12.4 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaAreeiro lanza un novo aviso sobre a bolboreta do buxo

    Areeiro lanza un novo aviso sobre a bolboreta do buxo

    O centro dependente da Deputación de Pontevedra recomenda revisar estas plantas e aplicar un tratamento se xa detectan as eirugas da bolboreta

    A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de emitir un novo aviso fitosanitario acerca da bolboreta do buxo e do mildio nas viñas. Deste xeito, a responsable dos avisos fitosanitarios, Rosa Pérez Otero, subliña que as pragas e enfermidades das plantas continúan a súa evolución e as condicións meteorolóxicas destes días, con altas temperaturas na provincia, están a favorecer a actividade dos vexetais e o avance das pragas.

    No caso da bolboreta do buxo (Cydalima perspectalis), Pérez indica que nalgunha das sebes da finca de Areeiro observouse que as eirugas estaban saíndo da hibernación e xa empezan a aparecer síntomas evidentes da súa alimentación.

    Cydalima // Foto: © Estación Fitopatolóxica do Areeiro / Deputación de Pontevedra. http://www.efa-dip.org

    Aínda que non é unha situación xeral e de feito algunhas sebes están vigorosas e con gromos perfectamente verdes, é conveniente que as persoas que teñan estes arbustos no seu xardín revisen moi atentamente as súas plantas e, se a situación é coincidente, retiren os gromos afectados e/ou apliquenun tratamento. A revisión debe incluír tamén a zona inferior das plantas porque nalgúns casos as eirugas se centran nesa zona. E os posibles tratamentos deben facerse como é habitual, a elevada presión e con minuciosidade.

    A EFA tamén verificou a maduración das primeiras oósporas de mildio en viñas da provincia, pero lembra que este fenómeno simplemente indica que o fungo está a iniciar a súa actividade, e que de momento non hai que realizar tratamentos.

    Pontevedra, 18 de marzo de 2020

    Saúdos

    Gabinete de Prensa

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.