Sábado, 7 Xuño de 2025

Ponteareas, sede esta fin de semana do Campionato Galego de Longa Distancia de natación

Ponteareas volve ser unha vez máis sede dunha das probas de natación máis importantes do panorama deportivo. Este domingo 12 de decembro o complexo deportivo Álvaro Pino acollerá ás e aos mellores fondistas de Galicia coa celebración do Campionato Galego de Longa Distancia, unha proba que reunirá a arredor de 80 nadadores e nadadoras de alto nivel, entre os que destacan María de Valdes ou Paula Otero, nadadoras internacionais en augas abertas e en piscina coa selección española, ou Iria Lemos, medalla de bronce infantil no último campionato de España de augas abertas.

Unha vez máis “temos na nosa vila moito máis que deporte, xa que sempre se xeran grandes sinerxías a nivel económico e turístico e incluso de participación nas actividades organizadas dende o Concello, e iso é algo ao que sempre lle debemos dar pulo”, salienta o concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó. O edil quixo agradecer o traballo desenvolvido polo Club Natación Ponteareas na organización desta e doutras probas na vila “sempre con eses valores e cunha amplitude de miras que favorece non só ao deporte, senón tamén ao conxunto da veciñanza”.

O concelleiro tamén quixo felicitar ao club “por ser punteiros a nivel tecnolóxico, o que nos permite seguir todas as competicións a través das redes e con medios propios”, así como agradecer a implicación tamén da Federación Galega de Natación e das entidades privadas “que fan posible este tipo de encontros e que sigamos remando xuntos para converter a Ponteareas en sinónimo de natación”.

En sesión de mañá, a partir das 11.00 horas, disputaranse as probas de 2.000 m infantil, mentres que pola tarde a partir das 17.00 horas desenvolveranse as probas de 3.000 m júnior e sénior. Aínda que o campionato estará aberto ao público de forma presencial cun aforo de 100 parazas para garantir a seguridade e saúde de todas e todos, tamén poderá seguirse vía streaming a través da canle de Youtube do equipo ponteareán.

O presidente do club, Andrés Carrera, valorou o impacto que terá para Ponteareas esta nova competición, “unha das 10 que adoitamos organizar e que traen á vila cada ano arredor de 1.500 deportistas, dos que máis do 75% son de fóra do municipio”. Tamén quixo agradecer a colaboración do Concello, da Federación e das entidades privadas para celebrar este campionato galego “no que as mellores nadadoras e nadadores de longa distancia buscan puntuar para o Campionato de España que se celebrará a finais de xaneiro”.

Pola súa banda, o presidente da Federación Galega de Natación, Carlos Touriño, salientou que o campionato de longa distancia “é a base da competición en augas abertas, na que Galicia e sobre todo Ponteareas é potencia estatal. Animamos a toda a veciñanza a que goce deste campionato, que sempre ten algo especial porque nel podemos ver aos nosos maratonianos”. Durante o acto de presentación o presidente da Federación tamén amosou o seu malestar ante os cambios anunciados na piscina municipal da Cañiza, que eliminará un dos vasos e reducirá o fondo da piscina grande quedando a un nivel profundo de 1,30 e 1,20 m, limitando a práctica deportiva profesional e restando servizos aos usuarios e usuarias.

Redondela adía “por prudencia e responsabilidade” a Gala das Mulleres da Illa ata despois do Nadal

0

Imaxe de arquivo da presentación da Gala das Mulleres da Illa

O Concello de Redondela anunciou o adiamento da Gala das Mulleres da Illa, que tería que celebrarse no Multiúsos da Xunqueira o vindeiro 18 de decembro, ata despois das festas do Nadal e segundo marque evolución da actual pandemia da Covid-19.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, explica que a actual situación sanitaria “aconsella o aprazamento desta Gala toda vez que se ía celebrar nun recinto pechado e habería que limitar moito a presenza de público, o que desvirtuaría esta homenaxe”.

Cómpre destacar que na Gala, participarían familiares das Mulleres da Illa, moitos de avanzada idade e que coa evolución actual da pandemia “suporía un risco para a súa saúde”, motivo polo que será aprazada ata despois do Nadal e sempre dependendo das circunstancias sanitarias do momento e do que diten as autoridades sanitarias.

Digna Rivas subliñou que “unha homenaxe ás Mulleres da Illa, con todo o que supón de recoñecemento a súa solidariedade, a súa humanidade e a súa capacidade de axudar aos que máis o necesitaban, ten que ser un acto de relevo e, nas actuais condicións sanitarias, iso non sería posible”.

Xa está operativo o videomarcador do pavillón municipal da Cañiza

0

A nova pantalla Led “multideporte” do pavillón municipal inaugurouse o pasado sábado 27 de novembro, durante os encontros disputados entre o Saeplast BM. Cañiza e o Rodosa BM. Chapela  e o Oliveira & Faro Saeplast Cañiza e o Siero Deportivo BM.

Así o comunicou o alcalde da Cañiza, Luis Piña, que visitou onte a instalación deportiva acompañado da vicepresidenta do clube de balonmán Cañiza, Mercedes Lorenzo. Cun investimento de 25.800 €, a pantalla deportiva, adxudicada á empresa Mondo Ibérica SAU, instalouse o pasado 11 de novembro.

Ata o día de hoxe non se puideron celebrar máis partidos xa que o Concello está rematando as obras de reparación da cuberta desta instalación deportiva. Actuación que debe finalizarse antes do 20 de decembro como así se recolle no Convenio asinado entre a Vicepresidencia da Xunta e o Concello da Cañiza para acometer estas reformas.

A instalación desta nova pantalla deportiva súmase á actuación inaugurada o pasado 26 de outubro pola Presidenta da Deputación, Carmela Silva,  que visitou a reforma integral sobre unha das dúas zonas destinadas a vestiarios, duchas e aseos do pavillón Carballo do Marco. Unha obra subvencionada ao 100% polo Plan Concellos da Deputación 2020 cun investimento de 46.714,15 €.

O novo videomarcador cun investimento de 25.800€ está subvencionado con 20.000 € da Subdirección Xeral de Xestión deportiva da Xunta e 5.800€ de fondos propios do Concello.

Como xa manifestara o rexedor, Luis Piña, o pasado 12 de novembro “con estas actuacións modernizamos e adaptamos os servizos do pavillón que gañará en confort e calidade de xogo ”. “cumprindo co compromiso adquirido co deporte da Cañiza, dende o Concello estamos traballando e buscando financiación para mellorar as infraestruturas municipais para a realización de prácticas deportivas en beneficio dos veciños e veciñas da Cañiza; para potenciar o deporte de base e para satisfacer as demandas sociais no ámbito deportivo do noso Concello”.

A Xunta licita a redacción do proxecto de ampliación e adaptación de espazos do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño

0

A Xunta, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, sacou a licitación a redacción do proxecto para a ampliación e adaptación de espazos educativos e lectivos do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño, no que se investirán 1.803.035 euros.

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luis López, anunciou a apertura da fase de contratación deste proxecto, que definirá a mellora dos talleres de Formación Profesional (FP) e as novas aulas para atender o incremento do alumnado, nunha visita ao instituto acompañado da alcaldesa, Sandra González, do xefe territorial de Educación, César Pérez, e de representantes da comunidade educativa.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vai destinar 75.000 euros á redacción do proxecto básico e de execución para a ampliación do IES Alonso Ríos e a empresa adxudicataria disporá dun prazo de tres meses para a súa entrega.

“Temos un compromiso coa educación pública da provincia e, por suposto, coa de Tomiño e o demostramos con feitos, xa que imos mellorar os colexios Sobrada, Pedro Caselles e Pintor Antonio Fernández con máis de 500.000 euros para renovar as luminarias e carpintarías exteriores e agora aceleramos o proxecto máis ambicioso, que beneficiará ao instituto, para que as obras poidan comezar o vindeiro ano”, detallou o representante autonómico.

O proxecto de ampliación e adaptación de espazos do IES Antón Alonso Ríos está orientado a mellorar e incrementar a superficie dos talleres dos ciclos formativos das ramas de electricidade e agraria e a gañar máis aulas, posto que se incrementou a oferta da FP básica en electricidade e electrónica co conseguinte aumento do alumnado, o que dificulta a atención da demanda existente en Bacharelato.

Na actualidade, o IES Antón Alonso Ríos está configurado cun único edificio que reúne as aulas de todas as modalidades educativas: Secundaria, Bacharelato, ciclos formativos e Formación Profesional.

Por elo, a solución proposta pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade pasa pola ampliación do instituto coa construción de case 1.300 m² novos que permitirán aumentar a zona lectiva con 731 metros para dez novas aulas, que serán unha polivalente de FP, talleres para ciclos (2), aulas de Bacharelato (2), salas de apoio educativo e desdobre (2), un seminario, un espazo de foro e unha zona maker.

Así mesmo, na zona de ampliación tamén se incrementará a superficie das áreas de administración e servizos comúns e das zonas de paso, que gañarán un 25% e favorecerán a ventilación e a circulación para conferir unha maior seguridade sanitaria.

O xefe territorial de Educación informa aos veciños de Nigrán da imposibilidade de desafectar a casa de mestres

0

O xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade na provincia de Pontevedra, César Pérez Ares, reuniuse onte pola mañá con veciños de Nigrán para explicarlles a imposibilidade de desafectar a casa de mestres da Escola de Educación Infantil de Camos, neste concello, por estar ocupada por unha docente.

Neste sentido, explicoulles que a vivenda está adxudicada conforme á normativa vixente e que a profesora adxudicataria segue cumprindo os requisitos de destino definitivo no concello e pagamento dos recibos correspondentes.

O xefe territorial sinalou, ademais, que a semana pasada non se votou en contra da desafectación no Parlamento de Galicia, senón que o director xeral de Centros e Recursos Humanos respondeu unha pregunta do Grupo Parlamentario Socialista na que se explicou precisamente a imposibilidade de acometer o proceso dado que a vivenda continúa habitada.

De feito, o propio director xeral sinalou en sede parlamentaria que a Xunta de Galicia é favorable á desafectación, tal e como xa fixo con outras vivendas desta mesma escola infantil, a ultima delas desafectada o 23 de xaneiro de 2017.

‘La invención de Hugo’ chega este domingo 12 á Casa Cultural de Guillade

O cine continúa chegando ás parroquias esta fin de semana. Ao abeiro do programa Cultura 24, a Casa Cultural de Guillade acollerá este domingo 12 de decembro a proxección de ‘La invención de Hugo’, un filme de 2011 de Martin Scorsese con 11 nominacións aos Óscar, 3 Globos de Ouro e unha morea de galardóns máis no seu haber. A película, que está recomendada para maiores de 6 anos, comezará ás 17.00 horas e será de balde, con entrada libre ata completar aforo.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, convida a toda a veciñanza a gozar dunha tarde de cine e de cultura segura tamén nas parroquias grazas ao Cultura 24, “un programa que naceu para dinamizar os centros culturais e o tecido creativo do concello, así como para achegar unha oferta cultural de lecer diversa a todos os recunchos de Ponteareas”. ‘La invención de Hugo’ é a primeira película de Scorsese dirixida ao público infantil grazas á adaptación dunha novela de Brian Selznick. Conta a historia de Hugo Cabret, un rapaz orfo que vive oculto na estación de tren de París no ano 1930. Fillo dun reloxeiro e cunha gran habilidade para as máquinas, tentará construír un autómata que deixou incompleto o sei pai. Farao acompañado dunha excéntrica nena, Isabelle, e dun vello xogueteiro. Xuntos internaranse nun mundo inesperado repleto de fantasía no que cada un atopará as súas propias respostas a enigmas terreais e imaxinarios. 

Mistura Vocal presenta este sábado “A Historia do Luz”

0

A luz vai ser a protagonista do concerto que este sábado, 11 de decembro, ás 20 h o coro Mistura Vocal vai ofrecer no Teatro Municipal. Baixo a dirección da tudense Aloia Martínez 35 cantoras e cantores achegaránnos “A Historia da Luz” a través dun variado repertorio que brindará un percorrido musical por distintas épocas e estilos.

A luz entendida coma metáfora do Nadal e coma inicio e comezo, personificada nunha muller irá conducindo o concerto a través das obras interpretadas, ao tempo ilustrará ao público sobre a súa personalidade.

As entradas pódense reservar de balde en www.tui.gal.

Mistura Vocal presentouse oficiamente no Nadal de 2014 en Tui. Está formado por cantores e cantoras de todo o sur da provincia de Pontevedra, e dende o inicio está dirixido por Aloia Martínez Molina.

Mistura Vocal ofrece un repertorio integrado por obras de diferentes estilos e épocas, sen esquecer aos autores galegos. O coro tem acadado o primeiro premio nos concursos nacionais de Canto Coral de Burgos, Avilés, e San Vicente de la Barquera. Por segundo ano consecutivo é un dos 5 coros seleccionados para participar no Gran Premio Nacional de Canto Coral.  

Aberta a inscrición para que Rondallas e Ranchos de Reis participen nos actos programados para a festividade de Reis 2022

0

Ata o día 31 de decembro terán de prazo para inscribirse as Rondallas e Ranchos de Reis que desexen participar nos actos programados polo Concello de Redondela con motivo da festividade de Reis 2022.

O Concello destina un orzamento de 4.000 euros para premios concedendo 500 euros a cada unha das formacións que se presenten ata o total do orzamento previsto. No caso de superar este, será repartido proporcionalmente entre as agrupacións participantes.

As bases, publicadas na súa integridade no BOPPO (Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra) do luns 29 de novembro de 2021, establecen que as formacións participantes deberán gardar “unha unidade temática tanto no seu vestiario como na súa actuación”. E importante salientar que non se considerarán como Rondallas ou Ranchos de Reis con dereito a inscrición e participación aquelas que en anos anteriores repetiran, no substancial, o tema.

Poderán solicitar a súa inscrición as Rondallas ou Ranchos de Reis de adultos (con máis de 5 persoas maiores de 16 anos); mixtas (cun número superior a 20 persoas das que, cando menos dez sexan alumnos/as do centro e o resto nais, pais e profesorado) e Rondallas ou Ranchos de Reis infantil (con máis de oito persoas menores de 16 anos.

Para poder optar ao premios, as Rondallas ou Ranchos de Reis deberán formalizar a súa inscrición cubrindo a correspondente folla de inscrición e presentándoa antes do 31 de decembro (incluído) no Rexistro de Entrada do Concello de Redondela, no caso de ser unha persoa física ou, obrigatoriamente, a través da sede electrónica https://redondela.sedelectronica.gal no caso de tratarse de persoas xurídicas.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, animou ás formacións a participar “e contribuír a que veciñas e veciños, nestes tempos complicados, poidan gozar do espírito da Festividade de Reis”. “Temos que adaptarnos á esta nova realidade pero, con responsabilidade e adoptando as medidas axeitadas, poderemos volver a desfrutar das festas do Nadal”, sinala a alcaldesa.

Rivas lembrou finalmente que “por razóns sanitarias e atendendo a evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19, a celebración do desfile poderá cancelarse” en aplicación das medidas establecidas en cada momento na normativa estatal, autonómica ou municipal quedando deserto.

Campaña de redución de bolsas dun só uso na Guarda

0

O Concello de A Guarda pon en marcha unha campaña de sensibilización ambiental co obxectivo de reducir o consumo de bolsas dun só uso.

Para conseguir que a cidadanía reflexione sobre a cantidade de bolsas de plástico dun só uso que se consumen, nos puntos informativos da Praza de Abastos e do Mercadillo da Alameda realizarase unha pequena enquisa sobre os hábitos da veciñanza e a cambio entregarase unha bolsa de tea co obxectivo de lograr un cambio cara a hábitos de consumo máis sostibles. Ademais, informarase dos prexuízos que causan os plásticos dun só uso no medio ambiente e na saúde das persoas e asesorarase sobre as alternativas existentes ao plástico no día a día.

Este evento terá o vindeiro sábado día 11 de decembro e consistirá na implantación de 2 puntos informativos, un na Praza de Abastos e outro no Mercadillo da Alameda en horario de 10:00h a 14:00h. A posta en marcha deste proxecto contará co apoio do Consello Climático Xuvenil e do Grupo de Voluntariado Municipal.

Nigrán informa da apertura do prazo para o Programa de Termalismo Social do IMSERSO

0

O Concello de Nigrán informa que xa está aberto o prazo para o Programa de Termalismo Social do IMSERSO dirixido a: pensionistas xubilados, pensionistas por incapacidade permanente, pensionistas por viudedade igual ou maiores de 55 anos, pensionistas por outras causas igual ou maiores de 60 anos, persoas igual ou maiores a 65 anos aseguradas ou beneficiarias do sistema de seguridad social. Todos deben ser do sistema de seguridade español.

Este programa proporciona tratamentos termais a desenvolver en balnearios de toda a xeografía nacional a prezos reducidos en rexime de aloxamento con pensión completa. As estancias poden ser de 10 ou de 12 días de duración.

As persoas interesadas en participar neste programa deberán pedir cita previa no Departamento de Servicios Sociais do Concello de Nigrán, chamando ao teléfono 986.365.000 e premendo o 4 en horario de 9 a 14 horas.

Os prazos para presentar as solicitudes son os seguintes: para solicitar os meses de febreiro a agosto ata o día 29 de decembro de 2021; para solicitar os meses de setembro a decembro, ata o día 15 de maio de 2022.

Arredor de 450 persoas concentráronse no Rosal para denunciar a precaria situación da atención primaria

0

Arredor de 450 persoas se achegaron o pasado mércores 8 á Praza do Calvario do Rosal para secundar e participar na concentración convocada pola Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal e polo Concello para denunciar unha vez máis a actual e precaria situación na que se atopa a atención primaria no municipio, que foi quedando sen servizos cos que prestar unha asistencia sanitaria digna e de calidade a toda a veciñanza.

“Fixéronse mobilizacións, recolléronse sinaturas, conformouse esta plataforma na que estamos todos os grupos políticos municipais e o tecido asociativo e persoal sanitario e eu creo que debemos seguir sumando moitas máis persoas a esta reivindicación, sempre dende a democracia e entendendo que non podemos deixar que nos quiten este dereito e poñan en risco as nosas vidas”, salientou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Nestes intres a falta de persoal e de cobertura de baixas e vacacións deixou ao centro de saúde do Rosal sen ningún médico de atención primaria, polo que non están abertas as axendas e non se pode solicitar ningunha cita médica para consulta. Esta realidade fai que no centro de saúde soamente se atendan urxencias con médicos de garda que van cambiando cada xornada.

Outra das carencias do servizo sanitario está na falta de matrona e de pediatra, que se desprazou á Guarda de forma temporal pola crise sanitaria e que aínda non se recuperou. O mesmo ocorre co consultorio de San Miguel de Tabagón, pechado pola Consellería de Sanidade dende comezos da pandemia sen perspectiva de que se lle dote do persoal e do material necesarios para reactivar a súa actividade.

A Oficina de Turismo de Baiona recibe a Q de calidade turística

0

O tenente de alcalde de Baiona, Óscar Martínez, recolleu en Vigo o recoñecemento autonómico ao traballo da Oficina de Turismo de Baiona, tras renovar o distintivo da “Q de calidade turística” o pasado ano 2020.

A entrega do distintivo levou a cabo durante un acto ao que asistiron representantes da Xunta e do Instituto para a Calidade Turística de España (ICTE), dependente do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, que concede estes selos de calidade. Ao mesmo tempo recibiron este recoñecemento todas as demais institucións e empresas galegas ás que lles foi concedido no 2020 xa que, debido á crise sanitaria, non se puido celebrar este acto público durante o ano pasado.

Baiona recibe este recoñecemento tras pasar favorablemente a auditoría da Q de Calidade, levada a cabo polo ICTE, e renovar o distintivo que conseguiu por primeira vez en 2019 tras adherirse á Rede de Oficinas de Turismo “Info Rías Baixas”, posta en marcha pola Deputación de Pontevedra.

A renovación do distintivo en 2020 produciuse nun contexto de gran complicación para o servizo de atención xa que requiriu unha reestruturación dos procedementos de atención ao turista, do espazo físico na oficina e a adaptación ás medidas preventivas ante a Covid-19.

“É un recoñecemento que valora o traballo realizado desde o Concello de Baiona, en especial o das nosas técnicas de turismo, en favor da calidade turística e a mellora na atención que reciben os visitantes que chegan ao noso municipio”, indica o alcalde Carlos Gómez.

A Policía Local rexeita facer horas extra para cubrir “as múltiples e repentinas baixas” de axentes

0

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, cualificou de “irresponsable” a negativa da Policía Local, comunicada á Alcaldía polo xefe de servizo, de facer horas extras para cubrir “as múltiples, sorprendentes e repentinas baixas” de axentes comunicadas, curiosamente, a menos dunha hora de comezar os seus respectivos servizos.

Debaixo destas “baixas repentinas” subxace un conflito laboral no que a Policía Local “cree estar por enriba do resto do persoal do Concello, tanto en condicións laborais como salariais”, asegura a alcaldesa de Redondela, quen lembra que hai escasamente un mes, centrais sindicais e Goberno local acadaron un acordo de mellora salarial e de condicións laborais “para todos los traballadores e traballadoras do Concello”, documento que foi cualificado polos sindicatos como “histórico” e que daba resposta ás reivindicacións do persoal “desatendidas polos anteriores Gobernos conservadores”.

Digna Rivas lembra que todo o conflito emana “das esixencias da Policía Local dun Plus de Produtividade moi superior ao pactado cos sindicatos e aplicable ao resto do persoal”. De ceder a ditas esixencias –4 €/hora por nocturnidade e 3,5 €/hora por sábados, domingos e festivos fronte ao 3 €/h e 2 €/h pactado coa Mesa de Negociación– “produciríase un agravio comparativo co resto do persoal municipal e estaría fora dos pactos acadados cos representantes sindicais nunha mesa de traballo na que tamén estaba presente a propia Policía Local”, asegura a alcaldesa.

A fin de evitar un conflito coa Policía Local “que repercutiría directamente sobra a veciñanza e incluso en contra do convencemento da alcaldesa de que todos os temas que afecten ao persoal deben tratarse na Mesa de Negociación”, asegura o Goberno local, a Alcaldía leva a Pleno en outubro deste ano, a aprobación do Plus de Produtividade ao non existir unha partida orzamentaria para a súa aplicación “e dado que os propios partidos da Corporación municipal urxían a adopción de medidas que evitasen unha situación de seguridade grave”.

Pese a esa “urxencia” os partidos da Corporación –PP, BNG e AER– optan por votar en contra “ao non estar contemplado ese Plus nos acordos da Mesa de Negociación”. Ao Goberno local sorpréndelle, sobre todo, a negativa de AER que “como membros do executivo local que eran antes da súa autoexclusión, coñecían perfectamente o problema e os esforzos que dende o Goberno local se estaban a facer por evitar a situación”.

A alcaldesa de Redondela asegurou que, pese a actual situación, “o Goberno Local seguirá a traballar por buscar unha solución” e lembra que, dende a súa chegada ao Concello “o Goberno socialista sempre apoiou ás reivindicacións da Policía Local” e, cun enorme esforzo, “dotou ao servizo dos medios –tanto materiais como humanos– que dende a Policía Local se solicitaban e que paliasen a situación de esquecemento en que os tiñan os anteriores gobernos conservadores”.

Finalmente, Digna Rivas, que fai un chamamento “á responsabilidade”, lembra que a seguridade, tanto da veciñanza como dos seus bens, “está máis que garantida grazas ao esforzo extra que realizan a Policía Nacional, Garda Civil e Protección Civil”, aos que a alcaldesa traslada o seu agradecemento.

Teatro, circo, malabares, inchables e obradoiros, no Nadal Cultural de Tomiño

0

A Concellería de Cultura do Concello de Tomiño organiza un Nadal que este ano terá actividades para público infantil e familiar, relacionadas co teatro, o circo e os obradoiros, antes da tradicional Cabalgata de Reis.

O día 26 de decembro o Mercado Municipal (1º andar) acollerá un obradoiro impartido por Migallas Teatro e dedicado a público infantil. Será ás 11.30 horas.

O 28 de decembro, no Mercado Municipal (1º andar), “Zapatos” de Caramuxo Teatro. Unha historia que narra todas as historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen nin dono nin dona. ¿Que pasa con todos eses Zapatos que xa ninguén usa? Todos os dias chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de tódolos tamaños e cores.Unha rapaza é a encargada de coidalos, de darlle a a benvida ó lugar onde vivirán para sempre.

Será tamén no mercado o día 28 de decembro ás 11.30h. Para público infantil.

O 31 de decembro O APALPADOR visitará Tomiño. Esta actividade desenvolverase na Praza do Seixo a partir das 17.00h.Para público infantil e familiar.

Xa o 2 de xaneiro, o CIRCO CHOSCO RISCANDO O CEO chegará a Tomiño. Riscando o ceo lévanos a un mundo onde o circo aparece en forma de humor, maxia, malabar, acrobacias e equilibrios imposibles. Un ton absurdo e reflexivo que fai que nos reformulemos o esencial das cousas. Inspirado no incrible mundo de O Principiño de Antoine de Saint-Exupery. Espectáculo para público infantil e familiar.  Na Praza do Seixo. ás 17.30 horas.

E os días 3 e 4 de xaneiro, na Praza do Seixo, instalaranse INCHABLES de 16.00 a 20.00 horas. Un ano máis a praza do Seixo volverá a converterse nun dos centros do Nadal en Tomiño cunha carpa na que as nenas e nenos poderán desfrutar de inchables e pintacaras, entre outras actividades. Para público infantil.

5 de xaneiro. A partir das 16.30h.CABALGATA DE REIS. Como cada ano, a tradicional Cabalgata de Reis percorrerá as principais rúas do núcleo urbano de Tomiño, chegando á Praza do Seixo, onde as Súas Maxestades recibirán a nenos e nenas coas súas cartas.

Todas as actividades son de balde.

Medio centenar de rapazas solicitan as axudas da Deputación para ser adestradoras

Un total de 45 mulleres solicitaron as novas axudas da Deputación de Pontevedra para a súa formación como técnicas adestradoras na provincia, ás que a institución destina esta liña de apoio á igualdade no deporte cun orzamento de 15.000 euros nesta primeira convocatoria. A Deputación lanzou esta novidosa liña de achegas co principal obxectivo de fomentar o incremento de adestradoras nos equipos femininos e masculinos de base e de elite da provincia, e rachar deste xeito coa brecha de xénero existente como evidencian as actuais cifras de infrarrerepresentación feminina neste eido deportivo.

As 45 solicitudes son de rapazas  dunha vintena de concellos da provincia, a maior parte de Vigo (7) e Ponteareas (7), aínda que destacan tamén as petición solicitadas por mozas de Pontevedra (4), Tui (4), Bueu (2), Marín (2), O Porriño (2), Ponte Caldelas (2), Tomiño (2) ou Soutomaior (2). Outras solicitudes son de veciñas de Moraña, Poio, Vilagarcía, Mondariz, Cangas, As Neves, Salceda, Covelo, Salvaterra e Moaña.

No que atinxe ás modalidades deportivas, a maior parte foron peticións para cursos de formación para baloncesto e piragüismo, aínda que na relación tamén hai solicitudes  doutras especialidades como bádminton, pádel, fútbol, fútbol sala, natación, loita, kickboxing, montaña, patinaxe ou balonmán.

Amais de paliar a escasa presenza feminina no ámbito do adestramento, a Deputación confía en que estas axudas, que terán continuidade nos vindeiros anos, poidan impulsar que no futuro un maior número de mulleres poidan asumir altos cargos de decisión en organizacións deportivas.

A Federación Ecoloxista Galega en pé pola defensa dos montes

Máis de 170 colectivos, plataformas e entidades galegas de carácter ecoloxista, veciñal, social, cultural, sindical ou político que forman parte da coordinadora “Eólica Así Non”, e chaman a participar na multitude de accións descentralizadas por toda Galicia que se celebrarán o vindeiro sábado 11 de Decembro, día mundial das montañas, nunha grande mobilización fronte á actual invasión eólica.

Non é casualidade que se elixira este día e o lema NA DEFENSA DAS MONTAÑAS, EÓLICA ASÍ NON. Na actualidade as administracións galega e estatal están a tramitar máis de 300 proxectos de instalacións de produción de enerxía eólica e case outras tantas liñas de alta tensión, de evacuación da electricidade que alí se produciría. Estes proxectos, que se aproveitan dunha falla de ordenamento escandalosa, non respectan as necesidades de conservación do noso patrimonio natural, cultural, social e paisaxístico. E as principais prexudicadas van ser as nosas montañas; de levarse adiante aínda que sexa so unha parte destes proxectos, a súa fisionomía cambiaría por completo, e os ecosistemas, os recursos as paisaxes veríanse seriamente degradados.

Ninguén dubida da necesidade presente e futura da enerxía eólica. Pero esta necesidade non so pode, senón que debe, facerse compatible coa conservación dos nosos sistemas naturais e culturais, das nosas paisaxes e, en definitiva, das nosas oportunidades de futuro como sociedade. Resulta en primeiro lugar imprescindible realizar un esforzo para reducir o consumo de todas as formas de enerxía, e existe un grande campo de posibilidades no terreo da diminución na demanda enerxética, para poder acadar os obxectivos de redución de emisións de gases de invernadoiro que nos temos proposto. Resulta imprescindible tamén e ao mesmo tempo realizar dunha forma ordenada a implantación das enerxías alternativas que permita cubrir as nosas necesidades e manter a integridade dos nosos sistemas naturais.

Pero na actualidade, estanse a tramitar proxectos que ameazan a conservación dos ecosistemas e mesmo dos nosos sistemas produtivos baseados na explotación sostible dos nosos recursos naturais, proxectos que son unha verdadeira ameaza para a supervivencia das poboacións rurais e para o turismo sostible que viña gañando peso nos últimos anos. Moitos destes parques proxectados ocupan terreos dedicados á protección de acordo coa Directiva 92/43/CEE, relativa á Conservación de Hábitats Naturais e da Fauna e Flora Silvestres ao instalarse en áreas protexidas da Rede Natura 2000 ou nas zonas de protección dos hábitats da lista da Directiva que teñen establecido tanto a Xunta de Galicia como o MITECO. O número de proxectos e as súas dimensións, e a ocupación dos nosos sistemas montañosos, crean un escuro panorama para o futuro da natureza pero tamén para o futuro da sociedade rural; todo indica que, coa desculpa da transición enerxética, preténdese levar a cabo un disparatado negocio que vai provocar un serio dano e a comprometer o progreso.

Diante desta ameaza, dende a Federación Ecoloxista Galega amosan o seu total apoio ás 22 mobilizacións que están convocadas en todo o territorio galego e chaman a participar aos cidadáns en defensa dun cambio sostible e razoable, que permita conservar a natureza, os recursos, as paisaxes e os valores.

A banda ancha ultrarrápida estenderase a 278 concellos

O delegado do Goberno, José Miñones, celebrou a confirmación de que o Goberno impulsará proxectos por valor de 30.183.840 euros para estender a cobertura de banda ancha ultrarrápida en 278 concellos de Galicia. Así se determina na resolución definitiva da convocatoria do Programa de Universalización de Infraestruturas Dixitais para a Cohesión ÚNICO-Banda Ancha, que forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno.  

José Miñones enmarcou esta iniciativa no “compromiso do Goberno coa conectividade e a dixitalización, ademais do reto demográfico, tres alicerces das políticas progresistas e fundamentais para o futuro de Galicia”. O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital impulsa este programa polo que se beneficiarán 89.548 fogares e empresas en 278 concellos galegos.

Nesta convocatoria, a extensión de redes de comunicacións electrónicas de banda ancha realizarase en 15.815 das chamadas “zonas brancas” de Galicia, é dicir, áreas que non dispoñen de cobertura de redes de velocidade de polo menos 30 Mbps, nin plans para a súa dotación no próximos tres anos.

ProvinciaFogares/empresasNº de zonasNº de ConcellosInvestimento totalAxuda Programa UNICO
CORUÑA (A)15.9231.890764.469.9943.497.951
LUGO45.51410.3526416.382.81610.183.767
OURENSE10.1381.273802.973.1562.358.405
PONTEVEDRA17.9732.300586.357.8743.270.081
 89.54815.81527830.183.84019.310.204

Reunións con beneficiarios e empresa

O delegado do Goberno explicou que será Telefónica a empresa tecnolóxica que efectuará o despregamento en Galicia, e que cubrirá o restante do investimento. O Ministerio aportará máis de do 65% do programa, ata 19.310.204 euros.

Ante a gran extensión do programa e a necesaria colaboración dos Concellos para a súa materialización, o delegado do Goberno trasladoulle ao presidente da FEGAMP, Alberto Varela, a intención de promover encontros cos gobernos locais beneficiados para estudiar a mellor forma de facer realidade este investimentos.

Ademáis, José Miñones tamén mantivo unha reunión co director territorial de Telefónica en Galicia, Manuel Ángel Alonso. Durante o encontro, trasladoulle a relevancia que supón esta colaboración público-privada para o Goberno Central así como o impacto positivo que se prevé nas áreas seleccionadas.

Programa UNICO-Banda Ancha

O Programa de Universalización de Infraestruturas Dixitais para a Cohesión (ÚNICO) dá continuidade ao Programa de Extensión de banda ancha de Nova Xeración (PEBA-NGA), que permitiu que España sexa un dos países europeos con maior porcentaxe de cobertura de banda ancha.

O programa UNICO canaliza unha dos principais investimentos do Plan de Recuperación na área da conectividade dixital co obxectivo de ampliar a cobertura de banda ancha ao 100% da poboación en 2025. Para iso, mobilizará 2.000 millóns de euros do Plan de Recuperación.

Tras a execución dos proxectos seleccionados en ÚNICO-Banda Ancha e os proxectos en curso das convocatorias  PEBA-NGA, a cobertura de redes con velocidade superior a 100 Mbps alcanzará o 95% da poboación galega en 2023.

Cine de Nadal este sábado na Casa Cultural Fontenla en Ponteareas

Sesión de cine de Nadal para esta fin de semana en Ponteareas ao abeiro do programa Cultura 24. O Concello organiza este sábado 11 ás 18.30 horas a proxección da película ‘Last Christmas’ na Casa Cultural Fontenla. A actividade, de balde con entrada libre ata completar aforo, está recomendada para maiores de 7 anos.

Con esta proxección continúa a achegarse a actividade cultural e de lecer ás 24 parroquias do municipio, “dinamizando os centros culturais e o propio tecido creativo da vila”, como sinala o concelleiro de Cultura, Fernando Groba. O edil convida a todos os veciños e veciñas a que gocen dunha tarde de cine e de cultura segura.

‘Last Christmas’, baseada na canción do mesmo nome e inspirada na música de George Michael, conta a historia de Kate, que deambula amargada polas rúas de Londres acompañada polo continuo ruído dos cascabeis dos seus zapatos, xa que traballa como elfo nunha tenda de Nadal que abre todo o ano. Cando Tom aparece na súa vida, Kate comeza a ver as cousas de forma máis optimista, aínda que ao chegar o Nadal todo parece poñerse en contra da parella. É unha comedia romántica dirixida por Paul Feig con guión da actriz Emma Thompson e da dramaturga Bryony Kimmings e protagonizada por Emilia Clarke e Henry Golding.

A Deputación instalará sistemas sostibles de xestión da auga en Nigrán, Ponteareas e A Cañiza

A Deputación de Pontevedra vén de recibir novamente boas noticias dende Europa. Unha vez máis o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) concedeu subvencións a proxectos ata en 8 concellos da man da institución provincial. Deste xeito, as xestións realizadas pola Deputación permitiron que 692.300 euros cheguen a Pontecesures, O Grove, Meis, Barro, Marín, Nigrán, Ponteareas e A Cañiza para implantar sistemas sostibles de xestión da auga que permitirán un aforro enerxético do 28%. As actuacións teñen un orzamento total  de 865.380 euros polo que o IDAE asume o 80% do coste. O orzamento restante está financiado pola Deputación con 78.090 euros (9%) e os concellos con 94.990 euros (11%).

Deste xeito, os concellos de Pontecesures (79.700 €), O Grove (78.500 €), Meis (79.850 €), Barro (67.840 €), Marín (79.080 €), Nigrán (123.250 €), Ponteareas (79.750 €) e A Cañiza (104.330 €) realizarán actuacións como o cambio de bombas de impulsión de auga ou a instalación de variadores de frecuencia nas súas Estacións Depuradoras de Augas Residuais (EDAL) e Estacións de Bombeo de Augas Residuais (EBAR).

Con esta subvención, as axudas concedidas polo IDAE no que vai de ano e xestionadas pola Deputación chegan aos 7,4 millóns de euros, destinados a 33 concellos da provincia e unha entidade local. Deles 2,3 millóns están a servir para a mellora das infraestruturas provinciais e a redución da pegada de carbono, 4 millóns teñen como destino a eficiencia enerxética e a iluminación exterior sostible e preto de 390.000 euros están destinados para o uso térmico en infraestruturas e instalacións municipais. A estas achegas súmanse agora os case 700.000 euros para implantar sistemas sostibles de xestión da auga.

A Xunta publica no DOG a aprobación da transferencia de 4 estradas autonómicas ao Concello de Salvaterra

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Salvaterra de Miño da totalidade das vías autonómicas PO-420 Taboexa-Vilacova; a PO-430, que vai a Leirado; a PO-432 Salvaterra-Río Miño; e a PO-433, que vai a Cabreira.

Neste enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a este Decreto: http://xurl.es/il0hn.

Neste acordo inclúese, ademais, a transferencia, na súa totalidade, de varios treitos antigos das estradas da Xunta PO-403, PO-404, PO-409 e PO-420.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e o Concello de Salvaterra de Miño asinaron un convenio de colaboración para reordenar e completar o viario municipal e abrir a rúa Galicia. Co fin de acadar un funcionamento da rede viaria máis acorde ás necesidades do municipio debe materializarse a transferencia das citadas estradas, así como do seu dominio público viario asociado.

Neste convenio, a Xunta asume a financiación íntegra desta actuación, que mellorará as conexións na vila e a mobilidade dos veciños, grazas a un investimento autonómico de 500.000 euros.

Pola súa banda, o Concello de Salvaterra de Miño comprométese a aceptar a titularidade de varios treitos de estradas autonómicas. A entidade local asumiu tamén a realización dos trámites expropiatorios, a redacción do proxecto e a contratación e execución das obras.

A transferencia tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que estable a súa aprobación por decreto da Xunta, a proposta da Consellería competente en materia de estradas, e logo do acordo entre as administracións implicadas.

Co cambio de titularidade, o Concello terá a competencia para actuar nestes treitos e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.

O decreto aprobado polo Executivo autonómico producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

As familias e a súa relación cos adolescentes, nova cita en Gondomar dentro do programa “Falamos”

0

Os próximos días 10 e 11 de decembro o programa “Falamos”, organizado polo goberno local de Gondomar, a través da súa concellería de Xuventude, ofrecerá charlas dirixidas ás familias de adolescentes, cuxo papel é vital no seu desenvolvemento. As charlas, abertas ao público en xeral, buscan facilitar as ferramentas precisas para garantir unha convivencia saudable entre ambos. Os interesados poderán inscribirse en [email protected].

O ciclo “Falamos”, enmarcado dentro do Plan Concellos da Deputación Provincial, completou unha primeira parte con charlas-taller impartidas á mocidade dos institutos de Gondomar traballando sobre conceptos como as diferentes formas de violencia e como abordalas, ou as capacitacións e as opcións do mercado laboral.

Quenda agora para as familias para as que se programaron dúas charlas, que se impartirán no centro neural. A primeira delas, o venres 10 de decembro entre as 20.00 e as 22.00 h, titúlase “Lindes vermellos na adolescencia” e nela abordaranse os límites ata o de agora aceptados, o que está ben, non ou non queda claro, facilitando ferramentas para distinguilos e saber onde deben poñerse.

O sábado 11 de decembro, entre as 11.00 e as 13.00 h, tratarase sobre “A realidade do meu fillo adolescente”, na que se falará abertamente da realidade debuxada polos mozos e mozas nos talleres desenvolvidos nos institutos, “a que eles viven e como a viven”.

O aforo será limitado pola situación sanitaria existen polo que toda as persoas interesadas en participar deberán reservar praza a través do teléfono 986 369 746 ou en [email protected].

A Xunta substituirá o ascensor da residencia Santa Ana de Ponteareas

A Xunta de Galicia investirá 40.000 euros na substitución do ascensor da residencia Santa Ana de Ponteareas. O deterioro que ten o edificio preocupa á Consellería de Política Social, e así llo fixo saber Fabiola García a alcaldesa do Concello na última reunión que mantivo con ela.

Comprometeuse a valorar todas as posibles melloras das instalacións deste centro e desde que é coñecedora da averia do aparato elevador propuxo achegar o financiamento para substituílo por un novo.

De titularidade autonómica e xestión municipal, a residencia Santa Ana é un exemplo de cooperación entre Administracións. A Xunta de Galicia destina 500.000 euros anuais ao seu mantemento, ademais doutros investimentos puntuais como a renovación do ascensor, que permitirá mellorar notablemente a calidade de vida dos maiores que viven nela.

O Concello da Guarda adheriuse á iniciativa “Concellos Emprendedores”

0

A iniciativa “Concellos Doing Business Galicia-Concello Emprendedor” resulta dun convenio asinado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para fomentar a implantación e fixación de empresas en Galicia. Os concellos que queiran participar desta iniciativa han de adherirse ao protocolo.

A adhesión a este protocolo compromete aos concellos a aprobación de bonificacións de ata o 95% nas ordenanzas fiscais do IBI, do IAE e do ICIO, para actividades económicas declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego, para supostos que impliquen nova implantación dunha actividade económica ou empresarial, ou ampliación das instalacións existentes.

Estas bonificacións estableceranse en función de parámetros de creación de emprego segundo os seguintes tramos:

  • Ata o 95 % pola creación de máis de 20 postos de traballo.
  • Cando menos o 75 % pola creación de entre 11 e 20 postos de traballo.
  • Cando menos o 50 % pola creación de ata 10 postos de traballo.

Ademais o Concello da Guarda manterá o compromiso de resolución das solicitudes de licenza de obra maior nun prazo máximo de 30 días naturais, dende que o concello dispón da documentación completa e de todos os informes sectoriais preceptivos.

No caso da Guarda estanse poñendo os medios para favorecer a chegada de novas empresas, sempre pensando no futuro desenvolvemento do chan empresarial.

Por outra banda a adhesión ao protocolo tamén permitirá ao concello participar en liñas de axuda, promovidas pola Xunta, para impulsar o emprego de calidade, o emprendemento e a innovación.

Rematadas as obras de saneamento na parroquia de Cequeliños en Arbo

0

O Concello de Arbo, aínda que conta cunha importante rede de saneamento, ten pendente de execución algúns ramais da rede de saneamento que se incorporarán á rede xeral, en concreto, neste intre, trátase dun ramal que permita conectar o barrio de Rial-Cotiño coa rede xeral.

As obras, que arrancaron os pasados días, foron supervisadas polo rexedor do Concello de Arbo, Horacio Gil.

O Consistorio pretende dotar de saneamento a algúns barrios de Cequeliños que actualmente non contan con este servizo, para iso contan cunha financiación da vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia, por un importe de 31.610,12 € para dar resposta ás demandas dos veciños do Barrio de Cotiño, na parroquia de Cequeliños, en Arbo.

No ano 2017,  o Concello de Arbo, realizaba obras de acondicionamento de mina e a ampliación do Vial do Rial, que comunica o lugar de Cotiño co de Rial, dous barrios da Parroquia de Cequeliños, donde se comtempla tamén o arranxo da fonte e o lavadoiro sito no mesmo lugar, moi utilizado polos veciños da zona.

“Como xa se indicou, o saneamento en Arbo aínda require incrementar a rede de colectores, pois hai barrios e lugares que non dispoñen de rede. No caso da parroquia de Cequeliños, considerase conveniente, facer a conexión da zona de Rial-Cotiño ata a rede xeral, para ampliar a rede a mais núcleos ata chegar o saneamento integral do Concello”, informa o rexedor de Arbo, Horacio Gil.

Nigrán inicia as obras para abastecer a preto de cen vivendas de Camos e A Tarela

0

O Concello de Nigrán iniciou a semana pasada as obras para ampliar a rede de abastecemento de auga inicialmente a 90 vivendas de Camos e A Tarela a través de tres conexións coa tubaxe xeral na rúa dos Pazos (os puntos xa quedaran previstos cando se realizou esta primeira obra no 2017). Os traballos, adxudicados a Soden Soluciones Integrales, teñen un orzamento de 177.156 € con cargo al Remanente de Tesourería e un prazo de execución máximo de 3 meses.

Concretamente, beneficiaranse nun primeiro termo as casas situadas na contorna de Camiño da Rega, Tarela e Grilo (Nigrán) e rúa do Seixo, Carballal, Do Río, Das Viñas e Avoa Carmela (Camos) sumando máis de 2.782 km, a maiores esta obra permitirá dar servizo a posteriori a zonas máis afastadas ao instalarse unha tubaxe a tal efecto. As obras inclúen apertura de gabias, colocación da tubaxe, execución de arquetas e instalación de válvulas, recheo e reposición de pavimento. 

“Cando chegamos ao goberno no 2015 o fixemos co compromiso de levar a auga a todas as parroquias e en menos de 4 anos conseguimos non só achegar o servizo a Camos por vez primeira no 2017, se non que a totalidade de Parada o teña. Agora traballamos para continuar ampliando en Camos e chegar por vez primeira a Chandebrito, xa que existe unha clara demanda social ao respecto, como é lóxico”, sinala o alcalde, Juan González

Así, na parroquia de Camos o subministro público chegou por vez primeira no 2017 a través da rúa dos Pazos (ata o Centro Cultural) e no 2019 desde aí medrou ata a rúa San Roque, e xa no 2020 e grazas, precisamente, á nova rede de abastecemento municipal na parroquia veciña de Parada, fornece en Camos aos barrios de Castelo, A Lama e O Rial e ás vivendas situadas nas inmediacións da PO-332, rúa dos Pazos. “Queda pendente a parte alta de Camos e Chandebrito na súa totalidade, ese é o noso compromiso de goberno para estes anos”, finaliza González.

“Mos Axuda” pon en marcha a súa tradicional campaña de Nadal

0

Din os voluntarios de “Mos Axuda” que a ilusión está presente desde o día que se está preparando ata que se recollen as últimas físgoas do Nadal, “aquela na que temos en mente o sorriso inocente de todos os nenos ao recibir un dos agasallos que desde Mos Axuda entregamos con tanto agarimo e respecto”. “E é que hai tanto por facer para os máis pequenos que sempre temos a sensación de que é insuficiente. Por iso, queremos seguir contribuíndo e colaborando, tanto na campaña ningun neno sen agasallo como na recollida de comida non perecedoira para o Banco de Alimentos Mos Axuda”, afirman os voluntarios.

A Agrupación Mos Axuda, formada por voluntarios de todas as idades como Sara, Julio, Maria, Andrea; Protección Civil e o Concello de Mos, iniciaron o pasado sábado a “Campaña solidaria de Nadal” coa recollida de alimentos, que foron doados polos veciños nos supermercados do municipio: Lidl, Eroski e Gadis.

“Mos Axuda” é un proxecto do Concello de Mos nacido en 2015 como unha organización de reparto directo de alimentos entre as persoas máis desfavorecidas do municipio e apoiado polos Servizos Sociais municipais.

Seguindo coa súa traxectoria e perseguindo a finalidade de prestar axuda e protección aos máis necesitados, iníciana a campaña de nadal 2021 solicitando a colaboración de todos os centros educativos, empresas, autónomos, veciños e veciñas nesta datasde nadaltratándose ademais dunha campaña especial, debido á situación que viven moitas familias despois do COVID-19.

Cómo colaborar

Os voluntarios de Mos Axuda xa están dende o pasado sábado a traballar nunha GRAN RECOLLIDA DE ALIMENTOS polo que solicitan a axuda de todas as empresas e veciñanza, facendo unha doazón de alimentos antes do 20 de decembro.

As persoas interesadas en colaborar neste programa,  poden avisar para que os voluntarios pasen pola súa empresa, centro educativo… no día e hora que indiquen, a recoller as doazóns.

Tamén poden entregalas no almacén de Mos Axuda, situado na avd. de Puxeiros a Peinador, chamando anteriormente ó número de telefono: 627 133 828.

Por outro lado traballan tamén no proxecto “Ningún neno sen agasallo”: esta iniciativa solidaria está promovida polo Concello de Mos en colaboración coa Asociación de Empresarios de Mos, para que ningún desexo dun neno este Nadal quede sen facerse realidade. (O listado de nenos é facilitado polo departamento dos servizos sociais de Mos e por suposto, os datos son totalmente confidenciais) trátase de mercar o regalo que aparece na carta do cativo/a e que posteriormente se entregue nas oficinas da Axencia de Colocación de Mos (Edificio administrativo na estrada Puxeiros a Peinador)  antes do 30 de decembro, indicando no paquete o número da carta asignada.

Si desexa recibir unha destas carta dun neno de Mos, pode solicitala a través do seguinte enderezo: [email protected].

Se vostede prefire realizar unha DOAZÓN ECONÓMICA para a compra de ALIMENTOS e AGASALLOS: pode facer un ingreso solidario no numero de conta que lle facilitarán os voluntarios de MosAxuda.

Teléfonos de información de Mos Axuda: 627 13 38 28 – 670 88 37 30

A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais do río Muíños de Nigrán

0

Imaxe de arquivo dunha barreira anticontaminación no río Muíños

A Xunta vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais á desembocadura do río Muíños, no concello de Nigrán.

O foco foi identificado polos técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependentes de Augas de Galicia, no lugar de Vilameán, na parroquia de Nigrán, no marco das inspeccións rutineiras na rede fluvial do municipio.

Os inspectores desprazados á zona identificaron un foco de auga residual sen depurar ao domino público, que orixinaba a afección visual na masa de auga do río Muíños, procedente dun punto de evacuación de augas pluviais.

O persoal de Augas de Galicia puxo esta situación en coñecemento do Concello de Nigrán, efectuándose unha inspección da zona conxuntamente co persoal da empresa concesionaria do servizo municipal de augas.

Estas tarefas permitiron localizar a orixe do vertido de augas residuais na avenida de Praia América, onde se producía unha filtración de augas residuais desde o colector de saneamento municipal cara á rede de augas pluviais.

Nunha nova inspección efectuada á zona polo persoal de Augas de Galicia confirmouse a reparación do colector da rede de saneamento por parte da concesionaria do servizo municipal de augas, o que permitiu o cese do vertido de augas residuais ao dominio público hidráulico.

A Deputación pecha o venres en Ponteareas a xira do espectáculo ‘X Xela’

O Auditorio Municipal de Ponteareas será este venres 10 de decembro en Ponteareas o escenario do espectáculo ‘X Xela’, un evento co que a Deputación pretende poñer en valor o galego e conmemorar as Letras Galegas dedicadas este ano a Xela Arias baixo o lema ‘365 días en galego’. A asistencia ao espectáculo, que se celebrará a partir das 20.30 horas, é libre ata completar a capacidade da sala, limitada a 80 persoas.

Esta actuación xorde despois de que a primeira fóra cancelada a finais do mes de setembro pasado, cando estaba programada para completar as festas de San Miguel. Entón estaba prevista na Praza da Feira Vella, mais un temporal impediu que se celebrase, demorándose ata esta semana a súa organización. Finalmente será o acto de peche de xira logo de percorrer toda Galicia.

‘X Xela’ é un espectáculo multidisciplinar no que todo tratará en torno a obra da autora Xela Arias misturando tres formatos: música, poesía e fotografía. Segundo explica a deputada de Lingua María Ortega, “será un show dinámico, atractivo e 100% feminino para homenaxear a unha poeta tan singular”.

A parte musical do evento correrá a cargo da Banda da Loba, unha formación galega que está a revolucionar a música galega coa mestura de música e literatura, que musicará poemas de Xela Arias dende formatos máis tenros ata o punk rock pasando polo country ou o bolero. A parte de fotografía tómase das imaxes de Xulio Gil, viúvo da homenaxeada e Premio da Crítica Galega con máis de corenta anos de traxectoria.

Fotografía de Rafa Estévez ©

A parte poética de ‘X Xela’, comisariada por Tamara Andrés, contará con catro poetas que representan, comparten a forza e a linguaxe poética da homenaxeada: Helena Salgueiro, Vanessa Glemsel, Estíbaliz Espinosa, e Nuria Vil, todas elas rebeldes e denunciadoras de desequilibrios que lanzarán “frases coma frechas”. “O espírito de Xela estará moi presente”, subliña a comisaria.

O espectáculo ‘X Xela’ xa pasou da man da Deputación pola praza da Ferrería en Pontevedra o pasado mes de xuño. De forma paralela, a institución provincial tamén organizou outras actividades relacionadas con Xela Arias que se desenvolveron durante todo o ano.

28 centros da provincia participarán na sexta edición do programa Depoemprende

Preto de 800 estudantes dun total de 28 centros da provincia participarán este curso escolar na sexta edición do programa Depoemprende da Deputación, que busca fomentar o emprendemento no marco da comunidade educativa. O Goberno ven de aprobar a relación de colexios e institutos seleccionados para participar nas tres modalidades: Depoemprende na Escola, dirixida a estudantes de Primaria e Educación Especial; Depoemprende na ESO, para alumnado de Secundaria, e Depoemprende na FP, para estudantes de Formación Profesional de Grao Medio ou Superior.

En concreto, na categoría de Depoemprende na Escola participarán 12 centros, cunha previsión de 396 alumnos e alumnas. A través do programa, os e as estudantes de 5.º e 6.º de Primaria e de Educación Especial crearán e xestionarán unha cooperativa na que fabricarán produtos para a súa venda. Os colexios seleccionados son tres de Pontevedra (CEIP Santo André de Xeve, CEIP A Xunqueira 1 e o CEE Pontevedra); dous de Cambados (CEP Antonio Magariños Pastoriza e CEIP Enrique Barreiro) e un nos concellos de Ribadumia (CPI Julia Becerra Malvar); Vigo (CEIP Plurilingüe Ría de Vigo); Tui (CEIP Plurilingüe nº1 de Tui); Cerdedo-Cotobade (CEP Plurilingüe de Carballedo); Gondomar (CEIP Plurilingüe Souto-Donas); O Porriño (ACEESCA) e Nigrán (Colexio Estudio).

No caso de Depoemprende na ESO, serán 7 centros os que tomarán parte na nova edición, cunha estimación de 168 estudantes. Son mozos e mozas de 15 a 16 anos (4º da ESO), que crearán cooperativas escolares nas que distribuirán produtos adquiridos de empresas provedoras e porán en práctica cuestións como a capacidade de negociación, a toma de decisións, comunicación e resolución de conflitos. Trátase de  centros de Redondela (IES Illa de San Simón); Vilaboa (CPI O Toural); Moaña (IES Plurilingüe A Paralaia); Cangas (IES de Rodeira); Gondomar (IES Plurilingüe Terra de Turonio); Tui (IES San Paio) e Pontevedra (IES Luís Seoane).

Depoemprende na FP está dirixido ao alumnado de Formación Profesional de Grao Medio ou Superior, que desenvolverá proxectos empresariais nos que se potenciará a adquisición de competencias e aptitudes relacionadas co emprendemento. Participarán na nova edición 782 estudantes de 9 centros,  catro deles de Vigo (CEIP Valentín Paz Andrade, IES Manuel Antonio, Colexio San Miguel e CEBEM Formación Profesional); tres de Pontevedra (o CFEA Lourizán, CIFP Carlos Oroza e CIFP A Xunqueira); un de Cangas (IES de Rodeira) e un de Bueu (IES Johan Carballeira).

Amais de fomentar o emprendemento no marco do sistema educativo, o programa da Deputación busca impulsar que o alumnado sexa protagonista da súa propia aprendizaxe, cun traballo desde a práctica. Ao mesmo tempo, favorece o desenvolvemento de competencias asociadas á comunicación, á análise do entorno físico, á creación, á convivencia, ás expresións culturais, ás matemáticas e ciencias e á alfabetización dixital.

Ao longo do curso, a Deputación dotará aos centros de  recursos e ferramentas que posibilitan o desenvolvemento eficaz das accións relacionadas con cada un dos proxectos, cun proceso permanente de seguimento e avaliación. A principal é o Portal Educativo de DepoEmprende, plataforma que facilita e dinamiza a institución para potenciar a comunicación entre os centros participantes, favorecer o acceso aos recursos formativos e didácticos e asegurar a orientación, asesoramento e titoría de forma continua. Nas anteriores cinco edicións realizadas de Depoemprende participaron un total de 104 centros educativos da provincia, cun total de 2.680 alumnos. 

Salceda acada tres flores de honra no certame Vilas en Flor na súa segunda participación

O Concello de Salceda de Caselas ven de recibir o galardón que outorga o certame Vilas en Flor 2021, conseguindo aumentar a distinción ao subir de dúas a tres flores de honra na súa segunda participación, avalando o traballo continuo que ven desenvolvendo o Concello na mellora e potenciación dos espazos verdes urbanos, a súa xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá co coidado da contorna. O diploma foi recibido na gala anual, que este ano se celebrou no patio da Fábrica de Curtidos “Familia Nogueiras” de Allariz.

No pasado mes de setembro, o xurado visitou o municipio acompañado por Lucía Pereira, concelleira de Turismo; Loli Castiñeira, tenente de alcaldesa e Verónica Tourón, alcaldesa de Salceda. O xurado, formado por persoas profesionais de recoñecido prestixio dos sectores do viveirismo, a xardinería, o paisaxismo e o turismo valorou moi positivamente o traballo desenvolto nos últimos anos polo Concello de Salceda, en  aspectos como as humanizacións, a creación e mantemento das sendas fluviais e outros espazos verdes, ou a creación de máis de vinte aparcadoiros disuasorios no casco urbano, que permiten unha maior seguridade peonil, ademais de facilitar o estacionamento e a fluidez do tráfico rodado. Outro dos recoñecementos do xurado foi a aposta e instalación de elementos novedosos para a mellora da biodiversidade como o hotel de insectos.

A alcaldesa da vila, Verónica Tourón, remarcou que “o coidado dos espazos verdes urbanos é un atractivo máis para visitar Salceda. Este recoñecemento é ao traballo de moita xente todos os días e de dedicar recursos para ter unha vila fermosa. O mérito é para todo o equipo co que traballamos, traballadores/as dos diferentes departamentos e empresas, e o premio é para a nosa Vila, para Salceda”.

Logo da recepción da distinción, o Equipo de Goberno de Salceda quixo recoñecer e agradecer o traballo dos distintos departamentos municipais e empresas de mantemento que fan posible que o noso Concello sexa xa un referente. Dende o persoal de vías e obras, desbroces, recollida de lixo, limpeza de rúas, etc, así como as tarefas de mantemento de parques e xardíns que realiza ACEESCA nunha proposta de integración laboral de persoas con discapacidade. Ademais fíxose extensible este agradecemento ao persoal técnico de urbanismo, clave para o bo desenvolvemento urbano e rural de Salceda.

O certame sigue o modelo existente noutras comunidades autónomas como Cataluña, Aragón, Canarias e Valencia, a semellanza de proxectos implantados xa en países como Reino Unido, Irlanda, Francia, Italia ou Canadá. “Vilas en Flor” é un certame impulsado pola Fundación Juana de Vega e que este ano celebrou a súa cuarta edición, coa participación de trinta concellos galegos. Na súa organización, participan tamén a Asociación de Viveiristas do Noroeste (Asvinor) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar). Conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, e o patrocinio de diferentes entidades privadas.

Este proxecto persigue a mellora ambiental, social e económica dos concellos galegos, así como a dinamización do sector do paisaxismo e a ornamentación, contribuíndo así ao desenvolvemento económico local, xerando máis actividade económica derivada do propio sector da planta ornamental e da xardinería así como dun previsible aumento das visitas turísticas.

A Concelleira de Turismo, Lucía Pereira quixo resaltar a importancia de que Salceda sexa un dos poucos Concellos que aumenta a distinción, ao pasar de dúas a tres flores de honra. “Este galardón é unha mostra máis do bo traballo en equipo que se ven desenvolvendo nos últimos anos, nunha aposta clara pola recuperación de espazos urbanos e naturais para as persoas. Espazos amables co medio ambiente e coa biodiversidade seguindo un modelo claro de futuro”.

Detido pola Policía Local de Mos un home de 50 anos do Porriño por un delito contra a saúde pública

0

O pasado día 03 de decembro, mentres se realizaba servizo de patrulla polo termo municipal de Mos, concretamente na parroquia de Sanguiñeda, observouse un vehículo nunha zona apartada, o cal levanta as sospeitas dos Axentes de servizo.

Ao observar a presenza policial o ocupante do mesmo abandona o seu posto de condución introducíndose nunha zona boscosa, cando os Axentes chegan á súa altura poden observar como este home disimula facendo coma se buscase algo entre a maleza.

Tras realizar un rexistro superficial do vehículo, observando dous teléfonos móbiles e varios moedeiros con diñeiro, así mesmo búscase entre a maleza recuperando outra carteira a cal no seu interior ocultaba gran cantidade de dose do que parecía ser substancia estupefaciente, atopándose xa separadas en envoltorios individuais e con inscricións identificativas.

Solicitouse cooperación á Garda Civil, enviando ao Instituto Armado unha patrulla que colabora activamente no traslado do detido, efectos e vehículo a Xefatura de Policía Local, onde se practican as primeiras dilixencias para o seu posterior traslado ao Posto da Garda Civil de Mos e posta a disposición xudicial.

En concreto ocupáronselle, ademais dos dous teléfonos móbiles, un total de 25 dose de suposta substancia estupefaciente, así como máis de 350 € en billetes e moedas de diferentes cantidades.

Aberta a inscrición para a última ruta ornitolóxica “Voando nas Rías Baixas”

A Deputación de Pontevedra abre hoxe martes, 7 de decembro, o prazo de inscrición para a quinta e última das rutas ornitolóxicas programadas dentro da cuarta edición do programa “Voando nas Rías Baixas”, organizado pola institución provincial en colaboración con SEO Birdlife e que ten como obxectivo dar a coñecer a riqueza ornitolóxica da provincia e concienciar sobre a preservación de espazos naturais protexidos. Esta nova ruta, que se desenvolverá o vindeiro 19 de decembro, permitirá coñecer a riqueza ornitolóxica e paisaxística das contornas do Esteiro do Río Miño (A Guarda), e a Foz da Ramallosa ou do Río Miñor (Nigrán e Baiona), espazos protexidos pola Rede Natura 2000.

Ofértanse 25 prazas para esta camiñada guiada de carácter gratuíto e as persoas interesadas poden anotarse  na web https://www.depo.gal/voando-nas-rias-baixas.  A desembocadura do río Miño e a Foz da Ramallosa forman esteiros intermareais con gran diversidade de hábitats que atraen infinidade de aves, de xeito que no inverno nos pasos migratorios pódese gozar tanto de aves acuáticas coma de aves mariñas, rapaces ou paxariños palustres que buscan refuxio nas súas ribeiras. Entre elas hai que destacar as limícolas, coma mazaricos, biluricos, pilros ou avefrías, variedade de gaivotas, diferentes especies de parrulos, garzas, rálidos, mergullóns, ademais de aves mariñas coma os carráns cristados. Tamén é posible ver rapaces, como a tartaraña das xunqueiras, o lagarteiro cincento e a aguia pescadora.

A  andaina estará conducida por dúas persoas guías de SEO Birdlife. Aconséllase ás persoas participantes levar roupa cómoda e calzado apropiado para moverse polo campo. Terán á súa disposición prismáticos de observación de aves, así como dous telescopios terrestres de alta gama para poder desfrutar das aves sen molestalas. Tamén recibirán como material didáctico unha Guía de aves, así como unha lista de aves para que elaboren a súa lista durante a ruta. No caso daquelas persoas que dispoñan de prismáticos e guías de campo recoméndase que os leven, ao igual que unha pequena libreta para aprender a facer un caderno de campo.

Pai Natal chega a Vila Nova de Cerveira para a abertura do Mercado de Natal

Local irresistível para as tradicionais compras natalícias, o Mercado de Natal conta com a participação de comerciantes e associações do concelho e promete surpreender os cinco sentidos. Há propostas de artesanato e doçaria típica natalícia num conceito de food court, concretizado em estreita colaboração com algumas pastelarias e confeitarias locais através de demonstrações, workshops e confeção no local, entre os quais workshops de “Rabanadas Poveiras”, “Vinho Quente e Rabanadas”, “Crepes Artesanais”,  “Pastel de Nata” e de decoração do “Bolo especial de Natal” e do “Tronco de Natal”. No total, são vinte e oito espaços onde residentes e visitantes podemconhecer o que de melhor e mais autêntico Cerveira tem. Trata-se, para a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, de um importante marco de dinamização do comércio, do artesanato e do associativismo local, impulsionando o envolvimento de todos. Na sexta-feira, o Mercado de Natal funcionará entre as 17h00 e as 21h00. Já no fim-de-semana, o horário de funcionamento será mais alargado. No sábado, estará aberto entre as 10h00 e as 22h00, e no domingo, entre as 10h00 e as 20h00.

Todo o ambiente foi inspirado pela magia tão caraterística da época natalícia, com pequenas casinhas de madeira a servir de bancas e decoradas com os mais belos adornos desta quadra festiva, a sonoridade contagiante nas ruas e a própria animação de rua a suscitar algumas gargalhadas.

A chegada do Pai Natal promete ser um momento único e encantador para o imaginário dos mais pequenos e mesmo de todos aqueles que mantêm vivo o espírito de criança. A verdade é que, além de visitar Vila Nova de Cerveira, o ‘Senhor das Barbas Brancas’ veio para ficar, pois até construiu a sua própria casa, em pleno Terreiro. Neste local mágico, será possível tirar fotografias com o Pai Natal não só nos dias do Mercado de Natal, como no fim de semana de 18 e 19 de dezembro (entre as 10h00 e as 22h00, no sábado, e entre as 10h00 e as 20h00, no domingo).

Programação “Cerveira: A Arte do Natal” disponível em www.cm-vncerveira.pt.

SmartPeme pon en marcha 3 obradoiros online

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana tres novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versarán sobre a iniciación ao SEO II, a Introdución a Google Adwords e a Comercialización en liña de experiencias gastronómicas.

O xoves 9 impartirase o obradoiro “Iniciación ao SEO II: optimiza a túa páxina web para gañar visibilidade”, de Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual, que falará dos factores externos que poden afectar a nosa web e que inflúen no noso posicionamento, amais de sacarlle rentabilidade á utilización do SEO.

Pola tarde, a Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, María Aller, impartirá “Introdución a Google Adwords, onde amosará os conceptos básicos de Google Ads, navegar pola interface da ferramenta ou como crear unha primeira campaña.

Para finalizar a semana, o venres 10, será a quenda de “Comercialización en liña de experiencias gastronómicas”, a cargo de Sonia Torres, Técnico de Empresas e Actividades Turísticas. Nesta ocasión falará da gran maridaxe que supón a utilización da gastronomía como reclamo turístico e de como Internet nos pode valer como ferramenta para a súa explotación As persoas interesadas poden inscribirse a través do sitio web de SmartPeme na url de cada evento. Tamén é posible facelo enviando un correo ao enderezo [email protected] ou no teléfono 886 202 020.

Continúa a programación do Nadal na Guarda

0

Despois do acendido do alumeado de Nadal o pasado venres día 3 de decembro, a programación continúa este venres día 10 de decembro co Obradoiro “Reutilizando Envases” na Casa dos Alonsos ás 18:30h. Os obradoiros teñen prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail [email protected] ou no teléfono 986610000 ext. 7.

Tamén na xornada do venres 10 de decembro ás 21:00h o Centro Cultural acolle a peza de teatro musical “O Candil” da Escola Galega de Teatro Musical, baixo a dirección de Sara Fandiño.

O Candil, é unha comedia musical interactiva, con música en directo. Como recreación do pasado xénero ínfimo, comunmente espectáculo de cuplé, centra a súa historia na crítica de la moralidade presente (1919). O conflito moral, político, ideolóxico e relixioso condiciona a vida das tres mulleres protagonistas, que teñen pensamentos moi distintos e tratan de buscar un lugar puro e cordial que ocupar no mundo, cómpre dicir que sen ningún éxito. A temática central é así, a busca do propio ser ante os momentos de confusión e cambio da mentalidade global.

AXENDA DE NADAL

Venres 10 de decembro

  • 18:30h Casa dos Alonsos: Obradoiro “Reutilizando Envases”
  • Inscrición previa en Omix
  • 21:00h Centro Cultural: TEATRO MUSICAL “O CANDIL”
  • Reserva de entradas en eventbrite.es

Xoves 16 de decembro

  • 20:30h Centro Cultural: CONCERTO DO CONSERVATORIO

Venres 17 de decembro

  • 18:30h Casa dos Alonso: Obradoiro “Reutilizando Abelorios”
  • Inscrición previa en Omix

Sábado 18 de decembro

  • 12:00h Praza Avelino Vicente: CANTOS DE NADAL
  • Coas pandereteiras Coiro Vello, Carainas, Paliqueiras e do Lusco ó Fusco
  • 18:30h Casa dos Alonso: Presentación do Libro “Palabras como corpus prata”, de Joaquín Cadilla
  • Acceso libre ata completar aforo

Domingo 19 de decembro

  • 17:30h Igrexa Parroquial: CONCERTO DE PANXOLIÑAS
  • Coa participación de Coral Polifónica de A Guarda, Coral da Terceira Idade, Grupo Antorcha e Coro Cantabile
  • Organiza: Agrupación Polifónica da Guarda

Martes 21 de decembro

  • 18:00h Praza do Reló: CONCERTO DE NADAL DE VENTO E CORO DOS ALUMNOS DO CONSERVATORIO

Do 22 ao 24 de decembro

  • ELFOS DE NADAL polas rúas da Guarda
  • Horario: 22 e 23 de 17:00h a 20:00h e o 24, de 11:30h A 14:30h

Xoves 23 de decembro

  • De 16:00h a 19:00h Praza de Avelino Vicente: “GADALKA” a cargo do Mago Dani
  • Espectáculo de maxia individualizada por familias

Martes 28 de decembro

  • 18:00h Centro Cultural: “Little neno descobre a… Os Beatles”, de A Reixa Produccións
  • Reserva de entradas en eventbrite.es

Mércores 29 de decembro

20:30h Centro Cultural

  • “Ventos de Nadal”, grupos seccionais da Agrupación Musical da Guarda

Xoves 30 de decembro

  • 18:00h Centro Cultural: TITIRICIRCUS, con Tanxarina Títeres
  • Reserva de entradas en eventbrite.es

Do 3 ao 5 de xaneiro

  • CARTEIROS DO NADAL polas rúas da Guarda
  • Horario: 3 e 4 de 17:00 h a 20:00 h e o 5, de 11:30 h a 14:30 h

Martes 4 de xaneiro

  • 17:30h Alameda: CIRCO RASNOVARAK, con Troula Animación
  • Espectáculo de rúa con animais xigantes

Mércores 5 de xaneiro

Nigrán ofrece hoxe a curtametraxe de Aaron Siebert ‘Elas’

0

O compositor e cineasta Aaron Siebert, con raíces en Camos, presenta esta tarde ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a súa ópera prima “Elas”, película inspirada na súa avoa e na que rende homenaxe ás mulleres galegas. O filme, rodado en parte en Galicia e con posprodución en EEUU, contou para a súa gravación coa colaboración do Concello de Nigrán e recentemente obtivo o primeiro Premio “FETUS” no Festival de Cinema Fantástico da Coruña (FKM).

Baseado en feitos reais, unha nena enfróntase á escuridade do século XX en Galicia e renace chea de forza ao converterse en anciá. Na curta aparecen actores profesionais e personaxes reais, algúns deles moi coñecidos na parroquia de Camos.

Aaron Siebert

Compositor de música de cinema e de concerto laureado formado en España e Estados Unidos de tan só 26 anos de idade. O seu debut como director e guionista chega en 2021 con Elas, a súa tese de fin de Master na Eastman School of Music. O seu estilo aposta por provocar o nacemento da mensaxe a través da intuición, cun simbolismo de gran impacto visual.

Detidos os implicados nos roubos de gasóleo en Mos

0

Grazas ao aviso dun particular afectado polos roubos de gasóleo, que nos últimos días estaban a producirse no concello de Mos, conseguiuse deter a dúas persoas presuntamente implicadas nestes feitos delituosos.

Tras recibir o aviso, axentes da Policía Local, solicitan o apoio da Garda Civil de Mos para seguir ao vehículo ocupado polos sospeitosos, do que se pescuda que figura como roubado.

Seguindo as indicacións do alertante, aproxímanse ao lugar onde se atopaba o vehículo estacionado, que nese momento emprende a fuga, tras un intento errado por parte da Garda Civil de impedir a súa marcha.

Nese momento son alertadas as Policías Locais de os concellos limítrofes de Redondela e Porriño, ao ser as dúas únicas direccións posibles que podería seguir.

Tras unha procura, o vehículo é detectado por a Policía Local de Mos en a N550, escondido detrás de un camión, os axentes estacionan a unha distancia prudencial, solicitando apoio á Policía Local do Porriño e á Garda Civil, momento no que os sospeitosos emprenden de novo a marcha, e son acurralados grazas a unha acción conxunta entre as patrullas antes citadas.

Tras a súa detención e nunha inspección ocular obsérvase que o vehículo estaba “puenteado”, e tanto no maleteiro como no asento traseiro a existencia de garrafas e ferramentas posiblemente destinadas ao roubo de gasóleo.

Os axentes da Policía Local de Mos contaban coa declaración dun veciño que a noite anterior fora testemuña e tomado fotos de como os ocupantes do vehículo subtraían o gasóleo dun camión estacionado próximo á súa vivenda. Os detidos son postos ao dispor da Garda Civil de Mos.

Aemos recluta xestores comerciais de ventas no sector industrial

0

Un ano máis, a Asociación de Empresarios de Mos (Aemos) pon en marcha un novo Programa Integral de Emprego (PÉ), cofinanciado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Ministerio de Traballo e Economía Social. Enmarcado neste programa desenvólvese unha acción formativa homologada polo SEPE, impartida por Rodavigo, para ocupar o posto de xestor de vendas e asesoramento a clientes. Trátase dunha acción con compromiso de contratación para a cal están a recrutar a persoas cun perfil determinado e alta demanda no mercado laboral actual.

Para participar requírese estar en posesión do título de Bacharelato, ciclo medio ou superior en comercio internacional, mecánica ou automoción e valorarase experiencia comercial no sector industrial e coñecementos de idiomas (especialmente inglés e francés). As persoas interesadas en participar desta acción deben estar actualmente desempregadas e con residencia Mos, Porriño, Salceda de Caselas ou Vigo. As inscricións están abertas a través do número de teléfono 986 49 88 20 ou do correo electrónico [email protected].

PÉ: 100 prazas para veciños de Mos, Porriño, Salceda e Vigo, remuneradas con 7 euros/día e co obxectivo de 45% de inserción

O PÉ, cunha duración inicial dun ano e cun obxectivo de inserción do 45%, céntrase en promover a inserción laboral e mellora da ocupabilidad de 100 demandantes de emprego dos municipios antes mencionados.

Precisamente, Aemos está a facer estes días un chamamento á participación desta nova iniciativa dirixíndose, por esta orde, a persoas desempregadas con discapacidade; en risco de exclusión social e beneficiarias da RISGA; menores de 30 anos; maiores de 45; perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou RAI; mulleres; persoas desempregadas de longa duración e, en último lugar, aquelas non incluídas en ningún dos grupos anteriores.

Ao longo do desenvolvemento do PÉ Aemos 2021/2022, os usuarios participantes recibirán accións de información, orientación e asesoramento; formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas; técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a procura de emprego, tanto por conta propia como allea; habilidades socio laborais e talleres de entrevista; fomento da capacidade emprendedora; prospección empresarial; emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes; prácticas profesionais non laborais en empresas e talleres sobre mobilidade laboral.

O programa contempla medidas de conciliación da vida laboral e familiar. Todas as persoas que participen terán dereito a percibir unha bolsa de 7 euros/día de asistencia ás accións do programa.

Para inscricións e obter máis información respecto diso poden chamar ao teléfono 986 49 88 20 ou escribir un correo electrónico á dirección [email protected].

A Deputación lanza unha nova edición de Pontegal para promover a actividade cultural

A  Deputación de Pontevedra pon en marcha a nova edición do programa Pontegal, que ten por obxecto promover que o tecido asociativo da provincia poida levar a cabo actividades no ámbito das artes e a cultura e ao que a institución vai destinar no vindeiro 2022 un orzamento de 600.000 euros. Deste xeito, a Xunta de Goberno vén de aprobar as bases que regularán a concesión das solicitudes, que poderán facer asociacións e entidades locais menores, para programar actuacións de grupos e artistas da provincia no seu territorio no vindeiro ano.

Poderán solicitar actuacións dos grupos, artistas e compañías que estean inscritos no Catálogo de grupos Pontegal, que a Deputación promove a través da súa web e que reúne na actualidade a 1.235 artistas de diferentes disciplinas culturais. Entre elas, de animación infantil, audiovisuais, baile moderno, ballet, bandas de gaitas, bandas de jazz, bandas de música, cantautores e cantautoras, charangas, grupos de gaitas, grupos de playback, grupos folclóricos, grupos folk, grupos músico vocais, grupos pop rock, humoristas, corais, artistas de maxia, música clásica, orquestras clásicas, outros folclores, pandereteiras, poetas, rondallas e compañías de teatro.

Unha vez publicadas as bases no Boletín da Provincia, as solicitudes presentaranse obrigadamente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na Sede electrónica da Deputación (https://sede.depo.gal). Terán que presentarse cunha antelación de máis de 20 días naturais con respecto á data de realización da actuación.

O pasado 2020 e a pesares da pandemia, leváronse a cabo más de 300 actuacións no marco de Pontegal en distintos concellos da provincia, e neste 2021 realizáronse preto dun millar.

O Concello de Nigrán ofrece a película ‘La Estrella’ o vindeiro domingo

0

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información a Muller (CIM), reprograma aproxección da longametraxe ‘La Estrella’ para o domingo 12 de decembro ás 19:00 horas en autocine no aparcadoiro de Praia América (fronte a desembocadura do Río Muíños).

A cabida de autos é limitada a 100 e os interesados en asistir deben reservar o espazo para o seu vehículo a partir do martes 7 de decembro ás 12:00 horas en www.autocine.gal e acudir ao lugar con antelación suficiente (o recinto abre ás 18:00). A proxección estaba prevista para o domingo 28 de novembro dentro da programación do Día Mundial pola Eliminación da Violencia machista pero tivo que aprazarse debido á choiva.

A longametraxe de Alberto Aranda narra como Estrella (Ingrid Rubio), unha optimista moza de barrio, traballa como limpadora e vive co seu noivo nun humilde apartamento de Santa Coloma. Conserva a súa alegría e entusiasmo a pesar das dificultades que a rodean, especialmente os malos momentos que está a vivir unha compañeira de traballo (Carmen Machi). Está baseada na novela homónima de Belén Carmona, sendo un drama de superación fresco protagonizado por mulleres.