas
Finalmente,
o
número de participantes nas vodas civís quedarán reducidos aos
contraentes e dúas testemuñas, co fin de garantir aos asistentes a
posibilidade de respectar entre eles a distancia de seguridade dun
metro.
A concelleira de Ensino do Concello de Ponteareas, Cristina Fernández, vén de compartir con todas as familias ponteareás que teñan fillos e fillas en idade escolar, os primeiros enlaces facilitados pola mestra de educación primaria Susana Lamela para continuar coa actividade lectiva, na medida do posible, e un mellor aproveitamento do tempo que teñamos que permanecer nos fogares para combater o espallamento do COVID-19.
A concelleira ponteareá subliña a importancia de “tentar manter a actividade diaria e realizar todas as actividades posibles dentro dos propios fogares” seguindo as instruccións dos propios centros educativos que están reorganizando o seu traballo para que o día a día dos escolares nas súas casas sexa o máis proveitoso posible.
Ao longo da semana a Concellería de Ensino irá compartindo novos enlaces de actividades educativas e tamén de actividades lúdicas on line.
O Concello de Nigrán pon desde hoxe en funcionamento un servizo de asistencia a persoas en especial risco ante o Covid-19, ou en soidade ou sen medios, co obxectivo de facilitarlles a compra de alimentos, menciñas e mesmo o préstamo de libros, revistas ou dvds da Biblioteca Municipal (instalación pechada, como todas as dependencias municipais).
“Ante esta situación de alarma e emerxencia desde o goberno de Nigrán queremos transmitir á veciñanza máis vulnerable que non está soa, que estamos aquí para acompañar e axudar a levar mellor estes días de confinamento necesario, non somos alleos ás complicacións engadidas que supón este estado de alarma para moita xente”, subliña o alcalde, Juan González. Así, o Concello facilita xa a liña telefónica oficial 986383930 (operativa de 9:00 a 14:00 horas) co obxectivo de xestionar a compra e entrega a domicilio de menciñas e alimentos.
Para requirir o préstamo a domicilio dalgunha publicación do catálogo da Biblioteca Municipal ou revistas, prensa… o teléfono de contacto é o da propia Biblioteca (986383979) de 10:00 a 12:00 horas (igualmente, o Concello anula ata novo aviso o prazo de devolución de préstamo de libros para aquelas persoas que actualmente teñen algún). En ambos casos (alimentos ou publicacións) o reparto a domicilio é para persoas en especial risco ante o Covid-19, ou en soidade ou sen medios.
O servizo, composto polos propios membros do goberno e algunha persoa voluntaria, irá convintemente identificado e facilitará de xeito persoal a entrega a domicilio seguindo estrictamente todos os protocolos de seguridade. “Entendemos que moitos veciños queren axudar, pero por responsabilidade ante esta situación pedimos que todo se canalice a través deste equipo oficial reducido a dez persoas e convenientemente identificado e controlado por todas as autoridades competentes, as boas intencións non son suficientes nestes casos, ten que haber un control exhaustivo da xente que presta o servizo”, indica o rexedor ante a proliferación de diferentes grupos de whatsapp na comarca.
“Paciencia, cariño e calma, é o que desexamos trasmitir á poboación nestes intres”, insiste. Igualmente, o goberno garante o servizo de reparto de alimentos a persoas en situación de vulnerabilidade económica así como o servizo de axuda a domicilio, tal e como se ven facendo durante todo o ano.
Paralelamente,
e nesta liña de compromiso absoluto coa veciñanza, desde o goberno
de Nigrán habilitouse unha partida orzamentaria de 10.000 €
destinada a toda continxencia que poida xurdir relacionada coa
pandemia. “En Nigrán vivimos unha situación crítica cos
incendios de 2017 e queremos repetir os acertos desa xestión sendo
previsores”, explica.
Funcionamento municipal
Seguindo instrucións do Goberno de España, a atención ao público presencial no consistorio queda suspendida en favor da atención telefónica na liña habitual 986365000 e nunha nova creada exprofeso 986 383 288 ou no mail [email protected]. En caso de cuestións urxentes, estas derivaranse ao departamento correspondente e se facilitará unha cita previa. Igualmente, e tamén para protexer aos traballadores e a propia veciñanza, o servizo municipal de Vías e Obras quedará reducido a reparacións imprescindibles e se opta polo teletraballo dos funcionarios en todos os postos que sexa posible, de feito, desde o Concello de Nigrán xa se adquiriron a semana pasada 12 novos ordenadores portátiles e os correspondentes routers.
Finalmente, tamén por recomendación do goberno de España, quedan suspendidas todas as sesións periódicas ou ordinarias dos órganos colexiados municipais (xuntas, plenos, comisións…). Nesta misma liña, todas as actividades municipais culturais, deportivas e de envellecemento activo permanecen suspendidas desde a semana pasada e ata novo aviso, garantindo o Concello o desconto da contía proporcional mentras estas non se retomen.
Finalmente,
aproveitando esta situación e o parón escolar, o Concello deu ordes
a empresa concesionaria da limpeza para que efectúe unha
desinfección profunda de todos os centros educativos.
“Vivimos
nunha situación dinámica, moi cambiante, iremos informando día a
día de novas medidas ou modificacións. Necesitamos a solidariedade
e compromiso de todos para pasar este transo, todo vai a ir ben”,
finaliza González.
A
Deputación de Pontevedra manterá en normal funcionamento os centros
de compostaxe comunitaria (CCC) directamente dependentes do Plan
Revitaliza. Segundo explicou hoxe o vicepresidente César Mosquera, a
pesares da crise sanitaria do COVID-19, o tratamento de residuos
considérase un servizo básico, polo que as instalacións do
Revitaliza serán atendidas por equipas de mestras e mestres
composteiras co fin de garantir a súa correcta actividade. Así
mesmo, dende a Deputación garántese á cidadanía a seguridade do
modelo incluso por riba dos sistemas tradicionais.
Os
centros de compostaxe comunitaria que se manteñen en activo son os
pertencentes aos concellos que están en Liña-1 (fase demostrativa)
que non teñan mestres composteiros propios, e os que están en
Liña-2 (implantación extensiva da compostaxe) de nova incorporación
que non teñan mestres composteiros propios, así como aos veteranos.
Estarán atendidos pola Deputación un total de 80 CCC pertencentes
aos concellos de Lalín (1), Cerdedo-Cotobade (1), Vilagarcía (2),
Portas (1), Campo Lameiro (1), Barro (1), Ribadumia (2), Caldas (4),
O Grove (10), Sanxenxo (1), Redondela (1), Vilaboa (10), Cangas (3),
Bueu (2), Ponteareas (2), Mondariz (13), Mondariz Balneario (7), As
Neves (5), Gondomar (2), O Porriño (1), Salceda de Caselas (5), Oia
(2) e Tui (3).
No
caso de concellos nos que haxa CCC, mais non dependentes da
Deputación, como é o caso de Pontevedra, o consello do persoal
técnico provincial é que as administracións responsables os
manteñan abertos e atendidos para seguir garantindo o servizo á
poboación aínda que sexa con servizos mínimos.
Tanto
o asesor de residuos Carlos Pérez como o propio vicepresidente César
Mosquera manifestaron o seu compromiso da seguridade da compostaxe
para a veciñanza. O técnico destacou que polas características
propias do proceso de compostaxe calquera virus ou outro patóxeno
presente nos residuos a tratar é eliminado e hixienizado. “Os
virus non soportan temperaturas maiores de 42º xa que nesas
condicións morren. No caso dos centros de compostaxe alcánzanse
temperaturas maiores a 55º e sostidas no tempo, polo que a
posibilidade de infección directa é prácticamente nula”,
explicou Pérez.
Mosquera
destacou, pola súa parte, que se existe un sistema con menos
posibilidades de contaxio é a compostaxe, incluso por riba dos
sistemas tradicionais. “Se o lixo vén dunha persoa que poida estar
infectada, o proceso da compostaxe hixienízao, o que é mellor que
que os residuos estean en bolsas a temperatura ambiente”, subliñou.
En calquera caso, seguindo os protocolos de prevención, e co fin de evitar posibles contaminacións cruzadas na manipulación de obxectos, todo o persoal –mestres e mestras composteiras– tomará precaucións mantendo sempre as mans cubertas para realizar as súas tarefas. Na mesma liña, tal e como rexe na utilización de elementos comúns, ás persoas usuarias recoméndaselle a utilización de luvas para abrir e pechar as tapas dos composteiros e do estruturante.
O Concello de Ponteareas reforzará, durante o tempo que dure o estado de alarma decretado polo Goberno, o servizo de atención telefónica e telemática e non prestará atención presencial. Esa é unha das medidas adoptadas na tarde de onte pola Comisión Municipal de Seguimento da Crise do COVID-19 presidida polo Alcalde Xosé Represas e coa presenza das tenentes de alcalde Cristina Fernández, Chus Garrote e o concelleiro Roberto Mera.
O Concello lembra que a declaración do estado de alarma supón a suspensión dos prazos dos procedementos administrativos en curso, o que supón tranquilidade e garantía para os cidadáns que non se verán prexudicados por esta excepcional situación ao non correr os prazos aos que puideran estar sometidos para a presentación de documentación ou pago de taxas, entre outros.
Ao mesmo tempo, o Concello pon a disposición de toda a cidadanía un directorio completo de todos os servizos municipais nos que se especifica se a súa actividade está suspendida ou non, así como os teléfonos directos e correos electrónicos para a realización de calquera consulta. Dito directorio está dispoñíbel na web municipal e nas portas de todas as instalacións municipais.
Lémbrase que están
suspendidos os seguintes servizos: Escola Infantil, Ludoteca
Municipal, Atención Temperá, Medrando á Par, Centro de Día,
Obradoiro Ocupacional Asprodico, Auditorio Municipal, Biblioteca e
Axencias de Lectura, Museo Municipal, Complexo Deportivo Álvaro
Pino, Estadio de Pardellas – Rei, os locais de ensaio, o comedor
escolar Bouza Brey, a Aula Matinal, o programa Entre Nós, o
Conservatorio e a Escola Municipal de Música e o Punto de
Información Turística. Aínda que non se presta o servizo cidadán
habitual neles, todos estes servizos manteñen a súa atención
telefónica ou por correo electrónico para calquera consulta.
Asemade, a comisión acordou
toda unha serie de medidas de carácter interno e protocolos de
prevención e autoprotección do persoal municipal, a implementación
nos vindeiros días do teletraballo entre parte do persoal
administrativo e a continuidade na prestación de servizos básicos
como infraestruturas, alumeado ou axuda no fogar, entre outros.
Por outra banda, seguindo as
indicacións da FEGAMP suspéndense todas as reunións dos órganos
colexiados municipais que aínda non foran convocadas.
En canto á seguridade cidadán
e o cumprimento das normas derivadas da declaración do estado de
alarma, a Policía Local actuará coordinada co resto das forzas de
seguridade e seguindo as instrucións que se diten desde a Delegación
do Goberno. Durante a xornada do domingo a Policía Local e a Garda
Civil realizaron patrullas continuas, non se producíu ningunha
incidencia reseñábel e o cumprimento das limitacións de
circulación e prohibición de actividades cumpríuse de forma
satisfactoria no conxunto do concello.
A comisión municipal de
seguimento do COVID-19 manterá unha reunión diaria durante a
vindeira semana para avaliar o cumprimento dos seus acordos e adoptar
novas medidas que se consideren necesarias, ademais de estudar e
concretar a colaboración coas autoridades sanitarias, a atención á
cidadanía, en especial ás persoas máis vulnerabeis, e as medidas
de apoio aos sectores económicos afectados por esta grave crise.
A música é, e sempre foi, unha fiestra aberta aos sentimentos
porque a música non é outra cousa que un sentimento, intimo e
persoal, plasmado nun pentagrama.
Pero a Agrupación
gaiteira de Salceda, nestes tempos tan estraños coma descoñecidos
que supón un confinamento contra unha pandemia, decidiu ir máis aló
e sacar a música pola fiestra… literalmente.
Así que onte, as
oito do serán e cada quen no seu particular retiro, decidiron abrir
de ventá e como en Fuenteovejuna “todos a una” transmitir os
seus sentimentos polo aire para goce de toda a veciñanza. Pouco a
pouco as ventás vanse abrindo, primeiro con curiosidade e logo con
emoción, con esa mesma emoción que transmiten nos seus aplausos,
tan espontáneos como a propia música que os provocou.
Un xeito, extraordinario, de axudar a veciñas e veciños a levar, como mellor se poida, o encerro nas súas vivendas e que se repetirá todos os días ás 20 horas. Un xeito, marabilloso, de dicir: “si, estamos encerrados pero máis activos que nunca. Pechados pero seguimos sendo unha sociedade unida, solidaria e capaz de saír de situacións tan graves como esta, se todos arrimamos o lombo”.
Un grupo de WhatsApp
serve para poñerse de acordo en que tocar, polo menos para os que
viven no casco urbano. Para os que teñen a sorte, porque é unha
sorte, de vivir no rural, “imos un tanto por libre”, sinala unha
das compoñentes da Agrupación gaiteira de Salceda.
Así que, uns
arriman o lombo quedándose nas súas casas e outros, poñendo
música, a súa música ou o que é o mesmo, os seus sentimentos
nunha pandeireta, gaita, bombo ou tamboril, para facer a situación
máis levadeira.
Coordinados ou por
libre, as ventás abertas transfórmanse en fermosas ‘caixas de
música’ que, se ben non nos fan esquecer que estamos encerrados,
si polo menos, lémbranos que non estamos sós e que, como sempre o
fixemos os galegos e galegas, xuntos somos imparables.
A música sempre foi, e sempre será, unha actividade solidaria porque a propia cultura é solidariedade. A nosa música, a da nosa terra, a das nosas xentes, o é máis aínda porque sae de dentro. Emana das raíces que nos manteñen firmemente ancorados á terra dos nosos antepasados e que nos inculca unha identidade propia como pobo.
Parabéns pola iniciativa e parabéns por ser como sodes!!
Policía
Local e Policía Nacional de Redondela traballan, de xeito
coordinado, na vixilancia do cumprimento das normas marcadas no
estado de alarma decretado polo Goberno Central para evitar, na
medida do posible, a propagación do coronavirus, controlando o peche
dos establecementos e recomendando a veciños e veciñas que
permanezan nas súas casas.
Na
noite de onte sábado, logo do anuncio do estado de alarma por parte
do presidente Sánchez e das medidas que dita situación contempla,
reuníase as o Comité de Seguimento do Concello de Redondela, de
cara a facer público un bando no que se recolle unha terceira
batería de medidas que se engaden as xa anunciadas polo Executivo
local nestes pasados días.
Así
pois, a alcaldesa Digna Rivas, nun bando asinado ás 23:00 h de onte
sábado, recalca a importancia de “seguir as recomendacións dadas
polas autoridades sanitarias e administrativas competentes”. O
bando da Alcaldía redondelá insiste na importancia de permanecer,
nos establecementos de venda de alimentos “o tempo estritamente
necesario e sempre mantendo as distancias de seguridade”.
Doutra
banda, limítase a entrada ao cemiterio municipal de Mañó “a un
máximo de 25 persoas” seguindo o acordo adoptado polo Consello da
Xunta de Galicia.
Para
garantir a saúde da veciñanza, o Equipo de Goberno de Redondela
acordou o peche “de todas as fontes públicas conectadas á rede
pública de abastecemento de auga” en todo o termo municipal.
Todos
prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector
público, quedan interrompidos e o cómputo de ditos prazos
“reanudarase no momento en que perda a vixencia o real decreto que
determina o estado de alarma o no seu caso as prórrogas do mesmo”.
Finalmente
lémbrase a veciñanza que queda suspendida a atención ao público
nas oficinas municipais durante os vindeiros 15 días, agás casos de
urxencia que, “en todo caso, deberán solicitarse baixo cita previa
nos teléfono s 986 400 300 ou 986 402 865.
O
Equipo de Goberno do Concello de Redoncela lembrou que se trata
“dunha situación excepcional” e logo de facer un chamamento “á
tranquilidade” lembra que unha parte moi importante na loita contra
a propagación do Covid-19 “é que todos nós, veciñas e veciños,
actuemos con responsabilidade seguindo, en todo momento, as
recomendacións das autoridades sanitarias e administrativas”.
A
alcaldesa Digna Rivas deu conta que as medidas adoptadas “son
seguidas pola gran maioría da veciñanza do municipio” aínda que
lamentou a “irresponsabilidade e falta de solidariedade” dun
pequeno grupo de mozos e mozas aos que “a Policía Local e Policía
Nacional tivo que disolver porque, desatendendo todas as
recomendacións, estaban ‘de botellón”.
É
non obstante, sinalou Rivas, “un caso illado xa que a case
totalidade da veciñanza de Redondela actúa cunha responsabilidade e
solidariedade da que, como alcaldesa, síntome fondamente orgullosa”.
“Nestas situacións difíciles son nas que as veciñas e os veciños
amosan a súa capacidade de ser responsables e axudarse uns a outros,
seguindo as recomendacións pertinentes”.
O
Comité de Seguimento da Deputación de Pontevedra fronte ao COVID19
reuniuse este domingo baixo a presidencia de Carmela Silva e a
vicepresidencia de César Mosquera para, unha vez coñecidos todos os
detalles do Real Decreto de Alarma pola situación de emerxencia
sanitaria, tomar a decisión de suspender de xeito provisional para
este luns a presenza de traballadoras e traballadores en todas as
dependencias provinciais. A medida xa foi trasladada a todo o persoal
mediante unha orde de servizo amais da información do emprego das
tecnoloxías para realizar o traballo remoto.
O
obxectivo é a reorganización ao longo deste luns de todos os
servizos cara a procurar nas próximas dúas semanas a mínima
presenza do persoal e facilitar, dentro do posible, o traballo remoto
a todas aquelas traballadoras e traballadores que non formen parte
dos Servizos Esenciais segundo os protocolos aprobados polas
autoridades. Neste sentido, o persoal crítico queda excluído desta
suspensión provisional, exclusión que implica ao Centro Príncipe
Felipe, que mantén a súa actividade ao cen por cen; as direccións
xerais e habilitados/as nacionais; as Xefaturas de Servizo; a
Estación Fitopatolóxica de Areeiro e a Finca Mouriscade; unidades
de vixilancia, telefonía, Rexistro Xeral; brigadas de garda,
programa Revitaliza e CAU da Deputación.
Tamén,
para manter o servizo público, será obrigada a presenza do persoal
imprescindible de Novas Tecnoloxías, Secretaría Xeral,
Intervención, Recursos Humanos e Prevención de Riscos Laborais.
Toda persoa que traballe verá reforzadas as medidas de seguridade,
distancia, limpeza e hixiene que se extreman ao máximo.
A
presidenta Carmela Silva expresou o seu “agradecemento ao persoal
da Deputación pola súa colaboración, traballo e afecto”, e
apelou a súa comprensión e apoio. “Sei que é un momento
complicado e que son medidas contundentes, pero tomámolas coa máxima
responsabilidade porque van permitir que as traballadoras e
traballadores poidan desenvolver a súa actividade con seguridade”.
“As administracións públicas, dixo Silva, estamos obrigadas nesta
situación de emerxencia sanitaria a tomar decisións que permitan
salvagardar a seguridade da cidadanía e do noso persoal. So temos un
obxectivo, engadiu, frear o virus e estámolo a facer na compaña de
moitas funcionarias e funcionarios que están deixando o mellor de se
mesmos para logralo”
A orde de servizo,
comunicada hoxe ás e aos traballadores, tamén contempla a
suspensión con carácter indefinido do traballo presencial de
mulleres embarazadas ou lactantes, ou empregados/as que convivan con
elas; persoas declaradas de risco polas autoridades sanitarias ou as
que convivan c0n elas, así como aquelas que convivan con persoas
maiores ou con enfermidades crónicas.
As
novas medidas e as que se deriven da reorganización dos servizos
provinciais serán incluídas nunha nova resolución presidencial que
se fará pública este luns para a súa aplicación inmediata.
O
Consorcio
de
Augas
do
Louro, en
coordinación
coa
empresa
xestora
do
servizo
e co
fin
de
minimizar
os
riscos para
os traballadores
e usuarios
dos
servizos,
debido
á alerta sanitaria
polo
Coronavirus
COVID-19,
manterá
pechadas
as oficinas
de
atención
ao público
cando
menos
dende o
luns
16 de
Marzo ata o luns
30 de
Marzo.
Os usuarios do servizo poderán seguir realizando os seus trámites como ata o de agora a través do servizo de atención telefónico 900 81 01 03, a través da páxina web do Consorcio ou ben a través da sede electrónica.
Paralelamente a empresa xestora do servizo ten desenvolvido un Plan de Continxencia, con medidas específicas de aplicación no desenrolo dos traballos de mantemento e conservación das instalacións ou lectura de contadores, co fin de garantir a adecuada prestación do servizo mentres dure esta situación de alerta, durante a cal o Consorcio solicita a colaboración de todos os cidadáns e cidadás.
O Concello do Rosal acordou as medidas establecidas como protocolo de prevención do coronavirus, que se aplicarán durante os vindeiros 14 días a partir do luns 16 de marzo sen prexuízo da súa prórroga e revisión transcorrido o prazo inicialmente previsto e que remata o 29 de marzo. A duración ou modulación das medidas adoptadas tomarase de acordo coas directrices establecidas polas autoridades sanitarias competentes tras a avaliación do avance da situación.
As
medidas contemplan a suspensión da
atención ao público dos servizos
administrativos no Concello
e os trámites faranse de xeito telefónico ou a través de sede
electrónica. Soamente permanecerá aberto
o rexistro de entrada, que se situará na planta baixa
do Concello con todas os protocolos necesarios para facilitar o
acceso á veciñanza e minimizar o risco de contaxio. Pola súa
banda, Servizos Sociais atenderá só os
casos urxentes e sempre contactado previamente por vía telefónica.
Pecharanse ao público todas as instalacións municipais de carácter cultural e deportivo. Así, permanecerán pechados:
O Punto Limpo dende este sábado 14 de marzo.
A Biblioteca Municipal.
A Aula de Estudo.
O Centro Social Polivalente. Recoméndase a todas
as persoas maiores que acoden habitualmente polas tardes a este
centro social, poboación considerada de risco, que permanezan nos
seus domicilios e apliquen os protocolos de prevención dados polas
autoridades sanitarias.
O Auditorio municipal.
O pavillón municipal.
O estadio de fútbol.
O Centro de Formación.
Os comedores escolares.
Os baños públicos situados nos Muíños do
Folón e do Picón, en Pías e no Tamuxe en San Miguel.
Suspéndese
ademais toda a actividade dependente do Concello en recintos pechados
e abertos, co aprazamento de todas as
actividades municipais, incluída a
programación cultural do mes de marzo, e que afecta:
Ao programa #Reactívate e todos os seus cursos e
actividades (axilidade mental, pilates, pintura, restauración e
manualidades, zumba, zumba gold, tenis e ioga).
Curso de cociña de pratos de culler con produtos
de tempada.
Ciclo de charlas ‘Li-xo, que non che soe a
chino’.
Ciclo de charlas sobre prevención de violencia
de xénero ‘Ponte na súa pel’.
Feira de San Gregorio.
Entroido de Piñata.
As obras ‘Las cinco estaciones’ e ‘No te
rindas’, do grupo de teatro Avelaíña.
San Xosé en Novás.
Concerto de Primavera da Agrupación Musical do
Rosal.
35 aniversario de ANABAM coa proxección de ‘O
que arde’.
Todas
estas actividades quedan adiadas sine
die polo momento. Irase informando
puntualmente das novas datas así como se vaian establecendo.
Tamén se procedeu á suspensión do mercado semanal do Rosal. Ademais, no relativo á actividade política tomouse a decisión de anular a celebración de plenos e comisións informativas que só se retomarán no caso de ter que abordar algún asunto de urxencia ou unha vez normalizada a situación sanitaria.
En
colaboración cos centros educativos do municipio, dende o Concello
do Rosal trasládase a necesidade de que, na medida do posible, os
nenos e nenas eviten acudir a espazos públicos con aglomeracións de
xente e permanezan estes días nos seus domicilios. Así mesmo, o
Concello do Rosal agradece a comprensión da veciñanza ante estas
medidas que se aplican de forma preventiva e faise un chamamento á
calma e á responsabilidade seguindo en todo momento as indicacións
das autoridades sanitarias.
Toda
a información será ampliada ou actualizada a través da web
municipal, concellodorosal.es, e das páxinas oficiais do Concello do
Rosal en Facebook e Twitter.
Alberto Fortes volve ao primeiro plano da actualidade narrativa cun traballo de corte intimista, cun punto nostálxico e algo de iniciático. ‘O verán en Lucenza’ é unha novela sobre a memoria e sobre como a memoria debuxa as nosas lembranzas, independentemente da súa veracidade, a través dos ollos dun rapaz, o fillo do Cortizo, que pasa as vacacións de verán na casa das súas tías maiores, nunha aldea do rural galego dos anos 70.
A historia está relatada en primeira persoa dende a perspectiva do
rapaz, amosándonos a súa actividade e tamén os seus pensamentos
máis fondos, de aí a apreciación sobre o intimismo. El é quen nos
relata os sucesos que lle darán forma a esa etapa de bonanza
climatolóxica e ocio, na que a súa meirande afección, a pesca,
adquire un papel esencial. Deste xeito, o relato afonda nas
lembranzas de tempos pasados e na felicidade do desfrute da vida,
coma un Tom Sawyer de andar pola casa. De aí ese punto nostálxico
que ten a novela. Ese algo de iniciático ao que fixemos referencia
máis arriba vén dado pola aprendizaxe que lle implican ao
protagonista as vivencias relatadas. Mesmo podemos apreciar certa
evolución psicolóxica da personaxe principal, pois custa recoñecer
nas últimas páxinas ao neno inocente que aparece ao principio do
relato.
No difícil equilibrio que supón navegar entre a evocación e a
realidade, asistimos a momentos nos que a fantasía se desborda e lle
dá a man á maxia para crear intres que redundan nese pasado tan
noso, tan mitolóxico e tan peculiar. En tal contexto, falar cos
mortos, por poñer un exemplo, semella algo case natural e fondamente
enraizado, parte do noso propio ser.
O estilo narrativo, debido a ese factor intimista do que xa falamos,
distánciase moito da típica novela de acontecementos. A pesar de
que hai acción de maneira constante, non existe un fío narrativo
que vaia alén das vivencias do rapaz nun contexto tan concreto como
é esa aldea galega e ese tempo dos anos 70. Por momentos, podería
pasar por unha colección de relatos breves que, perfectamente
ensamblados, dan lugar a unha novela aberta ou inacabada, na que o
troco na orde, mesmo a eliminación ou engadido de novas pezas, non
muden substancialmente o fondo da historia.
Con todo, coido que un dos elementos máis destacables de “O verán en Lucenza” é a linguaxe ou, por dicilo mellor, a fluidez da linguaxe, que semella moi natural por estar plenamente absorvida polo autor. Non hai un gran alarde de figuras retóricas, nin construcións reviradas, nin xogos experimentais que vaian alén de deixarse levar polas lembranzas e sacar fóra todo o que o neno protagonista (no que non custa traballo adiviñar ao propio autor) leva dentro. Desta maneira consegue unha ambientación plenamente identificable para todos aqueles que tivemos a sorte de pasar algún verán da infancia na nosa Lucenza particular.
Has leído bien. Hoy vamos a hacer una falsa pizza con la base hecha con coliflor; una receta que es todo un descubrimiento: se hace en muy poco tiempo y el resultado es sorprendentemente bueno.
Una receta para que la disfruten “aquellos a los que no les gusta la coliflor”. Y, por supuesto, es sin gluten. ¡Vamos allá!
Ingredientes
Para la base
1/2 Coliflor de tamaño medio (de unos 20 cm de diámetro)
1 huevo grande
Unas 3 o 4 cucharadas de queso que funda bien
Sal, pimienta, orégano, albahaca
Para el relleno
Salsa de tomate
Queso mozzarella
Queso emmental
Queso tetilla
Preparación
Separamos las flores de la coliflor y las trituramos en un procesador (si no tenemos, podemos rallarlas) hasta que queden como si fuese arroz o cuscús.
Colocamos la coliflor triturada en una fuente apta para el microondas y la cocemos 8 minutos
Dejamos enfriar un poco y la pasamos a un paño fino; la escurrimos enroscando el paño una y otra vez hasta que consigamos que apenas salga agua (o que no salga, si eres muy fuerte).
Batimos el huevo y lo mezclamos con la coliflor.
Añadimos el queso, la sal y las especias. Mezclamos bien.
Ponemos papel de hornear en una bandeja de pizza o en la bandeja del horno y extendemos la masa con las manos, intentando que quede bastante fina (bueno, a mí me gusta fina…)
Horneamos a 200º durante 10-12 minutos. Damos la vuelta y horneamos otros 5 minutos.
Sacamos del horno y rellenamos con lo que más nos guste. Yo la hice sencilla, sólo con salsa de tomate y queso Mozzarella y Emmental que previamente rallé. Le añadí unos trocitos de Tetilla para darle un toque más nuestro.
Horneamos otros 5 o 10 minutos, hasta que el queso esté fundido y adquiera un color tostadito y…
¡A
esperar la reacción de “esos a los que no les gusta la
coliflor”!
¡Veréis qué riquísima!
Espero
que cuando envíe la próxima receta este nefasto momento haya
pasado. ¡¡Cuidaos mucho!!
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.