21.2 C
Pontevedra
Venres, 9 de Xuño de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaAfaga alerta que o illamento polo coronavirus "pode provocar un empeoramento cognitivo...

    Afaga alerta que o illamento polo coronavirus “pode provocar un empeoramento cognitivo nas persoas con alzhéimer”

    A Asociación pon en marcha un Servizo de Voluntariado para axudar ás persoas maiores que viven soas na área de Vigo

    A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias, Afaga, alerta dos riscos cognitivos que pode carrexar o illamento na persoas que teñen unha enfermidade neurodexenerativa. As persoas con demencia, sobre todo as que se atopan en fase leve ou moderada, seguen unhas rutinas diarias que lles axuda a estar máis conectados coa realidade e a contorna.

    O corte brusco desas actividades (saír á compra, asistir a clases de memoria, a talleres de estimulación, pasear cun familiar ou coidador, atopase cos veciños, xogar ás cartas,…) provoca un aumento da desorientación e mesmo alteracións conductuales. O que aumentaría o declive cognitivo e un empeoramento da súa enfermidade.

    Doutra banda, nas fases máis avanzadas, esa perda de contacto coa contorna, causarán con bastante probabilidade alteracións conductuales, o cal dificulta moito a tarefa dos coidados e empeora notablemente a calidade de vida dos coidadores e coidadoras.

    Por iso, desde Afaga Alzheimer, fan un chamamento para que “se flexibilice nestes casos a prohibición de saír a pasear”. Os familiares e coidadores de persoas con demencia necesitan poder pasear un pouco con eles para mantelos conectados á contorna e á realidade.

    “Da mesma forma que se fan algunhas excepcións para determinados casos, –insiste Afaga– nas situacións de persoas que conviven cun familiar con demencia, é importante que poidan seguir unha rutina, dentro das limitacións que se estableceron”.

    Doutra banda, é importante que o resto dos cidadáns sexan comprensivos nestas situacións e faciliten o difícil labor dos coidadores.

    Servizo de Voluntariado para atender a persoas maiores

    Co fin de prestar todo o apoio posible ás persoas maiores que viven soas, desde Afaga Alzheimer puxemos en marcha un servizo de atención ás persoas maiores da área de Vigo para axudalas en labores como compra de alimentos, medicamentos ou acompañamento a servizos sanitarios imprescindibles.

    Este servizo gratuíto será levado a cabo por profesionais da asociación, así como voluntarios e voluntarias da nosa entidade.

    As persoas maiores que vivan soas e necesiten facer uso deste servizo, deben poñerse en contacto connosco a través do teléfono 986 22 97 97 ou no correo voluntariado@afaga.com

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS