21.6 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación axiliza aínda máis o pago e provedores para "axudar a...

    A Deputación axiliza aínda máis o pago e provedores para “axudar a garantir a liquidez empresarial”

    Carmela Silva: “Estamos a falar dun asunto moi sensible que afecta directamente á supervivencia do tecido produtivo da nosa provincia. Hai procedementos que poden agardar pero hai prioridades e entre elas está a máxima axilización dos períodos de pago”

    As xefaturas de tódolos servizos administrativos da Deputación de Pontevedra recibiron esta mañá unha instrución, para apurar ao máximo a tramitación do pago de tódalas obrigas con provedores e empresas. A medida ten por obxecto colaborar ata o límite do que permita a normativa económico-financeira na liquidez das empresas e autónomos que realizan obras, subministracións ou prestan servizos á Deputación, xa que a crise sanitaria está a transmitirse á economía e á sociedade a unha velocidade inusitada, afectando tanto á actividade produtiva como á demanda e ao benestar dos cidadáns.

    Ante a situación de emerxencia de saúde pública e pandemia internacional, o Goberno aprobou o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declarou o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. A contención da progresión da enfermidade supón limitacións temporais á libre circulación xunto coa redución da oferta laboral debido ás medidas de corentena e contención. Estas circunstancias tradúcense nunha perturbación conxunta de demanda e oferta para a economía española, que afectará as vendas das empresas, xerando tensións de liquidez que poderían derivar en problemas de solvencia e perda de empregos se non se adoptan medidas urxentes de estabilización.

    Unha das prioridades absolutas do equipo de goberno da Deputación de Pontevedra radica en protexer e dar soporte ao tecido produtivo e social para minimizar o impacto económico que esta crise sanitaria está a producir en toda a provincia. Mostra do anterior foi a Resolución Presidencial de medidas extraordinarias para a determinación da actividade presencial na Deputación de Pontevedra, na que o servizo de Intervención xa foi considerado como un dos servizos esenciais de presenza obrigatoria, co fin de que estes efectos negativos sexan transitorios e evitar, en última instancia, que se produza un impacto máis permanente ou estrutural en toda a economía.

    A instrución supón todo un reto, pois a Deputación de Pontevedra xa é unha das Administracións públicas que máis rápido realiza os seus pagos en toda España, segundo os indicadores do Ministerio de Hacienda. Os últimos datos publicados, correspondentes ao trimestre final de 2019, indican que o período de pago medio oscilou entre os 11 días, de outubro, os 7 días de novembro e os 9 días de decembro.

    A presidenta provincial, Carmela Silva, afirmou ser consciente do desafío que supón reducir aínda máis estes prazos, pero sinalou que “a Instrución era necesaria diante do escenario aberto tralo decreto de alarma, que supón un cambio no modelo de traballo de tódalas administracións”. A presidenta insistiu en que aínda que todo o persoal da Deputación está a cumprir escrupulosamente coas súas obrigas, era necesario unha instrución específica no relativo aos períodos de pago, “porque estamos a falar dun asunto moi sensible e que afecta directamente á supervivencia do tecido produtivo da nosa provincia”. “Hai procedementos, dixo, que poden agardar porque agora hai unhas prioridades moi concretas e entre elas, sen dúbida algunha, está a máxima axilización dos períodos de pago”.

    Finalmente, Silva insistiu en que tódalas persoas físicas ou xurídicas deben tamén esforzarse en presentar canto antes e correctamente as súas facturas e certificacións polos traballos executados, ao obxecto de que non sexa necesario reclamar documentación adicional e poder así apurar os trámites para que os pagamentos sexan librados coa rapidez desexable.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.