12.4 C
Pontevedra
Domingo, 19 de Maio de 2024
Máis

    Cinema galego en Mondariz para celebrar o final dun novo curso marcado pola pandemia

    Este venres, 28 de maio, alomenos 63 alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO do CPI de Mondariz cambiarán as aulas do centro educativo pola sala de cine recentemente instalada no Auditorio do Centro Social de Mondariz para aprender sobre lingua e literatura a través dun visionado do filme "A esmorga" en pantalla grande e un coloquio exclusivo co director Ignacio Vilar.

    Pavimentaranse 5 viais municipais en Mos

    A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro da parroquia de Pereiras, Leo Costas, e o arquitecto municipal, Ramón Vega, visitaron está mañá a primeira xornada de traballos na obra de mellora da pavimentación no Camiño de Couso, na devandita parroquia.

    Tomiño leva a pleno a cesión do auditorio de Goián para consolidar oficialmente a Escola de Música

    O Concello de Tomiño levará a pleno a vindeira semana a cesión de uso gratuíta das instalacións do auditorio de Goián á Asociación Sociocultural de Goián, entidade promotora da Escola de Música.

    O II Ciclo “Aida Fernández Ríos” voltará para falar sobre saúde e o impacto económico do cambio climático

    Os impactos económicos do cambio climático e a saúde será o tema central en torno ao que xirará unha nova conferencia do II Ciclo “Aida Fernández Ríos”, organizado pola Deputación e a Real Academia Galega de Ciencias, que se levará a cabo este xoves ás 19.00 horas e discorrerá de xeito semipresencial na sede provincial en Vigo.

    As persoas participantes do Proxecto Víncúlate do Concello de Baiona gozaron dunha tarde de Pádel Surf

    Houbo un tempo no que se percibía o pádel surf como un deporte extremo, pero o poder da táboa, lonxe de supoñer un perigo, serve agora como terapia, hobby e práctica deportiva para traballar a intelixencia emocional, e conseguir beneficios non só físicos, senón tamén sociais.

    Reabre o cámping da Cañiza para converterse en ferramenta catalizadora do turismo

    Este xoves, 27 de maio, o Pleno do Concello da Cañiza, como órgano competente para resolver (xa que o importe do valor da concesión supera o 10% dos recursos ordinarios do Orzamento: 3.627.655,26€) aprobará e adxudicará a concesión por procedemento aberto, de uso privativo do cámping, convocando a súa licitación.

    O Concello de Nigrán asumirá a xestión directa do parking da Ramallosa

    O Concello de Nigrán asumirá no próximo trimestre a xestión directa do parking de A Ramallosa tras liquidar e disolverse definitivamente a empresa concesionaria 'Estacionamientos Valle Miñor, S.L.' e, deste xeito, poder avanzar o goberno local nos trámites para re-municipalizalo.

    A Deputación lanza a segunda aceleradora do comercio “para dar un pulo máis potente ás pemes de cara a dixitalización”

    Co obxectivo de optimizar a competitividade e a eficiencia do comercio da provincia de Pontevedra, a Deputación vén de poñer en marcha a segunda edición da aceleradora que permitirá a este sector mirar cara o futuro mediante a incorporación de novas tecnoloxías vinculadas ás actividades clave de cada negocio. En palabras da presidenta provincial esta iniciativa, que se desenvolverá entre o 15 de xuño e o 15 de outubro, lévase a cabo porque “é fundamental dar un pulo máis potente ás PEMES de cara á dixitalización”.

    Salvaterra de Miño pon en marcha un punto de lectura en Arantei

    O Concello de Salvaterra de Miño en colaboración coa Asociación de veciñas e e veciños de Arantei, vén de anunciar a posta en marcha dun punto de lectura e de intercambio de libros, que quedará instalado na antiga escola da parroquia, inmoble que foi rehabilitado nos últimos anos polo Concello, e que agora mesmo é a sede desta Asociación.

    Mondariz abre a inscrición para dous cursos gratuítos para mellorar a empregabilidades das e dos participantes

    O Concello de Mondariz ofrecerá durante o mes de xuño dous cursos gratuítos para persoas desempregadas na aula de informática do antigo CEIP Riofrío-Vilar (Pé de Muíño s/n, Riofrío), sede da Escola Municipal de Música de Mondariz.

    Sanidade establece o nivel máximo de restricións no concello de Mos e nivel medio para Ponteareas

    O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións no concello de Mos, ao igual que aos de Lobios, e A Pobra do Caramiñal.

    Ata sempre alcalde!

    Que comezo de semana máis triste cando me comunicaron o falecemento de Pepe Represas, alcalde de Ponteareas hai uns días. Coñézoo desde tempos mozos e sei moito das súas inquedanzas sociais a través dos anos. A súa vida foi unha continúa loita polas causas xustas e polos máis desfavorecidos.

    O CEIP Porto Cabeiro de Redondela recibe o premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2021

    O colexio CEIP Plurilingüe de Porto Cabeiro, de Redondela, recibiu hoxe o premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2021 na modalidade de educación infantil e primaria convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade arredor da figura, vida e obra de Xela Arias, autora homenaxeada este 17 de maio pola Real Academia Galega, polo traballo Xela Arias e as palabras.

    Arranca o Curso “Actividades Auxiliares de Comercio” para mulleres desempregadas de Baiona

    A acción formativa “Actividades Auxiliares de Comercio” organizada pola Concellería de Igualdade do Concello de Baiona comenzou onte no centro multiusos Ángel Bedriñana.

    O Concello da Guarda remata a rehabilitación do Lavadoiro da Xixolla

    O Concello da Guarda ven de rematar esta semana os traballos de rehabilitación e sinalización da Fonte Lavadoiro da Xixolla, sita na Rúa PO-552 na parroquia de Salcidos para contribuír deste xeito á conservación e posta en valor do patrimonio etnográfico existente na vila.

    Mos ofrece 6 cursos online gratuítos para paliar a situación de vulnerabilidade dixital

    O Concello de Mos, desde a súa Axencia de Colocación, organiza unha serie de cursos online. Trátanse de talleres organizados pola administración local mosense en colaboración coa Fundación Cibervoluntari@s a desenvolver durante o vindeiro mes de xuño.

    O Consello Municipal do Rosal traballa xa para levar a igualdade a todos os eidos

    O Consello Municipal de Igualdade do Rosal continúa a traballar para mudar a conciencia social da veciñanza cara a unha baseada no respecto por todas as persoas, independentemente do seu xénero.

    A Deputación ofrece visitas teatralizadas ao Castelo de Soutomaior

    Máis de 1.000 persoas poderán gozar este verán das visitas caracterizadas e teatralizadas ao Castelo de Soutomaior, así o explicou a presidenta Carmela Silva na presentación destas actividades que arrancan este domingo, 30 de maio, e estenderanse ata setembro.

    O Concello de Nigrán abre ata o 13 de xuño o prazo de solicitude para facer fogueiras en San Xoán

    O Concello de Nigrán abre o prazo ata o 13 de xuño inclusive para solicitar autorización para facer unha fogueira en San Xoan. As persoas físicas ou xurídicas deben dirixirse ao Rexistro Xeral do Concello ou Sede Electrónica, onde farán constar na solicitude o lugar elixido para facela, así como nome e datos dos responsables da mesma.

    O Museo do Mar da Guarda incluído na guía de Espazos Museísticos Pasaporte REMA

    Os GALP de Galicia promoven no marco do proxecto Pasaporte REMA a creación da primeira guía sobre a cultura mariñeira atlántica europea. Nela, están representados 25 museos galegos, un portugués e outro asturiano, e entre todos eles o Museo do Mar da Guarda.

    O auditorio da fortaleza de Goián, escenario da presentación do Parque da Amizade e a ponte peonil Tomiño-Cerveira

    O auditorio da Fortaleza de Goián en Tomiño acollerá este sábado un grande evento para a presentación institucional do Parque da Amizade e da nova ponte peonil que unirá Tomiño e Cerveira. Ao acto asistirán diferentes autoridades estatais, autonómicas e locais tanto españolas como portuguesas, ás que se lles dará a coñecer a singularidade do que será un dos primeiros centros de lecer transfronteirizos de Europa e o primeiro Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal como un espazo verdadeiramente europeo sen fronteiras.

    Medio centenar de alumnos e alumnas do IES de Tomiño gradúaronse no entorno da fortaleza de Goián

    Medio centenar de alumnos e alumnas de bachalerato do IES Antón Alonso Ríos (Tomiño), celebrou a súa festa de gradación no Espazo Fortaleza de Goián, a carón do milenario forte de San Lourenzo. O acto contou coa presencia da alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, e da concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez, en representación do goberno municipal, que colaborou no acondicionamento e montaxe da infraestrutura necesaria para a celebración.

    Pepe Represas, un gran veciño orgulloso da súa vila e das súas parroquias

    Coñecín a Xosé Represas coma un veciño, un gran veciño por certo... Un veciño que sabía moito de case todo. Coñecía ben as leis, os nosos dereitos,... Presidiu por primeira vez a súa comunidade de veciños no edificio onde residía a súa familia e a miña. Negociador incansable nas causas nas que cría, pero tamén pragmático e resolutivo como poucos.

    Isma Lago continuará ao fronte do Saeplast BM Cañiza

    O Club Balonmán Cañiza ven de renovar a Isma Lago como adestrador do Saeplast Balonmán Cañiza de Primeira Nacional para a vindeira tempada 2021/2022. Baixo a súa dirección o Saeplast BM Cañiza acadou a mellor tempada da historia do club en Primeira Nacional, cuarta posición con 37 puntos

    Pepe Represas, un moi bo alcalde para Ponteareas

    O dia de onte e de hoxe, son días tristes para min, como persoa e como Portavoz do Partido Socialista do Concello de Ponteareas. Pepe Represas non era un desconocido para min cando comenzamos esta andaina do Goberno; os Represas do seu apelido e os Represas do meu, son da mesma familia.

    Até sempre Pepe

    Luns, 24 de maio de 2021. Hoxe Ponteareas amenceu cuberta por unha néboa de tristura e dor. Na escuridade da noite, a morte venceu ás ganas de vivir. Implacábel e inclemente, así é sempre a morte. Pero cando chega antes de tempo e se leva por diante os soños...

    Arbo inviste preto dos 90.000 euros na mellora de viais municipais en Cequeliños

    O Concello de Arbo pretende mellorar a súa rede municipal de estradas, procedendo á reparación daquelas que están asfaltadas e pavimentando completamente as pistas que se atopan con firme de terra. Trátase de mellorar a seguridade viaria en todas as estradas, executando ensanches e mellorando o trazado nos tramos mais perigosos, traballos considerados como prioritarios polo Goberno que preside Horacio Gil.

    A Deputación inicia a quinta edición dos cursos de español para persoas inmigrantes

    Vinte persoas participan desde este luns 24 na sede provincial de Vigo no primeiro dos tres cursos de español para persoas inmigrantes que organiza neste 2021 a Deputación de Pontevedra en colaboración coa Universidade de Vigo.

    A Xunta solta o azor ferido en Nigrán tras completar a súa recuperación

    A Xunta de Galicia procedeu hoxe á solta en Monteferro do azor que foi localizado por un particular o pasado mes de marzo e trasladado ao Centro de Recuperación da Fauna Silvestre de Carballedo, tal e como informou a delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias.

    O Concello do Rosal pon en marcha un grupo para fomentar o intercambio de obxectos

    O Rosal continúa no seu camiño por converterse nun concello máis sostible. Por este motivo, ademais de traballar na creación dun espazo de intercambio, reparación e reutilización de obxectos na rúa Cumieira, o Concello vén de poñer en marcha un grupo de Facebook aberto a toda a veciñanza, residente no Rosal ou non, para fomentar o intercambio de todo tipo de enseres e obxectos de forma directa entre todas as persoas interesadas.

    A campaña ‘Vive Sostible’ do festival ‘Vive Nigrán’ recolle 221 quilos de residuos en Praia América en menos de dúas horas

    A V Edición do festival Vive Nigrán, impulsa accións de recollida e clasificación de residuos nas praias do Concello de Nigrán dentro da súa iniciativa VIVE SOSTIBLE. Este pasado domingo, en menos de dúas horas, as e os participantes nesta iniciativa, foron quen de recoller un total de 221 quilos de residuos no areal de Praia América.

    A Guarda homenaxea a Xela Arias

    A concellería de cultura do Concello da Guarda, dentro da completa programación de actividades en torno as nosas letras e entorno á figura homenaxeada este ano, Xela Arias, organizou o pasado sábado día 22 de maio unha homenaxe na que participaron alumnado e docentes do IES A Sangriña –do que Xela Arias foi mestra– e representantes da Agrupación Cultural Guardesa.

    O Concello de Ponteareas, consternado polo pasamento do exalcalde Xosé Represas

    O equipo de goberno do Concello de Ponteareas vén de amosar a súa tristura e a súa profunda dor polo falecemento do exalcade Xosé Represas. Así mesmo, vén de convocar un pleno extraordinario e urxente para as 14:00, no que se decretarán tres días de loito oficial.

    Areeiro segue a recomendar a vixilancia das viñas fronte ao mildio

    A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, lanza un novo aviso fitosanitario no que segue a recomendar a vixilancia intensa das viñas debido ás condicións favorables para o desenvolvemento do mildio

    O pavillón deportivo cuberto do CEIP Fontes-Baíña de Baiona estrea iluminación

    O pavillón deportivo cuberto do CEIP Fontes-Baíña estrea iluminación e faio grazas ao proxecto presentado polo equipo de goberno municipal e ás intensas xestións realizas para que a Xunta de Galicia puxéseo en marcha.

    SmartPeme pon en marcha esta semana outros cinco obradoiros online

    A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana cinco novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.

    O Concello reúnese con responsables do aparcadoiro soterrado para acadar melloras na prestación do servizo

    Revisar o grao de cumprimento das cláusulas da concesión e acadar melloras na prestación do servizo aos usuarios do parking da Xunqueira, foron os temas tratados, esta pasada semana, na reunión mantida na Alcaldía de Redondela pola alcaldesa, Digna Rivas, e representantes da empresa Estacionamiento Redondela S.L.

    Digna Rivas, “as vítimas de violencia de xénero en Redondela nin están desprotexidas nin nunca o estiveron”

    A alcaldesa de Redondela e concelleira de Igualdade, Digna Rivas, asegurou hoxe que as vítimas de violencia de xénero do municipio, “nin están desprotexidas nin nunca o estiveron xa que tanto por parte da Policía Local, como do Centro de Información á Muller, estáselles a ofrecer atención continuada”. A alcaldesa mantivo, sobre este asunto, varias reunións coa Policía Local de cara a atender as súas demandas de cara a optimizar a atención as mulleres vítimas de violencia machista.

    Galician Brew, Foncalgás Xinzo e Guillermo Rodríguez, Premios ‘Ponteareas, Lingua e Empresa’ 2020

    O Concello de Ponteareas entregou os Premios 'Ponteareas, Lingua e Empresa', relativos ao 2020, na Gala da Lingua de homenaxe á escritora Xela Arias Castaño. A través destes galardóns o Consistorio quixo recoñecer o labor de persoas e empresas que, día a día, achegan a lingua, dun xeito normal, aos consumidores e consumidoras e contribúen, deste xeito, ao aumento e mellora do uso social do galego no sector empresarial.

    O Porriño xa ten o proxecto da rede de saneamento e pavimentación en Arrotea-Lameira, Pontellas

    O Concello do Porriño agarda iniciar en agosto as obras da rede de saneamento e pavimentación en Arrotea-Lameira, na parroquia de Pontellas, segundo as previsións que manexa Pedro Pereira, concelleiro responsable de Infraestruturas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.