Sábado, 25 Xaneiro de 2025

A Mancomunidade do Baixo Miño adopta medidas de prevención ante o Covid-19

A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño ven de adoptar medidas de funcionamento con motivo do decreto do Estado de Alarma trala crise do COVID-19 mediante unha resolución da presidencia pola que se acordou, entre outras medidas, priorizar a atención telefónica e telemática nos Servizos de atención ao público e no caso de atención presencial se establecerán as quendas imprescindibles para garantir a prestación do servizo.

Estas medidas de carácter temporal afectarán a todo o persoal en función das necesidades de prestación dos servizos públicos, evitando, na medida do posible, as reunión de traballo e os desprazamentos a outras localidades, fomentando o uso da videoconferencia.

Doutra banda, as xuntas de goberno periódicas da MIBM quedan aprazadas, salvo aquelas que se convoquen debido á situación do estado de alarma. Todos os cursos e actividades formativas quedan aprazadas, valorándose a súa realización por medios telemáticos, cando así sexa posible.

Nesta resolución da presidencia da MIBM tamén se acordou a suspensión da convocatoria existente para a Selección dun Conductor, quedando en vigor os trámites previos á mesma, dando por rematados os prazos de presentación de instancias.

Por último, acordouse permitir a modalidade de traballo non presencial, previa autorización da presidencia da MIBM, sempre que sexa debidamente xustificada.