12 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoMondarizMondariz abre a inscrición para dous cursos gratuítos para mellorar a empregabilidades...

    Mondariz abre a inscrición para dous cursos gratuítos para mellorar a empregabilidades das e dos participantes

    Ambos programas formativos, organizados pola Red Araña, están dirixidos a persoas desempregadas e buscan mellorar a empregabilidade a través dunha capacitación en TIC

    O Concello de Mondariz ofrecerá durante o mes de xuño dous cursos gratuítos para persoas desempregadas na aula de informática do antigo CEIP Riofrío-Vilar (Pé de Muíño s/n, Riofrío), sede da Escola Municipal de Música de Mondariz.

    Trátase dunha iniciativa formativa de Red Araña, que o ano pasado xa ofreceu cursos gratuítos dentro dos programas Muller TIC e Talento Emprendedor. No Concello de Mondariz están coordinados polo servizo de orientación laboral e pola OMIX.

    Formación orientada á mellora da empregabilidade

    O primeiro dos cursos está dirixido a persoas desempregadas de todas as idades e ofrece capacitación en Habilidades sociais e competencias básicas en TIC orientadas á mellora da empregabilidade. Realizarase entre o 7 e o 11 de xuño, todos os días en horario de 9:30 h a 13:30 horas. O período de inscrición estará aberto até o 31 de maio.

    O segundo dos cursos está dirixido a persoas desempregadas con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos e ofrece formación en Actividades de venta e atención ao cliente. Realizarase entre o 21 e o 29 de xuño, todos os días en horario de 9:30 h a 13:30 horas. O período de inscrición estará aberto até o 11 de xuño.

    Para solicitar máis información sobre estes programas formativos e inscribirse, hai que contactar co servizo de orientación laboral a través de correo electrónico orientacion@mondariz.gal ou coa OMIX de Mondariz a través de teléfono ou WhatsApp nos números 986 656 058 e 680 964 461.

    Aínda que teñen preferencia de acceso as persoas empadroadas no Concello de Mondariz, os dous cursos están abertos a interesadas doutros concellos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.