16 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán instala parqué flotante en madeira no pavillon do CEIP Carlos Casares...

    Nigrán instala parqué flotante en madeira no pavillon do CEIP Carlos Casares aproveitando o parón escolar

    O Concello de Nigrán, tendo en conta a inactividade educativa ante a crise sanitaria do Covid-19, emprendeu esta semana a instalación de parqué flotante en madeira de fresno natura no pavillón do CEIP Carlos Casares. O investimento municipal, de 6.000 €, permitirá cubrir a totalidade de superficie (146 metros cadrados de formigón pulido) sobre a que previamente se porá unha manta de polietileno.

    O Concello de Nigrán cumpre así con unha demanda da comunidade educativa, uns traballos que xeralmente se pospoñen ao verán para non interferir coa actividade lectiva do alumnado. A obra a emprende o responsable dunha carpintería de Nigrán que traballa individualmente e sen interferencias con outras persoas e estará lista nesta mesma semana.

    “Estas dúas semanas sen actividade lectiva son o mellor momento para emprender este tipo de accións que usualmente se limitan ao verán ou Nadal aproveitando que están os centros baleiros, ademáis, son traballos que realizan persoas individualmente e que, polo tanto, non comprometen a súa saúde nin a dos demáis”, indica Juan González, alcalde de Nigrán.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.