12.3 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorGondomarAs familias e a súa relación cos adolescentes, nova cita en Gondomar...

    As familias e a súa relación cos adolescentes, nova cita en Gondomar dentro do programa “Falamos”

    Os próximos días 10 e 11 de decembro o programa “Falamos”, organizado polo goberno local de Gondomar, a través da súa concellería de Xuventude, ofrecerá charlas dirixidas ás familias de adolescentes, cuxo papel é vital no seu desenvolvemento. As charlas, abertas ao público en xeral, buscan facilitar as ferramentas precisas para garantir unha convivencia saudable entre ambos. Os interesados poderán inscribirse en omix@concellodegondomar.gal.

    O ciclo “Falamos”, enmarcado dentro do Plan Concellos da Deputación Provincial, completou unha primeira parte con charlas-taller impartidas á mocidade dos institutos de Gondomar traballando sobre conceptos como as diferentes formas de violencia e como abordalas, ou as capacitacións e as opcións do mercado laboral.

    Quenda agora para as familias para as que se programaron dúas charlas, que se impartirán no centro neural. A primeira delas, o venres 10 de decembro entre as 20.00 e as 22.00 h, titúlase “Lindes vermellos na adolescencia” e nela abordaranse os límites ata o de agora aceptados, o que está ben, non ou non queda claro, facilitando ferramentas para distinguilos e saber onde deben poñerse.

    O sábado 11 de decembro, entre as 11.00 e as 13.00 h, tratarase sobre “A realidade do meu fillo adolescente”, na que se falará abertamente da realidade debuxada polos mozos e mozas nos talleres desenvolvidos nos institutos, “a que eles viven e como a viven”.

    O aforo será limitado pola situación sanitaria existen polo que toda as persoas interesadas en participar deberán reservar praza a través do teléfono 986 369 746 ou en omix@concellodegondomar.gal.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.