7.9 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeLouriñaSalceda de CaselasA Agrupación Gaiteira de Salceda agasalla música contra o coronavirus

    A Agrupación Gaiteira de Salceda agasalla música contra o coronavirus

    A música é, e sempre foi, unha fiestra aberta aos sentimentos porque a música non é outra cousa que un sentimento, intimo e persoal, plasmado nun pentagrama.

    Pero a Agrupación gaiteira de Salceda, nestes tempos tan estraños coma descoñecidos que supón un confinamento contra unha pandemia, decidiu ir máis aló e sacar a música pola fiestra… literalmente.

    Así que onte, as oito do serán e cada quen no seu particular retiro, decidiron abrir de ventá e como en Fuenteovejuna “todos a una” transmitir os seus sentimentos polo aire para goce de toda a veciñanza. Pouco a pouco as ventás vanse abrindo, primeiro con curiosidade e logo con emoción, con esa mesma emoción que transmiten nos seus aplausos, tan espontáneos como a propia música que os provocou.

    Un xeito, extraordinario, de axudar a veciñas e veciños a levar, como mellor se poida, o encerro nas súas vivendas e que se repetirá todos os días ás 20 horas. Un xeito, marabilloso, de dicir: “si, estamos encerrados pero máis activos que nunca. Pechados pero seguimos sendo unha sociedade unida, solidaria e capaz de saír de situacións tan graves como esta, se todos arrimamos o lombo”.

    Un grupo de WhatsApp serve para poñerse de acordo en que tocar, polo menos para os que viven no casco urbano. Para os que teñen a sorte, porque é unha sorte, de vivir no rural, “imos un tanto por libre”, sinala unha das compoñentes da Agrupación gaiteira de Salceda.

    Así que, uns arriman o lombo quedándose nas súas casas e outros, poñendo música, a súa música ou o que é o mesmo, os seus sentimentos nunha pandeireta, gaita, bombo ou tamboril, para facer a situación máis levadeira.

    Coordinados ou por libre, as ventás abertas transfórmanse en fermosas ‘caixas de música’ que, se ben non nos fan esquecer que estamos encerrados, si polo menos, lémbranos que non estamos sós e que, como sempre o fixemos os galegos e galegas, xuntos somos imparables.

    A música sempre foi, e sempre será, unha actividade solidaria porque a propia cultura é solidariedade. A nosa música, a da nosa terra, a das nosas xentes, o é máis aínda porque sae de dentro. Emana das raíces que nos manteñen firmemente ancorados á terra dos nosos antepasados e que nos inculca unha identidade propia como pobo.

    Parabéns pola iniciativa e parabéns por ser como sodes!!

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.