Luns, 14 Xullo de 2025

Revitaliza inicia o curso nos centros de ensino coas súas actividades didácticas adaptadas ao ‘momento COVID-19’

0

O Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra vén de iniciar oficialmente o seu curso nos centros de ensino da provincia coas actividades didácticas sobre compostaxe adaptadas ao ‘momento Covid-19’. Os obradoiros e charlas xa comenzaron a semana pasada no CEIP Atín Cela de Mos, e continuarán esta na EEI Curro, en Barro, e no CEIP Nosa Señora dos Remedios en Ponteareas.

As actividades dispoñibles poden consultarse na web revitaliza.depo.gal, e consisten fundamentalmente en propostas presenciais “atractivas” para o alumnado a pesares da pandemia. A grandes liñas mantense o proxecto educativo coas mesmas actividades do curso pasado, pero sendo o máis demostrativas posible e sen movementos e interaccións entre as e os participantes, dividindo os grupos noutros mais pequenos no caso de ser necesario, e ampliando o número de persoal de monitorado, cunha proposta o mais personalizada posible, tanto na duración, número de participantes, espazos a empregar e circunstancias de cada centro, sempre atendendo á normativa e protocolos de Sanidade e Ensino de cada momento.

Ata o de agora pasaron polas actividades lúdicas do Revitaliza realizadas a través do

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida) máis de 30.000 alumnos, que coñeceron a compostaxe e concienciáronse da necesidade de tratar os residuos de maneira ambientalmente sustentable.

A pesares do parón motivado pola suspensión de clases no pasado mes de marzo derivado da pandemia, o interese polo programa está claramente ‘in crescendo’, sendo solicitado incluso polos concellos para os seus obradoiros e campamentos de verán. Nestes momentos están recibíndose tamén bastante solicitudes por parte dos centros do ensino, aínda que con prudencia e nun ritmo menor a outros cursos.

[su_image_carousel source=”media: 24474,24473,24475″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Petición da rapazada ao Concello de Mos para entrar no Revitaliza

O primeiro centro en solicitar as actividades para este curso foi o CEIP Atín Cela de Mos, onde se desenvolveu unha charla a pasada semana para o alumnado dos cursos de 5º e 6º de Primaria. Tanto o centro como as rapazas e rapaces amosaron moito interese pola compostaxe, tendo feito xa o ano pasado xa outros obradoiros de iniciación. Entón, o persoal técnico do CEIDA ensinou os principios básicos da compostaxe e, dado que o colexio ten comedor, comezaron a facer compost xerando bastante volumen. De feito, a día de hoxe, teñen varios composteiros, algúns deles de compostaxe estándar e outros de vermicompostaxe con miñocas vermellas.

Nas actividades iniciadas este ano, o alumnado perfeccionou os datos de como se debe facer a selección de lixo, a xestión dos residuos, a compostaxe e coñeceu máis datos do Revitaliza. A xornada, ademais, tivo unha parte práctica na que se comprobou como se aproveita o compost unha vez se retira da parte baixa do composteiro e é peneirado. “Tedes un compost de calidade fantástica”, animounos o técnico do Revitaliza.

A actividade foi moi distendida e a rapazada lembrou a súa grande implicación, xa que o ano pasado pedira formalmente ao Concello de Mos (que non forma parte dos Concellos Revitaliza) que se adherira ao plan provincial co obxectivo de que toda a veciñanza poida compostar o lixo dos seus domicilios.

Xa esta semana, o persoal do Revitaliza irá aos concellos de Barro, á EEI Curro, onde traballará co alumnado de Infantil coa actividade ‘Os bichocos e a composteca’, e a Ponteareas, onde estará no CEIP Nosa Señora dos Remedios, coa rapazada de 5º e 6º de Primaria, para poñer en marcha un composteiro e aprender teoría da compostaxe.

A Xunta formaliza a adxudicación de tres parcelas na Plisán á conserveira Hijos de Carlos Albo

A Xunta de Galicia, a empresa Hijos de Carlos Albo, a Autoridade Portuaria de Vigo e o Consorcio da Zona Franca asinaron esta mañá as escrituras polas que se formaliza a adxudicación de tres parcelas na Plataforma Loxístico Empresarial de Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan) á firma conserveira.

A empresa conserveira Hijos de Carlos Albo resultou adxudicataria de tres parcelas na Plisan cunha superficie total de 62.979,54 metros cadrados como resultado da poxa pública convocada polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) o ano pasado. A adxudicación realizouse en dereito de superficie, unha modalidade que permite ás empresas acceder ao solo pagando cada ano una pequena cantidade, o que lles facilita financiar a súa instalación e o inicio da actividade nas mellores condicións posibles.

En concreto, supón o pago dun canon anual do 1,5 % do prezo da parcela durante os dous primeiros anos, do 2,5 % do prezo nos anos terceiro e cuarto e do 3,5 % do prezo a partir do quinto ano. O dereito de superficie concédese por un prazo de 30 anos e ao finalizar este período, as entidades promotoras da Plisan, mediante acordo unánime e previa petición do adxudicatario, poderán conceder ata un máximo de tres prórrogas sucesivas, cunha duración de 10 anos cada unha, de maneira que o dereito de superficie poderá estenderse ata un máximo de 60 anos.

Posteriormente, os adxudicatarios poderán adquirir a propiedade da parcela se o desexan. Para estes efectos, o prezo de venda será durante os cinco primeiros anos, o prezo de remate polo que se lle adxudicou o dereito de superficie; e nos anos seguintes, o importe sobre o que se estea calculando o canon no momento no que se comunique ás entidades promotoras a vontade de exercer o dereito de adquisición da parcela.

Se a adquisición se realizase durante os 10 primeiros anos de vixencia do dereito de superficie, descontarase do prezo de venda o 40% das cantidades satisfeitas ata ese momento en concepto de canon.

Dúas parcelas máis adxudicadas

Ademais das parcelas asignadas a Albo, na Plisan tamén se adxudicaron outras dúas parcelas, de maneira que a superficie total adxudicada se aproxima aos 69.000 metros cadrados. En todos os casos, o solo foi adxudicado en réxime de dereito de superficie.

Cómpre lembrar que na Plisan xa están rematadas as obras de urbanización da primeira fase dos sistemas xerais, a primeira fase da zona LE (Loxístico empresarial), así como a estación depuradora de augas residuais (EDAR) –recibida recentemente polo IGVS–.

Así mesmo, antes de finais deste ano está previsto tamén que rematen as obras de construción da estación de tratamento de auga potable (ETAP).

O Concello do Porriño convoca unha concentración para demandar o proxecto pendente de reforma da travesía da Vaquería

O Goberno municipal do Porriño e a veciñanza da Vaquería acordaron, de xeito conxunto, convocar unha concentración de protesta, o vindeiro xoves ás 12 horas, para demandar á Xunta de Galicia o proxecto pendente de reforma da travesía da estrada PO-510 ao seu paso por este barrio de Budiño.

O acordo de pasar ás mobilizacións adoptouse trala reunión que o primeiro tenente de alcalde, Pedro Pereira, mantivo cos veciños e veciñas hai poucos días e logo de solicitar, varias veces e sen resultado, unha entrevista co director da Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta de Galicia.

Cómpre lembrar que este departamento da administración autonómica comprometeuse hai meses a redactar o proxecto da Variante da Vaquería, unha obra que ten unha indubidable importancia non só para a mellora da seguridade viaria nese treito, senón tamén pola súa influencia na rede viaria do Porriño en relación co tráfico cara a outros concellos limítrofes e coa Autovía A-55.

Cerveira pecha servizos municipais non esenciais e cancela todos os eventos ata final de ano

O Concello de Vila Nova de Cerveira, incluído na lista de 121 municipios portugueses con confinamento particial para contención da Covid-19, vén de anunciar que a partir do mércores 4 de novembro, adoptará unha serie de medidas entre as que se atopa o peche de servizos municipais non esenciais e suspensión de eventos, polo menos, ata final de ano. Fernando Nogueira apela “ao maior civismo posible no cumprimento destas regras esenciais nun período máis crítico da pandemia”.

Tras a marcha atrás na prohibición de feiras e mercados, deixando a decisión a cargo de cada concello, Vila Nova de Cerveira decidiu manter a súa realización, con regras de control e hixienización estritas. Segundo o rexedor cerveirense, o Goberno, ante a presión pola decisión de prohibir as feiras e mercados “delegou esa responsabilidade nos concellos e, nós imos asumir a realización da feira semanal” ainda que adianta “farase con todas as regras, normas e orientacións ditadas polas autoridades competentes e que xa foron aplicacadas con anterioridade”.

Así o recinto estará pechado, haberá reforzo da GNR e obrigatoriedade máscara e hixienización. Fernando Nogueira subliña que “van ser dadas as garantías de seguranza posibles a feirantes e ás persoas”, insiste en que “toca a cada un de nós ter consciencia civica, pois non hai ningunha medida que garanta a efetividade de control da pandemia. Cada persoa ten o dereito de se protexer e o deber e obriga de protexer aos outros”.

Doutra parte e tendo como prioridade o interese municipal e de saúde pública, o peche temporal dos equipamentos municipais, a partir deste mércores, aplícase ao Aquamuseu do Río Miño, ao Arquivo Municipal, Biblioteca Municipal e Tenda Interativa de Turismo, manténdose a atención telefónica durante o horario normal de funcionamento. No que atinxe aos servizos do Arquivo Municipal, manterán a atención presencial polo sistema de cita previa para consulta de procesos administrativos aí existentes.

Entre as medidas anunciadas polo Primeiro ministro o pasado sábado, tras o Consello de Ministros, “está aínda o deber cívico de retirada obrigatoria; os eventos e as celebracións limitados a 5 persoas, salvo no caso de persoas convivintes; os establecementos comerciais deben pechar ás 22:00 horas, con excepción de farmacias, consultas e clínicas, funerárias, take- away, estacións de servizo e de alquiler de vehículos. a restauración terá que pechar, obrigatoriamente, ás 22:30 horas cun límite de 6 persoas, salvo se son convivintes.

O Concello de Tomiño bonificará o 50% dos impostos aos coches eléctricos e híbridos

0

O Concello de Tomiño aprobou no pleno extraordinario celebrado no día de onte o establecemento dunha bonificación para os vehículos que sexan máis respectuosos co medio ambiente, contando co voto a favor de todas as forzas con representación na corporación municipal. Segundo a rexedora local, Sandra González, “a medida pretende representar un paso máis no cumplimento do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostibles (PACES)” ao que o Concello está adherido, un proxecto que procura establecer estratexias de mitigación do cambio climático que aseguren un futuro sostible para o municipio.

Deste xeito, os vehículos que conten co distintivo ambiental de “cero emisións”, nos que se atopan os vehículos eléctricos de batería (BEV), eléctricos de autonomía estendida (REEV), eléctricos híbridos enchufables (PHEV) cunha autonomía de 40 km ou os vehículos de pila de combustible, gozarán dunha bonificación do 50% na cota do imposto durante un tempo indefinido a partir do ano seguinte ao da primeira matriculación.

Por outra parte, aqueles que conten co distintivo ambiental “eco”, entre os que se atopan os vehículos eléctricos enchufables con autonomía inferior a 40km, híbridos non enchufables (HEV) ou vehículos propulsados por gas natural e gas (GNC e GNL) ou gas licuado do petróleo (GLP), obterán un 50% de bonificación durante os 5 anos naturais posteriores ao de primeira matriculación.

Tamén está contemplada unha bonificación do 100% para os vehículos históricos ou aqueles que teñan unha antigüidade mínima de 25 anos, contados a partir da data da súa fabricación. No caso de non coñecerse a data, tomaríase como referencia a da súa primeira matriculación ou, en última instancia, a data na que o correspondente modelo se deixou de fabricar.

As persoas interesadas nestas bonificacións deberán solicitalas mediante unha instancia dirixida ao órgano competente, achegando tamén o permiso de circulación e a ficha técnica do vehículo que acredite a súa inclusión nalgún dos supostos mencionados.

Os núcleos rurais de Arbo gañan novas infraestructuras gracias ao investimento de 400.000 euros co Plan Concellos da Deputación

0

Os núcleos rurais de Paravedra, O Prividal-Meixoeiro e O Urzal-A Cividá dispoñen de novos servizos gracias a un investimento de case 400.000 euros realizado pola Deputación de Pontevedra, en colaboración co Concello de Arbo, a través do Plan Concellos para o financiamento dos municipios de menos de 50.000 habitantes. O deputado de Cooperación, Santos Héctor, e o alcalde, Horacio Gil, comprobaron hoxe os bos resultados das catro obras realizadas e as melloras que supoñen para a veciñanza dos tres núcleos.

No lugar de Paravedra ensanchouse unha pista de acceso que só contaba con 2 metros de anchura e pavimento de terra, en O Prividal-Meixoeiro fíxose unha gran obra de ampliación do vial de comunicación dobrando a súa sección dende os 3 metros anteriores aos 6 metros. Finalmente, en O Urzal-A Cividá, construíuse unha nova rede de saneamento e, na actualidade, estase a ampliar a angosta pista de O Urzal aos 4,5 metros de ancho. As catro actuacións foron financiadas integramente pola Deputación con cargo ás anualidades dos Plans Concellos de 2018, 2019 e 2020.

Santos Héctor felicitou ao alcalde e a toda a Corporación por ter elixido e impulsado estas catro actuacións “porque, como puiden ver hoxe, os obxectivos do Plan Concellos están perfectamente cumpridos”. Destacou que son obras “exemplares porque dan resposta á mobilidade da xente que vive no rural e evidencian o respecto polo medio ambiente”. O deputado destacou que asentar poboación no rural significa facer este tipo de obras para que a veciñanza poida dispoñer duns accesos dignos, polos que tamén poida circular un vehículo de emerxencias. “Volve quedar demostrado que o Plan Concellos é unha ferramenta importantísima para afrontar accións de envergadura en concellos pequenos; concellos que, cos seus propios orzamentos, terían moi difícil realizalas”.

O alcalde, Horacio Gil agradeceu a visita do deputado e destacou que as obras foron pensadas para dotar aos núcleos rurais dos servizos dos que carecían. “Estamos a recibir uns recursos importantes e hai que agradecer que a Deputación que contribúa a que estas infraestruturas  poidan executarse”. Na súa intervención desexou que se continúe “nesta boa liña de colaboración entre a Deputación e os concellos pequenos” para mellorar a calidade de vida da veciñanza”. “Quero agradecer á presidenta da Deputación a posta a disposición destes fondos para atender as necesidades de concellos pequenos e rurais, como é o de Arbo”, rematou.

No ensanche da pista de acceso a Paravedra (Mourentán) investíronse 70.545,21 euros nun tramo de preto de 250 metros, para o que foi preciso construír 5 muros de mampostería e instalar rede de drenaxe para evitar enchoupamentos. O pavimento foi executado cunha capa de formigón raiado de 12 centímetros de espesor. Por outra banda, o acceso que une O Prividal e O Meixoeiro (Mourentán) contou con 170.144€ de investimento para dotar á estreita vía dunha sección tipo de 5 metros, máis 1 metro de cuneta formigonada. A obra, de case un quilómetro de lonxitude, tivo a complexidade da necesidade dun gran desmonte e a realización de 724 metros de muros de contención. Ademais, repúxose un tubo de  rego, a rede de abastecemento de auga a 10 vivendas e acometida de saneamento. O pavimento quedou acabado en asfalto en quente. A maiores colocouse unha bionda de protección na zona máis perigosa do trazado.

O saneamento en O Urzal e A Cividá (Sela) tivo un custo de 62.718,50 euros. Recolle as augas residuais dunhas vivendas que estaban vertendo irregularmente nas proximidades do río Miño, nunha franxa situada entre a estrada autonómica PO-400 e a vía férrea. Ademais desta nova rede, ampliouse a sección dos camiños a catro metros gracias á cesión de varias fincas xestionadas dende o Concello. O novo pavimento está acabado en formigón. Tamén no Urzal está a executarse nestes intres unha segunda fase co ensanche deste camiño nun tramo de 200 metros, gracias a outros 90.978,94 euros achegados dende o Plan Concellos.

O concello de Arbo contou cun investimento total de 4.834.244 euros da Deputación de Pontevedra dende o ano 2015. Neste tempo, executou 34 obras, financiou 14 actividades socioculturais (ademais de pagos a provedores) e contratou a 73 traballadoras/es. Todo elo con cargo ao Plan Concellos. Ademais recibiu investimentos con cargo aos distintos programas e efectuáronse obras de mellora nas estradas provinciais, como a EP5003 A Cañiza-Arbo.

Comezan os obradoiros educación en valores co apoio de cans de terapia en centros docentes do Porriño

A actividade, nomeada “Valores que deixan pegada”, é promovida pola Concellería de Educación e a OMIX do Concello do Porriño. O obradoiro comezará hoxe martes o seu desenvolvemento polos diversos centros docentes da vila ata o 12 de novembro.

Esta actividade dirixise ao alumnado de educación infantil e primaria, cunha previsión de 400 nenos e nenas participantes entre os seguintes centros escolares: CEIP  Antonio Palacios, CEIP Atios, CEIP Cruz Budiño, CEIP Mosende, CEIP Ribeira, CEIP Xosé Fernández López, CPR Hermanos Quiroga e CPR Santo Tomás.

O obxectivo xeral desta actividade é trasladar os beneficios que achegan os animais a contornos escolares, coa finalidade de traballar de forma transversal a educación en valores e a posesión responsable de mascotas, con obradoiros específicos orientados a este fin.

O Rosal reducirá a taxa do lixo aos negocios que pecharon durante o estado de alarma

0

O Concello do Rosal celebrou este martes 3 de novembro un pleno extraordinario urxente para modificar a ordenanza municipal que regula as taxas de recollida do lixo co obxectivo de reducir nun 25% o pago da cota a aqueles autónomos, negocios e empresas que se viron obrigados a pechar e parar a súa actividade ao longo do ano 2020 como consecuencia da declaración do estado de alarma por mor da pandemia da Covid-19. “Fomos quen de, en momentos extraordinarios como os que estamos a vivir,  tomar tamén medidas extraordinarias para apoiar aos rosaleiros e rosaleiras dentro do ámbito competencial do propio Concello”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís. 

Con esta medida dende o Concello trátase de achegar o seu gran de area ao comercio local e ao tecido empresarial do Rosal, eximíndoos dunha parte do pago desta taxa de carácter anual ao entender que durante o peche pola pandemia non desfrutaron do servizo de recollida de lixo e doutros complementarios.

As persoas autónomas, negocios ou empresas interesados nesta redución da taxa deberán tramitala presentando a solicitude acompañada dunha declaración responsable de terse producido a suspensión de actividade a causa da crise sanitaria e da documentación oficial da que dispoña para acreditar esta circunstancia.

Esta bonificación foi posible levala a cabo despois da modificación necesaria por parte da ORAL, o órgano da Deputación de Pontevedra encargado de colaborar nos concellos na xestión, inspección e recadación de tributos locais.

Hoxe martes rexístranse en Galicia 9.376 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.376 deles 1.603 son da área da Coruña, 963 da de Lugo, 1.272 da de Ourense, 1.082 da de Pontevedra, 2.126 da área de Vigo, 1.348 da de Santiago, e 982 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 79 están en UCI, 466 en unidades de hospitalización e 8.831 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 28.095 persoas curadas, rexistrándose 944 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 706.326.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Casos, os propios centros e as xefaturas territoriais.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven  reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.

O CAAN da Deputación bate o seu récord anual de adopcións a dous meses de que finalice 2020

Coa saída de “Noa”, “Tula”, “Toba”, “Morito” e “Coba”, o Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra vén de superar o seu récord anual de adopcións acadado o pasado 2019, cando aínda faltan dous meses para que remate este ano. Cun total de 467 cans e cadelas que atoparon un fogar nestes dez meses, a cifra deste 2020 cobra aínda maior relevo pola situación da pandemia, que obrigou a suspender estes procesos entre marzo e maio co estado de alarma.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, subliñou que este magnífico balance do CAAN, que supón unha media de 1,5 animais adoptados cada día, anima á institución provincial “a seguir traballando polo benestar destes cans e cadelas que temos no centro, co obxectivo último de procurarlles un fogar en condicións”. e Carmela Silva destacou o éxito que están a ter as campañas para a adopción, de feito xa son  máis de 2.400 as adopcións acadadas desde 2015, e confía en que ao remate deste 2020 se poderá superar o obxectivo marcado pola institución de 500 animais adoptados, a pesar dos meses de parón pola Covid-19.

Máis polo miúdo, desta cifra total de 467 adopcións, 454 formalizáronse en España e 13 en Portugal. Das primeiras, 417 corresponden a fogares galegos, mentres que o resto dos animais viaxaron a Castela León (18), Asturias (5), Cataluña (4), Madrid (3), País Vasco (3) e Andalucía (3). En Galicia a maior parte das adopcións, foron na provincia de Pontevedra, cun total de 337, seguidas por Lugo (55), A Coruña (23) e Ourense (2). E dentro da provincia, a cidade de Pontevedra ten o maior número de adopcións (37); seguida de Vigo (32), Meis (24), A Estrada e Sanxenxo (ambos concellos con 20), Cambados (18) e Marín e Vilagarcía (14).

[su_image_carousel source=”media: 24429,24428,24427″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

Entre estas adopcións hai que destacar aos tres animais que máis tempo levaban no CAAN, “Apro”, que pasou seis anos no centro, e “Coqui” e “Nikita”, que estiveron catro. No primeiro caso, “Apro”  entrou no CAAN en xullo do 2014 sendo un cachorro de só tres meses e fora recollido polo persoal do centro abandonado en Barcela, no concello de Arbo. Agora chámase “Bico” e vive cunha nova familia en Madrid. A testemuña de veterano do centro a recolleu entón “Coqui”, que fora recollido no 2016 en Silleda con tan só tres meses, pero este ano tamén puido deixar as instalacións da Armenteira tras ser adoptado por unha familia en Marbella. Amais, neste pasado mes de outubro marchouse a Granada “Nikita”, tamén nacida no 2016 e que levaba toda a súa vida no CAAN, xa que chegou con tan só un mes de idade xunto a outros seis membros dunha mesma camada abandonados en Lalín. Ela fora a única supervivente.

Na actualidade, a veterana do CAAN é “Marce”, que leva os seus tres anos de vida no centro. Esta cadela entrou con dous meses de idade en abril do 2017 xunto ao seu irmán “Teodoro”, despois de que ambos foran abandonados en Lalín, pero este último fora adoptado tan só un mes despois. Xunto a ela esperan adopción nestes momentos no centro outros 230 animais.

Recollidas: baixan os abandonos

Estas magníficas cifras de adopcións teñen o seu contrapunto nas recollidas que leva desde xaneiro o CAAN, cun total de 988, tamén a pesar de que durante o estado de alarma restrinxírase o servizo aos casos de necesidade. Non obstante, hai que sinalar que a cifra segue a reflectir a tendencia á baixa no número de recollidas dos últimos anos, que foron descendendo das 1.788 no 2018 ás 1.332 o pasado 2019. Amais, preto da metade dos 988 animais que levamos no que vai de ano puideron ser devoltos ás persoas propietarias, 284 deles no mesmo lugar onde se produciu o aviso da súa aparición e 188 os recolleron nas propias instalacións do CAAN.

O CAAN da Deputación presta servizo a 50 concellos da provincia, despois das adhesións neste 2020 de Ponteareas e O Porriño. Hai que lembrar que as adopcións no centro son gratuítas e o persoal sempre asesora ás persoas interesadas sobre o can ou cadela que pode adaptarse mellor ás súas necesidades. Tanto para visitar o centro como para formalizar as adopcións hai que solicitar cita previa no teléfono 986 140 360. Os animais saen do centro vacinados, con chip, desparasitados e esterilizados.

O Concello de Nigrán inicia unha campaña de recollida de xoguetes para repartir no Nadal entre as familias en situación de vulnerabilidade

0

O Concello de Nigrán inicia ata o 18 de decembro a campaña ‘Agasallos de Corazón’, destinada á recollida de xoguetes para repartir entre usuarios dos Servizos Sociais do municipio e tamén para promover o Roupeiro Municipal (tanto para doazóns como para recoller prendas). O obxectivo é que o Nadal non signifique para as familias en risco de exclusión social de Nigrán un agravamento da súa condición, polo que o Concello levará adiante máis iniciativas solidarias (como unha recollida de alimentos non perecedoiros en decembro nos colexios que desexen participar).

“Lamentablemente, a crise sanitaria conleva unha crise económica que está a minar a economía de moitas familias debido ao peche de negocios ou ERTES, polo que sabemos que de aquí ao Nadal o número de usuarios dos Servizos Sociais aumentará, así que, máis que nunca, debemos promover a solidariedade entre a veciñanza”, subliña o alcalde, Juan González. 

Deste xeito, ata o 18 de decembro recollerase na Oficina de Información Cidadá da Casa do Concello (planta baixa, de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas) todo tipo de xoguetes coa condición indispensable de que se atopen en bo estado e debidamente hixienizados. “O que non nos gustaría que lle regalasen aos nosos fillos tampouco sirve para os demais nenos, sexamos conscientes diso. Teñen que ser xoguetes novos ou seminovos, en perfecto estado; en todas as casas con cativos sempre hai cousas que case non chegaron a usar ou que se conservaron intactas, iso é o que buscamos para darlle unha segunda vida entre quen non poden facer o esforzo económico de mercarlos”, incide o alcalde. Todos serán debidamente empaquetados e preparados no Concello para entregar entre as familias en risco de exclusión social (atendendo á idade de cadanseu neno e os seus gustos).

Paralelamente, o Concello promove tamén nesta campaña o Roupeiro Municipal, ben para realizar doazóns ou ben para recoller prendas de cara a realizar agasallos (dispóns desde infantil a adulto en todas as tallas, incluído zapatos, e mesmo roupa de cama). Calquera persoa pode doar pero tamén recoller, trátase dunha entrega directa, xa que este banco municipal ten paralelamente o obxectivo de contrubuír á sostibilidade medioambiental dándolle unha segunda vida á roupa. Localízase na rúa Paradellas (ao carón do IES Val Miñor), é xestionado por voluntarias, e abre mércores e xoves de 10:00 a 12:30 horas e venres de 16:30 a 18:00 horas (este día mediante cita previa no 986383081). “O obxectivo do Roupeiro non é acumular e almacenar, se non distribuír entre quen o precisa, calquera persoa pode acudir a el, mesmo se quere prendas para agasallar no Nadal, por iso é importante manter o nivel actual de doazóns”, incide González.

Finalmente, o Concello desenvolverá en decembro unha campaña de recollida de alimentos non perecedoiros entre os colexios que desexen participar. “Sabemos que este Nadal non se van a celebrar eventos deportivos ou actividades culturais, que era onde aproveitábamos para pedir doazóns deste tipo, así que pensamos en realizar a recollida entre o alumnado de Nigrán. Desde o Conncello faremos compras extraordinarias pero non podemos deixar de promover a solidariedade entre os nosos propios veciños”, finaliza o rexedor.

Os Orzamentos Xerais do Estado prevén 11,7 millóns para ampliar a depuradora de Ponteareas e rematar coa contaminación do Tea

O goberno municipal de Ponteareas, formado polo BNG e PSdG-PSOE, avaliou onte o proxecto de orzamentos presentado polo Goberno do Estado para o seu debate e aprobación no Congresos dos Deputados. Tanto o alcalde, Xosé Represas, coma a segunda tenente de alcalde, Chus Garrote, salientaron como dato moi positivo a previsión no orzamento de 11,7 millóns de euros para acometer a ampliación da estación depuradora de augas residuais da Moscadeira. “Trátase dun investimento extraordinario que permitirá dar solución a un dos problemas históricos máis graves de Ponteareas, a contaminación do río Tea”, explicou o Alcalde.

Pola contra, o goberno local considera inaceptábel a ausencia de partidas para a circunvalación e a mellora da seguridade na N-120. Por iso, Represas e Garrote emprenderán de inmediato diferentes accións para que os orzamentos, durante o trámite parlamentario, recollan as cantidades nas que o propio Estado cifrou esas dúas actuacións: 7,5 millóns de euros para a circunvalación e aproximadamente 4 millóns de euros para executar a mellora da seguridade na N-120.

A intención de Represas e Garrote é reunirse de inmediato con representantes do goberno do Estado para que “rectifiquen ese erro” de maneira que no trámite parlamentario se incorporen esas dúas partidas aos orzamentos. “É unha cuestión innegociábel para Ponteareas xa que se trata dunha débeda histórica coa localidade, o

actual goberno do Estado deu a súa palabra e agora debe cumprir con cifras nos orzamentos” advirten desde o Goberno municipal.

Represas e Garrote lembraron que “hai consenso absoluto entre todas as forzas políticas de Ponteareas sobre a necesidade de recoller esas cantidades no orzamento do Estado. Como a súa aprobación depende dos grupos políticos no Congreso, estamos convencidos de que finalmente esas partidas figurarán no presuposto cando este se aprobe. Aínda hai tempo para conseguilo e para iso é fundamental a unidade política”.

Neste sentido, Represas e Garrote apelaron a facer unha fronte común para que os orzamentos contemplen esas cantidades e pediron a todos os grupos políticos que a través das correspondentes enmendas apoien eses investimentos cruciais para Ponteareas.

No lado positivo, o goberno local destaca que trala realización do proxecto de ampliación da depuradora de Ponteareas, os orzamentos recollen agora 11,7 millóns de euros para executar a obra.

Segundo Represas e Garrote, esta previsión no orzamento revela que durante estes cinco anos o goberno municipal traballou con seriedade para resolver un problema arrastrado desde hai 25 anos e que as denuncias culpando ao actual executivo local da contaminación do Tea eran inxustas. “Nós herdamos o problema e nós estamos dándolle solución con feitos”, sinala o Alcalde Xosé Represas. “Resolver a ampliación da depuradora será ademais determinante para poder ampliar o saneamento nas parroquias que carecen del” engadíu Garrote.

Milladoiro, no Teatro Municipal de Tui o 13 de novembro

0

Coa capacidade do Teatro Municipal reducida a 60 butacas –en cumprimento da normativa establecida co nivel 2 en Galicia o pasado xoves, 22 de outubro–, e cun estrito protocolo de prevención da covid-19 a programación cultural ‘Volvemos ao teatro’ deste mes de novembro oferta un total de 6 espectáculos.

Aos anunciados previamente súmanse o concerto do grupo Milladoiro e unha proxección de cinema. O eventos anticipan o horario de realización, sendo ás 19.30 h para público adulto e ás 18.30 h para público familiar, adaptándose así as novas restricións de mobilidade a partir das 23 h.

A primeira das citas será este venres, 6 de novembro, ás 19.30 h con Teatro do Atlántico e a traxicomedia ‘Dúas donas que bailan’. Este sábado, 7 de novembro, ás 18.30 h a cita é para público familiar con Pérez&Fernández e a obra ‘Aguratrat’.

O venres, 13 de novembro, ás 19.30 h dentro da xira do seu 40 aniversario chegará a Tui o grupo Milladoiro. Será un concerto gratuíto previa reserva coa mesma limitación de 60 butacas.

Música e danza serán as propostas da fin de semana do 20 e 21 de novembro con Avento Produccións e ‘Ummm, unha comedia musical…’ e Pink Unicorns e o espectáculo ‘La Macana’.

A programación de novembro pecharase o venres 27 de novembro coa proxección de cinema ‘Arima’ dirixida por Jaione Camborda, nunha sesión gratuíta previa reserva.

As entradas para todos os espectáculos están dispoñibles en tui.gal dende o luns da semana en que teñen lugar até o día da función unha hora antes do comezo ou até esgotar localidades. No despacho de billetes poderán mercarse dende unha hora antes da función.

A xestión de biomasa e a creación de faixas de protección, claves do Plan Municipal de Prevención de Incendios do Rosal

0

Os técnicos do equipo redactor do plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Rosal debullaron os pormenores deste documento nunha reunión mantida a semana pasada na que participaron a alcaldesa, varios concelleiros, a técnica forestal municipal e representantes das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común de O Rosal, As Eiras, San Xoán de Tabagón e San Miguel de Tabagón. “Concello e comunidades de montes mantemos unha relación de reciprocidade nun tema tan importante como é o dos lumes. Por iso colaboramos man a man para recompilar toda a información necesaria e contar coa opinión das entidades máis acostumadas a traballar na xestión dos montes”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

O plan, que tivo un custe de 6.500 euros subvencionados ao abeiro do Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra, ten por obxectivo planificar o territorio segundo o grao de perigo que supón a súa situación actual, marcando as actuacións necesarias a desenvolver e pivotará sobre a xestión da biomasa e a creación de faixas exteriores para planificar o territorio segundo o grao de perigo que supón a súa situación actual, marcando as actuacións necesarias a desenvolver.

Aínda que o municipio rosaleiro ten un índice baixo de incendios, cunha media de 4,7 ao ano e 5,2 hectáreas afectadas segundo os datos da Consellería de Medio Rural, os lumes forestais constitúen unha das maiores ameazas ao sector forestal galego, un dos piares básicos da creación e mantemento de emprego no rural. Neste sentido, o plan é o documento que contén as accións necesarias para a prevención e defensa dos incendios tras unha análise da situación actual e establecendo unha zonificación do territorio como marco das directrices de actuación.

A través deste plan defínese a rede de faixas secundarias de xestión de biomasa formadas por un conxunto de parcelas lineais do territorio estratexicamente localizadas, especialmente aquelas declaradas de alto risco, e a creación e mantemento de faixas exteriores de protección de zonas poboadas.

Xunto a estas accións, contémplase tamén a eliminación total ou parcial da biomasa forestal mediante técnicas silvícolas axeitadas para garantir o control, reducir o risco de incendio e protexer a seguridade da veciñanza.

A Cátedra Feminismos 4.0 estrea a súa propia web enmarcada no compromiso coa igualdade a Deputación e da Universidade de Vigo

“Se hai algo que é realmente universal é a igualdade, non hai outro valor máis fundamental”. Con estas palabras, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, a deputada de Igualdade, Victoria Alonso e a directora da área de Igualdade da Uvigo, Águeda González, presentou hoxe a nova web da Cátedra Feminismos 4.0, www.catedrafeminismos.gal “un espazo moi importante que permitirá vertebrar todos os proxectos desenvoltos ao redor desta iniciativa”.

Carmela Silva e o reitor Manuel Reigosa coincidiron en que “a igualdade é máis que unha bandeira, é unha obriga e un compromiso”. A presidenta provincial lembrou que a cátedra de feminismos, posta en marcha coa Uvigo fai un ano, “é unha iniciativa pioneira que nos sitúa aínda máis como referencia a nivel nacional no ámbito de investigación e innovación”. En canto á web, destacou que “é unha carta de presentación pero ao mesmo tempo un lugar de onde atopar todo tipo de información tanto vinculada á Cátedra como ao coñecemento, á investigación e innovación e á análise feminista”. Amais, subliñou que “vai haber información moi relevante de estudos de xénero porque o feminismo é un proxecto de transformación baseado en análises rigorosas”. Na presentación, Silva tamén puxo en valor a “o traballo excepcional” da Universidade de Vigo e a súa capacidade para transformar, “é un referente en todos os seus posicionamentos en relación á presencia das mulleres e na loita porque ocupemos a metade dos espazos”. Ao respecto, a presidenta amosou a súa preocupación porque o número de matriculadas nas carreiras STEM sexa cada vez menor, “a ciencia e a tecnoloxía son claves no mundo actual e van ser prioritarias no corto, medio e longo prazo”.

Pola súa banda, o reitor da Universidade de Vigo sinalou que a web “é unha ferramenta moi axeitada” e incidiu na “necesidade de estar presentes na rede e combater o machismo rancio que nos leva a épocas moi pasadas”. Amais, Manuel Reigosa agradeceu á Deputación pola súa axuda e fixo fincapé no compromiso da Universidade pola igualdade, “é a nosa obriga”. Doutra banda, Águeda González tamén agradeceu “o apoio fundamental da institución provincial nesta aventura para impulsar unha nova cultura dixital feminista” e animou a todas e todos a consultar a web e participar “neste novo espazo común”.

A web da Cátedra é un espazo virtual para comunicar toda a actividade do proxecto, difundir publicacións de interese, informar sobre convocatorias e enlazar a organizacións que traballen nesta área. Máis polo miúdo, as usuarias e usuarios poderán encontrar nela toda a información e noticias sobre a Cátedra (seminarios, avisos sobre bolsas de investigación, axenda de actividades, etc) e tamén vídeos propios, como é o caso do Workshop 2019 da Cátedra. Amais, tamén se enlaza con diferentes entidades investigadoras neste ámbito como é MediaLab en Vigo, Donestech en Barcelona, GenderlT.org (en Sudáfrica, América Latina e India), Fundación Activismo Feminista Digital (Argentina), distintas universidades norteamericanas, e outras institucións. As persoas interesadas tamén poderán subscribirse ao boletín de novidades, que se enviará cada quince días.

A presidenta provincial lembrou que no pasado mes de xullo a Deputación renovou o convenio coa Universidade de Vigo e xa están en marcha novas actividades coma os premios GirlGeekCovid e novas axudas á investigación con perspectiva de xénero. Amais, recordou que se creará un comité de sabias e se organizará un workshop virtual que dará continuidade ao que se celebrou o ano pasado “Sociedade dixital e xénero: hackeando o patriarcado”.

O alcalde de Cerveira denuncia o peche da sucursal do Santander Totta na vila e “privilexiará” as dúas entidades que manteñen as súas oficinas

O presidente da Câmara municipal de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira, vén de denunciar o peche da sucursal do Santander Totta no municipio, logo de que no mes de setembro, cando se deran os primeiros rumores sobre o cese de actividade da oficina da entidade bancaria e nunha reunión solicitada coa administración do banco por parte do propio Nogueira, esta lle garantira que, naquel momento, “non existía motivo de preocupación”.

Durante o encontro, Fernando Nogueira presentou argumentos claros que sustentaban o mantenemento da sucursal en Vila Nova de Cerveira. O municipio é o décimo terceiro máis exportador da Rexión Norte –entre un total de 86 municipios– e o segundo do Alto Minho cun volume de exportacións de 700 millóns de euros no 2019 e tendo iniciado o 2020 con valores de exportación moito máis significativos de 174,5 millóns de euros, sendo os primeiros no distrito.

Conta ademáis co segundo mellor rendemento per capita do distrito e rexistrou o maior crecemento demográfico dos 10 concellos do distrito cunha variación porcentual positiva entre o 2018 e 2019. Estes argumentos polo que parece, sinala Fernando Nogueira, “non foron suficientes para que a administración do Santander Totta reconsiderase esta decisión unilateral” unha medida, engade, “que para un lego, pode ser tomada como unha mala xestión”

Pese as manifestacións realizadas ao rexedor local en setembro, o certo é que o Banco Santander Totta está a anunciar o peche da súa sucursal en Vila Nova de Cerveira para o 20 de novembro, a través do envío de notificacións aos seus clientes.

Nogueira ante este peche “agora anunciado e irreversible” adianta que a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira aplicará o mesmo procedemento adoptado cando o Millennium-BCP pechou a súa oficina que é “cesar todas as relacións comerciais ata aquí establecidas, privilexiando as dúas institucións bancarias que manteñen sucursales físicas no concello”

Infelizmente, na sua óptica –explica o alcalde de Vila Nova de Cerveira– “as institucións bancarias están a proceder a optimizacións de recursos e pechar sucursais polo pais” pero, engade, “non se pode esquecer a realidade específica dos territorios e as necesidades das persoas máis emprendedoras, sen posibilidade de efectuar as súas transaccións via internet ou trasladarse debido ao peso no orzamento familiar”.

Asegura “saber perfectamente” Fernando Nogueira que las instituciones bancarias son entidades privadas y que no prestan servicio público, “pero entendemos –engade o rexedor local– que aínda así deben perseguer obxectivos sociais”.

“A realidade é que cando as cousas van mal, o Partido Socialista intervén para salvar os bancos das malas decisións que van tomando, aparecendo co saco cheo de euros e inxectando moitos millóns que son dos contribuíntes, e por tanto, de todos nós”, sentencia Nogueira.

“Esperamos que os Cerveirenses estean atentos a esta realidade e tomen as decisións máis acertadas na defensa dos seus intereses”, conclúe.

O Concello de Ponteareas entregou os premios dos Xogos Florais 2020!

A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, que dirixe o nacionalista Fernando Groba Bouza, convocou a V edición do certame de poesía Xogos Florais no mes de marzo con intención de facer a entrega de premios o día 17 de maio no marco das actividades conmemorativas do Día das Letras Galegas 2020. No entanto, o confinamento e o estado de alarma obrigaron a ampliar o prazo de presentación e a anular todas as actividades que o Departamento de Cultura tiña planificadas.

Agora, aproveitando a nova convocatoria do plenario que a Real Academia Galega comunicou para homenaxear a figura de Ricardo Carvalho Calero -que coincidiu co 110 aniversario do seu nacemento- e o fallo dos membros que conformaron o xurado do concurso, a concellería entregou os galardóns nun acto que se caracterizou por ser moi discreto, sen público, ao aire libre e coa distancia social necesaria.

“Aproveitamos que a Academia tiña a convocatoria para hoxe para facer, en Ponteareas, o acto de entrega dos premios do certame de poesía Xogos Florais. Tiñamos pensado facer algo máis grande, unha gala acompañada por outras actividades culturais, porén o novo marco social e as últimas restricións sanitarias non nos deixaron moita marxe de actuación”, indica Fernando Groba. “Agora ben, como o ano está a piques de rematar e a chegada dun novo confinamento semella inminente, decidimos -dentro das directrices que marcan as autoridades sanitarias- darlles os galardóns a quen os gañou, comunicalos a través dos medios de comunicación e divulgalos por medio das redes sociais da concellería e do concello. É unha forma moito máis humilde e discreta de homenaxear as nosas escritoras e escritores, no entanto, necesaria e segura”, aclara.

As persoas vencedoras desta edición foron: na categoría infantil, Marina Darriba Barbosa -co poema titulado “Azul”-, Arón Pregal Pérez -con “O can”- e Lucas Días Gómez -con“O Condado Paradanta”; na categoría xuvenil, as persoas galardoadas foron Elia González García -polo seu poema “O meu mundo”, Jennifer Abal da Silva -con “Dunha nena orfa”- e Melisa López Muñoz -con “O vacío”. E, na categoría adulto, Rosa María Novoa Vázquez -con “Primavera Punk”, Ana Belén Fernández Melón -con “Blasfemias”- e Dina Carpente -con “Inimigo invisible”-.

O xurado, que o conformaron o filólogo, profesor, dramaturgo e escritor polifacético Roi Vidal Ponte, a avogada e escritora Isabel Blanco e o filólogo, profesor e concelleiro de Cultura Fernando Groba, valorou “a calidade poética e lingüística dos textos así como a súa orixinalidade e capacidade de evocación”.

Galicia rexistra un total de 9.292 freando mínimamente a subida da semana anterior

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.292 deles 1.575 son da área da Coruña, 983 da de Lugo, 1.299 da de Ourense, 1.049 da de Pontevedra, 2.072 da área de Vigo, 1.360 da de Santiago, e 954 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 77 están en UCI, 446 en unidades de hospitalización e 8.769 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 27.752 persoas curadas, rexistrándose 923 falecementos. O número de PCR realizadas é de 700.353.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

A sombra dun novo confinamento déixase mirar xa no horizonte

A escalada da Covid-19 en Galicia, reflexo do que acontece en todo o Estado, fai que a sombra dun novo confinamento déixese xa mirar no horizonte. De feito, o Goberno da nación está a traballar no borrador dun novo estado de alarma –que se podería facer público esta vindeira fin de semana– xa que o actualmente en vigor no contempla a posibilidade do confinamento domiciliario.

A vista dos acontecementos, os toques de queda, os peches perimetrais e demais medidas que se están a adoptar, non son quen de frear esta segunda onda da pandemia da que din os expertos en sanidade que “non somos capaces de mirar o seu final” e que deixa nesta pasada fin de semana 379 falecidos e 55.019 novos contaxios en todo o estado.

O borrador de decreto no que traballa o Goberno da nación tería, en todo caso, notables diferencias co do estado de alarma do mes de marzo e non sería tan duro e estrito como o de Francia que vén de confinar á totalidade da poboación. Trataríase dunha medida que algúns cualifican de “a la carta” pero que ten a súa razón de ser: a incidencia da covid en España é desigual e, polo tanto, non tería moito sentido tratar por igual a comunidades, provincias ou cidades na que a incidencia e baixa ou moi baixa, e aquelas nas que non só e alta, senón que segue medrando sen control.

Outro punto diferencial coas medidas adoptadas en marzo sería a ausencia do chamado “mando único” e serían neste caso as comunidades autónomas, como mellores coñecedoras da realidade do seu territorio, as que terán a responsabilidade sobre o confinamento domiciliario un peche perimetral de áreas urbanas. Asi mesmo, tomando como base o toque de queda decretado polo Goberno do estado, terán a facultade de adiantalo ou establecer novas restricións á libre circulación. É dicir, búscase a adopción de medidas adaptadas á situación real e peculiaridades de cada territorio en lugar de adoptar unha xeneralizada que, en algunhas zonas, carecería de argumentos sostibles para a súa aplicación.

Os centros escolares serían outro dos puntos que marcarían a diferencia co confinamento do mes de marzo, ao igual que a actividade comercial e industrial. No caso do ensino, os colexios poderían seguir abertos dada que a incidencia dentro desas instalacións segue a considerarse como baixa e, curiosamente, o alumnado máis novo, é o que máis caso fai as recomendacións sanitarias de seguridade.

A posibilidade dun confinamento a contempla tamén a Xunta, de aí que hoxe mesmo presentase un “Plan de Ensino Virtual ante a covid-19” co que se pretende dotar ao alumnado e profesorado dos medios necesarios para que, en caso dun novo confinamento, alumnos e alumnas poidan seguir o curso con “normalidade” se que iso é posible nestes tempos.

Dándose por sentado que as empresas seguirían a funcionar baixo estritas medidas se seguridade, quedaría por ver como se trataría a sectores como o comercio ou a hostalería que foron os grandes prexudicados do confinamento de marzo. De feito, o sector hostaleiro sinte xa a actual situación. Por poñer un exemplo puntual, temos o caso da anulación das “ceas de empresa” para as que, no pasado ano, estábanse reservando lugares no mes de outubro e que este ano non se poderán realizar.

Os números non menten, Galicia situábase hoxe en máis de 9.200 casos activos por coronavirus segundo os datos facilitados polo SERGAS o que traducido, significa que na comunidade autónoma temos a día de hoxe un 218 % máis de casos que a día 1 de outubro.

Tamén é certo que a dispersión da poboación no rural, que foi considerada sempre como un freo para o desenvolvemento, xoga agora a favor da veciñanza. De aí que o que se busca cos peches perimetrais das grandes urbes, é que aquelas persoas que durante a semana traballan nas cidades e na fin de semana “van á aldea” non podan facelo evitando dese xeito expandir a covid aos núcleos rurais nos que os seus habitantes, maiormente, teñen unha idade máis avanzada e polo tanto son poboación de risco ante posibles contaxios.

Esa dispersión de poboación e a que, por outra banda, orixina un mapa diverso á hora de valorar a incidencia da covid. Zonas escasos números de persoas infectadas, contrastan con outras, como á área sanitaria de Vigo, que segue a tinguir os seus municipios de vermello, de aí que a delegación do mando único nas comunidades autónomas, permita adoptar medidas específicas para cada situación.

Do que non cabe dúbida é que, como auguraban os expertos da OMS (Organización Mundial da Saúde) a segunda onda da pandemia é moito máis grave que a primeira que críamos ter superada. A responsabilidade cidadá segue sendo unha ferramenta indispensable para poder evitar a súa propagación pero, a falta desa conciencia solidaria en algunhas persoas, será preciso tomar medidas que axuden a atopar unha saída.

Javier Losada salienta o “alto grao de cumprimento das normas sanitarias” con apenas un 1,5 % de propostas de sanción na fin de semana

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, subliñou hoxe o alto cumprimento das normas sanitarias na Comunidade, con apenas un 1,5% de propostas de sanción desde o venres. Fíxoo tras a reunión do Centro de Coordinación galego, no que participan os mandos policiais e de Protección Civil.

“Avaliamos a fin de semana. Non houbo incidentes reseñables. Quero destacar a actitude de traballo, de colaboración e de responsabilidade que demostraron as forzas e corpos de seguridade do Estado”, manifestou Javier Losada.

O balance mostra que a Garda Civil ha controlado unhas 27.000 persoas e vehículos, a Policía Nacional ha superado os 10.000 e a Policía Autonómica ha rozado as 2.000. Entre estas case 39.000 persoas e vehículos controlados, houbo 585 propostas de sanción, o que supón un 1,5 % do total.

Javier Losada explicou que estes datos mostran un alto “cumprimento das normas” e pediu “colaboración e cooperación” á cidadanía para continuar coa tendencia actual.

Ao Centro de Coordinación galego acudiron, ademais do delegado do Goberno, o xeneral da XV Zona da Garda Civil, Luís Francisco Rodríguez; o xefe superior de Policía de Galicia, José Luis Balseiro; o comisario da Policía Autonómica, Jorge Rubal; a responsable de Protección Civil en Galicia, María Dolores Gómez; a vicesecretaria xeral da Delegación do Goberno, Eva Vázquez; e a xefa do gabinete técnico do delegado, María Rivas.

Tomiño eximirá do pago da cota do lixo aos negocios que pecharan durante a pandemia

0

O Concello de Tomiño convocou un pleno extraordinario este luns para modificar a ordenanza municipal reguladora das taxas pola recollida do lixo coa finalidade de eximir do pago do primeiro semestre do vindeiro ano a aqueles negocios e empresas que tiveran que fechar este ano por motivos derivados da pandemia da Covid-19.

Ademais da exención do pago da taxa aos comercios e empresas afectados pola pandemia, a ordenanza recolle tamén exencións e reducións para outros supostos. Os contribuíntes beneficiarios da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) ou perceptores de Axudas de Emerxencia Social (AES) terán unha exención do 100% da cota tributaria.

Tamén se contempla unha redución na cota base do 50% na tarifa da vivenda a aqueles fogares que, non reunindo as condicións establecidas no anterior caso, teñan unha renda familiar inferior ó SMI (Salario Mínimo Interprofesional) vixente, nos que exista algún membro en situación de dependencia de grado dous ou tres, ou discapacidade a partir do 65%, familias numerosas e familias monoparentais con fillos en idade de escolarización obrigatoria con renda familiar inferior a 1,3 veces ó SMI.

As solicitudes de redución ou exención da cota deberán ser presentadas xunto coa documentación pertinente antes de finalizar o presente ano, e producirán efectos para o exercicio de 2021. No caso dos negocios afectados pola pandemia, esta deberá ir acompañada tamén por unha unha Declaración Responsable acompañada de documentación oficial que acredite a suspensión da actividade, presentada no primeiro trimestre do exercicio.

A aprobación desta bonificación para os comercios contou co apoio de todas as forzas políticas do pleno municipal. A alcaldesa, Sandra González, mostrouse satisfeita ante a aprobación da medida. “Desde os primeiros meses da pandemia asumimos cos comerciantes o compromiso de realizar esta bonificación. Logo de máis de dous meses traballando co ORAL para buscar como solucionar isto, demos coa fórmula que permitirá condonar as taxas do primeiro semestre do ano que vén”, declarou a rexedora.

Xeralización do sistema de compostaxe

No pleno extraordinario convocado este luns tamén se tratou a regularización da compostaxe.

En previsión da obrigatoriedade determinada pola Unión Europea para todos os estados membros de compostar en orixe ou recoller separadamente os biorresiduos antes do 31 de decembro de 2023, o Concello de Tomiño decidiu adherirse á Fase II do Plan Revitaliza, que procura converter o modelo voluntario de compostaxe nun modelo xeralizado que leve o novo sistema de tratamento de residuos orgánicos ao 100% do territorio municipal.

A universalización e consolidación deste sistema torna xa inservibleo sistema de bonificacións que procuraba introducir a compostaxe no municipio, cando era de xeito voluntario. Agora mesmo o concello é quen facilita os composteiros, formación para a compostaxe e mesmo a visita de mestres composteiros a domicilio, nunha aposta para que o concello cumpla as condicións impostas pola Unión Europea.

Os motivos desta supresión son, polo tanto, unha consecuencia lóxica ante a xeralización do novo sistema de xestión dos biorresiduos, cuxa implementación tivo uns custes asociados superiores aos 500.000 euros, e cuxo mantemento suporía un desaxuste orzamentario que comprometería a saúde económica do Concello.

Brais Vázquez, Martiño Rama e Alba Campos gañan o Ai mamasiña que medo!

O Concello de Ponteareas premia os tres mellores relatos de medo polo Samaín na IV edición do concurso Ai amasiña que medo! Este certame, que convoca e organiza a Concellaría de Cultura, pretende fomentar a escritura imaxinativa entre alumnado dos diferentes centros de ensino primario do municipio e manter unha das datas máis salientábeis da cultura popular galega.

O primeiro premio foi para o relato “O gato da mala sorte”, de Brais Vázquez da Silva; o segundo, para “Nunca volverá”, de Martiño Rama Hombreiro; e o terceiro, para “Ai mamasiña que medo”, de Alba Campos Rodríguez. O xurado, que estivo composto por Manrique Fernández (xornalista e escritor), por Pilar Alonso (poeta) e Fernando Groba (concelleiro de Cultura e filólogo), salientou “a alta participación e a calidade dos textos que se presentaron”. Subliñou tamén que “valoramos, sobre todo, a capacidade daqueles textos que fomentan o medo mais sen a necesidade de seren sanguinarios”. Os textos gañadores publicaranse na páxina de facebook da Concellaría de Cultura de Ponteareas (https://www.facebook.com/visitponteareas/).

“Agradecémoslles, enormemente, a todas as persoas que participaron os seus fantásticos traballos, ao persoal dos centros de ensino de Ponteareas que animaron e incentivaron o seu alumnado a se presentaren e ás familias por funcionaren de motor de transmisión interxeracional tanto das nosas tradicións como da nosa lingua” comenta o concelleiro nacionalista.

[su_image_carousel source=”media: 24373,24374,24375″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

COGAMI dedica o mes de novembro a menores con discapacidade durante a campaña 12 Chaves da Inclusión

COGAMI, a través da campaña lanzada este ano 12 Chaves da Inclusión polo seu trinta aniversario, dedica o mes de novembro para reclamar dereitos para as nenas, nenos e adolescentes con discapacidade.

En Galicia hai 7.245 menores con discapacidade con idades comprendidas entre os 0 e os 15 anos, segundo datos da Xunta de Galicia, tendo o 10% destes mobilidade reducida. No conxunto do Estado español non existen datos estatísticos globais que informen sobre a situación da infancia con discapacidade, provocando unha invisibilidade destes períodos e impedindo a súa avaliación para poder mellorar os aspectos que o precisen.

“As nenas e nenos con discapacidade viven moitas situacións discriminatorias que vulneran os seus dereitos fundamentais motivadas pola invisibilidade, pola escaseza de apoios que colaboran na súa autonomía persoal e escolarización, e tamén a causa dunha sobreprotección familiar”, expresa o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga.

Unha destas situacións discriminatorias preséntanse nos parques infantís, espazos socializadores, de xogo e diversión que, aínda que na actualidade son cada vez máis os concellos que toman conciencia de facelos inclusivos, aínda hai moitos máis que lles impiden o xogo a nenas e nenos con discapacidade. 

Con respecto á etapa escolar, as e os menores con discapacidade atopan máis dificultades no exercicio do seu dereito ao estudo que engloban dende os desprazamento ata os centros educativos, falta de accesibilidade nas instalacións, escaseza de monitores e profesores de apoio e de axudas técnicas. Todas estas limitacións ocasionan que o alumnado con discapacidade teña máis dificultade para finalizar a súa etapa educativa que o que non ten discapacidade.

“Temos que traballar para que as políticas educativas sexan máis inclusivas, para que conten con máis recursos e con máis apoios para aquelas nenas e nenos que os necesiten. Temos que apoiar tanto ao alumnado para que remate a educación básica e tamén para aquel que desexe acceder a niveis superiores”, apunta Anxo Queiruga.

COGAMI en colaboración con COCEMFE (Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica) desenvolve dende 2016 un proxecto educativo inclusivo que pretende promover a escola inclusiva e a igualdade de oportunidades do alumnado con discapacidade, contando con máis de 1.000 persoas formadas entre escolares, profesorado e familias.

Todos estes chanzos que existen na preparación supoñen máis trabas de cara á inclusión da mocidade con discapacidade que conta con taxas superiores de desemprego ás persoas que non a teñen e, no caso de poder inserirse no mercado laboral, adoita sen en postos de baixa cualificación.

Campaña 12 Chaves da Inclusión: o movemento asociativo

COGAMI continúa coa campaña 12 Chaves da Inclusión na que fala de dereitos e que neste mes de novembro dedica á infancia e xuventude, etapas tan importantes para o desenvolvemento dunha persoa e que, no caso das que teñen discapacidade, experimentan unha discriminación que se contempla dende a escaseza de apoios para a súa autonomía persoal como para a escolarización.

Co fin de conmemorar os trinta anos de traxectoria, a través das 12 Chaves da Inclusión COGAMI quere sensibilizar sobre os dereitos básicos e fundamentais de todas as persoas coa difusión de 12 pezas audiovisuais que se difunden en redes sociais co hashtag #30AniversarioCOGAMI. Cada peza refírese a un dereito: a primeira foi educación inclusiva; febreiro centrouse na autonomía persoal; marzo nos dereitos das mulleres e nenas con discapacidade; abril na saúde; maio no emprego; xuño á economía social; xullo á accesibilidade; agosto ao voluntariado e setembro turismo, lecer e deporte e outubro ao movemento asociativo. Tras dedicar este mes de novembro á infancia e xuventude, decembro estará dedicado aos dereitos.

Eva García convoca á Comisión de Seguimento do Covid-19

A alcaldesa asinou este mediodía a convocatoria da Comisión Municipal de Seguimento da Evolución do Covid que terá lugar mañá martes 3 de novembro, ás 13 horas. Forman a devandita comisión a alcaldesa e os cinco concelleiros do goberno local; os voceiros de PP, EU SON e UDDL, o Inspector Xefe da Policía Local, o responsable da Agrupación de Protección Civil e o secretario municipal.

Será unha sesión telemática que abordará o análise e debate da situación actual do Porriño que leva máis de oito días de xeito consecutivos en máximo nivel de contaxios ou alerta vermella.

Eva García demandou hoxe datos á Consellería de Sanidade que lle informou que no Porriño, ata o sábado 31 de outubro había 61 contaxios activos. Restan por coñecerse os datos de onte domingo que non se lle facilitaron aínda.

A reunión que mañá manterá a Comisión Municipal de Seguimento adquire maior importancia porque se celebrará despois de coñecer a avaliación e as medidas que a Consellería de Sanidade poida adoptar, unha vez escoitado o comité científico que ten convocado previamente.

En declaracións efectuadas esta mañá, a alcaldesa porriñesa lamentou unha vez máis “a falla de permeabilidade na comunicación que a Xunta realiza porque adoece de máis cortesía institucional”. “Botamos en falla maior detalle na información solicitada o que nos permitiría aos concellos poder colaborar dun xeito máis eficaz nos diversos eidos posibles, xa sexa en tarefas de desinfección, control da mobilidade ou velar por que se cumpran os illamentos domiciliarios dos contaxiados”, manifestou Eva García.

A Concellería de Medio Ambiente informa do cambio puntual no día de recollida de cartón dos comercios nesta semana

A Concellaría de Medio Ambiente informa que, durante a xornada do martes día 3 de novembro, non se prestarán os servizos de recollida de cartón aos comerciantes. Aínda así, o mércores na quenda da mañá, farase unha recollida especial polo casco urbano.

Recórdaselles aos comerciantes que se realiza un servizo especial de recollida de cartón para evitar colapsar os colectores azuis de recollida selectiva de papel/cartón, que son para uso doméstico.

Este servizo consiste permite que os comerciantes depositen o cartón que desbota do seu negocio no horario establecido: martes e venres entre as 18:00 e as 20:00, sempre ao lado dos colectores azuis. No caso dos comerciantes do centro urbano, poderán deixar o cartón nos puntos que figuran no plano

O Concello de Gondomar pon en marcha unha campaña de Nadal de apoio ao comercio local

0

Baixo o lema “No Nadal, merca en Gondomar”, o goberno de Gondomar quere incentivar e poñer en marcha unha campaña de apoio e promoción do comercio do municipio co fin de potenciar as compras nel durante as datas do Nadal e así promover o desenvolvemento económico deste sector que, como outros, viuse seriamente afectado pola situación que está a vivir o país con motivo da pandemia.

“Non queremos deixar a ninguén atrás e é un traballo de todos, administracións e veciños, contribuír a que os nosos establecementos sigan vivos e como referente da nosa economía local”, manifesta o alcalde, Paco Ferreira, quen lembra as vantaxes que o pequeno comercio implica fronte a outras grandes superficies como é a “atención máis personalizada e adecuada ás necesidades de cada cidadán, garantindo a maior calidade e confianza”.

Desenvolverase entre os días 4 de dicembre e 7 de xaneiro do 2021, e nela poderán participar todos os comercios e negocios con establecemento físico en Gondomar. Os interesados en participar deberán inscribirse entre os días 1 e 9 de novembro, presentando a súa solicitude (dispoñible na páxina www.concellodegondomar.gal) no rexistro municipal ou a través da Sede electrónica.

“No Nadal, merca en Gondomar” potenciará indubidablemente o consumo en Gondomar. Os clientes que acudan aos establecementos participantes por cada compra superior a 20 euros recibiran no mesmo momento un “ ticket-rasca” que pode resultar premiado con 1, 3, 5 ou 10 euros e que deberán trocar no mesmo establecemento onde lles foi entregado, entre o 15 de xaneiro e o 28 de febreiro de 2021, ”desta maneira a campaña non será só en período de nadal, senón que se alongase e incentivará o consumo local mais de tres meses”, concluíu o alcalde.

A Xunta presenta o ‘Plan de ensino virtual ante a Covid-19’ como folla de ruta para blindar a calidade da educación en Galicia

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou hoxe en rolda de prensa o Plan de ensino virtual ante a covid-19, unha folla de ruta para blindar os valores que sistema educativo galego, como son a calidade e a equidade. O plan recolle un conxunto de actuacións elaboradas en base a criterios pedagóxicos, didácticos e metodolóxicos que permitirá continuar coa formación do alumnado nos casos nos que sexa preciso pasar ao escenario de educación non presencial por hipotéticos confinamentos. O obxectivo é que esta circunstancia ”incida o mínimo posible no normal desenvolvemento da actividade lectiva”, afirmou.

A este respecto, o responsable do departamento educativo da Xunta explicou que como Administración, a Xunta de Galicia “ten un mandato claro: que esta crise sanitaria non interrompa nin interfira no dereito do alumnado a recibir un ensino de calidade e equidade”, polo que a finalidade desta iniciativa é dar unha resposta áxil e axeitada no caso de peches ou corentenas de aulas, garantindo que unha situación deste tipo non afecte á calidade e equidade do ensino.

“Ante un escenario de pandemia que pode prolongarse no tempo, as familias deben saber que, no caso de que os seus fillos deban quedar na casa nalgún momento por confinamentos de maior ou menos duración, van contar cun plan de ensino virtual, completo, con horarios definidos, clases e tarefas organizadas, que se suma ás medidas xa en marcha”, expuxo o conselleiro de Educación. Como sinalou, trátase de estar preparados “para o caso hipotético non desexable de confinamento, que agardemos non sexa preciso, aínda que de selo hai que telo previsto”.

Tal e como explicou Román Rodríguez, deséñase un sistema regrado e estable de docencia virtual que ofreza ao alumnado unhas rutinas similares ás do ensino presencial, coa realización de tarefas e a avaliación do progreso do estudante, ao tempo que se mantén a interacción entre alumno e profesor.  Estas pautas aplicaranse de terceiro de Primaria en diante. Nos niveis anteriores poderán empregarse opcionalmente as aulas virtuais, se ben debido á súa idade os expertos recomendan centrar o ensino noutras actividades como tarefas ou deberes, explicou o conselleiro.

O Plan de ensino virtual ante a covid-19 estrutúrase arredor de cinco liñas de actuación: o funcionamento en horario espello (similar ao do ensino presencial empregando ferramentas de comunicación e aulas virtuais), as instrucións no caso de peche ou confinamento, a distribución de medios informáticos en función das necesidades para o seguimento da actividade lectiva, a avaliación e control do alumnado e a realización de accións formativas para o  ensino a distancia.

Carga lectiva e tempos de descanso

Para desenvolver o horario espello cada centro elaborará un horario para a docencia a distancia similar ao do ensino presencial. Deste xeito, no caso de ter que pasar ao escenario de ensino virtual, poderíase seguir un esquema de seguimento das materias moi similar ao das clases presenciais.

Esta programación respectará a carga lectiva de cada materia e distribuirase de tal forma que un mínimo do 60% se centre na docencia virtual e o 40% se destine á realización de tarefas e actividades por parte do alumnado. Así mesmo, respectaranse os tempos de descanso dos estudantes.

Os centros deberán elaborar nos vindeiros días este horario, que será remitido á Inspección Educativa para a súa supervisión e autorización definitiva e posterior posta a disposición do alumnado e familias.

Comunicación coas familias

O plan establece o protocolo a seguir no caso de que se decrete o peche ou confinamento do alumnado, segundo o cal o mesmo día do peche a dirección deberá enviar unha comunicación a través de aplicación abalarMóbil e publicar unha nova na web do centro.

Así mesmo, habilitaranse de inmediato na aula virtual do centro os recursos e actividades iniciais e trasladarase orientación ás familias. A partir dese momento, o alumnado e profesorado conectarase á aula virtual e á plataforma de videoconferencias para seguir as clases segundo o estipulado no horario espello.

Titorías e relación de actividades

A Xunta de Galicia defende a cultura do esforzo como parte fundamental do éxito do sistema educativo e dos seus resultados en informes como o PISA. Por iso o Plan de ensino virtual ante a covid-19 contempla un sistema de avaliación do traballo realizado, que incluirá unha sesión de titoría para os alumnos e para as familias. Do mesmo xeito, atenderase especialmente ao alumnado con necesidades educativas especiais, dotándoo dos medios e recursos organizativos e didácticos necesarios.

Así mesmo, a través da xefatura de estudos, requirirá ao final de cada semana unha relación das actividades realizadas polo profesorado no horario establecido.

Por outra banda, a modalidade de ensino virtual garantirá tamén o control de asistencia dos alumnos, a través da supervisión de asistencia por parte do profesorado polas canles habituais.

Formación e información

A situación de ensino completamente virtual, inédita ata o momento, esixe a formación e información da comunidade educativa. Neste sentido, o Plan presentado hoxe contempla a realización de accións de información e formación nesta materia por parte da dirección do centro. A maiores, pódese consultar co asesor Abalar de cada centro ou do Centro de Formación e Recursos.

O conselleiro explicou que nos últimos meses se puxeron en marcha accións de formación dirixidas ao profesorado sobre novas tecnoloxías e ensino mixto. As actividades continúan, con 900 cursos para o profesorado neste eido en marcha neste momento. Entre o último trimestre do curso pasado e o que vai deste formáronse 26.000 profesores.

Cobertura inmediata

O plan recolle, así mesmo, pautas para o reparto dos dispositivos electrónicos que a Xunta de Galicia pon a disposición do alumnado máis vulnerable. Unha vez atendidas as necesidades iniciais, as direccións dos centros trasladarán con carácter de urxencia á Inspección Educativa as necesidades de equipos, indicando a prioridade de cada unha delas. A Inspección trasladará á Amtega estas necesidades para a súa cobertura inmediata. Os dispositivos serán entregados no centro educativo, que os repartirá ás familias coa maior celeridade.

A Deputación destina preto de 100.000 euros en axudas a 24 asociacións para a posta en marcha de actividades de carácter turístico

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión das subvencións, en concorrencia competitiva, que permitirán a entidades de 14 concellos desenvolver actividades de carácter turístico na provincia de Pontevedra. Estas axudas, ás que este ano a institución destina 95.000 euros, teñen como obxectivo colaborar co fomento do turismo e a profesionalización do sector, así como promover a realización de accións con repercusión turística provincial.

Son un total de 24 as asociacións beneficiadas radicadas en Vigo, Cangas, Cambados, Baiona, Bueu, A Estrada, A Guarda, Lalín, Mos, Pontevedra, Redondela, Tui, O Rosal e Santiago. As actividades que desenvolverán inclúen, entre outras propostas, proxectos para a difusión do patrimonio inmaterial da provincia, de turismo náutico, actividades de formación e de enogastronomía e tamén actividades deportivas e culturais para a promoción turística.

Máis polo miúdo, en Vigo recibirán estas axudas a Asociación Sociocultural e Deportiva Sinerxías 360; a Asociación Empresarial Industriais e Comerciantes Zona das Travesas (Aetravi); Asociación Ría de Vigo de Entidades Náuticas; o Club Montañeiros Celtas; a Federación de Empresarios de Hostelería; a Fundación Ceo de Ciencia e Cultura; a Fundación para a Pesca e o Marisqueo; o colectivo Idílicamente; o Prado Surf Clube e a entidade The Wild.

No que se refire a Cangas, recibirán estas achegas a Asociación Cultural Lembranzas da Ría e a Asociación para a Promoción Turística do Morrazo, mentres que en Pontevedra beneficiarase da axuda a Asociación para o Desenvolvemento Educativo e Cultural. As outras entidades beneficiadas son a Asociación Xuventudes Musicais Eixo Atlántico (Tui); o Monte Real Club de Yates (Baiona); a Asociación Cultural Cinematográfica de Galicia Fic Bueu deste concello; a Asociación Ruta do Viño Rías Baixas (Cambados); Asociación de Turismo Rural Mar de Compostela (A Estrada); Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro (A Guarda); Asociación Amigos do Museo Casa do Patrón (Lalín); Asociación de Veciños Santa Baya (Mos); Asociación Cultural de Mulleres e Homes do Mar de Cesantes (Redondela); a Asociación Agrupación Musical do Rosal e a Asociación de Clubs Náuticos de Galicia (Asnauga) que, aínda que ten a súa sede en Santiago, desenvolverá a Travesía Náutica Xacobea de peregrinación pola ruta sur desde Baiona.

O programa de formación Expertclick de Tui, adíase para os días 23, 24 e 26 de novembro

0

Adíase até o 23, 24 e 26 de novembro o programa de formación Expertclick que a próxima semana estaba previsto impartir en Tui. Vai dirixido a persoas maiores de 55 anos que a través desta formación en liña poderán aprender o uso de apps coma Whatsapp, cómo realizar videochamadas, facer tramitacións electrónica co seu banco , pedir unha cita para o seu médico por internet, ou empregar as redes sociais. Ao tempo adquirirán os coñecementos para navegar con seguridade e confianza na rede

Este programa chega a Tui froito da colaboración entre o Concello de Tui e Fundación Cibervoluntarios.

A formación realizarase o 23, 24 e 26 de novembro ás 10 h, cunha duración de hora e media cada xornada. Para participar é preciso ter ordenador e conexión a internet, pero para aquelas persoas que non conten este material o concello habilitará, no Centro Municipal de Formación en Guillarei, un aula con 7 ordenadores que se cubrirán por orde de solicitude.

Para impartir o curso é preciso ter un grupo mínimo de 12 persoas e máximo de 15. No caso de non cubrir as prazas poderán ser modificadas as datas nas que se vai impartir.

As persoas maiores de 55 anos interesas en participar nesta formación de Expertclick deben enviar un correo electrónico a [email protected], indicando o seu nome e apelidos, teléfono de contacto na mensaxe “Inscrición curso expertclick”. Este enderezo de correo será empregado para as comunicacións relacionadas co curso.

A lontra ‘Mizi’, mascota do Festival Infantil da Eurocidade Cerveira-Tomiño

0

Aproximadamente 2.000 estudantes de todos os centros educativos dos concellos irmandados de Vila Nova de Cerveira e Tomiño, desde educación infantil ata secundaria, aceptaron o reto da Eurocidade de elixir a mascota para o Festival Infantil Transfronteirizo ‘Aventura na Terra da Amizade’. ‘Mizi’, unha lontra de río típica da zona, foi a proposta gañadora.

O proceso organizado pola Eurocidade Cerveira-Tomiño comezou, hai xa uns meses, cunha invitación dirixida a 13 deseñadores de Galicia e do Norte de Portugal para crear modelos de mascotas que, logo da avaliación do xurado designado, se reduciu a tres propostas finalistas: ‘Mizi’, ‘Pinhas’ e ‘Minius’.

Grazas á estreita colaboración das direccións dos centros educativos e do profesorado de cada clase, todo o alumnado de ambos concellos fronteirizos participou libremente na elección do seu deseño favorito, nunha experiencia de cidadanía activa. Despois de contabilizar os aproximadamente 2.000 votos, ‘Mizi’ foi a proposta máis votada cun 48,60 %, seguida de ‘Pinhas’ cun 32,80 % e ‘Minius’ cun 18,60 %.

Nunha combinación das palabras ‘amizade’ e ‘Minho’, ‘Mizi’ está inspirado nun animal típico da zona como a lontra de río, un peculiar mamífero con graciosos movementos que habita entre a auga e a terra. Para o verán de 2021, a 2a edición do Festival Infantil Transfronteirizo Aventura na Terra da Amizade contará xa coa presenza desta mascota que terá diversas aplicacións.

Coa 1ª edición celebrada o 31 de agosto de 2019, a Aventura na Terra da amizade é un evento promovido no ámbito da Eurocidade Cerveira Tomiño, co obxectivo de reunir ás familias nunha convivencia transfronteiriza nun ambiente natural, con xogos, espectáculos e animación do imaxinario dos máis pequenos. Ademais de convivencia e animación, o festival tamén ten unha forte compoñente de sensibilización ambiental.

O Pleno da Deputación reclama á Xunta unha partida específica nos orzamentos para os gastos extra dos concellos coa COVID19

A Deputación ponse ao lado dos concellos da provincia reclamando, a través dun acordo plenario alcanzado esta mañá, que a Xunta lles compense os gastos realizados por mor da pandemia de covid19 e polo exercicio das competencias impropias, unha “factura” que se vai incrementando ano tras ano e que se disparou coa crise sanitaria. O acordo plenario, que foi apoiado polos grupos do PSdeG-PSOE e BNG e rexeitado polo PP, reclama a creación dunha partida específica nos Orzamentos Autonómicos de 2021, ou ben co incremento do Fondo de Compensación Local básico por un importe equivalente.

O Pleno provincial considera que a situación ten chegado a un punto insostible “cos concellos cada vez máis afogados por atender os servizos que corresponden á administración autonómica”, e reclama un proceso negociador co municipalismo galego, a través da FEGAMP, para alcanzar o necesario Pacto Local en materia de competencias e o seu financiamento. Trátase de garantir recursos aos entes locais para costear aqueles servizos que, sendo de titularidade autonómica, se entenda que deben ser exercidas por delegación polos concellos.

O deputado Carlos Font afirmou que son “tempos de cogobernanza”, polo que “é inasumible” que os concellos sigan cargando con custos desproporcionados e que non lle corresponden. “A Xunta non pode simplemente usar aos concellos para o que lle interesa, trasladándolle responsabilidades sobre servizos autonómicos sen transferir un só euro”. Font insistiu en que hai que poñer freo a unha práctica cada vez máis frecuente do Goberno Feijoo que “mesmo é lexislativa, aprobando normas “ad hoc” para traspasar responsabilidades ao ámbito municipal”. “Esta moción”, dixo, “non é unha simple reclamación dos partidos de Goberno na Deputación, é un clamor de todos/as os/as alcaldes/as da provincia, de sentido común e sen cores políticas”.

Font lembrou que a Unión Europea dedicará 140.000 millóns de euros ao Goberno de España, que a súa vez está a transferir miles de millóns de euros ás comunidades autónomas, entre elas Galicia, e a Xunta, máis alá da propaganda oficial, só transfire responsabilidades aos concellos, pero non recursos. Neste senso lembrou que a Deputación, a pesar da súa limitada capacidade económica, tamén remitiu fondos extraordinarios aos municipios ao comezo da pandemia, sabedora do impacto económico que supón estar “en primeira liña”.

Pola súa banda o vicepresidente, César Mosquera, sinalou que “a Xunta estalle sisando directamente aos concellos. É imposible defender o que están facendo. A Deputación está asumindo máis de 20 millóns de euros anuais en competencias impropias e son cartos que, de non ser así, poderían ir aos concellos. Nin sequera pedimos que se compense á Deputación, senón aos concellos, porque está claro que a Xunta quéreos de “pagafantas”.

A moción aprobada hoxe lembra que os concellos foron obrigados a soportar os gastos de desinfección dos colexios e dos parques infantís, apoiar ás familias con menos recursos tanto na súa protección social como no acceso a material escolar informático, ademais de quedar sos na inxección de axudas ao comercio e ás pemes locais. Gastos extraordinarios que súmanse a outros que xa son sistémicos como o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), a planificación das políticas activas de emprego, os programas de loita contra a violencia de xénero, a xestión das franxas forestais de 50 metros ao redor dos núcleos rurais ou a loita contra a fenda dixital no rural. O texto aprobado tamén rexeita que o reparto dos fondos autonómicos para a mellora dos camiños rurais estean dispersos e sexan pouco transparentes en lugar de agruparse nunha única partida. Ao mesmo tempo pide a modificación no modelo do canon da auga para que cada concello quede cun 50% da recadación e o resto se invista con maior claridade. Finalmente, plantexa un novo marco de relación entre Portos de Galicia e os concellos litorais da provincia que acabe co problema das taxas abusivas por parte do ente autonómico.

Por outra banda, o Pleno rexeitou a moción presentada polo PP sobre as contías da recadación do IVE non liquidadas ás entidades locais na Participación dos Ingresos do Estado do ano 2017, asunto que xa tiña sido debatido o pasado febreiro. Font definiuna como “unha emenda á totalidade do PP contra as políticas económicas do PP, unha emenda en diferido a Mariano Rajoy”.

Obras en Ponteareas e na A-52

Por outra banda, rexeitouse outra moción do PP para reclamar a execución da Variante de Ponteareas, a mellora da seguridade viaria na N-120 e o desdobre do enlace de Lentille (Covelo) entre a A-52 e na N-559. Font explicou que o PP prometeu a Variante de Ponteareas en 2011 coa sinatura dun protocolo en plena campaña electoral das Eleccións Municipais que impoñía á Xunta a redacción do proxecto e ao Goberno do Estado a execución das obras. Tódolos compromisos foron incumpridos pola ex-ministra de Fomento Ana Pastor e a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez. A día de hoxe, o Goberno de España xa está a redactar o proxecto, cunha partida incluída nos Orzamentos Xerais do Estado 2021, e comezará as obras en canto os trámites estean rematados.

Sobre a N-120 explicou que “estamos na mesma historia: o PP promete, pero logo nin sequera fai o proxecto”. Explicou que xa hai un anteproxecto redactado, que deseña unha senda peonil de 5 Km e 6 rotondas, así como a mellora da iluminación, que foi amosado ao Concello e á Plataforma veciñal e que colma as expectativas. No que atinxe ao enlace de Lentille lembroulle que o propio Rajoy asinou un documento de compromiso público en 1996 “e, dende entón, en tódalas etapas de goberno do PP en Madrid non fixo nada”. Ademais recordou que o Ministerio de Fomento, sendo titular Íñigo de la Serna, emitiu unha resposta parlamentaria na que subliñou que as necesidades de comunicación coa A-52 nesta zona estaban correctamente atendidas cos enlaces existentes e tendo en conta o escaso tráfico soportado pola N-559.

Débeda provincial

Finalmente, o Pleno da Deputación aprobou un expediente de modificación de créditos que, entre outras cousas, significa a práctica eliminación da débeda provincial, que queda reducida a só 1,5 millóns de euros, un pasivo que foi cualificado como “residual” polo deputado”. O voceiro do grupo socialista lembrou que cando o actual equipo de Goberno asumiu o control da institución no ano 2015 a débeda estaba en case 41 millóns de euros, “polo que podemos falar dunha xestión moi seria e dun saneamento espectacular”.

A modificación orzamentaria aprobada hoxe utiliza os 2.091.851,97 de euros obtidos pola venda de parcelas no polígono de Barro para a amortización extraordinaria, culminando así a senda de consolidación económica iniciada en 2015, situando á Deputación nun escenario de máxima solvencia financeira.

Xunta e ‘Renfe Viajeros’ homenaxean a Carvalho Calero nos trens de alta velocidade e nas estacións das sete cidades galegas

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou esta semana a campaña posta en marcha pola Xunta de Galicia e ‘Renfe Viajeros’ para homenaxear a Ricardo Carvalho Calero no marco da Semana das Letras Galegas que este ano, de xeito excepcional, se está a celebrar en outubro. Así, a través desta iniciativa os repousacabezas de 13 trens de alta velocidade do corredor atlántico A Coruña-Santiago de Compostela-Vigo e do corredor Avant A Coruña-Santiago de Compostela-Ourense lucirán a imaxe da campaña institucional durante un mes.

Ademais, o autor ferrolán terá presenza nas estacións de tren de sete localidades galegas (A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense, Lugo, Ferrol e Monforte de Lemos) a través da exhibición das mostras gañadoras do Concurso-Exposición Letras Galegas 2020 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade: Recordando Carvalho Calero, do CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo e Unha vida polo galego, do IES Ferrol Vello de Ferrol.

Durante o acto de presentación, o titular de Política Lingüística destacou que a colaboración con Renfe Viajeros no marco da programación institucional das Letras Galegas renóvase por terceira vez “para facer extensivo o tributo a Carvalho Calero e visibilizar e dinamizar a lingua galega tanto desde o sector da importante rede de transportes como das persoas usuarias”.

Canda Valentín Garcíal participaron na presentación Enrique Fonte e Alberto Martínez, xerente do Servizo Público de Renfe e xefe da Área Comercial da Xerencia de Servizo Público Galicia, respectivamente.

SmartPeme pon en marcha nesta semana outros cinco obradoiros online

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana cinco novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre plan de márketing e fotografías para a campaña de Nadal, debuxo con Onshape, email márketing e e-commerce.

En concreto, o martes haberá dúas accións: ‘Crea un plan de marketing para a campaña de Nadal’, a cargo de Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas e posgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, e ‘Debuxo con Onshape, Assembly I’, impartido polo experto universitario en robótica Manuel Freire. Ao día seguinte, 4 de novembro, Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e posgraduada en Comunicación e Industrias Creativas, levará a cabo o obradoiro ‘Desenvolve a túa propia estratexia de email márketing’.

O xoves 5 será a quenda da acción ‘Crea as túas fotografías para a campaña de Nadal’, a cargo de Lara Taboada, titulada superior en ensinos Artísticos de Deseño Gráfico. E, por último, O venres, o licenciado en Comunicación Audiovisual Adrián Fernández impartirá o obradoiro ‘Prepara o teu e-commerce para o Black Friday’.

Galicia xa supera hoxe os 9.000 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.119 deles 1.541 son da área da Coruña, 986 da de Lugo, 1.276 da de Ourense, 994 da de Pontevedra, 2.020 da área de Vigo, 1.372 da de Santiago, e 930 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 74 están en UCI, 408 en unidades de hospitalización e 8.637 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 27.330 persoas curadas, rexistrándose 914 falecementos. O número de PCR realizadas é de 692.643.

Novembro encherá Redondela de bolboretas no mes da eliminación da violencia contra a muller, en memoria das irmás Mirabal

0

O Concello de Redondela desenvolverá, ao longo do mes de novembro, unha serie de actividades con motivo do Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller, que se celebra o 25 de novembro e no que o Goberno local quere involucrar á cidadanía “porque só a acción conxunta de todos e todas, conseguirá a eliminación desta lacra social”, dixo a alcaldesa de Redondela e concelleira de Igualdade, Digna Rivas.

O Consello da Muller de Redondela, que na súa reunión da pasada semana elaboraba un borrador das actividades que se desenvolverán en novembro, recollía entre outras unha iniciativa da profesora de relixión católica do IES Mendiño, Almudena Suárez Cerviño, que propuña decorar a clase con bolboretas para honrar a memoria das irmás Mirabal, coñecidas como Las Mariposas, asasinadas un 25 de novembro e motivo polo que, esa data é internacionalmente recoñecida como o Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller.

Con esta idea de base, no Consello da Muller acordouse ampliar o ámbito de actuación da iniciativa de xeito que bolboretas de papel adobíen os edificios municipais –mercados de abastos e instalacións educativas, de colectivos de mulleres e daquelas relacionadas coa terceira idade (como os centro de día Cortizos, Centro de día de Cesantes, Galeón, Arela) ou asociacións como Lenda, Andaina, AFAGA e o Centro sociocomunitario–. “Bolboretas que sirvan de chamada de atención permanente da necesidade de loitar por unha sociedade máis igualitaria, máis xusta e máis decente”, afirmou alcaldesa redondelá.

Do mesmo xeito, carteis explicativos colocados en diversos lugares de Redondela, darán a coñecer quen eran Las Mariposas, a súa vida e loita contra a inxustiza social, e a súa morte, vilmente asasinadas, para que sexan un recordatorio permanente de dignidade e compromiso.

O programa presentado no Consello da Muller, busca tamén a participación activa dos centros de ensino do municipio dende o convencemento de que “a loita contra a violencia de xénero ten que comezar por fomentar a igualdade nos centros educativos”. Nesa liña proxectarase unha curtametraxe dirixida ao alumnado de 4º da ESO e que, debido as actual situación de emerxencia sanitaria, farase baixo o formato de videoconferencia.

O programa de actividades, que se dará a coñecer unha vez pechado definitivamente e que se desenvolverá durante todo este vindeiro mes de novembro, terá seu acto central o día 25, Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller xornada na que están previstas diversas actividades que poñan en evidencia a barbarie que supón a violencia contra as mulleres.

As irmás Mirabal

Minerva, Patria e María Teresa Mirabal naceron en República Dominicana. Coñecidas co alcume de Las Mariposas participaban activamente na loita contra o gobernante dominicano Rafael Trujillo, sendo constantemente asediadas polas súas opinións e accións políticas e apresadas varias veces.

Por orde do ditador Trujillo, as irmás Mirabal foron asasinadas por un escuadrón que, tras interceptar o seu automóbil nunha estrada da provincia de Salcedo cando volvían de visitar aos seus maridos no cárcere, as matou a golpes e as colocou dentro do vehículo co fin de simular un accidente de tráfico. Nunca houbo dúbidas de que se trataba dun crime.

Minerva tiña 26 anos, Patria 30 e María Teresa 36. Sempre sospeitaron que estaban condenadas a morte. Minerva chegou a proclamar: Se me matan, sacarei os brazos da tumba e serei más forte!

A data na que foron atopados os seus corpos, 25 de novembro de 1960, converteuse na celebración internacional do Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller, instaurado pola ONU en 1999.

Estrea da escritora Inma López Silva na Escola de Letras da Deputación e Galaxia

A recoñecida escritora galega Inma López Silva impartirá desde este luns 2 de novembro dous novos cursos da Escola de Letras que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha xunto á Editorial Galaxia. Trátase de dous obradoiros literarios, un de iniciación, e outro de perfeccionamento que terán oito sesións cada un deles entre novembro e decembro. As súas prazas están esgotadas e se celebrarán en formato telemático ante a actual situación derivada da pandemia da Covid-19.

Máis polo miúdo, o curso literario de perfeccionamento desenvolveranse os días 2, 9, 16, 23 e 30 de novembro, entre as 19:30 e as 21:30 horas, e o 9, 14 e 21 de decembro no mesmo horario. Pola súa banda, o obradoiro literario de iniciación terá lugar o 3, 10, 17 e 24 de novembro e os días 1, 10, 15 e 22 de decembro.

Inma López Silva (Santiago, 1978) é unha das novas narradoras galegas máis destacadas. En 2016 recibiu o Premio Insua dos Poetas en recoñecemento aos seus 20 anos de traxectoria literaria. Amais de escritora, destaca como crítica e investigadora teatral e é colaboradora habitual en numerosas publicacións. É profesora na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo.

A súa novela de debut, Neve en abril gañou o Premio Rúa Nova da Biblioteca Nova 33 de Santiago en 1996 e foi editada no 2005 por Galaxia como libro aberto a lectores de todas as idades. Outros traballos publicados son Rosas, corvos e cancións, Concubinas (Premio Xerais 2002) ou New York, New York (2007). Con Memoria de cidades sen luz obtivo o Premio Blanco Amor 2007, o premio AELG á mellor obra de narrativa 2008 e o galardón Arcebispo San Clemente á mellor novela en galego 2008.

Nigrán inicia a tramitación para rexenerar o monte de Santa Cruz, en San Pedro, e convertelo nun “novo pulmón verde” para o municipio

0

O Concello de Nigrán iniciou a tramitación para gañar en San Pedro, concretamente no coñecido como ‘Monte de Santa Cruz’, unha nova área forestal para o disfrute da veciñanza. En total, trátase de 12.700 m2 situados ao carón do coñecido como Monté Eiró ou Das Agullas (Parada). Esta zona boscosa, composta nun 95 % por pino do país, está históricamente desatendida ao non figurar como inscrito en man común ou propiedade privada.

Juan González: “É unha área sen ningún tipo de mantemento e na que desexamos intervir para conservala nas mellores condicións e que a veciñanza conte con unha nova zona verde de recreo”

“O obxectivo primeiro do Concello é realizar o deslinde e inscribilo correctamente para despois emprender traballos de rexeneración de cara a súa posta en valor como un atractivo natural máis de Nigrán”, indica o alcalde, Juan González, quen visitou a zona acompañado do edil de Medioambiente, Diego García, e Ángel Soliño, actual técnico forestal no concello e quen asumirá este traballo de inscrición da propiedade e posterior proxecto medioambiental. “No Catastro figura como en man común sen maior especificación, pero en cambio, no rexistro oficial de montes en man común de Galicia non aparece como tal, por iso o primeiro paso sería realizar o deslinde”, explica Soliño, quen avanza que os traballos na zona debería iniciarse cunha ‘entresaca’, é dicir, “eliminar ás árbores máis pequenas ou en piores condicións para que non medren só en altura, tal e como sucede agora”.

Así, actualmente os pinos crecen en gran densidade e sen practicamente espazo entre eles, o que lles obriga a medrar en altura, “cuestión que é interesante cando o obxectivo é facer negocio coa venda da súa madeira, pero que aquí non ten sentido”, explica o rexedor.

“Queremos que sea unha zona máis de desfrute da veciñanza, agora é prácticamente inaccesible ao non ter ningún tipo de mantemento, pero en pouco tempo será un novo pulmón verde para Nigrán como xa é Monteferro ou os Montes de Camos e Chandebrito”. Neste sentido, o monte de Santa Cruz conta cunha gran pendente con vistas naturais cara a costa de Nigrán e Baiona en moitos puntos. “Gustaríanos que tivese algunha área de mirador e incluso crear unha zona de uso lúdico e recreativo, ademais de repoboar con máis especies autóctonas; o noso técnico forestal será quen redacte un proxecto neste sentido”, finaliza.

Baiona, entre os 100 destinos turísticos máis sostibles do mundo

0

A Vila de Baiona é un dos 100 destinos turísticos máis sostibles do mundo. Así o recoñeceu a organización internacional Green Destinations, que estes días celebrou a sexta edición das xornadas mundiais de destinos verdes (Global Green Destination Days) que, por motivos sanitarios, celebrouse en formato online.

Con este recoñecemento o comité internacional que elabora esta listaxe distingue á vila mariñeira, única na comunidade de Galicia dentro desta clasificación, e valora os esforzos realizados en materias como a protección do medio natural, a transición enerxética e a xestión de residuos ou a implicación social para a sustentabilidade, algo que Baiona comparte co resto de destinos.

O acceso de Baiona a esta lista de destinos medioambientalmente non é casualidade pois a real vila ten no seu haber unha infinidade de recurso naturais destacados como o carreiro litoral, as sendas fluviais, o espazo natural A Foz do Miñor, ou as súas praias. Tamén se tivo en conta o respecto pola cultura tradicional así como a hospitalidade das súas xentes e o labor dos establecementos turísticos, hostaleiros e comerciais da localidade que se adheriron ao Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED) “que día a día esfórzanse enormemente por ofrecer turismo de gran calidade”.

Ademais de ser o único destino de Galicia incluído entre estes 100 destinos turísticos sostibles, xunto con Baiona tan só cinco destinos do territorio español han entrado a formar parte desta listaxe Noja en Cantabria e as catalanas Berguedà, Pallars Jussà, Terres de l’ Ebre e Torroella de Montgrí- L’ Estartit.

Non é a primeira vez que a Villa forma parte desta clasificación. De feito, Baiona forma parte destes 100 destinos sostibles desde 2016, renovando este recoñecemento grazas á excelencia nos seus atractivos turísticos, culturais, patrimoniais e ambientais. Desde entón, aparece nesta listaxe que recoñece o traballo en prol da sustentabilidade turística. Este feito situou ao municipio dentro das principais canles de promoción de destinos sostibles, tanto a nivel nacional como internacional.

“Este é un recoñecemento ao traballo que cada día fan os nosos profesionais”, destaca o alcalde e concelleiro de Turismo, Carlos Gómez Prado, lembrando así que se valoraron os esforzos realizados en protección ambiental, transición enerxética, xestión de residuos ou a implicación social.

“A sustentabilidade é parte fundamental da estratexia turística de Baiona, que acaba de renovar a súa imaxe de marca, pero tamén é unha responsabilidade que temos como dirixentes e como veciños e veciñas dun enclave natural único”.

Gómez asegurou que “estar entre estes 100 destinos consolida o traballo do Concello e de todos os veciños e veciñas, sen os que non sería posible manter ano tras ano a riqueza natural do noso municipio”. O comité internacional encargado desta certificación avaliou o traballo que cada territorio realiza en diferentes campos como o impacto do turismo sobre a economía local, e avalía se o

territorio certificado conta cunha planificación para seguir avanzando nos seus obxectivos sostibles.

O congreso aglutina, ademais, os destinos e organizacións xestoras ecoturísticas máis importantes do mundo. Convidouse aos 100 mellores participantes a aparecer na Good Travel Guide, o que lles permite contar as súas historias de sustentabilidade aos viaxeiros interesados. Baiona xa dispón do seu propio apartado: https://goodtravel.guide/spain/baiona-green-holiday/

O CPI ‘Suárez Marquier’ do Rosal e o CEIP ‘Mestre Manuel García’ de Oia, entre os gañadores do II Concurso de Poadcasts-Radio na Bibio

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de publicar a relación dos centros premiados no II Concurso de Podcasts-Radio na Biblio, que acadaron un total de 7 centros educativos de toda Galicia cos traballos realizados nos seus laboratorios radiofónicos. Entre os galardoados atópanse o CPI ‘Suárez Marquier’ do Rosal, por O rap de Carvalho Calero, na categoría Infantil e primeiro ciclo de Primaria, e o CEIP ‘Mestre Manuel García’ de Oia por Curiosidade espacial na modalidade dirixida aos demáis cursos de primaria.

Os centros gañadores nas distintas modalidades recibirán cada un unha asignación extraordinaria de 1.000€ para melloras no laboratorio de radio ou para actividades relacionadas co funcionamento do mesmo, sempre vinculado á biblioteca do centro.

Os podcasts premiados serán difundidos pola Radio Galega a partir desta fin de semana a través da súa páxina e a través dos medios web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (web de Bibliotecas Escolares de Galicia e outros).

Ademais, o alumnado implicado nos traballos seleccionados poderán visitar as instalacións da Radio Galega en Santiago de Compostela, tras o acordo previo con esta entidade, e sempre que a situación sanitaria o permita. Da mesma forma, a Radio Galega poderá realizar entrevistas a algúns dos grupos responsables dos traballos seleccionados.

O concurso consta de catro modalidades. Na de Infantil e primeiro ciclo de Primaria amais do Suárez Marquier, resultaron premiados o CEIP Nicolás del Río (Cedeira), polo podcast Primavera das Letras e o CEIP San Bartolomé (Vilanova de Arousa), por Entrevista a Antonio García Teijeiro.

Na modalidade dirixida ao resto dos cursos de Primaria, o CEIP de Foz nº 1 (Foz), por Teatro radiofónico: Auto do alugado (Manuel María), acompañaba ao Mestre Manuel García de Oia no cadro de galardoados.

Na categoría de ESO foron premiados o IES Punta Candieira (Cedeira), polo podcast Argallando coas palabras, e o IES Fontexería (Muros), por Confinamento nas ondas: especial Carvalho Calero. Finalmente na categoría dirixida a alumnado de Bacharelato ensinanzas de Persoas Adultas ou Ciclos Formativos o centro premiado é, de novo, o IES Punta Candieira (Cedeira), por Hoje vai de poesía.

Ferramenta pedagóxica

Este é o segundo ano no que a Consellería convoca, en colaboración coa CRTVG, este concurso, destinado aos centros públicos participantes no programa Radio na Biblio e a outros centros que traballan xa con este medio como ferramenta pedagóxica.

Este ano, co gallo da dedicación do Día das Letras Galegas ao filólogo e escritor Ricardo Carvalho Calero, os podcasts radiofónicos participantes debían xirar arredor do traballo do ferrolán, ou inspirados pola súa figura, en cuestións como a riqueza do patrimonio lingüístico galego, especialmente vinculado ao medio xeográfico, cultural e humano máis próximo ao centro. A temática dos traballos tamén podía ir dirixida a estimular a lectura de poesía e teatro galegos e en galego.

Murciélagos de galleta y momias de hojaldre (sin gluten)

Fantasmas, brujas, momias, calabazas terroríficas, lápidas, vampiros, arañas… Motivos de miedo que estos días vemos por todas partes formando parte de la decoración del Samaín o de Halloween.

Pongamos un toque dulce a estos días “terroríficos” (y no, no solo por el Samaín…) y, ya que es mejor estar en casa, vamos a entretenernos un rato con los peques haciendo unas galletas con forma de murciélago o unas divertidas momias de hojaldre rellenas de crema de chocolate. Y, además, vamos a hacerlas sin gluten (si las quieres con gluten, solo tienes que sustituir la harina sin gluten por harina de trigo; quizás tengas que añadir un poquito más de cantidad).

¡Vamos allá!

Murciélagos de galleta

INGREDIENTES: ¡ojo, si hay alguna persona celíaca, asegúrate de que sean aptos!

  • 450 g de harina sin gluten
  • 200 g de azúcar glas
  • 250 g de mantequilla del tiempo
  • 1 huevo
  • Esencia de vainilla (opcional)
  • Cacao en polvo (opcional)
  • Para los ojos: glasa o chocolate blanco

ELABORACIÓN

  • Batimos la mantequilla hasta que quede con textura de pomada
  • Añadimos el azúcar y mezclamos bien
  • Mezclamos el huevo ya batido
  • Agregar la esencia de vainilla
  • Añadimos la harina en tres veces, y mezclamos, si es necesario utilizamos las manos.
  • Si queremos galletas de chocolate sustituimos unos 80 g de la harina por cacao en polvo
  • Extendemos entre dos papeles de horno y dejamos enfriar en la nevera
  • Cortamos las galletas con el cortador elegido y volvemos a meterlas en la nevera al menos una hora (al estar muy frías será más fácil que conserven la forma en el horno)
  • Las horneamos unos 12-15 minutos a 180º, hasta que el borde coja algo de color
  • Dejamos templar un poco y pasamos a una rejilla para que acaben de enfriar
  • Una vez frías les colocamos los ojos, que podemos hacer fundiendo chocolate blanco y metiéndolo en una manga pastelera con una boquilla fina, o podemos hacerla con glasa* o con alguna bolita de chocolate o de caramelo que encontremos en el mercado.
  • Si queremos que sean vampiros sanguinarios, teñimos la glasa o el chocolate con un tinte comestible rojo y le hacemos unos terroríficos colmillos.

Momias rellenas de crema de cacao

INGREDIENTES

  • Una lámina de hojaldre sin gluten
  • Crema de cacao sin gluten

ELABORACIÓN

  • Tan fácil como extender un poco la masa de hojaldre y cortar círculos y tiras.
  • Colocamos en el centro una cucharadita de crema de cacao (también puedes preparar antes los montoncitos de relleno y enfriarlo en el congelador para que no escape cuando las horneemos)
  • Mojamos con agua el borde del círculo de hojaldre y vamos cruzando tiras, simulando las vendas de una momia.
  • Pegamos bien los bordes; yo los aplasté un poco con un tenedor.
  • Pintamos el hojaldre con huevo batido.
  • Horneamos a 200º unos 10-12 minutos
  • Enfriamos sobre una rejilla, colocamos los ojos… y listo.

Como veis, dos recetas sencillas y tremendamente buenas.

¡Feliz Samaín!

¡Cuidaos mucho!