9.6 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaO Concello da Guarda informa sobre o DNI, selado do paro e...

    O Concello da Guarda informa sobre o DNI, selado do paro e certificados de empresa

    O Concello da Guarda vén de publicar unha serie de folletos informativos con información de interese para a cidadanía, non só no que fai referencia a normas de prevención senón tamén no que atinxe á tramitación de documentos como poden ser o DNI ou a demanda de emprego.

    No caso do Documento Nacional de Identidade, o Concello lembra que prorrógase automáticamente durante un ano a validez dos DNI que caduquen a partir da declaración de alarma (14/03/2020). Por este motivo no Concello non se dará vez para a renovación do DNI ata que remate esta crise sanitaria

    Doutra banda, o Concello que preside Antonio Lomba, subliña que non será necesario renovar a damanda de emprego ata o 30 de abril e, por ese motivo, non haberá acceso ao punto de emprego do Concello da Guarda ata o remate da crise. Tamén lembra o Goberno local que o Consello de Ministros adoptou a decisión de “prorrogar as prestacións por desemprego de maneira automática mentras dure a crise do Covid-19”.

    O Concello guardés insiste en que todas aquelas persoas que teñen que traballar durante o estado de alarma “deben levar no seu poder un certificado da empresa para facilitar o traballo á Garda Civil”.

    Finalmente, cómpre salientar que o Concello da Guarda ofrece un servizo de ‘Auxilio aos grupos de risco’ a traves dos Servizos Sociais, Protección Civil e a Policía Local. Este servizo ofrécese en colaboración con Avelaíña, Conrazones, San Vicente de Paul, Cruz Vermella e San Xerome. O obxectivo e protexer aos grupos de risco de contaxios e atender as persoas desfavorecidas.

    Toda información de interese sobre estes e outros temas, a poden atopar veciñas e veciños na páxina web do Concello: www.aguarda.es

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.