10.5 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaJavier Losada salienta o "alto grao de cumprimento das normas sanitarias" con...

    Javier Losada salienta o “alto grao de cumprimento das normas sanitarias” con apenas un 1,5 % de propostas de sanción na fin de semana

    O delegado do Goberno en Galicia agradece a actitude de traballo e responsabilidade das forzas e corpos de seguridade do Estado nunha fin de semana na que, dende o venres, houbo 585 propostas de sanción tras controlar 39.000 persoas e vehículos na Comunidade

    O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, subliñou hoxe o alto cumprimento das normas sanitarias na Comunidade, con apenas un 1,5% de propostas de sanción desde o venres. Fíxoo tras a reunión do Centro de Coordinación galego, no que participan os mandos policiais e de Protección Civil.

    “Avaliamos a fin de semana. Non houbo incidentes reseñables. Quero destacar a actitude de traballo, de colaboración e de responsabilidade que demostraron as forzas e corpos de seguridade do Estado”, manifestou Javier Losada.

    O balance mostra que a Garda Civil ha controlado unhas 27.000 persoas e vehículos, a Policía Nacional ha superado os 10.000 e a Policía Autonómica ha rozado as 2.000. Entre estas case 39.000 persoas e vehículos controlados, houbo 585 propostas de sanción, o que supón un 1,5 % do total.

    Javier Losada explicou que estes datos mostran un alto “cumprimento das normas” e pediu “colaboración e cooperación” á cidadanía para continuar coa tendencia actual.

    Ao Centro de Coordinación galego acudiron, ademais do delegado do Goberno, o xeneral da XV Zona da Garda Civil, Luís Francisco Rodríguez; o xefe superior de Policía de Galicia, José Luis Balseiro; o comisario da Policía Autonómica, Jorge Rubal; a responsable de Protección Civil en Galicia, María Dolores Gómez; a vicesecretaria xeral da Delegación do Goberno, Eva Vázquez; e a xefa do gabinete técnico do delegado, María Rivas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.